29 sept 2008

Balada para encetar o Outono. (Tacho).
Fío Musical 33.

Ariel Rot e Mclan _ Me estás atrapando otra vez



75 comentarios:

Anónimo dijo...

A min préstame o pop-rock de Mclan e Ariel Rot (irmán da Cecilia, que tanto lle gusta ao Marcos... e a min tamén: he, he).

Anónimo dijo...

Que velliña está a Telecaster de Rot. Onte falando cun amigo músico púñame ao corrente que as guitarras dos 70, as que quedan, a maioría nun estado lamentabel son as mais cotizadas na actualidade. As madeiras eran mellores, e o magnetismo das pastillas non ten ao parecer hoxe competencia, teñen un son único, agarrador.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Desde que soubemos que Steve Jobs escoita a música nun tocadiscos, todo cambiou.

Anónimo dijo...

Hoxe en día, especialmente a casa Fender, fabrícanse guitarras Vintage, que son unha copia case exacta das dos anos cincuenta e sesenta. Mesmo as envellecen e as rachan un pouco aposta, para que parezan moi troteadas (igual que os rotos dos pantalóns vaqueiros). Non sei se a que usa Ariel Rot será unha desas. Un excelente guitarrista o arxentino, de elegantes e certeiros fraseos.

Anónimo dijo...

Esa peza dos Mclan, como é que se chama, "A sopa fría", penso, é preciOsa, bonita, suxerente, chea de música e humor retranqueiro.

Algún fragmento de acordeón parece máis propio de Sebastopol que das nosas latitudes.

Que linda canción!

Co permiso dos comuneiros de Stonehenge, vai vencello á peza:



ESCOITEI HOXE ESTA PEZA, EN PUXEDO, LOBIOS, RA RAIA, UNHA ALDEA A UNS MIL METROS DE ALTITUDE.

SAÍA DUNHA CASA, NA ALTURA EN QUE PASABAN POLO CAMIÑO UNS ESTRAÑOS VERTEBRADOS, VACAS E OVELLAS, CREO QUE LLE DIN.

O SON DO ACORDEÓN PÚXOME SAUDOSO... O FOLCLORE DE PUXEDO UTILIZA MÁIS O ACORDEÓN QUE A GAITA!

UN HOME LEVABA UN FEIXE D'HERBA ÁS COSTAS. O HOME LEVABA TAMÉN, NA CABEZA, UNHA VISEIRA QUE LACONICAMENTE ROTULABA

IRON MAIDEN

Anónimo dijo...

A orella dereita do seu rato está xorda, drug moi Medela.

Anónimo dijo...

Pois vai esta do Outuno, que a compuxen eu:PREMER.

Anónimo dijo...

Esta versión de M-clan, que orixinalmente cantaba aquel escocés hortera de magnífica voz rota, tamén está moi ben.

(Dedicada a Jim Morrison, fan do escocés)

Anónimo dijo...

Seguro que algún de vostedes coñeceu algunha vez a unha doce Carolina. Eu tamén.

(Dedicada a Ana, aló no Pleistoceno)

Anónimo dijo...

Déixanme vostedes un tanto perplexo coa súa devoción por estes cantantes (sic).

Anónimo dijo...

Pois si, Arume. Xa ve que somos unha caixa de sorpresas... ou unha matriuska rusa.

Anónimo dijo...

Encántame Maggie (a letra é moi boa), Rod Stewart e a versión de M-Clan (excelente a voz do cantante; canta en agudos como se nada). Tamén me gusta moito Carolina, Ariel Rot, Tequila, Calamaro e todos os que teñen boa voz rockeira. Agora mesmo estou abaneando entre Downtown train de Tom Waits versión R Stewart un par de semitons máis baixa e un cantante alemán de letras un chisco máis densas e mesmo pesadas, Carl Schmitt. Gaña Tom Waits por goleada. Gracias pola dedicatoria, Api. Unha boa elección.

Anónimo dijo...

Teño que saír o rescate.
Por favor Da Coba, cólguelles a estes indocumentados algo de Van Morrison, para que se vaian culturizando.

Anónimo dijo...

Maggie May é unha bonita canción, sí. Eu prefiro a versión do Rod, anque os Mclan defendérona ben. Teño un amigo que ensina música, e usa ás veces a melodía vocal de esa canción como exemplo de pentatónica maior. Unha octava exacta de quinto a quinto grau.Curioso.
Hoxe levnatéime rokero, Delapierre: PREMER.

Anónimo dijo...

Tamén me gusta Van Morrison, sobre todo para escoitalo cunha malta escocesa na man, unha noite de inverno. Pero ás veces paréceme moi técnico e singular (o seu fraseo é inimitable), pero un pouco frio. !Cómo me gustaría que me dese clase de guitarra o seu amigo, Da Cova! Mágoa que vivamos en cidades distintas...

Anónimo dijo...

Naturalmente que tamén me gusta Van Morrison, que unha cousa non quita a outra.

Amigo XDC: Rory Gallagher son palabras maiores.

Anónimo dijo...

Máis Rod, anque sei que prefiren a versión do Cat Stevens:Non podedes empezar sin el!.

Anónimo dijo...

Esto si que é rock 'n roll.

Anónimo dijo...

Para encetar o outono, o inverno, a primavera e calquera verán: Banda Ionica.

Anónimo dijo...

Saben, cantas tardes-noites me lembra esta última canción no Quijote en Sanxenxo.
Tiña no meu Sinca 1200 a cinta do Atlantic Crossing do Rod, día e noite nese verán da amnistía do século pasado.


Esto, para ela, e para a Lanz(s)ada

Y tu...
Quien sabe por donde andarás
Quien sabe que aventura tendrás
Que lejos estas de mi
De mi

Anónimo dijo...

No Delfín azul, Delapierre?

Anónimo dijo...

Pois logo, esta pra o Delapierre:PREMER.

Anónimo dijo...

Non sei se despois se chamou Delfín Azul, o que sí sei e que entre o Rod e ó Europa de Santana case acaban conmigo-contigo-consigo.

Anónimo dijo...

Esta Rosa Branca vai, naturalmente, para o Saavedra, gran degustador do fado.

Anónimo dijo...

Como están de vesións, a ver que lles parece esta

Steve

Anónimo dijo...

Tanta ensalada musical da cona e ninguén saca á palestra "¿...quién dibujó laa rías de tus paisajeeees, quién puso en tu linaje la vida errante del afiladooor????". Teño que vir humildmente eu a pór as coisas no seu sitio, ditasexa.

Anónimo dijo...

Esta non é unha versión
kraanerg

Anónimo dijo...

Para o señor Puchesi Boedo:

CARA B DE
"A Santiago voy",
1966

Anónimo dijo...

Medela: mellor que James Brown!!!

Anónimo dijo...

Siiiiiiiiiiiiiiiiiiii!!!!!!

Encontrei o single orixinal, por unha afortunada casualidade, nos arquivos de Radio Allariz.

E celebro que alguén o pendurase en youtube.

Saúdos, Apicultor!

Anónimo dijo...

Mellor que James Brown?, meus, que chovinismo!
O grande James Brown

Anónimo dijo...

Grande, Mariza. A miña achega: a ver que lles parece, Apicultor e o resto, estoutra Branco.

Un saúdo apuradísimo.

Anónimo dijo...

Como di, Saavedra, un que a comenta con tino, "uma invulgar voz transparente e melodiosa...até parece o canto de uma sereia!"

Anónimo dijo...

Amigo Arume: Hai tempo que non falo con Vde., e quería comentarlle apenas unha cousiña:

Lembro aqueles días, de rapaz, en Lobeira.

Aquel calor asfixiante de principio de agosto... Aquelas tardes interminables só 'cortadas' polo rezo do rosario.

Aqueles días en que nada acontecía nin deixaba de acontecer.

Ben, si, pasaba un Opel Kapitan, a moto-sidecar da Benemérita e a bicicleta do fillo do presidente da 'Hermandad Sindical de Labradores y Ganaderos'.

E as galiñas a abrir as alas para espaventar o calor.

E as táboas do falso teito a renxer: 'Cric' 'Croc' 'Txas'.

E algún labrego á espera da auga para regar o millo.

E as mozas a procurar na radio o dial onde emitían "Simplemente María".

E o vento a mover as espigas dos campos de pan.

E o aviso da telefonista: "Clamores, chámate ás oito o Indalecio de Venezuela".

E non sei por que, mais relaciono aquelo co estado actual do blog.

Hai algunha cousa... Non sei... De silencio expectante... De que vai acontecer algo explosivo... Esa calma que precede ás tempestades máis intensas... Esa calma de ollares de esguella, de electricidade estática, de futuro primitivo, de sincronicidade.

Saúdos, amigo Arume!

P.D: Esquecía, sempre estaba presente (ou presentemente ausente), un português de ollar desafiante, dentes brillantes e barba por facer.-

Anónimo dijo...

Mclan e Ariel Rot, son músicos moi blandiños, a min deixanme como antes de escoitar as súas pezas,a mariza semella fado descastado, algo fan... sí... Prefiro o silencio

escoitase

Anónimo dijo...

Home, pois qué quere que lle diga. Eu prefíroos antes que a Xurxo Souto, que seica conta co seu beneplácito, a teor das súas entusiastas palabras noutra entrada. Pero en gustos, xa se sabe, ten que haber de todo. O silenzo, xaora, non é mala opción.

Anónimo dijo...

Era Varese quen dicía que temos os pes no noso tempo e o oido nun siglo antes. Hoxe quizais non tanto, pero mairitariamente semella que quedou preo no fragmento dos sesenta.

Berio

Anónimo dijo...

Estimado Apicultor, a min musicalmente Souto non me dí nada, e padezo como calquera o seu chunda, chunda, outra cousa é que aprecie a súa laboura como animador cultural.

Anónimo dijo...

Non, se ter eu non teño nada en contra dos gustos musicais de ninguén. Pero non atino a entender moi ben como se pode "apreciar o seu labor como animador cultural" dun determinado tipo de música que, ao mesmo tempo, non lle di nada musicalmente.

Anónimo dijo...

Souto dalle ánimo a moitos novos músicos, que é o que precisan para desenvolver os seus talentos, que pode que nun principio, non brillen demasiado, ou estar cubertos pola moda musical, ou a dependencia económica.
Para o apicultor este vello tema por un dos meus musicos favoritos.
Bill Evans

Anónimo dijo...

Para Fonseca, que le todos os días o blog, adícolle este outro que lle escoitei a el, un día perto do outono.

autumn leaves

Anónimo dijo...

E para todos antes de irme a durmir, estes extraordinarios fraseados de gloria´s tep

Anónimo dijo...

agora:

gloria´s step

Anónimo dijo...

Don Jimi: Esta peza soaba, de maneira obsesiva, cando era eu pequeniño, en Lobeira.
Repare en Eduardo Rodríguez, segundo pola esquerda. Acabaría tocando a guitarra en "Triana".

PARA SU NOVIO INDALECIO QUE ESTÁ CUMPLIENDO EL SERVICIO MILITAR EN LA BRIGADA PARACAIDISTA DE ALCANTARILLA, DE SU NOVIA CASTORA, PARA QUE VUELVA PRONTO A CASA...

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Xurxo Souto, o Kusturica de Monte Alto.

Anónimo dijo...

Grazas pola dedicatoria, Jimy. Magnífica escolla, abofé. A ver, logo, que lle parece este tema que tamén lle dedico.

Anónimo dijo...

Insuperables Los Payos, camarada Medela. O leixaprén (sic) é único.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu tamén sinto coma vostede, amigo Medela. Eso que vostede describe coma ninguén é material de alto voltaxe para o comezo dunha película de David Lynch.
Hai Twin Peaks nesa serra? Está libre Badalamenti ou Morricone para sonorizalo?

Anónimo dijo...

Ufffffffff

Tal vez Antonioni, da etapa "Blow Up". Aínda que John Ford, con guión de Bárbara Cartland...

Banda sonora? As pezas que penduran aquí os cabaleiros de Stonehenge. Se cadra, acrecentando Ana Kiro, Residents, Cabaret Voltaire, rarezas dos Pink Floyd, Os Tamara, e, evidentemente o Ossian-Syd Barret do celtismo inmovilista: Xurxo 'Kusturica' Souto.

Que ben me cae este rapaz!
Non o podo evitar.

Saúdos, amigo Arume, alégrome de miralo e de que me comprenda.

Anónimo dijo...

Xa, xa o sei.
inmobilista, con 'b'.
En português coexisten no lexema 'b' e 'v'.

Non se pode dicir nada...

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Twin Peaks.

Anónimo dijo...

Jimy: Tiña que ver aos MClan, fai anos, cando non eran famosos e actuaban pra unhas poucas dúcias de persoas no Rock-Club de Ourense. De blandiños nada. Logo, si quixeron vender, tuveron que ablandar. Que no mercado non caben moitos "duros".

Medela:
"Simplemente María" estaba ben. Pero onde estuvera "Lucecita", que se quitara.
A mín chamábame a atención, naquelas radionovelas de entón, que moitas delas foran escritas por un tal "Güiliam Xespir".

Anónimo dijo...

Dacova é GOD!!!!!!!!!!
JAJAJAJAJAJAJAJ
JAJAJAJAJAJAJAJJAJAJAJ

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Novo Disco de Bob Dylan.

Anónimo dijo...

En gustos musicais, como noutros terreos, teño o temor de ser bastante plebeu. Gústanme cousas moi distintas e variadas que seguro farían levantar as cellas de Steiner (é curioso, tamén X. Luís Méndez, o presidente de Caixa Galicia,ten ese mesmo tic), nun aceno de arístocrático desagrado.Debe ser por iso que me gusta R. Stewart. E esa debe ser tamén a razón pola que non me acaba de emocionar o jazz, música máis "noble" (dentro do que poden aspirar os autodidactas sen capital cultural en música de conservatorio, que diría o meu admirado Bourdieu). En fin, que son un hortera. Que Steiner me disculpe.

Anónimo dijo...

Sempre que falan do Steiner tardo un anaco en saber do que falan. ESe nome téñoo demasiado asociado ao teorema do mesmo nome. A miña mente, en vez de xirar arredor do tema axeitado, xira arredor dun eixe alonxado do centro de gravedade do asunto.XDD.

Anónimo dijo...

A vostede, Da Cova, pásalle con Steiner o mesmo que a min co PC. Cando escoito esas siglas sempre penso no Partido Comunista.

Anónimo dijo...

Grazas pola adicatoria Apicultor. Camino visita con frecuencia Ourense e ten todo un club de fans. É un pianista virtuoso que sempre remata tirando ao son, cando non se vai polas veredas sincopadas dun bolero.

Jim, xa sabe o que dicía Bourdieu sobre o gusto e as maneiras na mesa.

Arume, o seu sen dúbida é Dylan, debe resumir para vostede unha longa experiencia imaxinada.

Da cova, ao longo desta semana estarei por Ourense, e xa o avisarei para deixarlle o libro.

Medela, tira vostede a postverbenaa como cabra ao monte.

O señor Delapierre pode tirar ao blues, ou non?

Anónimo dijo...

Esta pra o Medela, pra que a baile no lento da verbena:PREMER.

Y esta, tomando algo coa moza no bar de Lobeira, principios dos oitenta:PREMER.

Anónimo dijo...

I esta, pra o Arume:PREMER.

Anónimo dijo...

I esta, pra o Delapierre:PREMER.

Anónimo dijo...

I esta pra o Jimy:PREMER.
No teño guitarra a man, pero está en RE, como todas as do disco.

Anónimo dijo...

Eu agora estou a escoitar a CSN&Y.

Si, Jimi, Michel Camilo vai moito por Ourense. Precisamente un amigo meu, cuxa filla estuda piano non conservatorio, non hai moito colleu un rebote considerable cando non a avisaron de que ía dar unha clase maxistral no auditorio do mesmo conservatorio, aberta ao público. O conservatorio d´Ourense ten, ao parecer, un funcionamento que deixa moito que desexar.

Anónimo dijo...

Esta para Dacova.

Seica experimentou certas dificultades para bailar cunha moza nunha verbena en Rebordechao (tal vez Chaguazoso, na Mezquita -as fontes documentais non coinciden-). O ritmo da peza é mesmo adoecido. Rápido para bailar o lento. Lento talvez para bailar en plan Travolta!!!

As súpetas mudanzas de ritmo... "Esa niña que me mira", esas condenadas mudanzas...

Ben, todo se solucionou con boa vontade, unha chisca de disimulo e a mocidade, que pode con todo. Axudou un bendito cortocircuíto que deixou o torreiro da festa ás escuras.
jajajajajajajaja


LOS PUNTOS, 1974. "ESA NIÑA QUE ME MIRA" REALMENTE, QUEN OLLABA PARA ELA ERA O GLORIOSO CAMARADA DACOVA...

Anónimo dijo...

ALMANZORA, -EX-PUNTOS-, EN PLAN JEFFERSON AIRPLANE (OU RAINBOW), PARA O AMIGO APICULTOR

Anónimo dijo...

Sr. de Rairo, de blues, nada, rojiblanco. ;)

Anónimo dijo...

Caro amigo Delapierre:
Teño unha terríbel sospeita. Creo que algún dos contertulios da Solaina é o cantante dos míticos CAMELA.

Por favor, repárese atentamente nas primeiras frases do elegante cantante da devandita orquestra e a réplica da sua estilosa partenaire, alcumada a Venus dos cochitos eléutricos.

Velaquí o misterio:

VIVA SAN FROILÁN, VIVA LUGO, VIVA O SEÑOR DELAPIERRE E VIVAN OS COCHITOS ELÉUTRICOS!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Dilecto MEDELA, "A Santiago voy" arrincoume bágoas coma estrelas que ata chegaron a Rianxo e non me mollaron porque ía eu co meu paraugiñas, máis ou menos, pero non sei quen citou asemesmo a Crosby, Still, Nash e Youg (coido lembrar que, posteriormente, Jerry García atracou no grupo) e aquel hino que era "Marraquesh Express" aínda logra que este corpiño xeitoso que Deus me deu e tanto louvou Andrés Dobarro, consiga ereccións (fraudulentas) por aquelo da saudade dun tempo que non foi mellor pero era menos alopécico, aKilatado e flexible coma vimbio, ai de mín. Gracias, señor Medela, e gracias asemade a quen nomeou a CSN&Y.

Anónimo dijo...

O Jerry García non chegara a ter un grupo de fans fanáticos que chegóu a constituirse en secta?. Seguíano a todos os concertos, e creían que o son da sua guitarra eléctrica era a voz de Deus?.

Anónimo dijo...

Non sei se Jerry García sería de orixe galega, fillo dun emigrante, penso.

Por Allariz anda o rumor, entre os seguidores da música pop, de que o pai do tal Jerry era allaricense.

Aínda que o pormenor de o pai ser galego, allaricense ou uzbeko non ten a menor importancia.

Saúdos.-

Anónimo dijo...

Grazas a don Chesi polas súas delicadas, agarimosas, lisérxicas, psicodélicas e eufónicas.

Grazas por escribir "Las estaciones...".

E gustaría que don Chesi entrase moitísimo máis no foro, porque me provoca risa nerviosa e imparable, e adoro o persoal que me fai rir, neste mundo cheo de poses serias.

E encontro de menos a don Leituga One e as simpáticas señoritas Eu Mesma e Doniña, a quen quero como se fosen as miñas primas segundas.

E a un dos anónimos.

E unha persoa (unha 'crack') que entra no blog, para que se anime a escribir.

ANDRÉS DOBARRO E CONCHITA VELASCO. O NIRVANA. O WALHALLA.

Anónimo dijo...

Grazas a don Chesi polas súas delicadas, agarimosas, lisérxicas, psicodélicas e eufónicas PALABRAS

Anónimo dijo...

Grazas D. Julio por terme atopado parecido con semellantes croios.
Sr. Medela, a que está cheirando algo....sanfroilán...., a que sí.
Atinou.
Terá novas polo canle prevista nos casos de Intelixencia plus ++++.

Anónimo dijo...

Xa que nos pomos versallescos coa gratitude, monsieur Medelá, prégolle que me retire a gracia do "don", que da estirpe dos Xosé Marías (sen incluir a don Javier -ese si- e mesmo ó seu pai, d.e.p.), só son merecentes de tratamento tal os egrexios, a saber: José María Gabriel y Galán, José María Pemán, José María Aznar e (san) Josémaría Escrivá de Balaguer, marqués de Torreciudad. Eu sonlle un ninguén que aspira a seguir sendo un "ti" de tasca, beirarrúa, ribeiro, non máis. Sempre seu (de fronte, non de cú).

Anónimo dijo...

Moitas gracias Jimy de Rairo pola súa dedicatoria. A versión de Bill Evans de Autumn Leaves é ben fermosa. había tempo que non a escoitaba. Lamentablemente ando un pouco apartado do Jazz e dedicado a outas lerias, como vostede ben sabe. en fin unha aperta e ata pronto. Non contestei antes porqe non me entraban os comentarios, pero xa conseguín arranxar o asunto.
Xoán Fonseca..