Darwin o revolucionario
CRAIG PATTERSON, galicia hoxe 12-2-09
Celebramos esa semana o bicentenario dun dos seres humanos que máis mudaron a nosa maneira de entender o noso lugar no universo. Por medio da súa visión integradora da biodiversidade e da selección natural, o ser humano moderno puido optar a unha vida guiada polo empirismo da ciencia. Por iso Darwin foi un auténtico revolucionario, e son poucas as revolucións que compaxinan dunha maneira tan axeitada e pacificamente o rexeitamento da orde establecida e o liberador acto de asumir unha verdade centificamente innegábel. Deulle, literalmente, unha volta á tortilla da ríxida sociedade do seu tempo.
Non lle foi nada doado ao autor de A orixe das especies tomar a decisión de publicar unha obra que se xestara na viaxe arredor do mundo que fixo no Beagle (1831). Inda que el se fora achegando cada vez máis a unha visión atea do universo, ben sabía que a polémica que xeraría a súa obra lle podería arruinar a reputación para sempre. Ben sabía que o seu libro revelaba unha existencia case cruel e nada requintada. As fermosas e terríbeis leis do determinismo biolóxico non reflicten unha natureza perfecta porque a natureza non o é: ollemos as imperfeccións do ollo humano, por exemplo, ou a forma dalgúns dos bechos máis estrafalarios do ecosistema. Pero agasalla o ser humano coa conciencia da fatídica lei do máis forte, coa absoluta necesidade de vivir conforme unha norma moral se pretendemos ser o organismo máis evolucionado se non ilustrado da natureza.
Unha vez nunha festa nun piso de Chicago, encetei conversa cunha profesora de instituto. Parecíame unha persoa bastante aberta, ata que me confesou que nas súas clases lles aprendía aos rapaces que un deus creara o mundo en sete días. Ao pensar nese novo grupo de mozos que sairían do colexio cos miolos lavados, púxenme a pór en dúbida as bases das súas afirmacións, e a conversa acabou nunha situación un tanto incómoda. Non o dubidemos: Darwin deunos as ferramentas para crearmos un mundo sen demos nin anxos, pero a tarefa inda está por cumprir ao deixarmos que o ensino estea influído por institucións relixioso-políticas ao xeito da Palin. A revolución na cosmovisión humana que causou Darwin en 1859 só terá un equivalente se no futuro aterran os marcianos no céspede da Casa Branca.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
3 comentarios:
Vouche contar un detalliño que ao millor descoñeces: o mono da imaxe do anís " El mono " é Darwin.
Un saúdo.
Está narrada con todo luxo de detalles esta anécdota no libro HAZAÑAS MÉDICAS, de Tomás Pinós. Xunto con outras curiosidades do mundo da medicina.
Eu tiven unha profesora de instituto que, obviamente, explicaba a Evolución. Era un capítulo do "Dualde" de Bioloxía . Pero certas respostas que daba cando lle preguntabas algo que non estuvera no libro, faime pensar que non a entendía moito, tampouco.
Publicar un comentario