Fondos da UE costearon negocios privados de alcaldes do PP
Diñeiro de Bruselas sufragou unha residencia doutro rexidor do PP (Quintela de Leirado)
El País. CRISTINA HUETE - Ourense - 18/07/2008
Tamén se fala do Museo do Entroido de Xinzo e dun embarcadoiro en Lobeira: que don Julio nos ilumine ó respecto.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
8 comentarios:
A maioría de eses desvios de diñeiro, e moitos outros ,son verdadeiros "secretos a voces". Pero o corporativismo entre políticos fai que a oposición, con máis poder real que calquer periodista, non tome cartas no asunto ,salvo se se vislumbra "rendabilidade política inmediata".
É alucinante a cantidade de fraudes que se destapan por denuncias de particulares, ou por a acción de empresas privadas, que é o que son os periódicos ao fin e ao cabo.
A oposición política adoita a ser dunha mediocridade total, salvando as honrosas excepciós.
Estimado don Marcos, o sentimento de saudade no ex-mar de Aral vese mitigado pola lembranza do fantasmático embarcadorio de Lobeira, xamais utilizado, absolutamente afastado do nivel da auga e en estado lamentable.
Un monumento ao absurdo.
Teño unhas poucas fotografías en flickr.
http://www.flickr.com/search/?q=lobeira+embarcadoiro+chaos
Terán que desculpar: Copiar e pegar. Non estou no meu computador e non teño a "chuleta" para inserir hipervínculo.
Escomenzei a redactar un comentario que o final parecíame tan pedante, que renunciei.
En resumo, todo alcalde que se precie ten un amigo xefe de desenrolo rural que se entera das subvencións das que non se entera naide no Concello, e tramítanse e aprobánse e veñen millóns de fondos europeos sen ningùn control, para refacer casas en hoteis ou casas rurais, que non están abertas o público, iniciativas como as que relata Medela que non custan nin a metade da inversión e que os cartos quedan no camiño.
Fai anos había que repartir cos do da Diputación, xa que tamén eran mediadores, cos da Mancomunidade, Consellería, etc, pero agora queda todo no Concello.
Xa sei que non interesa a ninguén pero non se denuncia ademais dos motivos que da XDC, por que hoxe por tí mañan por mín.
Sen ánimo de restar gravidade aos casos que vostede cita, coido que os galegos tamén merecen saber que con cargo aos fundos da UE --neste caso ao Plano Leader-- mesmo se investiron milleiros de euros ¡¡¡nun tanatorio de iniciativa e xestión privada!!!
Teño a esperanza de que algún día saian á luz as ducias e ducias de aberracións e ilegalidades que se fixeron na Galicia cos millóns de euros chegados de Bruxelas.
Precisamente, frère Jacques, "hoxe por tí e mañá por mín" é o que eu chaméi, eufemísticamente, corporativismo político.
Xa só falta que se constitua un "colexio oficial de políticos" que defenda os seus intereses frente os do resto da sociedade.
Dúcias, Félix Soria?
"Gruesas"!
Nota: "Gruesa": unha dúcia de dúcias. Unidade que se usa(ba) pra cousas que se venden por dúcias. Non sei se hai equivalente galego "grosa".
Un exemplo do despilfarro grandioso dos cartos da Unión Europea na cidade de Ourense témolo no empedrado da parede que está debaixo da estrada que vai dende a ponte do Milenio ata o final do Centro Comercial.
Canto cren que puido valer? Penso que uns 60 ou 70 millóns das antigas pesetas.
Máis barato sairía se pintasen o cemento cada tres ou seis meses e os grafiteiros o enchesen e tivesen onde matar o verme, e forrábanse unha morea de cartos.
Embarcadoiro en Lobeira
Publicar un comentario