28 jun 2008


Caos informático.
PAN POR PAN venres 27 xuño (Imaxe de
Minority Report)
Falando de apocalípticos, que é o tema destes días tamén no meu blog, Xohán da Coba relembrou o nome de Alvin Tofler, un home que vendeu moitos libros, pero que non acertou demasiado nas súas predicións: aventurou que xa no ano 2000 os centros psiquiátricos estarían saturados de persoas incapaces de adaptarse ás novas tecnoloxías. E lembrarán o barullo que se montou co efecto 2000 nos ordenadores, que logo quedou en nada. É o medo ás máquinas e ó poder hipertecnocrático: como ese heroe perseguido en “Minority Reporet” que ten que operarse e cambiar os seus ollos, que son un código de barras de control policial. Na mesma liña van novelas de ciencia-ficción como “O home terminal”, de Michael Crichton: un home ó que lle converten o seu cerebro na terminal dun computador, o ser humano convertido en apéndice da máquina, un novo Frankestein.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Encantado de que me cite no artigo,Marcos.

Pero saiba tamén que pode votar man de calquera dos meus comentarios en calquera dos seus escritos, si o considera oportuno, sen citarme para nada, nin implícita ni explícitamente, e sin que me importe en absoluto. As ideas saen de un, pero non son de un. Teñen vida propia desde que nacen.

Anónimo dijo...

Xoan é vostede un encanto. ¡ay se soubera cociñar!, ainda podiamos facer algo xuntos.