7 ene 2008

xantar de Reis (estaba todo moi rico)
(aclaración en comentarios)

15 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

Aclaración, quizais necesaria:
Non, non fomos a un restaurante italiano. Xantamos co meu cuñado, a súa compañeira e a miña sogra, na casa dos primeiros. A compañeira do meu cuñado, Deborah, é peruana de orixe pero leva moitos anos vivindo en Italia, en Florencia. Esa foi a razón do menú italiano, realmente excelente, aínda que non puidemos dar conta de todo (era demasiado abundante). É un menú italiano tradicional de Nadal cun engadido peruano no Doce (mazamorra morada con prugne e mele), este tipicamente peruano e mesmo cuns pós de millo morados que a nai de Deborah lle enviou dende Lima. Tamén estaba para chuparse os dedos.

Anónimo dijo...

Ai, ai...despois queixámonos dos quiliños de máis, je, je...
Feliz ano, irmán.

lourixe dijo...

De ter pasado as festas coa miña familia francesa, o menú sería o de sempre: ostras (ducia e media por cabeza), foie-gras (do auténtico), boudin blanc (morcilla de allo ao viño), capón asado en forno de leña, tronco de chocolate e castañas, beberaxes varias (Anjou, Muscadet, Sauternes, etc).
Cada país os seus costumes.

Anónimo dijo...

Lentellas creo que non faltan polas Italias para capodanno. Do bacallau xa falou Ferrín. E das asturianas casadielles, pois, falo eu. E volto á cociña que xa deben estar os spaghetti.

Anónimo dijo...

Menú de aninovo en Rodrixatos de Abaixo.
Primeiro prato:
Berza de asa de cántaro, cocidiña con patacas e bacallau.
Segundo prato:
Rexelo ao forno con ensalada de tomate e leituga.
Sobremesa:
Filloas de sangue de marrancho e arroz cocido coa leite da Marela.
Todo ben molladiño con bo viño da casa e chupito xeneroso de augardente da mesma procedencia.
Ale a superalo con saladas de mele e pós de millo peruanos!!

Anónimo dijo...

Coas patacas e co tomate hai tempo (alá polo século XV) debeu pasar o mesmo que coas saladas de mel e pó de millo. E, se por casualidade, vai ser invención dun conquistador de Baiona ou de Viveiro que chegou ao Potosí no século XVII. Agora é sobremesa peruana: e se foi de orixe galega?

Anónimo dijo...

O cultivo da pataca pronto se extendéu, porque non pagaba "diezmo" a Igrexa. Os curas protestaron a Roma, en balde.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Unha xenialidade de Forges hoxe sobre a obispalíada

Marcos Valcárcel López dijo...

O de Forges é de verdade xenial, xa pensaba colgalo eu tamén. A alguén supoño que lle pode parecer mal, pero ten máis forza que 20 editoriais sobre o lío dos bispos e Zapatero. Por sorte, neste campo aínda hai liberdade de expresión, mesmo nun medio como "El País".

Marcos Valcárcel López dijo...

Para o amigo Larpeiro: unha cousa non quita a outra, non? Un día pódese comer a berza e as filloas e outro o menú italiano, non? En gastronomía hai que deixarse de chovinismos babecos, creo eu.

Anónimo dijo...

Acabo de preparar -e comer- é día 7á noite, unha ensalada de bogavante "deconstruído" -ou sexa esmigallado- con escarola verde sobre unha cama de arroz bomba frío, con vinagre de módena, un bo aceite virxe con allo macerado e un par de copas de champaña para despedir as festas...
(Por certo que o bogavante andaba á metade que onte e estaba igual de rico).
Delicioso. Recoméndollo.
(Se non teñen bogavante a man, bótenlle unhas colas de gambóns -por mal nome langostinos- fritidos con moito allo picado e o zume dun limón, en frío ao final, pero tamén na tixola para remexer... Unha ensalada tépeda, deliciosa e moderada para estes tempos).

Anónimo dijo...

Como sega con esa dieta, Etxe, vai quedar convertido nun figurín.

Supoño que, como remate, non faltaría unha copiña de herbas. Polo efecto dixestivo e diurético, por suposto.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Probe a esferificar a escarola, laminar o arroz en finísimas talladas ata conseguir un carpaccio de riso e (e)vaporizalo todo nun par de segundos exactos. Acompañe a nube resultante coa man ata as pálpebras e deixe que entre polos ollos, acompañado dunha media bágoa. Esa é a verdadeira deconstrucción do bogavante, que debe permanecer todo este tempo no frigorífico para outra (mellor) ocasión.

Anónimo dijo...

Esferificar!

Arume del Bulli, non hai dúbida.

Anónimo dijo...

Arume, déixame alucinado. É vostede un sibarita.