29 sept 2008


Socioloxía do autobús,
de Marcos Valcárcel (La Región, 29-9-08)

A fotografía é da coruñesa Victoria Diehl, sobre a que escribía onte mesmo Brétemas.

A prendendo. Dende hai varias semanas só me desprazo en autobús por esta cidade. É un sistema máis lento e que che obriga a esperar de cando en vez, pero tamén se aprende algo. Como en todo o que facemos de novo na vida. Da miña experiencia nestes días voume atrever a facer para vostedes, agardando que lles interese, un bocexo de Socioloxía do Autobús. Porque este medio de transporte público ten ó seu arredor todo un microcosmos propio digno de atención.Para empezar, é obvio que a maioría dos usuarios do autobús son persoas humildes ou da clase media baixa. Nun mundo onde o automóbil é símbolo máximo de status, os máis posuidores, digámolo así, raramente soben a un autobús nos seus desprazamentos cotiáns. Entre o público máis habitual deste medio eu distinguiría tres sectores ben definidos. Chamarei grupo A ós máis maiores, xubilados sobre todo, que collen o bus para acudir a citas médicas, ir coidar os netos ou, sinxelamente, dar un paseo cos amigos á solaina da Alameda. O grupo A é maioritariamente galegofalante e entre os seus viaxantes non é raro aínda escoitar a expresión ‘imos coller o carrito’, que garda a cerna dos sabores emotivos doutros tempos.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Hai un libro, titulado Circular 07 de Vicente Luis Mora (hoxendía director do Instituto Cervantes de Albuquerque) que é o resultado de coller case a diario a mesma liña de metro en Madrid, apuntando conversacións, xestos, anécdotas e outras situacións que se dan nos transportes colectivos. Ten o seu interese ó fío do texto que Marcos publicou na Región, ourensana coa mín.

Anónimo dijo...

As súas observacións trouxeron á miña memoria un ensaio de Ortega y Gasset, "Estética en el tranvía". É curioso que agora, aparentemente, se faga menos que antes o que Ortega di que todo español varón fai de modo irremisíbel nun tranvía: dirixir unha ollada de especialista ás mulleres compañeiras da viaxe. A derivación ética e crítica desa conduta é interesante na argumentación do pensador. A chave radicaría para el no feito de non haber modelos únicos de beleza (feminina, artística...). O modelo aceptábel non sería senón o propio proxecto de ser de cada cousa, persoa ou obxecto artístico. Ortega está claro que fracasou nesta proposición, que nalgunha medida aspiraba a contrapoñer á estética kantiana. Nos tranvías hoxe existen só modelos de conduta, modelos de forma de ser. Só as mulleres caladas, só os homes que viaxan en silencio, só os cativos non conectados a algún reprodutor levan na faciana un aire de ser eles, diferentes, resistentes á modelación.

Anónimo dijo...

E en que falan as que viaxan caladas?

Anónimo dijo...

Cagho na foto

Anónimo dijo...

Que lembranzas dos tempos en que ia coller o carrito debaixo da alameda para ir a San Cibrao das viñas os sabados xunto o meu avo que era o unico lector do mundo que lia El Quijote sin a primeira ,frase xa que o seu libro que levab a leira faltaballe esta.
Gustavo Peaguda

Anónimo dijo...

Temos tamén o texto de Josep Plá, "Un viaje en autobús", creo.