1 feb 2009


VERGOÑA
PAN POR PAN 31-01-2009

Onte sentín vergoña, unha vez máis, escoitando unha nova de tema galego nun telexornal. Non era un crime da Galicia máis profunda nin nada sobre o narcotráfico.A tele informaba que Sogama non incinerou ningún dos millóns de fármacos recollidos en España, en vinte mil farmacias, dende 2002 ata hoxe.Doce mil toneladas de medicamentos usados ou caducados que, en contacto coa auga e outros residuos, poden ser altamente tóxicos. De nada vale o esforzo dos cidadáns levando eses fármacos ós contedores da farmacia, porque, en vez de ser destruídos, logo son enterrados en Cerceda, co perigo evidente de contaminar augas e terras. Pero, en que mans estamos? A alguén lle importa de verdade garantir a nosa saúde? Para que se gastan cifras millonarias en campañas a favor do medio ambiente? Haberá un responsable deste disparate: que poñan xa a súa foto na portada dos xornais.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

A Cerdeda vai todo. Xa poden vostedes levar traballo a separar o lixo, que logo alí vai todo xunto. Estanse rindo de nós.

Anónimo dijo...

É todo unha carallada. A unha persoa que montan un bar pídenlle ás instalaciós un montón de requisitos de sanidade. Logo vai ao campo da feira a comer o pulpo, e alí hai de todo menos hixiene. PEro, como é municipal...
O Seprona pódelle meter unha multa por calquera carallada. Pero as instituciós poden contaminar impunemente o que lles da a gana. O mesmo pasa cós accesos a discapacitados, etc. Vaia vostede cunha cadeiras de rodas ao xuzgado. ETc.

Selina dijo...

Hai un artigo do código penal, non lembro se o 92 ou o 93 que fala do delito ecolóxico. Poden ser axentes de delito ecolóxico as persoas xúridicas ou as institucións. Polo tanto, e cando menos, este tipos de cousas habería que denuncialas no xulgado ou na garda civil. O problema xurde cando, para levar a cabo accións deste tipo, se necesitan apoios humanos e económicos. ¿Quen denuncia?, ¿quen corre cos gastos do ou dos xuícios?. Sei que hai fiscais especializados no tema e asosciacións ecoloxistas que o poderían facer. ¿Será que estamos levitando e non nos enteramos de nada?

Anónimo dijo...

Eu sei de algún concello que puña os contenedores de recollida de papel "de fantasía" e despois verquíaos ó lixo normal, cando había escombreira. Agora fai o mesmo, non se reciclan, van onde vai o lixo restante. Afirman que non é rentable envialos a fábrica da pasta de celulosa ou o que sexa. Por o menos dinno. A Pobra de Trives.
Debe de haber moitos máis.

Anónimo dijo...

Os que tiñan que denunciar son os partidos da oposición, pero claro, "hoxe por mín mañá por tí" . O manido corporativismo da "casta".

Anónimo dijo...

Algho hai, DKV , de casta sacerdotal ou bramánica nos políticos. Poderíamos facer análise de fracaso de xestión en moitos deles e siguen ehí, tanto para un roto como para un descosido. O aguante é un valor. A resistencia. Resistencia as humillacións, auténticos sin-vergonzas ( non a teñen, é un valor). É digno de ser estudado, ó mellor nos non somos mellores.

Anónimo dijo...

Para empezar, o que podían facer era devolverlle o lixo aos españois. Aquí xa nos chega co noso (Meirama, As Pontes, Ence-Pontevedra...) E para continuar, mandar a Pachi devolta a El Carballino.
Sogama foi in invento do PP, criticado polo PSOE/BNG cando estaban na oposición e asumido por estes dous partidos agora que xa rentabilizaron as súas críticas.
Nunca, nunca máis políticos inconsecuentes.

Anónimo dijo...

Lobo neghro. Si lee o delicioso "Masa e Poder" de Elias Canetti,atopará algunhas claves nun capítulo no que fala do "supervivinte", que é de algún xeito, "o que aguanta", como di vostede.

MS: Tomo nota do seu particular "Nunca máis".

Anónimo dijo...

Outras claves pode atopalas no tamén delicioso "Elogío del imbécil", de Pino Aprile.

Anónimo dijo...

Aiquí ten as cinco "leis" que desenrola o libro de Aprile:


“El imbécil sobrevive. El genio se extingue”.
Corolario de la primera ley: “Antes tontos que muertos”.
Un Principio:” La evolución prefiere a un tonto vivo que a un genio muerto. A cambio de darnos la vida, la evolución nos pide el cerebro”.

La segunda ley sobre el fin de la inteligencia de Aprile, es “El hombre moderno vive para volverse tonto”,

la tercera “La inteligencia actúa en beneficio de la estupidez y contribuye a su expansión”,

la cuarta “La imbecilidad solo puede aumentar”

la quinta “La unión no hace la fuerza sino la imbecilidad”.


No libro pode atopar infinidade de exemplos que ilustran cada unha de esas leis. En todos os ámbitos da vida, pero, na política, especialmente.