un vello debate, que segue pendente ...
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
66 comentarios:
O comentario anterior, cheo de insultos e acusacións sen demostrar, non colle nas normas habituais de publicación desta solaina. (Ademais de non ter relación directa co tema do post).
Que é unha escultura galega? Un edificio galego? Unha pintura galega?
Alegrome moitísimo po Ignacio Villar, polos seus actores e por todos nós. Pareceume unha película ben feita e máis que digna.
Bicos.
Aí che doe, ARUME. establecer a paria ou o territorio dun eido cultural é ben complicado. Pero, coaas gañas de durmir despois dunha tarde de leria, ¿onde pon un a Beckett, a Cioran, a Joyce? ¿Cómo establecer o territorio cultural dunha música, dunha escultura, dunha película cando non o determina o idioma? O asunto é ben interesante.
Que é unha película norteamericán?
Que é unha novela francesa?
unha pintura holandesa?
unha filosofía alemana?
unha pizza italiana?
un xamón da cañiza?
Moi filósofo está hoxe, Rairo.
O pensamento navarro.
Soa a broma iso de "pensamento navarro", pero non se esquezan que hai unha cátedra universitaria de "pensamento galego".
Eu ía poñer pensamento berciano, pero corteime: tamén vale. En efecto: hai lingüística española, psicoloxía siciliana ou física arxentina.
"El pensamiento nabarro", era a cabeceira dun xornal ou revista. Baroja dicía que unha das dúas palabras era incompatibel coa outra.
Mais non é o caso do Bierzo. Pola riveira do Sil, asubíase e pénsase, tópase un coa filosofía moderna, xírase neopragmáticamente e conflúese nos Peares en ascética meditación claustral e "sacra" cara Ourense, baixando o Miño, onde agardan as lampreas.
Supoño Arume que apoiara a adicatoria dun día das letras para Morales.
Hai que falar con Angueira, que é o que sabe.
Angueira é do Bierzo?
Angueira ven sendo de Manselle-Dodro, se el non me desminte. Pero é berciano, como todos, do mesmo xeito que dicía Borges que eramos romanos ("Ser ciudadano de Ginebra, de Montevideo, de Austin y (como todos los hombres) de Roma"). Pero ademáis é estudioso da obra de Morales por quen sinte unha especial estimación.
"Nabarro"? Se aínda fose Andrés Dobarro...
Gracias pola información Arume, xa coñezo os seus estudos sobre Morales, pero queria saber de onde era:
Teño sobre a mesa para iniciar A morte de A., e recurro con asuidade a Fora do Sagrado. É un escritor que entrou na miña admosfera.
"Admosfera"?
entre o b e o v, hai no teclado curta distancia, pero o resultado e unha grande variación orográfica, subir vertical o dobre da v, ou vaixada vertixinosa dende a b. Algunhas graias, son pois, orográficas, claro que non todas.
Agradezo a corrección, non todo o mundo ten un avisador tan eficaz,profesional e avesporado.
Atmosfera
Grazas unha vez mais.
Non. Si: Atmósfera.
Pois paréceme que é atmosphera.
Piada, estaba eu a brincar.
Fun ó diccionario, non vaiades pensar e vai e trae: atmosfera. Así sen til é máis ghalegho.
Señor corrector, nesta ocasión non estivo vostede atinado. É atmosfera, sen til.
E non é máis ghalegho, senón máis etimolóxico.
"Graias orográficas? Tratarase das Mádulas?
A "penícula" máis que digna.
Na escala de puntuación sería, enténdase a partir do aprobado:
-aprobado(5).
-digna.
-máis que digna.
-boa.
-máis que boa.
-notable.
-máis que notable.
-sobresalinte.
-máis que sobresalinte ou excelente
-obra de arte.
Nesta escala eu poría os xirasoles cegos en "boa", e se o Chesi rabea que rabee, aghora sei que é subxectivo. Parece que ghasta moita amistade co director.
Pero se a última película de Cuerda é boa nesa escala, a de Ignacio Villar é digna.
Perdoade é todo subxetivo.
É que como o Jimy ten o costume de poñer acento gráfico onde non se debe poñer...
Atmosfera:
Composto culto formado polas palabras gregas atmós, que significa vapor e esfaira, que significa esfera. Primeira documentación atopada en 1709. A acentuación atmosfera é a regular (así en italiano, portugués, francés...) que se respetou para formar palabras derivadas e novas: atmosférico, estratosfera, hidrosfera, litosfera.
"Algunhas graias, son pois, orográficas, claro que non todas"
Graias orográficas?
É que o Jimy é un filósofo da linguaxe. Por iso inventa palabras, expresións e o que faga falla.
"É que como o Jimy ten o costume de poñer acento gráfico onde non se debe poñer..."
Señor corrector, non me defraude, non me diga, que vou ser eu quen marque a regra, e a súa corrección vai estár en función das miñas grallas regulares.
Se vai ser así, mellor que non me corrixa porque sería un epifenómeno ortográfico meu.
Mantéñase desperto, alerte os sentidos, que de todos precisa a Santa Inquisición.
Grazas Jimmy, como ando na procura da súa identidade aghora sei que é etimólogo. Eu pensaba que pudera vd. ser o Manuel Herminio, e ese é musicante.
Verá o meu pai, que é de aldea, ten moita dificultade en rematar as palabras en "y" ou sonido "i", faino invariablemente en "e",´cando o meu fillo me trata por "papi" el refírese invariablemente ó "pape". Decateime que obedece a razóns profundas, non sei como lle chamará eso un "etimólogo ou filólogo". Aghora sei que non é erro del, é que na nosa língua é aberrante a terminación en "i".
Eu, como son vello, aínda lembro as primeiras invasións de Rosi, Manoli, Pepi etc.
Polo tanto, Jimmy, ( con perdón das súas caras, como dí o dr. Etxe), veño a supor que é a versión norteamericana invasiva. Nós teríamos que decir: O Jimme de Rairo.
E pasar de ehí a "Chisme de Rairo", xa lle falta pouco.
É brincadeira.
Na primeira "penícula" de Manuel de Oliveira: "Aniki-bo-bo", o neno dílle á nena:-"Teresinha, queres brincar comigo?", moi engraçadamente com sutaque. Por xogar.
Eu dígollo as "colegas", se dín Non , explícolles o da película, para non quedar mal.....
Tampouco dín sí, botanse a rir.
Ou sexa: canis lupus auriensis non se come unha rosca.
Estimado Lupus Aurienses.
O sistema vogálico galego en posición tónica ou pretónica ten sete vogais. a, e aberto, e pechado, o abero, o pechado, i, u. En posición postónica o subsistema vogálico reducese a cinco fonemas vocálicos, a, e, o i, u. En posición átona final, absoluta ou trabada por s, o subsistema redúcese a tres, a, e, o. O seu pai que non é neofalante ten toda a razón.
O Jimy, vén directamente de Jimmy, co tempo dará, se todo vai ben, en Jime, Ximiño, e quizais se integre algún dia en Xaimiño, pero o salto a chisme é de moita violencia etimolóxica, fonolóxica e ortográfica, mais todo cabe.
Nafarro, naharro, naarro, narro, nabarro, navarro,
A min a vogal que máis me mola é o "o abero".
Hox deb anda o ladró d letra polo ordenata.
o "o pavero"
E por que demos tiña eu que rabear porque alguén dixese de "Los girasoles ciegos" que é boa (non notable, ni moi boa, nin excelente)??? Resulta curioso o funcionamiento do cerebro: como X coñece a Y e Y fai unha obra que a mín non me gusta, se critico a Y, X vaise alporizar. Conclusión que nos leva dos berros guturais dos simios á filosofía de Jaime Peñafiel, alomenos.
Coa falla do "e" (na traducción en castelán do "a") fixo Perec unha novela-coñazo, "La disparition" en francés (en todo o texto non aparece a vogal e), "El secuestro" en castelán (non aparece o a). A verdade é que G. Perec é unha das miñas debilidades, tanto en "La vida instrucciones de uso" como en "Gabinete de un aficionado" (incluso obras ó meu ver menores non deixan de gustarme e sinto debilidade polos textos de "Me acuerdo" que hoxe repiten moitos escritores novos) pero o exercicio de autoestima que-brillante-son-cajonacona-esto-so-o-fai-un-francés-e-un-francés-intelixente-coma-min de "El secuestro", resultoume ben ben coñazo.
Recados "varius, multiplex, multiformis" ( M.Y.):
Evidentemente dr.anónimus das 02:27H. Haberá que mudar de táctica, ou cambiar de palabra. Pode ser "trebellar" de Martín Sarmiento, ou "tumbar" (no meu "pueblo"). Os brasileiros dín "topar, curtir". Vos que sodes maioritariamente filólogos por estos lares, ou lectantes, ou escribidores, sabedes ben que as palabras son moi importantes; determinantes. Eu estou en proceso de aprendizaxe. A culpa é das palabras, son claves, nunca mellor dito, "chaves" de acceso.
Algún ilustre nesas lides podería procurarme "claves" para "esborallar muros de fraterna defensa", (D.X.C.)
Chessiño, estamos a brincar, (em português). Pero tamén é certo que un é moi sentidinho, e se un non utilizase o humor non aparecería por eiquí ata que a "mamoria" o eclipsara.
Anónimo das 02:27:00H.
Tamén poderíamos convir un novo código coas risas, para evitarmos o sí que tanto costa. Así, se rise dun determinado xeito, ou con determinada intensidade, poderíase considerar un sí non tan evidente, con un significado tanxencial; como decía J.A.Valente que tiña que ser a poesía.
Eso quere decir que eu non teño porque frustrarme, é que me responderon en poesía e eu non controlaba o código.
Fódase.
Grazas, moitas grazas.......
O mérito sería escribir "A desaparición" en castelán. A letra "e" é a máis frecuente. Nun texto cifrado "por sustitución" pódese saber a qué letra corresponde cada símbolo pola sua mera frecuencia :PREMER.
Aiquí están as proporciós no Quixote. O Arume debe de sabelas:PREMER.
Levo un anaco tratando de lembrar un nome eufemístico do lobo, que non é "o das orellas", e non o lembro. Axúdeme Canis Lupus Pretus.
Alucinante o do Quixote, amigo DA COVA: faríano con medios informáticos, supoño. Tampouco cambia moito do cadro anterior, o de frecuencias do español en xeral...non?
E el habería que reivindicar as letras menos usadas?
Faría alguén alguna esculca semellante en galego?
Cren vostedes que se pode tirar algún resultado cognitivo desa operación?
A mín gostaríame que o estudo se tuvera feito en base a fonemas no canto de letras. Cantas das "c" son en realidade có son de "k",e cousas así?. En xeral, as vocáis son máis frecuentes, pero a diferencia entre elas non parece excesivamente significativa. As consonantes en realidade apenas existen como sons aislados, son maís ben un xeito de "modular" as vocáis. Non parece moi científico consideralas "homoxéneas".Un estudo estadístico-fonético tería, ao meu parecer, maís interés científico . Daría claves, por exemplo, sobre a optimización dos recursos enerxéticos dos órganos de fonación, explicaciós sobre evoluciós lingüísticas, etc. Na medida en que haxa "correlación" entre fonemas e letras, poderían sacarse algunhas conclusiós de estes estudos baseados na frecuencia de estas últimas. Pra chegar a conclusiós xeráis, habería que facer estudos comparativos entre varias linguas, etc.
É o que se me ocurre, así, a salto de lebre.
Sería interesante unha "historia natural" das consonates en termos de "competencia evolutiva" e a subseguinte "diferenciación" progresiva. As vocáis, lóxicamente tamén "competirían" entre elas, mais non coas consonantes. Deben de ocupar "nichos ecolóxicos" diferentes. Estou seguro de que se atoparían semellanzas formáis coa evolución dos xenes na xenética molecular,e, dando un salto no vacío, coa evolución das partículas elementáis da física cuántica. A enerxía e o seu comportamento termodinámico como fío conductor.
Xa sei o que vai decir o Delapierre: "Manda, manda carallo".XDD.
Obviamente, era eu.
O "s" (incluido o seseo, case universal) é o que distingue a lingua española (e a galega, tamén) para un estranxeiro á primeira escoita. Un italiano, por exemplo, que pretenda imitar o español/galego suliña (ás veces de forma burlesca) os finais en plural, especialmente as palabras en feminino.
A letra "e" é dominante gracias ás preposicións de ou en, ao artigo el, os demostrativos este e aos adverbios en -mente. Digo eu, neste sabadete.
Jimy: ¿non se che ocurre outra forma máis pedante de dicir as cousas?
"resultado cognitivo desa operación": ¡hai que foderse!
Non o atopo pedante señor anónimo, en absoluto. Como o diría vostede?
Aportación de coñecimento?
Dacova e non nos podía procurar unha estatística de palabras. E gostaba moito de saber cantas palabras diferentes usa tal autor en tal libro, creo que está feito.
Algho oira que "El quijote" ten a volta de 13000 como exemplo de home moi culto. Creo que Sánchez Ferlosio era hai unhes anos o de vocabulario máis rico en "El Jarama".
Arume dí algho que tí sabelo.
Ps. Aínda non lembro os motes do lobo, pero seghuriño que son mala cousa. Merdán, langrán ???.
Dacova a veces a tú phísica deslumbra.
"Cren vostedes que se pode tirar algún resultado cognitivo desa operación?" (frase pedante) = Cren vostedes que se pode tirar algún coñecemento relevante desa análise informática do Quixote? (frase non pedante e entendible por calquera).
Bueno, bueno, é imposible que cometa tantos erros, seghuro que o ordenador me come letras.
Do mesmo xeito que o ordenata conta letras, tamén as come.....
En algún momento tamén cheghei a pensar que o Marcos ten un programa que xenera textos e personaxes. Foi de cando o contubernio de Canedo.
Desemúlenme, irei máis de vaghare.
De verdá que todos os pedantes e todos os que escriben mal (vicios sempre dos contrarrevolucionarios pequeno-burgueses) os mandaba eu a -40ºC a un Gulag en Siberia pra que adeprendesen a esquirvir ben e a dicir as cousas con craridá.
De verdá que a Beria mandabao eu ao Caribe a ver se lle muda o humor.
Para aqueles a quen lles pareceu boa Los girasoles ciegos, propóñolles que vaian ver O tren das 3 e 10. Como dicía unha muller ao saír da película: había tempo que non vía unha vaquerada (sic).
Mestre Arume,( sobre películas), penso que cando se dá unha puntuación hai que dar tamán a coñecer a escala. Error frecuente é non facelo.
Eso aprendino do cancro, "grado de peligrosidade: 3 ", parece pouco, por debaixo de cinco. Pero en que escala?, na escala de "...", na que hai tres graos ; tres sobre tres, é xa outra cousa.
Creo que quedou claro na escala "sui géneris" que parín sobre as películas.
Xúrovos por deus que é imposible que cometa tantos erros.
É a máquina!. Eu repasei o texto.
Hoxe, amigo Lobo neghro ou melancólico, unha película máis ca sobresaliente: Zodiac.
Publicar un comentario