9 feb 2009

Ferrín: firme puño de liberdade.
Luís González Tosar.
ECG. 8-2-09

Cheguei -de Buenos Aires- a Vigo, en 1969. Matriculeime en 5º de bacharelato no Instituto Santa Irene e cadrei nun grupo moi xeitoso que agromou arredor de Xosé Luis Méndez Ferrín, o noso profe de repaso de Literatura española de 4º, polas tardes. Un día chéganos a nova de que Ferrín estaba preso. Nós sabiamos mellor ca ninguén que el non facía proselitismo barato. O seu estilo era moito máis fino, clarificador, didáctico, aprendéndonos a descubrir a realidade por nós mesmos, abríndonos os ollos adolescentes ás contradicións da abafante ditadura. Durante aquelas clases, fenomenais, nunca lle escoitamos unha palabra descalificadora de Ramón Piñeiro. Pola contra, animounos, aos catro ou cinco do grupo, a ir visitar a Piñeiro unha vez que estivesemos en Santiago. "Vaivos recibir ben, vaille gustar" afirmou. A grande aventura -promovida por Ferrín- daquel COU foi unha viaxe a Madrid, para asisitir ao teatro do Círculo de Bellas Artes. Representaban Luces de Bohemia e alá fomos -unha ducia, profe incluído- en autocar.
Regresamos felices polas reviravoltas da Canda e do Padornelo, cantando, orgullosos do noso profe, sabedores de que estabamos trasgredindo. E aínda que entón non entenderamos algunha cousa, foi un tempo de útil preparación para enfrontarnos á realidade universitaria dos 70, en Compostela. Coñecín, en 1974, a Carlos Casares e a Ramón Piñeiro, fun amigo dos dous. Non por iso cortei, nin enfriei, a vinculación con Ferrín. Piñeiro falaba ás veces de Ferrín, considerábao grande escritor, destacaba nel a integridade, a firmeza de carácter. Certa vez comentou que non lle importaba o de Ulm Roam. Consideraba o personaxe como literario e que tiña máis da creatividade ferriniana ca da súa propia biografía. Corenta anos que pasaron, desde a tardiña na que o vin entrar no bar do Santa Irene a coller tabaco, até hoxe, cando Galicia enteira homenaxea a Xosé Luis Méndez Ferrín, nos setenta anos do seu firme puño de liberdade.

25 comentarios:

Anónimo dijo...

Estou seguro de que Ferrin pide a liberdade dos mozos indepententistas detidos onte pola policia española e anímaos a seguir na loita.
Ferrín é un grande escritor, un formidabel contista e un bo poeta. Políticamente tentou a coherencia con honestidade e recibiu a súa descompensación, nunca entrou na universidade, rechazou premios e foi xeneroso cos novos escritores.
Ferrín é o único escritor galego actual que ten escola.

Anónimo dijo...

Os independentistas sacuden a árbore e Espartaco-Barak-Quintana recolle as noces.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Ferrín deu durante moitos anos cursos de doutoramento e é doutor honoris causa pola de Vigo.

Anónimo dijo...

Eu tiña entendido que Ferrín, precisamente por ser un escritor tan singular e irrepetible, non ten "escola". Pero, en fin, Bender sabe moito máis ca min...

Anónimo dijo...

O que creo que Bender quere dicir é que Ferrín, sen el buscalo, ten moitos admiradores que o consideran un mestre.

Anónimo dijo...

Ferrin como ser humano e tamén como escritor percuraba e percura o recoñecimento, o que sucede é que hai recoñecimentos e recoñecimentos.
Ferrín ten escola, eu perciboo non só na admiración que lle profesan algúns, senón tamén a súa impronta nas súas proprias obras, temática e estilísticamente.
É alédome de que impartira eses cursos, dalgún xeito podería seguir a facelo dun ou doutro xeito, porque concita ilusión literaria aínda nos novos e é unha figura cunha proxección interna magnifica de compromiso coa escrita en tempos un tanto desorientados e fausticos.

Anónimo dijo...

Barak-quintana, lese na Nosa Terra.
O que ven amente, e que non lle cadra ao noso vicepresidente, porque Obama trasmite ilusión e alegría, e Quintana de trasmitir alegría, é o dunha vella, que é a súa verdadeira alma, e sen anímo de menosprecio e insulto, uns nacen vellos e outros conservanse mostruosamente adolescentes toda a vida.
Pouco acerto en conxuntar imaxes psicolóxicas, meis porque non poderían pintar de negro a Quintana.

Quintana o home que só quería ser vicepresidente. Quintana mirandose no espello roto dunha criada galega, que diría un coñecido.

Anónimo dijo...

Pois eu agradecería moito unha pequena ilustración desa "escola" que seica percibe Bender, que sabe moito máis ca min. Cales serían, logo, eses autores nos que Ferrín deixaría "impronta nas súas propias obras, temática e estilisticamente".

[O que si xa non entendo é a que vén aquí o de Quintana (????)].

Anónimo dijo...

Si, a mín paréceme ben a imaxen elaborada por Bender. Quintana é unha vella, a parécese a doña Rogelia.

Apicultor, vostede sorpréndeme. Cando dí: "Bender que sabe máis ca mín", penso que esta frase podería sobrar. Porque se sabe vostede moito, non andaría a pregonalo. A mín paréceme, e pode ter outras lecturas, que é vostede moi vanidoso neste caso. Abondaba cecais con "Bender que sabe moito". A que ven?, saiba ou non saiba Bender máis ca vostede. Parecen vostedes competidores de bachiller no réxime franquista.

Tampouco fai falla ser tan "sesudos varones" para expresar opinións.Non hai algo de elitismo nestas consideracións?.

Anónimo dijo...

Tranquilo, Lobo, non requiche os dentes, que eu inocente.

Anónimo dijo...

Canto galegofalante "berri"! Requíchase o rabo ou as orellas pero regáñanse os dentes... Pa que si?

Anónimo dijo...

Ten razón. Moitas grazas pola advertencia.

Anónimo dijo...

Lamentabelmente penoso que un individuo que anda por aquí vaia como anónimo a Arroutada a poñer cousas como esta:

Mentres consuman o cadaber literario de Agustín Fernandez Paz, soso, sen caracter, aburrridisamente previsibel e incapaz de erguen o bo imaxinativo, sempre mántendos nunha vulgar fantasía, e esforzandose en conectar facilonamente co lector.
Unha bírria de autor, tan enaltecido polas institucións literarias galegas, que rematan dando o cante da súa capacidade de valoración da literatura que se está a facer. Comenencia, amiguetes, intereses e moito negociete.
Eu son un simples cero a esquerda que opina neste foro insignificante para industria literaria deste pais.

Alguén podería explicar que é o que pode levar a alguén a facer isto?

(Nota: fixádevos no seu "nibel")

Anónimo dijo...

Darío Xohan Cabana, Cid Cabido, Chus Pato, Anxo Angueira e outros que merecerían unha atención máis especializada que a miña.

O post sobre Quintana, o noso vicepresidente, vai equivocado neste fio. Pero é xa demasiado tarde para correxilo.

Anónimo dijo...

Dubido seriamente que Darío Xohán Cabana sexa da escola de ninguén. Menos da de Ferrín.

Eu, xaora, non considero a FPG unha escola literaria.

Anónimo dijo...

Por se non se entende: de ser o Daío escolino en vez de mestre, non sería da escola de Ferrín precisamente.

Anónimo dijo...

Até onde eu alcanzo, que non é moi lonxe, tampouco vexo que Xohán Cabana sexa moi escolante de Ferrín.

Anónimo dijo...

Iso seguro xa que escolante é o que pon escola

Anónimo dijo...

Ultimamente non dou unha. Grazas, corrector.

Anónimo dijo...

O Cervo Na Torre e mesmo Galván en Saor participan do imaxinario ferrinian, non é un calco nin unha copia, pero si ten a súa influencia. pero teriamos que entrar en tema collidiños da man.
A poesía non ten esta pegada, moito mellor poeta Ferrín, Darío é un artesán de pezas antigas, melindrosas, cunha til amarela de vellice ainda que sexa pola primavera.
Gostei moito das súa traducción do Poema Sacro, e do doce estilo novo, traballos meritorios e que se agradecen.
Un ferrinián con moito mérito sen nungunha dúbida.

Anónimo dijo...

Antes de melindrar, calar.
Comprobo que resulta inutil expresar opinións sobre literatura galega por aquí.
Demasiada oficialidade, demasiado amiguismo, demasiada ignorancia e ganas de afirmarse nela.
Queden con deus señores. Adeus.

Anónimo dijo...

Outros antes ca ti cometeron a mesma inxenuidade ou imprudencia. As cousas son como son e as fabas da literatura xa están contadas e ben contadas. E punto.

Anónimo dijo...

Inxenuidade/imprudencia? Fabas contadas? Quen é o que conta as fabas boas que entrarán no egrexio pote do caldo? Vostede, sr/sra anónimo?

Anónimo dijo...

As fabas contadas débeas contar o Bender de marras, que xa se lle vé o plumeiro á mínima de cambio.

Marcos Valcárcel López dijo...

BENDER. Agardo que non se moleste por un simple comentario anónimo, que xa retiro polo seu ton insultante.