Bilingüismo, de Damián Villalaín (en ANT., 26.05.2008)
Non entendo a xenreira que certos sectores nacionalistas profesan contra unha idea como a de “bilingüismo”. Non entendo qué estratexia normalizadora pode haber detrás de lemas como “as cobras tamén son bilingües” ou “bilingüismo é colonialismo”, exhibidas na recente marcha a favor do galego. Non entendo a pertinencia de agasallar a organizacións como “Galicia bilingüe” cun concepto que goza do aval do sentido común e, por democrático e igualitario, dunha moi positiva consideración social.
Que o reseso batallón de Gloria Lago faga circular unha imaxe falsa e indocumentada do bilingüismo non é motivo de abondo para darmos por boa esa manipulación. Todo o contrario: habería que reapropiarse desa bandeira, explicar que o bilingüismo implica igualdade de oportunidades e de presenza pública das linguas coexistentes e, sobre todo, igualdade de dereitos dos falantes. Esa é a batalla do galego hoxe, ese é o cerne dunha “normalización” que non pasa por unha Galicia monolingüe nin en castelán nin en galego.
Pero hai medios e entidades que se empeñan en clamar contra o bilingüismo, aludindo a historias de “diglosias” que ninguén entende nin lle importan. Un activismo que se empeña en crear un “conflito lingüístico” co castelán no que o galego levaría todas as de perder. Un discurso que segue a vivir de diagnósticos elaborados hai case 40 anos e aínda hoxe non revisados…
Que se pretende co galego? Que sexa a lingua única dos nacionalistas ou unha das dúas da sociedade? A pregunta segue sen recibir unha resposta clara e acaída.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
381 comentarios:
«El más antiguo ‹Más antiguo 201 – 381 de 381Testemuña real. Ex-librería, agora supermercado dos libros:
- Ola. Son setecentas pesetas, non si?
- Si, chaval. Son sietecientas pesetas...
jajajajajajajajajajajajajajajajaja
MY WIFE IS GODDDDDDDDDDDDDDDDD
JAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJAJA
Só unha pequena observación:
*Non é un piso de clase media; é unha casa de 1899 restaurada, propiedade da familia da miña muller desde a dinastía goda.
*Cando estabamos a miña santa esposa e un servidor a ler o texto de Wife, o único que me dixo a muller foi: "Juliño, no te olvides de cerrar la luz de la bombillita del cuarto de la niña".
*Do resto: Absoluta vericidade en todo o que apunta Wife. Talvez... Quero máis a miña muller que cando eramos mozos.
Grazas, Wifffffffffffffffffffffffffffffffffffffffe!!!!!!!!!!!!!!!!
RESPECTIVAMENTE A ISTO:
"Don Júlio, recapacite, no sea recalcitrante, déjese de extremismos y abrace la religión natural de los gallegos en el ámbito de la lengua",
Grazas, don Anónimo, polo consello. Tomo café día si día non cun párroco rural, alén doutras amizades no seo da igrexa... E non vou á misa. Só faltaría abrazar a relixión do novo Padre Damián.
Saúdos, señor.
Boeno, isto é unha loucura, don Marcos. Haberá, non lle sei, que ir pensando en pechar este post.
Isto non é normal...
204 comentarios. Que tolería.
O señor Villalaín, a quen aproveito para saudar, ben podía convidar a unha boa merenda, pola sona que lle estamos a dar.
Don Marcos, peche este post, fágase bo.
Saúdos.-
Don Damián:
Diga algunha cousa, home.
Demostre que é un cabaleiro, que non garda rancor.
Saúdos.-
No piso de abaixo (segue...)
Muller: Tantos anos a traballar, a escribir os teus libros, eses artigos polos que non che pagan ou che pagan unha merda. Todo iso para que, eh? Cantas veces quedamos sen vacacións para que rematases un traballo, dime, cantas?
Home: Eramos novos.
M: Si, pero desfrutamos pouco, ti sempre querías estar o 25 de xullo en Santiago en vez de saír por aí adiante.
H: Pero en agosto iamos de vacacións.
M: Cando era máis caro todo e xa non había prazas libres.
H: Hai que ter uns ideais, non?
M: Hai, para que agora se coloquen todos os teus "amigos" e ti te quedes a velas vir.
H: Xa sabes que eu sempre dixen o que pensaba...
M: E así che foi, vetáronte, non fuches obediente.
H: Mais conservei a miña dignidade.
M: Total, para o que che valeu.
H: Non, valer non me valeu de moito.
M: E a ver, canto quitaches dos teus libros? Todos xuntos non dan nin para pagar quince días de vacacións nun hotel de tres estelas.
H: Se é en tempada baixa, si.
M: E dime, cantas tardes estabas fóra de casa, arranxando o país en xuntanzas interminables e inútiles? E eu soa atendendo aos rapaces.
H: Ti non me puñas pegas.
M: E todo para que agora catro oportunistas ocupen os postos e nin se lembren de ti.
H: Eu agora estou fóra da política, xa o sabes.
M: Pero sigues coas mesmas teimas de sempre.
H: E que lle vou facer, se eu son así?
M: Tes razón, non tes remedio.
H: Non te enfades, non tivemos tan mala vida.
M: En realidade non, pero puido ser mellor.
H: Aínda estamos a tempo.
M: Ti sempre prometes cousas que non cumpres. Pos o país por riba de todo.
H: Prométoche cambiar. Mañá mesmo vamos a Marsans e collemos unhas boas vacacións a Praga.
M: E non vas ir ao Día da Patria?
H: Este ano, non.
M: Xa ía sendo hora.
H: Xa, xa ía sendo hora.
Quen é este mestre do costumismo??
Parabéns.
"Don Damián:
Diga algunha cousa, home".
Como queres que diga algunha cousa, se aínda está afinando a guitarra. E o que lle queda. A ver se pensa vostede que unha guitarra bilingüe é fácil de afinar. As cordas levan incorporados dous sons lingüísticos contrapostos (en galego e en castelán), aínda que perfectamente coexistentes, e armonizar todos os acordes e desacordes leva o seu tempo. Non molesten a Don Damián, que o home anda moi ocupado na coexistencia cordal. Cando teña a guitarra a punto, xa verán vostedes que ben soa.
Bravo, Bravo, Bravo!
Galego idioma oficial da Galiza!
Está ben iso de darse "bravos" a un mesmo. Reconforta cantidade.
Marcos, Marcos, que se lle ve o plumeiro, agora anda a facerlle a rosca ao PSOE, como non convence aos nacionalistas, xa se sabe, a algún poder hai que arrimarse seguir a medrar.
Decepcionante señor Marcos.
Dous colegas en apuros
Amigo 1: Temos que loitar pola nosa lingua asoballada.
Amigo 2: E denunciar aos traidores, aos desleigados.
A1: Si, a eses que escriben en El Plis.
A2: Que se venden por un plato de lentellas.
A1: … Ou aos socialistas, que é aínda peor.
A2: É o mesmo.
A1: Por certo, quedamos hoxe a tomar unhas birras, non?
A2: Si, vai vir o meu irmán, o da Xunta.
A1: Xa, e cómo che vai a publicación do libro.
A2: Díxome que xa estaba aprobada a subvención.
A1: Que sorte tes, ter un irmán así.
A2: A familia ten que axudarse entre si, non?
A1: Cando entres no chope ese de cultura que che buscou no Concello, a ver se te acordas dos amigos.
A2: Ti monta o chiringo e veremos de facerche encargos. Agora co do Camiño de Santiago hai para dar e tomar. Ben, ao que iamos. Hai que loitar pola nosa lingua asoballada e escarnecida.
A1: E denunciar a eses galeguistas mornos que só ollan polos seus intereses bastardos.
A2: E a eses culturetas relamidos adaís dunha falsa cultura e dunha lingua bífida.
A1: Son os peores de todos. Polo menos os sociatas xa sabemos de que van.
(Soa o teléfono)
A2: si, dígame? Ah, hola, Pili, qué, vienes a la manifa, ¿no? Si, si, ya tenemos la pancarta. Adiós, ya nos vemos.
A1: Espero que o teu irmán non se mosquee moito.
A2: Por que?
A1: Pola manifa e polo lema da pancarta, á fin e ao cabo os del tamén están no goberno cos socialistas.
A2: Tranqui, que todo queda en familia.
Respecto a este último texto, estereotipado e infelizmente realista, dicir que teño sorte de estar a cortar ferralla no mar de Aral. Espero poder conquistar unha bonita rusa e ficar por aquí.
Non quero volver para Galiza.
Aquí, en Karakakpakstan, hai o mesmo conflito socio-lingüístico. Mais, como son de fóra non me atinxe. Non me doe.
Parabéns ao costumista. Todos recibiron os paus que merecían. E a partir de aquí, que?
Ao anónimo costumista, xa lle digo eu agora que escribindo esas cousas non lle van dar ningún premio literario.
Evidentemente non vai recibir premio ningún. Son verdades demasiado descarnadas.
Sabe o que aconteceu a un tal Prometeo??? Tamén non levou premio ningún, e foi un benefactor da humanidade.
A toma de conciencia, a través de textos costumistas como os de Anónimo é básica e fundamental.
Medela está vostede aqui rodeado de bilinguistas, e dicir de elementos que se arriman ao que mais quenta, sen apostar en conciencia nunca por nada. Teña coidado!, porque non dubidarán en rirse dos seus vínculos afectivos co idioma, e polo a mínima como sambenito, listo del pueblo, ou un simples paifoquiño. Paréceme que estes non son os seus Medela porque son mais ben dos imbeciles e escuros.
Medela estou con vostede.
Muller: Adelmiro, ¿dónde echastes los libros de la niña?
Home: ¿Qué libros? Sariña, no quiero que vuelvas a ler en gallego. Queda totalmente prohibido, ¿vale?
Filla: Non, non "vale". Podo ler o que me pete e cando me pete.
Muller: Vaya, hombre. Bien podías dar ejemplo a Sariña. Sobre todo ahora que tienes el puesto en la consellería, con los socialistas.
Home: Me da igual. Lo del gallego está muy bien para los nacionalistas y la gente de la cultura, pero a mí nadie me dice en mi casa cómo tengo que educar a mis hijos. Sariña, ¿cuántas veces te tengo dicho que me hables en castallano? ¡Y delante de las visitas! Habrase visto...
Filla: Síntocho moito, papá, pero eu xa tomei unha decisión hai tempo. Estou metida na Asociación Cultural e alí todos os meus amigos falan galego. Eu non lle teño culpa da educación que recibín dos meus pais.
Muller [falando galego, para abraio do seu home]: Déixaa, ho, déixaa. Que queres, que se meta no botellón? A fin de contas, está recibindo unha educación...
Home: Deso nada. Yo no quiero que mi hija sea una palurda. Que aprenda el castellano, y que lo hable y escriba con corrección, como sus padres. Eso del gallego es cosa de la política... A mi el gallego no me dio nunca de comer, ni antes ni ahora que estoy en la Sunta.
Filla: Dá noxo verte. Tes un cargo en Política Lingüística. Como me podes falar así? Eu non sei que vos pasa que Galicia e o galego dávos exactamente igual.
Home: Ande yo caliente y ríase la gente. Eso por un lado. Y por el otro, yo soy tan gallego como tú, neniña. Aquí trabajo y pago mis impuestos. ¿No me serás del Bloque? Menudos alamentos. Pero tranquila, neniña, ya caerán, ya caerán. Habías de ver como se van acercando a nuestros principios. El coche oficial tira mucho...
Filla: Eu teño os meus principios e moita xente non os cambiará por un prato de lentellas...
Home: Tú y todos. Olvídate del gallego. Mañana tienes que salir de Galicia para trabajar en otra región de España, ¿y en qué les vas a hablar? ¿No ves que no vale para nada? Aquí... únicamente se quieres aprobar una oposición, si no tienes enchufe. Entonces sí. Te estudias los verbos irregulares, los plurales en "ais" y cuatro chorradas más, y ya está. Mírame a mí: Galego de "Perfeccionamento", y no sé decir cuatro cosas seguidas. Ni quiero.
Nai: Non lle fagas caso, filliña. Os maiores non sempre teñen razón. Este mundo no que vivimos fixérono eles, e xa ves...
Sería marabilloso poder publicar estes electrificantes diálogos aparentemente costumistas nun opúsculo. E non estaría nada mal que fixesen parte do programa de lectura obrigatoria no ensino secundario.-
ESTA FRASE, XENIAL: Olvídate del gallego. Mañana tienes que salir de Galicia para trabajar en otra región de España, ¿y en qué les vas a hablar?
"Papá" é un dos poucos galeguistas culturais na órbita do PSdG, aínda que o número medra día a día. Noutro tempo foi un destacado nacionalista. Caralladas "de la juventú".
"Mamá" é unha ama de casa que non puido estudar para que "Papá" fixera carreira.
"Filla" é unha rapaza que estuda o bacharelato. Aínda está a construír a súa personalidade, pero xa ten un par de ideas claras.
Papá: Sarita, ¿puedes acercarme El País? Quiero leer el artículo de Baamonde...
Filla: Papá. Como é que me falas en español?
Papá: Tenemos que evolucionar. Hoy leí un artículo en "A Nosa Terra" escrito por Damián Villalaín y me ha convencido. A partir de hoy voy a ser bilingüe.
Filla: Pero papá... despois de todos estes anos, do que me inculcaches...
Papá: Yo lo tengo claro. En días alternos, hablaré en castellano. Y por cierto: no digas "español", hijita, suena fatal. Suena... como si nos estuviesen asoballando desde la otra lengua hermana.
Filla: Isto debe de ser un soño e aínda non espertei...
Papá: Si. Ya desde hace tiempo lo venía pensando. La ecología de las lenguas, el multiculturalismo, el bilingüísmo... todo esto es una gran riqueza. No debemos cerrarle las puertas a nada
Filla: Mais o galego está a morrer... se ti non dás exemplo, quen o vai dar?
Papá: Tenemos que respetar a los demás. En los tiempos de la clandestinidad, cuando era nacionalista, tenía muchos perjuicios. Ahora he aprendido a ser tolerante. "Tolerancia", "comprensión". Estas eran palabras muy queridas de mi malogrado maestro en el galleguismo. Fue él quien nos amansó a un fato de rapaces de la "U". Ahora somos abiertos, tolerantes, elegantes...
[Soa o teléfono. Cólleo a Nai]
Nai: Chámante da editorial.
Papá: Ola Xerardo... Si... si... Como ti digas... Moi ben... Publicádesmo para o mes que vén... Moitas grazas... Aquí tes un amigo de por vida...
Filla: Ben... teño que marchar... hoxe temos reunión na Mesa...
Papá: Oh! La Mesa! Cuidado, hijita, ahí hay mucho bloqueiro... Mira que nos están poniendo la zancadilla estos bloqueiros... bueno... no todos... algunos... sobre todo los que no están subidos en la poltrona. Mamá: hazme la cena que mañana me tengo que levantar temprano... Vaya... esto de ser bilingüe está resultando más fácil de lo que creía...
Sr. Apicultor: Por se Vde. decide deixar os acordes de "Whole lotta love" e ordena volver para a casa.
CUANDO EL SEÑOR APICULTOR ORDENE VOLVER
O fío bucle.
el crusaíto, el maiquelyason, el villalaí, el bilingüí
Medela, estes "bilingúis" cando as cousas se lle torcen nos fios escapan como covardes que son, non perda mais tempo, deixeos, xa foron desenmascarados, e ninguén se enganará xa con eles. O seu compromiso co idioma e coa cultura galega pasa antes polo orden español e polo interese persoal, e xa demostraron que son mais que capaces de vender o noso idioma e a nosa cultura por sentarse a mesa con Zapatero e Touriño.
Despois desta catarse colectiva do pimpampún, con pingueiras de costumismo literario máis ou menos enxeñoso, que?
Onde é que andarán:
Leituga One
Beria de Siberia
Arume dos Piñeiros
Etxe
Xoán da Coba
Onde é que andarán...
En Samil???
Non vai sol...
Agochados no mato de Kampuchea? Non son vietcongs, acho.
En misa de doce?
MMMMMMMMMMMMMMMMMMMM
E dous anónimos cheos de humanidade e empatía...
Myr: É como chamo eu á peinadora amiga miña (Myrna)
Ciclón Medela: estou na praia, efectivamente, co meu novo ordenata. Estou arrodeado de bilingües que non podo describir porque seguro que me chaman de todo. Estou ao lado do chikilicuatre que aínda lle deu tempo para ir á Universiada: mándalle un abrazo ben grande. E para os crusaitos tamén. Agora mesmo unha bilingüe vai para a auga. Non podo seguir, Medela. Deixo esto por un momento. Ata nova conexión.
Mi madriña! Canto movemento houbo mentres eu tocaba coa guitarra "Cucurrucucú paloma".
el crusaíto, el maiquelyason, el villalaí, el bilingüí, el arumí, el apicultó, el tourí, el zapaté
... e o pallaso oficial d´As Uvas.
O veciño dabaixo e a súa muller falan un pouco antes de durmir.
H- Non sei ...non sei...esto é a coña. Teño unha sensación estraña como se tódo se desmoronara. Como se xa chegaramos a un punto de non retorno.
M- Pois deixa de estar todo o día con esa leria. En calqueira caso, se tódo se vai ao carallo non será por culpa túa.
H- Hoxe presenciei un espectáculo deprimente. Pola mañán na panadería. Diante de min compraba o pan un dos escritores que máis admiro, ao que lle lin todos os libros... Sei moitos dos seus poemas de memoria. En fin, unha persoa que era un referente para min.
Dirixiuse a rapaza e dixo: “Puede darme una bollita bien cocida ?”.
Entráronme ganas de chorar. Levo todo o día cun nó na gorxa. Non sei como explicalo...
M- Pois é doado de explicar: a xente non é o que parece. Sempre foi así.
O problema é que eres ti o raro ...e non os outros. A xente evoluciona, non pódes viver toda a vida cos ideais e as esperanzas que tiñas aos 17 anos. Non é lóxico. Non é normal. Nin é bon para a túa propia saúde mental.
H- Joder, falas como se estivese tolo.
M- Non é que esteas tolo, pero as veces dás medo... Non eres un ha persoa feliz, as veces eres deprimente.
H- ....
M- Os teus fillos tamén necesitan un pai que se ocupe dos seus asuntos.
H- Queres dicir que non me ocupo?.
M- Ocúpaste de levalos e traelos, pero nunca entraches no seu mundo. Non coñeces os seus problemas. Qué é o que queren. Éso traete sen coidado!.
H...
M- Por exemplo, o asunto do idioma: Eles non falan galego. Nono falan nin o falarán nunca. Convéncete dunha vez. Éso non pertence ao seu mundo.
H- Falas como se fose membro dunha secta.
M- Pois xa que o dis, algo de sectario hai en todo esto. Tamén había , moito de mesiánico, pero eses fumes xa se che baixaron...
H...
M- Ademais, xa non me interesa que os meus fillos falen galego. Xa está ben ! Non quero que se convirtan en persoas raras e amargadas. Quero que sexan coma os demais...
H- ...pero...cómo raras?...
M-Raras. Non sabes o que significa raras ?. Como ti e máis eu. Como os escasos amigos que nos están quedando.
H- Éso non terá que ver coa língua?
M- Tén que ver coa lingua e con tódo. Vente como un intransixente . Como unha persoa que non avanzou. A historia que contas xa non lle interesa a ninguén. Faste deprimente.
H-...
M- Moitas veces soño con marchar daquí. Con poñer terra por medio... Coller aos meus fillos e empezar unha nova vida. ..nun sitio onde a vida cotiá non sexa tan dura de levar.
Donde haxa aire para respirar. (chora)
H- Levo días dándolle voltas: Quizais xa estamos no final. Quizais xa nos derrotaron...
A muller dá a volta e tenta durmir
O home fixa os ollos nun refrexo craro do teito e pasa así as horas.
.....(outro que siga)
Canta máa concencia pequeno burguesa, de misa de domingo e zapatos novos!, até o de agora que están gobernando, porque antes e mesmo hoxe, na intimidade dos seus fogares, a lingoa oficial era a que era, e non disimulen que aquí coñecémonos todos, e este debate é o fiel refrexo do que fan vostedes polo galego: rematar con él, cousa que non consegueu o caudillo, porque quens-o conservamos daquela, sobre todo pola vía afectiva, e o falamos por convicción, pódolle xurar que nolo deixan falar ainda en Madrid, caseque nos mandan que llo falemos, porque ése é de verdade, e transmítese, e convence. O que vostedes están a debater cansa, só ten trascendencia entre vostedes e, por suposto ten pouco que ver coa sociedade, a cal desconfía déstes debates, en resumo, non son vostedes de moito fiar...
Outra vaca no millo o tal Arxides!
Xa voltei, Medela. Non houbo sorte. E a auga estaba fría de carallo (nunca millor dito neste caso). Como para intentalo. Pero aínda teño tempo. O chikilicuatre xa marchou: ten bolos en Vilar de Mouros. O tempo anda torcido. A néboa de Baiona. E ti mira, Medela, papo un frío que nin diola. Perdoe outra vez: a bilingüe volve remollarse; vou para alá. Desta si, Medela, desta vai.
...el chilicuá, el guitarrí, el cucurrú, el picultó cabreá
Que malo o último diálogo: existencialismo barato de todo a cen.
Sí, por certo, ten vostede razón, outra vaca no millo, visto o que se discute aquí fora da autocomplacecia, e autovanagloria, non hai máis, e polo tanto, recoñezoo, ésta non é conversa para min, senon cousa de sesudos análises psicohipócritas, e disculpen pola intromisión, xa algún amigo me dixera que non hai mellor cousa que non dar aprecio, e eu piquei, que aproveite e bos días.
Isto do Vil Lingüísmo é unha enfermidade que se extende. Velaquí o que di Suso de Toro nun artigo publicado, onde se non, en EL PAÍS. Fala da concesión a Méndez Ferrín do Premio Nacional de Literatura.
(...)
La argumentación del galardón en el compromiso con el gallego bien que lo entendemos y por ello merece nuestro reconocimiento. También el de muchas personas que no hablan gallego ni lo escriben por las circunstancias o motivos que sean pero que entienden que la lengua y la literatura gallega también son patrimonio suyo.
(Aún así la vida es más compleja de lo que queremos. Si viviese Valle-Inclán, vuelto de Madrid a vivir y trabajar entre nosotros, estableciese aquí su domicilio fiscal... ¿Merecería nuestro Premio? ¿Qué haríamos con él?)
Moi acertado arxides co de psicohipócritas.
O Apicultor ese, é un impresentabel pásase o tempo pedindo contas a quen afirma algo se non cuadra ou crítica a liña ofial fixada polo oportunismo Valcarciano, sen dar el a mínima proba da súa competencia. Un simbergoña que vai de ocurrente pero que se queda "gili" de turno. Non lle faga ningún caso, pense que está para coartar, e cando se quedan sen argumentos descalifica con insultos que sempre saén impunes, a diferencia dos dos críticos.
Confeso que non pensaba estar entre bilingüistas, agora que polas declaracións feitas por eles mesmos, estou perfectamente situado, vou abandoar estas visitas, a un blog reaccionario e que co seu impulso está a tirar para atrás o idioma, aínda que poda non parecelo. Sigo o consello de seu amigo, voume, e recoméndolle o mesmo tamén a medela, paréceme que este tampouco é o seu lugar.
Como di o noso hino...
Señor Anónimo: Tanto Apicultor como don Marcos paréncenme uns 'chavales' estupendos. Sabe por que? Por seren capaces de manter e conservar en funcionamento o mellor blog do país, nunha nación en que nada funciona.
Claro que o blog ten moito de reaccionario, como o artigo do señor Villalaín; tamén o país noso ten moitísimo de reaccionario.
Por favor, pedíalle de continuar a escribir no blog. Sabía? A nosa nación está terminal, na UCI, a piques de lle administrar a eutanasia non consentida. Iso sábeo, señor, tan ben coma min. Por iso lle suplico que non abandone. Simplemente somos dos que preguntamos ao enfermo se quere ou non que lle sea aplicada a eutanasia.
Grazas.-
Amigo Arume!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Ufffffffffffff, mesmo pensei que marchara para Kamchatka /Federación Rusa/, Tulsa /Oklahoma-EEUU/ ou mesmo Mota del Cuervo /Castilla y la Mancha-Reino de España/.
Sabía Vde. quen viña sendo un tal Ulises, un greco que andaba de barco polo Mediterráneo? Pois, pronto, élle verdade, acertou, éralle o ‘prota de Apocalypse Now [Redux]. Eu sentinme igual ca el, só perante o perigo, como o capitán Willard cando tivo el sozinho que vitimar ritual e sacrificialmente o coronel Kurtz. Pregunte ao xefe do servizo de intelixencia da República Galega, alcumado Xoán da Coba. Pregúntelle por un libro que se chama “The Golden Bough”. Aí está todo, señor dos Piñeiros, aí mesmiño, tan lonxe e tan preto…
Fala Vde. nunha bonita dama bilingüe que se mete nas xélidas augas de Baiona, entre grititos… Non minta, Arume, non minta. É monolingüe, cun castrapo case castelán. CASE. Arume. Fáltalle ese pouquiño que por veces é tan grande, Arume. Vde. sabe por onde é que vou. j
jeje
Evidentemente, non lle acaen nada mal os lentes de sol de diadema.
Sabía? Hoxe de mañá espertei na pensión en Nukus. Cando ía saír para a rúa, encontreime, bendita casualidade, coa miña walkírica patroa. Alucine co diálogo:
-E logo marchas?
-Si, vou ver de tomar o café, comprar o xornal e ir ao cíber, para ver que é o que din os profesores do meu país; ándanche a pintar a cana verde con iso do idioma, éche coma aquí…
-Ah……… Eh……… Ejem………
-Queres vir, Kyra?
-Non, non. Ía, mais… Non. Teño de ir á misa, despois vou recoller a Myrna para lle rezarmos a un defunto (a nai dun conselleiro da república autónoma) e aínda comprar o pan. Queres comer canda min?
-MMMMM… Non.
-Ouviches, haiche lentellas, ensalada, esparguetes…
-Non. Adeus Kyra. Smuachhh. (Beixo na cara)
-Por que non quedas, oh, pareces parvo.
-Non, hoxe non vai.
-Adeus logo, ‘chico’.
Baixei, amigo Arume, e cóntollo porque Vde. me comprénde perfectamente, baixei nunha nube. E baixei da nube cando entrei no blog, no post do bilingüismo.
Mi madriña!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Con Valle Inclán habería que facer o que fixeron os checos con Kafka. Convertilo nun icono da cidade de Praga. Recoñecelo como un dos escritores checos de lingua alamá máis importantes do mundo, e despois seguír falando todos en checo, co seu idioma como única lingua oficial.
10.000 persoas manifestándose polo idioma o 18 de maio en Santiago non é un mal síntoma Medela. O problema é a minorización a que nos queren someter elementos como estes, como Marcos, O Apicultor..., non digo Villalaín, porque este está perfectamente situado e non engana a ninguén. Pareceme que non se lles deben dar máis bazas, este é un blog do que o titular é Marcos, pero non o sostén só Marcos, senón os que aquí intervimos e acabamos dándolle a relevancia ao blog. Esté atento Medela, porque con algo de sorte outras(s) alternativas a este blog aparecerán.
E que amigo, cheira demasiado, pode vostede comprobar a atención dedicada á manifestación do 18 e a un artigo de contramanifestación como o de Villalaín.
O artigo de Villalaín é a resposta reaccionaria e españolista ao éxito da manfestación do 18 de maio, artigo celebrado por Marcos, e o reaccionario de Apicultor.
Fede demasiado a apostasía oportunista e a reaccionarismo.
Medela voume, agardo coincidir outra vez con vostede en situación internética ou non virtual, encantado de coñecelo.
Eu coido que o anónimo anterior traballou como guionista principal de Aterriza como puedas.
XDDDD XDDDD XDDDD
creo que está equivocado, nunca traballou en " ATERRIZA COMO PUEDAS", eso queda para vostede.
Non, ho, eu fun guionista doutras películas. Por exemplo de Dos tontos muy tontos. Por certo, vostede facía dun dos protagonistas.
XDDDD XDDDD XDDDD
Api, cariño, ponte pelo/en/pecho, agarra la guitarra y líate a guitarrazos con esta chusma de diglósicos faltones e indeseables. Y si tienes que partírsela a alguno en la cabeza, no lo dudes ni un instante, se la partes y no te preocupes por ella, que aquí tengo y conservo como oro en paño aquella guitarra con la que tantas veces me deleitaste y enamoraste perdidamente. Ay, aquellos años locos, en aquellas islas paradisíacas, yo ens brazos y tus labios en los mios. Qué gentuza, que ni un miserable argumento sabe exponer a favor de sus tesis. Tú a lo tuyo y no dejes amilanar por semejante jauría de nacionalistas monolingües y excluyentes. Soy Gimpera, y que sepas que te sigo y te seguiré por todos los blogs del mundo, por aquellos años de guitarra románticas y labios desesperados. Un beso, mi Api.
Eu, sinceramente, aínda non dou creto ao que lle lin a Marcos Valcárcel.
Con todo, non estou de acordo coas críticas que se lle fan. Este blog é do pouco interesante que hai en Internet en galego. Que nos deixe esbardallar xa bastante é. Outros dedican o seu tempo a llevárselo calentito con infinitamente moito menos esforzo. Por este blog non lle van dar ningún premio. Antes ao contrario.
Con todo, sigo sen entender moi ben algunhas cousas.
Pois si, agora recordo, foi un dos meus primeiros traballos como actor, lembro tamén que o productor tivo a idea de recurrir a un centro de diminuidos psiquicos, para que un auténtico tonto fixese ao guíón. Observo que sigue igual.
Ante todo, moita calma, señores/as.
Lembren as tres cousas esenciais segundo a Escola salernitiana: Mens laeta, requies, moderata diaeta.
Para o anónimo: É de moi mal gusto nomear un "centro de diminuidos psiquicos" nesta ou noutra lea. Di moi pouco de quen utiliza tal expresión con ánimo ofensivo. Nótase que nunca tivo a un familiar que o fose. Por favor, teña un pouco de respecto se posúe algo de dignidade.
Anonimo anterior, colle esta:
vtpc.
Non, non ten dignidade. Qué mágoa.
Son o anónimo das 03:32:00 PM, o que fixo de Gimpera, e súmome ás palabras do anónimo das 03:52:00 PM, que reprende ao anónimo que emprega o de "diminuidos psíquicos" como se iso fora unha broma. Nunca, pero que nunca, unha broma con esas cousas, nin con outras parecidas, que todos temos na mente. Até aí podíamos chegar.
Vaia por diante que non son católica practicante, nen sego preceptos de relixión algunha, agás os da propia vida que é a miña relixión, tampouco me teño por cursi, melindrosa, nen penso que calquera tempo pasado foi mellor... pero por razóns, que non veñen ó caso, chega cada mes a miña casa o boletín salesiano "D.Bosco", e mentres o fogar paterno existiu "O pan dos pobres" tamén chegaba puntual.Deben ser estas lembranzas infantís as que se viron afectadas por algúns comentarios deste fío.O de Chesi para Medela mellor paso por alto, non sen antes desexarlle o tal Sr.Chesi que se mellore e sigue en pé o desexo de mercar o seu último libro ( non coñezo a súa obra).
Séxanme bos, e non fagan mofa da relixiosidade e devoción populares !!!. Miren, as setenta e cinco pesetas ofrecidas o Santo Antonio para que o Xoselito libre da mili en Sidi Ifni son o equivalente a " Non metas no bombo de África a Xosé López que é o fillo de fulanito" A eses despachos de influenzas poucas posibiliades de chegar tiñan a maioría dos suscritores do Pan dos pobres.Tampouco todos/as teñen as súas ilustres cabezas para cuestionarse se a famosa expresión de Marx "A religión é o opio dos pobos " é atinada ou non.
Xa como remate, saben vostedes algo da polémica xurdida en Francia sobor de si os franceses deben falar francés? Porque a de Alemaña, e o alemán como lingua propia de todos os nacidos en tal país, seica é moi bárbara !
Vaia, vaia, vaia... Entéirome por un comentario nun foro internáutico que o tal Villalaín (a quen vagamente relaciono con Galaxia) é asesor do sr Touriño...
Acabáramos!
Tamén leo que o PSdG busca "desesperadamente" intelectuais pra adornar a Touriño diante das próximas elecións. Ánimos pra os que queiran facer carreira por esta banda.
Se cadra despois das próximas elecións xa non lles chegará con ter a carteiriña de educación e Política Lingüística senón que tamén quererán a de Cultura. Pregúntome que farán coas galescolas...
Comezarán cambiándolle o nome e chamándolle Política Bilingüística, Cultura biculturizándoa e as galescolas bilingüistiespañogaleguizándoas. Todo será "bi". Co autor do artigo sobre o Bilingüismo de conselleiro, el mesmo acabará chamándose Dabián Billalaín. Biva!!
Para a señora Eu Mesma: Eu si son católico, unha calamidade de católico, señora. Un desastre. Olle para o meu catolicismo, levar a miña avoa de Lobeira, que El Señor teña na Gloria, a todas as romaxes arraianas, a esa especie de marathon de misas e/ou levar a miña filla ao catecismo, esperar por ela no bar; idem coa miña muller ou coa miña nai. Olle Vde. para ese panorama.
Panorama cada vez máis ensombrecido, sobre todo desde que vin a Rouco Varela ao pé dos autarcas do PP nunha especie de manifestación a favor da familia... E desde que souben con datos certos, do seu acendrado antigaleguismo.
Pido desculpas, no que a min me atinxe, sobre os comentarios aparecidos en El Pan de los Pobres. Nunca se me ocorriría relacionar a esmola por regresar san e salvo o Camilito da mili en Sidi Ifni, coa practicas caciquís da restauración para librar do servizo militar.
E tamén non creo que don Chesi, desde a súa performance underground, tivese a intención de facer burla de ninguén.
Por favor, señora, nada máis lonxe de min que facer mofa da relixiosidade ou devoción popular.
Respecto a Marx, e tendo en conta que amigos meus marxistas-leninistas son as mellores persoas que coñezo, teño que dicirlle que nunca na vida lin Marx nin nada parecido, así que non podo opinar.
Sabía? As referencias ás grazas obtidas polos suscriptores dese tipo de revistas, obsesivamente presentes na miña infancia, son para min monumentos sociolóxicos, espellos costumistas onde se reflicte a alma da nosa xente. Outro deses monumentos son as notas necrolóxicas (a falecida Clamores, a bizneta Melany).
Ando moito polas aldeas, señora Eu Mesma. Moito; todos os días. É moi surrealista escoitar, cando chega o bo tempo e as ventás das casas están abertas, o programa de notas necrolóxicas que dan sobre a unha da tarde, penso que a COPE do Carballiño... Hermanos políticos Arsenio, Longinos, Pepe, José, Manuel, Manolo, José, Eligia (Ausente en Holanda)... Saldrán 14 autocares de la empresa Perdiz... Biznietos Iker, Unai, Breixo... Sobrinos Arturo (capador de Cristosende) y Maruja (de cárnicas Rebollo).
Non me diga que non ten graza, Eu Mesma. Non se imaxina Vde. esas persoas no velorio de Parada do Sil??
Os familiares que veñen de Ermua, de Zurich, de Caracas (ese pendejo de Hugo Chávez, dirán), de L'Hospitalet de Llobregat, de Vigo...
É a alma do noso país, señora... A realidade a vibrar e a dar fe de que existimos, da nosa diferenciación co resto do mundo, da nosa fortísima e delirante realidade, da firmeza dos nosos costumes.
Por iso encontro graza nese tipo de cousas. Alégrome moitísimo de que existan. Encántame o folclore e o costumismo.
E reitero as miñas peticións de desculpa, señora.
E tamén é delirante e para rir por non chorar, o esforzo da locutora da radio para pronunciar nomes e situacións nun perfecto castellano máis propio de Star Trek que da contorna onde naceu a noticia. Explícome.
Imposible traducir para castellano expresións coma esta, nunha necroloxía radiada:
Sobrinos políticos: Juan (de talleres "o Bujía") Carmen, celadora en el CHOU, Manuel (de limpiezas "Os Manolos").
E aínda hai quen é partidario do bilingüismo; evidentemente, manifesta un profundo descoñecemento da realidade galega.
Outro católico: deus nos colla confesados!
Don Marcos, acábome de enterar que vostede e a maioría dos seus contertulios habituais van para conselleiros. Sendo así, veño facerlles a pelota e arrimarlles a sardiña, por ver se me cae algo. Por quen teño que comezar? Por Don Api? Que pasa, o que non estexa de acordo que levante a man, que lla tronzo; Don Api é un rapaz excelente, cunha capacidade de traballo fóra de serie e cunha visión de futuro que nin os grandes visionarios. Válevos ou teño que agrandar o personaxe? Por que será que non vexo ningunha man levantada? O Api fará un gran conselleiro e o que o poña en dubida aquí estou eu para convencelo polas boas ou polas malas. Xa está ben de tanto cachondeo. Don Marcos, eu corto polo sano e o que se mova xa sabe o que lle espera. Carallo con tanto revolucionario de cartón-pedra.
jajajajajajajajajajajajaja
Outro católico: deus nos colla confesados!
Anónimo é God!!!jajajajajaja
Por Deus llo pido Sr.Medela non cambie nunca !!!
Razoamento egoísta:
Non quero que Api vaia para sitio ningún.
Non quero coñecelo en persoa.
Quero que sexa o que sempre foi, aquí, no ciberespazo.
Que continúe a comprenderme como me comprende e que me faga rir.
A pesar de me roubar aquela moza, como era, si, Tareixa Gimpera.
E agradezo publicamente a don Marcos o ter construído este espazo en que, por exemplo, podemos defendernos de artigos como o do sr. Villalaín.
Ah, non coñezo moito a don Marcos. Falei con el, dúas palabras, dúas ou tres veces na miña vida.
E reitero o meu agradecemento.-
Furacán Medela: estou nun descanso da siesta. Ten vostede razón. Era monolingüe, pero non me din de conta ata hai pouco e non lle podo dicir por que. Falo baixiño por se me escoita. Logo veño.
Imos ver: ¿Acaso o número de nacionalistas subsidiados e beneficiados polo negocio da cultura non supera amplisimamente o dos non nacionalistas? ¿Algún adalide da loita contra os socialdemócratas desexa que se detalle con nomes e apelidos os nacionalistas (poetas, conferenciantes, editores, conselleiros, asesores, oficinistas, lingüistas, directores xerais,sociolingüistas, pedagogos, educadores para a paz,comunistas de pancarta e pancistas na intimidade) que viven e cobran dun modo ou outro da "cultura galega"? D. Villalaín nunca agochou que traballa e cobra da Consellería. Outros fan como se o fixeran gratis.
O anónimo ese que vai de gracioso ten un aire a un antigo participante de Arroutadas que non ten onde caerse morto por ser un plasta de moito nabizo. Como empece cos xogos de palabriñas (non sabe facer outra cousa) é el, seguro. Non sabedes a que vos caiu enriba, chachos. Compadézovos, pero tedes o consolo de que gañaredes o Ceo ipso facto.
Onde pon "Consellería" debe poñer outra cousa, imaxino. Non creo que na Consellería goce de moitas simpatías.
Lamento tamén a posición de Marcos Valcarcel, agardábase mais del.
Marcos Valcarcel de agora en adiante, xa non pode ir do que ía, sabemos agora que é un oportunista sen principios disposto a pasarse ao mellor postor en calquera momento.
Para a señora Eu Mesma, para que me perdoe, ao paso que ri un pouco.
Contextualicemos.
Galiza, 2025.
Grandes Festas en Velle, Ourense.
Actuación estelar da Srta. Rihanna.
Monolingüismo.
A SEÑORITA RIHANNA DEMOSTRA O SEU MONOLINGÜISMO EN VELLE
El diario “El Mundo” ha hecho un impagable servicio a la cultura española al denunciar, en un Foro de Debate, la estúpida persecución que el idioma castellano padece en Cataluña, País Vasco, Baleares y Galicia. Los datos aportados resultan incontrovertibles. Inútil negar, tras el informe de “El Mundo”, que en Cataluña, País Vasco, Baleares y Galicia se está haciendo todo lo posible desde el poder para erradicar el castellano. La responsabilidad del PSOE en Galicia, Baleares y Cataluña, donde gobiernan los socialistas, habrá hecho enrojecer de vergüenza a José Luis Rodríguez Zapatero.
Publiqué en los 80 una portada en el ABC verdadero en la que se denunciaba por primera vez el acoso al castellano en las provincias catalanas. Me llamó por teléfono Jordi Pujol para asegurarme que lo publicado no era verdad y que no existían problemas en Cataluña para la escolarización en castellano. Creí al presidente de la Generalidad, pero envié a un equipo profesional que recorrió 400 colegios. El resultado fue abrumador. Publiqué una nueva portada y un informe exhaustivo con hechos y cifras contrastados. Jordi Pujol ya no me llamó. Se limitó a difundir a través de una cadena de radio y de un periodista adicto la normalidad catalana con relación al estudio en castellano.
Ahora la persecución contra el idioma de Quevedo y Juan Marsé, de Unamuno y Valle-Inclán en Cataluña, País Vasco, Galicia y Baleares es abierta, recalcitrante, obsesiva y estúpida. Se hace sin tapujos ni veladuras. En la Galicia socialista se adoctrina contra el español a los adolescentes. “Si un niño –asegura Gloria Lago, presidenta de “Galicia Bilingüe”– dice: ‘hablo español’, le llaman facha y le pintan la mesa”. En Cataluña se ha llegado a extremos grotescos. Lo mismo ocurre en Baleares, a pesar de que el 82’2% de la ciudadanía se ha mostrado favorable a la libre elección de lengua para la educación, mientras en Vitoria el 95% sólo habla castellano.
Frente al acoso aldeano que el castellano soporta en cuatro comunidades autónomas, y sobre el que se pueden exhibir centenares de ejemplos sangrantes, el idioma de Cervantes se ha convertido en el segundo del mundo. Más de 400 millones de personas se expresan ya en español. En Brasil el estudio de nuestra lengua es oficial y en Estados Unidos los estudiantes de español doblan al del resto de los idiomas. Todos juntos, francés, alemán, italiano, portugués, ruso, chino, japonés, no pueden con nuestro idioma. Tras el inglés, el castellano es la lengua elegida también por los estudiantes en la mayor parte del mundo, desde Suecia a Japón, desde Alemania a Corea. En esta misma página proporcioné meses atrás un dato sugerente. Aunque el inglés es el latín del siglo XXI y está a años luz de las otras lenguas, hay ya más personas que se expresan en español como idioma nativo, que en inglés. Sólo supera al español, el chino que, en todo caso, no es un idioma internacional, aparte de lo difícil que resulta navegar en el enjambre dialectal de la gran nación asiática.
Todos estos datos hacen estúpido e incongruente que unas autoridades aldeanas priven a los niños catalanes, vascos, gallegos y baleares del estudio escolar del castellano y que lo erradiquen de rótulos comerciales, folletos turísticos, catálogos y otras manifestaciones públicas. “El Mundo” ha tenido el acierto de denunciar la inmensa tropelía que se está produciendo en una parte de España, contra el texto expreso de la Constitución, y sin que el ministro de Cultura, la ministra de Educación, el presidente del Gobierno, hagan otra cosa que enterrar la cabeza. La política del avestruz, en un asunto que afecta tan gravemente a la cultura española, no sé qué me suscita más, si tristeza o indignación...
Luis María ANSON
Medela Tyfoon: mándolle unha foto. Non é monolingüe. É Minogüe: Kylie Minogüe, unha deusa de Melbourne recortada aquí na praia de Patos coas Cíes de fondo.
O peor de todo é que o que di toda esa sarta de disparates é membro da Real Academia Española.
A Real Academia Galega (da que M, Varcarcel é correspondente, por certo) de momento está caladiña.
E o señor Villalaín prevennos dun activismo que se empeña en crear un “conflito lingüístico” co castelán
Don Marcos, se quere que as cousas lle funcionen, non se lle ocurra contratar para o seu departamento ao CENIZO do "detective identitario", que non acerta unha. Está obsesionado con Arroutadas e, en concreto cun arroutado, e ve as suas pegadas por todas as partes. Como vexo que lle gustan os xogos de palabriñas, pois haberá que facerlle un malo/malísimo e chamarlle "detective identetario" (detective que anda na edade da teta, aprendiz de detective), para que se obsesione aínda mais e continúe co pesadelo arroutado. A obsesión polos xogos de palabriñas non o deixan vivir. Que terá el contra os xogos e contra as palabras. Non o contrate, Don Marcos, que a CINZA da obsesión cúbrelle o entendimento e non acerta unha. Que pena de CENIZO.
A Real Academia é un morto que non pinta nada no país. É lamentábel que persoas como FERRÍN e DARÍO, que parecían ter outra idea de país se metesen aí a pastar, facer o tonto, darlle crédito ao bilingüismo e ser unhas momias máis. Hai moita vocación de momia, iso é certo. Ademais non representa nada, son un club de favores e de autocomplacencia rodeado dun grande vacio. Quizás pinten algo máis na próxima lexislatura e os fagan asesores honoríficos a todos, ou figurantes oficiais, ou bufóns, e por que non sabios protocolarios especialistas en pompa.
CHESI para EU MESMA: Como di Medela, a quen non coñezo (só teño un certo trato con Marcos das persoas que entyran neste blog) non me metín coa relixiosidade da xente. Eu fixen declaracioóns verbo os relatos de baetriz de Olay na revista El pan de los Pobres; pode ser, admitoo, que entredara con certas connotacións sexuais pero creo non ter molestado a ninguén polas súas ideas relixiosas. Cadaquen é livre de perteñecer a igrexa católica, protestante, sodomita ou ciencioloxía (é relixión a sodomita?). Eran troulas e se molestei a EU MESMA non teño inconveniente en pedirlle perdón aínda que sigo a pensar que metínme con relatos de Olay (non será anagrama de Yola e quen en realidade escribe é Yola Borrecal?) e non coa igrexa. Por outra banda, ando perdido. Que pasa con Marcos? Por que hai xentes que se meten con el? Que é eso da consellería? Teño que sair máis da casa que estou un pouco perdido. Pero entre as rúas (co engadido da Feira do libro) e Roland Garros, quedo con Roland Garros, máis divertido que o Bartes. Por certo, para non ficar só na mesa como a derradeira oliva do platiño que acompaña ó viño que bebemos, mañá asino na Feira partir das 7 do serán. Que vaia alguén, por favor. Gracias. E se hai que por autobuses como os que cita Medela pois se poñen, que carallo.
Amigo Chesi: cando veña por Vigo, saudareino. Seguro. Ou sexa: ten que vir.
EU MESMA para CHESI: Sabe vostede perfectamente ó que me refería. Non obstante conmigo asunto liquidado, agora só lle compre saldar contas co S.Antonio. Se quere asinar un bo número de exemplares na feira do libro ourensá, vaia pensando que esto non lle sae por menos de dous ou tres responsos e unha boa esmola. Fágame caso!.
Sr. Medela, encantadora parece a Señorita Rihanna, ben seguro que, ademais de monolingüe, ha ser de Luintra ( polo dominio do paraugas).
Boas noites.
Señora Eu Mesma: A señorita Rihanna élle boa rapaza, elegante, limpa, traballadora, temerosa de Deus e de honrada familia, mais non lle é de Luíntra. Non. Parece, ben seguro, mais non lle é. Venlle sendo de San Michael, Barbados, Terras do Caribe. Barbados, Barbados, non confundir con Barbadás, concello da contorna de Ourense. Tal vez iso foi a que levou a Vde. a engano.
O que pasa é que en 2025, o noso país vai ser unha potencia economico-nuclear, e os cantores doutros países terán que interpretar a maior parte do seu repertorio en galego.
Señora Eu Mesma: Non ten gana de ver como en Wall Street os postiuppies pelexan por acadar o título de galego???
jeje
Saúdos respectuosos e grazas por me perdoar.
Don Arume, non me estraña que estivese Vde. afastado do computador todo o día... Xa a estou a ver: "Arume, vaime buscar un crocante de chocolate e vainilla... Oíches oh, Arume..."
Puro monolingüismo.
Agora comprendo. Pensei que non lle interesaba o tema da lingua. E agora comprendo todo.
ANSÓN A EUROVISIÓN!!!!!!!!!!!
ANSÓN A EUROVISIÓN!!!!!!!!!!!
ANSÓN A EUROVISIÓN!!!!!!!!!!!
Interesa, amigo Medela, pero xa escribín e expuxen as miñas ideas hai tempo. Pero se hai que contar relatos eu teño escasos. Esa realidade que vostede comenta no meu barrio é ciencia ficción. Di vostede que descoñecemos a realidade. Dea unha volta conmigo e probe falar galego por estes lares. Sen ánimo de molestar, direille que aquí desapareceu da boca. Vivo en declarada zona nacional e para atoparmos unha persoa (de idade ou non) que fale galego hai que buscar moito moito. Aínda que por sermos máis terribles, direi que poucos sitios no centro de Vigo coñezo que falen en galego, así de primeiras. Aproveito a ocasión para que algún sociolingüista traia por aquí informes (dramáticos, como verá) da situación que en clave amablemente costumista aquí se describe. Eu creo que nin os quitan para non amolar máis ao persoal.
En todo caso, non foi crocanti o que pedía Kylie e non digo máis que aínda non son as doce.
NUKUS, REPÚBLICA AUTÓNOMA DE KARAKALPAKSTAN, ESTADO UZBEKO.
Conversa entre Maria Antònia (supervisora na empresa) e un servidor.
-Medela, ti que falas na casa?
-Ufffff, galego coa avoa, penso.
-Pensas?
-Boeno, nunca me preguntei que é o que falaba con ela. E ti, Maria Antònia??
-Cos papás, catalán, tamén nunca me formulei esa pregunta.
-E con aquel mozo português que tiveches?
-Catalán. El falaba para min castelán e inglés.
-Cando te vas peinar onda a Myrna, aquí en Nukus, que falas?
-Uzbeko e inglés, con Myrna. No entanto, Myrna fala karakalpak coa empregada, a Tyna. Ti, Medela, que falas coa patrona, esa muller tan bonita??
-Empecei en uzbeko, agora depende; case sempre karakalpak con palabras uzbekas. Aínda que ela fala uzbeko coa Myrna e con ese medio pretendiente que ten, o da moto perralleira. O da moto fala karakalpak cos da cuadrilla. Aínda que onte cacheino chamando a Kyra polo móbil e falando uzbeko -castrapo. Maria Antònia, que falas cos do barrio andaluz de Castellví??
-Catalán, sempre. Sempre. Manifestan unha actitude impropia para o noso idioma. E ti, Medela...
Por certo, como lle vai ao de Cospeito? Non estamos actualizados. Mande un RSS do cospeitudo.
Don Arume, por favor, non me refería a Vde., a menos (espero que non) que Vde. e Villalaín sexan a mesma persoa.
Coñezo, infelizmente, a realidade lingüística de Vigo, Coruña, etc.
Estiven en Vigo hai ben pouco. Puidemos aproveitar para facer algunha enquisa...
RSS??????????
Eso que viene siendo???????
RSS
Sabían vostedes cal é o departamento do Corte Inglés que emprega máis o galego?
Dou ata mañán para as respostas. O que acerte gaña a posibilidade de respostar na ANT a don Damián. Non sei con quen hai que falar pero desde aquí xa fago o chamado.
jajajajaja
Xa o sabía, acertei co ghicho, señores. ¿Como se non ía afirmar de min que "Está obsesionado con Arroutadas e, en concreto cun arroutado, e ve as suas pegadas por todas as partes"? ¿Alguén que non fose El ía acertar que me estaba referindo a El? Os detectives privados esperamos a que o ladrón ou o desfalcador cometa un fallo. Este non tardou nin cinco minutos.
Xa llelo dixen: con este tipo por aquí non lles arrendo a ganancia. Espero que non fagan caso a súa actuación de terra queimada. Moi boas noites e parabéns polo blog, o mellor que hoxe hai en Galicia.
Esquecía dicir o seu alcuño: antes era coñecido como Sapococho, agora usa outros, aquí unicamente se atreve como anónimo, xa se lle leron intencións en Arroutadas de vir para aquí. Ollo con el que foi un dos que escarallou aquel foro.
Bembido Sapococho con tal de que non nos fale de Caneiro.
No último número de A Nosa Terra, o director Manuel Veiga, apoia con algún matiz ás posturas de Villalaín. Poña ese artigo, Marcos, que o Veiga demostra que se pode ser nacionalista e non túzaro nin medio parvo.
No último número de A Nosa Terra, o director Manuel Veiga, apoia con algún matiz ás posturas de Villalaín. Poña ese artigo, Marcos, que o Veiga demostra que se pode ser nacionalista e non túzaro nin medio parvo.
Con este
e con este chego aos 300.
Se Veiga apoia a posición de Villalaín demostrará que vai sendo certo que o BNG perdeu a cabeza e que lle están a facer un transplante integro na sede do PSdeG-PSOE.
¡Que rebumbio! Téñollo que contar a Villalaín.
BNG
Bos Negocios a conta de Galiza.
cando vexas aos teus adversarios políticos (cos que te disputas os votos) dicirche cal tén que ser a tua política lingüística, desconfía
Contelle que os nacionalistas o temos moi dificil porque o BNG comenzou a súa desmontaxe e Quintana está a entregarse a toda PRISA nos brazos do españolismo.
O PSdG-PSOE refulxe con Zapatero ao fondo e as ovellas do BNG balando arredor sen pastor, porque o pailan do Quintana adícase exclusivamente a xestión e venta do capital nacionalista.
Noraboa a Villalaín como asesor é evidente que é unha persoa intelixente eficaz e capaz, norabosa ainda que para min sexa triste felicitalo polo seu éxito.
Os desencontros do bipartitos non é outra cousa que a representación ante a opinión pública e as bases do BNG, de qu aínda seguen a ser eles, cando ideolóxicamente están a cair nas redes tendidas por Villaláin entre outros, e perdendo a súa identidade política, ou perdendo aque lle quedaba.
Voume retirar ao palacio da estética e deixoos definitivamente a todos vostedes coa xauría política que a min xa nada me interesas.
Que sexan felices, pero non causen demasiada infelicidade no publico.
Adeus.
Eu tamén me vou retirar ao pazo da Estética. Voume pasar o día sentado nunha terraza vendo pasar mozas monolingüis.
Chegou o pontificador afirmando tales memeces, e dicindo o de "Voume retirar ao palacio da estética" amosa que é imposible ser máis cursi e máis fátuo. ¡Pobre homiño!
ARUME:
Acepto o reto de saber cal é o departamento do Corte Inglés que emprega máis o galego.
O DE ENTREGA A DOMICILIO
que son de Crecente, de Montesalgueiro e de Baldaio, segundo de que centro operativo dependan.
Non ía por Mirón, senón por anterior anónimo.
"Voume retirar ao palacio da estética e deixoos definitivamente a todos vostedes"
Iso non o cres nin ti, nin unha cousa nin a outra, don ridículo.
Mira que lle fastida o do retiro ao "palacio da estética", que entenderá?, que se imaxinará...
Sempre me advertiron que era contraproducente excitar unha mente simple, agora comprendo...
Pois xa hai que botarlle imaxinación para concluír que o artigo de M. Veiga apoia a postura de Villalaín.
Alguén pode colgalo?
Este é de CLR, neoquintanista sensato. Vai dedicado a Medela e aos anónimos, a ver se espabilan:
Mesa sin camilla
CARLOS LUIS RODRÍGUEZ
El Correo Gallego
30.03.2008
La lengua ha perdido mucho en el paso de la Mesa Camilla a la Mesa, o lo que es lo mismo, de Piñeiro a los que ahora llevan la iniciativa en las batallas por la normalización. La Mesa Camilla fue el tótem del galleguismo de la transición, el lugar donde oficiaban unos cuantos druidas (don Ramón, Domingo García-Sabell, Sixto Seco y demás), empeñados en recuperar el gallego con amabilidad y constancia.
Su punto de partida no era ver en el gallego castellano-parlante un enemigo, sino una consecuencia de circunstancias que excedían a su libertad. Se trataba de atraerlos, haciéndoles ver en primer lugar que la lengua era políticamente neutral, un espacio al que se podía llegar desde diferentes maneras de pensar y en el que se podía estar teniendo visiones dispares de Galicia.
Aquello no era más que aplicar la fórmula que permitió resistir todos los embates de la historia. El gallego que se conserva vivo a pesar de olvidos, desprecios y prohibiciones, resiste gracias a ser un punto de encuentro. Fracasan durante la dictadura los que se empeñan en asociar el gallego con actitudes separatistas, para sí lograr la deserción de una población mayoritariamente conservadora, cuando no afín al franquismo.
Los intelectuales del régimen de Franco se equivocaron al pensar que la gente hablaba en gallego por un móvil subversivo. No había tal cosa. En cambio, el círculo de galleguistas históricos de la Mesa Camilla que se proponen recuperar el idioma y llevarlo a lugares que hasta entonces parecían vedados, aciertan porque entienden que la neutralidad del idioma es su principal fortaleza.
El gran error de la Mesa que ahora se prodiga en todo tipo de acciones es considerar infiel a la Galicia castellano-parlante. Desconcertados ante una situación del idioma que consideran alarmante, sin unos Reyes Católicos a los que culpar, se transforman en una especie de fiscalía empeñada en acusar a organismos, colegios, tiendas y particulares que abjuran de la lengua.
Lo curioso es que todas las víctimas de sus acusaciones son gallegas. El discurso rompe con la tradición establecida por el galleguismo seductor de Piñeiro y compañía, para instalarse en otra que lo fía todo a normas, multas, censuras y prohibiciones. Está visto que no lleva a ningún sitio. Cada fracaso de este galleguismo antipático conduce a otra acción extravagante (la exigencia de galleguizar la Semana Santa merece mención especial), cuya poca efectividad hace elevar el nivel de antipatía.
Afortunadamente, empiezan a oírse voces que se preguntan por qué la etapa en la que hay más normas, más gallego en la escuela, más parlamentos e instituciones normalizados, es también el momento histórico en el que más deserciones idiomáticas se producen. Esa presión que algunos utilizan ha logrado una victoria pírrica: la aparición del gallego cínico, que públicamente y en las encuestas defiende todo tipo de medidas normalizadoras, y que en su vida diaria se mueve en castellano.
Miguel Suárez Abel, aquí al lado, se refería a todo esto con su maestría habitual. Galego con amor, se titulaba su comentario de ayer sábado. Llámenle amor, o simpatía, o amabilidad, pero eso es lo que está faltando en la fase actual de la normalización. En lo que va de la Mesa Camilla de don Ramón a la Mesa, se ha perdido. Tienen la iniciativa los fiscales deslenguados. La gente los soporta, sin hacerles ningún caso.
pobre do galego se o seu futuro dependera de Carlos Luís Rodríguez
Pobre de calquera lingua si o seu futuro dependera dunha persoa calquera.
Gracias por el artículo, don "Bilingüismo y tolerancia". Gracias por su voluntad de espabilarme. Buena falta que me hace, espabilarme. Gracias, señor.
Gashego por amor... Que lindo... Parese la letra de un tango...
Para amor y respeto, el que aplicaron los reyes católicos... Onésimo Redondo... Fernando VII... Narváez... Paco Vázquez... Franco... Y los peores enemigos del gallego, nosotros, los gallegos.
Claro, parece ser que los neoquintanistas sólo son sensatos si...
All You Need Is Love.
la lala lalá
All You Need Is Love.
VIVA EL GALLEGUIÑO DE LOS PUEBLIÑOS... PERO EL AUDI Q7, DE LEIPZIG, POR EL SI O POR EL NO.
O QUE HAI QUE OUVIR...
Agora parece ser que don Ramón Piñeiro é GOD... Home claro. Antes era axente da CIA.
Por favor...
Antes el gallego bueno era el de los puebliños... Ahora, el gallego es simplemente cínico.
Vaiche boa, Vilaboa.
Vou quedar en Karakalpakstan unha boa temporada. Non me van mal os aires da estepa...
Non desespere, medela, pero espabile. Déixese de tanto rollo lacrimóxeno e de tanto sentimentalismo afectadamente bravú coa costureiriña de Cristosende, coas esquelas, coa súa avoa de Lobeira, con María Escario (ou era Olga Viza?) e coa Kyra esa á que nunca acaba de botarlle un canigüei como é debido. Parece home intelixente, aínda que tanto nacionalismo de corredoira ou cibercafé, tanto ten, ofúscalle os miolos a calquera. Razone, homiño, razone, que vostede é capaz de facelo.
Eu non me retiro nin ao Pazo da Estética nin ao Pazo de Inverno, nin tan sequra a un modesto hotelito con encanto. Retírome a botar unha pequena sesta, que tampouco está nada mal.
Que teñan unha boa tarde e que vostedes o polemicen ben (ou polinicen se ven que a ocasión se presta, que nunca se sabe).
Non estaría mal que a súa sesta durara meses. Como as do oso Jogi
Para o señor/a 'Bilingüismo é tolerancia é god':
Despois de responder a un artigo redactado en castellano, como o de Villalaín, xa non teño forza para responder outro; vou acabar como un meu amigo que se chama Sísifo, que traballa nunha canteira do Porriño por 512 e. por mes.
Ouviu: Ben se nota que lle gustan as historias lacrimóxenas e bravú... Aínda que veñan dun intolerante monolingüe coma min. Outro día cóntolle os últimos avances no asedio á fortaleza Kyra.
Saúdos, señor.
"Por haber regresado su nieto Julio sin novedad de la batalla de Villalaín, envía 75 pts. Concepción Medela. Lobera, Orense."
XOSÉ A. PEROZO
CARA OU CRUZ Bilingüismo
O debate non está na sociedade pero existen intereses partidistas para poñelo nun primeiro plano da disputa. Os nacionalistas pretenden que a lingua galega é patrimonio deles, do mesmo xeito que tentaron que o fosen, desde o mariscal Pardo de Cela a Castelao, todas elas figuras que puidesen ter a máis mínima simboloxía galega, que non é o mesmo que galeguista e moito menos nacionalista. Porén hai materias que só pertencen ás circunstancias históricas e outras ó oportunismo do momento. Pola contra, os conservadores aseguran que o español é patrimonio de seu e non teñen inconveniente en sacar a cabalgar o Cid, os Reis Católicos e a Francisco Franco, galego de Ferrol. Forzas dun e doutro lado negan o sal e a vida do bilingüismo real de Galicia con trasnoitadas teorías e análises sen revisar de hai tres ou catro décadas. Mentres, os cidadáns viven a súa vida na lingua que lles peta.
Estamos a asistir a unha proposta de guerra lingüística entre o BNG e o PP de cara ás próximas autonómicas? É posible. Fai ben o presidente Pérez Touriño asegurando que esa liorta non se vai producir? Ou simplemente está manifestando que a súa parte do Goberno e o PSdeG-PSOE non van entrar nela? A súa postura parece axeitada á realidade. É un erro histórico por parte dos nacionalistas, galegos e españois, insistir nese debate reducionista.
GALICIA HOXE 2 xuño 2008
Ou sexa, que o tolerante é o señor Touriño, e os extremistas PP e Bloque.
Unha de dúas: Ou isto é unha loucura colectiva ou botaron LSD na auga da traída.
P.D.: O señor Touriño NON sabe falar galego.
Tsunami Medela: Kylie Minogüe desexa coñecelo. O do LSD gustoulle moito,. Antes de voltar a Australia quere pasar por Karakalpakistán. Dealle a dirección, que quere coñecer mesmo a súa Kyra. Pode chamar ao Modesto que nunca está de máis.
"Os nacionalistas pretenden que a lingua galega é patrimonio deles"
AL señor Perozo solo cabe aplicarle un adjetivo peyorativo, como ofuscado o tonto, de donde sacaría esa información?, donde la contrastaría?, en el programa político del nacionalismo?, en declaraciones de alguno de sus dirigentes?. Este señor en el mejor de los casos practica la política ficción. O simplemente quiere intoxicar, achacándole unha afirmación al nacionalismo que este nunca pronunció para a continuación decir que esa afirmación es insostenible. Un verdadeo burro arnal.
Por otra parte constato el modus operandi de Marcos Valcarcel:
1)nula atención a la manifestación por la "lingua" el 18 en Santiago.
2)cuelga el articulo bilingüista del señor Villalaín.
3)Se percata de como foreros van colgando artículos que apoyan las tesis de Villalain.
4)Alguien le pide que cuelgue un articulo critico con el de Villalaín de autoría del director de A Nosa Terra, el semanario donde aparece impreso el articulo de Villalaín, y donde el mismo Marcos publica sus articulos cobrando.
5)Marcos pone presiona con la mano el platillo de la balanza donde pesa el artículo de Villalaín. Y se abstiene- en la convicción de que los nacionalistas son tontos-, de colgar el mencionado artículo.
Habiendo sido movilizado de nuevo su nieto Julio por la contraofensiva del ejército tolerante bilingüe, y para que regrese sin novedad de la batalla, envía donativo Concha Medela 1.500 pts. Lobera. Orense.
Don Arume:
Aí vai o meu enderezo.
Júlio Medela de Lobeira
(axudante técnico auxiliar de 2ª en soldadura industrial)
Rúa das Mil Primaveras
(ant. Ministro Lourenzo Beria)
HOSTAL RESIDENCIA KYRA* (preguntar pola rusa - do lado do bazar chinés)
Nukus capital.
República Case Islámica de Karakalpakstan
Estado (bilingue - tolerante) uzbeko
Ouviu, don Arume, estou a pensar que tendo en conta a escaseza de prazas hoteleiras en Nukus, a súa moza, a Srta. Kylie pode parar na pensión da Kyra; penso que quedan cuartos libres.
É claro que chamo o Modesto e a Myrna: Que pasada, meu, a rusa, a australiana e a tártara...
VIVA O TRILINGÜÍSMO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Trilingüismo non leva acento ortográfico.
Tomei nota. Xa llo dixen e non para de preguntarme que pode levar alí, que non quere importunar. Qué vestido leva, ciclón Medela? Os de verdor cinguido son os que millor lle acaen, pero non quere suscitar conflicto. Polo do trilingüismo non se apure: ela aínda que fala un cockney chapurreao de cando estivo en Londres con quince anos ten un don divino para as linguas. Ou idiomas.
Fago unha pregunta a quen a poida responder (e sen segundas intencións):
Existe algunha sociedade no mundo na que se dea un bilingüismo sen conflicto. Dúas linguas que teñan o mesmo estatus legal e que ocupen o mesmo territorio e os mesmos usos ?.
Anónimo é God!!!!!!1
Resposta inmediata: NENHUMA.
Ouviu, hoxe, na remota aldea de Bangueses, na raia da terra de Celanova, un caso moi común.
Eu, a falar cunha señora de oitenta anos, en galego, e a señora a me responder teimosamente en algo que se parecía co castelán.
E outro, pola tarde, na rúa do Paseo de Ourense: Eu a falar galego cunha amiga moi pitiminí, de Ourense, e ela a responder teimosamente en algo que era CASE castelán.
Iso si, todo ben armónico e tolerante. Evidentemente, a señora de Bangueses tiña medo de quen era eu, un descoñecido. E tentou blindarse a falar castelán. E a 'chica pitiminí' de Ourense era moi bonita e elegante, e xogaba con esa vantaxe. Non precisaba blindarse.
Terrible. Terrible. Terrible.
É o fodido, que se queres ligar con mozas bonitas e elegantes tes que facelo en castelán. E xa se sabe, tiran máis duas tetas que mil primaveras máis. Eu cando ligaba (alá polo 68), facíao sempre en castelán. Agora falo máis galego coas "chicas pitiminís".
Dúas frases para enmarcar nos nosos miolos:
1. "Os nacionalistas pretenden que a lingua galega é patrimonio deles"
2. "El discurso rompe con la tradición establecida por el galleguismo seductor de Piñeiro y compañía" (Carlitos Luis Rodríguez)
Eu invíto ao dous "opinantes" que afirmaron semellantes cousas que, sendo consecuentes coas súas afirmacións, empecen desde mañá mesmo a falar e escribir en galego e que empecen a "notar" as consecuencias.
Eu garántolles que a falta de "amabilidade" por falar e escribir en galego non a notarán de parte dos nacinoalistas, precisamente.
O único bilingüísmo harmónico é o do sexo. Así de claro. Eu coa miña e ti coa túa, ti pra min e eu pra ti.
Todo o demáis son jaimitadas pilingüís, riveradelacruz de los caídos e villaruíns.
Serán para enmarcar nos seus miolos. Nos meus non, que os teño outras cousas que, en principio, me interesan máis.
... para outras cousas...
O señor Villalaín podía convidar a unha macro-merenda, porque coa sona que lle estamos a dar...
Manteño a pregunta e gustaríame que alguén que teña datos os aportara. Nono considero un tema menor nin superficial. Para min sería importante coñocelo e así poder tirar conclusións.
Dimitrov: Eu noto máis liberdade, mais naturalidade, para falar galego coas pitiminís en Ourense e Lugo que na Coruña e Vigo.
Vde. que opina???
Don Arume: En Aral, 45º á sombra, de día, -20º, de noite. Dígallo á súa amiga. De todo o modo, poden vir ás Outlets de Allariz, e saíren vestidos ambos dos pés á cabeza.
Ouviu: A súa moza terá, cando menos, o CELGA 1...
Apicultor!!!!!!!!
Aquel libro, o da transferencia de sacralidade Deus-Nación, que me ten que dicir o autor, a ver se o atopo... Teño que o ler.
Saúdos.-
Quanta parvoíce! As hipotéticas "discrepáncias" entre o senhor Júlio Medela e o senhor Vilhalaim nâo sâo mais que brincadeira. Os dois comcordam no essencial, pois os dois escrevem em dialeto espanhol. Os dois escrevem esse "galego" que nâo é outra coisa que uma deturpaçâo dialetal, uma mestura reles de espanhol e portugués, um "patois". Mas os dois senhores sâo tâo colonizados, tâo espanholizados, tâo agalegados, que nâo percebem o que é evidente. O senhor Vilhalaim quer bilingüismo castrapo-espanhol. E o senhor Júlio quer castrapo só. Todo é muito lindo.
Oh, no, por favor, eso si que no. Todo lo que quieran, pero eso si que no. Si vienen los reintrejetas con su rollo machacón dale que dale que le darás, yo me paso al castellano de una vez y para siempre, lo juro por el burro de la Engracia. Que es ya es más de lo que uno puede soportar.
Acúdanme todos, el Damián, el Medela, el Tontodelhaba, el Negro Lobezno, el Marcos, el Piñeiros, el Piscicultor, el Gonzalves, el Lechugas, el de la Cueva, el de los Ladrones, el Chiquitín de las Moscas, todos, acudan todos, por favor.
Help, help y requetehelp!!!!!!!
O Medilla é como o Villalaino, mas mais castrapeiro, mais "enxebre". Ele gosta da fala aldeâ, da Galiza da que gostam os turistas espanhois: "hórreos", "vaquiñas", "velliñas", "esquelas"... Ele gosta de quanta miséria haja na "terriña" construída pelo imaginário da Espanha. E quer independência escrevendo em espanhol da aldea, esse patois que ele chama "galego" com muito amor e com muita doçura e com muita bosta da vaquinha.
¡Horror! Chegou a Rifenha: o blog está perdido.
A Miguel Suances:
xa aclarei noutro fío que non encontrei o artigo de ANT que fai referencia ó de Villalaín: cando apareza, colgarémolo.
É vostede moi libre de pensar o que queira sobre o artigo de Villalaín e sobre a miña suposta "parcialidade" na súa defensa: pero sorpréndeme moito, quero dicilo todo, que vostede o faga escribindo en castelán.
Ando, hai uns días co ego hipertrofiado:
*Saudoume na rúa do Paseo unha ‘pitiminí’ de Ourense, bonita, elegante e marabillosamente perfumada, e preguntoume se estaba a escribir unha novela; caso positivo, quería ser a primeira en comprala.
*O abismo cultural que me separaba do ínclito Villalaín foise co vento… Segundo o anónimo lusista: “As hipotéticas "discrepáncias" entre o senhor Júlio Medela e o senhor Vilhalaim nâo sâo mais que brincadeira”; é dicir, discrepamos no mesmo nivel.
*O señor ‘O que faltaba para o peso’ recoñece o meu monolingüismo. Grazas: ‘E o senhor Júlio quer castrapo só’.
*Un fregués d’Ourense preguntoume se eu era por un acaso Xoán da Coba.
Teniendo noticias de que mi amigo Julio ha sido alcanzado por metralla colateral en la guerra del bilingüismo tolerante y progresista, envío donativo para que se reponga lo antes posible en el hospital de campaña y pueda regresar con tiempo para la romería del Viso.
Honesta Poza, La Canella, Lobera, Orense.-
O realmente preocupante da liña argumental formulada polo/a lusista, é que ten razón.
E creo que sabe que son lusista, tamén. Ora pro nobis. O que aínda aprofunda na miña pecaminosa conduta.
Aínda que, o demo está a besbellar no meu ouvido... Na vida hai algo máis que ter razón.
Bo humor, por exemplo, e autocrítica, que tanto nos falta aos galegos. De todo o modo, ben se lle coñece que gusta dos meus relatos costumistas, pois non?
Ah, grazas polos apuntamentos á etimoloxía do meu apelido, mais Medela provén de
MADALENA, que por metátese tórnase
MADANELA, de aí evidentemente pasa a
MADELA e por harmonización vocálica, a
MEDELA.
Grazas polo de Medilla, non deixa de ter graza. E o de godo... Prefiro suevo e celto-atlántico.
E mesmo sendo lusista convito, non deixan de ser interesantes algúns comentarios de lisboetas - alfacinhos, que denominan despectivamente 'galegos', pola súa fala, os que vivimos para norte do Douro.
Pense niso, por favor.
P.D.: O é final de 'português', é semifechado. O 'a' con til de nasalidade consíguese premendo ALT e 0227.
Non se me enfade... 'Tá bem???
a musa, a musa de lobeira
bo humor, si, mentres que rin con un.
Tamén lle é certo...
Coma do Apicultor non voltei a ter novas de que foi da moza da Coruña que me ventilou, cando él era máis mozo de proveito ca min, e amáis era filla dun policía gherifalte, só me queda que Medela me poña en contacto, ben con Honesta, ben coa funcionaria de tráfico, aquela que quedaba ceibe, de tan bon ver, e da que todos andamos extrañados de que non se lle coñeza varón, porque sería unha peniña que quedara para vestir santos, e que eu hoxe xa son de máis proveito que antes, ande Medela, interceda, que é vostede un santo, dígalle mesmo que estou disposto a cambiar por éla, que iso as mulleres faille un non sei que, dalles licencia para domesticar ó bicho, de non dar con quen lle torne as moscas ó rei, ben pode ser facer algo de proveito dun golfo recoñecido e confeso. Agardo me tome en conta agradecéndollo anticipadamente.
Edelmiro
Edelmiro, polo que a min respecta ten barra libre, amplas autovías, horizonte glorioso. Non hei estorbar, xaora.
Cumprimentos.
Hei! Apicultor, apareciches on line, como me gosta aparecer a mín, pero se non teño nada contra tí, qué culpa terás tí do meu comportamento badulaque daquel tempo, e máis déste, ainda non estou completamente rexenerado, pero fáltame moi pouco, só me perden as coristas e as cupleteras, e por iso lle imploro o valedor e conseguidor Medela para que interceda, por favor, non se me volva meter no medio, que désta non son quen de me repor, plus.
Edelmiro
Yo al tal Edelmiro no lo conozo de nada.
Medela, non me esperaba de vostede isto, xa sei que non nos coñecemos, pero podiámonos coñecer ó traveso désta súplica, imploración vital, xustificación da miña existencia, prométolle que cambiarei, vostede só me ten que apresentar, heille quedar eternamente agradecido, non-o defraudarei, prego.
Craro! xa sei porque non me quere apresentar, é polo de Regueifas, non considera vostede un apelido de rigor, acabáramos, é vostede un clasista ben casado, e agora non se quere acordar de tempos pretéritos, sei onde vive, ousease que olliño, non é que sexa rencoroso, pero deixoume como quen diría descalzo, sen verbas garimosas, desilusionado, tripolar.
Vaiche boa...
Apicultor: Polo que se está a ver, Marcello Mastroianni ao seu lado era un simple aprendiz...
Que historial!!
Tareixa Gimpera
Laurinha Antonelli
A pitiminí da Coruña, ex-moza do tal Regueifas...
E o que non se sabe.
Ouviu: Nin se lle ocurra aparecer pola pensión da Kyra, co gallo de que os alugueres están moi caros en Nukus. Nin se lle ocurra.
Señor Regueifas - Prol:
Clasista eu?? Ferralleiro en Aral.
Ben casado: Quen me dera poder ir ao cinema coa Kyra, nin que só fose para vermos "Cuatro bodas y un funeral".
Nada, non hai caso. Preséntolle a tal Honesta, a 'chavala' esa de Lobeira. Eu case que nin me lembro dela.
Regueifas (apelido de empresario de cochitos eléctricos), Regueifas, ouviu, velaquí a Honesta.
Aproveito para lle enviar tamén unha sucinta descrición do perfil moral da individua. Alá Vde. Despois non diga que non foi avisado. E non me chore...
HONESTA POZA MOTA
"Por si fuera poco todo esto, la Honesta, la de la Pura, la de la Digna, las de la Canella, pues ha salido en estado. No se habla de otra cosa. Ya lo decía yo, fiestas, ferias, mercados, romerías, entierros, cabos de año, discotecas, karaokes y hasta domingos de playa en Vigo, y no le hacía ni una vuelta a la madre en casa. Ni una pieza de ropa, ni la loza le lavaba. Como decía mi abuela, que Dios la tenga en la gloria: “Vaca muy feireada…”. Se habla de que el responsable del estropicio es el el Longinos, el del Magín de Villarino, el que trabaja en las brigadas del fuego. Pero el Longinos ha desaparecido, y mismo otros hablan de un portugués de eses que andan por las verbenas con el tiro. El caso es que la Aparecida, la bisabuela de la Honesta, se metió en la cama y parece que ni come ni bebe y que solo quiere morir. Ya ves como anda el patio."
Ouviu, Regueifas... Talvez guste máis desta.
MARINITA
Marinita (Marina Secundina Álvarez Graña),é natural de Valladolid de los Bimbiles, Río Muni, provincia de Guinea (actual Bimvili, Mbini, República de Guinea Ecuatorial), filla de Secundino Álvarez, natural de Senderiz (San Xes, Lobeira) e de Castora Graña, natural de Parada do Monte, Lobeira.
Marinita é auxiliar administrativa nivel 17, destinada na xefatura provincial de Tráfico de Ourense.
Vde. é de Lobeira e vai a Ourense???
Alí está Marinita.
Ten calquera problema ou dificultade de índole administrativa...? Marinita.
Está na lista da espera para ser operado no hospital e non o dan chamado...? Marinita.
Regresaba vostede dun casamento potlatch en Casa Conde da Merca e meteuse astuta e confiadamente pola estrada vella de Celanova e xusto no entroncamento coa N-540 foi parado polos motoristas de tráfico e case incinera o etilómetro...? Marinita.
Problemas no rexistro da propiedade, notaría, avogado, funeraria, ITV...? Marinita.
Está no punto de enlouquecer porque non dá trocado a matrícula do VW escarabello Sidi Ifni 0679 pola nova, pola europea...? Marinita.
Precisa un podólogo...? Marinita.
Quere comprar unha casa vella en Amoeiro para a restaurar e un dos herdeiros está missing no Brasil e o rexistrador da propiedade inicia un expediente que pode demorar cincuenta anos...? Marinita.
Non dá encontrado sentido á vida...? Marinita.
O seu fillo suspende cinco materias, mesmo galego...? Marinita.
O distrito electoral de Bande non dá encontrado persoa ningunha co graduado escolar para a presidencia da mesa de Parada do Monte...? Marinita.
Está vostede desesperada, señora, porque o coche do seu home foi detectado no parking do club Venus, fóronlle co conto e non sabe con quen se ha desafogar...? Marinita.
Foi vostede multado por Consumo, da Xunta, por non ofrecer pescada de segundo prato no menú, na mala hora en que se presentou a inspectora, que espetou 6.000 euros sen tan sequera pestanexar...? Marinita.
Ten que meter avogado e quere saír de Ourense, porque o problema é delicado e ela coñece o mellor, un de Lugo, un tal don Xaime que disque mesmo gañou un preito ao Rouco Varela...? Marinita.
Pode ser que no noso país sexa descoñecido o estado civil, a idade, o recordo e perspectiva de voto e/ou o domicilio exacto de alguén...? Ese alguén é Marinita.
Encóntranse dous de Lobeira en Ourense. Un deles pregunta ao outro: E logo para onde é que vas?
Resposta automática, innecesariamente poliédrica: Onda a Marinita.
E o mellor de todo: A señora é razoabelmente atractiva, educada, sempre, sempre, sempre sorrí e o primeiro que fai cando ve un de Lobeira no traballo é preguntarlle:
QUE PRECISAS, VECIÑO?
Marinita tamén camiña todas as tardes, dúas horiñas ben cumpridas, ata a Chavasqueira. Renunciou, hai tempo, á nacionalidade ecuatoguineana.
Se está poniendo un poco pesadito, Julio. Contención es la palabra.
Glubbs... Desculpe!
Vistes xa o video de AMI? É tan imbécil que chega a ser entrañable. Eu baixeino en libertaddigital.com
Imbecil sen dúbida,cheo de clixés fanonianos e memimnianos... entrañable non... encirrar aos nenos a que fagan estoupar o autobús dos bilingües é terrorismo sen mais... e do pior...
Medela: que ten que dicir a esto?
Don Chesi presume de que na súa casa levan tempo inmemorial suscritos a "El Pan de los Pobres".
Ben.
Na miña casa de Lobeira xa se lía cando os godos andaban a exterminar o reino suevo.
EL PAN DE LOS POBRES - 1937
Mais outra cousiña, don Chesi: Lamento inmenso ter que lle comunicar que neste exemplar aínda non escribía a súa admirada Beatriz de Olay.
Sabía, tiña daquela nove anos, e residía en Barcelona, e penso que non se daban alí as mellores circunstancias para escribir na revista.
Saúdos.-
Don Arume!!!!!!!!!!!!!!!
Coñezo Grou, está a tres quilómetros da miña casa.
E celebro que a señora tirase o permiso de conducir.
Evidentemente, o tenente de alcalde de Lobios, é de Grou... De aí ese dinamismo social.
jeje
MANUEL VEIGA, NACIONALISTA DE SEMPRE, SOSTÉN EN A NOS TERRA TESES SEMELLANTES A VILLALAÍN. LÉANO.
Menos mal. Iso quere dicir que aínda vai quedando algún nacionalista sensato.
Pode alguén pendurar aquí o artigo de Manuel Veiga??
Grazas.-
Amigo Medela: conxeturaba vostede o outro día a orixe do seu apelido e concluía coa proposta dun madalena transformado. Para min teño que vostede está emparentado coa Cecilia que está enterrada na via Appia Antica. Se lle engadimos ese Júlio non cabe dubidar que vostede é descendente de patricios romanos, de berce idéntico aos que amamantou a loba no Palatino. A Luparia do seu segundo apelido aparentemente toponímico pecha o círculo.
Amigo Arume!!!!!!!!!!!!!!
Estoulle na casa, doente; polo que se está a ver a batalla Villalaín deixou as súas secuelas. Desde rapaz que non tiña tanta febre.
Ouviu, grazas pola fotografía que me acaba de enviar.
Aínda que dubido que a srta. Cecilia sexa miña prima…
A Madalena era a denominación mediévica dunha aldea de Barcelos que agora é chamada A Medela. A miña avoa Concha sempre estaba a falar dun português escapado, natural desa comarca, dos chamados realistas? que hipoteticamente sería o noso ‘ ilustre’ devanceiro.
Lobeira non é, evidentemente, gorida de lobos. Vén de Luparia, nome propio, como Vde. atinadamente apunta. E encontrei un documento do ano 1015 en que se fala dunha tal domna Lupa, etc, e a miña avoa falaba tamén da raíña Loba que tiña tres fillos moi malos e o tal documento fala dun tal Wimara que testa a favor de Celanova por lle teren axudado a vitimar a tal domna Lupa e os malvados dos seus fillos… Boeno.
Iulo (cabelo rizado en greco antigo) era un compinche do empresario turístico Eneas, cando andaban a organizaren cruceiros polas illas gregas. Evidentemente, Xulio César era descendente por liña directa do tal Iulo. Home non.
Aínda que todo apunta que descendo de Decio Xunio Bruto e do caso amoroso que tivo coa sacerdotisa raíña Lupa (Luparia), en 137 a. C., non deixa de ter interese a liña argumental que Vde. achega. Ben seguro que a tal Srta. Cecilia foi descendente por liña directa do froito do amor entre Bruto e Luparia.
MMMMMMMMMMMMMMMM.
Ou sexa: Podo dicir que os meus devanceiros son Rómulo e Remo, a loba romana, domna Luparia, a raíña Lupa, Décimo Xunio Bruto, Iulo (o encargado aquel de Eneas), Xulio Cesar…
Ah, e un português.
Saúdos, don Arume.
Our Motto: "Contención".
Arume, cónteme algunha cousa e fágame rir. Estou un tanto angustiado.
Habiendo regresado mi nieto de la guerra bilingüe con fiebre muy alta, y temiéndonos lo peor, porque no daba bajado, nos encomendamos al Santo y la fiebre bajó; al final no era el ántrax sino fiebre aftosa. Envíase donativo. Concha Medela, Las Quintas, Lobera, Galicia (Bande).
Xa lle gustaría ós nazonalistas detractores do bilingüísmo que Galiza fora bilingue. Podían darse cunha pedra nos dentes.
jeje...
Da Coba é un devilciño...
Publicar un comentario