Empresarios contra o idioma galego
MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO (Galicia Hoxe, 4-9-08)
Creada no ano 1993, a partir duns primeiros contactos levados a cabo pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia, a Fundación Galicia Empresa naceu para, entre outros fins, teimar na cristalización dunha idea central: establecer un maior compromiso social das empresas coa cultura, concretando este máis particularmente "na recomendación de usar a lingua galega como símbolo dese compromiso e como marca de identidade e da calidade dos seus produtos, sen prexuízo do apoio á poliglosia como factor esencial da actividade empresarial". O primeiro presidente da Fundación Galicia Empresa foi Ramón Castromil e forman parte actualmente da institución -cito case de memoria- empresas e entidades tan importantes como Caixanova, Coren, Feiraco, Finsa, Gadisa, Otero Pombo, Pescanova, R Cable, Rodman, San Luis e Televés, entre outras. En definitiva, toda unha lección dada á sociedade galega por parte dun número altamente significativo de empresarios, todos eles punteiros e de gran calidade nas súas creacións e ofertas. Sinxelamente extraordinario. Como extraordinaria foi tamén a recente decisión do estaleiro vigués Barreras, unha empresa recoñecida mundialmente, que pasa a adoptar de xeito progresivo o galego como a súa lingua vehicular. Mais esta realidade normal e natural, intelixente, acaba de sufrir un golpe ben escuro, sen dúbida de carácter reaccionario e retardatario (como diría Díaz Pardo). O Club Financiero de Vigo -unha asociación empresarial- acaba de posicionarse, en coincidencia coa dereita extrema, en contra do emprego do galego no sistema educativo. Empresarios -altamente politizados- metidos a sociolingüistas. Empresarios contra o idioma galego, empresarios que falsean e manipulan os datos da realidade no que atinxe á lingua, empresarios que critican o Goberno Bipartito da Xunta dicindo (Jesús Bahillo) que hoxe "en Galicia es prácticamente imposible educar a un niño en castellano". Alguén (a Universidade) debería pór algo de racionalidade en todo isto.
O VENTO É UN CAN
-
Vento de noite
O vento é un can sen dono,
que lambe a noite inmensa.
A noite non ten sono.
E o home, entre sonos, pensa.
E o home soña, durmido,
que o...
Hace 12 horas
26 comentarios:
Ulos eses nenos/as traumatizados, que non saben castelán e quedaron medio pampos pola "imposición" do galego? Alguén coñece algún? Eu dende logo non...
No blog de Brétemas di o Apicultor que algo non está a funcionar, socialmente, no tema lingüístico e en relación co galego; que algo se está a facer mal. Considéroo indiscutible, e pensando que o mal facer ten sede no ámbito gobernativo, subscribo que a dimensión do problema é en efecto máis grave, por social.
Sen dúbida fallou e falla a empatía. Con todo, e sen menoscabo do indispensable que resulta ver de arar por aí, presentásenos un panorama no que cómpre volver ser claros e -polo menos nalgún contexto e momento- taxativos.
Que as magnolias non eludan algunha pólvora. Paréceme.
Copio abaixo un párrafo do informe do Clube Financeiro porque delata ben cál é o nivel de formación que teñen. Vexan a relación de materias do final: de que lei educativa son a Gimnasia ou as Manualidades?
Este vocabulario coloca o seu discurso nun nivel divulgativo, coloquial e confirma a miña sospeita de que o propio comunicado lles sobra: non queren empregar o galego e punto. Non hai outra razón.
Xa dixen no de Brétemas que un destacado membro deste selecto clube, que habita en torres ilegais e pendentes de derrubo, chega a vehemencia (eu prefiro nin sacar o tema) neste asunto. Pero opta por manter un tupido silencio cando se trata de concurrir ás adxudicacións de obras, convenientemente redactadas nese galego que rexeitan con ardor guerreiro na intimidade dun churrasco.
"Desde el año 2005 y especialmente a partir de la publicación del Decreto 124/2007, las posibilidades de escolarización en español para los niños de Enseñanza Primaria y de lengua materna castellana son prácticamente nulas. Algo parecido ocurre -aunque en menor medida- con la enseñanza en sus niveles secundario y de bachiller, donde en la práctica totalidad de los colegios -ya sean públicos, concertados o privados- el español ha desaparecido u ocupa un lugar residual, ya que la lengua vehicular es el gallego; las asignaturas troncales se imparten en esta lengua, quedando el castellano con tratamiento de lengua extranjera y utilizado para impartir algunas asignaturas "menores" como la Música, la Religión, la Gimnasia o las Manualidades."
Disque San Luis mudou de política lingüística.
Moi bo o seu artigo, Saavedra. Gustoume no fondo e na forma (entendino todiño).
O problema da pólvora é que, aquí, neste país noso, adoita estar mollada, polo que o estalido só lle dá cara ao que dispara.
Esta, por exemplo, é unha resposta de moi baixa intensidade:
El BNG, por boca del teniente de alcalde de Vigo, Santiago Domínguez, reprobó ayer la propuesta lanzada el pasado martes por la junta directiva del Club Financiero Vigo (CFV) en contra de la imposición del gallego en las enseñanzas obligatorias y el bachillerato.
Dito doutro xeito: É outro quen ten que falar, alto e claro (moi educadamente, iso si).
Tan de baixa intensidade que na web do BNG non se recollen as declaración de Santi Domínguez.
Pranto por unha burguesía ausente.
Se os ricos falasen galego, outra lingua cantaría.
Non, se burguesía habela haina. O que non hai é unha burguesía que sexa minimamente galeguista.
E, en efecto, se os ricos falasen galego -e, sobre todo, o apreciasen-, outra lingua cantaría.
Dicía un amigo meu que o problema se arranxaría se houbese en Galicia mil enxeñeiros e empresarios, con Jaguar, ben vestidos e medianamente cultos, que falasen en galego. A mímese sería, daquela, posible.
ultimamente quando na tv. fazem entrevistas a gentes do povo acostumo a dizer por vezes quando nom se lhe entende nada, ou falam mal o castelán, que mira como se nota que iste deve ser duma autonomia na que non se da castelán porque mira que mal fala: som sempre do sur, bom falam como podem e sabem no seu ambente, ainda nom ouvi a ningum catalan, galego, mallorquí, falar mal en castelhano. Os galegos que pior falam o castelhano, som aquiles que numca falaram galego, a metade da miha vida vivim fora de galiza, e o que pesquisei en muitos casos, ja sei que não se pode sintetizar mas creio nesa opinião .
Non se enganen, en Galicia hai mil inxeneiros e empresarios con Jaguar na porta que falan galego.
O que pasa que eles teñen o idioma para comunicarse e non se complican a vida.
Eu teño -poño un exemplo- cen clientes que poderían cumplir eses requisitos que cando falan conmigo usan o galego. Por qué , por que son un bicho raro, non, por que pouco a pouco e dende fai anos funos levando a que a relación cliente-avogado non tiña necesariamente que ser en castellano e que podía servir igualmente o idioma que utilizan co seu encargado ou ca súa muller.
Logo temos un problema, que cando chegan o Xulgado, cambian como un resorte o castellano, que lle imos facer.
bom senhor delapierre, nom está mal, o galego está presente pelo menos numa parte do proceso, isso é ter sucesso, o rego por goteo é tão eficaz como o rego por inundaçcom. Quando eu consiga que a que vende o polo nom me repregunte com um pollo, será outra gotinha de auga pequena, que e o direito a que ela me fale en galego senom que me escoitei en galego.
reis, non se poña así hom, que ten un nick precioso, o fin e o cabo os habitantes desta terra dende o último millón de anos só tiveron problemas co idioma os ultimos quinientos anos o cal e unha minucia.
Sexa amable ca dependienta, pidalle para saír, por exemplo, e xa verá como o final é polo.
Medela, onde estás que me aburro, non te decatas que éstes están a punto de rematar co galego, e o que é pior, están empecinados en que están a defendelo, por favor volta, que eu só non dou feito con tanto erudito do caldo á merenda. Que seguen sen se dar conta que a resistencia numantina que fan do seu posto de traballo nacional-corporativista é o principal problema dos galego-falantes, que odiamos as súas clases de galego, e odiamos tamén o galego dos presentadores da tvg, que coa boca pequena falan en castellano de Vigo y Ourense, y de Lugo y La Coruña. Medela ilumínanos, e non tardes.
Pois digamos logo que dous mil, amigo Jacques.
Pero que falasen galego non simplemente nun plano coloquial, senón orgullosos de falalo en todos os lugares, e que presumisen fóra. E que fosen "ben vestidos e aseados" e "mediamente cultos", ademais de teren un Jaguar.
Coido que tiña razón o meu amigo e que deses non hai, non.
Pode que teña razón o seu amigo
Deberían ler isto os indocumentados do CFV (tirado de Vieiros.com):
O 26% do profesorado de lingua e literatura galega fala habitualmente castelán
O Consello da Cultura Galega vén de presentar un estudo que constata que a meirande parte dos alumnos de secundaria rematan sen competencias na lingua galega.
Redacción - 18:30 05/09/2008
Tags: consello da cultura galega ensino galego
Un novo informe sobre a situación do galego no ensino acaba de ver a luz. Desta volta é o estudo titulado "A situación do ensino da lingua e da literatura galega na educación secundaria obrigatoria", un traballo de campo amplamente documentado que elaborou o Instituto de Ciencias da Educación, froito dun convenio co Consello da Cultura Galega. Os datos estatísticos non distan de tantos outros achegados por outras organizacións: na lingua habitualmente empregada polos alumnos detéctase un claro predominio do castelán fronte ao galego, con porcentaxes moito máis marcadas no ensino privado ca no público (nas enquisas, o 44% dos estudantes declárase bilingüe, o 28,9% emprega o castelán e o 25,7% o galego).
Máis sorprendente son os usos lingüísticos do profesorado: a lingua utilizada dentro da clase é o galego case na totalidade dos casos (os usos monolingües neste idioma superan o 90%), pero esta porcentaxe é menos contundente no emprego deste idioma fóra da clase: o monolingüismo en galego non supera neste caso o 73%. Pero os datos van aínda máis alá: obsérvase un descenso considerábel do emprego do galego na relación cos pais e cos fillos, fronte ao uso cos avós e no trato cos amigos de fóra do centro fronte aos compañeiros de traballo. Constátase así que, máis alá de estereotipos que identificarían ao profesor de galego cunha certa militancia lingüística, hai unha parte do profesorado que distingue entre o ámbito académico, no que emprega o galego, e o extraacadémico, no que a escolla da lingua depende doutros factores.
Outras conclusións
Fóra de datos específicos máis ou menos rechamantes, o informe permite tirar outras conclusións. Unha delas é que profesorado e alumnado discrepan sobre os obxectivos que procuran as materias de lingua e literatura galega. Mentres os docentes consideran que se busca a competencia comunicativa do estudante en galego, estes rexeitan uns contidos que entenden demasiado filolóxicos ou de coñecemento gramatical. Con esta constatación, ábrese unha vía de reflexión que propón que os mestres procuren enfoques máis comunicativos, tanto como a reorientación do programa didáctico.
Asemade, tamén se constata que tanto profesores como alumnos entenden que a situación sociolingüística pexa de maneira moi importante a práctica pedagóxica: consideran que a falta de compromiso das institucións e da sociedade en xeral, a escasa valoración social da lingua ou a permanencia de vellos prexuízos contribúen a dificultar uns resultados académicos satisfactorios. Neste sentido, coinciden que que a valoración social do galego é inferior á doutras materias, como por exemplo o castelán ou o inglés.
O informe presenta así un amplo abano de conclusións extraidas dun estudo iniciado en 2005 que emprega unha metodoloxía mixta (enquisas e grupos de discusión) e que, segundo explica o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, non pretende máis que abrir o debate. Na súa presentación, o tamén membro do Consello, Enrique Monteagudo, subliñou a base científica deste informe, fronte a outras publicacións como a do Club Financeiro de Vigo, á que cualificou de "calculada manobra" de atéque á lingua, sen ningún tipo de rigor nin fundamento estatístico. Xunto con Xosé Manuel Vez, subdirector do ICE, e Bieito Siva, tamén membro di ICE e director do estudo, subliñaron a importancia de deixar sobre a mesa a necesidade de abrir unha reflexión sobre as medidas que sería necesario adoptar para que se cumprise a Lei de Normalización Lingüística e, ao remate do ensino secundario, os alumnos contasen cunha competencia na lingua galega igual á que actualmente teñen en lingua castelá.
Só hai un problema que vostede non detecta Apicultor, é algo así como que eu, que son galego-falante por nación, (é dicer que o mamei cando era pouco menos que unha xerga, e o falabamos por rebeldía contra todo tipo de imposicións) ó escoitarllo reivindicar a vostede, pola mesma rebeldía á que aludía anteriormente, éntranme gañas de falar baralleto ou esperanto, con tal de que non me mesturen con xente da súa condición, que veñen a ser da mesma condición que eran quens máis repeliamos, OK?
Arxides, é tan ilexítima esa apropiación do galego por parte dos que se pretenden "galego-falantes-de-toda-a-vida" como por parte deses intelectuais que quer desprezar. A nosa lingua, ou é de todos ou non é de ninguén. Unha lingua existe polos seus falantes, e canto máis numerosos e variados, mellor. O galego dá para moitos rexistros, incluidos os "pijos", que carafio!
suscribo o dito por Lourixe: que sabe vostede se Apicultor foi ou non "galego-falante de nación"? E que lle repele da súa personalidade, a súa "condición" intelectual? Pois vaia !!!
Meu querido señor/a Arxídes:
E logo de que me coñece para saber se eu mamei ou non de pequeno o galego, ou se o comecei a falar por rebeldía ou non? E cando, como e por que comecei a falalo e a escribilo?
Non me parece correcta a súa resposta tan desabrida e túzara. Con ou sen o seu "permiso", eu falarei e escribirei galego cando e como me pete. E se non lle gusta, bótelle azúcar... ou fale esperanto ou barallete, que a min tanto me ten.
Mais debería reflexionar vostede un chisquiño: actitudes tan irracionais e belixerantes como a súa son completamente nefastas para o porvir da lingua galega.
O dito: tente reflexionar.
Amigho Arxides. Porque somos amighos, non si?. Vin a saber que o Apicultor en alghún momento da transición me iniciou a mín no nacionalismo. Teoríco enténdase.
Asdo. Un cristiano "anarquista".
E pedreiro libre!.
Pra min que se confunde, amigo Ederonio Episcopum. Mais permítame a ocasión para que b.s.m.
Kamarada Abelleiro, penso que é vero.
Pero non lle digo onde nin en que circunstancias senon descubriríame.
Estaba a repasar o que escrebín onte, porque non me decataba de escribir a palabra maldita, a bicha mentada, a atroz e desabrida, túzara e que da autoridade, INTELECTUALES, e non-a vexo, polo que é presumible que os estea traizoando o subconscente e a neboa non-os deixe percibir a realidade. Vexo que ainda non están en forma, e sesteando non se pode trasuntar por estes paraxes
Ederonio Epíscupum, remato de descobrir que é vostede o mesmiño lobo neghro, entón sí, poidéramos convivir, asímesmo sempre e cando, e para non denigrar, asegundo o meu humilde entender, a Epíscupum neutra sexa Ederonia. Porque entón ha de saber tamén do meu instinto natural contrario ó clero masculino, con quens me tiven que enfrontar en recentes asaltos e queimas de conventos, arremedando a Revolución Sans Culottes que quedou sen facer no noso país.
Publicar un comentario