en poleiro alleo
Monxardín resolve un enigma: O Senado e as confusións extremas.
Cóntolles. Un partido inexistente en Ourense, dunha esquerda tan ultrarradical que se sae do mapa, e se non lembro mal relacionado cos admiradores do vello estalinista Lister, chamado na actualidade Partido Comunista do Pobo Galego, sacou para os seus representantes no senado pola nosa provincia a nada desdeñable cifra de 3.467, 2.877 e 2.768 votos, dobrando ou triplicando os votos de formación minoritarias e sensatas como Izquierda Unida ou os de Rosa Díaz. ¿Tan pouco atento estou eu á evolución política para que se me escape o rexurdir da ultraesquerda na cidade, sobre todo tendo en conta que ese residuo comunista non apañara votos significativos en ningunha outra provincia de Galicia? Por outra banda, o minúsculo, testemuñal, decimonónico, o que queiran, pero ’noso’ carlismo ourensán, representado por Manolo Rego Nieto e o seu fillo Gustavo, apañaron na provincia toda a normalidade duns douscentos e pico votos fronte a outra cousa carlista, a Comunión Tradicionalista Carlista, que presentaba un descoñecido de apelido navarro e que levou 1.336. ¿Viráronlle as hostes lexitimistas ourensás as súas costas ao tandem Rego-Rego e lanzáronse en mans da extrema dereita? Outro enigma.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
16 comentarios:
Fascinante ese dueto pai-fillo convertido en bicolumnario do carlismo na cidade de Ourense. E desde hai xa moitos anos.
O do pai paréceme normal, pero o que excita a miña curiosidade é ver ao fillo seguíndolle os pasos e renovando a santa tradición dos cruzados da causa.
Se D. Ramón Maria del Valle-Inclán, vivira o millor dábanos algunha sorpresa.
O Partido Carlista foi membro fundacional de Izquierda Unida e é de ideoloxía bolivariana. O seu líder foi Carlos Hugo de Borbón. Din que presenta listas conxuntas coa esquerda abertzale vasca e/ou con listas próximas ao SOC en Andalucía.
A Comunión Tradicionalista Carlista é de ultradereita e o seu líder chámase Sixto Enrique de Borbón, non sei se irmán ou curmán o anterior. Son máis ou menos da ideoloxía de Blas Piñar, aínda que este non é monárquico.
Ambos os partidos andaron a tiros en Montejurra, hai trinta anos.
Os partidarios de Líster andan nucleados en torno ao PCOE.
Non son propiamente estalinistas; defenden o modelo Brezhnev.
Os do PCPG son a sucursal galega do PCPE, de Carmelo Suárez. O PCOE presenta, ás veces, listas conxuntas co PCPG, aínda que xuridicamente manteñen a súa independencia.
Sabemos o de Montejurra, amigo Medela, pero iso é historia: nada que ver coa realidade de hoxe.
De MRN non me fagan falar. Leva bastantes anos a publicar libelos, autopagados por el e que ninguén le, dedicados sempre a meterse con alguén destacado (ou non) da cidade ourensá. No último deles, que xa foi á papeleira, pero que se molestou en traer ata o buzón da miña casa (antes mandabamos sempre con dedicatorias entusiastas) tócame a min: acúsame de "historiador sectario do Liceo" e cousas así. Que lle imos facer!
Eu, que eu saiba, nunca me metín con el. Só nunha ocasión, hai bastantes anos, negueime, con cortesía, a presentarlle un libro, porque non me viña ben nin me apetecía (logo veulle Camilo Nogueira, que aínda "vestía máis"): dende aquela empezou a dedicarme "as súas xoias" na prensa (no xornal que pubicaba, agora tamén se enfadou con LVG). Miserias da vida ourensá, pero aí quedan...
Eu teño astora mesmo, sobre a mesa: "Historia y anecdotario de la OPRIN","Recuerdos de un barrio(Marcelo Macías-A Carballeira)","Historia de un circo","¡Los fueros!","Cousas do Teatro Principal","Benposta¿Utopóa Traicionada","Paseando por Moreiras de Toén","Un niño de la guerra", e "Exclusivamente ourensano,I,II,y III". Cal é o que hai que tirar á papelera?.
Pois eu tería interese en ler eses libelos de MRN nos que se dedica a meterse con alguén destacado da cidade ourensá. E moi especialmente o que Marcos tirou á papeleira :-)
Dígame onde llos deixo todos, Apicultor. Que llos agasallo de boa gana. Veña,diga. Están cheos de "perlas".
E non sei onde metín o do Hospital, onde se metía con Victorino Núñez.
Veña, Apicultor. En calquera cidade de Galiza. Que hoxe é domingo, estóu aburrido en Ourense e pódollos achegar.
Despois dos que vostede cita, XDC, aínda hai moitos máis. O último é o que me toca e fala sobre todo do Liceo. Non me acorda nin o nome, porque o tirei, poden crerme de verdade. (E non debería facelo como arquivador, pero... ben, supoño que nalgún arquivo alguén o conservará para a posteridade). Ven dicir que o Liceo practica unha política cultural sectario e o responsable é "o historiador Marquitos Valcárcel" (sic, de memoria). E non o entendo, porque MRN ten falado no Liceo varias veces e, por suposto, nada máis lonxe de min que vetalo.
Ademais de que, quede claro, eu non tería tampouco ese poder de veto. Limítome a dirixir a Sección de Literatura, pero hai moitas conferencias á marxe da Sección, que nada teñen que ver comigo.
Antes de que lera os seus últimos comentarios, Marcos, xa lle deixara eu os "libelos" que teño do MRN na portería do Liceo. Son pra que llos faga chegar á Apicultor. Perdoe polas molestias.
Apicultor: como penso que ten relación có Marcos, faga do xeito de recollerllos.
A verdade é que adoitan a non ter desperdicio eses libelos. A verdade é que eu tamén lin algunhos máis, pero dinllos a xente que mos pedíu, frecuentemente xente directamente mencionada neles. Calquer día chégome á casa de MRN, pra tomar un licor café con él, que o ten bó, e poder ler os que falten por ler.
Efectivamente, lera algún sobre o Liceo, pero non lembro quen mo pedira. Ás veces, convoca rodas de prensa pra presentar eses escritos, en Torga ou sitios así. Casi nunca lle vai ninguén da prensa, pero eu téñome achegado a algunhas delas, meramente como curioso.
Pero, XDC, como lle van ir os xornalistas... se xa non hai ningún xornal co que non se pelexara ou contra o que publicara algún libelo furioso ...
Moitísimas grazas, amigo XDC. Xa Marcos mos fará chegar. Pero non esqueza de incluír o de "Marquitos Valcárcel" (que non me digan que non ten a súa coña mariñeira).
Vaia.Aiquí aparecen eses "libelos":PREMER.
Publicar un comentario