Bilingüismo, de Damián Villalaín (en ANT., 26.05.2008)
Non entendo a xenreira que certos sectores nacionalistas profesan contra unha idea como a de “bilingüismo”. Non entendo qué estratexia normalizadora pode haber detrás de lemas como “as cobras tamén son bilingües” ou “bilingüismo é colonialismo”, exhibidas na recente marcha a favor do galego. Non entendo a pertinencia de agasallar a organizacións como “Galicia bilingüe” cun concepto que goza do aval do sentido común e, por democrático e igualitario, dunha moi positiva consideración social.
Que o reseso batallón de Gloria Lago faga circular unha imaxe falsa e indocumentada do bilingüismo non é motivo de abondo para darmos por boa esa manipulación. Todo o contrario: habería que reapropiarse desa bandeira, explicar que o bilingüismo implica igualdade de oportunidades e de presenza pública das linguas coexistentes e, sobre todo, igualdade de dereitos dos falantes. Esa é a batalla do galego hoxe, ese é o cerne dunha “normalización” que non pasa por unha Galicia monolingüe nin en castelán nin en galego.
Pero hai medios e entidades que se empeñan en clamar contra o bilingüismo, aludindo a historias de “diglosias” que ninguén entende nin lle importan. Un activismo que se empeña en crear un “conflito lingüístico” co castelán no que o galego levaría todas as de perder. Un discurso que segue a vivir de diagnósticos elaborados hai case 40 anos e aínda hoxe non revisados…
Que se pretende co galego? Que sexa a lingua única dos nacionalistas ou unha das dúas da sociedade? A pregunta segue sen recibir unha resposta clara e acaída.
O VENTO É UN CAN
-
Vento de noite
O vento é un can sen dono,
que lambe a noite inmensa.
A noite non ten sono.
E o home, entre sonos, pensa.
E o home soña, durmido,
que o...
Hace 1 día
381 comentarios:
1 – 200 de 381 Más reciente› El más reciente»Concordo con D. Villalaín.
En efecto, os de Gloria Lago non levan traza de bilingües. E urxe elaborar teoría nova sobre o que implica normalización lingüística no tempo actual e unha sociedade que, como a galega, aspira con fundamento a moderna e ilustrada.
Ora ben: a diglosia non é ningunha historia, o concepto enténdese perfectamente e ignoralo non nos fará máis sabedores. Por outra banda, se hai un proxecto de bilingüísmo social non sería malo concretar o seu alcance e -de habelo- teor distributivo. Porque o da igualdade de oportunidades -que, por certo, vén coincidindo coa proposta estratéxica actual do nacionalismo político maioritario- pódese ver como declaración de intención ou como marco virtual. Pero non lle encontro perspectiva e boto a faltar moita chicha implementadora.
De momento, o que si que vexo é o que o galego gañou historicamente grazas á "coexistencia"; eis a única perda que arestora fica á vista. Pero estou disposto a aprender, e empezaría por ler sen reparo máis xustificación factual ou factuada. Seguiría dialogando con quen quixese (podendo ser, sen prepotencia descualificadora), desde a postura de quen entende rendible e desexable o plurilingüísmo individual xeneralizado e un idioma como referencia social básica. Rendible, desexable e posible. Un saúdo, sigo de papeis.
Ou sexa que...
(Non me atrevo aseguir, non vaia ser que se me tilde de "prepotencia descualificadora")
BILINGÜISMO: Galego + Castrapo.
Ora pro nobis...
O profesor González é GOD, é dicir, o Jean Moulin da cultura nacional (galega).
Home, Medela, que a Moulin o mataron os nazis despois de torturalo, e o Saavedra por fortuna está vivo e ben vivo, aínda que seguramente algo torturado de corrixir tantos exames.
Os de Galicia Bilingüe -a súa voceira- xa declararon que o castelán goza de boa saúde. ¡Oxalá puidesemos certificar o mesmo do galego! Xa que logo, non hai tal bilingüísmo, senón competentes nos dous idiomas -sómolo moitos- e só falantes do castelán -que cada vez son máis-.
Ola, Apicultor!!!
Digo Jean Moulin como defensor a ultranza das ideas, como consecuente coas mesmas, como resistente ao absurdo...
E penso, que Deus me perdoe, que o artigo do señor Villalaín amosa un descoñecemento case absoluto da lingua galega (é escrito en castelán académico calcado sobre galego pauperrimamente normativo) e sobre a realidade psico-social, populacional, da historia da lingua, e non quero continuar (dise 'continuar, non 'seguir) porque creo que non paga a pena.
Desculpen.-
Abunde, Medela, abunde... (dise así?).
Evidentemente, ninguén sabe o que é nin o que significa 'diglosia.
Evidentemente, tamén, todo o mundo está traumatizado polo feito de que Raúl non xogue na selección de fútbol.
Iso si importa.
Xa comeza o señor a identificar nacionalismo con xenreira.
É claro, cando o Real Madrid perde en Mota del Cuervo unha ida da copa del generalísimo e María Escario vomita odio durante media hora para concienciar os españois de que el Real Madrid TIENE que remontar... Iso non é xenreira. Non. Claro que non. Iso é amor pola periferia.
Cando o Mota del Cuervo FC elimina o Madrid, María Escario revira o fociño e vomita despectivamente... "Vamos a lo que realmente importa, la liga". Cando o Madrid perde a liga... O fillo de Blas Piñar anda a pedir a Gadafi diñeiro para saltar.
Iso non é nacionalismo español, claro que non. Iso é Onésimo Redondo, José Antonio Primo de Rivera, Ramiro Ledesma e os banqueiros que foron falar con Mussolini para conseguiren unha subvención mensual de 35.000 ptas. da época para a falange española.
Claro que, a falange era xenuinamente española, e o PC era un apéndice do sionismo, marxismo, masonería e ultracapitalismo hebreo internacional.
E María Escario vai ao que realmente importa.
E Rajoy, agora, é cada vez máis galego. E José Blanco, Pepiño. E os nacionalistas somos asasinos partidarios da ETA.
Claro, como non damos reparado en lo que realmente importa...
Saúdos, amigo Apicultor, alégrome de que regrese ao foro.
P.D. : Que mal escribe Villalaín.
Francamente, amigo Medela, non lle vexo moita relación a toda esa requilitoria co que di Villalaín no seu artigo. Pero se vostede o di...
Non se esquezan de que o señor Villalaín vive de publicar cousas como esta.
É verdade que a cuestión é complexa, porque o galego hoxe é a lingua litúrxica da política, pero o concepto "diglosia" (lingua A oposta a lingua B; a unha do poder, e a outra das clases economica, social e/ou culturalmente subalternas) ten aínda virtualidade en Galicia. Iso percibímolo con claridade os que vivimos en medios castelán falantes. O quen non a ten, alomenos en importantes sectores da sociedade, é o de "autoodio", que serviu para apuntalar o teoricamente a diglosia. Afirmábase, con razón, que o galegofalante por enculturación familiar tendía a educar aos seus filos en castelán, para fuxir da identificación coa pobreza e o estigma rural. Hoxe son moitos os enculturados familiarmente en castelán que non poden sentir autoodio porque o seu idioma de referencia (atmosférica, familiar) foi, dende o principio, o castelán. A non ser que pensemos que, como o galego é a lingua "propia" de Galicia, ao non falar galego, esteamos "alienando" a nosa "propiedade". Pero, en todo caso, que sexa o falante quen decida conservar, aumentar ou dilapidar o que legalmente lle pertence. O galego debe ser defendido e potenciado en igualdade de oportunidades co castelán mediante unha política institucional de discriminación positiva que equilibre, dende a lexislación, as asimetrías sociolingüísticas. Conseguida a igualdade legal, que decida a vida. Facer outra cousa significaría darlle a razón a Galicia Bilingüe.
Apicultor, sabía??
Estou cheo (coñécese ben que hoxe levo mal día) de artigos, de sobreabundancia de estudos, de buscar as voltas, de argüída boa vontade democrática sobre o nacionalismo periférico, cando ninguén escribe nunca sobre o nacionalismo español, contradictio in terminis, porque España non é unha nación, como tamén non o é a Federación Rusa, nin Francia.
Por favor, a ver cando algún día nos contan que uns sanguinarios piratas castellanos ocuparon un penedo a norte de Marrocos e dixeron, "Esto se va a llamar Vélez de la Gomera y es Castilla". Así ata hoxe. Claro, Gibraltar es España.
E os somalianos son piratas. Y los españoles Quijotes. E lo que sobra en España es hidalguía... Repare, amigo Apicultor, na actitude dos que foron hoxe declarar no caso Gallardón. E os españois somos moi divertidos, e temos siesta y paella, y salimos mucho... Os ourensáns, na fin de semana, cara a aldea a botaren veleno ás patacas. E os xubilados europeos veñen vivir a Mallorca, a apartamento de seu. E os de Ourense a non comer para aforraren e compraren pisiño (en sórdido barrios) aos fillos que traballan no polígono Barreiros, ou Ceao, ou San Cibráo, por 500 euros, ao paso que ollan para a árbore onde o da funeraria vén de espetar unha necroloxía.
E que somos moi alegres, os españois. E en Europa hai unha conxura de envexa contra nós, polo ben que vivimos.
Os alemáns que moran todo o ano sen traballar, en Mallorca, (un millón), son xente triste, fracasada.
Nós si que somos como é debido.
E claro, os que queren ser como os de Europa, é dicir, persoas, son terroristas.
Don Jim: Coñece Vde. algún galego (fillo e/ou neto de galegos) que saiba falar castelán???
Eu non.-
Coido que o anterior Anónimo está moi mal informado (ou deformado): Villalaín vive doutras cousas. E aínda que así fose, non vexo que importancia tería tal cousa.
Sigo sen verlle a relación, amigo Medela.
Cumprimentos.
Com licença: Onde dixen o fillo de Blas Piñar quixen dicir Carlos de Meer.
E que hoxe lin na Voz algunha cousa sobre un arresto militar ou cousa así protagonizado polo fillo do presidente de Fuerza Nueva.
Amigo Apicultor: Vde., evidentemente home estudado, (e ben educado) podía sobrevivir perfectamente en calquera lugar do país a falar galego. Non fai falta dicilo. Nin a Vde. nin a min nos afecta todo esa fantasmagoria mental do auto-odio nin os mecanismos de actuación e alienación que tan ben describe don Jim Morrison.
Ben.
Vou seu un pouco 'cru', como tamén Vde. o é por veces.
Pensa sinceramente, don Api, pensa con absolutamente sinceridade que unha señora que traballe nunha empresa de limpezas é tan libre coma Vde., don Jim, Da Coba, don Leituga, don Marcos, don Arume e os outros cabaleiros, para utilizar o galego???
Imaxina a devandita señora da limpeza, natural de Cristosende e veciña de Monte Alto, a comprar un chándal para o fillo no Corte Inglés de Coruña e falando galego???
Vde. ve normal iso??
Si???
Eu non, amigo Apicultor. E sabía por qué?? Porque se iso fose normal, o señor Villalaín estaría a falar a verdade.
Mais a realidade élle ben outra, señor.
Vde. monta un cirio no corte inglés cando unha boneca inexpresiva de rostro e de fala lle responde en castelán. Vde., e eu, e os cabaleiros que están a ler isto teñen libertade para montar o cirio que quixeren.
A señora de Cristosende fala castrapo dificultuosamente, ponse en situación de inferioridade coa dependenta, que apenas fala pouco mellor castellano do que ela, e nin se lle ocurre falar galego.
Se enlouquece, e protesta, e alguén se decata diso... Perde o traballo (ou pensa que pode perdelo).
Ese é o idílico biligüísmo do señor Villalaín.
Cumprimentos.-
Outro caso de biligüísmo Villalaín:
Empregados do Corte Inglés de Vigo (onde compro regularmente) que falan á perfección português e castellano. Xamais falan galego.
Xamais.
Viva el bilingüísmo armónico!!
E outro caso experimentado por unha miña amiga: Solicita traballo de locutora teléfonica en Vigo, onde se esixía o dominio do galego falado, iso si, sen o máis mínimo atisbo de acento do país.
E os de Galicia Bilingüe andan a pintar a cana verde no autocar, en plan Xoana de Arco.
A final tiña razón aquel energúmeno de Lobeira:
"Hai que falar o castellano que é o noso" (SIC)
Pido perdón polo exceso verbal desta noite e lamentaría ter incomodado a alguén cos meus comentarios.
Sr. Apicultor.
Pois é moi doado de entender: o asesor de imaxe de Zapatero fixo que este cambiase de peiteado. O de Aznar que recortase o bigote.
O asesor cultural de Touriño mantén unha posición linguística ambigua, pouco comprometida e letal para o galego a longo prazo. Como corresponde a un partido que nunca viviu esta reivindicación como propia.
A non ser que haxa que excluír das críticas aos que traballan e cobran da Presidencia!
Por certo, falando de entender o bilinguismo , gostaríame coñecer algún exemplo de comunidad que manteña dous idiomas oficiais , en igualdade de condicións , empregados nos mesmos ámbitos sociais e sen conflicto entre eles.
Bravo, Anónimo:
*Dígame onde é que hai que asinar para que o presidente Touriño deixe de falar galego.
*Igualdade de condicións para os idiomas: Eis a cuestión. E comezando polo prestixio das mesmas.
Nós, a pasarmos o rato aquí escribindo en galego, e a señora de Cristosende-Monte Alto a comprar o chándal para o fillo no Corte Inglés, en castrapo.
Grazas, Anónimo.
A posición de Villalaín respecto ao idioma é pouco seria.
A min paréceme un artigo realista. Quero dicir que cando o castelán é o idioma preferente de practicamente o 50% da poboación e é un idioma reputado xeralmente como máis "útil" que o galego, non ten moito sentido apostar todas as cartas por un monolingüismo en galego. Sinxelamente porque ese é un soño imposible, como cantaba Matt Monroe, outrora célebre "crooner". E dar batallas por causas perdidas pode quedar moi "braveheart", pero non altera o resultado final da contenda.
Eu creo que a normalización lingüística debería consistir sobre todo en poñer todos os medios necesarios para garantir que ningún cidadán sexa discriminado por razóns de lingua. É democraticamente intolerable que alguén teña que esperar catro meses para poder casar en galego ou para escriturar en galego unha operación mercantil necesitada de fé pública. Ou que o boten do traballo por falar en galego. ¿Pode avanzarse na eliminación dos espazos de discriminación sen lesionar simultaneamente os dereitos dos cidadáns que prefiren expresarse en castelán? Gloria Lago di que non, eu digo que si. Claro que Gloria Lago entende o bilingüismo como segregación en función das comunidades lingüísticas. E, en realidade, o que lle preocupa non é o bilingüismo, senón ese máis que hipotético "dereito" dos pais a escoller o castelán como única lingua vehicular do ensino dos seus fillos.
Eu creo que a maioría dos galegos apoian ese tipo de "bilingüismo", entendido como equiparación práctica e efectiva, non só legal, dos dereitos de galego-falantes e castelán-falantes.
O que non se pode esperar do proceso de normalización lingüística en Galicia é que se fabriquen falantes a través do DOGA. Nin sequera a través dun posible ensino monolingüe en galego.
En relación coa "diglosia", seguramente é un concepto con pertinencia académica, pero a min non me cadra que se convoque a unha manifestación pretendidamente masiva e popular dicindo que en Galicia non hai bilingüismo, senón diglosia. Aí coincido con Villalaín: o 99 por cento dos galegos nin saben o que é a diglosia nin teñen demasiado interese en sabelo. O cal, polo visto, non quita que haxa algunha xente "encantada de haberse conocido".
Pero de verdade pensan que o castelán é erradicable de Galicia?
Que unha política institucional furibundamente anti-castelán (que non a hai implementada, nin tampouco o BNG a propón, sensatamente ao meu ver) non ía ser maioritariamente contestada pola sociedade galega incluída a señora que vai comprar o chándal ao Corte Inglés da que fala Medela?
De verdade pensan que é efectivo seguir mantendo un discurso monolingüísta anti-castelán? Cantos novos falantes se van achegar así ao galego?
Non hai outra forma de potenciar o galego que non sexa confrontándoo sempre co castelán?
Eu creo que si, complicada e a medio-longo prazo, pero si que a hai. En todo caso, é a única vía factible e realista. O demais é, como di Leituga 1, ir de Mel Gibson en "Braveheart".
Nalgunhas persoas o asunto da lingua remexe en sentimentos moi fondos e suscita reaccións emocionais moi agudas. Que haxa cada vez máis galegos que non falen habitualmente en galego percíbese como o resultado dunha inxustiza histórica de proporcións terribles e como o resultado dunha estratexia destinada a anular o sinal máis caracterizador do pobo galego. Unha vez asumida esta visión dramática da historia, que leva incorporado un doadamente deducible "esquema actancial", non debe resultar raro que o drama se reviva case diariamente e que moitos feitos cotiáns sexan interpretados nesa clave e transformados en lacerantes escenas da traxedia.
Eu son comprensivo con esas maneiras de ver as cousas, pero véxolle dous problemas: o primeiro é que propician discursos fundamentalmente disuasores, por pesimistas, en relación co galego. Na realidade social a estética da derrota non ten tanto prestixio como na arte e na literatura: case todo o mundo, á hora da verdade, prefire ser o romano que asedia e vence antes que o numantino sitiado e suicida.
O segundo problema é a falta de realismo, que é a peor maneira de enfrontar unha situación complicada. Algunha xente parece pensar que a presencia do castelán en Galicia é transitoria e só responde a un triunfo episódico desas potencias desgaleguizadoras que desempeñan no drama o detestable papel do tirano. Porén, todo semella indicar que a situación do castelán en Galicia é perfectamente sólida e que aquelo dos "patufos desleigados que ao pór a garabata xa non saben falar a fala nai" ten tanta eficacia catártica para os castelán-falantes como as apelacións da Mesa pola Normalización aos inenarrables perigos da "diglosia". Só partindo desta realidade, e sendo conscientes da imposibilidade de minorizar o castelán a través da acción política e xurídica, se pode abordar unha política lingüística factible, asumida por unha maioría social ampla e capaz de mobilizar vontades a favor do afortalamento do galego.
A socialización dun conflito lingüístico entre galego e castelán tería como resultado unha clara victoria deste último. O que máis me asusta de Galicia Bilingüe é que ás veces parecen estar neste secreto.
O portugués que falan as/os empregadas/os do Corte Inglés ten un sospeitoso parecido co galego, amigo Medela. A única diferencia é que nunca o empregan con outro galego falante e si con clientes de aparente bó nivel económico. Non sei se as mesmas empregadas ou empregados utilizarán ese portugués doméstico nas transaccións comerciais na feira de Valença. Dubídoo moito.
En calquera caso, a descripción das miles de situacións que vemos comentadas de clara desproporción a favor do castelán non leva aparellado, ao meu xuízo, ningunha solución. Contalo non supón arranxalo e, sen embargo, non pasamos dese punto. Entre outras cousas, porque, como insinúa Leituga 1, falamos para os nosos, para os que xa sabemos o conto. Se fosemos capaces de entrar neses outros que amosan esa indiferencia e desleixo, entón teriamos algo que facer. Pero eses relatos da diglosia (compracentes con ese pesimismo paralizante) non vencen por sí mesmos a situación descrita. Cúmpre dirixirse aos non convencidos, que son moitos. Moitísimos. Aí está o fragor (intelixente e estratéxico) da batalla pola política lingüística.
Eu son un demócrata . A miña única arma política é o meu voto. Mediante a utilización desa arma
pretendo que se faga realidade un lema, xa histórico, moi querido para min: “En Galizia, en galego”. Para eso será necesario que outros coma min unan forzas e cheguemos a ser maioría. Respetando sempre aos que teñan outros usos lingúísticos (como pasa en Finlandia cos sueco-falantes, por exemplo). Nesa liña é na única que estou disposto a traballar e nesa liña vai o meu esforzo para que as ideas políticas que garanticen éso cheguen ao poder.
Se algún día o BNG toma unha decisión difícil de asumir por min ( como pode ser un pacto co PP), valorarei se merece o meu voto en función das circunstancias.
Se algún día o BNG asume o bilingüísmo como un proxecto estratéxico, retirareille o meu voto e nono recuperará “endexamais”.
Póde que non teña moito sentido común pero, hoxe, se se aplicase ese sentido común que lle gusta tanto ao señor Villalaín, os xitános voltarían a ser confinados nos seus Ghettos, os crucifixos voltarían ás aulas e organismos oficiais, os gays non poderían adoptar fillos e o Chikilicuatre sería enviado a cargar areón na carroceta. O sentido común, como concepto político, ten o mesmo cheiro que a “maioría natural” que decía Fraga Iribarne.
O señor Villalaín “vende”unha consigna política. É lóxico, forma parte dun aparatodisposto a recadar votos para o partido que lle paga. É un xeito de “intelectual orgánico” dun partido que, na custión da lingúa, sempre tivo unha posición ambigua.
Polos argumentos que aquí van xurdindo, ao mellor pódese ir albiscando tanta falta de que os nacionalistas desenvolvamos teoría e estratexia lingüística coma de que os outros -digamos- actualicen o seu concepto sobre os modos e pensares dos nacionalistas; ou máis. Dío un que estivo na manifestación de Santiago, en ningún momento se sentiu convocado contra a diglosia e dificilmente se recoñece no retrato suxerido. Nun debate do 1993, Ventura Pérez Mariño apoñíalle ao seu concorrente nacionalista o discurso "é que estamos asoballados"; o imputado non pronunciara tal palabra e había ben anos que eu non a escoitaba en tales contextos. Ollo cos conceptos de hai corenta anos, por activa e por pasiva.
Deste debate, máis alá de simplificacións e caricaturas, probablemente sairá substancia ben nutritiva. Eu, polo menos, a esta altura de curso teño máis posibilidade de ler e aprender ca de entrar en argumento. Pero dúas cousas si que digo: é -debía ser- obxectivo primordial da institución pública, xa que hai dúas linguas oficiais, procurar con seria dedicación a igualdade social absoluta e efectiva ao respecto; é conveniencia do país procurar mediante proxecto e acción sensata que a lingua básica de referencia e uso sexa a propia do país (os argumentos de propiedade, se queren, noutro debate e momento). É, por outra banda, a única forma que vexo de afortalemento posible do galego.
Remato con dúas citas sabias: "Na realidade social a estética da derrota non ten tanto prestixio como na arte e na literatura: case todo o mundo, á hora da verdade, prefire ser o romano que asedia e vence antes que o numantino sitiado e suicida". "Cumpre dirixirse aos non convencidos, que son moitos. Moitísimos. Aí está o fragor (intelixente e estratéxico) da batalla pola política lingüística".
E volvo aos meus papeis. Que lle imos facer.
Estou de acordo en que expoñer o problema no é solucionalo, como se di por aí arriba. Sen embargo, temos exemplos de abondo no eido da literatura nos que incluso nos libros só se podía expoñer o problema e non solucionalo (por exemplo os matrimonios desiguais, entre nobres e plebeios. O plebeio acababa sendo un príncipe raptado de neno, etc). Pero expoñer expoñíase. Eu cheguei a pensar que moitas das declaracións que facía o bispo Setién, e o propio Plan Ibarretxe no principio, ían por aí. Obrigar, provocar a reflexión.
Pero é que en Galicia a restra de agresións pretendidas ou "establecidas" contra o idioma galego non teñen fin. E a maneira de solucionalo non se ve demasiado clara.
¿Que lles parece isto? Personaxes coma Bebeto ou Mauro Silva que ó seren entrevistados na TVG optaban por falar castelán en troques de facelo na súa lingua. ¿Que explición pode ter isto tratándose de homes que vivían aquí? ¿Que caste de información recibían? ¿Que aleccionamento ou aclaracións previas á entrevista lles eran subministradas?
Lingua litúrxica, diglosia de facto, sentimento de utilidade inutilidade, rexeitamento puro e duro... ¿Que favor lle fai á lingua galega un elemento coma o Pérez Touriño, que debera falala con absoluta corrección e cada vez que abre a boca destrózaa en mil anacos? Teño recollidas por gusto masoquista unha certa cantidade das súas perlas a micrófono aberto.
Esa é outra das grandes eivas: aquí todo o mundo se sinte capacitado para falar en galego sen molestarse sequera nunha mínima preparación.
¿Lembran aquel famoso debate entre Fraga e Antolín Sánchez Presedo? ¿Quen falou o galego máis correcto? ¿Non fora o moderador que se preparou nunha semana ou algo así?
Eu non me atrevo a aportar solucións, nin sequera a insinualas. Só se me ocorre o compromiso e o valor de falar galego en Galicia aínda que o outro galego que tes diante -no Corte Inglés ou onde sexa- fale castelán.
Pero...
A Democracia é moito máis que o Sufraxio Universal. E, polo tanto, ser demócrata é moito máis que usar o voto como un pago ou un castigo aos partidos políticos, como se fora o azucarillo dos adestradores de cás,ou a descarga eléctrica das ratas de Skinner. Os partidos políticos fomentan esa identificación demócrata-votante,porque lles convén.Déixalle as mans libres entre citas electoráis. Pero a Democracia practícase todos os días de mil xeitos.
Non quero nin debo entrar a discutir quen é o que ten a razón,
o que se temos claro é que a ditadura remato por sorte fai anos, e penso que todos nós sen ter en conta ideoloxías temos que procurar que non volva; se cadra non se entende a utilización de palabras tan fortes, pero ten a súa explicación, nós e os nosos políticos, nestes asuntos estamos nas mans dos adiantados culturais, eles son os que deben achegar ideas para fomentar o renacemento do uso do galego, de pouco serve que lle impoñamos aos nenos o seu uso, se despois non atopan atractivos no seu coñecemento,ideas como a do -Gadis- "Vivamos como Galegos", son as que fan falla, se "Amaral" e "Chenoa" cantasen en galego, os mozos cantarían en galego, se "Indiana Jones" fose "Pepe Larouco" os mozos verían cine Galego, sinxelo é sentar diante do computador e adoutrinar e impor, o difícil é traballar e atopar solucións, o día que se atope unha canción en galego no un dos corenta, teremos opcións.
Por certo, unha pregunta xa ven que o meu galego é deplorable por desgraza, ¿cal debo estudar para millorar, o do meu avó ou o do meu fillo?, porque vexo que cando falan entre eles non é que se entendan moi ben, e o meu fillo remata por falarlle en castelán.
onde di plebeio debe dicir plebeo.
"Non hai que agardar que os reis filosofen, nin que os filósofos sexan reis, tampouco hai que desexalo porque a posesión do poder dana inevitabelmente o libre xuizo da razón"
Voltaire
Creo que estamos asistindo ao estreno dun novo fenómeno político e social: o dos equidistantes.
Eu, o que xa non tolero máis é que as línguas teñan nomes másculos. Porqué "o francés" e non "a francesa","o galego" e non "a galega".
Falemos Galega ,Xa!
feministo, falla o fundamento in re: AS LINGUAS NON PODEN TER NOMES MÁSCULOS, COMO DI VOSTEDE. EN TAL CASO NON SERÍAN LINGUAS. A ver: lingua galego? lingua francés?
Hai que afinar máis, chacho!
Ao fenómeno dos equilibristas xa hai tempo que asistimos.
Equilibrada é a báscula da Xustiza.
Outro fenómeno interesante é o dos que antes vían todo negro ou branco (conmigo e contra mín) e agora para seren máis abertos e modernos poñen un punto no centro, o equidistante. E agora xa teñen tres puntos. Pero máis non. Non vaia ser que a cabeza estoupe.
En España gracias a la Constitución cada uno habla el idioma que prefiere. Non hai en esto ningún conflicto, que mas libertad idiomática que esta?. Solo los resentidos protestan, los nacionalistas van a obligar a los ciudadanos a hablar gallego?. Si no lo hacen ahora es porque simplemente no quieren, por mas que les pese. Dicen que no lo hablamos porque no es idioma de prestigios, y como lo va a ser?. Es que el vicepresidente es un gran intelectual que sea referencia de los jovenes mas intelectualmente espabilidados?. No. Es que tienen cientificos, intelectuales de prestigio mundial?, artistas comprometidos con el idioma que triunfen por el mundo adelante?. El nacionalismo vive al calor de la estufa administrativa y su actividad cultural se reduce a conmemoraciones, efeménides y protocolos, un mundillo caciqueado por intereses de corta distancia, corrompido al máximo, donde no son capaces de discriminar la calidad del fraude, que esperan pues?. La culturilla galega tienen todos los vicios de las culturas de los estados mas viejos, pero sin estado, con escasos medios, y nula proyección internacional. QUe prestigo van a proyectar en la sociedad gallega?. El gallego no tiene prestigio porque carece de referentes positivos, encomiables. El gallego non se lo toman en serio ni los mismos nacionalistas, donde esta un periodico gallego, medios de comunicación en gallego, donde la vida cultural, en un "despachiño" de la Xunta?.
Y luego vendrán co esa cantinela de que históricamente fueron maltratados por el español, la historia se hace amigos, y los gallegos parece, mas que nada los nacionalistas, dispuestos a hacer historia, sino a vivir de la historia que son dos dias. Maruxiña, pásame los orzamientos que le voy a dar una mordida, me haré rico, y le haré un bien al pais, ricos nacionalistas, que no había, hai que contribuir.
Poña nos platiños da báscula da xusticia os seguintes artigos:
Platiño A.
Constitución española
Artículo 3
1. El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los españoles tienen el DEBER de conocerla
y el DERECHO a usarla.
2. Las demás lenguas españolas serán también oficiales en las respectivas Comunidades Autónomas de
acuerdo con sus Estatutos.
3. La riqueza de las distintas modalidades lingüísticas de España es un patrimonio cultural que será objeto
de especial respeto y protección.
Platiño B
Estatuto de Galicia
Artigo 5
1. A lingua propia de Galicia é o galego.
2. Os idiomas galego e castelán son oficiais de Galicia e todos teñen o DEREITO de os coñecer e de os usar.
3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento.
4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua
Agora mire para onde se inclina a báscula.
Intersante fío.
Non teño tempo de entrar, pero o farei. Desde a optica BI Plus.
Galiza multilingue, idioma oficial, só o galego.
Inenarrable.
En que mans andamos, meu DEus!!! (pola ligazón de XMG)
A case 30 anos da autonomía estas cousas non poden pasar. Non teñen escusa.
Grazas por esta frase, Anónimo:
"Galiza multilingue, idioma oficial, só o galego."
Eva Longoria é mexicana.
Eva Longoria fala "castelán" de México, como a maioría dos veciños de Los Angeles e contorna.
Cal é a única lingua oficial en Los Angeles???
Desplómase a bóveda celeste por iso??
K de Kyra
Ben, xa o sei, Eva Longoria naceu en EEUU, ben, ben, mais fala spanglish.
Non se pode nin abrir a boca que comen a un.
E Jennifer Lopez???
En que fala??? Polo menos cando vivía no Bronx??
E Aznar???
En que falaba cando veu de pasar a fin de semana no pazo de Bush??
Inglés...
E cal é a lingua oficial en Madrid??
E o rapaz guapito de "Vivamos como galegos" (que correctamente sería "Vivamos COMA galegos"), ese rapaz que van esperar a Labacolla, a quen pagaron os estudos para producir riqueza fóra, ese rapaz que cando lle dan tres días de ferias volve á casa y todo le es muy pintoresco, mais chega o un de setembro e regresa para Barcelona...
En que fala o bonito rapaz??
Vale, Medela, pode seguir poñendo casuística azinfinitú. Pero sigo sen ver a relación co tema obxecto do artigo de Villalaín.
Cumprimentos.
en galego, se puidera.
jajajajajajajajajajajajajajajaja
Apicultor, non hai quen poida con Vde.
Gandhi, no que respecta á resistencia pasiva, é un aprendiz ao seu lado.
jajajajajaja
Non debía de querelo, Apicultor, non debía de querelo, e no entanto...
jajajajaja
P.D.: Ben se lle coñece que non lle gustan as 'chicas' esas, a Longoria e a Lopez.
Home claro, tendo no seu haber a Antonelli e a Gimpera...
Ben, Apicultor, sabe que o comprendo e eu ben sei que Vde. me comprende e empatiza comigo, que nos caemos ben mutuamente, que nos apreciamos aínda que esteamos nas antípodas. Nin eu trato de convencelo a Vde., nin evidentemente Vde. trata (aínda que me fai rir e me “convence”) de me convecer.
Falemos en bilingüísmo, nesa falacia intelectual e política chamada bilingüísmo. Sen irmos máis lonxe, repare no nome propio do sr. Villalaín.
Damián.
Api, Vde. é rapaz familia tradicional, coma un servidor. Vde. non se puido librar (eu tamén non) dunha educación rixidamente católica e exacta delimitación de roles sociais. Ben; Vde. ten independencia económica. E está pronto para un bombardeamento con napalm, ou o que faga falta.
Ben seguro é profesor, médico, dentista, pintor, deputado, alto funcionario, poeta ultraísta; practica ciclismo de montaña e tivo moitas mozas.
Fai agora, como cando era cativo, o que lle dá a real gana.
É casado cunha señora razoablemente bonita e dun nivel económico, cultural e social semellante ao de Vde.
Marabilloso.
Vde. non se asusta de nada, e gusta que lle digan verdades. Tamén as di Vde. Abofé que si.
Ao conto, admirado amigo Apicultor. Estabamos a falar do patronímico “Damián” e do troiano cabalo chamado bilingüísmo.
Se Vde. pronuncia este patronímico na nosa nación, e realiza unha enquisa minimamente fiable, ha reparar en que Damián é inmediatamente relacionado, segundo os parámetros da nosa cultura, co Padre Damián, aquel que andaba por Hawaii, e que non dan beatificado... Ou talvez lembrará Vde. algún moinante deses que andaban a pedir polas romarías, e que lle chamaban Damián. É dicir, algo atávico ou relacionado co rural, co subsidiario, coa ALDEA.
Mais se Vde. remexe entre os libros de calquera adolescente de tendencia “underground”, raro será que non atope un libro de Hermann Hesse, chamado “Demian”. Demian e Damián son o mesmo nome. O que pasa é que Demian cataliza en todos nós sentimentos de alta literatura místico-acneica, do que puido ser e non foi, de meditación budista, etc.
Por iso o bilingüísmo é imposible, é unha falacia. Imaxine que o libro de Hesse é chamado, onda nós, Damián. Home!!! Na miña casa de Lobeira as revistas do Sagrado Corazón coas proezas do padre Damián onda os leprosos de Molokai (EEUU) eran cousa de todos os días... Sería imposible comezar a ler seriamente unha novela dun místico alemán co nome do místico padre belga e poder chegar a unha conclusión diferente á que ultrapasase o rezo diario do rosario, a segmentación social e...
Saúdos, amigo Apicultor.
Eu si, prezado Medela, eu si que me puiden librar "dunha educación rixidamente católica", abofé que si.
Por iso non necesito sentir unha "seguridade ontolóxica" (Giddens) derivada dunha "transferencia de sacralidade" de deus á nación. Son laico, a diferencia de vostede, meu amigo e correlixionario.
De crer en algo, xa sabe en qué creo: Laura e Teresa, of course. E pouco máis.
Cos meus cumprimentos.
Ufffffff, o dito, querido amigo.
Non hai quen poida con Vde.
Recoñezo que tentei tenderlle unha armadilla, mais non hai maneira.
Sabía???
A fe, por veces, case sempre, nos blinda, aínda que non sexamos un modelo de comportamento. Aínda que tentemos cristalizar ou fosilizar esa fe nos xa afastados rosarios da remota Lobeira, na irresponsabilidade da infancia.
De todo o modo, non hai quen me saque da cabeza que Laura e Tareixa foron para Vde. a transferencia das deusas celtas da fecundidade, das mouras, das señoras da montaña.
Vde., talvez, e por favor perdoe, non é tan laico como di ser ou crer.
Ouviu, o da transferencia de sacralidade soa moito a Vázquez de Mella. Eu penso que son liberal.
Vou durmir, penso que teño un pouco de quentura.
Prometo non volver a me meter con Vde. nin a tenderlle armadillas.
Prometo ser bo.
Medela, ben se ve que anda vostede exiliado da cálida patria da nenez. Dígollo porque, se non fose así, tería que saber que a Igrexa Católica, durante o pontificado de Xoán Paulo II deulle o visto bo á causa da beatificación do Padre Damián, bispo dos leprosos e apóstolo de Molokai, e iniciou os expedientes e trámites previstos para tales casos.
Direille tamén que non sabe o que me alegra enteirarme de que entre vostede e mais eu hai algo máis que a comunicación sen rostro do blog. Na miña casa eran tamén devotos do Padre Damián e estabamos subscritos ás revistas "Reinado Social do Sagrado Corazón de Jesús" e "El pan de los pobres", ambas as dúas implicadas ata os engumiños na causa da beatificación do esforzado misioneiro belga. Curiosa esta conexión entre Lobeira e Vigo. Seguramente vostede tamén lía en "Reinado Social" o mesmo que lía eu: a última páxina, que estaba dedicada enteiramente a reproducir uns "chistes" frecuentemente infames que enviaban os propios lectores.
Namentres vostedes lían "iso", eu papaba todos os Capitán Trueno e El Jabato.
Aínda hai "clases"... de lectura.
De entrada dous platos de callos, de segundo ovos fritidos con patacas fritidas e chourizo. Postre, nada. Logo dous cafés de pote con pingueiras. O pan mouro ou, polo menos, moreno. O viño tinto, sen pedigree, pero levábase ben. Eu como fun de avanzadilla, tomei antes media ración de polbo/pulpo. O pemento un pouco rancio, un chisquiño namais, case imperceptible. Saímos a uns oito euros por persoa. Ós cafés invitou a casa. E todo falado en galego, nunha perfecta empatosimpatía -para que quede clara a diferencia entre empatizar e simpatizar- entre os comensais e os camareiros e, incluso, co contorno. (¿En Ourense dise contorna, ou?)
Xa ves, Mafalda,(refírome a unha moza que me dedica unhas frases ominosas un pouco maís abaixo, nun fío provocado por unha montaxe sacrílega sobre o Descendemento ou Desencravo) que os meus potaxes podes compartilos sen ningún escrúpulo. Son inofensivos e moi nutritivos. O malo foi que durante a tarde a muller fillo caldo de repolo e non podendo resistirme, ceei un plato a rebordar mollando pan de Ousá. Durmin mal, iso si. Mais non tiven pesadelos. Ó contrario, liguei con Conchita Velasco debaixo do Acueducto de Segovia. De cerca non sei como será, pero na tele, quitando o bodrio ese dos Ozores, queda moi resultona. Pero foi un ligue intelectual. Nunca se chega a nada neses condenados soños.
En fin, inmersión lingüística a tope, ¿ou non?
Villaláin faise estas preguntas dende unha inxenuidade pasmosa. Acaso descoñece a importancia do uso simbólico dos idiomas, e as súas implicacións no contexto sociocultural e político?
Unha reivincicación clara do nacionalismo foi o da oficialidade exclusiva do galego, cousa compatibel cunha Galiza multilíngüe. Os argumentos poden encontrarse en abundantes publicacións e incluso en programas politicos. Polos na marxe para non velos, e preguntar por eles como se non existisen, non é a mellor forma de enxuizar, por esto pareceme que mais que inxenuidade o artigo rezuma cinismo.
"Os argumentos poden encontrarse en abundantes publicacións e incluso en programas politicos".
Pois, como parece que vostede coñece moi ben o tema, podía facer o favor de facernos un resumo de tales argumentos ou, no seu defecto, de citarnos algunhas desas "abundantes publicacións". Eu quedarialle agradecido, e supoño que outros tamén. Grazas.
Vanme perdoar, pero parécenme vostedes demasiado solemnes. Desde a solemnidade só podo ocorrer que os gardas municipais escarallen o esplendor da infraoctava do Corpus de Lucus Augusti. O Corpus Augusti, como dicía a miña filla.
Caro sr. Leituga One: Non me diga que non foi unha marabillosa experiencia a de podermos ler en “El pan de los pobres”:
‘Por haber regresado su hijo Camilito sin novedad del servicio militar en Ceuta, envía 75 pesetas Aparecida Cadaya, de Cristosende’
‘Por haber encontrado unos documentos que se creían perdidos y que eran muy importantes, 90 pesetas. Damián Tojo, Pazo de Irijoa’
‘Perdí una lentilla en la playa de Benidorm. Me encomendé a San Antonio y la lentilla apareció, me la encontraron unos chicos. Córdula Márquez, Mota del Cuervo’
‘Por haber aprobado mi nieto Isauro el curso de cabo de la Guardia Civil, envío donativo al Santo. Rafaela Bouzas. Barberá del Vallés’
‘Estaba a esperar los resultados de unos análisis y gracias a San Antonio que no fue nada. Envío donativo. Palmira Mota. Lovios’
‘Estuve enfadada con mi cuñada 47 años y al final fue un malentendido y se solucionó por la intersección del Santo. Anónimo. Monachil’
E cousas así.
No que respecta á revista do Sagrado Corazón, máis elaborada, lembro os chistes que Vde. referencia, dun humor tan branco que daba noxo: ‘Buenas, tienen alpargatas? Sí, muy buenas. Muy buenas, tienen alpargatas? Ou aquel clásico pola súa viscosidade: ‘Pues yo abrí la ventana por la noche y entró un fresco y se llevó dos sábanas’. Para chorar.
Había outras revistas que completaban este tándem: ‘Santa Rita y el pueblo cristiano’ e ‘Familia Cristiana’, alén do máis especializado ‘Boletín Salesiano’. ‘Comunión y liberación’ pertencía a círculos moi elitistas. Agora leo, ás veces, ‘Cristianismo y Justicia’.
Ouviu, don Leituga One, andan a dicir polos discretos corredores das chancelerías vaticanas que a documentación que meteron para beatificar o Padre Damián teñen certos atrancos. As linguas rexoubeiras andan a teimar e teimar no xeito en que o heroico padre apañou a lepra…
Estou a buscar as fotografías da miña primeira comuñón. Sospeita, amigo Leituga One, como é que ía eu vestido para a ocasión?
Acertou.
De Padre Damián.
E Vde.???
Saúdos, e grazas por escribir así, como di don XDC.
Caro Sr. Apicultor [Aka. Apy Koolthor, Fabrizio, Doutor en resistencia pasiva]
Souben que Vde. anda a dicir en velorios, festas, comerotas, canellas e esfollas do millo, alén de bares e tabernas de todas as clases, que os que lemos de rapaces as revistas referenciadas somos unha especie de cavernícolas mutantes ou seres do ultramundo vítimas da superstición e do oscurantismo.
{ejem}
Sabe en que partido militaba o Capitán Trueno? No PP-sector Acebes. Alén diso era un frívolo conquistador (de preferencia mozas vinculeiras da aristocracia ou mesmo da realeza) e de profesión mercenario (asesor técnico-loxístico, dinlle agora). Iso si, falaba con certa soltura desde innuit ata tolteca-chichimeca, defendendo, no entanto, de espada en man a oficialidade única do castellano.
E o seu admirado Jabato? Nas Xestoras Pro-Amnistía, segundo as análises de Carbono 14. Aínda que, polo si ou polo non, estaba encebolado coa filla morgada dun senador romano que tamén, ora pro nobis! profesaba secretamente o cristianismo. Manda truco, don Apy. Ben seguro que coa moza (Claudia) falaba latín. E non lle digo nada co futuro sogro. Nin Cicerón o superaba. Aínda que con Taurus e Fideo ben falaba o euskara pre-batua. E o coitado do Fideo, da minoría greca en Turquía, que se amolase.
Evidentemente, o seu heroe era un firme adalide do bilingüísmo. Home non.
Saúdos.
Touche! :-)
Unha vez díxome unha moza coruñesa: "amighiño, la inteligencia te persigue, pero tu vas más rápido". Posteriormente esta hoxe coñecidísima moza, caeu abraiada nos brazos do apicultor, que era máis maior e xa home con futuro, nunca máis voltei a selo mesmo; hoxe vago polas cantinas solicitando media hora de conversa e quince pesos de coñecemento. Qué pouca fortuna tiven! podía o apicultor andar por outros lares carafio!
E logo que foi, ho?
Regueifas: Teresa Gimpera, cando o coñeceu, botouse a el. Por se lle serve de consolo.
E para min quedaron as codias.
snif
snif
snif
Chesi para APICULTOR. Lembro na miña casa (de dereita-ultradereira-opusiana) que a miñanai estaba suscrita a El pan de los pobres. E miña nai, católica máis non excesiva, é dicir, cumpría coas súas obrigas diarias de rosario, misa e unha fonda e fermosa caridade (no senso de amor) con demáis, cando caséi fíxonos a miña dona e a mín suscriptores de El Pan... Ouh, Deus, e cada vez que chega a revista non podo deixar de ler os relatos de Beatriz de Olay e os agradecemenetos polos favores recebidos: van dende ó que salíu ben dunha operación de cancro ata o que agradece que a luz non se fora nuhnta noite de treboada. Eu penso que a miñña formación de escritor, se o son, pasa por Martín Vigil, Pemán, os libros relixiosos que daban nos Maristas, as haxiografías que eran os peores; logo, claro, Capitán Trueno, Jabato, Mortadelo y Filemón. Pero El Pan de los pobres tiña a esencia dun texto de Borges pasado pola batidora dunha señora (Beatriz de Olay, que nome, meu deus) que fixo de min este que son: cáseque un analfabeto. Nomeache EL PAN DE LOS POBRES e subiume a nenez as veas coma unha dose de heroina (heroina de Beatriz de Olay, of course).
Para Chesi:
Son moi comprensivo con todos os vicios, incluídos os meus.
Cómo non ía comprender o seu, amigo Chesi, con El Pan de los Pobres, o seu affaire íntimo con Beatriz de Olay. Cómo non ía comprender a delectación morbosa coa que follea (con perdón) as súas páxinas, a espera angustiosa do carteiro, ese abrir compulsivo do buzón día tras día e o pensamento aciago que lle taladra os miolos: - Desta vez vén moi demorado o envío.
Comprendo todos os vicios. Comparto talvez algúns.
Un cordial saúdo, señor escritor.
A mín gustárame moito o relato de agradecemento dunha señora ao Padre Damián. Caeran,ela e o seu home, por un precipicio de 20 metros có coche. Por terse encomendado a él,según ela, non caeran polo outro lado da estrada, onde o precipicio era de 100 metros.
"Un activismo que se empeña en crear un conflito lingüístico co castelán..." Xa hai que ter cara para utilizar unha frase como esta!. Eso si que é ter prexuicios ideolóxicos e adaptar a realidade aos propios intereses. A non ser que eu me trabuque e o señor Villalaín crea realmente que dúas línguas que durante séculos loitan por ocupar un mesmo espacio, xeográfico, social e cultural, con todo o aparato do estado en favor dunha delas, non están en conflicto lingüístico.
Ante esto compre tirar conclusións:
1-O señor Villalaín é un inxenuo. (pouco probable).
2-Cansou de manter a reclamación histórica da normalización do idioma. Prefire desenvolverse en horizontes máis amplos. (non sería o primeiro).
3-Ao ser un home con escrúpulos, prefire para o galego unha morte doce e asistida. Con aparencia de garantías democráticas. Rodeada de todos os que a aprecian de verdade e nunca a deixarían soa no derradeiro alento. ( moi probable).
Agradézolle o consello implicito nos seus argumentos: Mostrarse irreductible e intransixente na loita en defensa da lingua propia non pode traerlle a esta máis que desgrazas. Pero non seguirei tal consello. Prefiro as vellas posicións de sempre do galeguismo.
Ahí le duele, Anónimo. Ni un paso atrás!
Villacaín.
"Prefiro as vellas posicións de sempre do galeguismo"
Desculpe, pero que eu saiba o galeguismo estaba pola cooficialidade. Lea, se non, o programa do Partido Galeguista de Castelao e Bóveda.
"Dúas línguas que durante séculos loitan por ocupar un mesmo espacio, xeográfico, social e cultural"
Desculpe, pero que eu saiba "as linguas" non loitan entre si, pois non son seres dotados de volición e coñecemento como para pelexar unha coa outra. Que non son boxeadores, por dicilo sinxelamente.
Quen fala castellano no país??
Los que no dan hablao el gallego??
O los que le gusta el gallego de los paisaniños??
Para don Chesi: Beatriz de Olay, colaboradora de El pan de los pobres, é un pseudónimo. É un fraile.
Saúdos.-
En Los Angeles existe persecución contra o spanglish???
Cal é a lingua oficial en California???
O 'castellano' falado en Galiza é un idioma???
A señora de Cristosende que compra un chandal no Corte Inglés da Coruña fala castellano???
O alcalde do PP de Lobeira sabe falar castellano???
Paco Vázquez fala castellano???
Onde é que está o castellano da nosa nación???
Como se pode confrontar unha lingua, o galego, cun espectro???
Fálase castellano na Coruña???
Que nos ofrecen a cambio da ofrenda sacrificial do idioma galego???
O castrapo de Xan das Bólas, reactualizado???
Iso non se fai, Medela, iso non se fai.
Descubrir agora o secreto de que Beatriz de Olay é un frade pode causar un irreversible trastorno ao amigo Chesi ao crearlle unha severa crise de identidade sexual. Non ve que descubrir que un fantasea cun frade pode botar a perder unha máis que prometedora carreira literaria?
Non, iso non se fai, Medela, iso non se fai.
XDDDDD XDDDDD
Sr Apicultor, se tivera máis tempo explicaríalle todas estas cousas. Pero vd esfórcese un pouco, caramba! No fondo non son tan difíciles de entender.
En primeiro lugar, o texto do sr. Damián non está redixido (redactado) en idioma galego. Está en castellano, traducido e calcado ad peddem litteram para galego normativo, de moi baixa calidade.
É dicir, un castellano a opinar sobre socio-lingüística galega.
Se o señor profesor González (que sabe perfectamente o que quero dicir) me axuda, facemos un comentario de texto.
Por favor, se alguén ataca o idioma galego, mediante a doce eutanasia da que falaba o señor Anónimo, o mediante calquera tipo de argumentación, que utilice unha lingua; hai 1.800 no mundo. Damián exprésase nunha xiria híbrida, como Eva Longoria.
Saúdos.-
Api!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Lamento ter desvendado o segredo, mais é verdade. A serio. Beatriz de Olay é o pseudónimo empregado por un fraile. Home, non creo que don Chesi se traumatize por iso...
jajajajajajajajajajajajajajajajajajjajajajajajajajajajajajajaja
Na verdade, a intervención de don Chesi foi xenial.-
Xa que don Damián anda a buscar as voltas dos que estamos en contra do bilingüismo, tamén nós lle buscamos as voltas (superficialmente) ao seu texto.
“Que se empeñan en clamar”
QUE TEIMAN EN BERRAR
“Motivo de abondo”
MOTIVO ABONDO//SUFICIENTE MOTIVO//MOTIVO DABONDO
“Que segue a vivir”
QUE CONTINÚA A VIVIR
“Clara e acaída”
CLARA E ADECUADA
“Qué estratexia normalizadora”
QUE ESTRATEXIA NORMALIZADORA
“Darmos por boa”
ABOARMOS
“Agasallar a organizacións”
AGASALLAR ORGANIZACIÓNS”
Comete grallas ortográficas que non superarían un exame da ESO.
O galego de don Damián equivale ao castellano de Paco Vázquez.-
VIVA EL GALLEGUIÑO DE LOS PAISANIÑOS!!!!!!!
Y VIVA EL AUDI Q7 FABRICADO EN LEIPZIG!!!!!!!
Júlio, pasa pa cama. A dormir!!!, cona!!!, que Api xa anda no ronco son. Deixao roncar prácidamente, que se non mañá non rinde.
Quero enviarlle desde aquí, xa que non o podo facer desde alí, unha agarimosa aperta ao benintencionado censor da edición dixital de "El Correo Gallego". Comprendo que, como non son un lector habitual do xornal e non pago cos meus impostos parte das axudas que recibe, non se incluíse a miña opinión timidamente crítica con certo contertulio premio nacional de nuestras letras.
Viva a prensa libre, que sabe aplicar a censura a quen, coma min, o merece!
Morran os blogs, eses condanados medios censores sen escrúpulos, dirixidos polos poderes fácticos, a Cocacola e a Internacional Socialista!
Boeno, vou durmir...
jeje
Canción de berce pra que durma o Medela( e pra ver se me da o sono a mín tamén):
Celanova ten un vento
Celanova un vento ten
un vento peleriñante
un vento que vai e ven
un vento que mais que vento
e un teimoso roncón
fungando polos tellados
con grave e tristeiro son
iste vento vagabundo
vai coa lua ven co sol
vai cos mozos ven cos vellos
vai coa neve ven coa flor
vai coas nubes viaxeiras
por camiños de romaxes
vai co pandeiro da chuvia
repinicando paisaxes
de dia vai cos paxaros
e anda a brincar polas hortas
de noite vai cos morcegos
e anda a petar polas portas
meu neno non teñas medo
que este vento e meu amigo
i anque rosma pola rua
non te levara consigo
vento que vas a aventura
non ollas como che aceno
vaite de aquí paseniño
deixa durmir ao meu neno.
De verdá que o Jean Moulin de Lobeira, ou Medela prós amigos, está hoxe un pouco tonto. Qué quere, tovarich, que só uns poucos escriban e falen galego? Vai vir vostede en plan "tocagüevos"? Pois vai ter moitos que tocar, comezando por todos os que escriben no blog, dono incluído. Que quere? Que todos escriban en castelán, alma cándida? Está tonto ou que? Vouno ter que levar unha tempada pra Siberia a -40ºC pra que se lle endereite esa cabesiña que deus lle deu, carallo pró rapas este de Lobeira. Que comiches hoxe: fungos alucinóxenos ou que? Espabila, meu, que eu xa vou vello e quero acougar.
Case todas as observacións de Jean Moulin ao artigo de Villalaín son máis propias dun traductor libérrimo, do típico escribidor que,no fondo, quixera ter sido el o escritor do artigo, ou da actitude esixente e "rigorosa" que os profesores adoptan nos exames de "comentario de texto". Co agravante de que nin Moulin é profesor de ninguén neste Blog -un lugar que, por definición exclúe apriorismos xerárquicos- nin as opinións de Villalaín -tan acaída e contundentemente explicadas-"textos" que deban ser avaliados única ou fundamentalmente pola súa corrección gramatical. Gracias ao sr Villalaín, por ter desencadeado un debate necesario. Por moito que algúns se empeñen en clamar (¿ou tal vez habería que dicir "teimen en berrar"?)o contrario. Estou certo de que saberán disculpar as grallas cometidas neste "comentario de texto". Prometo facelo mellor cando aprobe o CELGA II.
Apriorismos xerárquicos???
Faga o favor, señor Dimitrov...
Mais tamén lle digo unha cousa: Se o señor Villalaín (don Damián) pontifica, tamén el pueblo vil y llano temos o dereito de dicir o que queiramos.
Son o que peor escribe no blog, recoñézoo. É certo. Mais tamén é certo que non escribo para xornal ningún nin pretendo pontificar.
Cando compramos un coche e reparamos no máis mínimo erro de funcionamento, acudimos no instante ao concesionario para que nolo arreglen; para iso está a garantía.
A unha persoa que escribe un artigo de tal calibre, que provoca tal resposta (unha das máis numerosas do blog), cando menos deberíase de lle pedir que coñeza o uso do complemento directo; as linguas diferéncianse, máis que nada, polas súas estruturas sintácticas.
E se a miña filla vén cun suspenso en lingua galega por non saber utilizar o obxecto directo, non sei porque un colaborador dun xornal que se presupón galeguista non domina á perfección as ferramentas da linguaxe.
E como se eu caso, e o cura, ou o xuíz de paz arrancan así:
"Passa tío, quieres a esta chorba como esposa?"
Ah, no que respecta a "quixera ter sido el o escritor do artigo", supoño que estarei no meu dereito de publicar un artigo en contra das teses do señor Villalaín.
Saúdos, sr. Dimitrov.-
Boeno, estiven a repasar o que escribin onte, e estou a ver que o sr. Dimitrov ten razón. Parézome máis con Torquemada que con Moulin.
Ufffffffffffffffffffffff
Ejem. Pido desculpas.
Mais, por favor, e sen que isto xustifique o meu comportamento, quería dicir que me sinto moi doído polo artigo de Villalaín; paréceme a sentenza de morte por eutanasia non consentida, da lingua da miña avoa de Lobeira.
Cumprimentos.-
O que pior escribo son eu, por iso xa non abro a boca. Vai acabar coma señorita Yolanda.
Quen vén sendo a Srta. Yolanda???
Sí, sí, pero o asuntiño da señorita da Coruña que me deixou polo Apicultor, home de máis proveito ca min por outra parte, nada de nada. Para eses temas non hai conversa, se tapa todo y yaestá. Quero saber hoxe que xa ando na florida madurez qué foi déla nésa parte escura da súa vida, ésa que hoxe non sae no currículo. Mentres estivo beneficiándome, aproveitándose da miña natureza indómita de rapaz propenso a delimcuencia -non só dialéctica-, de bairro periférico, aldea prolongada; sempre actuou co mimo do maternalismo de dereitas tan prtector daquela, era coma unha mecenas para min, e míreme agora, Apicultor, non cho podo perdoar. Ainda me acordo cando se despideu e me dixo: "no me convienes", pero ti sí que lle conviñas carafio, de buena familia y con pedegrí. Vou ter que deixar éste sitio, porque vou rematar por porme melancólico, e iso non-o son.
Sr. Dimitrov: Podía Vde. explicar, por favor, por que buscamos as voltas do nacionalismo galego (galeguismo) e veña e dálle, e nunca, nunca, ninguén fala do 'nacionalismo' español??
Será porque estamos tan afeitos a vermos a María Escario a defender o Real Madrid enlouquecidamente que xa nos parece normal???
Grazas.-
Estoume preparando para pasar o día na praia, amigo Medela. Cando volva continuamos a falar. Pero anticípolle que eu son do Barça. A ver se ficha a Ibrahimovic (¿chámase así ou confúndomo con algún director de cine?), porque a marcha de Ronaldinho e Etoo vainos deixar orfos. Na nova etapa despois da caída de Laporta, propoño a Villalaín como xefe de prensa. Teño a sospeita de que tamén é culé.
Non sabe o que celebro que me trate por amigo, don Dimitri. Estaba un tanto angustiado polo Villalaíngate.
Ufffff, a miña familia élle culé ate a morte. Eu non lle son afeccionado, mais son, á forza, partidario do Barça. Obrigáronme María Escario e Ramiro Ledesma.
Tamén me gustan o Corbelle 1812 e o Allariz.
Ah, coñecín en persoa a Laporta.
Páseo ben na praia!
Don Julio, no se meta usted en política y defienda a muerte el "bilingüismo" de Don Damían (cacho de pan) si quiere llevarse bien con los ex-bolcheviques Beria el de Siberia y Dimitrovich, pues el bilingüismo "implica igualdade de oportunidades e de presenza pública das linguas COEXISTENTES e, sobre todo, igualdade de dereitos dos falantes". Ni más ni menos. Quien lo iba decir. COEXISTENCIA PACÍFICA, hasta la desaparición total del gallego, esa lengua subalterna y de paletos, de la que yo mismo no quiero saber nada porque hace tiempo que defiendo el bilingüismo y bien que se me nota. Ojo al parche, amigo Medela, y no se meta en política bilingüista y cosas raras de esas, que todos somos muy buenos cuando las cosas van de broma, pero cuando hay que enseñarle los dientes a alguién y zurrarle la badana, nos hacemos pasar por Beria y Dimitrovich. Don Júlio, se lo digo yo, que conozco el percal como si lo pariera.
As preguntas e afirmacións de Villalaín son excesivamente lixeiras e infundamentadas como para tomalas en serio nun debate.
Otra cosa, Don Júlio: No se deje engañar con eso de los "priapismos xerárquicos". Carallo si no funcionan los empalmamientos y empalamientos "xerárquicos". Mucho ojito, Don Júlio, que las cosas a las veces no le son como parecen. Voy a mirar al indicionario a ver que es eso del "priapismo". Suena tan mal...
chesi para MEDELA. Que cona de fraile se aparece o careto dunha muller duns oitenta anos con "gueule" de sarxento que perdeu un ovo na guerra de Morrocos ou algo asi. Non me abata os mitos: trinta anos facendome pallas diante da fotografia de Beatriz de Olay e agora vai resultar que o meu onanismo vai dedicado a un fraile. Non pode ser, non pode ser. Onde recupero eu os litros seminais dos meus secretos praceres? Diga que me minte, Medela, por favor, diga que me minte.
jajajajajajajajajajajajajajajajaja
DON CHESI É GOD!!!!!!!!
JAJAJAJAJAJAJA
Era brincadeira, don Chesi, éralle brincadeira; non chore...
Espero que algún día concedan o Nobel a don Chesi. Un escritor que se "inspira" con Beatriz de Olay non pode ser deste mundo...
Saúdos.-
Don Chesi, (ejem) non é que me queira meter en Honduras, mais, a súa esposa, coa que compartilla suscripción a "El pan de los pobres", digo, sabe a súa esposa do seu caso amoroso con Beatriz de Olay??
En caso afirmativo, ¿¿Como lleva el tema??
jeje
Teño un coñecido que se "inspira" con Jessica Alba, ou Jennifer Love Hewitt, ou rapazas polo estilo.
Nunca pensei que Beatriz de Olay "inspirase" ninguén.
Don Chesi, na páxina 31 ten o que anda a buscar.
CHESI & BEA
Voute empalar, Anónimo. Xa verás como aprendes qué significa "priapismo".
Non paga moito a pena discutir entre nós a política máis acaída para o futuro do galego. Todo eso xa se discute no parlamento de Cataluña. O que eles decidan, tarde ou cedo, acabará por aplicarse aquí.
"As preguntas e afirmacións de Villalaín son excesivamente lixeiras e infundamentadas como para tomalas en serio nun debate".
chega a gran autoridade en materia lingüísitca, pontifica (ou caga a súa sentencia) e todos tan contentos. vale, tío, si tu lo dices será verdad.
Príapo, yo ya tengo muy claro lo que significa priAPIsmo.
Como autoridade en materia lingüistica dígolle que fundamente con rigor a posición de Villalaín(xa que el non o fai) para que permita un debate serio, senón cale.
Ufff, que alivio, al fin me he librado del monolingüismo impuesto por el nacionalismo ciego y dogmático y he adquirido la nacionalidad bilingüe. Ahora si que puedo decir que soy bilingüe de verdad, y todo gracias a personas como Don Damián (cacho de pan) que se han enfrentado a la dictadura de los "diglósicos" o como se llame esa horda de fanáticos, exponiéndose a lo peor. Qué falta nos hacen hombres como Don Damián. Si no fuera por ellos, que sería de nosotros. Para que luego venga Príapo y diga que me quiere "empalmar". Pobriño, si me "empalma", muere del susto y se vuelve bilingüe como yo del monolito presencial que lle asalta los ojos. Don Júlio, usted al loro con el priAPIsmo, que lo "empalman" sin darse cuenta. Príapo disfruta "empalmando" a los demás.
"Como autoridade en materia lingüistica [falta til no i] dígolle que fundamente con rigor a posición de Villalaín(xa que el non o fai) [non deixa espazo entre palabras: ...n(xa...] para que permita un debate serio, senón [confunde "senón" con "se non"] cale".
Con "autoridades" coma esta, ¿alguén se pode estrañar que o galego recúe?
A ver que opina sobre este tema, desde o empirismo do día a día (fonte á teorización de Villalaín) un profesor de instituto.
MIGUEL SUÁREZ ABEL ESCRITOR Y PROFESOR DE INSTITUTO
Iván non se atreve a falar galego
Ten trece anos. Cursa segundo da ESO nun instituto das aforas dunha cidade de Galicia. Non destaca en ningunha materia, pero tampouco é dos que por incapacidade, lacazán ou mala conducta requira atencións especiais por parte do profesorado. Mantemos unha entrevista de rutina tratando de descubrir aqueles aspectos que poderían mellorar o seu rendemento. Facendo un pequeno historial da súa vida académica aparecen os seguintes datos.
Nacido nunha aldea da provincia, realizou os seus estudios de primaria no centro que acollía ós das parroquias achegadas. Superou os ciclos con normalidade e, chegada a hora de comezar a ESO, por traslado da súa familia para a cidade, cambiou a matrícula para o instituto do barrio no que vive. Non sofre problemas de adaptación. Segue aprobando sen sobresaír pero con constancia, mais, no desenrolo da conversación, analizando o trato cos compañeiros, aparece un dato relevante e revelador. Durante toda a súa etapa de ensino primario, tamén na casa onde vivía con seus pais e avós, a súa lingua era e é o galego. Iván falou nese idioma con naturalidade e sen facerse a máis mínima pregunta sobre cál había de ser o seu idioma de comunicación. Chegado ó instituto, dío el non eu, aínda que bastantes profesores lle falan e imparten as clases en galego, lle encargan a lectura de libros nesta lingua, fai exames escritos, e incluso recibe felicitacións públicas por parte da profesora pola súa entoación e autenticidade expresiva, atópase cun problema: non se atreve a falar cos compañeiros na súa lingua, na que falou sempre se segue a falar na casa. Non quere. Dálle vergonza. "Aquí, se falas galego, chámanche montuno, pensas que es medio parvo". E Iván, a pesar dos estímulos e razoamentos, non se atreve, non quere, cos compañeiros non se lle oirá unha palabra en galego. Quen coñeza a Iván e moitos coma el non creo que manteña o discurso insostible de que o castelán é unha lingua que corre perigo en Galicia. Agora ben, os expertos e aplicados á normalización da lingua haberán de preguntarse qué raios se estivo a facer nos últimos vinte anos, despois de leis, normas, implantación no ensino, cursos e esforzos para que, agás no campo, onde xa non quedan, os nenos continúen crendo que falar en galego non dá prestixio, nin amigos, igual cá nos anos escuros nos que nin unha triste liña oficial alentaba a falar ou escribir nesta lingua. Minto: igual non, a profesora daqueles anos humillaríao diante dos compañeiros. Algo avanzamos.
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=13&idEdicion=899&idNoticiaOpinion=306914
Cunha visión tan curta e pegada a letra como a do anónimo corrixidor, como non vai a recuar a cultura en calquera idioma?.
A Villalaín a quen sigo en "A Nosa Terra", téñolle lido artígos esupendos, inxeniosos, acertados e cousa rara hoxe, con fino humor, pero neste caso respecto ao idioma, paréceme que non só erra, senón que hai certa fatuidade na súa opinión.
Agardo con interés o seu próximo artigo pero espero que non sexa sobre o idioma.
Querido hermano José María “Chesi”:
La juventud es época de descubrimiento de la vida. Pero, hijo mío, no debes caer en la concupiscencia ni dejarte llevar por el feo vicio del onanismo, que seca el tuétano, debilita tu organismo y te llenas todo de granos. Además, es pecado, aunque tu confesor personal te perdone todas las semanas. Encomiéndate al beato Damián para que interceda por ti ante Dios Nuestro Señor. Reza con todas tus fuerzas cada vez que el Maligno te tiente en la figura de una señora madura de buen ver. Verás recompensado tu esfuerzo con los bonitos dones de la castidad. Y cuando encuentres a la chica de tus sueños, qué cosa más hermosa que ofrecerle tu amor puro como muestra de tu compromiso de formar una familia cristiana entregada a traer hijos a este mundo para mayor gloria de Nuestro Señor Jesucristo. Reza conmigo, ahora, tres padrenuestros y tres avemarías en señal de penitencia. Puedes hacerlo también en gallego si así es tu deseo.
Beatriz de Olay
Fatuidade é ir de "autoridade" cando non se ten puta idea do que se está a falar. E ademais é ridículo cando non se sabe nin escribir. Un analbabeto funcional debería ter a humildade de calar e de aprender de todos os que saben, que son a maoiría dos que aquí escriben menos el.
Analfabeto e maioría, corrixo erros de tecleado.
Que non vos pareza mal, eu poño por escrito o que me manda o patrón.
Villalaín que te vin.
"Erros de teclado"...quen ía pensar outra cousa?, anónimo paiasete, caballerete!, non ten que dar explicacións, faltaría!.
Agora mesmo aprendo algo mais, a sana conveniencia de pasar dun fátuo como voçe.
Und nun betrachte man die Arbeiten deutscher Poeten und Prosaisten von entschiednem Namen! Mit welcher Sorgfalt, mit welcher Religion folgten sie auf ihrer Bahn einer aufgeklärten Überzeugung!
Eu creo que tanto Villalaín coma todos os galeguistas de bo corazón que buscan a concordia entre os galegos deben ficar tranquilos.
Isto foi o que dixo o noso Presidente (a mandar!):
Touriño reconoce que su política lingüística es similar a la de Manuel Fraga.
Touriño defiende la convivencia del gallego y el castellano en Galicia.
XORNAL.COM I Santiago.- El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, intenta frenar el supuesto conflicto lingüístico al que se enfrenta Galicia mediando entre un PP que considera incoherente y un BNG, en su opinión, demasiado crítico.
Según Touriño, las fuerzas de la "derecha política, social y cultural", apoyadas por el PP, preparan una ofensiva para azuzar un conflicto lingüístico "artificial" que, en opinión del presidente gallego, no existe. Además, considera especialmente grave la actitud de los populares en este manera teniendo en cuenta que "lo único que estamos haciendo es desarrollar fielmente una Lei de Normalización Lingüística inspirada por Manuel Fraga y a la que PSOE y BNG dimos nuestro apoyo responsable".
De esta forma, Touriño reconoce que, en materia de política lingüística, prácticamente no se ha avanzado nada desde la era de Fraga. Y, pese a ello, se extraña de que, en su opinión, las críticas "más severas" sobre la política lingüística de la Xunta provienen "del lado nacionalista" que recientemente salió a la calle para reclamar una intensificación del cumplimiento del Plan de Normalización.
Ante el fuego cruzado, Touriño esgrime que en Galicia "estemos respetando profundamente el castellano, impulsando el dominio del inglés y protegiendo una lengua débil y minoritaria como es el gallego", según declaraciones que recoge El Correo Gallego.
Ante el interés y preocupación de los periodistas madrileños por si la política lingüística de la Xunta acabará "matando de amor" el idioma o por las similitudes de las galescolas con las ikastolas, el presidente gallego recurrió a la protección necesaria del gallego en un modelo de educación que "aspira a ser multilingüe" y en el que las escuelas infantiles representan el 3% de la oferta de las escuelas infantiles y se ajustan a las normas para ese tramo educativo.
Ola, boa tarde.
Non sei se a última "autoridade" anónima que saltou á palestra é o mesmo anónimo ao que eu dirixín respectuosamente onte e de quen non obtiven, de momento, resposta.
Pero aínda que non o sexa, e dada a súa autoconfesada competencia na materia, podería respostar ao que eu formulei onte, para así avanzar algo máis no debate.
Colgo de novo a miña intervención:
"Os argumentos poden encontrarse en abundantes publicacións e incluso en programas politicos" [Refírese á "reivindicación clara do nacionalismo da oficialidade exclusiva do galego"].
Pois, como parece que vostede coñece moi ben o tema, podía facer o favor de facernos un resumo de tales argumentos ou, no seu defecto, de citarnos algunhas desas "abundantes publicacións". Eu quedarialle agradecido, e supoño que outros tamén. Grazas.
Grazas outravolta.
"anónimo paiasete, caballerete!, non ten que dar explicacións, faltaría!. Agora mesmo aprendo algo mais, a sana conveniencia de pasar dun fátuo como voçe."
Podía aprender que rectificar é de sabios e tamén un pouco de léxico, que boa falta lle fai todo.
Boa tarde teña você, priapi.
O problema do galego rematará cando o que din os que falan galego sexa máis interesante (pra os demáis, non pra eles) que o que dín os que falan castelán.
Ou sexa,un problema extra-lingüístico.
É vostede a "autoridade" anónima? Podería ter a amabilidade de satifacer a miña curiosidade anteriormente citada?
Persoalmente non me gustaría tirar como única conclusión deste fío que Beatriz de Olay é unha gran escritora que publica en El Pan de los Pobres.
Sen restarlle importancia a tal descubrimento, gustariame ler argumentos sobre a normalización do galego e non simples descualificacións ou aseveracións rotundas.
A ver, por favor, non fuxan do debate. Necesítanse argumentos dun ou doutro tipo, pero argumentos. Grazas.
Fulgencio non é a autoridade anónima.
Xa, xa me din conta, amigo Fulgencio. A pregunta non ía dirixida a vostede, senón ao anónimo que o precedeu.
Con todo, vostede fixo unha afirmación importante que me parece digna de toda consideración, pois pon a debate a parte de "responsabilidade" que lle poidese couber á produción cultural escrita en galego e, por ende, aos escritores galegos. Anímoo a que profunde nesa liña argumentativa.
Eu non teño "argumentos", eu o que teño é unha decepción morrocotuda que non sei explicar porque non son ningunha "autoridade". Pero algo me di que os "argumentos" de Villalaín son frouxos e atouriñados. Se eu soubera explicarme... Para min, Villalaín, despois do artigo de marras, perdeu parte do crédito que lle tiña. Voulle dar un prazo de dous artigos mais. Como os dous artigos seguintes non satisfagan plenamente as miñas ansias polo saber crítico, terei que decidir se continúo ou non continúo léndoo. El verá o que escribe. E ti, api, reflexiona e non o defendas ás cegas porque sexa o teu amigo. Eu non sei expor "argumentos" a favor das miñas teses nin en contra das dos outros, pero gústame ler o que escribe a xente que reflexione a fondo e non se queda na epiderme dos debates. Concordará comigo que Villalaín "aprofundou" pouco. Iso si, non me pida explicacións "argumentadas" porque non sabería darllas. Pero ter téñoas. E algo me di que estou no certo. Home non.
A cerna do asunto é que , por lei (constitución), todos os galegos temos a OBRIGA de coñecer o español e non o galego.
Abraia ise background pío que vostedes locen, pai damián mediante. Hai alguén por aí que non estudiara con cregos ou asimilados/as?
Onte escotei unha frase que me gustou moito: "A nosa lingua é a primeira lingua estranxeira que aprendemos".
Non, home/muller, eu non defendo a ninguén a cegas. Certamente, Villalaín "aprofundou" pouco porque, supoño, o espazo despoñible n´A Nosa Terra tampouco daba para máis.
Pero hai que recoñercerlle a "valentía" de poñer en debate aspectos fundamentais que nunca se discuten, que se dan por certos, inamovibles e plausibles, cando quizais convén -penso eu desde a miña condición de non ser autoridade en nada- revisalos en profundidade.
O certo é que aquí -agás moi contadas excepcións- non vin que se debatese a súa posición, senón descualificacións xerais e imputacións varias seguindo a tónica habitual con quen se sae do "redil".
Coido, desde a miña condición de non experto, que hai unha clara preguiza á hora de repensar cuestións esenciais.
Os argumentos cómpre darllos a Villalaín, non aos opinadores, que non temos por que aprofundar no que Villalaín deixa de dicir para rebatilo. Eu opino sobre o que di, que me parece frouxo, insuficiente e frívolo, pero non teño por que facer un contraartigo, ao menos se non mo publican no mesmo semanario, ou me pagan o que cobra Villalaín. Se o quero facer gratuitamente é cousa exclusivamente miña, pero ninguén pode esixilo como condición para criticar ao autor do artigo. Polo que esa linea de defensa paréceme insostibel.
Corrección:
"os argumentos cumpría pedirllos..."
Algunhas das múltiples “perlas” descualificadoras que o único que amosan é unha negativa a entrar en debate (seguro que se repiten escribidores en varias mensaxes):
“A posición de Villalaín respecto ao idioma é pouco seria”
“O señor Villalaín “vende” unha consigna política. É lóxico, forma parte dun aparato disposto a recadar votos para o partido que lle paga”
“mais que inxenuidade o artigo rezuma cinismo”
“Villacaín”
“Comete grallas ortográficas que non superarían un exame da ESO”
“As preguntas e afirmacións de Villalaín son excesivamente lixeiras e infundamentadas como para tomalas en serio nun debate”
“hai certa fatuidade na súa opinión”
Etcétera, etcétera, etcétera.
Pouco serio me parece isto a min, sinceramente.
O señor DS acaba de dicilo con claridade. Trátase "de criticar ao autor do artigo", non de someter a critica os seus argumentos.
Hai unha certa impotencia en todo isto...
O artigo de Villalaín podería ser visto dende distintos ángulos:
E superficial e dificilmente póde servir de base para ningún debate.
Os argumentos responden máis a posicións políticas preestablecidas que a conclusións tiradas dun análise socio-lingüístico serio.
Acusa de incoherencia e falta de rigor a un sector do nacionalismo pero dende fora do nacionalismo, obviando que a loita polo idioma, entre outras, e a esencia e razón de ser do propio nacionalismo.
Intenta diluír os perfiles dun conflicto que se demora no tempo sin solución e resulta incómodo para algúns sectores políticos e sociais en Galicia e incomprensible para dirixentes e opinión pública española.
Introduce elementos de dúbida, no sentido de que unha reivindicación exacerbada poda traer consecuencias indesexabeis.
Se algo tén de positivo é que fai de A Nosa Terra un periódico plural.
Apicultor intenta, non sei se conscientemente, levar o debate ao seu muíño, aínda que el tampouco rebate nada.
Para min o verdadeiramente noxento son as declaración sobre a política lingüística do sr Touriño, que seica pasaron inadvertidas para case todo quisque, pois xa nos estamos acostumando a que nola metan dobrada. Recordo:
- De esta forma, Touriño reconoce que, en materia de política lingüística, prácticamente no se ha avanzado nada desde la era de Fraga. Y, pese a ello, se extraña de que, en su opinión, las críticas "más severas" sobre la política lingüística de la Xunta provienen "del lado nacionalista" que recientemente salió a la calle para reclamar una intensificación del cumplimiento del Plan de Normalización.
- Ante el fuego cruzado, Touriño esgrime que en Galicia "estemos respetando profundamente el castellano, impulsando el dominio del inglés y protegiendo una lengua débil y minoritaria como es el gallego", según declaraciones que recoge El Correo Gallego.
No de LINGUA MINORITARIA supoño que lle traicionou o subconsciente ao sr presidente da Xunta. Iso será no que se convirta o galego de aquí a uns anos.
Hai un autor (dun só libro) de certa idade que, incapaz de facelo en galego, escribe en castelán que despois lle traduce un familiar ao galego. Pero iso non lle impide ir pola vida (e polos blogs) de gran nacionalista defensor a ultranza do galego e látigo fustigador de non nacionalistas. Incoherencias, frivolidades.
As cuestións fundamentais son:
- Salvarase o galego con políticas lingüísticas como as de Fraga e, agora, as de Toruñiño?
- Onde está o traballo de reflexión sobre política lingüística dos galeguistas non nacionalistas? Villalaín lexitima a Touriño ou pide algo máis?
Declarar sinceridade nun mesmo e falsedade ou pouca seriedade nos críticos, é un recurso retórico completemente inefectivo.
Colóquense os argumentos dos críticos (con algúns dos cales non coincido)por unha parte e por outra os de Villalaín e comproben como os argumentos mais fundamentados son os dos críticos.
Dificil defensa a deste desafortunado artigo, e por certo quen dí que Villalaín non é Apicultor, outros niks ou algúns anónimos,ir por aí páreceme mesquiño e de mal gusto.
E por certo se nalgún momento aparecen argumentos ad hominen, poño claro o meu rexeitamente desa actitude.
Creo que simplesmente se trata de saber encaixar, o cal implica tamén sabedoría, cousa que non parece acompañar so seu cegado defensor.
Asegúrolle que eu non lle son o señor Damián, nin tampouco o beato do mesmo nome.
Verbo de estar cegado, pode ser. Pero xa que vostede é posuídor da luz da clarividencia, ilumínenos, please. Tampouco teño ningún muíño.
E agora descúlpenme por un certo tempo, que vou tocar un pouco a guitarra: púxenlle cordas novas e hai que afinalas constantemente.
Home, leo que vai polo bo camiño, disfrute, esfórcese, e póñase desafíos musicais a superar, os acordes abertos sen exceso sempre apuntan ao porvir.
POIS AGORA INTERVEÑO EU:
Primeiro, aclaro, porque podo facelo, que Apicultor non é DV. : se son amigos ou non, é problema deles dous, nada máis.
Segundo, á marxe do que se pense do artigo de DV., é oportunoe pertinente: tanto que este é xa o fío con máis comentarios da historia recente do blog.
Terceiro, sospeito que moitos comentarios (non todos) parten da descualificación do autor do artigo, máis que do seu contido (cando menos no aquí escrito).
Cuarto, os artigos de ANT teñen un espazo mínimo: non se lles pode pedir, pois, a argumentación rigorosa e densa dunha tese doutoral.
Cinco, o artigo de DV. apunta a necesidade de repensar temas e estratexias sobre asuntos esenciais: algo que non debe ser desprezado, digo eu, nin dende o galeguismo nin dende o nacionalismo.
O problema non é Touriño, que sabemos de onde ven, onde está e cara onde vai, o problema é Quintana, que sabemos de onde ven, onde está pero descoñecemos cara onde nos leva a súa baixada de testa de mansa ovella ante o pastor "imperial" do idioma.
Caro Apicultor: O problema (MEU) neste sarillo é o abismo cultural que me separa, evidentemente, do señor Villalaín. Mais iso non debe impedir que responda con contundencia os seus argumentos, para min lesivos contra a lingua da miña avoa. É claro, el escribe, e eu, ao responder, parezo unha retro-excavadora entrando en Sevres.
Por??
Porque Villalaín, habilmente, SUTILMENTE, sesgadamente, aparece revestido, adornado e agasallado con todas as virtudes que hoxe tanto se aprecian, sinónimas de democracia e convivencia.
VELAQUÍ O QUE SOMOS NÓS:
*Comeza lembrando aos lectores que a profesión de xenreira é cousa habitual nos nacionalistas, bechos rarísimos onde os houber.
*Fala en sinistra estratexia normalizadora, ao estilo da conxura xudeo-masónica de tempos pasados.
*Chamamos cobras e colonizados aos que non pensan coma nós.
*Evidentemente, alén diso, somos parvos, por agasallarmos “Galicia Bilingüe".
*O grupo de Gloria Lago é, cando menos, reseso batallón.
*Facemos circular unha imaxe falsa e indocumentada, como inmigrantes recén baixados da patera.
*Queremos unha nacionalsocialista república monolingüística, monopensante, monoactuante: Credere, obedecere, combatire… No fondo somos fachas.
*Berramos contra o bilingüismo, berramos, non razoamos, berramos, berramos…
*Creamos conflito onde non o hai
*Continuamos coa mentalidade de hai 40 anos, Brezhnev… Non eramos do Mussolini?
*Queremos apropiarnos da lingua. Agora somos comunistas, feos e malos.
Agora, Apicultor,
VELAQUÍ AS VIRTUDES QUE ADORNAN O TEXTO DO SEÑOR VILLALAÍN:
*Non entende a xenreira. É claro, el é un home que non gusta de líos…
*Non entende como é que se pode tratar de cobra ou colonizado… Ao que non é nacionalista.
*Villalaín categoriza o bilingüismo, sen o máis mínimo argumento, como garante do sentido común, da igualdade de oportunidades, democrático e igualitario e cunha moi positiva consideración social.
Evidentemente, o bilingüismo non ten avoa.
*Alén diso, asegura o exercicio dos dereitos lingüísticos dos falantes.
Unha auténtica pasada.
Jo, la cuadratura del círculo. La píldora de la eterna juventud.
*A pregunta continúa sen resposta clara e acaída.
Non fai falta que o diga, Villalaín, non fai falta que o diga.
QUEN DESCUALIFICA MÁIS, AMIGO APICULTOR???????????????????????????????????????????????????????????
Don Marcos: Xúrolle polo meu honor de galeguista que acabo agora, despois de 160 comentarios, de buscar na rede información sobre os señor Villalaín.
Non facía, nin me interesaba, saber quen viña sendo.
Penso que ninguén dos que escribimos aquí en contra do seu artigo pensou en atacar persoalmente a Villalaín.
O que pasa e que o seu artigo é un cúmulo de despropósitos e de descualificacións graves, unhas sesgadas, outras non tanto.
Saúdos, director do blog.-
EU VÉXOO ASÍ.
O artigo de DV. sostense sobre tres ou catro ideas básicas:
(1) Crítica ó rexeitamento da “idea” (concepto, poderiamos dicir) de “bilingüismo” en certos sectores nacionalistas.
(2) Crítica igualmente á manipulación que desa idea está a facer o grupo Galicia Bilingüe, mediatizado politicamente.
(3) Recuperación da bandeira do “Bilingüismo” en canto igualdade de oportunidades e dereitos dos falantes.
(4) Imposibilidade dun monolingüismo na sociedade de hoxe, nin en galego nin en castelán.
Se resumín ben o esquema estrutural das ideas da breve columniña, a min paréceme que os puntos (1) (2) e (4) son razoables.
Sobra, na miña perspectiva, unha consideración pexorativa do concepto de “diglosia” (“aludindo a historias de “diglosias” que ninguén entende nin lle importan”). Neste sentido temos un problema: a non correspondencia entre a concepción común, das xentes, da idea de bilingüismo e os conceptos académicos ó uso.
Tamén ten razón DV. cando manifesta que nun conflito lingüístico (potenciado como tal) galego-castelán, o galego leva hoxe as de perder. E, nesa liña, calquera reflexión ó respecto debe ser considerada con xeito e seriedade.
Finalmente, quero responder a pregunta final da columniña de DV.:
“Que se pretende co galego? Que sexa a lingua única dos nacionalistas ou unha das dúas da sociedade?”. Eu, sen dúbida, aposto pola segunda opción, que sexa unha das dúas linguas da sociedade (non só a dos nacionalistas) e, na medida do posible, que sexa a nosa lingua de identidade e lingua de instalación preferente da maioría dos galegos e galegas.
Acabáramos, sr Valcárcel, acabáramos.
Decepción sobre decepción...
Concordo con Marcos Valcárcel.
Carafio, Medela, e foi capaz de deducir todo iso de tan poucas liñas? Como hermeneuta non prezo. E permítame unha pregunta persoal aínda que me meta en Honduras: en que lingua lle fala vostede a súa muller, e aos seus pais, e aos seus irmáns?
Os meus cumprimentos.
(Sigo coas seis cordas)
Pero don Marcos:
Cre Vde. que existe algunha sociedade monolingüe no mundo???
Si, claro, Nepal e as persoas esas que foron descubertas desde un helicóptero no mato grosso, hai uns días. Ou que nos descubriron a nós, mellor.
Cre tamén que o bilingüismo, tal e como está formulado no noso país, é sinónimo de igualdade de oportunidades???
O caso do rapaz galegofalante que muda o rexistro idiomático cando vai para a cidade é radicalmente certo. Supón o balsámico bilingüismo a receta contra os aldraxes que puider padecer o mozo???
Castrapo, hermano, castrapo.
Nin dereito a lingua teño, señor.
Saúdos.-
Apiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii
vuelve tío,
no huyassssssssssssssssssssss
E logo, Medela, ¿seica lle zasca a muller ou? Valientes defensores del gallego tenemos.
Élle certo, Anónimo. Záscame, e non teño valor de ir á Benemérita para denunciar.
E non pervirtan o debate, por favor.
Non satanicen o nacionalismo identificándoo con monolingüismo.
'Ta ben???
Apiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Armáchela boa, meu!
Se un nacionalista fala sempre galego, chámanlle talibán, "uno de eses que siempre te hablan el gallego".
Se un nacionalista combina galego e castrapo, non é consecuente.
Isto de ser nacionalista é unha trapallada.
Desde agora deixo de ser nacionalista para ser simple e sinxelamente nacional de Galiza.
CHESI. Recibo, abraiado, o enlace cosa revista (perdón: REVISTA) El pan de los pobres. Vexo que hai unha tal Clara, colaboradora, que non lle queda atrás a Beatriz. Por outra banda, o meu onanismo coa de Olay é unha levitación de carácter místico: non emprego as mans para nada: é concentración, forza psíquica. Penso que que me aconsella deixar o vicio e andar polo torto camiño de castidade é persoa de ben, sensata e, polo tanto, merece unha subsecretaría de algo, non sei ben de que pero de algo. Fago pois acto de contrición e voiltarei ser o que sempre fun: o que se pon cachondo mirando á sobriña de Rouco en Interviú. Deus escribo torto con renglós torcidos. En definitiva: relerei a Antonio Gala, que é autor que non me provoca inquedanzas nen metafísicas nen sexuais. E Miller, xa, a estas alturas da vida, puf. Gracias polos bos consellos. Necesitábaos.
Señor Marcos, infiro que a amizade con Villaláin compéleo a intervir ante a crítica, creo que xustificada e abrumadora, ao artigo de D. V.
Observei algunha descualificación de Villalaín, que non tiña que ver co manifestado no artigo, aclárolle a miña reprobación a esa conduta, pero dicir como vostede di, que "moitos comentarios, (non todos)parten da descualificación do autor" non é certo, cotexe e comprobará que non é así, falta vostede, Marcos, á verdade para argüir unha defensa, atacando ad hominem aos críticos.
O espazo do artigo ten unhas limitacións, pero o medio no que nos desenvolvemos neste blog, tamén ten as súas.
Estou con vostede respecto á conveniencia de repensar asuntos esenciais, pero ás veces ocorre que eses apuntes para o repensamento son errados, insuficientes, excesivamente lixeiros e o resultando confusión en vez de claridade.
Non dubido da boa intención de Villalaín respecto ao idioma, probas hai dabondo do seu compromiso, pero neste caso, paréceme, e dende a miña modesta opinión, que está errado.
A súa intervención Marcos, dáme tamén que pensar, porque teño a percepción de que sae vostede en defensa de Villalaín, como quen sae en defensa dun amigo. O amiguismo no debate de ideas e no repensamento de "asuntos esenciais" tende a devaluar a estas e confundir os fins do debate, levándonos a situacións que dende unha mínima obxectividade do pensar tildamos de "compadreo" "capelismo"... "neocaciquismo", actitudes que tenden a formalizar grupos que a verdade creo lle están facendo moito dano á nosa cultura e ao país.
Paréceme desafortunado este artigo, e nada teño en absoluto contra Villalaín, a quen polo que teño lido noutros artigos, lle gardo simpatía e recoñecemento.
Amo a Villalaín coas miñas dúas linguas, se se deixa.
jajajajajajajajajajaja
O bilingüe Medela tamén me di barbaridades así. Eu fago a seria por diante del, mais despois río no meu cuarto.
Eu sigo clamando no deserto: O ÚNICO idioma que todo o mundo tén a OBRIGA (Obligatión, obrigação, obligación, Obbligo, verplichting, verflichtung) de coñecer en todo o territorio do estado español é o castellano
Esa é a verdade si señor. Xa está ben de imperialismo castelán, e de tanto cipaio. Beria porqué non os mandas a Siberia?
Tiña razón aquel de Lobeira:
"Hai que falar o castellano, que é o noso" (SIC)
Para don Chesi:
EL PAN -ABERTZALE-DE LOS POBRES
Medela está vostede fenomenal!, Adiante, que non o confundan estes cipaios.
"Eu sigo clamando no deserto"
Pois clame, clame, mentres o galego se vai pró carallo. Qué inútiles son algúns nacionalistas de manual: o galego desparecendo e non se lles ocurre outra cousa que clamar.
España se rompe... Y Appy tocando la guitarra.
Sr. Medela, Vd que tén demostrado abondo a súa habilidade narrativa e capacidade para crear esceas costumistas, porque non nos fai un avance do que será a sociedade galega do futuro onde reinará o bilingüísmo harmónico.
Se lle interesa, eu doulle a entrada:
A porteira do edificio de apartamentos de clase media fala cunha das veciñas que ven de recoller o fillo pequeno das clases de piano.
Porteira:
Pues sí, Dñ. Milagros, como se lo digo. La chica del cuarto quedo esta mañana atrapada en el ascensor.
Dñ. Milagros:
La del cuarto ? Esa tan Mona ?.
Fillo pequeno:
Sí, a que estudiou en Londres e que agora se adica a facer pases de modelos.
Porteira :
La misma. Tambien hizo algún papel en una serie de TV. Es listísima!.
Dñ. Milagros: Ay pobre. Y cuanto tiempo estuvo atrapada?.
Fillo: A min dixeronme que catro horas.
Dñ. Milagros: Señor, señor... Y que hizo en todo ese tiempo?.
Porteira: La pobre gritaba desesperada. Se oía por toda la casa:
Auxilio...Ei, Ei, veciños acudídeme... quero saiiiiiír......... El señor juez del quinto se enfado mucho. Dijo algo así: Esto xa pasa de castaño escuro. Vou ter que intervir... Pero su mujer le tiró de la manga y le dijo por lo bajo : Xanciño, no me hagas una escena..
Vou deixar de clamar e vou pasar a reclamar!.
Que desapareza da constitución española a obligación de coñecer o castellano porque envenena a convivencia e impide unha solución xusta ás demandas de moitos cidadáns
E Vde., señor Anónimo, di que eu creo escenas costumistas???
Vde. acaba de crear unha escena alucinante, por costumista e porque é o que vai acontecer.
O fillo 'pijo' falando galego... O xuíz falando galego talvez ritualmente... A porteira e a señorita a falaren castrapo de diferentes niveis... Jo...
GRAZAS, XENIAL ANÓNIMO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Anónimo, non creo que o panorama que Vde. pinta sexa o peor.
Aínda que estou tratando de dilucidar o que Vde. quere realmente dicir... E non dou...
mmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmm
Habla castellano, Julito, que si no esta noche no cenas. Y es sábado.
Escenas domésticas:
Pequena cidade galega do interior. Piso de clase media funcionarial. Salón da casa. O home está sentado nun sofá absorto nos seus pensamentos. De súpeto, entra unha muller enfadada.
-Mira, Julito, con tus amigos puedes hablar lo que te venga en gana y presumir de muy galleguista, que a mi eso no me importa. ¡Pero en casa no, eh, en casa no, que ya estoy harta!
-Si, cariño, lo que tu digas. Ya sabes que son cosas sin importancia, es sólo para entretenerse.
-De paso baja la basura, o el lixo, como le llamáis en gallego.
-Si, ya la bajo. ¿Quieres que te traiga algo del after hours?
(Pensamento interior de Medela: Hoxe vaime oír o Damián ese nas Uvas, vou botar peito e defender o galego "a capa e espalda")
-En qué piensas, Julio, estás todo el día como ido. ¿Es que ya no me quieres como cuando éramos novios?
-En nada, mi amor. Ya sabes que te quiero y que por ti renuncio a todo.
-Pues quiero que dejes de escribir tanto en las Uvas y que me atiendas más como mujer que soy.
-¡Oh, no, eso no, por favor! Dejar las Uvas, no.
(Péchase o telón)
Nó-los galeguistas pensamos que o galego é unha lingua moi bonita e que hai que prestixiala. Unha vez conquira prestixio, será respectada. Nunca como ata agora se falou tanto galego. Nin antes da guerra, cando só se publicaba media dúcea de libros ó ano. O castelán non desaparecerá porque tamén é a nosa lingua, aínda que só é no galego onde afirmamos a nosa persoalidade como pobo.
Nosotros los bilingüistas estamos a favor de la co-oficialidá de las dos lenguas: la castellana, común de todos los españoles y que todos tenemos la obligación de saber, y el gallego, lingua regional optativa para quien la quiera, como es el caso de los nacionalistas, los marulos de las aldeas, y más la señora que me vende el pescado en la plaza.
Qué música más dulce y embriagadora subyuga mis sentidos.
No puede ser otra que la guitarra bilingüe de Villalaín, gracias a la cual descubrí los beneficios del bilingüismo. Y como yo, todos los gallegos de bien, que somos legión y hablamos como hay que hablar. Vamos, como mandan los cánones bilingües, que lo otro es imposición y totalitarismo.
No conozco música más apta para la coexistencia pacífica de los sentidos en estos tiempos de nacionalismos disparatados y enloquecidos.
Don Júlio, recapacite, no sea recalcitrante, déjese de extremismos y abrace la religión natural de los gallegos en el ámbito de la lengua, que no es otra que la que sale de las cuerdas de la guitarra de Don Damián (cacho de pan). Qué armonía más divina.
No piso dabaixo.
Un coñecido militante no galeguismo xa entrado nos cincuenta medita en silenzo no sofá da sala..
Entra a muller:
Que sexa a última vez que deixas os pratos sen recoller. Xa estou farta das túas andrómenas. Estache pasando o sol pola porta e non consigues que ninguén te chame. Que ninguén se fixe en ti. Canto tempo máis vas esperar?.
Se eles non aprecian o teu traballo e o que tés feito por este país de ananos...Xa vai sendo hora de que penses nos teus. Na túa familia.
O marido: Non acabo de entender o que queres dicir...
Filla: Papa , hoy tengo clases de ballet. Quién me lleva ?.
O marido : Non sei se a túa nai póde...
A muller: A súa nai non póde. se queres lévaa ti, senón que quede na casa.
O marido: eu teño que facer...
A muller: Qué tés que facer?.
O marido: Teño varios libros para ler.
A muller: Pois eu xa estou farta de tanto ler , de tanto libro, de tanta cultureta e de outras cousas que prefiro calar..
O marido: Son profesor de galego..
A muller: Pois menuda cousa. Haber se acaban dunha vez con semellante enxendro e nos convertimos nun país normal que xa vai sendo hora.
O marido: Ultimamente nos sabes o que dis...non te recoñezo .Estás cambiando.
A muller: Todo o mundo esta cambiando . O único que non se entera eres ti...Pero... segue así, esperando que algún día alguén chame á túa porta para agradecerche os moitos esforzos que fixeche polo teu pais
A cousa segue...
Nós, os socialistas de Galicia, pensamos que solo desde o cumplimento de todos, repito e reitero, todos os artígolos Lei de Normalización Lingüística, laboura á que se dedica o noso goberno, poderemos garantizar que todos os cidadanos teñan o dereito de falar o galego, así como estudialo e transmitirllo ós seus fillos e fillas. Só a dereita representada polo Partido Popular pretende ahora un cambio de rumba. E a houra de sumar, non de restar ou multiplicar esforzos para un verdadeiro multilonguismo que deben conquerir os galegos e galegas, calqueira que sexa a súa condición.
Presentador galeguista cultureta (off de record, cando non lle collen o son as cámaras no programa da TVG do que saca "pilingües" beneficios):
MARUJITAAAAAAA! Tráeme un cortaoooooo! Que ciudaz! Que país! Que asco, tú.
Testemuña real:
Lingüísta profesional del "gallego" (dando voces, á saída dunha conferencia): "Estoy hasta los cojones del gallego y de Galicia..."
Xornalista que escribe os 364 días en castelán e 1 en galego, o 17 de maio:
"Hoxe é un día no que conmemoramos a..."
Publicar un comentario