Porta atlántica. Camilo Nogueira ve en Galicia a porta atlántica a Europa
Para o político e economista, as relacións do país con Portugal ofrecen novas posibilidades de desenvolvemento (M. Dopico)
Para o político e economista, as relacións do país con Portugal ofrecen novas posibilidades de desenvolvemento (M. Dopico)
3 comentarios:
Non lin ningún destes dous novos libros de Nogueira, que sen dúbida conterán moitas cousas de interese. Hoxe vinos nunha libraría e boteilles unha breve ollada.
Ora, en principio eu non comparto a seguinte tese: "O Estado é máis obstáculo que Europa para o noso recoñecemento como nación". Aínda que todo depende do alcance que lle queiramos dar a tal recoñecemento. Se este implica independencia e estatalidade propia, penso que a UE non estaría polo labor, e por moitos motivos.
En todo caso, coido que tal tese é un brinde ao sol.
A independencia (e a conseguinte estatalidade) nin está na axenda política actual -nin na do inmediato futuro- nin tampouco é unha preferencia da cidadanía galega, tal como amosan reiteradamente todas e cada unha das enquisas que se levan facendo dun modo periódico desde hai case de tres décadas.
Ai Camiliño, camiliño.
Xa che pasou o sol pola porta.
Publicar un comentario