19 feb 2009

To!
Bieito Iglesias, El Correo Gallego 19-2-09

Imaxe: Vacas amarela, vermella e verde, de Franz Marc - 1912 -

Que as universidades se ocupen da onomástica do gando vacún en lugar de investigar -por exemplo- as causas da crise económica dá que pensar. Quizais na era do baleiro que nos tocou vivir, os outrora templos do saber estean abocados a entreter as masas con chilindradas, en dura competencia coa televisión.Desde logo o telexornal da TVG fíxose eco de certa pescuda da universidade de Newcastle que constatou empíricamente como as vacas con nome propio baixan o leite mellor que aqueloutras non baptizadas. Os experimentos realizados durante miles de anos polos camponios galegos xa tiñan chegado a conclusións moito máis precisas. Como se sabe, nas cortes das nosas aldeas de antes, o gando bovino tiña nome mentres que porcos e ovellas, burros e eguas ficaban no anonimato da denominación xenérica; do mesmo xeito que se nomeaban os cans (Merola, Petís, Café, etc) e non se distinguía con ese privilexio a outros animais domésticos tales como gatos ou galiñas. As vaquiñas galegas todas tiñan a súa graza, así fosen rubias, marelas ou de raza limiá, caldelá e vienesa (tres castes que os cursidosos peritos agropecuarios inclúen entre as "morenas del norte"). Chamábanse Vermella, Pinta, Cabana, Marquesa, Linda, Barrosa?con nomes puramente descritivos da cor da súa capa ou encomiásticos. Agora ben, por máis que quixeses lisonxear a vaca chamándolle, coma tal, Bonita, ás veces ofrecía un ubre inchado e outras veces o leite púñaselle nas cornas en lugar de nos tetos. Querse decir que, baptizadas ou non, había vacas de leite (frisona holandesa), animais de carreto (as razas barrosas) e rubias galegas, boas para a carne, esclavas da canga ou da molida de mellor dente que as suízas ou holandesas. Que a TVG non saiba nada disto e se guíe por nonadas pseudocientíficas de Newcastle demostra que o mundo actual despreza a cultura labrega, un patrimonio milenario vivo aquí na Galiza ata antonte. Só se me ocorre exclamar "to!", voz usada no agro para tornar ou deter o gando.

26 comentarios:

Anónimo dijo...

Todo iso está moi ben. Non deixa de ser unha mostra máis da xa sabida ocorrencia do noso benquerido Bieito. Pero, ¿que nome lle poñemos ó escapismo dos problemas cando os problemas aboian?

Supoño que a entrada de Bieito Ledo e o fío arrepiante que suscitou sería borrada deste blog a petición de parte. Aínda así non o entendo -nin o comparto-.

O meu anonimato -que se puxo aquí en cuestión, non o meu senón o de todos os que nos agochamos detrás dun ou de varios nicks- non é tal pois que lle comuniquei o amo da casa, o señor don Marcos, quen son eu en realidade. El ten dereito a sabelo.

Síntome moi dorido, moito, pola estúrdiga -deixádeme usar a palabra nunha das súas moitas acepcións- reacción perante un conflito que, como alguén dixo, aínda que pode que non fose o máis autorizado para dicilo, podería facernos medrar.

Se queremos memoria, ¿por que a borramos? Estrume non, lembranzas si. Aínda que moitas veces as lembranzas sexan só estrume.

Se foi a petición de parte, non teño nada que dicir. Senón, síntome non só decepcionado, pode que mesmo traizoado.

Don Marcos, a súa honradez ética e intelectual debe ter pulos suficientes para termar dun empurrón coma o que sufrimos nese condenado fío.

Saúdos para todos.

Anónimo dijo...

Non sei como; pero, se faltei, laméntoo.

Anónimo dijo...

Señor González, vostede non faltou en nada. Ó contrario, puxo moita sensatez -que eu fun o primeiro en reclamar- nese noxento episodio desta casa.

Saúdos, e se o atopo por Lugo, pararei a botar unha parrafeada con vostede. No sería a primeira vez.

Anónimo dijo...

O de facernos medrar o conflicto fun eu. Pero non o aproveitei a fondo.

Eu considero que o asunto se nos foi das maus.
Non quero provocar sufrimento en ninguén.

Eso non quere decir que, por non facelo, prive a outros do dereito a informarse e saber.

Empezo a considerar seriamente o "transformarme" en Budista.

Pero cada cousa no seu lugar.

Deixeime arrastrar. Responsabilízome de unhas cousas, pero non do que non digo.

Onte quixen conducir a cuestión de outra maneira. Hoxe vacilo. Mañá non sei.

Declárome solidario con Xosé M. González.

Gustaríame comunicar con "o mesmo, pero disimulando" dareille canta información precise oportuna, pode axudarme a situarme, pero fora deste fóro: altervida@hotmail.com

Anónimo dijo...

Bweno, para rir un bocado. Onte, en Piñeira d'Arcos, na lagoa antelá, terra tamén de don Bieito Ledo e de don Lobo Neghro (tamén de Xoán Dacova) falando cunha señora máis preto dos setenta que dos sesenta.
-Entón, que, señora, como se presenta o entroido...
-Bweno, dantes todo o mundo se revestía, novos e vellos... Agora, todo o mundo pasa da movida.
PASA DA MOVIDA
PASA DA MOVIDA
PASA DA MOVIDA
As palabras da señora limiá aínda están a ecoar na miña cabeciña.

Saúdos para don Bieito Ledo.-

Anónimo dijo...

Vade retro Medelás!, non volvas mencionarnos xuntos.

E esqueciches a Xossé, que tamén existe e é de dios.

Anónimo dijo...

Grazas Medala!.

Marcos Valcárcel López dijo...

EXCUSAS A TODOS, pero creo que fixen o único posible para que a cousa non dexenerase máis.
O fío empezou mal e dous dos participantes así o recoñeceron, pedindo excusas. Bieito Ledo pediume eliminar o fío e, xa que logo, houbo petición de parte por varias bandas.
Pensei solucionar o tema con suprimir só os comentarios máis polémicos, pero logo observei que o conflicto seguía, agora noutros termos: na filosofía deste blog non está o ser utilizado para arranxar desputas persoais.
Creo que o fío xa fixo moito dano dende unhas conxecturas que aquí non se poden demostrar.
Pola miña banda, desexaría rematar aquí este episodio infeliz e non volver sobre el, pero, por suposto, asumo a miña responsabilidade na conducción, axeitada ou non, dos debates do blog.

Anónimo dijo...

Pode ser prudente a decisión do Marcos. A difusión de certas cuestiós espinosas pode conlevar a resposabilidades legáis do administrador do blog, chegado o caso a certos extremos.
Saiba, Marcos, que anque non me gusta a medida da eliminación do post, enténdoa perfectamente. Sería doado por parte de todos nós declinar reponsabilidades legáis chegado o caso. E máis difícil para vostede. Eu entendo a sua decisión.

Anónimo dijo...

A discusión pode seguir noutros foros, noutras tertulias, sin involucralo a vostede en reponsabilidades que non ten ningunha obriga de asumir.
Unha vez máis, vaia para vostede, Marcos, o meu aprecio persoal e a miña comprensión. Sei por experiencia propia o que é "tensar" a corda das responsabilidade persoal pra darlle a outros oportunidade de expresar ideas que poden dañar a outros.

Anónimo dijo...

Roma locuta, causa finita.

(Máis aló da verdade está a teima de encontrala)

Anónimo dijo...

Al di laaaaa
del amore profondooo
si seu tuuuu
si sei tuuu

Al di laaaaa
del amore infinito
si sei tuuuuuuu
si sei tuuuu

al di laaaaaa
del amore infinitio
si sei tuuuu
si sei tuuuu
si sei tuuuuu
per meeeeeee

premer.

Anónimo dijo...

Volvendo ao tema do fío, hai por aí publicado un estudo sobre a onomástica das vacas galegas. Parece que hai uns nomes moi xenéricos (Pinta, Gallarda, Marela, etc) e outros máis particulares.

Con todo, dáme a impresión de que poñerlle nomes ás vacas é algo do pasado, de cando os labradores tiñan menos dunha dúcia de vacas e eran todas do país. Agora moitos gandeiros teñen trinta ou máis vacas, case todas pintas (de leite), así que o de chamalas polo seu nome xa é algo máis complicado.

"To!" ou "Vaca vén!" parecen exclamacións comúns a toda Galicia.

Outra cuestión é como se dirixe un aos porcos. Aquí sei que hai dúas variantes: "Quino!" ou "Chino!"

Vostedes son quinos ou chinos? (quero dicir, vostedes que escoitaron polas aldeas?)

Anónimo dijo...

Vexan a pregunta que lle fixo Feijóo a un paisano nunha explotación gandeira en Rois (A Coruña), nun deses paseíllos que está a facer para arrecadar votos:

http://es.noticias.yahoo.com/9/20090219/tes-feijoo-promete-resolver-los-expedien-3388ffc.html

Durante su visita, Núñez Feijóo preguntó en tono jocoso por qué todas las vacas tienen nombre de mujer, a lo que su interlocutor respondió tras un breve silencio: "Es lógico, son hembras".

Anónimo dijo...

Onda nós os porcos trátanse por "quiro".

En canto ó xeito de "interpelar" ás vacas, non de nomealas, habería que estudar as expresión de algunhas partes de áfrica. Poderíamos levar algunha sorpresa.

Anónimo dijo...

Expresiós do corazón do Senegal, para chamar aos animáis:

Para que anden as vacas, ou os cabalos: Alé!.
Para espantar ao gato: sip!
Para chamar por o can: kuri!
Para chamar por as pitas: Kurr!
Para chamar por o cabalo: Bicos sonoros ao aire, a gran velocidade.

Hai varios sons máis, de imposible transcripción. Chasmidos diversos coa lingua e cós beizos. Algús parecen croar de rás. Vou gravalos.

Posiblemente as primitivas ordes de chamada dos animáis domésticos se pareceran ós reclamos propios da especie domesticada. Posiblemente houbo unha "selección natural" dos sons que mellor imitaban ós da especie da que se dependian para supervivencia. Posiblemente eso influíu na xénesis da lingua humana. Posiblemente houbo unha selección artifial, non senso inverso, das propias especies.
Canta investigación pendente!.

Na miña aldea: Quiro Tá!, para que o porco foro por o camiño axeitado, un pouco contra a sua vontade. Si iba de boa gana: Uxe, Uxe!
Había moitas máis...

Anónimo dijo...

Pois eu téñolles unha anécdota de hai uns corenta e tantos anos acontecidos na parroquia de Begonte, Lugo.

Xulián, o tío Xulían, andaba gradando unha leira e ía chamando as vacas. A leira lindaba por un dos seus lados cunha congostra, daquela aínda transitable. O tío Xulián chamaba ás vacas a berros salpimentados de grosos xuramentos e blasfemias, que non vou reproducir por respecto a don filomeno2006.
Achábase neste mester o bo do labrego, cando pola congostra pasou o cura.
-Xosé-díxolle, porque aínda que todos lle chamaban tío Xulián, o home chamábase Xosé, ben, Xosé ¡hostias!, chamábase José, que carallo-. Xosé-díxolle o cura-, non barbarices, ho. Limpa a boca.
-Perdoe, don José-porque resulta que o cura tamén se chamaba José, pero aseñorado, neste caso-. Perdoe, don José, é que se lles falo doutra maneira non me entenden.

O avó da miña muller chamaba ás vacas máis ou menos así:

-¡Ei, vaca, be! ¡Pasa aquí to! ¡Xía, xía! ¡Anda, bonita!

E volvía empezar.

Anónimo dijo...

Por o que estou vendo en San Google, os cowboys guiaban ó gando mediante sons "YODEL". Por eso aparacen tanto eses sons na música country.Eu sempre pensei que a eso lle chamaban "gorgoritos".

Eu tiña fai anos un disco delicioso dusco suizo con cantos de esos.

Fíxense nesta rapaza, que canta en "yodel" . Conta que aprendeu didácticamente, aos sete anos, con un libro e cassetes. Un membro do xurado asómbrase:PREMER.

Non sei si se empregóu en Galiza algún sonido parecido para o gando. Pero sí lembro sons parecidos para espantar ao lobo.

Anónimo dijo...

O bonito é que na propia letra da canción conta cómo aprendéu a facelo. Qué fenómena!.

Anónimo dijo...

COmo poden ver no artigo enlazado da wikipedia, a cantante Shakira utiliza precisamente esa técnica. Miren onde estaba a conexión de Shakira coas vacas, da que se fala en outro fío!.

Anónimo dijo...

A presentadora pregúntalle ao músico cal é o mellor "jodler" do mundo.Franzl Lang, resposta este. O outro presentador dí que precisamente está invitado ao programa:ACOLLOANTE.

Anónimo dijo...

Na metade máis ou menos de esta páxina de vocabulario guanche, hai unha sección de "pastoreo", na que se dan diversas voces de control do gando:PREMER.

Nesta páxina, hai un párrafo que fala da importancia dos vocablos de pastoreo conservados hasta hoxe, como xeito de indagar información verbo da extinta lingua guanche:PREMER.

Vou dormir, que este Bieito méteme en líneas de investigación infinitas...

Anónimo dijo...

A ver agora:PREMER.

Anónimo dijo...

Moi bo! Este Franzl Lang evos clavadiño ó Fari.

Marcos Valcárcel López dijo...

xenial o de CRAZY YODELING
graciñas por colgalo, XDC

Anónimo dijo...

Dacova, a vaca Shakira, de outro fío, é Limiá como nós. Non sei se de decatara.

Os guanches, según tiña recollido hai xa unhes 15 anos, son de procedencia "berber", do norte de áfrica. Dados revelados por unha tumba. Os Berberes chamábanse a sí mesmos algo así como "imazir", creo que ese é o nome apuntado por un de eles, que quere decir os "nacidos" ou traducido, os autóctonos ou os do país. Para diferenciarse dos invasores que lles trouxeron o islam.

Zinedine Zidanne é berber ou kabile. E os guanches tamén.