24 abr 2008

Europa é plurilingüe. Quen sabe galego, sabe máis.
Por varias vías (H.Casares, H.Villar, Arume, graciñas a todos/as) chégame esta mensaxe dunha campaña de gran interese, á que nos queremos sumar tamén dende esta solaina.

Envíovos o enlace da campaña sobre educación bilingüe que estamos impulsando o Observatorio de Sociolingüística da Universidade de Vigo (Anxo Lorenzo, Fernando Ramallo, Ana Iglesias, Hâkan Casares), en colaboración coa Área de Normalización Lingüística da Vicerrectoría de Relacións Institucionais, coordinada por Henrique Costas. A campaña utiliza o seguinte lema: EUROPA É PLURILINGÜE, QUEN SABE GALEGO SABE MÁIS. E este é o seu enderezo web: http://webs.uvigo.es/plurilinguismo/
O que se pretendeu foi poñer en circulación unha serie de argumentos e discursos sobre as vantaxes da política lingüística educativa impulsada co decreto 124/2007, baseados principalmente en evidencias científicas e non en impresións e desexos identitarios. É destacable que sexa unha institución independente quen promove a campaña. Espero que resulte de utilidade, pregando a máxima difusión. Máis información (oficina de prensa da Universidade de Vigo): 986813604.

88 comentarios:

Anónimo dijo...

Pego aquí un pequeno artigo do admirado Xavier Alcalá sobre este tema. Unha crónica máis do Impaís (ou Pailanistán, como adoitaba chamarlle hai tempo).

Léndoo, veume á cabeza o que lle pasou a un amigo meu, hai anos, cando lle falou en galego a unha señora encopetada da cidade onde ninguén é forasteiro: "Vaya, pero si hablas gallego..." O meu amigo contestou: "Si, xa ve, señora. Cousas que pasan"


Linguas de comercio
Xavier Alcalá
http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2008/04/24/0003_6761286.htm

Escena de cidade galega: dúas mozas entran nun outlet elegante e póñense a remexer, colocan blusas e saias sobre as partes correspondentes dos corpos, fan chanzas entre elas e, por fin, con algo escollido, diríxense a unha dependenta que as estaba a observar. Para o seu abraio, esta zorrégalles: «No me habléis en gallego, que esto es una tienda de modas...».

No bilingüismo non cre ninguén que saiba de sociolingüística. Como moito, pódese admitir a diglosia consciente e respectuosa; pero en Galicia a diglosia é inconsciente e agresiva para o galego. Séculos de represión da lingua patrimonial conduciron a que nela non se deba falar de cousas finas, coma a roupa chic. Os comerciantes galegos son parte dun pobo que toma o propio como inferior, ao que só lle concede un vago valor folclórico.

A ofensa ás mozas compradoras de moda é só un exemplo mínimo do maltrato que uns galegos poden recibir doutros. En xeral, o comerciante do Impaís non considera que a súa lingua soe ben e sexa doada de comprender para quen pensa en castelán. Nunca rotulará en galego; mais tampouco fará aos seus dependentes aprender a trade language do mundo, o inglés. Para vender ben en varios idiomas, incluído o propio, seica non se pode ser galego: cómpre ser grego.

Anónimo dijo...

Infinitos son os artigos desta naturaleza. Tan infinitos como redundantes.
A pregunta é a leniniana: qué, carallo, facer?

Anónimo dijo...

Teño a dúbida de se o carallo debe ir ou non entre comas. E non é carallada miña.

Marcos Valcárcel López dijo...

Interesante o artigo de Alcalá. De feito pensaba colgalo eu tamén. Xa queda feito.

Anónimo dijo...

Pois non, o carallo, neste caso seu, non debe ir entre comas. O carallo onde mellor está é entre... Amén.

Pero non é mala a pregunta. ¿Que carallo facer? Talvez asistir, inanes e inermes, á extinción lenta, progresiva e inevitable dunha lingua.

Onte mesmo lía eu nun opúsculo sobre as glosas emilianienses de San Millán de la Cogolla unhas frases impresionantes. Ignoro cal é o pensamento político de quen as escribiu e agora mesmo non as teño a man. Creo lembrar unha afirmación rotunda e irrefutable: A historia da lingua é a historia do pobo. ¿Será consciente quen tal escribe de que en España hai outras linguas aparte do castelán?

Se podo, esta tarde farei a achega das frases -magníficas- que lin onte.

Saúdos.

(Vivo admirado con Italia, un país que é quen de manexar unha sorte de lingua global atravesada por todas partes por dialectos indescifrables. En Italia, mutatis mutandis, ocorre case o mesmo que en Africa: móveste dez quilómetros e cambia todo. Cando cambia a lingua, cambia todo)

Anónimo dijo...

Que,carallo,facer?

Máis compromiso!.Máis compromiso!
Sobre todo polos que poden dar unha visión en positivo a prol do idioma.
Hai moitos intelectuais, xentes da cultura, da universidade e incluso dos negocios que deberían ter unha actitude máis activa. Máis visible no día a día.
Que o galego non só sexa o idioma das ceremonias.
Unha lingua tén prestixio se os seus falantes e o seu espazo de uso tamén teñen prestixio.

Anónimo dijo...

Escribindo como anónimo, certamente axuda, pero é máis visible se escrebe co seu nome, non cré.
Xaime da Pena

Anónimo dijo...

Escoitar hoxe:
http://es.youtube.com/watch?v=9ibX3TejlZE&feature=related

Anónimo dijo...

Para Arume, quedalle aquí esta deconstución de Venecia.
Venice deconstucting

Anónimo dijo...

Pois creo que por cada conachas que che espete o de "No me habléis en gallego, que esto es una tienda de modas...», hai quince que non che din nada e outras vinte que che falan galego. (Delas dez de galego natural -da avoa e da nai- e dez do instituto onde deixaron 1º de Bacharelato seducidas polo poder de Oysho, Zara ou Pull and bear) E aínda máis, A.Dominguez,o que quixo que saíse "Juan Griego" antes en galego que en castelán,ten só posto "rebaixas", etc.
Para vender a vaca hai que falar ben dela.
"E que lle dixeron elas cando o de "No me habléis en gallego, que esto es una tienda de modas...?". O procedente desde logo, unha risotada, un vacile, un "anda nena, así non me estrañaría que non tiveses futuro. Non, muller. Aprinde algo da vida, parvixola. Así, enmendándolle a plana á clientela, bobiña, non vas gañar nada. Pensei que eras Laura Ponte, ou Adolfo Dominguez que participaron en campañas a favor do galego... Parvixola, desperta, muller.... Anda trae para aquí. E dígoche isto, porque as bienaventuranzas din que hai que dar de beber al hambriento, de comer al sediento, y de enseñar al que no sabe. E ti, miña raíña, ceiro zapateiro.

Anónimo dijo...

""La Historia enseña que la lengua no nace en un lugar determinado, ni tiene como progenitores a un grupo de personas, menos aún a los moradores de unos monasterios. La lengua no es fruto de decisiones personales ni, tan siquiera, resultado de la acción de minorías culturales. Una lengua no nace como las personas en un día exacto ni en un punto concreto del mapa. No. La lengua es el vehículo de comunicación de un pueblo y de sus gentes, es el cauce de intercambio de vivencias, de ideas, de sentimientos, a la vez que moldea la vida de ese pueblo y de esas gentes. Es la expresión más acabada de un determinado modo de ser, el espejo en el que se refleja la fisonomía de una colectividad. Y por ello es tan cambiante como la realidad de los pueblos que la hablan, y ha estado sujeta al mismo devenir de quienes la han utilizado como medio de intercomunicación. Por decirlo de una manera breve: la lengua no nace, la lengua se hace; el pueblo, cada pueblo, la va conformando día a día. Esto la convierte en algo vivo, dinámico y, por tanto, sujeto a las leyes evolutivas de la vida, que no son otras que las que han regido la de los pueblos que la hablan. Cada época ha tenido su modo de vivir, sus costumbres, ha contado con unas formas determinadas de expresarse en el arte, en su folclore, en sus ritos religiosos, en sus usos sociales, en las palabras, en su manera de hablar. DE AHÍ QUE LA HISTORIA DE LA LENGUA SEA LA HISTORIA DE UN PUEBLO, Y QUIZÁ SU RESUMEN MÁS ACABADO."" (GLOSAS EMILIANENSES. Juan Ángel Nieto Viguera)

Pois ben, señores, co seu permiso, esta é a miña achega, tanto para este fío como para a anterior da señorita Rivera de la Cruz. Eu descoñezo por completo a don J.A. Nieto Viguera, ignoro a súa ideoloxía ou militancia se as ten, tanto na política pura como nas opcións sociolingüísticas. Paréceme que o texto seu que reproduzo resulta irreprochable. Logo, ¿desde onde, se non é desde o asovallamento, a prepotencia, o desprezo ou outra forma calquera de xenreira, pode un opoñerse á lingua de outro? Esta perla magnífica que eu reproduzo, con permiso da sabedoría que lles presumo ás súas señorías habituais concorrentes, ¿só é de aplicación para o castelán?

¿Compromiso? Vale, comprometámonos. Por min non ha quedar.

Anónimo dijo...

Agora xa sei que J.A. Nieto Viguera é ou era o prior do mosteiro de Yuso, en San Millán de la Cogolla.

Marcos Valcárcel López dijo...

Hai textos moi semellantes ó aquí citado (JANV) de Castelao ou dos galeguistas históricos. E o texto rsulta irreprochable, dende logo. Pero o que aí di para o castelán, tamén valería para o galego ou para outras linguas minorizadas, non? Paréceme oportuna a cita de "O de sempre".

Anónimo dijo...

O texto é moi reprochabel, a seguinte afirmación: "sujeta a las leyes evolutivas de la vida", é insostibel, por participar dunha concepción organicista e determinista que obvia as potencialidades da acción política na língua.

Anónimo dijo...

Moitas grazas -¡Deus, como aborrezo esta palabra!-. Encantado de ser útil. Aínda que non o pareza, foi o que sempre intentei.

Anónimo dijo...

Eu creo que non as obvia, senón que as inclúe.

Anónimo dijo...

Levan razón que lles sobra o Xavier Alcalá, o señor abade e anónimos varios da solaina. Ora que eu apoio e apoiarei campañas coma esa na que parece andar o Arume, ou calquera outra que tente tirar polo galego para arriba, sobre todo non contexto de desnortamento (ou simple desleixo) da administración autonómica responsable en política lingüística e educación.

Apóioo, por moito que a nosa historia, socioloxía e ata situación xeográfica nos fagan escasamente comparables ao Val de Arán, Finlandia ou Islandia; moita dose de autoestima se tería que inocular. Por certo: na Liga de Debate recuperei (xa era tempo) a noción e vivencia do suxestivo que pode ser un proxecto e contorno adecuados en termos de uso e valoración do galego; para mozos de dezaseis a dezaoito anos.

Se poder, podemos; o caso é querer. E o goberno, poñer.

Anónimo dijo...

Si, amigo de sempre, pero en que as inclue?, eí a cuestión. Se están incluidas nunha forma maior organicista e por tanto determinista, non sería compatibel coa potencialidade de liberdade en que as accións politicas se fundan.

Anónimo dijo...

Estou de acordo, no esencial, coa última intervención de Etxe. O texto de Alcalá é unha enésima mostra de vitimismo estéril.

Que haxa xente que despreza o galego non é nada novo, e que haxa dependentes/as de comercio que son uns/unhas conechas, como os/as chama Etxe, ou uns/unhas imbéciles, como os/as chamo eu, tampouco é ningunha novidade: ese tipo de respostas como a que conta Alcalá son mostra dun pailanismo elevado á máxima potenza.

Agora ben, tamén hai moita máis xente como a que di Etxe, que non din tales parvadas, que falan galego se se lles tercia ou que non lles parece mal que se fale.

Hai, en efecto, prexuízos moi enraizados e que son moi malos de arrincare. Con iso hai que contar. Pero hai tamén moito "nin fu nin fa". É nestes sectores onde hai que incidir cun discurso que, desde logo, non pode ser vitimista nin antipático.

Anónimo dijo...

Non ando eu nesas loitas, pero das cousas que se teñen feito (aínda que hoxe discutín co autor do texto, que me deu, por certo, a razón na miña obxección: algunha frase expresada en forma negativa sobraba como a que fala dos detractores) a prol do galego é das millores por intelixente e hábil estratexia.

O texto da Cogolla é refutable. E moi refutable. Agora non teño tempo, pero logo argumento. Pensemos, mentres tanto, en aquelas linguas compartidas por varios países (o de pobo sobrepásame). U-la conexión?
Os das glosas emilianenses son coma o Berceo: sempre a varrer para casa. O camiño non pasaba por alí e había que inventar.

Anónimo dijo...

Non ando eu nesas loitas, pero das cousas que se teñen feito (aínda que hoxe discutín co autor do texto, que me deu, por certo, a razón na miña obxección: algunha frase expresada en forma negativa sobraba como a que fala dos detractores) a prol do galego é das millores por intelixente e hábil estratexia.

O texto da Cogolla é refutable. E moi refutable. Agora non teño tempo, pero logo argumento. Pensemos, mentres tanto, en aquelas linguas compartidas por varios países (o de pobo sobrepásame). U-la conexión?
Os das glosas emilianenses son coma o Berceo: sempre a varrer para casa. O camiño non pasaba por alí e había que inventar.

Anónimo dijo...

Hoxe nótome un pouco reiterativo. Non sei por qué. Perdoen.

Anónimo dijo...

Que facer?, converter o galego na lingua de prestixio. Como facer?, que os seus falantes teñan prestixio. É dicir que sen meterse a cambiar a estructura social, deberían ser ricos, cultos e exitosos e diversas facetas da vida e por tanto capaces de crear moda.

Anónimo dijo...

Para facer que unha lingua teña prestixio, entre outras cousas hai que escribila o máis correctamente posíbel, señor Rairo. A ver se toma nota e se aplica.

Anónimo dijo...

tomo, tomo, vou comezar cuns exercicios de atención ortográfica.

Anónimo dijo...

Ola don Jimi: Vde. ten toda a razón. Mais tamén lle hai outro camiño: Persuadir os galegos que o que eles escollen falar no canto de galego, non é tal castellano, senón un pidgin denominado castrapo, que nos parece correcto, porque estamos afeitos a el, mais que é horribelmente ridículo.

Y luego no le es verdá?

Anónimo dijo...

O señor Rairo escribe un penoso galego acastrapado que infrinxe calquera sensibilidade ortográfica. Unha persoa culta castelán escribinte nunca tomará en serio o galego se este se escribe como o señor Rairo, pois nin sequera sabe poñer os signos de interrogación e as pausas no seu lugar. E despois pregúntase como prestixialo? Pois elevándoo a un status culto na escrita, por exemplo.

Anónimo dijo...

Medela é moi certo o que dí, pero ao que eu lle teño medo é que cando se vexan na situación de ter que elexir idioma para perfeccionalo, escollan o español.

Anónimo dijo...

Eu escribín antes saúdo sen acento ortográfico, e 'castellano' á portuguesa, no canto de 'castelán'...

Vde, señor Anónimo, tamén escribiu agora 'castelán' por 'castelá', que sería o correcto. Si, sei que é unha palabra composta, xa reparei niso.

Alén diso, don Jimi paréceme un individuo tan sigularizadamente xenial e unha persoa tan marabillosamente culta que non se me ocurriría reparar na calidade da súa escrita. Si que o encontrei de menos na súa ausencia.

P.D. Pido desculpas polas grallas ortográficas ou sintácticas alén de prosódicas ou de estilo que puider haber.

Anónimo dijo...

Don Jimi e un servidor escribimos ao mesmo tempo. Estou á espera, un bocadiño, para responder.

Anónimo dijo...

Ninguén está libre de cometer grallas, señor Lobeira. Non se trata do purismo polo purismo, senón duns mínimos esixíbeis, un mínimos que o señor Rairo non cumpre. Por outra banda, eu son da opinión que non pode haber calidade no pensamento se non hai un mínimo de calidade na escrita que o reflicta.

Anónimo dijo...

Sr. Anónimo, ten Vde. razón. E pido desculpas polo meu ton innecesariamente resabiado. E reitero a miña admiración, tamén, polo señor de Rairo.

Anónimo dijo...

Vou mandar a un campo de reeducación a todo aquel que deturpe e actúe con desleixo coa fermosa lingua do noroeste peninsular, máis coñecida como galego. Segundo sexa a magnitude dos erros cometidos e, sobre todo, da reincidencia neles, o tempo de prisión variará. Medela irá catro días, o anónimo outros catro e Rairo vinte anos e un día por desprestixiar a causa do galego e traballar obxectivamente a prol do imperialismo lingüístico. De verdá llelo digo, señores.

Anónimo dijo...

Amigo Medela, agradézolle a consideración que me mostra, eu tamén votei de menos as súas ocurrencias, as súas divertidas irrupcións e por suposto, o seu bo senso. Agardo que non se demore un fio de música para divertirnos, porqué non se atreve vostede cun pequeno texto e un link inicial?.
Do anónimo anterior non se preocupe, mellor obvieo, coñezo a súa intención así que por mais que o intente, como dín por Tras os Montes, "auga pasada non move muiño".

Anónimo dijo...

Uffffffff, don Jimi, gustaríame facer algunha cousa, mais non lle teño nivel. Grazas.
Comece Vde., con algunha cousa dos sesenta, porfa.

Anónimo dijo...

Votar versus Botar. Que alguén lle dea clases particulares urxentes.

Anónimo dijo...

No gulag temos todas as gramáticas e todos os dicionarios habidos e por haber. Pase axiña, Rairo. É unha orde.

Anónimo dijo...

Escribese Trás-os-Montes e tamén "muínho", etc., etc.

Anónimo dijo...

Pois a ver si lle fago unha notiña e lla envio a Marcos, pero mañá que agora voume a cama.
Anónimo Beria de Troleria, non vou cruzar unha palabra mais con vostede(s).

Anónimo dijo...

Desculpe, Anónimo, escríbese

"moinho", sen acento ortográfico e con "o".

Podemos estar así ata mañá...

Anónimo dijo...

Medela, queda vostede libre. Anónimo, queda vostede arrestado unha semana máis. Rairo, por insubordinación, contumacia no erro e falla absoluta de sentido do humor, dez anos máis por trosma. De verdá.

Anónimo dijo...

Por favor e con boa intención o comento: podería alguén quitar do blog as bandeiriñas españolas e todo iso de "Orense")
Non coñezo ningún outro blog no Blogomillo ou como se chame coas puñeteiras bandeiriñas. Ou é que é tan importante saber se a xente se conecta desde Teis, Vigo ou as quimbanbas? Non lle chaman a isto "interrede"?

Anónimo dijo...

Acepto con humildade o meu merecido castigo.

Anónimo dijo...

Que remedio lle queda, anónimo. Vai estar dez días en reeducación, e terá que memorizar todo o dicionario de portugués. De verdá.

Anónimo dijo...

Grazas, don Beria, apaño agora mesmiño o Transiberiano cara a Lobeira.

Anónimo dijo...

Descritivo, encontro eu a Xavier Alcalá, agás cando establece un universal ("o comerciante do Impaís") que aínda resulta útil como categoría comprensiva pero volveuse ineficiente para elaborar estratexia. Polo tanto: vitimista, en absoluto; operativo, tampouco: desde aí, hai que dar pasos, contando con que ao mellor -de momento e por desgraza- non demasiadas mozas teñen a arroutada de desenfado e autoestima formulada aquí como suxestión que probablemente non lean.

O da uvigo é un paso; iso si, intermedio e totalmente insuficiente se aí quedase. Como algo é máis cá nada oficial de quen tiña outras obrigas, eu apóioo. Desde a posición de quen tamén ve obxectable o texto emilianense -unha vez máis, se como universal é literalmente asumido- pero fermoso, adecuado e -contextualmente, sobre todo- ben útil para o caso galego.

Andando onde andamos, estou disposto a aceptar isto da utilidade como prioridade absoluta. E fala alguén que estima en última instancia imprescindibles tanto as inferencias colectivas -e nacionais- en materia lingüística, como os asuntos de fondo e as mesmas músicas celestiais.

Anónimo dijo...

A historia dunha lingua non é a historia dun pobo. Como metonimia non está mal, e mesmo como lirismo compracente ou como interesada propaganda, pero como aserto irrefutable non funciona. Primeiro hai que definir o concepto pobo e, se me apuran, tamén o concepto de lingua. Unha vez definidos (cousa improbable, dada a maleabilidade de tales corpos), convén explicar por qué en certos países cunha historia relativamente común, como é o caso de Italia, hai varias linguas ou que a mesma lingua vale para distintos países. Curiosamente o comentario do cogollista soa a imperialismo españoleiro (por non falar das costumes esas e dos ritos relixiosos, como se estes formaran desde antigo parte da idiosincrasia dunha colectividade: qué rancio soa!), porque vencella a lingua co nacemento dunha nación (el fala de pobo, pero enmascara a noción). Estou canso de escoitar eses discursos sobre o español como lingua que acompaña a un colectivo perfectamente definido. Estraña máis que se acepte acríticamente por estes lares.

Anónimo dijo...

Pois a historia dunha lingua e a dun pobo, sendo cousas diferentes, non deixan de coincidir por veces. Obviamente, para aceptalo cómpre darlle algunha substancia a ambos conceptos, e eu, xaora, dóullela; en termos simbólicos e como fenómenos que revisten solidez. Iso si, tentar definilos igual fornece disensión ou dificulta achegamento; eu, desde que tiven que estudar o estruturalismo (que estudei máis ben pouco, cómpre recoñecelo), adoito non pasar de certo nivel nas discusións, principalmente cando empezan a cobrar cariz gasoso.

Con respecto ao aserto "Cada época ha tenido su modo de vivir, sus costumbres, ha contado con unas formas determinadas de expresarse en el arte, en su folclore, en sus ritos religiosos, en sus usos sociales, en las palabras, en su manera de hablar", declaro bastante aquiescencia; parece conceptualidade bastante máis historicista ca esencialista. Ignoro se a intención do autor apunta a enxalzamento españolista, pero, como no texto non aparece podo facer abstracción de tal suposto.

Ignoro, Arume, cal pode ser aquí o alcance do termo acriticamente. Dígolle, iso si, que sen pretender pórme á súa altura, non lle encontro a Italia historia moi común, nin en termos absolutos nin relativos. Canto á súa variedade de linguas, aí si que cumpriría precisar os termos; porque se se inclúe, verbi gratia, Sardeña, igual xa nos fallaba a maior na posta en común.

Espero que o sono non prexudicase en exceso a claridade. En todo caso, haxa boa noite.

Anónimo dijo...

As linguas non nacen na terra, como as árbores, senón que emerxe da mente mente humana con todo o que esto implica.

Anónimo dijo...

Alégrame ter contribuído a este debate. Non chego a lamentar todas as mensaxes intercambiadas de xeito festivo que o rebaixan. Vexo que acontece con frecuencia nestes fíos. Agradezo os comentarios de Xosé Manuel. Eu sigo pensando que o texto de JANV é irrefutable. Engadirlle matices, puntualizacións ou aclaracións non significa, necesariamente, desbotalo. Se hai españolismo ou non, foi cousa que non considerei, simplemente porque non quixen. Por iso engadín o meu comentario. Se aceptamos ese texto como válido para o castelán, neste caso, ¿qué pode facer quen o acepte para denigrar ou desprezar o galego?

De Italia falei eu o primeiro nesta leria. Andiven por alí acompañado de amigos italianos, e eles facíanme notar os cambios de "rexistro" -aceptádeme esta palabra se non vos importa-, segundo pasabamos dunha bisbarra a outra. Tamén debo dicir como o meu castelán era celebrado por algúns dos meus oíntes naquela viaxe pola súa falta de "carácter dialectal" que o facía moi comprensible para eles.
Neste mesmo sentido, vivín tamén unha experiencia magnífica: visionei -perdón polo palabro- xunto cos meus amigos italianos unha das películas máis grandiosas que eu coñezo, Tutti a casa, que conta o follón que se organiza en Italia cuando Badoglio firma o armisticio cos aliados e o exército italiano non sabe para onde tirar. Os personaxes desta película fan unha viaxe de Norte a Sur. Os mues amigos -estabamos véndoa en versión orixinal- fixéronme notar cómo variaba o acento e a fala segundo ían baixando cara á Nápoles. Eses matices, naturalmente, eu non podía captalos e, por suposto, a dobraxe estragaríaos todos. Ocórreseme sobre a marcha que neste asunto de Italia pode resultar moi recomendable un capítulo da novela de Xoán Ramón Díaz Chuvia Mansa, no que dedica un bo tranco á interpretación de Il Gattopardo, de Lampedusa.

Nada máis. Saúdos.

Anónimo dijo...

Unhas horas de repouso facilitan engadir algún extremo.

O que conta Xavier Alcalá, máis ca argumento, pódese recibir como evidencia que non queda, semanticamente, en única; polo tanto, acepto a súa utilidade con carácter descritivo, e non encontro que pode ter de vitimismo o contar as cousas como son e pasan. Ora ben: se falamos do que facer, nin a experiencia en si resulta eficiente nin o articulista achega outra; cousa que xa vai faltando, segundo se aborda n 'A Nosa Terra desta semana: sumariamente e focalizado no campo ideolóxico do nacionalismo, pero con grande oportunidade.

Queda dito xa que eu apoio calquera iniciativa coma a de uvigo, sempre que sexa útil, se vexa construtiva e de intención non puramente paliativa. Pero nin chega nin pode chegar tal fragmentarismo: na cuestión lingüística (normalización, política, acción, como queiran, sempre que sexa en prol do galego) cómpre recuperar estratexia, ambiente, pulso e potencia cívica. Porque, temo, igual non abunda moito a reacción -pletórica de desenfado e autoestima- que se lles suxire aquí a unhas mozas compradoras que posiblemente non cheguen a acusar recibo da proposta. E non digo que para ben.

Anónimo dijo...

O sono fai estragos: vexo que, inadvertidamente, me dupliquei. Pido desculpa e acuso lectura do moi interesante colofón por parte do de Sempre.

Anónimo dijo...

Que se diga que o texto de Alcalá é vitimista non quere dicir que sexa falsa ou inventada a anécdota concreta que conta, Saavedra. É real como a vida mesma.

Con vitimismo o que se designa é un específico tipo de discurso que só fai fincapé -e até pode haber regodeo masoquista en casos - na condición de vítima: que mal nos tratan, que pouco nos queren, como nos marxinan, como nos criminalizan, etcétera. Isto é, trátase dun discurso que, das múltiples facianas da realidade, só selecciona aqueles elementos que interesan para amosar a tese da que se parte: de aí que non sexa nada casual que estableza un universal ("o comerciante do Impaís"), como vostede ben di, Saavedra.

Que ocurre o que di Alcalá? Xa dixemos que, obviamente, si que acontece, ninguén o nega. Pero tamén acontecen outras cousas diferentes, ou non? En todo caso, para gañar adeptos para o galego é conveniente facer exclusivo fincapé nun discurso vitimisma? Pois eu coido que non.

Anónimo dijo...

Para iso último, eu coido que cómpre estratexia e decisión. O problema, e ao tempo a para min principal virtualidade do texto de Alcalá, é que as facianas escuras proxectan moi grande sombra.

De todos modos, é de ver, eu non tiro polo vieiro exclusivo da descrición en negativo; pero urxen focos potentes que proxecten luz. De momento, a ver o que damos feito na clase da unha menos dez. Teñan bo día.

Anónimo dijo...

"Para esto último"....é precisa vontade política e cando mellor que agora que o nacionalismo está no poder, dende logo, nunca antes pero hai demasiada indecisión nos despachos, unha prudencia que paraliza, un medo a molestar votos que involúe e mentres o tempo en contra.
Peor vai ser:

- Chica!, non me hables en esa lengua protocolaria que respeto, pero que solo la hablan en esos aburridos actos politicos. Esto es una tienda de moda!

Anónimo dijo...

Señores, para empezar, eu non creo que a anécdota que nos conta Xavier Alcalá acontecese nunca. Coñezo moitos columnistas, e estou seguro de que todos vostedes os coñecen tamén, que se sirven dunha invención para artellar un discurso. Sinxelamente, non creo que a anécdota que nos conta o señor Alcalá acontecese nos termos que el a describe. Non o creo. O cal non quere dicir que non sexa verosimil, e que non nos sirva como motivo de reflexión.

Anónimo dijo...

Véñenme de agasallar un "dicionario de funcionarios escritores en galego", de Antía e Xosé, González ambos. Editado por Bieito Ledo.Pero non trae ao Marcos Valcárcel.Cómo é posíble?.

Anónimo dijo...

Ese dicionario é moi incompleto. Tampouco trae a Saavedra nin a moitos outros. Semella a típica obra feita a présa e correndo. Mágoa.

Anónimo dijo...

Dicionario de funcionarios escritores en galego? E por que non albaneis escritores en galego? Ou camareiros noveslistas en galego?

Este é o país dos mil poetas e dos trescentos cincuenta e catro contistas, perdón, novelistas. E se non me cren, fagan a proba. Vaian á libraría máis próxima da súa casa que teña libros en galego (ben... se cadra non está tan cerca da súa casa). Cal é, dos libros en galego, o máis maltratado, sobado, consultado e varias formas en "-ado" da libraría? Si, atinaron: o dicionario de escritores funcionarios de P. del Riego. Isto e unha mencionciña na grandísima enciclopedia dos gallegos e xa pode morrer un a gusto por facer patria. Con todo, e mentres tanto, o país e a lingua, escaralladiños. Pero todos teremos os nosos 15 minutos (ou liñas) de gloria gallega.

Anónimo dijo...

Perdón pola retranca e o pesimismo primaveral, pero é que estou falto de vitaminas.

Anónimo dijo...

Un cruce de mensaxes na Uvigo. Para que vexan.

1. Me parece estupendo que la Universidad de Vigo este a favor del
plurilingüismo.

Supongo que eso significa que a partir de ahora, todos los documentos
oficiales se haran en gallego, castellano e ingles.

Eso supone una gran mejora, ya que, por ejemplo, para convalidar una
asignatura, o para hacer un tramite fuera de Galicia, ya no te hara
falta una traducción jurada del documento, que, empecinadamente, la
Universidad de Vigo, solo quiere entregarte en gallego (experiencia
personal).

Supongo, que esta iniciativa se avalara con una resolución del
claustro instando al uso de los 3 idiomas, o al menos de los 2 idiomas
oficiales en la comunidad, ahorrando muchos problemas a mucha gente.

Un saludo.

XXXXXX

2. Espero con impaciencia as respostas que xurdirán a esta mensaxe :D
>> A título persoal, aplaudo a iniciativa, que espero que atope boa acollida.

3. Bueno, pues para evitarle ansias, ahí va mi respuesta:
>
> Nos dicen , en mayúsculas: "EUROPA É PLURILINGÜE. QUEN SABE GALEGO
> SABE MÁIS."
>
> Lo que me sugiere: 2+2=4
>
> Monta un Área de Normalización en una Universidad, a costa del
> contribuyente, para estas payasadas...
>
> Y, mientras tanto, no muy lejos de la ANL: goteras en los edificios,
> zonas sin alumbrado, becarios sollozantes, e investigadores heroicos.
>
> Es decir: Una universidad que tiene entre sus prioridades las payasadas.
>
> Atentamente,

Anónimo dijo...

Home, eu creo que albaneis e camareiros que sexan escritores en galego non debe haber moitos. Desde logo penso que non darían para encher un volume, aínda que fose delgadiño.

En troques, en Galicia o número de escritores en galego que son funcionarios é abrumador. As cousas como son.

Tampouco lle vexo ningún problema especial que a aqueles que son escritores lles guste aparecer nun dicionario de escritores, e non por iso o País e a lingua se van escarallar máis. O mesmo que a un arquitecto lle gustaria aparecer nun dicionario de arquitectos, e non por iso se van vir abaixo os edificios (ben pensado, isto último non o teño nada claro).

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Acriticamente é a típica verba-estímulo. Para que non remate tan doadamente unha discusión. A frase do cogollo está aplicada ao castelán. Non cabe ningunha dúbida. Desde antes de Nebrija andan con estas cuestións: construcción nacional a base de lingua. Podemos tomala. Pero con todas as consecuencias. Acriticamente non.

Marcos Valcárcel López dijo...

Resposta para XDC e para todos/as:
tamén a min me agasallaron co Dicionario de Escritores Funcionarios e nel non figuran os funcionarios docentes. Xa o aclara de forma específica no limiar: de incluílos faría falla outro tomo enteiro e máis gordo seguro.
Polo demais, só lle botei unha pequena ollada pero non creo que estea mal feito: aparecen nomes como o ourensán Xaquín Vales e outros menos coñecidos. Pero non pretendía recoller os docentes.

Marcos Valcárcel López dijo...

Quizais fose interesante algún día facer un DICIONARIO DE escritores NON FUNCIONARIOS.
Que tamén os hai: o poeta amigo Modesto Fraga fixo e fai de camareiro sempre que o precisa e así o coñecí eu hai moitos anos. E o amigo Alexandre Nerium era mariñeiro e ía á navalla ata que o tivo que deixar por problemas de saúde. E Avilés de Taramancos servía tazas nunha taberna de Noia. E lembren a Xesús San Luís Romero, o dramaturgo zapateiro. Etc. Etc. e tantos máis.

Anónimo dijo...

Desculpas, non lle lera o limiar :-(.

Anónimo dijo...

De todos os xeitos, e xa postos á faena, custaría tanto facer un dicionario completo de escritores funcionarios (incluídos docentes)? Hai que facer sempre todo a medias?

Sexa como for, o título dese dicionario leva a engano: "Dicionario de funcionarios escritores en galego (excluídos docentes)" sería o título acaído.

Anónimo dijo...

Se xa o título ("Dicionario de escritores funcionarios") é para esmendrellarse e é digno de aparecer nun daqueles "Celtiberia show" do desaparecido Luis Carandell, resulta que agora me enteiro de que ... non valen os funcionarios docentes (!) Daquela, a qué vén ese título?

A Galicia borrosa. A Galicia da autohomenaxe, permanentemente. Eu menciónote, ti menciónasme, nos nos mencionamos.

Isto recórdame dúas cousas. A primeira, aquela foto que saiu na Voz de Galicia e que logo percorreu o estado via correo electrónico: víanse dous sinais de tráfico, nun cruce. Cada un apuntando a un sitio distinto, pero os dous marcando o mesmo destino: "Ourense". Para que logo falen de borrosidade.

A segunda, un libro que merquei o outro día, un libro entretido e de doada lectura, que aproveitarei mentres fago as augas maiores: "Bizarre Books: A Compendium of Classic Oddities". Velaquí algúns títulos:

"Correctly English in Hundred Days"
"Let's go to Irak" (guía de viaxe)
"The Benefits of Farting Explained" (Razón dos beneficios de botar peidos")
"Games you can play with you pussy" (Xogos que podes xogar co teu gatiño/felpudo)
"How to avoid work"
"Fishing for boys" ("a pesca para rapaces", e "pescando rapaces")

E agora, pra nós, "Dicionario de funcionarios escritores en galego"


'Games You Can Play With Your Pussy'
'Drummer Dick's Discharge'
"Cock Tugs: A Short History of the Liverpool Screw Towing Company"

How To Get More Fun Out Of Smoking.
The Resistance of Piles to Penetration

Anónimo dijo...

Reclamemos, e eu o primeiro, un dicionario de noso de escritores non funcionarios e funcionarios docentes.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Como está organizado: por orde alfabético ou polo número de rexistro persoal?

Anónimo dijo...

Por temas: títulos con dobre sentido, novelas, linguas, ciencia, sexo e matrimonio, saúde, etc.

"Big Dick. The King of Negroes" (1846) [O grande Dick/A Grande Pirola. O rei dos Negros]

"Be bold with bananas" (Atrévete cos plátanos)

Recórdame, no contido, a un libriño de Woody Allen: "Cómo acabar de una vez por todas con la cultura" (con permiso de Valcárcel)

Marcos Valcárcel López dijo...

PARA O JULIO MEDELA:
díxome un paxariño que esoutro día, tomando un café en Celanova, un camareiro preguntoulle pola KYRA. E el será verdade?

Anónimo dijo...

Falando de paxariños: corre un ruxe ruxe, de xénero lercheante, sobre unha conselloira ademirada nesta casa e un conselloiro do partido de Touriño.

Anónimo dijo...

Desde que se insinuara que aquel saía coa outra, nunca vira un lercheo semellante. Conte, conte. Falto de vitaminas estará, pero de olfato...

Anónimo dijo...

Para que logo digan que a economía e a cultura non fan boas migas. (Via Chuza)

Creo que un bo xeito de promociona-lo doce dialecto sería facer "cursiños" onde ademais se poidese ir ao engate ("ligar", nos seus idiolectos). Iso foi lle pasou a unha rapaza que coñecín noutra vida. Foi a un cursiño de perfecionamento de galego e ligou de por vida. Tamén, pra que logo digan que a lingua galega no serve pra nada.

Anónimo dijo...

Meu deus. Cada día repítome máis. Deberon ser as lentellas que non comín.

Anónimo dijo...

Radio Macuto ultimamente anda un pouco lenta. Debe ser que aínda segue a funcionar a válvulas e non se incorporou á revolución do sílice!

Anónimo dijo...

Vaia, Apicultor!. Tamén sabe de electrónica!. É vostede unha caixa de sorpresas.
Non sei se non sería vostede, mente calenturienta, o que inventóu aquela regla mnemotécnica pra diferenciar o símbolo da flechiña nos transistores PNP dos NPN: PENEtra, NonPENEtra. XDDD.

Anónimo dijo...

Aiquí están:NON PENETRA.
PENETRA.

A válvulas de amplificación equivalentes eran os TETrodos. E xa sei o que están pensando.XDD.

Anónimo dijo...

Miren qué formas máis suxerentes, os tetrodos do Radio Macuto:PREMER.

Anónimo dijo...

Boa noite, don Marcos: Antes de máis, onomásticos parabéns.

Sobre o que me pregunta, a resposta é afirmativa. Ben, na realidade non foi un empregado da cafetería, senón un fregués que estaba a tomar o café da mañá.

Daquela, don Marcos, estaba eu /en Celanova/ a tomar o ritual café da casta funcionarial cando un home correctamente vestido, ben parecido, educado, descoñecido para min, pregúntame textualmente:

-E logo onde deixou a rusa, sr. Medela???

-Quéeeeeeeeeeeeeeeeee???

-Que o vexo moi só, Medela...

-Como??????????????

-Que onde deixou a Kyra Argounova?

-Mais... Eu... Olle... Quen vén sendo Vde.???

Así lle foi, don Marcos, así lle foi.
E que non lle estou afeito á sona.

Anónimo dijo...

Tranquilos, amiguiños, que o galego está salvo. Un excelente síntoma da súa saúde e que o presidente da Xunta se permite o luxo de apoiar a difusión do español mediante intercambio co Instituto Cervantes. Pilingües beneficios para todos.

http://www.vieiros.com/nova/66132/a-xunta-apoiara-a-difusion-da-lingua-castela

Anónimo dijo...

Ben. E despois da última (aínda que me temo que non derradeira) touriñada, un pouquiño de actualidade sobre o galego. Pero tranquilos: non sexamos vitimistas.


http://www.xornal.com/article.php3?sid=20080425183712

As salas comerciais de Santiago de Compostela vetan o cine galego
Así o denuncia a Mesa pola Normalización Lingüística, que pide apoio para o film "Pradolongo".

XORNAL.COM I Santiago.- A Mesa pola Normalización Lingüística anima toda a cidadanía a acudir ás proxeccións do filme Pradolongo, de Ignacio Vilar, rodado integramente en galego e con capital galego, que se celebrarán este sábado, domingo e segunda feira (luns) no Teatro Principal de Santiago de Compostela. A asociación en defensa da lingua denuncia que a capital de Galiza se vai converter na única cidade do país na que a longametraxe non se estree en salas comerciais. Isto é debido á negativa das mesmas a proxectar este filme, a pesar do enorme éxito de público que está a obter en todos os cinemas nos que se estreou.

O presidente da Mesa pola Normalización, Carlos Callón, lamenta os “prexuízos sen base empresarial obxectiva” que, segundo el, están detrás da decisión dos cinemas, controlados por distribuidoras estranxeiras, e saúda moi positivamente “a axilidade e os reflexos” da Concellaría de Cultura de Santiago de Compostela de facilitar a proxección cedendo o Teatro Principal. Callón denuncia, asemade, que “desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística non se traballa para garantir as exhibicións dos filmes en galego, xa non digamos para a súa rodaxe ou para a dobraxe na nosa lingua de outras fitas”.

Segundo a información facilitada polo propio director de Pradolongo, Ignacio Vilar, o filme está a bater récords de público, superando nalgunhas cidades mesmo a películas norteamericanas. Así, cando se estreou nos cinemas de Valdeorras, acadou os seis mil espectadores nunha semana. En Ourense, nas catro semanas nas que leva en carteleira, xa a foron ver arredor de 3.500 persoas, e na Coruña 1.500 persoas pasaron polos cinemas para ver Pradolongo en dúas semanas. En Pontevedra, esta é a segunda semana de exhibición, e xa van polos mil espectadores. Proximamente estrearase en Lugo, Lalín e Cee, sempre en salas comerciais.

Estes datos de audiencia fan esperar, segundo Carlos Callón, que as cifras en Compostela sexan igual de positivas, “xa que esta cidade sempre foi moi receptiva ás películas estreadas na nosa lingua, que desde o peche dos Cines Compostela non atopan oco nos estabelecementos privados”. Segundo puido saber a asociación en defensa da lingua, o acontecido con Pradolongo non é un feito illado, e hai outros filmes en galego pendentes de estrea que non van ser exhibidos en Santiago pola negativa das salas.

Anónimo dijo...

Pradolongo é unha película fantástica na súa sinxeleza. Merece a pena ir vela. É unha hitoria que engancha fundamentalmente aos adolescentes que son os que hoxe van ao cinema. Esa teima de enfrontala coas pelis americanas (por mor do cuasi monopolio exercido polas distribuidoras) non é eficaz, porque, desde o punto de vista da recepción, compiten polos mesmos espectadores. Aos que lle gustan as pelis americanas de adolescentes, sexan máis ou menos intelixentes, gústalles inevitablemente Pradolongo.
Vaian vela. E animen aos adolescentes ou novos espectadores que coñezan ir vela.

Non entendo, de todas formas, a actitude do local de cine, cando é unha película, á marxe da lingua empregada, ben comercial, que se vende ben. Están, sobre todo, mal informados.
Polo que sei (xa que visitaron varios institutos aquí en Vigo e en outras cidades) teñen moi poucas copias (unhas 6, creo) e por iso andan de cidade en cidade como na antigüidade do cinema. E por iso é probable que non se cre unha situación explosiva durante un fin de semán que é o habitual nos últimos tempos. Así rula por toda Galicia e vai sumando, se a propaganda se mantén aos poucos e funciona o boca-orella, adeptos para cada nova cidade.
É interesante estudiar o fenómeno de Pradolongo desde o punto de vista da distribución.
E perdón polo discursiño pre spaghetti al nero di sepia con gambas e setas.

Anónimo dijo...

Pois que a merque e a emita a TVG, en "Prime Time".

Anónimo dijo...

Y colorín colorado este cuento se ha acabado.

Hai pouco nervio, pouca tensión, pouco interese e un grande desprezo cara ós contertulios.

Comézase unha polémica moi produtiva, e déixase morrer sen máis nin máis.

Eu retírome. A partir de agora sereir lector, pero non opinador.

Adeus.

Anónimo dijo...

Vaia, ho.

Marcos Valcárcel López dijo...

Para O DE SEMPRE:
OS fíos e as polémicas van por onde queren os contertulios: é imposible marcar un só camiño. Neste fío chegouse case ós 90 comentarios, pero ninguen deixa morrer nada. Simplemente a xente opina do que quere e no momento que quere. E o tema da lingua é constante no blog: sae na maioría dos fíos e hai post todas as semana ó respecto. Sexa un pouco máis humilde. Desprezo ós contertulios? Eu non entendo nada.