Méndez Ferrín, profesor
Andoliña 23-7-08
Máis de 30 anos nas aulas: "un observatorio magnífico para ver a evolución de hábitos, modas, músicas, tendencias da mocidade, pero tamén para comprobar que hai cousas que non cambian coas xeracións. A rebeldía, o descubrimento do amor, os desánimos profundos e a forxa do carácter son eternos". Son palabras, no Faro de Vigo, onde escribe tres veces á semana, do noso egrexio escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, que nestes días entra nesa etapa de xubileu ou xubilación que o arredará das aulas do Instituto Santo Irene de Vigo.
O creador de ‘Estirpe’, nacido na ourensá rúa de Reza, na vella casa que se tirou para facer agora a sede da Academia Postal, cumprirá 70 anos o próximo 7 de agosto: é da quinta do 38. Polas súas aulas pasaron centos de mozos, entre eles moitos escritores e científicos de hoxe, de memoria lembro a Antón Reixa e a González Tosar. Como sería o Ferrín profesor? Falei con el algunha vez das súas ideas sobre o ensino, para min moi sensatas: en pro dun ensino humanístico, laico, contra a titulite excesiva, crítico cunha especialización esaxerada.
Sería bo que agora algúns dos seus alumnos nos falasen do Ferrín profesor. E que el mesmo escribise sobre ese seu maxisterio.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 6 días
1 comentario:
A Ferrín en testemuña da miña admiración e recoñecemento ofrézolle un cachorro de Castro Laboreiro, macho, o mellor da neada, se el o aceptar.
Como se for unha medalla.
Ferrín debeu ser o primeiro autor Galego en citar a raza de can de Castro Laboreiro. A primeira cita tomeina de "Amor de Artur", as seguintes en "Arraianos".
Os seguintes en merecer unhes cachorros son:
D. Duarte Pío de Bragança, herdeiro da coroa Portuguesa, por dereito histórico, e o seguinte medallado é Medela de Lobeira, xa anunciado neste blog.
A miña Morgana, cadela extraordinaria e ben conformada, con premios en concursos entrou en cíu mais non foi cuberta. Entrará outra vez dentro de seis meses a volta de xaneiro e nacerán os cachorros en Marzo se todo decorrer ben. No tempo dos lobos, como os lobos. Os cadelos estarán prestos a desenvolverse no mundo en Maio.
É un ofrecemento à serio e un auténtico premio. Co resto dos cachorros ou fago trocos (arte), ou vendo, ou no caso das fémias crioas para escoller e perfeccionar a caste. Os portugueses dín: apurar.
Fazer máis pura.
Os citados quedan recoñecidos por a insigne órden do can de Castro Laboreiro.
Asdo: Voceiro da internacional lobo.
Publicar un comentario