28 mar 2008


A cara do mal.
Pan por Pan venres 28 marzo

Como era previsible, os obituarios de Richard Widmarck, falecido ós 93 anos, lembran a primeira película que o botou á fama no mundo do cine: “O bico da morte” (1947). Non porque sexa a súa mellor película: fixo máis de 70 filmes, moitos ben notables, en xéneros como o western, cine negro, thriller, melodrama, etc. En “O bico da morte” interpretaba a un desalmado que era quen de atar a unha velliña a unha cadeira de rodas para logo, impasible, tirala escada abaixo. Era a cara do mal e iso, xa o di o tópico, é excepcional para lucir os rexistros máis ricos dun actor. Pensen na Bette Davis de “¿Que foi de Baby Jane?”, plano a plano facéndolle crueis canalladas á súa irmá, tamén eivada nunha cadeira de rodas. Na sala escura, co silencio que envolve a pantalla, aniña a catarse e o misterio morboso que nos permite admirar estes monstros dos que refugamos con firmeza na vida real.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu lémbroo naquela película "pánico nas rúas". Mataran a un forasteiro que resultóu ser portador dunha enfermedade mortal moi contaxiosa. Buscaban aos criminales pra vacunalos e que non trasmitiran a epidemia por todo o país. Él facía de médico militar, responsable da salud pública.

Anónimo dijo...

Na sala escura, co silencio que envolve a pantalla, aniña a catarse e o misterio morboso que nos permite admirar estes monstros dos que refugamos con firmeza na vida real.

Meu querido amigo, ¿está vostede seguro de que iso é posible? ¡Monstros dos que refugamos con firmeza na vida real!

Anónimo dijo...

Pois eu recordarei a Widmark sobre todo polo seu papel en "Vencedores e vencidos", no que interpretaba ao fiscal norteamericano Jackson, que en nome dos aliados exercía a acusación contra os procesados de Nurenberg. Unha cousa seria.

Anónimo dijo...

Non lembraba o título, e tamén unha das películas que eu asocio a tan ilustre intérprete. Xunto con outro papel nunha caravana cara ao Oeste onde Kirk Douglas fai de ex-militar promotor e -se non se me cruza outra historia- Gregory Peck de condutor e guía principal.

O máis moderno de Widmark que eu debín ver foi unha versión do Asasinato do Orient Express onde representaba o antipático asasinado. Non sei se pechou con ela ciclo interpretativo, volvendo así á orixe mencionada.