19 feb 2009


Unha enquisa.
pan por pan 19-2-09. Imaxe de Bacon.

Esoutro día chamáronme por teléfono para facerme unha enquisa sobre as eleccións. É a primeira vez que tal cousa me sucede e respondín disciplinado. A enquisa era ampla e pedía moitos matices sobre a miña ubicación ideolóxica. Tamén solicitaba unha nota concreta para varios políticos do goberno e da oposición. Cando vaia votar, non poderei matizar tanto. Nin moito menos. O sistema obríganos a espremer a utilidade do voto e moitos cidadáns acaban por votar o menos malo. Ou por votar tapando o nariz, expresión que vexo repetida nos blogs. Moitos outros votarán contra un partido, máis que a favor do outro. E todos eses votos valerán igual: convencidos, escépticos, cabreados, resentidos, etc. Si, xa sei que non é o sistema perfecto, pero quen inventou a democracia, con todo, solucionou moitos problemas. Oxalá os deputados electos afonden nesa democracia imperfecta. Xa sería moito.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Sal gorda
Lalo Pavón
la región 21-02-2009
A estas alturas a sal gorda xa se impón ás cuestións programáticas nas aparicións públicas dos candidatos nos mitins. No repaso da actualidade de onte, os socialistas cargaron -como xa é costume nistes días- contra a corrupción de persoeiros vencellados ó PP, así como contra o frustrado candidato dos populares por Ourense, que renunciou por problemas fiscais. Os afrentados respostan cos gastos suntuosos que dín que o actual presidente da Xunta fixo nas dependencias de San Caetano, ademáis do famoso coche dos 400.000 euros. A resposta da secretaria de Organización do PSdeG é a xa acostumada, coma se copiase do seu compañeiro Ismael Rego: Fraga tamén gastou caltos mal gastados.

Pero imos ver: as falcatruadas, son ou non son, pero porque as fagan outros non perden categoría de tales. É tan feble argumentación coma se afirmásemos que un roubo deixa de selo porque haxa moita xente que roube. Un pouco de seriedade. Ahí andábamos e chegou o erro de Quintana de meter un mitin nunha excursións de xubilados. Algún día haberá que volver ó principio, ou ós principios.