25 feb 2009


Miradas Alleas (II)
andoliña 25-2-09

Lembro ben a Carlos Casares pronunciando en Auria, nun acto de inauguración de curso da Universidade de Vigo, a conferencia Hemingway en Galicia. Era un dos seus escritores favoritos e un dos temas do que lle encantaba falar. De feito, repetiu esa charla en varios lugares de Galicia e foi ampliando datos ata publicar un libro ben gorentoso con esta temática na Editorial Galaxia. Agora ese libro é reeditado na colección Miradas Alleas, da Xunta de Galicia, cun texto complementario de Carlos G. Reigosa.

É fascinante percorrer o periplo de relacións galegas do Nobel norteamericano, que incluíu personaxes galegas nas súas novelas e contos, dende a Pilar de Por quen dobran as campás? ata os cregos que lembran as andanzas agraristas de Basilio Álvarez.As opinións de Hemingway sobre os galegos son diversas, ás veces considerados como brutos ignorantes ou desprezados por ser unha cultura allea ó mundo dos touros.

Pero, como di Casares, o escritor fíxose inmortal logo pola épica do mar, reflectida en O vello e o mar e Casares sostiña, sobre textos do Nobel, que esa visión puido nacer vendo o esforzo heroico dos nosos mariñeiros na ría de Vigo.

6 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

p.s.
tamén é curiosa constatar, como destaca o libro, o odio mutuo que se tiñan Líster e Hemingway.

Anónimo dijo...

'Miradas alleas' recolle escritos sobre Galicia de autores foráneos
EL PAÍS 30/01/2009

Julio Cortázar, Jorge Luis Borges, Ernest Hemingway, Azorín, Gabriel García Márquez e Ernesto Sábato inauguran a colección Miradas alleas. A cargo da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta, os libros, de gran formato, recollen escritos con centro en Galicia de autores de todo o mundo. Ao tempo, escritores e estudosos galegos realizan pescudas no vencello entre as celebridades literarias e o país.
O primeiro dos volumes trata de Julio Cortázar. Casado de primeiro matrimonio con Aurora Bernárdez, de familia galega, a man que inventou Rayuela amigou cos exiliados republicanos. Mesmo o seu editor, Francisco Porrúa, procedía de Bueu. En Palabras para Galicia, Ernesto Sábato escribe pouco antes de asistir en Galicia aos actos cos que o homenaxeou o Pen Clube. O poeta e ensaísta Claudio Rodríguez Fer investiga na obra de Jorge Luis Borges -Borges dende o labirinto galego-, mentres o profesor Xesús Alonso Montero se ocupa de Azorín. Sobre Gabriel García Márquez traballa o xornalista Carlos García Reigosa. De Ernest Hemingway pescando no río Ulla enacragarase o falecido Carlos Casares: Miradas alleas recupera o texto publicado no seu día pola editorial Galaxia.
O organismo da Xunta anunciou vindeiros números da serie. O segundo presidente de Estados Unidos, John Adams, Graham Greene, Federico García Lorca, o arxentino Roberto Arlt ou George Borrow amosarán a súa versión do territorio do noroeste peninsular.

Anónimo dijo...

Lémbrome ben de ese libro, "O vello e o mar". Trataba de un home obsesionado coa loita contra un enorme peixe branco, que cichaba auga cara arriba por os fuciños, que lle fixera perder unha perna nalgún momento do pasado. Relato psicolóxico puro. Anque igual o confundo con outro, a estas horas da noite...

_____________________

Creo que era en "Un home tranquilo" onde un pescador pescaba sempre a mesma troita, e volvía soltala. Tiña unha teima "persoal" (?) en demostrarlle, unha e outra vez, que era mellor ca ela. Levaría conta dos días, ou semanas, ou meses, nos que a pillaba e nos que non a pillaba. Pasáballe como ao Madrí, que sempre lle quere gañar ao BarÇa, e vicecersa. Todo os demáis equipos son "recheo" (non se me enfade, Xaime!). O "fondo" necesario para darlle senso, por contraste, á única e verdadeira loita. Non sei si có sistema de partidos pasará algo parecido...
____________________________

Hai un conto africano no que un gato lle rouba da cesta a un pescador o único peixe que, con moito traballo, pillara. O pescador atrápao por o pescozo, léavo cara ó río e sumérxeo repetidas veces na auga, ameazando con afogalo, mentras lle berra repetidamente : "Si queres peixes, bucea, cabrón!!".

(Si por casualidade queren oilo na lingua orixinal, é o primeiro conto-42 segundos- de este video:PREMER).
______________________________

F.Forsyth tamén ten un relato no que un pescador loita contra un peixe espada,"O Emperador". O Capitán Nemo tamén lle tiña teima a un calamar xigante. Imaxino que haberá moitos casos similares na literatura mundial. Qué simbolizará esa loita obsesiva entre o home e o peixe, que cheira a mar?. Psicoanalistas a mín!.

_____________________________

O xeito de pescar, e de cazar, do home primitivo era esencialmente diferente do resto dos animáis. Aprenderon a "pensar como a presa". Desenrolaron a "empatía coa presa". Os homes actuáis non son capaces de "pensar como o outro", de poñerse no lugar do outro. Morrerían coa fame se tuveran qe volver a vivir da pesca, ou da caza!.
_____________________________

Imaxino a Hemingüei, nos caios de Florida, sentado na barca, sin pescar nada, escribindo gloriosas epopeias de pesca como mecanismo de compensación. Cerca de él, un analfabeto noutra barca, inchándose a pillar peixes. JAJAJAJ.

Estarán os peixes da costa de Florida medios xordos por culpa das probas de cohetes en Cabo Kennedy. En realidade, os peixes perciben o "son", as variaciós de presión da auga, de un xeito diferente, a traves da pele. Nigún grupo ecoloxista se preocupa das ictiopatoloxías provocadas por o home?.
______________________________

Como me gustaba a mín "Mundo Submarino" có comandante Cousteau a bordo do "Calypso". O que máis me gustaba era a voz viril do narrador. Eu experimentaba de imitalo, para conquistar ás mulleres. Nunca me saíu. A do "ROdríguez de la Fuente" imitábaa eu moito mellor (unha vez gañéi un concurso nunha discoteca, falando do "homo discotequerus"), pero nunca me fixo ligar a ningunha "pavía" ,como din os rapaces de agora. Máis ben o contrario...
________________________________

Anónimo dijo...

Esa voz que tanto lle gustaba, XDC, era dun galego: Ricardo Taibo. Un vozarrón, sen dúbida, tremendamente impostado.

A confusión d'O vello e o mar con Moby Dick, supoño que vai de estraperlo. En calquera caso, na primeira temos, quizá, un canto á dignidade humana no esforzo inútil, na moral do fracaso, na perda de todas a batallas -case tema grego- sabendo de antemán que se han perder. Na segunda, a turbulenta personalidade de Melville, dedica unha morea de páxinas a escribir con xeito e meticulosidade unha rotunda blasfemia. O home contra Deus. Eu non serei quen de matarte, por moito que o intente, pero ti terás que matarme. Veña, Deus, acaba coa túa criatura que ousa desafiarte.

Ben, vale xa.

Anónimo dijo...

O "ben puido ser (e ademais sería moi bonito que fora) así" é un xénero non sei se xornalístico, non sei se literario, que dá moito xogo.

En canto a Hemingway, pois...

Anónimo dijo...

Ósperas, O Mesmo!.

Obviamente, a confusión entre "O vello e o mar" e "Moby Dick" era brincadeira. Xogaba a inducir algún análisis comparativo. Pero a calidade do seu superóu as miñas expectativas.