VERGOÑA
Remato de ver os telexornais da Primeira e da Cuatro. Gabilondo entrevista a Touriño e información abondo de Rajoy e Pepe Blanco, na Cuatro. Na outra, idem. E así varios días, o ideal bipartidista. E o BNG cogobernante non existe?
E tamén nos está a perxudicar ós galegos a coincidencia coas vascas, das que se informa con máis detalle.
O VENTO É UN CAN
-
Vento de noite
O vento é un can sen dono,
que lambe a noite inmensa.
A noite non ten sono.
E o home, entre sonos, pensa.
E o home soña, durmido,
que o...
Hace 1 día
72 comentarios:
Si ó PP lle comen un segundo no telexornal xa está pondo unha reclamación ante a Xunta Electoral Central, sen embargo, cando o fan outras canles e o perxudicado é o BNG dende o BNG ninguén denuncia nada. Algo falla.
Existe, existe. La prueba es que existen asimismo viejos que suben a un autobús para ir a Portugal y tienen que pasar antes por un mítin del soplagaitas de Anxo Quintana.
Eu pensaba que o soplagaitas era Fraga, ou mellor dito, os que lla soplaban a el.
O PP non desviaba o tráfico, non. Levaba directamente os paisanos, coa papeleta de voto, á oficina electoral. Uns días antes o alcalde xa se preocupara de pasar polas casas dos paisanos, unha a unha, para lles prometer contedores do lixo, puntos de luz, comelladas para os vellos, etc. Daba igual que as eleccións fosen europeas, galegas ou estatais.
Ou ben, uns días antes das eleccións, convocaba aos veciños para falarlles da parcelaria... e hete aquí a sorpresa: era un mitin electoral! Con conselleiro e todo! "Queridos veciños: se non votades polo PP non vos poderemos traer a concentración parcelaria."
Que tempos aqueles! Prendías o terebexo e non paraban de saír conselleiros inaugurando cousas variopintas.
Isto segue a pasar? Seguen votando os mortos, como antes?
Pois, amigo Marcos, lea o ABC: verá como en portada informan de Galicia. E na versión virtual mesmo pode amoblar un despacho e todo.
Nestes días, Madrid para o ABC non existe. Por iso di a miña kioskeira de cabeceira que os lectores de EL MUNDO abandonan a Pedro Jota e prefiren o xornal de Luca de Tena.
Frase escoitada hoxe pola mañán dun mítin de Baltar, onte á tarde en Ourense:
"Estes son máis caciques ca nós" (*). A miña filla preguntoume de que me ría tanto. Hai que agradecerlle que ás oito da mañán despabilemos para todo o día.
(*) Como foi escoitado, non sei se nós vai en minúsculas ou en maiúsculas maiestáticas.
"O PP non desviaba o tráfico, non". O "pois ti máis" revela, sistematicamente, a aceptación do erro propio. O mesmiño que fai Baltar no comentario de Arume.
Sr. ms: todo o que di que fai/facía o PP é o que fai/facía o BNG en canto se lle presenta/presentaba a oportunidade.
Sigue a pasar e seguirá pasando mentres os políticos sigan a mudar de pensamento en canto chegan ao poder. Ou é que alguén pode explicar doutro xeito o Gaias ou o feito de que os mortos (e os vivos) sigan a votar na emigración?
Desculpe vostede, Sr. ms. Acabo de ler nun comentario seu de hai uns días neste mesmo blog: "Hai catro anos moitos estabamos ilusionados co novo goberno galego. Agora, visto o que hai (e que probablemente seguirá habendo), empezo a sospeitar que este país non o cambia nin deus."
Non era necesario que llo dixera eu. Perdín e fíxenlle perder o tempo.
Amigo Arume.
Estes son máis caciques ca nós!!
Foi dito seguramente coa entoación alarmada do envexoso que se sinte superado na sua especialidade.
Xa lle contéi cómo o Baltar iba por as aldeas, mostrando "todo cheo" unha primeira páxina do periódico ,que o acusaba de cacique, e de colocar xente na Diputación:
-Aiquí o tedes!!. Quén é o que coloca?. Eh? .Quén é o que coloca?. Aquelo déulle moitos votos.
(Como xa dixemos algunha vez, ás veces as noticias consiguen o efecto contrario ao aparente).
Está claro: coloca o que goberna! Por iso. e correndo o risco de ser acusado de reduccionisto, fago miñas as verbas de meu avó: sonvos todos iguais!
Co dos "vellos de Quin" e o "caciquismo de Baltar" semella que o entroido, este ano, ven forte e adiantado (coma ó inverno).
Todos somos españois, mais a hora da verdade, uns sono máis ca outros.
Hai uns días unha comentarista da SER referíndose as nosas eleccións dixo: "los gallegos son individualistas y votan mirando la cartera".
Euskadi e Navarra que lle tornan ao Estado a esmola sobrante, non ollan o peto.
Catalunya que está a piques de conseguir unha nova financiación que lle dará uns 3.500 millóns máis de euros, non olla o peto.
Andalucía que xa vai 15 anos que ten AVE e outras cousas, non olla o peto.
Extremadura que é que recibe con moita diferenza máis subvencións do Estado,non olla o peto.
Madrid que antano votaba esquerda. Eran os cultos, os que sabían, e só os ignorantes da ruralía votaban a dereita. Cando viron que os outros comezaron e pedir o seu, recoiro! se a caixa é única e estos levan máis, a nós quedaranos menos, cavilron, e comezaron a votar masivamente, a quen mellor lles garante que non se reparta moito, ou é que agora xa non son cultos?, e non ollan pro peto...
Un non pode fechendear de nada. De nada?, de algo sí. Cando no ano 1990 deixei de mercar os xornais españois, comezei a sentirme moito mellor. Onde vai dar, ho!.
E os mortos de Touriño, xOsse, non se esqueza dos mortos de Touriño. Dos que votan despois de morto, claro está!
Desde logo, habería que dar por suposto que ía saír a presunta faceta máis escura do BNG como tema central de discusión; era obvio que habería a quen lle interesaría -ante todo, sobre todo, con carácter exclusivo- darlle a volta ao argumento, desviar o argumento, ignorar o argumento cando este non só non facilita o comentario escuro senón que mostra a lóxica, conveniencia e damnificados diso que eu chamei aquí algunha vez poder español; expresión que agora reitero intercalando o adxectivo mediático, que non limita, máis ben precisa conxunturalmente.
Vergoña, escándalo, desprezo... Xa o dicían contáronme no seu día, hai anos- os de El País: xa nos chega con cataláns e vascos para que veñan outros; digo eu: para contar o que fan outros aínda que gobernen. España, polo visto, non debe querer saber de nós, e haxa agora expresión persoal de parte, se non partidaria, si ideolóxica.
Desde logo, xa sei que hai a quen todo isto lle dá exactamente igual; polo tanto, é lóxico aproveitar, desviar e darlle ao BNG. Sobre o asunto colateral -aludido aínda que ningún Pisuerga pase por ese Valladolid- inclúo aquí outra versión non vociferante, que inclúe a de Quintana, por se a alguén lle ten algún interese. Que teño que dubidalo.
Arume, non haxa equívoco renovado: xaora, non vai por vde. Pero recoñeza que ignorar olimpicamente a proposta do amo da casa pode chegar a cabrear.
Segue a pasar Señor ms.
Non é que voten os mortos, pero sí que os mortos dan votos.
Para este domingo hai convocada na parroquia de Abeleda unha reunión na que o alcalce lles falará aos veciños sobre o cemiterio.
Non irá ningunha figura do PP, porque este home leva gobernando tantos anos baixo a consigna de "para quen é o burro ben lle serve a albarda".
Quedan vostedes convidados: seguro que apañan algunha gorra, bolígrafo, chisqueiro... e el de paso asegura uns votiños a cambio de prometerlles aos parroquianos, senón o ceo, praza asegurada no camposanto.
Os mortos son o leit motiv das últimas campañas electorais do alcalde: sabe de mercadotecnia. Non lle hai dúbida de que coñece ao seu público. Vellos agardando que lles chegue o día.
Tempo atrás, empeñouse en construir velatorios nos locais sociais (antigas escolas unitarias)con cargo aos fondos FEDER, que non contemplaban este tipo de locais. A solución: cambiamoslle o nome e dámoslle o de "Albergue".
Foron ben acollidos, de fito aí o está, mandando.
E non é coña: hai Albergue en Xunqueira e Albergue en Abeleda. (E teñen letreiro). Por certo, presentan unha elevada taxa de ocupación todo o ano, dado o crecemento vexetativo da poboación, como dixen.
O nome da parroquia sóalle, nonsí? Os señores blogueiros/lagoeiros encargáronse de dibuxalo no mapa da ignominia recentemente.
Para eles a invitacíón expresa a este mitin-festa: Teñen ben que facer se queren...
De todos os xeitos, amigo Saavedra, Quintana e o BNG debían ser moito máis escrupulosos e coidadosos á hora de participar en determinados actos non organizados por eles mesmos.
Hoxe pola mañá non hai outra noticia na radio que o dos supostos vellos enganados. E nela escoitase ao presentador do acto como denomina a aquel Vicepresidente. Por moito que o Xornal de Galicia o matice, o que vai quedar na opinión pública é o engano.
Eu xa non sei se é inxenuidade, incompetencia, apuntarse a un bombardeo ou qué diaños, pero coido que o BNG está a meter a zoca con demasiada frecuencia. Non sabe que ten de fronte a importantes adversarios que van aproveitar até a máis mínima para atacalo?
Eu teño claro que a Touriño estanlle a facer unha campaña vaselínica os de El País, a Catro, a Ser e a TVG, en claro contra-ataque polas noticias que destapou o ABC sobre o despacho touriñán. Fano desprestixiando a Anxo Quintana e a Feijóo.
Do que se trata non é de falar do ben ou do mal que o fixo o bipartito, especialmente do PSOE, que foi o que tivo máis responsabilidades, senón de desacreditar ao rival.
A campaña empezou con encefalograma plano, seguiu de "perfil bajo" e acabará de "caspa caída".
Amiguiños, aquí cada un vai ao seu:
La Voz hoxe:
(1) Recanto superior dereito:
Feijoo ve «lamentable» el «secuestro de voluntades» de Quintana
El candidato popular cargó contra el mitin del BNG que Quintana dio a un grupo de mayores «desviados» sin su conocimiento de una excursión a Portugal.
(2) Xusto debaixo:
Caride ridiculiza a Feijoo
La conselleira de Política Territorial ironizó sobre el hecho de que Feijoo se hubiese extrañado de que las vacas tuviesen nombre de mujer. Más Campaña móvil.
(3) En grandes caracteres:
"Touriño pide el voto para no volver a la Galicia «resignada y pasiva»"
A NOSA TERRA:
"Touriño admite ir aos mitins no coche da Xunta
Redacción . O líder socialista contraataca acusando a Feixóo de alugar os seus automóbiles de campaña en Portugal. "
# Anónimo,
Seguramente ti es dos que foron persoalmente convidados ó "mitin-festa" e agora, dende a caberna do anonimato criticas ó alcalde.
Seguramente acudas ó acto, coma sempre que eres convidado, para pousar sorinte ó lado do alcalde.
Seguramente non lle digas nada do que aquí acabas de dicir e aplaudirás, rabiosaente, tódalas iniciativas que alí vos presente.
Seguramente te leves para casa un deses chisqueiros, un almanaque parroquial ou, quen sabe, un sobre.
Outros, en cambio, decímoslle a cara todo o que pensamos, ainda a risco de levar tódalas hostias -ofrecidas e por ofrecer-, denunciámolo por cantas falcatruadas fai -as que lle coñecemos, claro- e falamos coa xente e, sobre todo, escoitámola... a xente ten moito que decir.
Dos vellos que hai na vila non sobra ningún. Falta xente nova e faltan vellos tamén, que ó non poder valerse por si sos teñen que marchar xunto ós familiares que viven nas cidades ou para residencias de outras vilas. Así que non concordo con vostede, todo o que se fai polos vellos en Xunqueira é pouco, máis se debía facer... como tamén se debería facer pola xente máis nova. É evidente que quen fala faino dende a lonxanía e, posiblemente, esa sexa a maior aportación que fixo por Xunqueira: manterse afastado.
María Xesús por favor, non te escudes no anonimato, é feo, toma un nick, calquera, o que sexa. Pomba brava.
Hoxe saímos en case todas, antena 3, tele 5, ....., o marketing de Quintana é insuperable.
Apicultor: leva razón que lle sobra; en todo. Quintana non o diría mellor; e aventuro que non debe pensar moi distinto.
Apostila á última mensaxe de MS: cando eu escribín, máis arriba, vociferante, éralles aposta aínda que en minúscula; ben sei que nesta solaina a xente non berra.
O de Quintana de onte non ten xustificación, pero os galegos seguimos dicindo que chove, incluso galegos tan independentes coma os que hai neste blog.
O titular non podíaser máis oportuno: Quintana pede o voto aos maiores en liberdade
Marcos, vergoña de que?
Coido que non é o termo preciso aínda que poida reflexar ben unha mentalidade.
Vergoña non, indignación.
Non podemos sentir vergoña porque as forzas españolistas nos traten así, nin vergoña por eles, ante actitudes chulescas non cabe avergoñarse.
Podemos sentir oprobio vergoñento porque esa forza damnificada non proteste, afianzando unha imaxe dos galegos que nos perxudica.A do galego suave, remiso e ao final tonto coa que eles poden pasarse.
Onde está Espartaco?, a abolición da discriminación cidadán por razóns de voto?
Onde está Barak, a alegría dunha identidade aireada con orgullo, que non se conforma con menos que co respeto dos seus dereitos no día a dia.
Onde está Allende, e ese compromiso até a morte cos seus.
Será que todo é mentira, e Espartaco-Bark-Allende-Quintana, é o soño dun ATS que se conforma con ser vicepresidente dun pais onde os nacionalistas cambian para que todo siga igual.
Vergoña, indignación, ..., que cada quen elixa a palabra que estime oportuna. Faltaría máis!
Daquela, amigo Saavedra, estaría ben ver algún día algunha demisión dalgún (ir)responsable no BNG. Do coordinador da campaña (que non sei quen é), por exemplo. E á marxe de blindaxes por mor de siglas ou porcentaxes internas.
Que sería de nós sen isto?.
Amigo Saavedra: repare que o que puxen eu ten que ver con Touriño. Mal podo sentirme aludido. Aínda que moito me temo que lle gustaría que fose Quintana o do despacho por aquilo de que falen dun aínda que sexa mal (sic).
E respostando á entrada orixinal do post direi que os espazos televisivos miran máis á representación parlamentaria que á presencia do partido no goberno, que é o que lamenta don Marcos ao final. E probablemente os do PP e os do PSOE teñan que saír tres e dúas veces máis, respectivamente, có BNG.
Non sei se algún de vostedes se fixou pero, polas fotos, Quintana estase parecendo cada vez máis a Artur Mas.
Fisicamente, quero dicir.
Sen barba, claro.
Aínda que hai por aí unha escritora en ciernes que, desde un blog de Vieiros, alerta sobre os perigos da barba de dous días do candidato para o cunnilingus.
http://www.vieiros.com/galiza2009/blog
¿Podes poñer algunha idea, MS?
Non sei se se fixaron nun cartel de campaña, mostra a un Quintana tan varonil que Jesulín diría "es como un toro".
Hoxe vin o cartaz de cerca e non debía andar aquivocada a miña percepción pois descubrín que detrás da foto de Quintana, discretamente, hai unha muller, non así no cartel onde Quintana ten unha man na cara en sinal de reflexión, aí esta soíño. A publicidade é un mundo apaixónante.
ALEGRÍA
Remato de ver os telexornais da Primeira e da Cuatro. Gabilondo entrevista a Touriño e información abondo de Rajoy e Pepe Blanco, na Cuatro. Na outra, idem. E así varios días, o ideal bipartidista. E o BNG cogobernante non existe?
E tamén nos está a perxudicar ós galegos a coincidencia coas vascas, das que se informa con máis detalle.
(pastiche)
O que puxo o de "Agora non podemos parar" non debe saber o mal fario que as consignas teñen desde aquel Non Pasarán derrotado.
Esta miserable canción de Celia Gámez confirma o dito: Hemos pasao.
PLÁCIDO LIZANCOS
O pasado día 11, mércores, ás 22.15 h os representantes das tres forzas políticas expuxeron e defenderon as súas propostas electorais na TV galega, que con toda obxectividade expoñemos aquí, neste cadro de honra:
Alfonso Rueda (secretario xeral do PP de Galicia):
Total 38 erros. NOTA suspenso.
Ricardo Varela (conselleiro de Traballo. Vicesecretario xeral do PSdeG):
Total 28 erros. NOTA suspenso.
Alfredo Suárez (viceportavoz do BNG. Conselleiro de Agricultura):
Total 40 erros: NOTA suspenso.
El juez Baltasar Garzón, hospitalizado por una crisis de ansiedad hace 32 mins
El juez de la Audiencia Nacional Baltasar Garzón, blanco en los últimos días de críticas por su investigación por corrupción contra personas cercanas al Partido Popular (PP), sufrió este viernes una crisis de ansiedad por la que ha sido hospitalizado, informaron los medios.
Onte ía eu pola rúa do paseo de Ourense e vexo a unha vella que despois de pensalo ben, se achega ao pendello do PSOE e fálalle á moza que estaba detrás da "barra". E vai e dille.
-Podíame dar dous sobres?.
A mociña socialista, ilusionada, colle os sobres e ábreos para meterlle as papeletas... e a vella retrúcalle:
-Non, non. Os sobres solos.
Precisábaos, seguramente, para calquera cousa útil.
Arume: a ausencia é cero, e o cero a terceira parte de nada. Non nos poñen porque non nos poñen, e a aritmética vólvese irrelevante. (Continúo no nós tendencial).
Apicultor: pois si, probablemente. Ora ben, dous detalles: un, neste caso, segundo aparenta nas informacións, o encontro organizaríao a mesma asociación que organizaba a excursión; dous, ¿quen é o coordinador da campaña?
Tal parece que debeu ser iso, disque. Va que haberá a quen non lle valla, unha vez que apreixan...
Eu non digo que non vos poñan. Digo que non vos teñen que poñer porque sexades partido do goberno, senón por ter unha representación parlamentaria determinada. E se ese reparto non aparece, debedes denuncialo diante da Xunta Electoral. Porque cero parece exceso atribuible á tensión presente.
Esta era a pregunta de don Marcos: "E o BNG cogobernante non existe?"
Cero é cero, non presenza. "Non existe?" é "por que non está?". E non poñen, Arume, non poñen, este non é o único foro onde tal cousa se puntualiza.
Non é cuantitativo, é cualitativo. Nota á marxe: no de "debedes denunciar", pasouse un pelín na atribución explícita. Entre outras cousas, porque a razón do meu "nós" soborda o electoral e presente.
"Eu non digo que non vos poñan. Digo que non vos teñen que poñer porque sexades partido do goberno, senón por ter unha representación parlamentaria determinada. E se ese reparto non aparece, debedes denuncialo diante da Xunta Electoral. Porque cero parece exceso atribuible á tensión presente."
E que teña que vir un do Bierzo para que se decaten do evidente, a por os puntos sobre as íes.
Acaba de chegar a casa, hoxe á mañá, sábado 21 de febreiro de 2009, unha carta dirixida a unha miña filla titular do “carné xove” que comeza “Como sabes, desde a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade...” e leva logos da Xunta e de Vicepresidencia –a parte dos dos espónsores. Despois dos triunfalismos habituais da boa xestión –“seguimos a mellorar as prestacións...” etc.-, inclúe o miolo da carta: UNHA TARXETA DE PIZZA MOVIL CON SEIS BONOS DE DESCONTO 2 X 1 A DOMICILIO. Flipo. Enviada a custa dos meus impostos a todos os mozos galegos –votantes ou protovotantes. ¿Será este un grande paso na liberación nacional e social do pobo galego, unha nova metedura de pata en periódo electoral ou serei eu tan estreito que ma colla con papel de fumar e me escandalice por nada? Non o teño claro. A noite do 1 de marzo pedirei unha pizza -ou sexa dúas co desconto- e unhas latas de cervexa que non veñen incluídas. Magoa.
"a por os puntos sobre as íes"
E que veña un alumno de 6º de Primaria a demostrar ante todos por que suspende a materia de galego.
E eu, que non teño fillos, quedo sen pizza, mecajoensandios!
Quintana, entrevistado en "La Palestra", Cadena COPE.
"a por os puntos sobre as íes"
Reprogramación:
a por os puntos sobre os ís.
Nunca é tarde para corrixir. Síntome moi feliz de ter ao meu servizo un corrector personalizado.
Etxe, o grave é a concepción que nesa consellería deixan traslucir dos xoves, e do futuro que se lle albisca. Poderían ofrecerlle bo cine, literatura, música, mesmo empanada do país , pero pizza?, de paso podían tamén sortear unha viaxe aos Anxeles para que estean presentes na cerimonia do Oscar, para un cocerto de Maná, ou mesmo por que non un desconto en Dolce Gabana, Converse, BMW ou Bugati. Os nacionalistas do BNG están, sen dúbida, cambiando.
Bueno (outra campaña en marcha); tamén fan isto; isto; isto; mesmo isto.
Segundo é obriga deles, claro. E non serei eu quen defenda o da Pizza Móvil, moito peor cá que fai a miña señora. Sáelle peor a empanada, non temos forno de obra, e espero que non me desacredite como nacionalista galego; Italia é moita Italia.
No tocante ao tema do fío, xa -sen sorpresas- non tanto centro coma anécdota:
Não é desgraça ser pobre,
Não é desgraça ser louca.
Desgraça é trazer o fado,
No coração e na boca.
Está visto.
Vou mirar esas páxinas de vagar Xosé Manuel, por se atopo algo positivo, non sabe o que me agradaría, sentirme mínimamente satisfeito da acción nacionalista neste goberno.
Visitei as páxinas que nos recomendaba Xosé M. e digo que a Consellería de Vicepresidencia e a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade fai moitas e boas cousas.
Non é ningunha campaña,por favor. É só que me fixo gracia o das pizzas. Xa me dirá.
Desculpe, Etxe, polo malentendido: referíame a esta campaña (véxase como empeza a miña mensaxe anterior). Que conste que o da pizza tamén a min me chama a atención. Conste así mesmo que Rubén Cela foi alumno meu; xuíz parcial, xa que logo, non me fagan moito caso. Se o facían.
Quen ten o cu de palla logo lle arde,dicía a miña avoa Nemesia. Neste caso o cu de palla debeu ser o meu por me dar por sinalado.
Un saúdo desde o entroido auriense
Máis vergoña:
Continúa na Voz a campaña pro-PSOE (e anti-bipartito), xa sen desimulos. Hoxe o titular é:
"Touriño pide el voto a una «ampla maioría» para alejarse del Bloque".
"El líder del PSdeG remarca que «non pasarei polo aro» de la imposición de la lengua gallega".
Dicían o mesmo onte Touriño e Cospedal? Como conciliamos as súas mensaxes con isto?
Ten ela tanta transcendencia?
Ultimamente parecía haber bastantes posicións claras en materia lingüística. Arestora, ¿que quere o PSOE?
Votos...quizáis?
De onde lle podian vir por ese concepto...que os que non ten, xa non os ten...él.
Penso que atinou, XDC. Pero estes golpes de temón a seis días do voto non o deixan en nada bo lugar.
Xa non falemos de coherencia, normalización, actitude para o galego... Aí, palabras sobran.
Diferenza en estratexia. E en estética.
Anxo Lugilde.
En la carrera de tuertos, el PP lleva ventaja sin hacer nada especial
Las dudosas encuestas han desnudado las carencias del bipartito
En la provincia de A Coruña “una parte apreciable de la bajada del PSdeG hay que atribuírsela al voto de UPyD, aunque esta formación está lejos de obtener escaño”. José Luis Zárraga, el sociólogo de cabecera de Rodríguez Zapatero, hacía este diagnóstico ayer en las páginas de Público.
Y Touriño aprovechó ayer mismo su mitin en Noia para decir en público sobre la política lingüística lo que ya había anticipado hace unos días en privado, en su conferencia en el Club de Iñás, ante lo más granado del empresariado gallego.
Se desmarcó del BNG y reconoció implícitamente dos cosas importantes. Primera, que, según el presidente de la Xunta, hay una imposición del gallego. Segunda, que en las galescolas se adoctrina a los niños. Para protegerse ante Rosa Díez.
Hay nerviosismo en el bipartito, en especial en el lado socialista. Seguramente sea exagerado, porque los políticos, enfermizamente adictos a las encuestas, nunca reparan en su historial de fallos. Pero la dinámica que crean los sondeos resulta muy interesante, tanto que están dejando de manifiesto las contradicciones y lagunas de la gestión del bipartito.
¿Cómo puede ser que el Partido Popular esté todavía vivo en las elecciones gallegos y que, sin Fraga, tenga mejores perspectivas ahora que hace cuatro años?, se pregunta atónita la España progresista, que encuentra la respuesta en el continuismo del fraguismo en la Xunta, lo que, en plena recesión, agudiza el desánimo de la izquierda galaica, con ganas de quedarse en casa el 1 de marzo.
Quedan cinco días en la carrera de tuertos que es esta campaña gallega. Y, sin ningún mérito especial, Feijoo es el que mejor va en ella. En eso probablemente sí acierten las encuestas, pues en lo que coinciden es en mostrar una mejor evolución del PP que sus rivales.
Feijoo se está limitando a no cometer más errores, a añadir a los que ya tuvo en las listas, con los fichajes de Luis Carrera y Pedro Arias. Sigue mostrando dificultades para llegar a la gente, pero transmite la sensación de que hace propuestas, mientras sus rivales atacan al PP con la guerra, Irak y la corrupción.
Los problemas del PSOE proceden de la esencia de su propia campaña, que confunde el fin, la presidencia de la Xunta, con los medios para llegar a ella. En la dirección federal socialista no parecen precisamente satisfechos con la actuación de Touriño.
El BNG comenzó mal, porque tras la euforia de la precampaña, con la gran subida que le auguraba las encuestas propias, se dio de bruces con el pronóstico del CIS de un estancamiento o una posible bajada de los nacionalistas.
Y después, se produjo el lamentable mitin de Oia con las personas mayores de Vigo, que habían pagado 15 euros por una comida y una excursión a Portugal. Ahora el PP empieza todos los actos preguntando a los asistentes si han tenido que pagar para ir al mitin y si han ido engañados.
Por inercia ante la cercanía de la jornada electoral, la débil campaña gallega se anima. Las encuestas han postrado al bipartito en el diván. Las piezas del petrificado escenario político de Galicia se desplazan un poco.
UPyD, el partido de Rosa Díez, arrastró al PP de Galicia a posiciones menos galleguitas. Y, a tenor de lo sucedido ayer, también parece que está moviendo al PSOE. Mucha influencia para tan pocos votos.
O BNG cree que descafeinando e rexionalizando a mensaxe vai chapar os votos do PP. Vaiche boa!
O PSOE xoga á ambigüidade. Son socialistas e galeguistas pero non o parecen. Touriño fala galego porque lle vai no soldo pero español en privado. O caso é contentar a todos, pero levan camiño de deixar a Xunta.
Hai que ir votar.
Abofé que hai que ir votar. E, a ser posible, non tirar o voto.
Certo hai que ir a votar. Ou xa non lembrades como se pasaban os de D. Manuel. Eu vin e sufrín auténticos abusos, instalados nunha fortaleza invulnerable.Ó final xa desvariaban, "gaiás", ou urbanizar todo o litoral.
A alternativa gañou por moi pouca marxe, caseque de milagre, e cando lles tocou de ghobernar eu dáballe cheque en blanco tanta era a necesidade do cambio.Impórtame un carallo que cometesen erros. A mín aplastoume 23 anos de ghoberno de dereitas.
E nin o duvido. Quédanme azos para despedir dentro de catro anos naturais a estos "menopaúsicos, ou prostáticos" que hoxe superan os 60 anos. Non teñen nada que aportar, salvo estar ehí para consumarse a alternancia. Despois de estos catro anos veremos que somos capaces de crear. Está claro que os partidos son rancios e están anquilosados, e non son quen de ofrecer respostas para os grandísimos desafíos sociais, económicos,que se nos presentan.
Pero é hixiénico darlles oito anos a alternativa. Anque non consumaran grandes cambios, polo menos resistiron.
Perdoade, pero a mín o dos vellos da excursión, e as críticas chorras últimas, parécenme "pecata minuta". Me la suda. Inclusive, e dighoo con moita arroghansia, hasta me parece ben que enchufaran masivamente a súa xente, se é que esto foi así.
Paréceme lóxico e natural para contrarestar a forza dunha "innoble, sectaria, interesada dereita" que inflou contínuamente a administración con os seus, que xa naceron en casa farta e acomodada, odiando aquelo do que viven ( a lingua).Lembro a suxas fonética dos da tv., arrepiante.
En estado de ghuerra, váleme calquer arma, inclusive a do enemigho.Eles están en estado de gherra. Incluso para interrumpir unha misa na parroquia de Xossé e facer propaghanda dun cemitério. Para saír nos telediarios do estranxeiro.
Perdoade, pero hai que ir a votar.
A veces o blog parece un conciálubulo de vellas mexiriqueiras e conservadoras.Funcionarios que nunca pasaron frío. SE eu vos contara do sufrimento de moita xente, "depurada", vaciada, laminada por manter coherencia. Lembro os seus rostros indescriptibles.
Ghobernar, non é un proceso intelectual, do que abundades, non sei se para ben ou para mal eiquí.
Perdoade que esto non esté no fío, pero tiña gañas. E como son "socializante" e o meu voto cae unhas veces dun lado e outras doutro,e a veces dubido, aghora o estirado Touriño estamo pondo moi fácil. Que siga así innoblemente atacando aquelo do que pasta. Gañará uns e perderá outros. E quédanlle catro anos. So catro anos.
Acabouse.
Claro que hai que ir votar.
Os que gañaron a ghuerra son terriblemente disciplinados.
E nós a laiarnos, e rasgarnos as vestimentas por chorradas. De momento non hai alternativa. E a quen non lle ghuste o que temos que se poña a traballala, con acción, non só con verborrea. A ver canto lle dura o intento.
O dos prostáticos-protésicos vai por os que están a ghobernar aghora.En catro anos quedan ideolóxicamente inadaptados, e biolóxicamente caducos e acabados.
Catro anos non é nada. Eu xa vin desfilar moitos periodos de catro anos. Oito.
E virán moitos máis se "dioloquere".
Lembro que unha das poucas veces que fomos pasto dos telediarios no estranxeiro, daquela chamáranme os meus tios da Francia, foi cando Eladio Blanco Vila, cura nunha aldea dos Blancos, disparara a unhes feligreses por mor dunha discusión nun enterro. Disparara ó chau. Pero as viñetas de humor e os hipertrofiados-ególatras xornalistas deran outro titular.
A mín os asuntos de clero resúltanme moi resultóns metidos en política, ( a redundancia é a mantenta). Gustaríame moito que se fixera eco da intervención do meu alcalde, protomorro e millonario ó socaire da política-imbrincada-coa-administración, se "estrevera" a interrumpir unha misa para votar o seu espiche a conto do cemitério.
Vounos denunciar ós "sepulcros blanquexados".
Pero como se entenden con satanás, non servirá para nada.
Unha das primeira especulacións de Patchi foi precisamente un cemitério. Falaba daquela, haberá 25 anos, de gañarlle ó asunto 10 kilos. Sesenta mil euros. Para consumarse a cuestión tivo que meter ó obispado, a mamar, supoño. Non sería un neghocio limpo,habia atrancos, por eso tardou tanto e tivo que repartir.
Una vez consumado o reparto, foi todo ben, sen problemas, normal, limpo.
Os hipócritas ó imposto revolucionário chámanlle, a veces, limosna.
Están posicionados.
Hai que votar!
para que todo siga igual?
Hai que votar!
para que todo siga igual?
Xa esquecemos de onde vimos?. A onde vai dar, desta volta, o non voto?
Si, que siga igual para darnos azos e reconstruir as nosas forzas.
Si, que siga igual porque os quebrantos que nos van dar non serán tan brutais.
Si, que siga igual para que os nosos se queimen na acción de gobherno, e podan ir preparándose outras xeneracións.
Tes ti alternativa?. Amigho.
A mín dame que somos bastante ineptos para non dar a coñecer como teñen responsabilidade, eles,os outros, na gravísima crise pecuniaria e moral que nos toca.
Nós tamén por haber entrado ó trapo, seguíndolles o xogo e por ter enterrado tan axiña o gran aporte do tecido marxista.
Faime graza, ou dame pena, ver aghora os de I.U. intentar capitalizar, aghora, o gran desastre. Tarde piaron.
Pero somos dignos de lástima.
Todo o que é esquerda.
Parece a corte dos milagros.
Publicar un comentario