DA fascinación do cine clásico
SOÑADO ATA O ARPEXO
-
Satchmo Liroforo
Acórdaste, Louis Armstrong,
do día en que viaxamos por un corredor de sons
que amabamos ata a morte?
Lembras a onomatopea que non saíu ao ...
Hace 5 horas
4 comentarios:
Lin este artigo á mañán e pensei que Ferrín esquecera que a mitificación de Bogart procede máis de anos posteriores ca dos propios contemporáneos. Como case todo. Xente dos anos 60, mitómanos full time (véxase o post sobre o Che), que vían en Bogart eunonseibenqué. Meu pai, por exemplo, que o mirou carrapexando en cada película, non daba un peso por el: inexpresivo, insulso, insípido. Nin medianamente guapo era.
Con todo, a foto con Bacall protestando contra o macartismo valeulle a admiración que os loureiros de Talía lle negaron.
Aínda que Bogart foi unha star durante boa parte da súa carreira cinematográfica, penso con Arume que a súa mitificación foi posterior a súa morte. Foi xustamente a xeración de Ferrín quen máis o mitificou.
Un matiz: Ferrín fala de que en Cayo Largo interpretaba a un escritor. Eu lembro que era simplemente un ex combatente. A memoria fállalle a un dos dous. Poden vostedes aclaralo?
É un excombatente.
Pois logo nesta ocasión non me fallou a min a memoria (algunha vez teño que acertar).
Publicar un comentario