8 jun 2008


A MEMORIA RETIDA (5)
O PAI MIÑO (La Región 8 xuño)

Dous libros recentes fannos volver a mirada ó Miño: a novela de Julio López Cid, “El río”, e o poemario gañador do último Cidade de Ourense, “Miño”, de Francisco X. Fernández Naval. Pero o certo é que o pai Miño sempre estivo aí. E poetas e narradores sempre esculcaron nos seus misterios. O río flúe nos versos vangardistas de Eugenio Montes, na novela “O bosque das antas” (de Fernández Naval), en moitas páxinas de Bieito Iglesias e en poemas de Víctor Campio, Otero Pedrayo, Manuel de Dios, Augusto María Casas, Vázquez Naval, Millán Picouto, entre outros.
O neno que foi Carlos Velo deixounos na súa “Memoria erótica” o eco das lavandeiras e campesiñas que se achegaban ás súas beiras: nas súas carnes entrevistas o neno imaxinaba o engado pecaminoso das grandes actrices das orixes de Hollywood, como Clara Bow ou Perla White.
E sempre foi lugar central de sociabilidade e lecer, memoria íntima de descubertas. Como ben reflicte esta foto dunha barcaza no medio das súas sedutoras augas, ás veces tan perigosas.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Oira?. Podedes confirmar os Aurianos se estas "barcazas" se colocaban en Oira?. Antes da existencia das piscinas.
Que pasaba co encoro de velle?. Estaba feito ou non, nesa altura?.

Ate jà.

Anónimo dijo...

¿Aurianos son os habitantes de Oira?

Anónimo dijo...

¿E onde está Oira?

Anónimo dijo...

"Doctores ten a Igrexa" neste blog, Don Pepe Preguntas ("Mr.Asking Joseph"), pero teño entendido que "Oira" e "Ourense" comparten orixe etimolóxica.

Oira é un lugar na marxe dereita do río Miño, á súa chegada a Ourense. Houbo ó parecer un importante castro prerromano, e algúns pensan que alí estaba o asentamento romano inicial que daría lugar a esta cidade.

Anónimo dijo...

Auríferas pepitas eran alí bateadas.
Eso dín. No sil parece que aínda hai amadores que batean nos seu tempo de lecer. (Na quinta provincia, Bier-zoo).

Hai restos de minería romana moi visibles máis arriba en velle.

Creo que esas barcazas que vedes na foto eran unha forma de acceder ó río e mergullarse nel. En oira. Unhes poucos km. augas arriba de Ourense . Aghora fixeron un encoro (velle) e como dín na miña aldea unhas "pezinas".

O de Aureanos foi unha brincadeira, disimuládeme pero eu aturo mal os poetas qeu lle chamane "Auria", á cinsenta e desabrida cidade de Ourense. Poetas íncubos con melíflua voz de P. Unha vez metínme con eles chamándolles , eunucos e edípicos. Mantéñoo.
E quen foi o primeiro en chamarlle así. Blanco Amor?.

Eu cheghei a esta má cidade, bastante hinóspita e moi sucia con 11 anos e non coñecín os tempos das lampreas machear ó lado dos salesianos, da entrada do anguiacho qeu fosforescía na noite, nin dos sábalos e salmóns remontando o río, nin o tempo das barcazas.

O mono blanco.

Anónimo dijo...

Pepe preguntas é moi pesado.

Anónimo dijo...

¿E logo por que o di?