Recomendacións literarias
Santiago Lago, La Región 24-12-08
Chega o Nadal e o desexo (ou obriga) de facer agasallos. Un bo libro é un excelente recurso: tes un amplo abano de prezos e oferta abondo para quedar ben co teu agasallado se atinas nas súas preferencias. Para axudar, na medida do posible, a esa escolla velaí van algunhas suxestións. En galego, o libriño de Marcos Valcarcel, que vén de saír en Xerais, ‘Historia de Ourense’ non debera faltar en ningunha casa ourensá. Se falamos de poesía, a miña recomendación é ‘Adagio para unha viaxe silente’ de Claudia Castro, editado por Follas Novas, un delicioso poemario que fai sensible mesmo ao máis racional dos economistas. Tamén recomendo unha obra dun xornalista da casa: ‘A autopsia da novela’ de Juan Tallón, de lectura máis difícil, pero moi orixinal.En castelán, ‘Conversaciones con Goethe’ de Eckerman (El Acantilado) é un clásico para manterse alegres mentres se agarda pola primavera. O peor, o prezo. Se un quere gastar menos e o seu agasallado non dispón do tempo dun rentista ou un xubilado, a novela de Santiago Roncagliolo, ‘Abril Rojo’, entretén moito e informa ben sobre a situación actual do Perú lonxano de Lima. Xa para quen se anima a ler noutras linguas e busque en amazon.com, o libro de Barry Cunliffe ‘Facing the Ocean’. ‘The Atlantic and its Peoples’ en Oxford University Press é un precioso libro que demostra a forte relación que existiu dende sempre entre os pobos da Europa atlántica, e que os galegos sabemos moito de autoestradas do mar dende hai tempo. En francés, o recente libriño de Jean-Paul Fitoussi, ‘La nouvelle écologie politique’, ofrece unha nova ollada ao aparente dilema entre desenvolvemento económico e sustentabilidade ambiental que estamos a vivir nestes momentos.
(Graciñas, Santiago)
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
1 comentario:
LEER!! LEER!!
Ay!!
LEER!.
Imaxino que non seréi o primeiro en traducir ao galego este fermoso párrafo de Virginia Woolf:
Algunhas veces soñéi que cando o Día Do Xuizo amaneza, e os grandes conquistadores,e avogados, e homes de estado vayan recoller as suas recompensas, as suas coroas, os seus lauréis, os seus nomes indeleblemente escritos na mármore imperecedeira, o Todopoderoso mirará cara o Pedro e diralle, non sin certa envexa, cando nos vexa chegar cós nosos libros baixo o brazo: "Mira, eses non precisan de ninguna recompensa. Non hai nada que lles poidamos ofrecer. A eses gustáballes leer."
Publicar un comentario