Stephen Hawking
andoliña 26-9-08
A presenza dun científico da talla de Stephen Hawking en Santiago prestixia tanto a propia Universidade como a cidade de Compostela e toda Galicia no seu conxunto. Grazas, pois deben ser dadas, a Jorge Mira e a todas as persoas e institucións que posibilitaron esta visita, que debeu ofrecer de seguro infinitas dificultades.
Disque Hawking se declarou socialista (vota os laboristas e fala ben de Gordon Brown) e escéptico respecto do papel do transcendente: "A ciencia non deixa moito espazo para os milagres ou para Deus". Tampouco se amosou moi optimista sobre o futuro: cre que non se poderá evitar un desastre no planeta nos próximos cen anos e opina que algúns grandes avances, como o coñecemento do xenoma humano, xerarán co tempo unha sociedade dual, cunha raza de "superhumanos" que explotará os "humanos non mellorados". Así, a fuxida ó espazo exterior na busca de condicións posibles de supervivencia é unha opción verosímil nese contexto.
Algo que describiu a ciencia-ficción múltiplas veces, dende Huxley e Orwell ata os autores de hoxe. De certo, somos tan previsibles que non é estraño que coincidan os relatos de científicos e de escritores.
5 comentarios:
Gustáme moito que trouxeras este comentario. O que máis me preocupa é a catátrofe a cen anos vista. Teño medo. Po-lo meu fillo. A mín tamén me parece inevitable.
No tocantes ó espacio tamén me parece unha saída natural. No pabellón Chinés da expo de Lisboa, eles viñan a tranquilizarnos decindo que nunca tiveran veleidades imperialistas, pero sí afirmaban contundentemente que tiñan postos os ollos no espacio.
Xa se vé.
Soño con unha terra, casa dos avós, nós, toda ela parque natural, e os netos peghándose pepinazos no espacio. Se queren vir cear na fin de semana, deixámolos, se non contamina moito.
Agardo que os seus pensamentos non se fagan realidade...
Penso nos meus fillos e os seus descendentes e non me gusta nada o prognóstico.
Saúdos.
Antón.
Se cadra morreremos todos dun grande peido da terra. Non é broma.
A desconxelacion do permafrost no ártico está deixando saír cantidades de metano descomunais desde 2003.
Velaquí a noticia do peido planetario no Independent, de Londres
E para os asustar aínda un pouquiño máis, outro artiguiño, tamén do Independent
Exploremos (em português), ese metano. Moita enerxía nos ía dar.
En Ourense vive un físico suizo, é da nosa edade Dr.Etxe, vive de varias patentes e publicacións. Está metido no experimento de Xinebra, ten algo a ver cos imáns do anelo xigantesco, está nun equipo que os diseñou e sigue( creo que foi o que fallou precisamente, paréceme). Este físico, boa xente e accesible, díxome que a consecución da fusión en frío é irrenunciable e factible con nivel de rentabilidade a 3o anos vista. Según él de momento a conversión enerxética (creo que é o término) é dun gasto do cento trinta por cento. Gástase un trinta por cento máis do que se produce (nos experimentos de fusión). Pero é inevitable a melloría paulatina e chegaráse a rendabilidade inexorablemente. Entón o problema enerxético quedará resolto.
Teremos para entón outros problemas, os que nos neghemos ás operacións de cirurxía estética ou a incrementar a "mamoria" estaremos fodidos (din eso). Novos virus e axentes infecciosos sen dúvida.
Según acaba de decirme o Michel, a medida que se encareza o petróleo, os inversores, os estados, volcaránse cada vez máis no perfeccionamento do proceso de fusión. De momento sigue a ser rentable sacarlle o petróleo a quen o ten.
A grandes males, grandes remedios. Virán grandes crises e grandes solucións.
Deséxolles que cumplan vostedes os suficientes anos para velo. Eu terei daquela 78 anos, se vivimos.
Publicar un comentario