O galego dos políticos
MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO. Galicia Hoxe 3-2-09
Sexamos xustos, non todos os políticos galegos, porque existen notorias excepcións, falan mal o idioma propio de Galiza. Mais é ben certo que unha ampla maioría dos principais representantes das organizacións políticas galegas -velaí as 3 presentes no Parlamento- maltratan, non sen contumacia ou teimosía, cousa que sorprende, a "fala dos avós que temos mortos", como diría Celso Emilio Ferreiro. E, agora que estamos a piques de nos mergullar nunha nova campaña electoral, teremos ocasión de comprobalo. Os candidatos á presidencia da Xunta polos tres partidos con representación parlamentar deixan moito que desexar á hora de mexeren os beizos para dicir unha ou outra cousa. É ben certo que entre eles -velaí Anxo Quintana- hai quen se goberna con máis despexo ou desenleo; mais tamén este, candidato nacionalista, é quen de ferir, aínda que sexa levemente, a pel e o corazón do noso vello e nobre idioma cada dúas por tres. Un fillo dun meu amigo que estuda galego no colexio con máxima atención e proveito, todo cerebro e sensibilidade aplicado á causa, leva un caderno no cal levanta acta dos erros, moitos deles de vulto, nos que incorren nas súas comparecencias televisivas os políticos galegos máis coñecidos. Se un analiza o que alí figura, con data, nomes e apelidos, o menos que pode sentir, ben aos poucos, é unha cadea de roibéns a lle queimar as meixelas. ¿Non existe algunha alma caridosa -algún asesor asisado ou autente- que lle diga algo ao político maltratador da lingua? ¿Custa tanto corrixirmos erros de utilización do galego tan garrafais que fan enrubescer mesmo ao máis pintado? ¿Non ven que son milleiros os cidadáns galegofalantes -e moitos deles estudantes que se interesan polo idioma- que fican pampos diante da chafallada expresiva que adoitan exhibir os políticos? ¿U-la súa responsabilidade aos efectos? O fillo do meu amigo, non máis comece a campaña electoral, vai afiar o lapis vermello e inaugurar un caderniño novo. Ten moito traballo por diante. E logo podemos enrubescer xuntos.
LA BELLEZA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
La belleza
Segundos fuera (1989)
*Luis Eduardo Aute*
Hace 5 días
22 comentarios:
Nin para Touriño nin para Feijoo o galego é a súa lingua habitual. Falan galego porque teñen que falar galego: vai no choio, non porque sexa a lingua que máis empregan na súa vida familiar. Cando deixen de ser presidente e candidato seguirán falando castelá. Aposto o que queiran.
Poden, desde logo, falar mellor o galego, pero o umbral de aprendizaxe está moi limitado sobre todo polo nivel de intelección do ouvinte. Como cando aprendemos inglés ou francés. Cando un ve que o interlocutor comprende máis ou menos as nosas frases, paramos de mellorar a nosa competencia lingüística. Se ademáis as linguas son tan semellantes, pois xa me contarán.
O de Anxo Quintana ten outro recorrido, pero non creo eu que sexa para tanto. Creo que a ortodoxia lingüística fai moito dano. Anxo Quintana non é o Demóstenes galego, pero tampouco non é un exemplo de incorrección.
"Tampouco non é" é un calco do italiano?
Aquí o amigo Saavedra o emprega. Pregúntelle a el. Debe de ser luguesismo; en todo caso, enfatizador. Pero poño a Saavedra de explicador xeral, se saiu de campionar en ligas de debates.
"tampouco non é un exemplo de incorrección".
Meu Deus. Que grande expresión literaria: a lítote redoblada. Lítote ó cadrado. Teño visto paradoxos onomatopeicos, metonimias hiperbólicas, oxímorons prosopopeicos, pero nunca vira a perfecta expresión literaria...Xenial. Sublime.Orgasmo lingúístico ( ou mellor dito,lingüo-intelectual ,non me vaian a pensar mal). Arume: pón vostede o listón moi alto...
También: Tamén
Tampoco: Tamén non/Tampouco
No rural, nos falantes verdadeiramente patrimoniais, nun noventa por cento empregan 'tamén non' en vez de 'tampouco', que non se emprega, por exemplo, en português.
Coincido con Arume no fundamental, e engado que tamén cando falan en castelán destrozan o idioma. Por tanto non sei se os que se adican a politica profesionalmente, dalles igoal a forma e confórmanse con comunicarse, con unha lingoaxe moi reducida, de termos manidos e nada explícitos.
Como dí o Arume, o mellor eso tamén vai no soldo.
Responsabilidade só dos políticos? E a do ben pago presentador de TV que di "Iso non é miño"? E a do escritor que nos seus artigos xornalísticos di que "Esta mañá desaxuneime unhas boas nécoras" e salpimenta os seus escritos de churrusqueiros solecismos? E a doutro coñecido narrador que, ademáis de unir oracións independentes mediate unha coma, autorízalles (a vostedes) a empregar o lleísmo. E a das editoriais que non teñen correctores de galego (ou que, téndoos, é coma se non os tiveran)? E a de moitos mestres das galescolas que entraron a traballar nelas con fonética cinco vocais e incapaces de formar rapaces en galego?
Meu querido contertulio MS: A resposta é que somos un país en construcción ou en desaparición. Elixa.
Tamén lle aviso que nestes temas non lle faga caso o Médela, deixeselle levar polo seu fino olfato.
quería dicir "deixese" e non deixeselle.
A mín máncame nos oidos o " cando REÑE aos tiburós de Wall Street " do Sarille, no artigo de outro post. Na miña aldea dirían " Cando lles RIFA". Pero na del igual non. É él sabe máis de eso.
Si, iso de 'reñe' é antolóxico. 'Reñir' non vén nos dicionarios. E o peor do caso é que aplica a alternancia vocálica: Riño, reñes, reñe... Mi madriña! Se o fai algún dos nosos moz@s nun exame, para Sibeira. Se vai nun artigo, ata cobrará o autor.
RIFAR: 2 v i Amosar que se está enfadado ou descontento, con palabras de reproche.
Esta frase tamén ten o seu aquel:
'Foro Social Mundial, controlado pola socialdemocracia e os cristiáns'. Un servidor, bautizado, comungado e casado polo criminal, aínda non foi chamado a ese foro... Xa me gustaría!
Critino Medela Ronaldo do foro mundial! verá, informáronme de que lle tocou a lotaría a Critinita a nai dos xemelgos, a ex do Espartacus. Por favor, díghame vostede se é vero. E disque ingresou o prémio visiblemente.
Será tan mala a xente?.
No tocantes ó "vidreo" de Espartacus a mín xiríngame porque pouco despois acabaron gañando os romanos e crucificáronos a todos na vía Apia. Verá, se me fan identificar con os sublevados contra o império, e sei a priori o que lles acontece a esos libertos cimarróns, eu non quero.
Por que esa identificación con os machacados?. Hai algo de masoquismo de iglesia.
O de Sarille pode ser un localismo, por que en Lugo, réñese.
De verdá que nin suposto localismo nin hostias en vinagre.
Que reñe, reñe, reñe, vouche dar reñe eu a ti, papeleisón.
Así que van ir direitiños o Sarille e o Iacobus a un gulag de Siberia a -40ºC pra que adeprendan galego de verdá.
Os tovarichs Medela e MS van ir cunha bolsa da SXPL a exerceren de profesores.
E non van reñer, van rifar... e dar nas nádegas cunha dura vara de nogueira.
Non, co Sarille, non, xa pasei toda a miña nenez con él, e por riba pro Gulag de Sibeira, non.
Beria, poderíame mandar co Medela e co Da Coba. O xeo ía desaparecer todiño, habíamolo beber todo con 100 pepers e/ou xenebra
Despois de levar un bo par de puxadelas de orella por parte de dous cabaleiros pertencentes á táboa redonda da Solaina... E despois de constatar que "reñer" é localismo na área lucu-auriense (subárea lucense), tan descoñecido para a subárea ourensá como "rifar", para eles... E despois de constatar, por fin, que é unha auténtica parvada e saída de ton todo o que dixen antes...
Pido públicas desculpas ao señor Sarille. Si, ben, xa sei que non está ofendido, nin houbo intencionalidade ningunha nos meus comentarios, mais sería feliz se aceptase, máis outra vez, as miñas desculpas.
galeguistas@yahoo.com
Eu son doutra área e alí dise "berrar".
Tamén na miña aldea se decía "berrar", pero cando, de algun xeito, a "rifa" non estaba totalmente xustificada. Si se decía "A rifóulle a B" a mensaxe subliminal era "algo faría B, estúvolle ben". Pero si se decía "A berróulle a B", a mensaxe era algo así cómo "ese neurasténico de A rifóulle sin razón a B".
Na manifestación que NUNCA MAIS fixo en Madrid, o escritor Manolo Rivas, referíndose a Don Iribarne, dixo: "As desculpas non se piden, senón que se ofrecen, e é a outra parte quen as acepta ou non".
Relato o que ouvín e quedeime coa dúbida.
Boandanza
Atinado comentario, señor Balongo. Ofrezo logo as miñas desculpas.-
Publicar un comentario