Os Beatles, alto segredo
O Goberno británico seguiu durante anos os pasos da banda de Liverpool
O Goberno británico seguiu durante anos os pasos da banda de Liverpool
Informes desclasificados tachan a Lennon de obsceno e drogadicto
ANDOLIÑA martes 30 setembro.
OS BEATLES VIXIADOS.
OS BEATLES VIXIADOS.
Perto de Londres, nos arquivos de Kew Gardens, consérvanse unha chea de informes reservados sobre a actividade dos Beatles entre 1964 e 1972. Acollen dende documentación diplomática sobre as súas xiras ata esculcas da Policía ou de funcionarios de Facenda. Con temas do máis diverso: dende unha moza fan que lle cortou con tesoiras unhas guedellas do pelo a Ringo ata denuncias do consumo de drogas e unhas litografías eróticas (pornográficas, se o prefiren) de John Lennon e Yoko Ono, requisadas en 1970.
Un investigador, Mario J. Cereghino, recuperou esta material e descubriu que os guedelludos da banda de Liverpool foron vixiados polo goberno británico durante anos. Estas novas xa non me sorprenden: hai anos sóubose tamén que a CIA pagou campañas a favor da arte abstracta. Pero si imaxino a cara dalgún funcionario gris que durante anos gozou en solitario posuíndo a chave secreta destes chismes duns mozos dos que quizais detestaba a súa música e estilo.
Velaí o soño do Gran Irmán. Está acochado, supoño, en todos os seres humanos, pero con máis xeito en certas profesións. Pero, cando fai falla, iso non quere dicir que a policía sexa eficaz. Nin moito menos.
Un investigador, Mario J. Cereghino, recuperou esta material e descubriu que os guedelludos da banda de Liverpool foron vixiados polo goberno británico durante anos. Estas novas xa non me sorprenden: hai anos sóubose tamén que a CIA pagou campañas a favor da arte abstracta. Pero si imaxino a cara dalgún funcionario gris que durante anos gozou en solitario posuíndo a chave secreta destes chismes duns mozos dos que quizais detestaba a súa música e estilo.
Velaí o soño do Gran Irmán. Está acochado, supoño, en todos os seres humanos, pero con máis xeito en certas profesións. Pero, cando fai falla, iso non quere dicir que a policía sexa eficaz. Nin moito menos.
10 comentarios:
O servizo secreto debeu quedar herniado: drogadicto e obsceno. Menudo descubrimento.
A todos os expertos lingüistas que andan por aiquí ,particípolles unha hipótesis tola que se me ocurríu nestes días, verbo da orixe biolóxica da lingua. É moi cachonda:
Os primeiros sons articulados da especie humana foron pra decir obscenidades durante o acto sexual. O "homo sapiens" debe ser a única especie cuios membros falan, en xeral moi mal, durante o acoplamento.
Cando, no transcurso da evolución, a cópula pasóu a ser "frontal", coas correspondentes dificultades anatómicas,os "amantes" deberon desenronlar unha serie de gruñidos ou queixidos pra darse instrucciós axeitadas. Omito suxerir os equivalentes na linguaxe actual, por pudor. A selección natural actuaría de xeito moi rápido á hora de desenrolar as mellores e máis deliciosas "palabras" que posibilitaban o acto.
Primeiro, rian un pouco. Logo, denlle voltas á idea.Obscenos.
Parabéns, Saavedra: "Educación rectifica: poderase estudar Literatura Galega do Século XX en BAC" (máis información en Vieiros.com).
Agradecido. Fíxense nun detalle: restitúen as Literaturas (Galega e Hispánicas), obxecto dunha campaña de protesta e sinatura; pero non a Xeoloxía, da que ninguén se lembrou.
O valor da mobilización. A evidencia dunha consellaría inefable; a min, polo menos, fáltanme palabras a xeiro.
O dos Beatles escoiteino pola mañá na radio. Chamoume a atención o dos opositores xaponeses e quedoume a dúbida sobre se serían shintoístas (por exemplo) ou rollingstonianos.
Daquela víase (na TV) ou escoitábase noticia de manifestacións en diferentes partes do mundo. Salientaba que os estudantes xaponeses se presentasen na mobilización case tan armados coma a policía (matraca e escudo, se non lembro mal). Debía ter perigo, debía.
Dacova, tamén un vai e pare que o home se fixo sedentario para poder beber cervexa, e desenvolveu a agricultura.
"Et tout ça, et tout ça"...(non sei de quen é). meu non.
Claro, Lobo. Se estaban sedentarios, é que tiñan sede. PAraban onde había fervenzas. Que lle facían falta pra facer cerveza, que se chama así por ter que dobrar as cervicáis pra bebela.
Glups.
Parece que abre o sol en Ourense:PREMER.
Insisto: todo moi internacional pero dó a música de Benposta, Nova Democracia, Menchu, Espiga e toda a outra que fixo de nós unha primeira potencia mundial nese ámbito, eh???? Festival do Miño de novo e da mán de Rego Nieto!!!! Quiroga de Abarca á Subdelegación do Goberno!!! Temiño baixo o palio da luz crepuscular!!! Peripepe ó Principal!!! Cepo ós viños!!!! E gloria a Deus nas alturas recolleron ó lixo da miña rúa onte a escuras e home sementada de bombillas, qué bonito...!!!
Se a nosa linguaxe provira da foda, sexa postura misionero, sexa outra, agora mesmo disporiamos de catro ou cinco frases elementais: mmmm, que ghusto, polo cú nen de coña, máis, ¿pero xa?, ou "¿corenta euros?, nin de coña". O que venlle a dicir que Cervantes empezaría El Quijote máis ou menos "asín": "Mmmmm, grugruajjj, mmm, dez maravedís por chupala?, hummm, gruojjjj, tatequieto, Sancho...".
Publicar un comentario