28 abr 2008

Julio e o río (Faro Vigo 28.4.08):

Ferrín escribe sobre a novela de Julio López Cid

41 comentarios:

Anónimo dijo...

Artigo río, tamén, o de Ferrín.

Anónimo dijo...

Sempre é de agradecer o xesto de Ferrín falando de El Río, a novela de Julio. É xenerosidade da boa, aínda que so ó remate do artigo cite a obra de López Cid. Pero está ben traído todo o fío da memoria para chegar, como o Miño, a desembocadura: o texto de Julio. Miña gratitude. Chesi.

Anónimo dijo...

Aproveito a ocasión para felicitar ao novelista Chesi polo seu premio Bruguera. Espero ler a súa novela neste verán, pero da súa autoría e non da de Bryce :-).

Anónimo dijo...

¿Este verán? Para entón estará esgotada. Terá que facelo antes ou esperar a unha reedición. Gracias polo seu interese. Que a disfrute (o a lo menos, que non a sufra moito). Chesi.

Anónimo dijo...

Espero e desexo que estea esgota xa antes do verán. Pero eu penso mercala mañá mesmo (non sei por que non a collín hoxe, que a tiven entre as mans) e reservala para as vacacións.

E disfrutareina, pois todo o mundo fala moi ben de vostede como novelista (recoñezo algo avergoñado que non lle lera nada até o momento).

Reciba un cordial saúdo.

Anónimo dijo...

Non é vergoña non ter leído nada meu. Hai carencias máis significativas que esas. Tranquilo. Adiante co intento: ó mellor ata lle resulta agradable. E o saúdo é recíproco, palabra bastante fea, por certo. Recíproco: parece un oso do esquelete ou unha desviación dalgún músculo. "Ai, creo que rompín o recíproco". Ou: "Tenme que devolver o recíproco perfectamente asinado e cos seus datos fiscais".

Anónimo dijo...

Eu tamén a iba mercar o outro día,na feira, onde estaba o autor firmando. pero como ando tan mal de cartos como cada fin de mes, non a collín. Pero si se vai agotar tan pronto, mércoa mañá mesmo. Que dous días sen comer, agoántanse ben.

Anónimo dijo...

Tamén pode valer como alcuño: Lucas O´Recíproco.

(Pero calemos todos, non vaia ser que veña Alfredo O´Copias)

Anónimo dijo...

Eu o sábado comprei CHESIL BEACH, de McEWAN. Asi que tamén podo comprar o de CHESI (non sei se BEACH), que debe ser da mesma familia literaria co outro. Digo eu.

Anónimo dijo...

Che si, che si, que o merque. O de McEwan chamoume a atención pola similitude fonética. Como adianto, mañá (Luis García, sen crítica, máis ben broma) teño que estar na TVG no proghrama que dirixe Luis Rei. O que non sei ben é cando pasan o programa, se é en directo oun non, en fin, eas cousiñas. En fin, gracias aos que teñen interese no meu libro porque eu penso que non é verdade que a literatura estea mal, que se edite demais, nen que se lea menos que antes: ó contrario: hai cantidade de libros bós, de pequenas editoriais que defenden a texto literario contra o producto de mercado e que hai sitio para todos. Home, non teremos as vendas de Ruiz Zafón pero no está mal que Ruiz Zafón venda o que vende. Leer é o interesante.

Marcos Valcárcel López dijo...

Un pracer poder saudalo dende aquí, amigo Chesi. Tamén eu teño pendente de lectura a súa novela. Do programa de Luis Rei, sinto dicirlle que é deses que botan a horas prohibitivas cando a maioría dos mortais durmimos: por sorte, creo que se pode ver dende a web da TVG a calquera hora.

Marcos Valcárcel López dijo...

Polo demais, é ben sabido que Ferrín e os seus amigos sempre escribiron ben dos López Cid. Lembro unha crítica entusiasta, creo que de Darío Xoán Cabana e no "Culturas" do Diario 16 de Galicia, a propósito da novela "Ponte Sobreira", tamén de Julio López Cid.

Anónimo dijo...

Leída e con Epílogo "Extra",de Chesi. Unha gozada mais na miña bibioteca.
Trebi

Anónimo dijo...

Felicidades tamén Chesi.
Corro a ver se chego antes que Apicultor e XCD non vai ser que collan eles os últimos exemplares.
Realmente é unha satisfacción telo na cidade e no blog.
Xa me engaiolara Cabo de hornos, -do mellor que lera en moito tempo-. Corro e convídoos a que dean unha volta pola Cueva de Zaratustra e lean a intervención de Chesi en Trasalba no dos psiquiatras do 2006, unha marabilla.
En fin, saúde e adiante.

Anónimo dijo...

En Tanco aínda quedaban algúns exemplares. Pero despois do escrito neste blog contan que neste momento hai xa unha inmensa fileira, que chega deica o Parque S. Lázaro, agardando a que abran mañá o Manolo e o Moncho. Dese présa, don Etxe, e póñase á cola (e non se esqueza de levar licor café para matar a friaxe).

Anónimo dijo...

Na Librería Michelena de Pontevedra tiñan onte un feixe de exemplares de "La soledad de las vocales" en lugar privilexiado para iso que se chama "compra por impulso", practicamente ao lado da novela nova de Ruíz Zafón. Eu deixeime levar polo impulso de mercar a novela do señor Pérez. A ver se empezo con ela un día destes.
E, fíxense que casualidade, acordeime de Don Arume e merquei tamén "Chesil Beach".

Anónimo dijo...

Entón vou eu agora mesmo a Tanco, e quédome a dormir nun saco, na berirarrúa. Cando abra o Manolo, cómproos todos, os exemplares do Chesi, e fago negocio coa reventa, a ver se revento. Vaian preparando "pasta", que non lles vai sair barato.

Anónimo dijo...

E graciñas, Leituga1, por nomear a pontevedresa Michelena e facerme lembrar tamén épocas discotequeiras nesa cidade, na "Equus", na "Shiva" ou na "Daniel". Inda lles podía contar unhas cantas das miñas...Que quede así a cousa.

Anónimo dijo...

Coincidiría vostede coa tropa do Mariano? Digo eu.

Anónimo dijo...

Coincidín algunha vez de xuerga có Principe Felipe e os seus compañeiros da Escola Naval de Marín, pero...Chitón!. Non digo máis.

Anónimo dijo...

Moitos libros mercara eu en Michelena cando me dera a arroutada de pecharme dous meses no mosteiro de Poio lendo só literatura galega (a que me quedaba) oito ou nove horas diarias. Aló, polo Pleistoceno, máis ou menos.

Anónimo dijo...

Era boa librería, imaxino que o sigue sendo.
Unha pregunta, Apicultor. Sentábase vostede a ler á sombra do cacipo que está a caron do mosteiro, que é parecido ao de Carnota.
É por si temos algunha cousa máis en común, jeje.

Anónimo dijo...

Que gusto.
Que arrecendo de liberdade e fraternidade se respira neste punto do blog...
Viva la revolución (francesa)

Anónimo dijo...

Excelente librería: para min a mellor de Galicia. Con perdón dos santiagueses que cren telas mellores. As librerías, digo.

Anónimo dijo...

Vaia, ho, acábase de perder unha demorada exposición da miña vida monacal por un fallo de non-sei-que. Agora dame preguiza volver a relatala.

Anónimo dijo...

Veña Apicultor, que non lle dé "flojera"...(floxeira?)

Anónimo dijo...

Terá que ser noutro momento, amigo XDC.

Anónimo dijo...

O 17 ,Letras Galegas: Porqué non poderemos ter aquí a:
Chesi, Chisco,Camilo Franco, Ameixeiras, Garcia Maña,Santiago Lamas, Marcos Valcárcel.....etc
Que Capital do País pode dicir que ten tantos bos escritores .....
Trebi

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Xa ten que vir o augafestas de garda...

Marcos Valcárcel López dijo...

O comentario de apicultor refírese ó comentario suprimido pola súa vulgaridade, entre outras cousas.

Anónimo dijo...

Chesi ten a súa lenda en Ourense, e da nutrintes para unha personaxe novelesca, ao menos algunhas anécdotas coñecidas pola xuventude daquel Ourense de antes de que cubrisen o Lazaro Park de terrazo, antes deste diluvio de anos. Nunca tiven unha convesa con el, nunca lle lin nada, salvo un pequeno relato nunha revista de número único de nome "doble cero" e tempo é de votarlle un vistazo. O outro día un amigo, que ten toda a súa obra quedou en pasarmas, non me tiro a última, porque teño a manía de non facelo, prefiro comezar pola primeira e se me vai, seguirei até a premiada.
Noraboa polo recoñecimento que seguro que lle dará alma, mais alma, para seguir a contar dando conta da súa presencia entre nos.

Anónimo dijo...

Chesi ten a súa lenda en Ourense, e da nutrintes para unha personaxe novelesca, ao menos algunhas anécdotas coñecidas pola xuventude daquel Ourense de antes de que cubrisen o Lazaro Park de terrazo, antes deste diluvio de anos. Nunca tiven unha convesa con el, nunca lle lin nada, salvo un pequeno relato nunha revista de número único de nome "doble cero" e tempo é de votarlle un vistazo. O outro día un amigo, que ten toda a súa obra quedou en pasarmas, non me tiro a última, porque teño a manía de non facelo, prefiro comezar pola primeira e se me vai, seguirei até a premiada.
Noraboa polo recoñecimento que seguro que lle dará alma, mais alma, para seguir a contar dando conta da súa presencia entre nos.

Anónimo dijo...

O Chesi do parque, en fin, cadaquen carrega coa sua autobiografia e non lle queda mais remedio que aturar o bo e o malo. Xuro que tentarei no repetir o malo. Pero, ao final de todo, que e o malo? O discurso diverxente debese a que estou en Madrid, cun amigo, e bebendo licor cafe que trouxen de Ourense. Caseiro!!!! En fin, deixo xa os comentarios. Unha aperta. Chesi.

Anónimo dijo...

A todos os escritores pijos do Parque como os señores Jimy e Chesi vounos levar a un campo de reeducación a -40ºC pra que aprendan o que é traballar de verdá.

Anónimo dijo...

Beria, admito o de "pijos". Admito absolutamente calquuera crítica que vostede poda facer ó respecto. Vivir no Parque sei ben o que significaba daquela. Traballar de verdade xa é unha cuestión menos fácil de entender. Quero dicir, que se erguerse as catro ou cinco da mañá para escribir, atender logo o traballo que proporciona os cartos para vivir, leer e atender cuestión caseiras non é traballar, pois bueno, alá vostede. Campo de reeducación a menos 40 graos: é a minha felicidade. Detesto o sol e o calor (non as praias de Galicia, mellor a sewr posible en outono ou inverno). Pero o asunto soáme ben doado de entender. "Os pijos" do parque quizáis un día deixamos de selo; hai xentes que naceron (sen precuralo) noutro lugar menos bucólico (detesto esa palabra pero aí va) e que se convertiron a saber en que. Ou sexa, patria, xeografía, infancia: no creo nesas andrómenas da miña infancia é a miña patria. Eu, xa ve, non o reeducaría a vostede, nen gañas teño de facer algo así con ninguén. Dexaría que fora como quixese ser. Dende ambos extremos, ó melllor poderíamos chegar a entedernos. "Pijo do parque": corenta anos de mítica. Hoxe andan polas beirarrúas do parque xentes pedindo esmola e outros con maís posibilidades económicas e, polo mundo en xeral, andamos todos coa nosa carga a costas. ö mellor ata vostede estaba nos pubs marxinais a´s horas nas que eu estaba semidurmido e escvribindo. E ser do parque non fai que un escriba mellor o peor, seguro. E o rancor é malo sempre, veña de que veña. Outra cousa son os principios: os estéticos non deben venderse xamáis; os éticos sí. Por exeplo, se me fixeran (non é un soño: é una animalada de súpeto) académico da RAE, podería aceptar por cuestións ética vendidas ó mellor postor; pero unca por cuestións estética: cómo ía poñer eu con meu tipiño un frac???? Iso nunca. Pois eso, a vivir. O outro é unha merda. Que os seus porincipios sexan o final de ese xeito de falar, reeducador meu.

Anónimo dijo...

Don Chesi: Ben seguro que coñece os versos de Manuel María "Poemas para construir unha patria", mais estes que Xesús Redondo Abuín lle adica ó poeta lugués, no seu pasamento, tamén me valen para, con todo afecto, ofrecérllelos a vostede. Quen lle di que despois de lelos xa non asocia "patria" con "andrómena"?.
En compensación ó atrevemento: ando xa, con " La soledad de las vocales".


"A patria empeza no pan

onde empeza a alma

pero é máis

moito máis que pan a patria

a patria é ademais de pan:

idioma

liberdade

igualdade

fraternidade

pais

nais

irmáns

camaradas

vento

arume

e quen sabe cantas sotilezas máis

mais a sotileza das sotilezas da patria é a palabra

e Manuel María é o mestre canteiro chairego

por excelencia da palabra patria

e alá vai

alá nos vai

alá se nos vai

somos quen somos

¡ai!

nada pinchada nun pau"

Anónimo dijo...

Querida Eu Mesma: Me faltan expresiones para encarecer el gozo que me ha causado tu cartita del 10, que ha sido leída por Medela, Myrna, Modesto, Ryma, Maria Antònia, y todos los chicos y chicas, uno por uno.
Mucho nos apena saber que no estás alegre, y que nos echas tanto de menos; pero eso se te pasará pronto por más que ahora te parezca imposible.
Lo que debes hacer es distraerte, pues al cabo no naciste para monja, según te oí varias veces, y así harás bien en complacer a tu mamá.
Ve al teatro, que cuanto más lo frecuentes más gusto le tomarás. De mí sé decir que estoy rabiando por irme a casa, pero mis tutores no tienen prisa.
No dejes de escribirme. Por Dios te lo suplico; pues el el único consuelo que va a quedarme separada de ti y no olvides decir a tu amiga cuanto te ocurra.
Medela, las chicas y los chicos y todos los vecinos de Nukus te devuelven sus afectos y en particular la que te estima de corazón y te envía un millón de besos y se repite tuya para siempre.

Anónimo dijo...

Querida Kyra: Segues tan agarimosa, doce e tenra, como no día que te coñecín,non me estraña,pois, que teñas ó Sr.Medela engaiolado.
Como agradezo o teu interese e inquietude! . Heiche escribir, de vagar, en canto remate uns asuntos que me teñen moi ocupada, agora mesmo non debería andar por aquí, así que non padezas por min, Kyra, que distraccións teño dabondo...
Devolve , multiplicados, os afectos que me envían e a tí que vou decirche! sabes ben que meu corazón brinca alborozado cando penso en ti. Biquiños.

Anónimo dijo...

Beixiños tamén para ti, bonita.
Canto te encontro de menos!!!!

Anónimo dijo...

Contención.