E NON PODERÍA PASAR QUE ... ?
a campaña suxa do PP, sobre todo contra o BNG, anime a moitos votantes galeguistas, desencantados e que pensaban quedar na casa, a acudir a votar por fin o domingo?
De momento, a campaña pepeira está a darlles unha visibilidade ós nacionalistas, aínda que sexa á contra, que lle negaban os grandes medios.
Así o pensa Quintana e quizais acerte nisto.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
15 comentarios:
O pasquín repartido
onte en Celanova
Hai que darlle un bo escarmento ao PP. Eu, desde logo, penso ir votar.
Abelleiro amigo, non abonda con ir a votar. Acaso era vostede un dos que non o tiña claro?, e aghora só con ir a votar pensa cumplir.
Non, hai que levar xente.
Nesta sociedade, na que eu nacín e me movo, hai moito despistado que tanto lle ten. Tanto lle ten un como outro, ir ou non ir.
E os politicos pensan que son estrelas, e cando eu que teño estudos e interés pola res-pública lles manifesto non coñecelos poñen unha cara desencaixada e ata me miran mal como si non fose ben avisado.
Este puto sistema é enormemente fráxil.
E os nosos non son alternativa porque xogaron a "capitalismo".
Anque os prefiramos, il non estarán tamén tocados?.
Tómense a molestia de ver e escoitar a entrevista de María Teresa Campos e adláteres con Quintana (está en You Tube). Con que desprezo, malidicencia e desconfianza o tratan, e con que dignidade e contundencia responde Quintana.
Xa só por isto, por esta gran lección de dignidade, merece ser votado. Eu votareino con orgullo.
Poña o enlace, please.
Impresionante Quintana!
O enlace é este
Na entrevista, Quintana ten como virtudes principais a claridade e a contundencia; o defecto principal radica, probablemente, tamén na segunda das calidades indicadas. Foron interesantes as preguntas de Jauregi e Aguilar; máis discutible o labor da condutora do programa, cuxo papel intencional podería valorar mellor se vise as entrevistas que seica antes houbo.
Pregunta non sei se inxenua: por que entrevistan o líder do BNG o último día da campaña?; habitualmente sitúan ese día ben o aspirante a revalidar ben o candidato da lista máis votada na elección anterior. Non terían previsto entrevistar o candidato nacionalista?; se tal, ¿por que motivo o programan a última hora?
Nestes últimos días, é evidente que Anxo Quintana está doído e afectado. Paréceme tamén obvio que a reacción e comportamento non desmerece nada o seu papel de liderado. Se cadra é revelador para algúns ou moitos.
Seica LVG segue hoxe na Liga de Campións, aínda que era xornada de descanso, digo reflexión. Non me parece que lles sente ben tampouco pórse tanto en evidencia; á fin e ao cabo, tiñan un prestixio.
Acabo de ver a entrevista e teño que dicir que Quintana estivo, en efecto, excelente. E ante a noxenta campaña do PP e da Voz, permítanme que diga tamén que o meu voto vai ir para Anxo Quintana, a quen lle desexo toda a sorte do mundo.
Eu tamén vou votar ao BNG.
A campaña PP-La Coz é para sentir vergoña allea, claro que por outra parte tamén ten a virtude de deixar mui as claras quen son, como pensan, como actuan...
Para min está claro que esta primeira experiencia de governo do BNG na Xunta ten elementos para insatisfacción, bem por como se fixeron algunhas cousas bem por non ter abordado otras, pero é que estou convencida que de non estar aí o BNG o valance dunha Xunta sen o PP sería muito máis negativo.
E xa por último, tamén eu creio que Quin levou mui bem esta última parte da campaña e confio que algúns dos erros que agora está a proveitar a direita sirvan de aprencizaxe.
As últimas encostas danlle maioría absoluta ao BNG.
Debe ser a encosta das Estivadas. Enterao.
Este que non sabe se sube ou se baixa "encostas" é un que nunca deu un pau á auga, que pasou de votar ao SOE a ir de (pseudo)nacionalista radicaloide barato neste foro. Un clásico.
Foron feitas esas enquisas, amigo Enterao, no colexio electoral da solaina, onde a maioría non é absoluta: é búlgara.
Eu tamén me solidarizo con Anxo Quintana. Vino doído.
Por fin o Quintanismo escachou.
Un globo de fantasía pija percorreu Galicia, percorreu.
Publicar un comentario