Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
Aclaración, quizais necesaria: Non, non fomos a un restaurante italiano. Xantamos co meu cuñado, a súa compañeira e a miña sogra, na casa dos primeiros. A compañeira do meu cuñado, Deborah, é peruana de orixe pero leva moitos anos vivindo en Italia, en Florencia. Esa foi a razón do menú italiano, realmente excelente, aínda que non puidemos dar conta de todo (era demasiado abundante). É un menú italiano tradicional de Nadal cun engadido peruano no Doce (mazamorra morada con prugne e mele), este tipicamente peruano e mesmo cuns pós de millo morados que a nai de Deborah lle enviou dende Lima. Tamén estaba para chuparse os dedos.
De ter pasado as festas coa miña familia francesa, o menú sería o de sempre: ostras (ducia e media por cabeza), foie-gras (do auténtico), boudin blanc (morcilla de allo ao viño), capón asado en forno de leña, tronco de chocolate e castañas, beberaxes varias (Anjou, Muscadet, Sauternes, etc). Cada país os seus costumes.
Lentellas creo que non faltan polas Italias para capodanno. Do bacallau xa falou Ferrín. E das asturianas casadielles, pois, falo eu. E volto á cociña que xa deben estar os spaghetti.
Menú de aninovo en Rodrixatos de Abaixo. Primeiro prato: Berza de asa de cántaro, cocidiña con patacas e bacallau. Segundo prato: Rexelo ao forno con ensalada de tomate e leituga. Sobremesa: Filloas de sangue de marrancho e arroz cocido coa leite da Marela. Todo ben molladiño con bo viño da casa e chupito xeneroso de augardente da mesma procedencia. Ale a superalo con saladas de mele e pós de millo peruanos!!
Coas patacas e co tomate hai tempo (alá polo século XV) debeu pasar o mesmo que coas saladas de mel e pó de millo. E, se por casualidade, vai ser invención dun conquistador de Baiona ou de Viveiro que chegou ao Potosí no século XVII. Agora é sobremesa peruana: e se foi de orixe galega?
O de Forges é de verdade xenial, xa pensaba colgalo eu tamén. A alguén supoño que lle pode parecer mal, pero ten máis forza que 20 editoriais sobre o lío dos bispos e Zapatero. Por sorte, neste campo aínda hai liberdade de expresión, mesmo nun medio como "El País".
Para o amigo Larpeiro: unha cousa non quita a outra, non? Un día pódese comer a berza e as filloas e outro o menú italiano, non? En gastronomía hai que deixarse de chovinismos babecos, creo eu.
Acabo de preparar -e comer- é día 7á noite, unha ensalada de bogavante "deconstruído" -ou sexa esmigallado- con escarola verde sobre unha cama de arroz bomba frío, con vinagre de módena, un bo aceite virxe con allo macerado e un par de copas de champaña para despedir as festas... (Por certo que o bogavante andaba á metade que onte e estaba igual de rico). Delicioso. Recoméndollo. (Se non teñen bogavante a man, bótenlle unhas colas de gambóns -por mal nome langostinos- fritidos con moito allo picado e o zume dun limón, en frío ao final, pero tamén na tixola para remexer... Unha ensalada tépeda, deliciosa e moderada para estes tempos).
Probe a esferificar a escarola, laminar o arroz en finísimas talladas ata conseguir un carpaccio de riso e (e)vaporizalo todo nun par de segundos exactos. Acompañe a nube resultante coa man ata as pálpebras e deixe que entre polos ollos, acompañado dunha media bágoa. Esa é a verdadeira deconstrucción do bogavante, que debe permanecer todo este tempo no frigorífico para outra (mellor) ocasión.
O VENTO É UN CAN
-
Vento de noite
O vento é un can sen dono,
que lambe a noite inmensa.
A noite non ten sono.
E o home, entre sonos, pensa.
E o home soña, durmido,
que o...
XVIII Certame Literario "Terras de Chamoso"
-
O pasado sábado, 21 de decembro, agasalláronme co primeiro premio de
poesía do XVIII Certame Literario “Terras de Chamoso”. Unha mágoa que non
puidese ...
Cinema no Fórum: Outros horizontes
-
*Outros horizontes*
Poucos eran os afeccionados occidentais que sabían algo do cinema xaponés
alá por 1951, cando *Rashomon* de Akira Kurosawa obtivo o Le...
Libros do Mes
-
*Why Nations Fail* de Daron Acemoglu [*E*]
*For All My Walking *de Taneda Santoka / Burton Watson [*E*]
*Trigonometry* de Glen van Brummelen [*E*]
**Na...
FELISA FERRAZ. I FESTIVAL PIRINEO LITERARIO
-
*Felisa Ferraz: “*Mi Pirineo es belleza y compromiso”
La profesora e investigadora es la directora del Festival Pirineo Literario
que se celebrará en ...
Traduttora, traditora
-
A tradución é un mal necesario: necesario pero un mal, ao cabo. Que non
daría eu por ler a Soseki en xaponés ou a Shakespeare en inglés! Neste
último cas...
As dúas cabezas fenicias de Picasso
-
NTERÉSAME coñecer o sutil abismo que separa o xeito no que nos
representan e o xeito no que nos gustaría ser representados. A separación
no debuxo e na...
GASTO PÚBLICO E ESTADO DE BENESTAR y (III)
-
https://www.youtube.com/watch?v=cMpxQwIHdbA
Milladoiro. Maneo da Ulla. Foliada.Jiga Pandeirada
*GASTO PÚBLICO E ESTADO DE BENESTAR y (III)*
Composic...
A orde dos recursos SI afecta o resultado
-
Nin o meu cerebro nin a plataforma da UNED somos espazos euclídeos. Non se
cumplen as propiedades conmutativa nin asociativa.
Da nada absoluta hai una seman...
A CHORIMA, A FLOR DAS NOSAS LETRAS
-
Chega o Día das Letras Galegas e montaranse, coma sempre, as
correspondentes aparencias de celebración. Prebostes de todo pelo asistirán
(pola mañá) a un a...
MS GLOW Acne Cream Salep
-
*MS GLOW Acne Cream SalepRp55.000*
Acne Cream Salep MS GLOW
mengandung bahan aktif yg dapat mengobati segala jenis jerawat. Serta
kandungan
niacin...
LIÑARES: PAZO NIQUELADO
-
Pazos de propiedade privada en perceptible auxe (Faramello), en declive
lento (Rivadulla) ou en abandono decidido (Quintela). Tamén pazos de
titularidad...
BREXiT
-
* 10 DOWNING STREET LONDON THE PRIME MINISTER 29 de Marzo de 2017* O 23 de
xuño do pasado ano, o pobo do Reino Unido votou a favor da saída da Unión
Europ...
-
*SURPRESA!*
Desenganem-se que sou muito mais liberal do que socialista, mas sou sujeito
a esse interessante anátema de que agora tudo o que não pertence ...
Dúas maneiras de ver o de Grecia
-
Hoxe pode un facer dúas cousas: ler o artigo de *Julio Llamazares*
publicado en *El País* co título de *Amor a Grecia,* ou o de *Xosé Luis
Barreiro Rivas* ...
Juneau Salmon Fishing
-
First, you should avoid doing this. In addition to this, you need an extra
step. If the juneau salmon fishing it came in. In other words, desperation.
It...
Commits To Idaho
-
Jeannot's mining operations played an important agricultural center with
lots of jokes that surround Idaho and Idahoans, you will have more time to
time,...
Berlín, cidade inabarcable
-
Xa non me satisfacen as viaxes se antes non atopo a forma de achegarme á
historia do lugar, á súa fisonomía intelectual, ás súas entrañas. No mes de
feb...
Brétemas inicia unha nova etapa
-
Dende hoxe estamos aquí: bretemas.com Expresamos a nosa maior gratitude ao
equipo de Blogaliza que nos acolleu durante catro anos con extraordinaria
xenero...
DEREITOS OU PRIVILEXIOS?
-
A instalación na tribuna pública do asunto das axudas que veñen percibindo
dende hai case dúas décadas os funcionarios do Concello de Ourense e das
cales ...
-
Pasamento de
MARCOS VALCÁRCEL
No día de hoxe, contra o mediodía, faleceu o amigo Marcos Valcárcel López,
despois dunha longa enfermidade.
Quen desexe darll...
Sinais de vida
-
Isto é unha despedida e tamén é un saúdo. Xa non haberá máis días
estranhos, e se miran cun pouco de atención notarán que empeza a haber
sinais de vida. Al...
Fusion:" GAYOSO" indefinidamente!
-
PRESENZA INDEFINIDA
Durante a súa intervención na conferencia, o Fiscal Xeral do Estado,
Cándido Conde Pumpido --que foi presentado por Gayoso--, se refer...
Desmentido
-
Sergio Vega, Shaka, afamado cantante de* narcocorridos*, acudiu aos medios
de comunicación para desmentir a súa morte. O *narcoterror* ten no punto de
mira...
De Toro
-
Nunca fun demasiado fan deste escritor. Gustáronme moito Polaroid, Land
Rover e (sobre todo) Tic-Tac. Non sei dicir que me pareceu exactamente
Calzados Lol...
Mudanza
-
En breve será redirixida á nova versión do blogue en blogaliza, onde
agardamos poder retomar as xornadas deste porto. Actualicen todo o que
teñan que actua...
por un soño
-
Un día, case sen querer, puxen esta foto neste blog, nada intuía que sería
o último que escribiría neste blog que me acompañou uns cantos anos.
Fun a vi...
Brétemas muda a blogaliza
-
Despois de catro anos con blogger estás brétemas mudan para a comunidade de
blogaliza. A partir de hoxe estamos aquí, onde iniciamos con enorme ilusión
as ...
Paisaxe con figura
-
(21º da serie "Épica apócrifa")Traballara moito toda a vida. Sempre o
mesmo. O ciclo estacional da labranza ano tras ano. Recomezar o rematado
unha e outra...
Cuestionario Proust
-
Un cuestionario mándame un amigo
que na miña vida me vin en tal aperto...
Pois si, convídame a facer un cuestionario Proust e, aínda que parece
doado, a mi...
9, 8, 7...
-
Moitos de vós xa sabedes de que vai isto. Xeración Web, o proxecto no que
levamos embarcados diversa xentiña (poucos, pero majiños) dende hai algún
tempo,...
Alfalfa e omega
-
*Coa excepción de Nietzsche, os lingüistas e os psicólogos non fixeron
moito por exploraren o xénero ubícuo e ensarilhado da mentira**. Apenas
contamos cun...
Pechamos por traslado
-
333 entradas despois.
PECHAMOS POR TRASLADO
Dende agora, se aínda lle quedan gañas de ler as cousas que a un lle dá por
escribir, terá que facelo en
http://...
The made whole temple of joy
-
You accept my dream dreaming of an all-knowing waterfall.
I seethe ecstatically, ecstatically.
Did I so recently drift, soundlessly?
The sky longing for a...
15 comentarios:
Aclaración, quizais necesaria:
Non, non fomos a un restaurante italiano. Xantamos co meu cuñado, a súa compañeira e a miña sogra, na casa dos primeiros. A compañeira do meu cuñado, Deborah, é peruana de orixe pero leva moitos anos vivindo en Italia, en Florencia. Esa foi a razón do menú italiano, realmente excelente, aínda que non puidemos dar conta de todo (era demasiado abundante). É un menú italiano tradicional de Nadal cun engadido peruano no Doce (mazamorra morada con prugne e mele), este tipicamente peruano e mesmo cuns pós de millo morados que a nai de Deborah lle enviou dende Lima. Tamén estaba para chuparse os dedos.
Ai, ai...despois queixámonos dos quiliños de máis, je, je...
Feliz ano, irmán.
De ter pasado as festas coa miña familia francesa, o menú sería o de sempre: ostras (ducia e media por cabeza), foie-gras (do auténtico), boudin blanc (morcilla de allo ao viño), capón asado en forno de leña, tronco de chocolate e castañas, beberaxes varias (Anjou, Muscadet, Sauternes, etc).
Cada país os seus costumes.
Lentellas creo que non faltan polas Italias para capodanno. Do bacallau xa falou Ferrín. E das asturianas casadielles, pois, falo eu. E volto á cociña que xa deben estar os spaghetti.
Menú de aninovo en Rodrixatos de Abaixo.
Primeiro prato:
Berza de asa de cántaro, cocidiña con patacas e bacallau.
Segundo prato:
Rexelo ao forno con ensalada de tomate e leituga.
Sobremesa:
Filloas de sangue de marrancho e arroz cocido coa leite da Marela.
Todo ben molladiño con bo viño da casa e chupito xeneroso de augardente da mesma procedencia.
Ale a superalo con saladas de mele e pós de millo peruanos!!
Coas patacas e co tomate hai tempo (alá polo século XV) debeu pasar o mesmo que coas saladas de mel e pó de millo. E, se por casualidade, vai ser invención dun conquistador de Baiona ou de Viveiro que chegou ao Potosí no século XVII. Agora é sobremesa peruana: e se foi de orixe galega?
O cultivo da pataca pronto se extendéu, porque non pagaba "diezmo" a Igrexa. Os curas protestaron a Roma, en balde.
Unha xenialidade de Forges hoxe sobre a obispalíada
O de Forges é de verdade xenial, xa pensaba colgalo eu tamén. A alguén supoño que lle pode parecer mal, pero ten máis forza que 20 editoriais sobre o lío dos bispos e Zapatero. Por sorte, neste campo aínda hai liberdade de expresión, mesmo nun medio como "El País".
Para o amigo Larpeiro: unha cousa non quita a outra, non? Un día pódese comer a berza e as filloas e outro o menú italiano, non? En gastronomía hai que deixarse de chovinismos babecos, creo eu.
Acabo de preparar -e comer- é día 7á noite, unha ensalada de bogavante "deconstruído" -ou sexa esmigallado- con escarola verde sobre unha cama de arroz bomba frío, con vinagre de módena, un bo aceite virxe con allo macerado e un par de copas de champaña para despedir as festas...
(Por certo que o bogavante andaba á metade que onte e estaba igual de rico).
Delicioso. Recoméndollo.
(Se non teñen bogavante a man, bótenlle unhas colas de gambóns -por mal nome langostinos- fritidos con moito allo picado e o zume dun limón, en frío ao final, pero tamén na tixola para remexer... Unha ensalada tépeda, deliciosa e moderada para estes tempos).
Como sega con esa dieta, Etxe, vai quedar convertido nun figurín.
Supoño que, como remate, non faltaría unha copiña de herbas. Polo efecto dixestivo e diurético, por suposto.
Probe a esferificar a escarola, laminar o arroz en finísimas talladas ata conseguir un carpaccio de riso e (e)vaporizalo todo nun par de segundos exactos. Acompañe a nube resultante coa man ata as pálpebras e deixe que entre polos ollos, acompañado dunha media bágoa. Esa é a verdadeira deconstrucción do bogavante, que debe permanecer todo este tempo no frigorífico para outra (mellor) ocasión.
Esferificar!
Arume del Bulli, non hai dúbida.
Arume, déixame alucinado. É vostede un sibarita.
Publicar un comentario