De acordo con Beramendi
X. L. Méndez Ferrín, Faro de Vigo 9-1-09
O ano pasado Galicia tivo a boa fortuna de que dous escritores en lingua galega, Agustín Fernández Paz e Justo G. Beramendi, recibisen senllos premios nacionais de literatura dos que concede o ministerio de cultura de España.
A obra de Beramendi que resultou premiada é unha voluminosa historia do nacionalismo galego que, co título de De provincia a nación, editou Xerais, Vigo. Que en pleno delirio anti-nacionalista vasco, castelán e galego (por esta orde) no que se achan sumidos os máis dos medios de comunicación se produza a atribución na capital de España dun premio tan importante a un libro titulado como se titula o de Justo G. Beramendi constitúe un feito sorprendente e desde logo insólito. Eu estou en desacordo con algúns enfoques e puntos de vista expostos en De provincia a nación e, ao mesmo tempo, aprezo moito a obra polo que ten de marco xeral no que se pode inscribir todo un debate sobre a historia do nacionalismo galego que é o mesmo que decer sobre a historia de Galicia dos séculos XVIII, XIX, XX e o que levamos de XXI. Se cadra, noutro lugar (no Fondo dos Espellos, n´ A Trabe de Ouro ou allur) teñamos ocasión de comentar De provincia a nación en todo ou en parte. Eu non son un historiador, pro desde Marx sabemos que a historia é algo demasiado importante para a deixar exclusivamente nas mans dos historiadores.
Esoutro día lin unha entrevista de xornal a Justo G. Beramendi. O entrevistador preguntáballe ao ensaísta e historiador sobre o goberno autonómico que se vai formar como resultado das próximas eleccións autonómicas en Galicia. Beramendi, como a xeneralidade das persoas, opinaba que a coalición actualmente gobernante coñecería unha segunda edición. O xornalista, entón, pregountoulle ao noso historiador premiado se sería posíbel que un partido nacionalista de centro ou de dereita acadase representación parlamentaria.-E por que non un partido nacionalista á esquerda do BNG dada a deriva centrista desta formación?, coido que respondeu Beramendi (cito de memoria).
Non podo estar máis de acordo con Beramendi, aínda que a deriva do BNG sexa, do meu punto de vista, non ao centro senón a un neo-rexionalismo e a unha dereita neo-liberal, entendendo por neo-liberalismo o que entende Xavier Vence nun libro fundamental para comprender as políticas do mundo e a política de Xunta de Fraga Iribarme e a de Touriño/Quintana. O atraso político de Galicia revélase no feito de que no parlamento autonómico non existen máis ca tres partidos representados. Nas cámaras de Euskadi ou de Cataluña hai polo menos cinco partidos políticos presentes, pro no Hórreo so hai tres. Dous no goberno (PSOE-BNG) e un na oposición: un PP en proceso de liquidación e desmoralizado. De xeito que, se se repiten os resultados electorais, a oposición será exercida unicamente desde un partido de dereita confisional e de pensamento e práctica ultra-españolista.Será posíbel que das próximas eleccións resulte o parlamento galego arrequecido (uns deputados de esquerda e independentistas que estimulen o goberno triste e gris de Touriño/Quintana nunha dirección oposta á do PP? Este cronista está moi interesado en que así sexa.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
101 comentarios:
A tese de Ferrín é coñecida e expúxoa moitas veces, antes de cada campaña electoral. Pero ten un problema de base:a esquerda independentista segue desunida e con contidos non facilmente acumulables. Mesmo algún sector do BNG seica se achega a estas teses nos últimos tempos... Pero, sairá algo serio e rigoroso de todo isto?
Ferrín erra na súa diagnose: que a esquerda indepedentista non estea representada no parlamento galego non é ningún síntoma do atraso político de Galicia. É, exclusivamente, síntoma do atraso político do propio independentismo.
A fina agudeza intelectual do señor Apicultor bate no certo, como sempre.
Mais só unha cousiña: Non hai só independentistas de esquerda. Outra cousa é que se saiba.
Bate no certo, Sakia Medela. Como non sólo hai republicanos de esquerda.
E o comentario de Apicultor, lúcido, lúcido...
O que creo que pasa en Galiza é que está todo tan desestruturado, é todo tan arcaico e tan ancestral que houbo pouca evolución no campo da política, e aínda nos movemos por arquétipos.
É dicir: Dereita/Baltar/PP/Creacionismo/Monarquía/Catolicismo/Familia/Real Madrid/Neoliberalismo/Opus Dei/Castrapo/Caldo á merenda...
VS
Esquerda/Pachi Vázquez/PSOE/Darwin/República/Agnosticismo/Divorcio/Barça/Socialdemocracia/Xesuítas/Castellano/Burguer King...
Ufffffff
non sei qué está a pasar
*Real Madrid
*Burger King
Tiven hoxe unha revelación sorprendente.
Estaba a falar en Seixomil, ao pé de Celanova, cun amigo meu duns oitenta anos, fanático franquista-aznariano e testemuña (de mozo) da represión sobre algún dos seus familiares no Forriolo. Cando me estaba a meter con el, dicíndolle que por que lle tiña tanta manía á República, alegando eu que Sarkozy e a Srta. Condoleezza son dereitistas e republicanos... Respondeu dun modo xenial:
'Ouviches, Medela, alí levanche moito tempo con iso'.
P.D.: Eu son partidario do Estado Libre Galego.-
O problema tamén se atopa na lei electoral: que haxa que conquerir unha porcentaxe para acceder ao parlamento impide a presencia doutras forzas.
Señor Apicultor, onte tiven unha noite-XDC (xa sabe, unha desas maravillosas noites de delirio palabrista que ás veces ten o amigo XDC, no meu caso pasada polo cava a cachón) e escrebín na competencia e con outro nick (por algo son o homenick, co permiso do Medela) esta reflexión espumosa (palabra do seu agrado) ou delirio político que figura unhas liñas mais abaixo. Cré realmente que se trata dun delirio político propio dun deses "marrulleiros" seguidores de terceirísima fila de Ferrín ou que ten o seu aquel de "enxundia" analítica? E que cré que diría o seu amigo X.R.Quintana? Se lle serve de algo, lin o libro de conversas, pero non o rematei, non o puden rematar, e non me pregunte por que, porque non llo vou dicer. Pasoume que chegou un momento que xa non sabía quen era quen dos dous protagonistas da conversa. Pero iso levaría mais dun libro explicalo aquí e mellor deixalo para outra ocasión. Ao señor González xa non lle pregunto, porque sei que me vai rersponder chamándome provocador esquemático ou algo parecido. Vou recorrer a un nick recoñecíbel, para non ofender a XDC pondo Xoan Do Cava.
Tranquilo, Anónimo, non teñas medo, que Galiza está en boas maos e nunca será governada por "fabuladores", "mistificadores", ferrinistas- literaturistas, independentistas adoecidos, nihilistas islamofascistas e demais estercada heterodoxa que pulula pola nosa terra en boa hora protexida polo apóstolo e polo botafumeiro do autodesprezo (teño unha copa de cava de mais e non respondo das miñas palabras). O pior de todo, o mais grave, amigo Anónimo, e dígocho tal como o sinto, é que entre os tres (PSdeG-BNG-PP) enténdense ben e non hai perigo de oposición. Oposición? Quen fai oposición? O que fai de oposición nestes momentos (PP) digamos que está en expectativa de governar cuando ao BNG lle interese, e aí están as declaracións de significados membros do BNG e do mesmo Anxo Quintana no seu libro de conversas con Xosé Luís Barreiro para confirmalo (Quintana fala claramente de flexibilidade nas alianzas de governo). É dicer, na Galiza hai un tripartito susceptíbel de combinacións bipartitas de governo: Na lexislatura que remata tocoulle ao PSdeG-BNG, na seguinte pode ser que se repita, e nas que veñan pode darse perfeitamente unha coalición de governo BNG-PP, e na seguinte PSdeG-PP. Sempre deixando fóra á m(b)orralla nacionalista e de esquerdas e atendendo ás tres combinacións posíbeis: PSdeG-BNG, BNG-PP, PSdeG-PP. E todo envolto no nevoeiro do neo-rexionalismo e do neo-liberalismo, que diría Ferrín. Así che son as cousas, amigo Anónimo, e logo non digas que non te avisei, nen que teño unha copa de cava de mais.
Señor Detective crepuscular, para aquilatar ben a súa resposta, e dado que é dialóxica, tería que saber primeiro que é o que dixo o Anónimo ao que vostede contesta. Pode dicirme en que lugar, blog, foro ou similar, se produciu tal intercambio?
Eu non acabo de saber ben que é o que propón o autodenominado independentismo. Isto probablemente se debe ao que di o patrón ("segue desunida"), e iso pola súa banda a que non acaban de (ou empezaron a) conciliar teoría, sexa a que for, con realidade presente.
Estes días, en relación co esgazamento en dous ou tres do Movemento pola Base, noutros foros prolifera a alusión á Vida de Brian, capítulo "Correntes auténticas do independentismo revolucionario". Disque unha das partes practicamente escindidas manexa a hipótese de abandonar o BNG e unirse a algún grupo xa existente no ámbito cuxo rótulo aparente figura en cursiva no comezo desta mensaxe; e tal eventualidade teórica xa deu en xúbilo potencial exposto por outro foreiro situado xa en tal espazo. Pero seguimos no te vas, te vas y no te has ido; nin vido, de momento.
Non é o único ámbito ideolóxico onde teóricas coincidencias de fondo (que polo visto só se advirten desde fóra) non resultan suficientes para aglutinar. Lémbrense as "alternativas" suscitadas na penúltima asemblea do Bloque, que non chegaron a callar en póla única. Ou, moito máis claramente, a que resultou imposible confluencia dos sectores beneguistas que se reclamaban "do socialismo"; por cuestións ben relevantes, abofé que si, aínda que a relevancia a deberían ver exclusivamente eles: se o BNG debería ser, ou chamarse, partido ou fronte. Auténtica mostra de pragmatismo, autoavaliación das propias forzas e análise da realidade. A min, que estou de fóra e por suposto non sei nada, ocórreseme que por veces igual opera o medo a gañar e non saber qué facer co triúnfo.
En suma: que a sedicente esquerdsa independentista encontra moitos máis motivos para andar separados ca para xuntar catro como consecuencia dun dous por dous; seica non encontra maior marco, atractivo ou mensaxe ca caracterizar o BNG como rexionalista e neoliberal e medrar por aí. O magnífico literato, e prestixioso columnista, Xosé Luís Méndez Ferrín realiza ha desde hai anos consabida comparecencia preelectoral deostando o esquema tripartito da estrutura parlamentaria vixente e solicitando mudanza.
Non se albisca, porén, proposta política concreta nin alternativa, xa que non de gobernación (ao fin e ao cabo, parlamentiño é, supoño que tamén goberniño), cando menos de intervención concreta e algunha incidencia na vida económica, social, cultural do país. Se algún día houber algo semellante, con traza de seriedade, probablemente o lea con interese.
Non podo máis ca concordar coa atinada análise do Saavedra.
Eu, en todo caso, cargaría máis as tintas nos aspectos máis grotescos e inmaduros que presenta o independentismo galego, cuxa enésima mostra é o patético espectáculo que están a dar os do dividido MpB, con expulsións, acusacións, etcétera. Paradoxalmente, se cadra serán os tribunais "españois" os que diriman este novo episodio de "A vida de Brian".
Ese independentismo do que falou hai tempo Saavedra como obxectivo irrenunciable pero perfectamente adiable do nacionalismo, u-lo? Será permanentemente adiable en función das conxunturas?
Esta moderadísima postura política última do quintanismo no poder é puro presentismo: pero non nos fagan crer que esto vai ser sempre así nin que esta sexa sempre a mellor oferta.
Aquí vexo moitos siareiros dese centrismo e dentrismo do BNG nas institucións, coas palabras claves pragmatismo e posibilismo. Pode dar réditos electorais (probablemente moitos), pero tampouco é o summum e os demáis uns impresentables con ínfulas redentoras. Noto certa prepotencia nesta actitude e unha certa autosuficiencia: a que proporcionan o poder e a ocupación de varios campos do exercicio político.
Xogan coa vantaxe de saber que fóra do BNG vai frío para outros (modos de) nacionalismos.
Asegúrolle, Arume, que, polo que a min respecta, de "ocupación do poder", nada de nada. E coido que pola de Saavedra tampouco. Daquela, non pode haber prepotencia nin autosuficiencia no noso caso.
Por certo, e logo fíxose vostede agora independentista? Dígoo pola súa pechada defensa. Digna de mellor causa, quizais?
A min esta pretensión paréceme chapeau:
O BNG pretende que a reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia “non se limite” a cuestións sobre identidade ou competencias senón que “tamén inclúa dereitos das persoas” como o “elixir unha morte digna” ou “que as mulleres conten cunha lei de prazos para abortar”.
Pois se encontra aquí moitos siareiros do facer quintanista, Arume, sorte que ten. Eu leo arreo descualificacións con mellor ou peor estilo, e igual un retribúe ás veces a segunda das versións en forma ata un certo punto semellante; non digo que sexa o máis desexable. Vde. leva razón no do frío, pero quen escolle tal posición non debe considerar obrigatorio que os demais saian da casa. Insisto: eu, cando menos eu, non me nego a razoar; pero, postos a advertir, advirta vde. tamén a displicencia da outra parte, por veces non sei se exenta de dandismo ideolóxico.
Polo demais: hai xa ben anos (tempo de Beiras, cómpre lembrar unha vez máis), o BNG definiu que o máis urxente non era a alternativa inmediatamente soberanista, senón serlle útil a un país ben necesitado de tal utilidade; as causas desta análise, os motivos de tal estratexia serían tema doutro diálogo, pero en todo caso quedou establecido que para iso cumpría acadar ou participar na gobernación do país, obviamente a través do proceso electoral. O que vde. chama presentismo é un esforzo por presentar traballo e alternativas que poda entender toda a sociedade, apoie unha porcentaxe o máis maioritaria posible e consiga que moitos voten nacionalista. Esa é a realidade de arestora; xaora, unha vez máis leva vde. razón a carradas: iso non vai ser sempre así; por outra banda, ninguén pretendeu nin dixo tal en ningún momento do que eu sexa consciente.
E en todo isto, ¿onde queda o independentismo? Na vivencia e pensamento dunha parte moi relevante da militancia e base social do Bloque; como construción cultural e ideolóxica grandemente influínte na construción da mensaxe e o carácter da propia organización.
Lean con atención como se autodefine o noso estimadísimo contertulio Medela. Permitan lembrar cando un modesto servidor falou no seu día de independentismo mental; e citar aquí certa fórmula de concreción en evolución permanente e que igual algún día (non mañá) estabiliza un tanto o seu contido: para este país, toda canta independencia sexa posible no século XXI. Pasen ben a tarde.
A min a independencia non me importa o máis mínimo: xa o dixen. A min que unha xente, nun territorio determinado, decida constituir un país, un estado, non me parece mal. E ademáis sempre dixen que, conseguida a independencia, os nacionalistas deberían desaparecer: terían que explicarse en algo máis que na defensa dunha patria. Pero sei que iso é unha fantasía fabulosa que nunca xamáis poderei ver.
Eu só digo que o ton que se emprega contra os contradictores dentro do nacionalismo da política posibilista de Quintana toma características prepotentes. O exercicio do poder é unha forza centrípeta que expulsa aos descontentes á marxe. Pero o núcleo sabe moi ben que eses satélites sempre, chegados os tempos, tenden a non saír da órbita. Esa é a vantaxe, volvo dicir.
Non se preocupe, amigo Apicultor, por non ocupar, polo de agora, poder. Tempo haberá. ;))
Por dicir verdade, siareiros ultimamente vexo dous: vostede, amigo Saavedra, e o amigo Apicultor. Nesa posición, vostedes argumentan (non digo que sen razón: mesmo eu tamén o fixen nalgún momento desde posicións tal vez máis prácticas) contra os detractores quintanistas, porque ven exemplificada na táctica do allaricano (que, por certo, vin onte nunha cervexaría de Vigo con algún outro membro do goberno sen parafernalia) a saída para o nacionalismo ser alternativa de poder. Con esa perspectiva que deben considerar maquiavélica terán que convir en que calquera que non se sume a esa estratexia vencedora pasa (ou debe pasar) por un insensato ou por un iluso de salón. É posible, pero deben entender que tal visión xorde da autosuficiencia que outorga saber que na Casa do BNG a calefacción funciona día e noite.
Á miña provecta idade, amigo Arume, ocupar o poder xa me queda ben lonxe. E ademais non son nada gregario nin sei manexar correctamente o botafumeiro. Un defecto de carácter que dificulta enormemente tal obxectivo e outros análogos, se acaso os houber. Siareiro... nin tan sequera dun equipo de fúbtol.
Aínda que a teor dalgunhas intervencións miñas e dunha lectura non atenta das mesmas, se puidera inferir que defendo a "liña oficial" non hai propiamente tal. O que hai é un retruque a aqueles "argumentos" (sic) impugnadores que só saben falar de moquetas, Audis, traizón ás esenzas e demais futilidades. Dito doutro xeito: eu retruco a aquelas críticas que, pensándose políticas, son en realidade prepolíticas ou apolíticas. E tamén por un certo gusto pola polémica. Son bastante correoso, hei de recoñecelo.
O debate non é o "independentismo", que todos sabemos que non pinta nada, ou pinta ben pouco, e apenas ten presenza política na Galiza. O "independentismo" apenas existe e o que existe está esfarelado. O problema, ou un dos problemas, é que as declaracións de Beramendi que recolle o Ferrín e que eu non lera, o propio artigo do Ferrín e mesmo as últimas intervencións do non nacionalista Arume coas que, desde outro ponto de vista político, non podo menos que estar de acordo, son un claro síntoma da insuficiencia política na que vivimos ou, dito doutro xeito, do aferrollamento político que sofre Galiza. Se a isto lle sumamos o "siareirismo", a "prepotencia" e a "autosuficiencia" das que fala o Arume, e que eu tamén noto, xa temos a radiografía case feita. Falta dicer para completala que o BNG, ou o que é a sua substitución ou suplantación "okupacional" chamada quintanismo, que esa é outra, non é nacionalista nen de esquerdas (hai moito que o BNG non é nacionalista nen de esquerdas, e moito menos agora, diga o que diga e poña como se poña o "quintanista" señor González, amigo político nos últimos tempos e por eses azares ou azahares da política do señor Apicultor, por que será?). Eu, mais que de "independentismo", confórmome con falar de nacionalismo de esquerdas, que é o referente político no que moitos nos vimos movendo desde hai décadas. Onde está a esquerda nacionalista pola que tantos nacionalistas de esquerda teñen traballado? Onde? No Parlamentiño? En Allariz? Nas conversas co Barreiro? Por iso moitos falamos de quintanismo rexionalista e sustemos que non hai oposición e que o de Galiza é un tripartito rexionalista susceptíbel de combinacións bipartitas de governo. E nesas estamos, aferrollados políticamente, tan felices e contentes de compartir governo, agora con Touriño, mañá quen sabe se co Freijomil. VONTADE REXIONAL DE GOVERNAR. Pois moi ben.
Que non lle pareza mal, Detective crepuscular, pero a súa é, na miña humilde opinión, outro caso evidente do que eu chamei "críticas que, pensándose políticas, son en realidade prepolíticas ou apolíticas".
Porque é unha crítica que se move exclusivamente no terreo das esenzas (ser/non ser nacionalista e de esquerdas), e que, como tales esenzas, se achan petrificadas dunha vez e para sempre nun esquema atemporal.
Mais estas críticas cáseque nunca descenden ao terreo do concreto, da conxuntura política concreta. Daquela, ouso preguntarlle, Detective crepuscular: cal debería ser hoxe unha política que merecese o nome de nacionalista e de esquerdas? Como se vehicularía esa política desde unha posición de forza minoritaria de goberno? Estas preguntas entre moitas outras posibles. Rógase concreción.
E aclaro. Preguntar o que pregunto en absoluto equivale dar ningún cheque en branco ao BNG nin tampouco dar por bo todo o que fagan en aras dun suposto pragmatismo. Para nada. En absoluto.
Eu de Allariz prefiro non falar, ou falar o menos posíbel, porque logo vou de vacacións e sempre hai algún amigo do Bloque de toda a vida que me pon mala cara ou me saúda a medias como me pasou neste Nadal (deben vir pola Solaina a ver que é o que se fala, digo eu), e porque sei que o espectro do Medela está aí detrás da pantalla "espectrándonos" ou espreitándonos. Así que hai que andar con conta. Só unha cousiña para o señor González, que pensa que o quintanismo é un invento posibilista e necesario de agora mesmo. Daquela, e non tan daquela, cuando o Quintana governaba Allariz, moitos e moitas que non sabían nen querían saber que era o BNG, declarábanse "quinistas a muerte". Eu escoitei a mais de un e de dous proclamar aos cuatro ventos políticos (ou tres, que estamos no tripartito): "Eu non son do Bloque, eu son quinista". Pero isto forma parte da intrahistoria política de Allariz, que a ninguén lle interesa. Nen ao señor González, que vive nos biosbardos ideolóxicos do que foi o BNG, o seu BNG. O que hai que calar. "Contrólate, detective, e non te deixes levar polo xenio, que estamos no mellor dos mundos posíbeis e mellor governados que nunca." De acordo.
Ou sexa, que non é capaz de responder as miñas preguntas.
Partidos e galeguismo
Antonio Piñeiro La Región 10-1-2009
Se vostede ten a ben regalarme dous minutos do seu tempo -que é o que ven ocupando a lectura deste artigo- dúas veces á semana e me concedeu ese privilexio o pasado martes, saberá que aproveitei para teorizar sobre a evidente contradición na que vive instalada a política galega, cunha sociedade maioritaria que asumiría os postulados dunha formación que abrazara os principios reais do galeguismo (non así, sucedáneos que cometan pecado por defecto ou o mesmo vicio por exceso) sen que exista ningún partido que predique este credo de forma nidia e veraz.
Pois ben, como continuación, permítame afondar nas miñas crenzas (que evidentemente non teñen por qué ser as súas) e déixeme explicarlle por qué creo eu que ningún dos tres partidos que debuxan o arco da vella da política galega non son quen de abrazar os principios reais do galeguismo, non xa os do vello Partido Galeguista -que nos levaría a falar de historia-, senón do galeguismo que ó meu ver precisa a sociedade galega para seguir desenvolvéndose con perspectivas de futuro no marco estatal actual.
Por moito que no seu magma abrollen algunhas burbullas que recenden a un galeguismo de centro-dereita e que tería o seu caldo de cultivo precisamente nesta provincia ourensá, non fai falla botar unha mirada moi lonxe -poñamos cara a Pontevedra de Rajoy ou cara calquera militante de a pé da Coruña- para decatármonos de que por riba da asunción de determinados postulados ‘localistas’, no PP pesa a cuestión asumida do ‘Partido Nacionalista Español’.
Por moito que dun xeito puntual tamén se teñan dado acenos conscientemente galeguistas nalgúns militantes históricos (agora superados pola progresía socio-superficial que contamina a ‘todos e a todas’ os/as militantes do PSdeG), é evidente que por riba de calquera pensamento que teña como cerne a Galicia antropolóxica e real, nesta formación pesa, sobre todo, a España mutante e para-federal que mesmo pode gobernar cun partido da dereita máis reaccionaria coma o PNV, ca con outros de principios filomarxistas coma Esquerda Unida ou o BNG, ou incluso co extremismo provocador e radical de Esquerra Republicana. Iso si, sempre coa desculpa oportunista e falaz da estabilidade nacional.
Non me queda espazo para falar do BNG, pero sinceramente tampouco creo que sexa galeguista. Porque galeguismo é tratar de mellorar a Galicia que existe.
Non, pretender mudárnola por unha entelequia que só existe no maxín dalgúns mesías ‘galizáns’.
O nacionalismo de última hora é nominalista: basta pronuncialo para selo. De feito xa dixo o outro día Quintana que no nacionalismo caben todos. Mesmo os que empregan o castelán. A única clave é que pensen que votando a un partido nacionalista poden conseguir cousas en Madrid. Non sei se rexionalismo pode ser a palabra, pero escoitando aos distintos presidentes autonómicos estes días de paseo pola Moncloa, extráese semellante idea. Por que non votar a Quintana como quen vota en Cantabria a Revilla?
Pero creo que a crítica política á posición de Quintana débese fundamentalmente, desde un punto de vista esquerdista, á promoción de empresas e tecido industrial de capital en mans galegas ou ao auxilio prestado polo poder a empresarios que, so pretexto dunha forte raigame galega, acoden aos lugares da subvención en busca do seu pedigree nacional. A crítica procede de sectores vencellados á CIG ou de sectotes asalariados (non vou dicir eso das clases obreiras), que non ven mal (no seu corazoncito nacionalista) que as empresas sexan de aquí e de nós, pero que aceptan malamente que lles presten desde o BNG a estes empresarios, dos que pouco se fían, tanto amor e cariño. Pode ser cousa de ciumes, pero parece certo que tanta aproximación á clase patronal (agora re-chamados empresarios de fuste e recoñecemento social) por parte de certos conselleiros benegueiros non gusta moito en sectores aplicados á revolta social e á loita de clases. En poucas palabras: a Fermín Paz ou a Manuel Mera (e con eles a moitos militantes de base obreira) o colegueo/coqueteo con algúns empresarios (por moi galegos que poidan ser) non lles vai.
A política de esquerdas debería ter como práctica diaria na xestión o eliminar o caciquismo, a administración non se pode inflar ata o infinito para colocar aos "nosos" nen se poden crear organismos paralelos para poder xestionar o cotarro nós soiños. Un partido de esquerdas non pode convocar a 4000 mulleres nun acto electoral e pagalo con cartos públicos.
Non, cuando escrebín a miña mensaxe non vira as suas preguntas. Se non lle parece mal, agora o que vou "concretar" é un paseo e "responder" á condición de marido e pai responsábel e preocupado pola familia. Señor Apicultor, vostede xa parece o Barreiro en plan conversa amical. Pero mais incisivo que o Barreiro. Xa os vexo aos dous de intelectuais orgánicos do quintanismo, xunto co señor González. O tripartito orgánico-intelectual do quintanismo. "Unha política que merecese o nome de nacionalista e de esquerdas"? Pois a que se desmarcase do posibilismo e rexionalismo quintanista-inmediatista (imposíbel hoxe por hoxe, pois o quintanismo apoderouse do BNG). O BNG, que eu saiba, aspiraba a algo mais que ao Cuiñismo. Que como se "vehicularía esa política"? Pois ao mellor non tendo tanta "vontade de governar".
pUXO VOSTEDE A CONCLUSIÓN moi fácil, detective.
Nacionalismo de esquerdas
igual a Nacionalismo que non quere gobernar.
Don Marcos, podo ou non podo sair de paseo? Eu non escrebín esa equación que vostede plantexa: "Nacionalismo de esquerdas=Nacionalismo que non quere gobernar". Eu escrebín exactamente: Pois ao mellor non tendo tanta "vontade de governar" (se leu o libro de conversas co Barreiro, saberá a que me refiro). É dicer, non ter tanto apuro, tanta presa por tocar poder, e moqueta, claro que si. Hainos devorados por governar a calquer prezo e baixo calquer circunstancia ou plataforma política, Don Marcos. E querer governar a toda costa, queimando as naves que foron, para axeitarse ao "mellor para Galiza", pois non. É unha receita moi vista e que ás veces non paga a pena. Sobretodo, cuando deixamos detrás un campo estercado de cinza. Estragalo todo por querer chegar. Como dicía aquel filósofo: Así non vale. E non hai mais, vou de paseo.
Pois non sei, mais non me gustaría vivir nun país en que só houbese persoas de esquerdas, ou evidentemente, somentes persoas de dereitas.
Penso que o concepto 'nación' é sinónimo de totalidade, non de totalitarismo.
Puxo o dedo na chaga, amigo Marcos.
A idea dalgúns nacionalistas "críticos" sería: gobernar si, pero non a calquera prezo. Pero como resulta que gobernar sempre ten algún prezo (por exemplo, é imposible facelo sós), o corolario sería non poder gobernar nunca (até que os astros muden de rumbo: até que sobreveña a revolución). É dicir, que gobernen os outros mentres nós nos conservamos puros e castos agardando un momento que nunca vai vir.
A esa forma de razoar chameina -e agora doume a razón a min mesmo- prepolítica ou apolítica. Mais quizais sería máis preciso "antipolítica". Fronte a complexidade e a dificultade da realidade, que sempre é fodida, quedémonos coa simpleza da idealidade. Moi bonito, mais por forza inútil.
Dalgún xeito, é o espírito de Risco redivido o que segue planeando en parte do nacionalismo actual.
Pois o certo é que eu tampouco non puxen nada do que seica me apoñen, pero como nin este fío nin este blog versan sobre min, nin eu son cuestión relevante da política galega, nacionalista ou rexionalista, adoito seguir o meu consello de deixar correr tales asuntos. Seguireino agora.
Noutra orde de cousas: as campañas electorais, os procesos electorais, o exercicio e acumulaciómn de votos son cousa complexa na que interveñen diversas variantes e os diversos partidos moven os fíos que poden; queé lles vou dicir eu a varios de vdes.: coma se nos tempos de auténtico nacionalismo de esquerda non se tivese procurado o voto do pai ou avó mesmo franquista, posto en xogo a simpatía puramente persoal ou incluso demandar o sufraxio aos teus coma un favor. Terán votado por Ferrín compañeiros de claustro ou españolfalantes? Dígoo polo que o digo e engado para o Arume das 5:15 PM: Quintana está a solicitar o voto, non pasando a ficha de afiliación: nacionalistas ou galeguistas, falen galego ou castelán. Sexa repasada a hemeroteca, que eu -con respecto o digo- canso no labor de puntualizar inexactitudes; auténtica peneira de auga, por outra banda.
Sexa como for, a expresión "fóra de... fai moito frío" debe ser obxecto de obvia puntualización: admitido que o gas natural circula abundantemente, á metáfora que queda débelle ser aplicado un factor corrector, xa que a autoconciencia de coherencia política (ás veces tamén un tanto prepotente coas opcións dos demais) pode irradiar bafaradas.
Con todo, reitero que de recibir máis substancia e menos piropos (súmome nisto ao Apicultor, e non é por nada), podería debater. Agora, marcho tamén coa muller, á concentración en solidariedade con Palestina e despois beber un par de viños; prometo que é casualidade sabatina.
Para detective c.
O que sucede é que o obxectivo de calquera partido político é gobernar e, nalgúns casos, transformar para mellor a realidade.
Fundado en 1982, o BNG chegou a un cogoberno co PSDG no 2005, 23 anos de camiño. Despois do Prestige e todo o que pasou nesa época, se o BNG non quixese cogobernar aínda poderían pasar estas dúas cousas:
1. Perder boa parte dos seus votantes, que encherían o fanal socialista.
2. Unha moi posible ruptura do Bloque esfarelado en 25 ponlas.
E, como di o Apicultor, o dito non supón aplaudir todo o que fixo o BNG nese cogoberno.
Moi pertinente a última matización de APICULTOR. Tamén a min me sorprenden a cotío actitudes políticas e polémicas internas do nacionalismo abondo semellantes, coas súas variantes de época, ás que xa padeceu o galeguismo de preguerra, por suposto Risco incluído.
Penso que o que fixo o Detective Crepuscular é o que se chama fuxir pola tanxente. Se leva así as súas investigacións de "huele-braguetas", non ha ter clientes. Pepe Carvalho era moito mellor e Philip Marlowe xa non che conto.
Non sei se Risco pervive; pero, curiosa coincidencia, estou nas primeiras páxinas do libro de Barreiro/Quintana e consisten nun distanciamento do risquismo; no que en principio non comparto todo, por certo.
Apolítica, antipolítica... Pode que sexan termos adecuados, en efecto. Peterpanismo, din outros. Medo á responsabilidade, á posibilidade de mudar as cousas, aínda que non resulten ser talmente como esperabamos, que tamén adoita pasar. Porén, sigo esperando por algún discurso concreto e contrastable. Espera igual va, pero nin fatiga nin distrae.
Quedoume por dicirlle algo ao Arume: o certo é que os empresarios existen, constitúen factor social inesquivable e calquera opción de goberno precisa contar con eles. Si, é notorio: cando Beiras se encontrou con Amancio Ortega xurdiu a crítica, non digamos cando disque Quintana subiu no iate de Jacinto Rey. Xaora, aínda moitos ao mellor aventuran ou senten escuramente que a única política aceptable conduce a aforcar o derradeiro empresario coa tripa do derradeiro profesional liberal.
O BNG, en efecto, hai tempo que circula por outros camiños. Razoa que unha clase empresarial radicada seralle máis útil ao benestar dos galegos que o simple usufructuario, alugado ou potencial deslocalizador. Eu non o vou lamentar; ora que tamén lle dou razón ao Medela: sería ben aburrido, probablemente, un mundo onde todos cantasen a mesma ladaíña.
No mencionado libro dos vicepresidentes (páxina 12), o de antes denomina o BNG "a forza da esquerda nacionalista". Non teño eu tan claro o carácter, e desde logo poño en cuestión a exclusividade. Poderíase discutir a cuestión, e outras, pero para iso resultaría necesario que ademais de falar de min se falase comigo. E eu perder a sensación clara de que en vez de cotexar conceptos se intercambian malestares. Tan canso, tan inútil e molesto que conduce directamente á indiferenza.
A concentración deu en manifestación de varios centos; había tempo que tal cousa non acontecía. Pancarta en árabe e galego ("Galiza con Palestina"), na cabeceira membros da comunidade musulmá, incluído un ben coñecido comerciante que eu nunca vira fóra da súa tenda ou arredores. A cousa adopta proporcións que deberían facer pensar; non é que resulte ilóxico, pero qata o de agora non pasaba.
De hoxe mesmo:
populismo?
Quintana aseguró que en la campaña espera «no convertir al nacionalismo a todos los ciudadanos de Galicia, que también nos gustaría, sino ofrecer las mejores soluciones para conseguir una apoyo mayoritario de los ciudadanos».
Por ello, dijo que el BNG se «dirigirá a la mayoría social del país, a los que son nacionalistas y a los que no lo son, a los que hablan en gallego y a los que hablan en castellano, para ofrecerles una alternativa nacional gallega, de progreso, bienestar y orgullo de la identidad, la cultura y el idioma».
Oferta electoral sen autolimitarse.
"Que también nos gustaría", quede dito con plausible tradución incluída. E teñan moi boa noite.
Anibal Lector dijo...
"Penso que o que fixo o Detective Crepuscular é o que se chama fuxir pola tanxente. Se leva así as súas investigacións de "huele-braguetas", non ha ter clientes. Pepe Carvalho era moito mellor e Philip Marlowe xa non che conto."
Amigo Canibal Lector, o detective, aínda que crepuscular, é intrépido e desafiante e sabe que se expón a todo tipo de lavazadas no seu camiñar indesmaiábel na procura dos culpábeis do delito, da desfeita, da atrocidade. E non é o seu xeito detectivesco de proceder ao esclarecimento das falcatruadas fuxir por nengunha das rectas escorregadizas que o "inimigo" lle tende sibilinamente nen dedicarse a "cheirar-braguetas" alleas, entre outras razóns porque vive a moitos quilómetros da terra onde opera o triunvirato rexionalista e polo tanto as braguetas dos protagonistas deixan de cheirar a bacallau para el, nen é militante de nengún entramado político, nen acostuma ler revistas de partidos nen propaganda política onde se explican as fazañas e os longo e tortuoso camiño que leva ao governo da Nación ou da Xunta. Xa ve vostede, o detective vive lonxe das turbulencias rexionais das que aquí se está a falar e ignora por completo os movimentos deste ou daquel. Así e todo, o detective ten uns anteollos de altísima definición e intuición (da xogada), que rexistran minuciosamente cuanto acontece no cerebro político dalgúns dos dirixentes do tripartito que nos governa (xa sei que resulto pesado con isto do tripartito, pero é o que hai e governa con vontade de governar). Aínda mais, e tómeo como queira, que eu dígoo con toda a humildade: Do BNG, ou deste BNG actual, sei eu mais, infinitamente mais, por razóns obvias que nen a vostede se lle escapan, que saben o Barreiro, o Apicultor e o González xuntos. E non digo en erudición, coñecimento obxectivo, saber intelectual ou capacidade de análise, que diso saben eles infinitamente mais que o detective. Quede isto último ben claro, para que logo non veña o chistoso de turno, o Canibal Lector de turno, a meter o fociño na bragueta ideolóxica dos demais. Nen Risco, nen pureza revolucionaria, nen nada de nada. Nas próximas eleicións o BNG medrará (eu apostei nunha aposta de amigos con cea polo meio a que subía 2 ou 3), a UPG e o quintanismo sairán reforzados e botarán peito para aviso de náufragos, ninguén dirá nada e todocristo calará a boca, a declaración de Beramendi quedará en auga de borrallas, o nacionalismo de esquerdas xa pode esperar, e todo seguirá igual para maior gloria do rexionalismo e as ansias de governar. E o Canibal Lector, que non é do BNG, berrará entolecido como se o fora.
P.D. Don Marcos, había tempo que non o vía tan activo no debate. Vese que este asunto vaille. Eu alégrome.
O noso país e Irlanda son dúas realidades, na verdade, ben diferentes. Mais hai unha característica que sempre me chamou a atención no proceso de independencia de Eire. Contra todo o que se leva afirmado, os grandes posesores de terras non emigraron para o norte, para Ulster, cando foi declarado o Estado Libre Asociado Irlandés (Eamon de Valera e Cia). Só emigrou unha infinitesimal parte da poboación (militares do exército británico, alto funcionariado que non colleu non novo estado...). O paradoxal do caso é que eses terratenentes, descendentes de colonos ingleses, moitos deles anglicanos ('británicos'), foron apoiando a gradual transformación do Estado Libre en República de seu. É dicir, que sen o soporte desas persoas, hoxe a República de Eire non existía.
Quero dicir que o españolismo está sumamente interesado en que o nacionalismo irradie unha imaxe de monolitismo totalitario, é dicir, obrigatoriedade da lingua, levantamento de fronteiras-muro, aillamento, sovietización da economía, monolitismo social... Imaxe que infelizmente é asumida por moitos nacionalistas que caen nesa armadilla ideolóxica e propagandista.
E continúo sen comprender o debate sobre os empresarios. Como se un empresario non tivese dereito a facer parte da sociedade, ou fose un membro 'especial' dela.
Como se nós, os empregados e os obreiros fósemos os 'starrings' do western, deixando os papeis de 'co-starring' e de 'also starring' para aqueles.
Non lles sei, paréceme absurdo. Parece que alguén ten máis dereito que os demais a ser galego.
É todo tan relativo!
Xa me gostaría que na Coruña ou en Vigo se falase o galego na mesma porcentaxe que falan en Hermisende Zamora).
Ou que alguén me explicase que caste de galegos son algúns mozos que andan por Ortigueira ou Reperkusión, envoltos na bandeira galega, cun botellón de kalimotxo na man dereita e un cigarro moderno na esquerda... Nin comparación coas amas de casa que votan PP, que reúnen cada domingo a vinte persoas na mesa e transmiten, cando menos, tradición, idioma, ciencia culinaria, cariño pola súa familia, xenerosidade, propinas aos netos, sacrificio, capacidade de resolución de conflictos na área familiar...
Quen é o máis galego dos dous exemplos anteriores?
Por iso digo que todo é relativo.
Cos meus cumprimentos.-
De verdá que é moi frouxiño como Detective o adxectivado Crepuscular. É dos que sempre lle botan a culpa ao mordomo. Vai ter que espabilar un pouco se non quere pasar unha estadía nun gulag de Siberia a -40ºC pra que se lle axilice a súa capacidá hipotético-deductiva.
Michael Medela dijo...
"Quero dicir que o españolismo está sumamente interesado en que o nacionalismo irradie unha imaxe de monolitismo totalitario, é dicir, obrigatoriedade da lingua, levantamento de fronteiras-muro, aillamento, sovietización da economía, monolitismo social... Imaxe que infelizmente é asumida por moitos nacionalistas que caen nesa armadilla ideolóxica e propagandista."
Don Júlio, que visión mais tenebrosa da esquerda nacionalista. Está claro que hoxe levantouse, mais que con "legañas" nos ollos, con gulags de vello manual nos ollos. Proba inequívoca da nefasta influencia que está a exercer sobre vostede o camarada Beria. E dillo este detective crepuscular, pero infalíbel.
Verá, Houston, digo, Detective Crepuscular, temos un problema.
Se vostede “vive lonxe das turbulencias rexionais”, se “ignora por completo os movimentos deste ou daquel”, se tampouco “acostuma ler revistas de partidos” e, ao mesmo tempo, do BNG sabe “infinitamente mais que saben o Barreiro, o Apicultor e o González xuntos” a pesar de que estes teñan máis “erudición, coñecimento obxectivo, saber intelectual ou capacidade de análise”, porque vostede é quen de rexistrar “minuciosamente canto acontece no cerebro político dalgúns dos dirixentes”. Se todo iso é así, daquela hai un problema.
E o problema é que resulta imposible competir coa súa ciencia infusa e co seu saber mistérico. Xa que logo, está xa todo dito e non queda máis que darlle a razón e calar para sempre, amén.
Por certo, Detective Crepuscular, e permítame a indiscreción: ten vostede algo que ver co Foro Cívico Galego de Barcelona?
A ver, camarada Beria, vostede que é tan ben pensado e castigador, permítame facer de Apicultor/Preguntador e poña en contraste os seus "xélidos" argumentos cos meus "tórridos" métodos, e responda a seguinte pregunta: Por que cré que estiveron Jordi Pujol e a sua dona Marta Ferrusola paseando por Allariz en tan boa compaña neste mes de decembro? Por que? Aventure unha resposta, castigador xélido. Don Júlio Medela tamén pode responder. Non se espanten, camaradas, trátase dunha pequena proba para "ponderar" o seu grao de malicia ou inocencia. E aquí temos un bon exemplo para explicar a diferenza que dicía onte entre o triunvirato orgánico-intelectual e o detective decrépito. Barreiro aproveitaría para escreber un libro de conversas en chave de poder co vice e co ex ao mesmo tempo. Apicultor poríase no seu papel de estudoso e analista político e acribillaría a preguntas ao primeiro que pillara por diante para porlle o epílogo a un posíbel libro que poda estar rematando ou corrixindo. González botaríanos un discurso sesudísimo e complexísimo dos seus. Don Marcos, ao mellor, ensaiaría unha das suas ecuacións. Ao detective crepuscular, decrépito, esmacelado, e non sei cuantas cousas mais, chegoulle con que alguén lle comentara: "Estivo en Allariz Jordi Pujol." Ponto, pára o carro, non digas mais, chega con iso. Vedes a fiferenza? Bería, camarada, agora que xa te animaches a responder, intenta responder esta outra: Crés que da mao do Quintana e coa ollada de esguello (cúmplice ou non?) da UPG os tempos son chegados para o chamado "nacionalismo burgués" pousar os seus fundamentos na nosa terra? Fíxese que esta última son duas preguntas nunha, que por aí anda un interrogante polo meio.
Detective: faga unha lista de persoas non gratas para impedirlles visitar Allariz. Rápido, querémola en dez minutos. Detective: conteste o que lle preguntan. Rápido, que non se diga que é un acovardado. Detective: díganos canto cobra por facer un informe sobre a vida privada dos políticos, xa que sabe ler nos pensamentos. Pódese facer de ouro. Non perda a oportunidade que pasa pola súa porta. Faga caso, ho.
Anibal, Canibal chameille onte, vostede non entende nada de nada. As persoas de esquerdas como eu non facemos listas de persoas non gratas; estamos en algunhas listas de persoas non gratas, iso si. Respóndelle con este post que escrebín na competencia en novembro para que vexa o que pensamos as persoas de esquerdas como eu. Defendemos, por exemplo, a leitura de Juan Marsé en Catalunya, o que xa nos ten custado algún "desgostiño", o que non nos impide ler e gabar a Quim Monzó (que vive aquí no meu barrio). A casa de Allariz da miña nai, aínda que pobre, está aberta a calquera e non hai persoas non gratas que valgan. E Allariz igual. Que carallo de listas negras nen persoas non gratas. Vostede en que tempo vive? As portas abertas, home, comehomes. Lea, ho, lea con atención e abra esas portas da mente.
Roberto Bolaño
Convidado
Publicado: Ven Nov 28, 2008 11:32 am Asunto: NORABOA AO PIJOAPARTE JUAN MARSÉ
Que pinta un nacionalista galego nun foro nacionalista felicitando a Juan Marsé, premio Cervantes e escritor catalán en castellano (de Barcelona) nunha nación sen estado que loita polos seus direitos nacionais? Nada, non pinta nada, que vai pintar. Felicitar a Marsé, non tanto polo premio en si, aínda que tamén, senón porque o considero un autor imprescindíbel e aí está a sua traxectoria para confirmalo. E porque o tipo sempre me caiu de puta madre, que carallo. Íntegro, nobre e sensato como ninguén. Un escritor bregado na rua, nas ruas, que sabe o que é a vida e como contala. Digo que non tanto polo premio en si, porque o propio Marsé confesa que: "No escribo para los premios, el premio está en la escritura misma. Escribo para evocar unas vivencias que no he tenido, para recuperar un tiempo perdido, para dar voz a unas gentes y calles que no la tenían, porque el mundo en el que vivo no me acaba de convencer y necesito uno alternativo..." Aí está a cousa: O premio está na escritura mesma. E a escritura mesma de Marsé tamén é un premio para os leitores, castellano ou catalán aparte. Os nacionalistas desacomplexados e de miras amplas levamos toda a vida lendo a Marsé e non por iso renunciamos a nada nen traballamos a favor do colonizador español nen do explotador. Antes ao contrario, ler a Marsé é tamén un xeito de disfrutar da boa literatura e portanto de renegar do explotador, de todos os explotadores. Simplemente, porque a sua é unha literatura que dá "voz a unas gentes y calles que no la tenían". Nada que ver nese aspecto con Cela, por se algún está buscando no seu maxín estrañas cumplicidades literarias por escreberen ambos os dous escritores na lingua de Cervantes. Non hai mais que vir visitar o Carmelo e o Guinardó para entender do que falo, do que fala Marsé nas suas novelas. Antonte estivo por aquí, por Barcelona, un bon amigo allaricense ou alaricano de Vigo e eu, que xa suspeitaba algo do de Marsé, leveino pola rota Manolo Vázquez Montalbán e acabamos ceando na casa Leopoldo (en plena Rambla do Raval), tan frecuentada polo autor de Carvalho. Moltalbán e Marsé, dous autores forxados na memoria da posguerra bombardeada que eu nunca deixarei de lelebrar e homenaxear, idioma no que escreban aparte. E para rematar, quero lembrar aquel cacho do pregón de Blanes pronunciado polo tamén inesquecíbel Roberto Bolaño no 1999 e que di o seguinte: "Pero yo conocía Blanes de antes. De hecho la primera vez que leí su nombre fue en México, a principios de los años setenta, en una novela de Juan Marsé. Recuerdo incluso hasta el color del cielo mexicano los dos días que me tardé en leer la novela. Allí un emigrante murciano, un charnego llamado Pijoaparte, uno de cuyos oficios es robar motos, se enamora de una rica y joven barcelonesa, que además es guapísima, llamada Teresa. Los padres de Teresa tienen una casa en Blanes, en donde veranea la familia. La novela se llama ÚLTIMAS TARDES CON TERESA y aconsejo a los que no la hayan leído que se vayan ahora mismo a la librería y la compren. Ahí está Blanes..." Eu tamén aconsello o mesmo. ÚLTIMAS TARDES CON TERESA ou calquer outra. Non hai moito estivemos visitando a "presunta" casa da Teresa da novela nunha cala preciosa de Blanes. Juan Marsé para sempre.
Menos autopropaganda e vaia ao gran, Detective Crepuscular. Que semella experto en botarlle os mortos aos demais. Sincérese, home, sincérese. Fale alto e claro. Responda.
Aquí moito falar pero ninguén responde.
Fronte á mansedume preciosista que amosan os nosos dirixentes culturais, velaquí un artigo certeiro sobre o esquecemento (via asimilación) que está a sufir a obra de Castelao e da xeración Nós.
Por certo: a min dáme igual quen asine o artigo mentres se digan verdades coma puños.
Castelao como síntoma
Francisco Rodríguez
Este mes é o do nacemento e a morte de Castelao. No 2009 cúmprense 25 anos da traída dos seus restos mortais desde Buenos Aires para depositalos en San Domingos de Bonaval. Foi unha traída patrocinada e controlada polos que nunca acreditaron na súa obra nen o seu pensamento. Realizouse nun contexto de severas limitacións anti-democráticas, co nacionalismo expulsado do Parlamento Galego. Inevitabelmente foi contestada polos que, no plano ideolóxico e político, nos considerabamos continuadores da súa obra. Desde entón, produciuse paseniño un fenómeno de asimilación, para convertelo en algo inocuo, sen coñecemento e recoñecemento social amplo. A asimilación non liberou a súa obra da minusvaloración e da ignorancia colectiva. A forza do perseguido e censurado, do reprimido, foi substituída pola rotina do abandono e do esquecemento progresivo. Velaí o Pavillón de Galegos Ilustres (sonoro nome oficialista), sarcófago de Castelao incluído, non debidamente aberto nen mostrado ao público durante tantos anos e mesmo agora sen a debida promoción para ser visitado e sen a adecuada información de todo tipo sobre as figuras que alí xacen. Que forma, após de pomposas honras fúnebres retardatarias, e retóricas, de matalos para que non deixen pegada social! Que destino, vérense agora nun templo, de forma sobrevida e inesperada, propiedade da Igrexa católica, un home –Castelao– e unha muller –Rosalía–, escépticos en materia relixiosa e nada proclives ao catolicismo! Canto desleixo e abandono durante case que 25 anos!
É frecuente escoitar, en medios académicos presuntuosos, a idea de que non podemos vivir de mitos, como se o pobo galego os tivese de seu. Castelao, mesmo na súa vila natal, segue a ser, hoxe máis que nunca, basicamente un humorista e un debuxante retranqueiro, unha recorrente referencia localista. O contacto coa súa obra pictórica, gráfica, coa súa literatura –narrativa e ensaio–, coa súa traxectoria práctica na política, está secuestrado socialmente. É só algo bretemoso que se esvae difuso na vaga nebulosa da cultura galega. Dáse a nivel masivo un descoñecemento do seu papel histórico e do seu significado e valor onte e hoxe. Polo tanto, imposíbel o mito. Deberíamos revisar que mecanismo psicosocial, vinculado a unha concepción do poder e do moderno na Galiza, conduce a propórense desmitificacións cando ningún valor galego ten acadado esta categoría. Por falla de asunción social plena. Mesmo cando, nalgún caso se produciu a mitificación, é tan perturbadora e controlada que provoca a inversión do significado real da obra e da persoa: o caso de Rosalía.
A verdade é que non somos dabondo conscientes, por exemplo, do resplandor do noso segundo Renacemento cultural, o que se produciu entre 1914 e 1939. Carvalho Calero, tan pouco mitificado, hoxe tan ignorado e preterido polos mandaríns académicos, lembraba que, naquel tempo, o sentimento nacionalista era máis intenso, pero menos extenso que hoxe. É dicer, avanzamos no plano social-cuantitativo. Porén, a formación, a información, é fráxil. Necesitamos alicerces con fundamento na información e no coñecemento sobre a nosa traxectoria histórica, os precedentes e os seus esforzos e resultados, para descubrirmos a tradición, as prácticas, os valores de Galiza como un pobo con vontade por existir e ter un papel de seu no mundo. Este coñecemento, cos esforzos de hoxe, guiaranos por camiños relevantes e orixinais, non miméticos. A obra pictórica, a gráfica en xeral, de Castelao, tan novidosa e revolucionaria, tamén no plano artístico, non só debe ser catalogada debidamente, como se está a facer, afortunadamente, agora: debe estar visíbel á contemplación masiva e garantida a súa protección como un ben de interese público. Estivo a salvo do deterioro, mesmo da desaparición, durante estes 25 anos? En que mans está? A obra plástica de Castelao ten o valor suficiente para ocupar un lugar central en calquera infraestrutura museística relevante a nivel europeo e internacional. Ela soa xustificaría visitas demoradas, contemplación proveitosa con descubrimento de intencionalidades reveladoras, análises de técnicas e estilos artísticos vangardistas, diálogo coa arte universal ao servizo dunha cultura nacional galega. Os poderes públicos, se son conscientes do servizo á dignificación do país a través da posibilidade de información e coñecemento vedados ou menosprezados historicamente, debe considerar xoias a recuperar para a contemplación e a reprodución públicas o Álbum Nós, as Estampas, os Debuxos de Negros, Atila en Galicia, Milicianos e Galicia Mártir, os cadros e toda a obra gráfica e de deseño de Castelao.
Non resulta desnortado non contemplar, para adolescentes e mozos en xeral, a leitura de obras narrativas como Cousas ou Retrincos, tan sinxelas na súa fluidez narrativa, pero tan intencionadas e filosóficas a un tempo? Non son obras apropiadas para programar un plano de convite á leitura en lingua galega de forma masiva? Até cando vai durar o silenzo sobre Sempre en Galiza, na formación universitaria mesmamente, como se se puidese ignorar un esplendoroso ensaio, de múltiples formas e rexistos, sobre a traxectoria histórica e política de Galiza no contexto da Península Ibérica, e do mundo, de especial énfase na etapa na que aínda estamos nós mergullados como epígonos? Por que tanto medo a posibilitar unha alfabetización básica no terreo social e político cunha perspectiva de nós? Claro, Castelao tamén foi político: unha consecuencia inevitábel, tendo en conta as necesidades do país. A súa teimosía intensa, como a de outros, foi conformando sobre unha base material existente o rostro e a figura dun pobo que aspira á existencia. Non é posíbel facer a historia de Galiza no século XIX, nen a do Estado desde a nosa óptica, sen ter en conta os textos, os discursos, e práctica de Castelao, e doutros no seu afán por definir vontade política colectiva contra vento e maré.
A súa multifacética e proteica obra, tan intenso traballo e rupturista práctica social e política, non se poden despachar con desdén arrogante ou ignorancia banal; moito menos podemos conformarnos coa invocación do seu nome en ritos momentáneos, mentres se impide que a súa obra alimente as nosas vidas. Non podemos descualificar ou menosprezar unha tradición e non deixala descorrer libremente. Esperemos que, a partir deste ano 2009, a presenza da súa obra para coñecemento e disfrute, debate e diálogo, abra un panorama diferente para o espallamento da nosa tradición cultural e artística, para os nosos clásicos. Isto posibilitará o contacto cun campo de experiencias en todas as ordes, e de ensinanzas para os galegos e galegas de hoxe. Castelao é un caso sintomático do desleixo na promoción pública da nosa cultura, de menosprezo dos esforzos artísticos e políticos, xustamente dos que nos deron e dan vida.
Hai algo que non entendo: Este Paco Rodríguez non é un alto dirixente dunha organización política que, curiosamente, é a que ostenta a Consellería de Cultura, aquela mesma que está en condicións de promover o que bota en falta? Entón, por que carallo non o fai? Quen é aquí o principal responsábel? Ondiá, é a organización á que pertence este señor e da que é un alto dirixente.
Tal señor ten unha cara de cemento.
A política cultural do BNG é a que ten a cara de cemento (nunca mellor dito, por certo).
Será tamén lícito que alguén sosteña que Castelao non é para tanto. Supoño. Non serei eu quen o faga, pero como proposta básica de saúde intelectual debe ser tomada en consideración. Algunhas das cousas que sostén Paco Rodríguez sobre a capacidade artística do creador rianxeiro son discutibles. Ou non o van ser? Sen entrarmos en mitificacións ou desmitificacións.
Francisco Rodríguez entra nun aspecto crucial: ao tempo que a oral perde moita forza simbólica e de ligame, a cultura escrita galega non ten acadado un nivel mínimo de socialización correspondente ao carácter e papel que institucionalmente se lle recoñece. No plano do simbólico, o feito de que non se dese nin dea algún tipo de mitificación extensiva é síntoma claro: debilítanse feitos e conceptos tradicionais coma "a terriña", "caldo de grelos", Os Tamara ou equivalente; non acadan amplo status nin escritores nin aspectos da alta cultura do país.
O artigo incide, dándoo por obxectivo, nalgún aspecto para min altamente cuestionable e de selo nidiamente persoal. Castelao e Rosalía, disque, serían "escépticos en materia relixiosa e nada proclives ao catolicismo", aserto procedente sen dúbida de particularísima hermenéutica textual; Castelao como figura basicamente asociada ao pintoresquismo mesmo localista; magnificación do desde logo moi relevante Carvalho Calero... Non é malo, porén, que o Rodríguez estudoso se entrefrebe co Rodríguez político, con tal de que a súa opción e gusto persoal non se volva case-doutrina partidaria; como aconteceu, por exemplo, hai case trinta anos, memoria orgánica dun servidor.
Ora ben: parece haber, en efecto, crítica implícita ao labor xestor do BNG na Consellaría de Cultura. Nada estraño, cuxa causa e cuxo efecto, se prescindimos da aparente inxenuidade, será innecesario puntualizar aquí. Se Rodríguez non deu tempo a unha segunda lexislatura, se o camiño andaba confundido e se podía facer doutra maneira, é cousa discutible pero que xa non verificaremos. O porqué resulta igualmente notorio.
Cambio de póla e titular: dría eu que nas Batuecas.
Pepiño Blanco sincérase nunha entrevista:
"Yo siempre he sido gallego parlante porque mis padres así lo eran y yo lo pasé mal cuando me escolarizaron en un colegio de Lugo y la gente me señalaba por hablar gallego. Justamente lo contrario de lo que está pasando en este momento. Yo no quiero que eso vuelva a ocurrir nunca más, en ninguna de las dos direcciones”.
http://galiciaconfidencial.com/?p=2793
http://www.youtube.com/watch?v=HzmU5aVV5uo (entrevista en "Intereconomía")
Visto o malestar que os seus métodos e comentarios crepusculares e "antipolíticos", aínda que expresados con inteira sinceridade e, por suposto, intrinsecamente infalíbeis (iso é o que el pensa), están a causar en algúns membros da parroquia solainesca, que mesmo Don Júlio Medela anda triste e ten pesadelos "soviéticos" co ditoso nacionalismo de esquerdas, o detective mándame que lles comunique que abandonará este territorio blogueiro durante un tempo indeterminado (esperemos que o indeterminado non inclúa o definitivo), que dedicará en boa parte á reflexión e a apaciguar o lume político que o consume. Podedes estar seguros que, entanto non logre "domeñar" este último, non tornará ao rego da discusión sosegada e construtiva, que é como ten que ser. Eu xa estou farto de dicerlle que serene o ánimo e que se desbrave un pouco, que falta lle fai, pero como se nada, non me fai caso e segue coa sua, e veña que non quere reconciliarse co quintanismo nen pór os pés na terra política e tumba e dalle. Aínda que que eu creo que algunhas das cousas que di son "boutades" para "épater e espantar le bourgeois" (como se o Apicultor e o Gonzáles fosen burgueses e espantábeis) e outras son tonterías que nen a el lle chistan. E con isto non quero dicer que algunha vez, remotísima, non acerte no cravo. E se ten que estar durante este tempo a -40ºC pois que estexa, que mal non lle há facer. Xa falarei co Beira, a ver se ten un barracón que lle sobre. Dounos por sabedores das intencións do detective. Un alivio indeterminado, mesmo para min, que son o seu axudante.
Ninguén reparou nesta frase (C+P textual): Que en pleno delirio anti-nacionalista vasco, castelán e galego (por esta orde)?
Será que o que eu tomei por unha gralla ou lapsus non o é?
(... e Feliz 2009 a todos, que hai semanas que non viña por aquí e os vexo ben asentados na nova presentación do log).
O texto de Francisco Rodríguez (PR) é paradigmático da esquizofrenia política na que se move o sector rodriguista da UPG.
Unha esquizofrenia que o leva a esquecer que o seu grupo político é copartícipe do goberno da Xunta a través do BNG. Moitas das cousas que el denuncia son, por omisión, consecuencia da política cultural que desenvolve o BNG no Consellería de Cultura. Nas mans desta estaría remediar gran parte das carencias sobre Castelao que el denuncia.
E cómpre subliñar que PR non é un afiliado calquera, senón un dos pesos pesados (o segundo ou terceiro peso pesado) no órgano máximo do BNG: a Executiva. Se tan grave lle parece a situación podía facer varias cousas: que o programa electoral do BNG incluíse referencias explícitas a todo o que considera fundamental para dar a coñecer a Castelao (desde o Museo até moitas outras cousas), ou que o órgano máximo de goberno do BNG impulsase na Conselleiría que ten nas súas mans acción prácticas en tal sentido.
No cando diso, acude á crítica e á descualificación dunha suposta "conspiración" para domesticar e infravalorar a Castelao, sen caer na conta que o BNG sería, hoxe por hoxe, o principal responsable de tal circunstancia, porque ten nas súas mans facer case todo o que reclama e que, porén, non fai. Curioso caso de esquizofrenia política o seu. Moi curioso.
Totalmente de acordo con Apicultor. A maiores, cumpriría engadir que a socialización político-literaria que PR propon entre o estudantado dos textos de Castelao me lembra en exceso ao culto a Mao na China doutrora, de Ceaucescu na Romenia dos 80, etc. Castelao foi un grande escritor, ensaísta, artista e político, pero é máis que dubidoso que o Sempre en Galiza sexa un texto que resume a situación desa mesma Galiza na Historia, no presente e no futuro, nin moito menos que se deba ler á luz dun candeiro sostido por non se sabe quen. A iso engádense as vellas teimas de PR (mundo académico en conspiración contra da Patria, como parte da "arañeira" tecida dende o poder e da que polo visto os tamén profesores -de EM, primaria ou FP- non fan parte; confabulación dos poderes todos para agachar o coñecemento de Castelao, Rosalía e tutti quanti, supoño que no futuro de Bautista Alvarez; desmitificadores como colaboradores obxectivos do inimigo, etc. etc.). Si estou de acordo en que o Panteón de Galegos Ilustres non é un lugar moi digno. Claro que habería que comezar por definir quen ten dereito a ser soterrado aí e por que. A ver: cando morran Fraga (no suposto, aínda non probado cientificamente, de que non sexa inmortal) ou Albor (primeiro presidente electo da Xunta de Galicia) non tardarán en xurdir voces que pedirán que se lles sepulte nese panteón. E que se dirá entón: que é só un panteón para nacionalistas ou prenacionalistas galegos?
Estimado señor Axudante do Detective: Agradecendo previamente o seu ton educado e a súa finísima retranca 'laser', quería que me dixese, se for posible, en que altura e/ou cando este indigno servo de Deus fixo alusión ningunha á esquerda nacionalista, ao nacionalismo de esquerda e/ou similar, que argüidamente provocan na miña humilde persoa 'soviéticos malestares'.
P.D.: Transmíta ao seu xefe, que penso que vén sendo o tal Detective Crepuscular, que recúe e non abandone o blog, porfa.
Ninguén vai comentar as declaracións de Pepe Blanco ou é que agora non toca?
Volvendo á denuncia que fai Fco Rodríguez, creo que sería mellor non denunciar o denunciante, senón fixarnos no que di.
A min, por exemplo, gustaríame saber
- Por que deixaron morrer proxectos do ano 2000 (no que se cumprían os 50 anos da morte de Castelao) coma este
http://www.museocastelao.org
que (nos) deberon costar unha pasta?
- Por que a Fundación Castelao malviviu durante anos con pouquísimas axudas? Aquí teñen unha mostra da súa arcaica web, que aínda conservan, e que leva anos sen ser actualizada:
http://www.terra.es/personal/castelao/
Só moi recentemente (grazas a unhas axudas da consellería de Cultura) se puxeron mans á obra para dixitalizar a súa obra.
- Por qué desde 1995 as autoridades municipais de Vigo (BNG, PP, agora PSOE) non fixeron nada por acoller o museo/biblioteca que gratis et amore cedeu á cidade don Francisco Fernández del Riego? A súa denuncia, nun artigo do Faro, é clara:
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009011100_8_287291__SOCIEDAD-Y-CULTURA-Fernandez-Riego-estou-contento-trato-doazon-Vigo
Pois a min paréceme, o señor Francisco Rodríguez, un individuo fantástico e non só porque nunha ocasión lle pedín consello para un tema relacionado con Lobeira e tiven toda a axuda que na altura me pudo dar, desinteresadamente e cun interese sorpredente.
Non sei a que vén esa campaña na súa contra, cando foi, por exemplo, case a única voz no parlamento del reino de españa que mirase por nós.
Ídem para Camilo Nogueira.
Textualmente como o digo.-
Así pasa o que pasa: El reino de españa pensa en promover un polígono industrial, tal vez o segundo máis grande no mundo, despois do de Shangai. De inicio, pénsase na zona de Rábade, na Terra Chá. Ufffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffffff O polígono acaba por se erixir na Mancha.
É claro, se os galeguistas tivésemos 25 deputados en Madrid...
Tamén é verdade que hai galegos e galegas que prefiren continuar todos no terceiromundismo que mellorarmos todos, nin que só for un bocadiño.
De quen vén sendo a culpa?? A culpa pesa pouco, e ninguén a quere levar.
Si, xa sei, tamén non foi o tal polígono para Catalunya. Mais tamén gustaría saber cal é a Caixa que financia tal obra.-
Medela, por deus, xa se está vostede a contaminar da linguaxe PR: "campaña na súa contra", nada máis e nada menos!
Que fose un bo parlamentario nacionalista no Congreso dos Deputados non o exime de ser críticado por outras cousas. E máis a el, que nunca se caracteriza precisamente pola xenerosidade á hora de avaliar a outros nacionalistas (véxase, entre moitos outros exemplos, o que di de Camilo Nogueira no seu libro de entrevistas, ou como ten ninguneado a Foz o seu carácter de fundador da UPG)). Tamén resulta curioso que, no seu cicateirismo patolóxico, non nomee como positivo a grandísima subvención económica que Ánxela Bugallo -bicha negra del- deu á Fundación Castelao para dixitalizar os seus fondos, cando era algo que viña totalmente a conto no seu artigo.
Así pois, ten que que ter PR patente de corso? Pois non. Alguén colgou un texto del e os demais opinaron. Así de simple.
E, en efecto, amigo Isildur, causa unha certa desazón o pensar cal sería o contido concreto desa historia patria pola que avoga PR con tanto entusiasmo.
Don Medela, a vostede os do bloque sonlle todos boiños...
Está ben, esté ben, señor Apicultor... Non se me enfade.
Non hei dicir nada, perda coidado.
Marcho para Karakalpakstan, seica Kyra Prosokova ten un cuarto libre.
Adeussssssssssssssssssssssss
P.D.:
*Se non digo nada, berra por min Jaco Pastorius.
*Se digo algunha cousa, son un kulak irredento, ligerito -caminando para Siberia.
*Se quero mostrar publicamente o meu afecto por PR, a miña linguaxe está contaminada!!!!!!!!!!!
Eu tampouco non concordo con análises que descualifican de pran a actividade partidaria e mailo discurso político-cultural de Francisco Rodríguez. En concreto, con todo e que -segundo dixen máis arriba- me parece magnificador indebido de certas cousas que lle pracen (acepto gustoso incluír a avaliación do Sempre en Galiza, ata un certo punto; engado a posible conveniencia de matizar o alcance internacional da obra gráfica), determinados aspectos de fondo resultan -sempre para min- moi apropiados; entresaco un: "[convenicnaia de] unha alfabetización básica no terreo social e político cunha perspectiva de nós". Acepto, obviamente, que cadaquén ten os seus reflexos; pero a concomitancia co maoísmo de revolución cultural e culto á persoalidade resúltame un tanto trascanteada. Certo é que os mitos, mitos son; nin bos nin malos, só inevitables e a miúdo necesarios.
Canto á relación palabras do Redríguez-xestión da Bugallo: pois encontro ben razón no que lles leo. Xustamente por iso é tan significativo o discurso do articulista, que non só non ignora a disensión que vdes. puntualizan senón que ten intención de, xusta e implicitamente, puntualizala el. Supoño que me explico sen dicir máis nada.
a cultura galega que non remata de sair dun estado embrionario ten xa todos os vicios dunha cultura decadente e excesivamente administrada. A deficiente política cultural dende a administración súmaselle unha rede de axentes culturais afanados en amurallar os seus feudos, impedindo algo imprescindibel para a cultura, que circule. A cultura galega está viciada e taponada . O sistema de intereses orquestado entre a administración, axentes e empresas culturais impide unha valoración dos productos culturais cun criterio cultural. A valoración es as xerarquías estabelecense cuns criterios pertos ao nepotismo, aos favores devidos, e ao negocio cos amigos, de espaldas completamente a cultura. O resultado é que se ofrecen uns productos de baixísima calidade, etiquetados fraudulentamente que van queimando aos receptores da cultura, sen que esto lles importe, porque o negocio non está en ofrecer calidade cultural, senón en favorecer aos socios, ordear xerarquicamente os amigos, os mais amigos, aos enemigos e aos parias nun sistema que depende parasitariamete das subvencións e que nada ten que ver co mercado, nin co compromiso cultural.
Si, boeno, Natural Boy, moi ben. Pero diga nomes deses aproveitados, denuncie casos concretos de editores mercantilistas, desvele tramas ocultas, relacione obras e autores de ínfima calidade. Sexa valente.
Iso, iso, menos trécola e que fale clariño.
Unha opinión xeral e incompleta sobre o estado da cultura galega non ten porque transformarse nunha denuncia. Non sexan autoritarios, non lle impoñan condicións as opinións, que deberían poder facerse en libertade e non dende uns requisitos que de non cumplirse, enmudecerían, así nos vai.
Boeno, home, boeno. Outro máis.
Xuro que Natural Boy non son eu. Xúroo.
si que é vostede, xúroo
Natural Boy son eu, somentes eu.
Non hai moito nunha entrevista a Marcos Valcarcel, este resolvíase nunha crítica ao que tamén denominaba, "tapón", pregúntenlle a el, que pode que teña mais información e mais excacta.
Pero o importante é a opinión, quizais eu esté equivocado e non sexa así, quizais, teñan vostedes razón, pero entón cal é a súa razón, cal é estado da cultura galega?.
A cultura galega conta hoxe cun ente político para regulala, que por primeira vez na súa historia é integralmente galego. A dirección do BNG nomeo a unha encantadora señora para gobernalo. As accións, as iniciativas, as reformas emprendidas, os cambios suscitados permítennos falar dunha nova era da nosa cultura, que recollendo o legado da xeración Nos, e as aportacións posteriores, puxo a nosa cultura no centro e interés non só dos galegos senón que entrou con excelente na rede cultural globalizada.
Os nosos creadores están felices, porque os apoios son recibidos para as súas realizacións culturais e non quedan como en gobernos anteriores en mans de señores medianeiros da cultura que o administraban cunha mentalidade neocaciquil, tomandolle o pelo a autores e artistas.
As industrias culturais proliferan, e están a dinamizar a cultura de xeito non imaxinabel fai uns anos. As axudas chegan con criterios de obxectividade e non se reparten entre os mesmos de antes.
A situación da cultura cambiou moito, os nosos creadores e artistas, poden estar felices, estamos a vivir un tempo dourado, un tempo de enstusiasmo no que os galegos sabemos que se están pondo todos os medios para situarnos culturalmente no mundo nun posición de prestixio, e que eses medios se están utilizando ben, dende a profesionalidade, a honestidade e o compromiso co pais.
Os logros adequiridos, o prestixio cultural, está dando os seus resultados, e o pais introxectando a imaxe que se consigue fora, está progresivamente nacionalizando estratos da pobación até de agora indiferentes ao feito nacional ou incluso hostis.
VIVA A NOSA CONSELLEIRA!
O SEU EQUIPO!
VIVAN OS NOSOS NEOCACIQUES NACIONAIS!
Anibal Lector, como se fose o arter ego de Apicultor, non se conforma coas opinións xerais e pídelle aos demais as concrecións que el mesmo non é quen de dar. Ten mentalidade de examinador eximido de dar explicacións. Un fantoche.
Pedir nomes concretos oculta a intencion de censurar o debate. Un debate que se debería dar, posibelmente non aquí, ainda que si tratar dende o contexto comunicativa e informativo propio dun blog, aprobeitando que quizais sexa o blog cultural cunha maior proxección no pais. Pero parece que a censura implicita, a autocensora e o temor conxelan un debate, que sería fructífero. pero a consigna é:
"non meneallo"
Hei, hei, oiga, que eu non teño ningún "arter" ego, nin tan sequera un alter ego. Mais se queren a miña opinión, debátase todo o debatible. Con todo, pouco resquicio deixa ao debate visións tremendistas e pouco sosegadas. Ora que por min...
Esta si que é unha máis que excelente noticia. Parabéns, Marcos.
Marcos Valcárcel leva o Premio PEN Galiza 2009
[GZnación / Redacción / 13 Xan 09]
O escritor e historiador Marcos Valcárcel foi galardoado co Premio P.E.N. Galiza 2009, segundo fixo público a sección galega deste clube internacional de escritores.
O premio destaca a unha personalidade da literatura galega que teña despuntado na defensa dos dereitos de expresión e de opinión recollidos na Carta Fundacional do International P.E.N.
O galardón, que non tén dotación económica, consiste nunha peza artística “única e irrepetíbel” dun artista galego. Está previsto que o acto de entrega se celebre en Compostela coincidindo, de ser posíbel, coa presentación do libro de homenaxe que varios amigos de Marcos Valcárcel están a elaborar.
O xurado do PEN Galicia 2009 reuniuse onte e decidiu, por unanimidade, entregarlle o premio ao dito escritor e escultor. O xurado estaba integrado por Luís González Tosar, Gonzalo Navaza Blanco, Mª do Camiño Noia Campos, Marilar Aleixandre, Bieito Iglesias, Xesús Fraga e Xabier Castro Martínez. Segundo apuntaron, Valcárcel foi seleccionado pola súa defensa da liberdade de expresión e de opinión a través do blog 'As uvas na solaina'.
Neste sentido, o xurado tivo tamén en conta o traballo desenvolvido polo galardoado na cidade de Ourense e en todo o país a prol dunha maior promoción e difusión da literatura galega. Os membros do xurado tamén quixeron salientar que a figura do profesor Marcos Valcárcel, xa que "constitúe un exemplo de compromiso coas letras galegas e moi especialmente na proxección e difusión exterior dos autores ourensáns", afirmaron.
Que entra en cultura? A saber:
Bibliotecas
Mediatecas
Editoriais
Librerías
Escritores/as
Lectores/as
Músicos/as
Orquestras
Bandas
Coros
Grupos
Salas de música
Concertos
Rondallas
Grupos de gaiteiros/as
Grupos de baile /danza
Ballet clásico
Baile moderno (con todas as variantes)
Galerías
Museos
Academias
Exposicións
Pintores/as
Urbanismo
Patrimonio
Excavacións
Aula de interpretación da natureza
Paisaxismo
Escultores/as
Arquitectos/as
Actores/actrices
Teatros
Salas de cine
Auditorios
Televisión
Platós
Rodaxes
Distribución dvds
Marchantes/as
Programadores/as
Dinamizadores/as culturales
Gastronomía
Adegas
Restaurantes
Bares de tapas
Deseño gráfico
Banda deseñada
Ilustración
Restauración
Conferencias
Cursos
Congresos
Reunións
Charlas
Cidades da cultura
etc.
Podemos ir por partes e quedar, coma sempre, na literatura, a parte do león da cultura. Falemos, pois.
1. Lese?
2. Quen le?
3. Canto se le?
4. Que se le?
As preguntas poden ser reversibles, pero poden, segundo os casos, entrar no terreo da intimidade máis solitaria:
1. Escríbese?
2. Quen escribe?
3. Canto se escribe?
4. Que se escribe?
E tamén:
1. Dase a coñecer o que se escribe?
2. Quen e por onde se transmite?
3. Canto se chega a transmitir?
4. Que se transmite?
5. Representa o que se transmite o que se escribe e o que se le?
A propósito deixo aparte as cuestións económicas como a famosa pregunta:
1. Quen paga todo esto?
Estupendo, estupendo , Arume.
Non lle parecerá mal Arume se lle refago o comentario, lle dou un pequeno berniz partidario e me deixa levalo no programa de goberno do PG para Cultura nas autonómicas.
Nin que dicir ten quen sería o Conselleiro se gobernamos.
Eu, e vostede Segredario Xeral.
Poderíamos traer a Medela nunha comisión de servicio para Compostela e tamén darlle algo.
Xoan da Coba, Lándoa e Apicultor terían que conformarse con senllas Direcións Xerais. Saavedra non acetaría nada, polo que é millor non ofrecerlle nada. Para o resto dos contertulios haberá postiños, por tanto non se anden con lerias e xa saben o que hai que votar.
Sen problema algún. Faltaría máis.
Son 1000 euros polo favor: a ingresar na conta que teño de Caja Badajoz.
Acabo de entrar por outra razón no cervantesvirtual e atopo que hoxe inauguran unha Biblioteca das Letras Galegas. Agardamos noticias.
Ata que se responda as preguntas de Arume parece que o debate non tería sentido, e non é así, eses datos para quen os queira utilizar están espallados por varias publicacións, pero non pode ser condición para o debate a súa peneira. Estamos no terreo da opinión, da conversación e do diálogo, non ante un exame para capacitarse para opinar.
Felicito a Marcos polo premio. E ao tempo, sen dubidar de que este é merecido pregúntome, se non hai outras formas de recoñecimento mais activas e implicativas e non tan protocolarias e moitas veces baleiras, como os premios as artes, literarios e a outras actividades. O recoñecimento non debería quedar en cerimonia, cartos e aplausos. O mellor premio para un autor para un artista, é a efectiva difusión da súa obra, o demais está ben, pero é prescindibel, e pode que ata molesto.
Para concretizar o debate, fágolles unha pregunta:
Cal é a situación da actividade cultural en Ourense?
Pois eu non teño moito que dicir ao respecto, alén de repetir catro xeneralidades. Ademais, non creo que vostedes teñan suficientes coñecementos para levarme a contraria no ámbito da miña incumbencia, que entra de cheo no epígrafe que Arume denominou acertadamente "Baile moderno (con todas as variantes)".
Cóstame imaxinalo facendo a lambada.
Pensaba que eu non tiña nada que ver coa cultura, pero xa vexo que sí.
Entro na categoría de especialista en "bares de tapas" (petiscos,para o Medela).
A ver se nos encontramos como onte XDC
Anónimo:
???????????
Asi que citas a cegas, non sabía eu que o meu representado andivera por libre.
Conte anonim@, y como es él?
Que entra en cultura?, que sae?, quen somos, de onde vimos, cara onde imos?
Cultura es ti, mentres cravas a túa pupila azul na solaina e a escuridade te resposta,mira mais adentro, onde a pedra incomoda o soño fantasioso, hai nela unha inscripción.
Cen.
101: Porque só na medida en que sexamos capaces de crear benestar teremos futuro.
Publicar un comentario