BONANZA. Andoliña xoves 4 setembro
Poucas vivencias teñen a forza de impregnar a memoria como algunhas da nosa infancia. Asocio eu a volta do colexio cun engaiolante bolo de pan que contiña no seu interior unha onza ben grosa de Chocolates Chaparro, que ademais estaban moi preto da miña casa. Gustábanme tanto que lle daba á onza para abaixo para que durase máis o pracer saboroso. E como melodía de fondo, unha musiquiña ben atractiva e un mapa ardendo polas beiras mentres asomaban o bo de Ben Cartwright, o patriarca viúvo da Ponderosa, e os seus tres fillos.
Falo de "Bonanza", marca e símbolo da miña xeración. Neste verán puiden ver algúns capítulos, en horario matutino da TVG, con certo temor: co arrepío de asomarme ó pasado e encontrar decepción onde houbo felicidade. Pero non sucedeu tal. O paso do tempo non foi quen de estragar o mito. Con tramas sinxelas, pero ben articuladas; sen grandes medios, e con personaxes poida que tópicos pero ben construídos; cun espírito que cando menos bebe nas fontes do western clásico. Con xeito, co resultado final dun produto moi agradable.
Sobrevive "Bonanza" na TVG e nas webs de fans de internet. O gran Robert Altman dirixiu moitos episodios: non me sorprende.

8 comentarios:
Engado que a emoción de velos en cór agranda as lembranzas pero por qué será que aguantamos diante dos capitulos de Bonanza e os pequenos da casa queren dibuxos animados
Os dous fillos meus pequenos (principalmente a mediana, case trece anos) están "enganchados", e á primeira (case dezasete) pouco lle falta; son devotos, principalmente, de Hoss.
O dato parece ben elocuente; pola miña banda, cada ano adoito seguir a reposición estival, con maior ou menor frecuencia. Saúdos á concorrencia, un tanto apurados.
Xa ia eu preguntar por vostede, amigo Saavedra. Alégrome moito de atopalo. Tan sentimental. He, he.
Cando era pequeno e lía aquelo de "...ni enemigo navío, ni tormenta, ni Bonanza, tu rumbo a torcer alcanza..." , preguntábame cómo os de Bonanza iba facer pra torcer o rumbo do barco.
Benchegado, amigo Saavedra. Fíxolle desta moitos quilómetros a caravana?
(O de andar apurado é culpa súa por deixar para setembro tantos párvulos :-)
BEnvido tamén,Xosé Manuel. Todos quixemos a Hoss, o bruto candoroso e bonachón..
París en xullo, Nigrán en agosto; non é pouco andar. E é bastante exacto o dos párvulos, se ben non exclusivamente por vía escolar.
De momento, vólvoos deixar, que mañá cómpre ir buscar a caravana; e, de postos, aproveitar a fin de semana aínda que chova. Despois, veremos o lecer que hai, posiblemente menos do que había. Páseno ben.
Se ven por Vigo, non dubide en chamar que ben nos podemos protexer baixo uns viños.
Publicar un comentario