19 feb 2009


Románico
ANDOLIÑA 19-2-09

A segunda cadea de TVE está emitindo polas mañás unha serie documental moi recomendable, Rutas del Románico, conducida polo humorista gráfico Peridis. Tras percorrer nunha xeira anterior boa parte do románico en Castela e León, Peridis segue o seu camiño, lapis e lámina en man, pola montaña palentina, Álava, as grandes colexiatas de Cantabria, a arte tardía de Pontevedra, as pinturas murais das igrexas catalás, o final do Camiño de Santiago, os antigos condados de Sobrarbe e Ribagorza (Aragón) e os grandes mosteiros cistercienses e bieitos de Cataluña.
Unha completa visión do Románico dende a clave artística e monumental, que remata sendo tamén unha crónica da época, do estilo de vida e da historia social e relixiosa nos séculos nos que floreceu esta arte. Un acerto da serie é que non se centra só nas grandes catedrais e colexiatas, senón que ademais esculca nas igrexiñas do románico rural.
Tamén un modelo do documental sobre patrimonio a imitar polo audiovisual galego e a Televisión de Galicia: para cando unha serie semellante sobre o Románico galego, que se deteña tamén con agarimo nas pequenas ermidas e capelas que enchen a Galicia rural?

27 comentarios:

Anónimo dijo...

El arquitecto palentino Don José María Pérez, "Peridis", defendió la Unidad del Archivo de Salamanca.

Xaime dijo...

Meu querido Marcos, sei que vostede é o suficientemente intelixente como saber que o románico non da votos, ata non sei se os quitará, xa que olla-lo abandono e desleixo no que están as nosas pedras cabrearía a moita xente que é millor tela iñorante.

Anónimo dijo...

Despois de ler esta andoliña e sumarme á louva destes documentais conducidos por Peridis, contaminado como estaba polo fío gozosamente desaparecido, quedei agardando a ver canto tardaba o xOsse en moer do revés ou en aparecer o lobo coa pelica da ovella a facer de burro e axudarlle a dar voltas... Dixen contra mín: a que se se fala do Románico estes interveñen e escriben das lápidas dos fascistas caídos por Dios y por la Patria que ainda están en moitas igrexas? Pero non. Aínda lle teñen un respecto ao autor e non fixeron tal.
O do esterco desta vez tivo que ser Filomeno... a mi pesar.

Anónimo dijo...

Tampouco te pases anónimo último. Todos temos dereito a meter a gamba.

Por que non asinas con un nick?.

Anónimo dijo...

Pen sei en asinar como "Shakira", pero non me convence.
Case o vou dar como nome de vaca noutro fío.

Anónimo dijo...

Benvida rapaza!.
Olé.

Marcos Valcárcel López dijo...

calma
calma e tranquilidade ...

Anónimo dijo...

Marcos esa rapaza, Limiá, que non se atreve a asinar como Shakira, tivo un acerto que me ghustou. Dixo que éramos unha xeneración. Vostede, api, etxe, xosé m.gonzález, dkv, Vom der steim, Medelás, feroz, ms....etc...
Sabe?.

Creo que nos unen demasiadas cousas.
Ela é máis cativa, pero non tanto como para non darlle cabida entre as nosas teimas, vicios, e mística.

Anónimo dijo...

Maxistral almorzo, hoxe, na elegante residencia de Ramón Quintana, en Auria.
Don Ramón convida ao xantar, presenta libros (primeiras edicións...
A casa dos señores Quintana/Manú/Antía transmite serenidade... Unha atmosfera de parentesco e cariño. Unha cápsula no tempo permitido, legal, dignificado, normalizado e docemente relativista.
Manú, serena anfitriona, alén de tranquila, burguesa, dona do seu destino, levemente desencantada e matriarcal walkiria. Pija, sen o saber, abofé.
Miña madriña... Cando vin o cocido mesmo pensei que Manú era a reencarnación da avoa Concha de Lobeira!
Aparece don Xoán da Cova. Ben seguro: Tocaba acto de fe. A eterna caravana de reencarnación. E don Xoán non quere que se fale nel. Anécdotas, piadas, solemne brincadeira. Pasan rapazas revestidas de pingüinas.
E o mundo, madia leva, continúa a funcionar como máquina alemá ben engraxada. Hai fregueses que saúdan a don Xoán.
Libros, cheiro a xesta queimada. Manú a transmitir eternidade. E nada acontece nin deixa de acontecer.
Viva o mundo!!!!

Anónimo dijo...

Esquecía:
*Trouxen botín de libros para a casa.
*De sobremesa houbo mazás ao forno, recheas de uva pasa. Estaban 'de muerte'.

Anónimo dijo...

Revestido por "disfrazado" e por riba un término vivo. Utilizouno a vella da Limia?.

Nunca o ouvira. Interesante.

Anónimo dijo...

*Revestir traduce o castellano *Disfrazar.
*O galego *Disfrazar correspóndese co castellano *disimular: "O Joshua sempre disfrazou as súas auténticas intencións coa Vanessiña".
*O galego *máscara traduce o castellano *disfraz; si, ben sei que existe *disfrace, ben o sei: "Agora todo o mundo pasa da movida, aínda que algún mozo aínda pon a máscara".
Penso modestamente, e desde a miña posición de afeccionado, que os filólogos que fan os dicionarios, alén de seren auténticas eminencias algúns deles, son pésimos (socio)lingüístas.
Non escoitan as persoas das aldeas, que son as que crean e conservan o idioma. Só hai que adaptar os usos lingüísticos de Piñeira d'Arcos á normativa gramatical.
Saúdos, don Lobo.-

Anónimo dijo...

Na miña aldea, chamábanlle, a calquera persoa disfrazada, "un entroido".

-"Aí ven un entrodio!".

Anónimo dijo...

Esta dedícolla ao Medela: Judy revestida, e con óculos:PREMER.

Por certo, Medela. A qué partido votaría o pai galego de unha rapaza chamada "Judy"?.

Anónimo dijo...

Os "entrodios" están do "outro lado".
Medela, por aquí anda algún amigo seu, lobeirán coma vostede:PREMER.

Cada vez que lembro que esa rapaza, nun principio, tiña vergoña de cantar en público...!.

Anónimo dijo...

Miren qué "introito" para un conto:

A unha aldea perdida no medio da nada, onde nunca pasa nada, chega un día un extrano carromato,arratrado por un cabalo desfalecido. Non hai rastro de presenza humana nel, salvo que está cheo de libros...

Fai falta a imaxinación de un Medela ou de un Jimy de Rairo para rematar o conto...

Anónimo dijo...

Salváronse da queima de unha dictadura (Farenhait 451 ). A aldea é fantasma porque están todos emigrados na china, ou foron os humanes destruídos por a nanotecnoloxía altamente contaminante?. Nós de velliños, somos unha xeneración de nostálxicos, imos visitar a aldea fantasma, atopamos o carromato, e Medela, que é o que manda,imponnos a todos de "mamorizar" un libro. Transformámonos en homes-libro, antes de que a dictadura, todavía non sabemos de que signo pero é posible que sexa pp-bnga-psoe, no-los cache e queime.

Anónimo dijo...

Virán os chineses a facer turismo rural a esa aldea. Non van querer os grelos que lles preparemos, non teñen o padal preparado para o amargo. Caerá o prezo do grelo no mercado de futuros. Os camareiros da china serán galegos, altamente formados e preparados.

E nós recitarémoslle os libros. Cada quen o seu. Su dos soutos de centenarias caracochas dos castañeiros.

Eu son a odisea. Pídome mamorizar a Odisea.

E vos quen vindes sendo?.

Marcos Valcárcel López dijo...

EU a DIVINA COMEDIA de Dante

Anónimo dijo...

Pois eu "Guerra e Paz" de Tolstoi.


JAJAJAJAJA

Anónimo dijo...

Pois eu, para superar ao Da Cova, pídome a "Fenomenoloxía do espírito" de Hegel.

Mais pensándoo mellor, mmmm, cáseque elixo "Pedro Páramo".

Anónimo dijo...

Sempre pensei, à serio, facer unha nova versión de farenhait 451 con todos os meus amigos. Bueno, empezando por a parte final que é máis fácil.

Vai ser no souto de Parada dos Folóns, aldea onde o pai de dacobra pescaba troitas á mau.

Vai. Despois engadímoslle, con tempo, os chineses, a dictadura dos partidos democráticos, a emigración masiva dos galegos, as casas a ruir,...

Vós ide "mamorizando un bó anaco, para disimular que sabedes toda á obra.
Interpelámonos po-lo nome da obra: "Pedro Páramo, vamos a tomar unhas cervexas coa divina comedia".

Ides levar unha sorpresa, rediola .

Anónimo dijo...

La Región ( Hace 50 años)

"Maxistral almorzo, hoxe, na elegante residencia de Ramón Quintana, en Auria."

Anónimo dijo...

Eu propoño que se supriman os fíos onde se fale de suculentas comidas.
As descripcións de olores, combinacións de sabores, e exposición de pratos creativos deben ser suprimidos por o administrador do blog.

A mín fanme mal. Erlúmome.

Protesto!.

Medela, presente vostede as súas escusas como fixeron outros por falaren de cousas que non veñen á coallo.

Anónimo dijo...

Hai que votar se metemos a Manolo Outeiriño ou non.

Acapararía a carreta enteira e non pode ser. Anque como son un mal bicho, revelarei, sen debelo, que el quere ser a "Teoría do nacionalismo" de Vicente Risco.

Anónimo dijo...

Eu pedía ser, se non estiver collido, "O testamento de Winnetou" de Karl May. Se estiver ocupado, "Heart of Darkness" de Joseph Conrad.

Para o señor Dacoba: Un home cuxa filla se chame "Judy", só pode ser votante furibundo do PP, vivir en Cristosende, non saber falar castelán en absoluto e dicir en público que os de 'Galicia Bilingüe' teñen toda a razón.
É probable que o tal individuo se chame Nicanor, Gumersindo ou Inocencio, que traballe na construción e as fins de semana de axudante dunha funeraria: Apocalipsis, Límite, Seguros La Hispano-Navarra, etc, alén de experto labrego e consumado matachín de porcos domésticos.
Acostuma tomar copiña de licor-café nas tendas bar da comarca e a blasfemar compulsivamente.

Dacova: O músico é o lobeirao Israel Salgado, amigo da infancia.

E pido desculpas polo pormenorizado relato da comida na casa de don Ramón Quintana.

Prometo ser bueno...

Anónimo dijo...

Sabe aquel que díu:

"Medela, faite mellor que bó xa es".