Xavier Alvarez Iglesias: ‘O futuro das corais está nos mozos’
Director da coral Tempos Novos
Entrevista de Imanol Hernández en La Región 17-09-2008 (e saúdos a Xabimusic)
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
13 comentarios:
Grazas amigo Marcos.
¿E como vai esa saúde? No Instituto o departamento de Galego estaba hoxe como desnortado, como un barco sen temoneiro.
¡Tan serias eran aquelas molestias de fin de curso!
¡Anímese que temos que empezar os ensaios do noso coro!
Xabi
Amigo Xabimusic, é unha verdade indiscutible que o futuro -sexa das corais ou doutras cousas- sempre está nos novos. Por pura lóxica cronolóxica.
Claro, Apicultor. Pero qué outra cousa podería contestar o Xabier á pregunta "Qué papel xogan os xoves...?"?. E o titular escólleo o periodista.
Outros titulares que podería ter escollido o periodista , terían un moi diferente impacto mediático:
-"Estoy muy agradecido con la directiva".
-"El coro tenía un bajo nivel artístico".
-"No hay sufuciente apoyo institucional".
-"Es muy difícil que un político se identifique con nuestra labor".
-Etc.
Nada, don Marcos, outra vez aquí, en Karakalpakstan. O bo logo acaba…
Ouviu, señor, a miña tía-avoa Macrina Medela, (a que casou en Xacebáns de Quintela de Leirado) que é ben boa muller, alén de madriña de pía bautismal, envioume un lote de produtos do país. E iso que só a vin cando lle fun tomar a copa o día da festa. Fuxín espaventado así que Silvia Pantoja deu en latricar, no torreiro:
“Amigos de Jasebanes, hase un poquiyo de frío”.
El horror, don Marcos, el horror!!!
Cóntolle, don Marcos: Unha ducia de chourizos envasados ao vacío, unha ducia e media de ovos da casa e un litro de sangue conxelado de porco, envasado nun casco de gasosa Troitiña, aquela mítica industria de Bande, infelizmente engolipada pola funesta globalización. A garrafa reza, literalmente:
“Bebidas carbónicas TROITIÑO. Bande, Orense. Telefno 14. Elaborada con productos de primera calidad. Edulcorante autorizado por la DGS. Número de fabricante xxxx. Tómese muy fría. Prohibido su rellenado por otra fábrica que no sea la titular. Esta botella en poder de otro fabricante se considera ilícita según O. M. 22-2-1958”.
Alén da impresión que me ocasionou a repoluda troita (logotipo emblemático da firma) fiquei pampo cando souben que as botellas de gasosa poden chegar a ser ou non lícitas. Sabía da existencia das persoas físicas, das xurídicas, das Tres Persoas da Santísima Trindade… Non sabía que as garrafas de Bande podían ser lícitas.
Ao conto, don Marcos. Vostede, como home experiente que é, ben sabe o que poden chegar a ensarillarse as cousas. Vai ver. Escoite. Chego á pensión, onde tiña por riba da cama o billete para recoller o certificado, no posto dos Correos de Nukus. Co corazón nun puño, pois pensei que era unha multa de tránsito, cal non sería a miña sorpresa cando vexo un par de policías de paisano que me identifican, solicitan o permiso de traballo-residencia, todo porque a condenada da botella partira e estaba o envoltorio todo manchado de sangue. Xa me vía no avión, repatriado rumbo a Bucareste, ou se cadra na cadea…
Ben, só á miña madriña, Macrina, se lle pode ocorrer o enviarme unha botella de sangue de porco. Xa non temos boa sona, porque non queda estatua de Lenin por desguazar, como para que os islamistas saiban que traficamos con subprodutos do porco.
A divina providencia quixo que no posto dos correos estivese un rapaz de Ponferrada, que colecciona exemplares do ‘Principiño’, de Saint-Exupèry, en todas as linguas do mundo, (seica o ten en tupi-guarani, en tolteca- chichimeca e mesmo en innuit) que por súa vez coñece (o rapaz de Ponferrada) o cónsul honorario da República Uzbeka no Reino de España, sr. Ruíz-Morales, que se ben non quixo involucrarse directamente no sarillo, si enviou a súa muller, Holly, amiga íntima da alcaldesa consorte de Nukus, que ao aparecer nos correos, mudou o furacán Hortensia en agradable brisa primaveral e nin aceptou un café, nin nada.
Axudou o pormenor de un dos policías ser, no seu tempo libre, garda de seguridade do McDonalds, onde traballa a bonita tártara Ryma, a moza, ou amiga, ou non sei como é que se lle chama agora a iso, do colega lugués, Modesto de Cospeito. Lembra, profesor?
E por que lle conto todo isto??
Ah, é certo. A maldita botella, os chourizos e máis os ovos viñan envoltos nun exemplar de ‘La Región’. Púxenme a lelo, distraidamente, para alucinar coas necroloxías, cando reparei en que era moi, moi antigo. E pensei que a Vde., profesor, especialista en prensa arcaica, lle podía interesar. Holly, a miña marabillosa fada madriña californiana fíxose responsable polo seu envío a Galiza, en valixa diplomática, dixo. Ou sexa, que será depositado, para serlle entregado, no Liceo ourensán, don Marcos.
Desculpará o estado do xornal. Kyra Prosokova lavou delicadamente o papel e pasoulle, aínda con máis coidado, o ferro. Aínda así ten unha cor parecida á dos manuscritos do Mar Morto. Kyra tirou co viaxeiro sangue e pediume que lle brindase a botella. Agora, na sala, ao pé dun samovar que lle trouxeron de San Petersburgo, a garrafa de gasosa resplandece orgullosa e altiva. Seica é moi exótica.
Quen lle traería o samovar?? mmmmmmmmmm
Disimule, don Marcos.
Si. Seino. Contención.
Se non entro no blog, ata Jaco Pastorius me dedica unha peza.
Se entro, 'contención'.
E Kyra Prosokova que non me sae do pensamento...
Con tensión. Medela. Unha sorte telo de novo con isa súa GNG. Xa vostede ben sabe.
Grazas XDC polas súas palabras, sempre tan atinadas...
Amigo Apicultor, a verdade é que eu houbera escollido outro titular para resumir máis de media hora de entrevista. Por exemplo, a última frase: "tería que haber un coro en cada barrio" ou simplemente, destacar o motivo da reportaxe: invitar a tódolos/as ourensáns que queiran vivir a experiencia única do canto coral a integrarse no noso coro.
Xabi
Explica vostede moi ben, amigo Xabimusic, o aspecto non só meramente musical, senón de sociabilidade que teñen os coros. A idea de que haxa un coro por cada barrio é unha gran idea: as AA.VV. deberían tomar nota.
graciñas Xabimusic
Si, complicáronse aquelas molestias e durante un tempiño non poderei andar pola biblioteca nin polo coro. Agardo que poida volver á normalidade canto antes, unha aperta.
As corais son motivo de sociabilidade, sen dúbida, como non menos doutras cen actividades humanas, coma xogar ao tute cabrón (a pesar do nome) ou disertar nun balneario sobre o pib de Guatemala. O que fai distinto ás corais é o público que asiste: entregado, entusiasta e compracente. Eso é o que merece a pena, aínda que sexa a costa de arranxar catro vellos mariñeiros todos metidos nun bote coma se fose unha fuga de Bach. ;)
A ver Sr. Arume, ¿que máis podo dicir eu para facerlle mudar esa opinión tan negativa que vostede ten dos coros?
Eu non lle son ningún iluso e ben sei que hai moitas corais por eses mundos de deus que non son ningún modelo de harmonía, nin humana nin musical... Pero tamén teño vivido no coro momentos máxicos tanto de cantor como de director nos que si se toca ese ideal que eu debuxo nas miñas intervencións nestes fíos.
A lo menos concédame o beneficio da dúbida e reitero que o meu coro está aberto para tódolos que queiran experimentar de primeira man a maxia e a mística do canto coral.
Xabi
Foi brincadeira como pode ver polo discretísimo ;) que vai ao final. Coma lle dixen, vivín moi de perto durante anos a vida interna dun coro porque a miña nai facía voces alí. E podo asegurar que foi felicísima e nós disfrutabamos moitísimo cantando con ela a todas horas. Non podo falar máis ca marabillas dos coros. O meu irmán, ademáis, de pequeno, era solista (aínda lembro cando cantaba o Romance de Conde Olinos) nun coro. Pero ten que recoñecer que o repertorio podería ser máis acaído e non resultar, ás veces, un pouco pretencioso. Xa lle dixen algunha vez que os arranxos de cantigas populares é o que menos me gusta, pero hai algunhas pezas marabillosas, sen dúbida.
Non mo tome a mal, amigo Xabimusic. Teño a sátira moi metida na cabeza e non podo escapar a describir o mundo (e a min, por suposto) baixo unha máscara ridiculizadora.
Unha aperta e avise cando veña por Vigo para ir miralos.
Saudos corais para o Sr. Arume.
Xabi
Publicar un comentario