5 ene 2008

Películas que se poden recomendar (vistas nestes días)
Descubrindo Nunca Xamais, de Marc Foster (2004), con Johnny Depp e Kate Winslet, baseado na biografía do creador de Peter Pan, o exitoso dramaturgo escocés James Matthew Barrie.
Serenata nostálxica, de George Stevens (1941), con Cary Grant e Irene Dunne. Imprescindible para pais primeirizos. Un correcto melodrama que manexa con elegancia as elipses narrativas e a música como fío da historia. Por que se esqueceron sempre de Cary Grant no caprichoso reparto dos Oscar, mesmo en papeis dramáticos como este?

López en Galicia Hoxe
Dende o pasado día 2 incorporouse a Galicia Hoxe o humorista galego que asina como López: xusto enriba da miña Andoliña diaria, na contra dese xornal.
Creo que é o mesmo e misterioso López que se asomaba a cotío ós Croques, o blog de Perfecto Conde. En calquera caso, benvido a esta contigüidade xornalistica: rexistramos un novo debuxante de humor na prensa galega. Que sexa por moito tempo.
A viñeta de hoxe é ben simpática. E a de onte, aguda e atinada: dille unpersonaxe a outro, sentados os dous nun banco dun xardín: "Non queren á igrexa nos asuntos do Estado e pídenlle ao Apóstolo que nos resolva o problema do paro e do terrorismo".

Saturnino, o ciclista escalador-camareiro
Hoxe pola mañá fun coa miña filla ó Barco de Valdeorras. Pasados Os Peares, ó rematar esa costa que nos achega ás chairas de Monforte (sempre con néboa), encontrámonos con Saturnino González, o popular ciclista camareiro. Xa o temos encontrado varias veces por esta estrada: saudounos ós que íamos en automóbil e dende aquí devólvolle o saúdo.

Políticos vagos?
Andoliña sábado 5 xaneiro.
Andoliña sábado 5 xaneiro.
Imaxe: "Meu rei", Jorge Cabezas, 2005.
Son vagos os nosos políticos? A primeira vista habería que dicir que non: aparecen cada dous por tres a inaugurar algo, dando a súa opinión, ofrecéndonos as súas alternativas sobre este e aquel tema que coidan importante. Moitas veces, falando de máis. A algúns que coñecemos vémolos na rúa sempre pegados a un móbil, supomos que arranxando os grandes problemas da cidade ou do país; quizais desa chamada dependa a posta en marcha dunha infraestrutura vital para Galicia, quen o sabe?
Hainos de bico retorto e outros de sorriso publicitario. Como os hai próximos e outros distanciados, cesaríanos: algúns próximos fanse inaccesibles en canto pisan moqueta. Semella que andan sempre estresados e iso non é bo para o corazón. Por riba, en España teñen mala imaxe, sinónimo de nepotismo e corrupción para moitos cidadáns.
No concello ourensán, por terceira vez en pouco tempo, decidiron adiar un pleno municipal: noutras ocasións por ponte, nestas polas vacacións de Reis. O mesmo sucede nos parlamentos. Quizais o precisen para non gastar de máis o móbil. Pouco agradecidos, os cidadáns nin sequera entenden que todo o demais pode agardar.

ENTRE HORTAS E PORTAS, de Xosé Manuel González
26. Arreite.
O Xosé da Casanova é un ano máis novo ca min.
Ben ha de lembrar.

Que confusión, canto mal amaño, que dozura. - A carne é débil. - Non, a carne é forte. Gaña en valor a segunda das retóricas; se alguén a enunciase, determinada cara enrubiaría, brillaría algún ollo.
O acto sexual pleno está, de boca, inmiscido no máis corrente da vida diaria. Son os anos sesenta e rapaces que xogan ás apandas proclaman “condón de esparto”, unha fórmula coma outra no salto previo á patada no cu; outros, que aprenden ciencias naturais, chámanlle condón de Aquiles a unha articulación fibrosa. Pouco hai que evocar, por innecesario, sobre voces tabú que se volven interxección ou comodín lingüístico, o xeneral Carallo á fronte de todas. Cousa frecuentemente inocua, igual ca no conto do gatiño.
Sobre a unha da mañá, van todos os gatos da Rúa Nova cara á Praza Maior; na Rúa da Cruz encontran un gato pequeno e pregúntalles:
- Onde ides todos xuntos?
- Imos foder.
- Quero ir convosco!
- Que has vir, hom, que has vir. Vaite deitar.
- Quero ir! Levádeme, levádeme!
- Veña, hom, deixa vir o pequeno. Ten que ir aprendendo.
Van logo xuntos por Conde Pallares, chegan á praza e alí, no palco da música, hai unha gata, toda remirada, lambendo nas unllas. Os machos comezan a dar voltas por baixo, unha vez, outra, unha vez, outra. Cando levan doce, o gatiño, que non pode co sono, advirte:
- Bueno, eu fodo outra volta e voume, ¿eh?
Xogos de palabra que fan aqueles a quen os maiores adoitan instruír, igual, a medio de conto e sobreentendido; tal ensino axudará como habelencia nun futuro, pouco agora para termar deste brío que ameaza arroiar en enxurrada. Dando, por veces, en malestar do ignorante ou novicio: de onde tal emanación, inesperada, que eu non activei? Saberá un, pero máis tarde, que polución nocturna non é masturbación (ou pera, ou palla); saberá, tamén, que a cabeza traballa ás veces máis cá man, por moi incrible que pareza.
Todo leva a encontro, ben se sabe. O como é outro choio, que debe explorarse; exploración, proba constante. Á expectativa na verbena da Milagrosa, con bolero; na festa de San Roque, samba. Hai quen vai bailar polo baile, outros por meter man; “mete man quen non pode meter outra cousa”, volve a palabra. Pero elas queren chegar virxes ao matrimonio e no fondo eles entenden, sobre todo pensando no propio casamento; algún concibe inusual interrogante, digno -para os outros- de parvo ou quizá madamita: por que mulleres e non homes?
Amor é outra cousa, e verba de canción. Cando a efusión de abaixo leva incorporado sentimento arriba, dise que un está polo outro. E de súpeto, hai volta de páxina, digo década.
Chegan os setenta, un degoro de franqueza dá en varrer condicionantes. A voz de Bonnie Tyler, o continente da Tina Turner han categorizar: dille abur á nena débil e calada, esa imaxe. No ano 69 un tabú de circunspección rolara co “Je t’ aime, moi non plus”, aínda que na máquina de discos en Los Tilos, rúa do Bispo Agirre, soase unicamente música, non letra. Tres anos despois, difundíase en copia a historia verídica e abraiante do cipote de Archidona; aquel Cela xa sacara a segunda entrega do Diccionario Secreto e algún adolescente especulaba: que será, como posible, “echar un polvo en el vacío”?. Vicente Araguas, aceno de esguello goliárdico nas Voces Ceibes, cantando pornografía medieval desvelaba un vencello cultísimo do homólogo cantigueiro galego e contemporáneo:
A ũu frade dizen escaralhado

e faz pecado quen lh' o vai dizer
ca, pois el sab' arreitar de foder,
cuid' eu que gaj' é de piss' arreitado;
e, pois emprenha estas con que jaz
e faze filhos e filhas assaz,
ante lhe digu' eu ben encaralhado.
Tal dato e texto literario adoita espallalo na cidade algún universitario en vacación; traen así mesmo noticia de que frecuentes mozas non queren ir virxes ao matrimonio, dubidan mesmo ou negan que vaia haber casamento ningún. “Vivir xuntos” quere dicir sen cerimonia nin compromiso. Moito lugués maduro escoita, queda abraiado, escandalizado, logo teme; a onde levará a promiscuidade, que será da miña nena, quen ha coidar do rapaz; e non haberá máis familia, quen me dará netos; e o romanticismo?
Outros maiores dubidan, tamén hai varón que acouga dama acolléndose ao efecto do tempo e o valor do refraneiro. E de certo haberá amor, familia, netos; seguirá patente que o casado, casa quere. Así e todo, en paralelo a certa polémica sobre estabilidade sentimental, o vello modo e motivo de gobernar o desexo volveuse concepto en dúbida. Precepto cambaleante.
4 ene 2008
Memoria de Xaime como neno de Ourantes (de Xosé Luís Méndez Ferrín, en Faro de Vigo 4-1-08)
Agardada semblanza de Xaime Quessada polo seu amigo da infancia, Méndez Ferrín: xa teño dito que o escritor ourensán é tamén un mestre no rexistro elexíaco, mesmo nos obituarios, que constitúen todo un subxénero na súa obra.
No Ourantes (Ourense, na narrativa de Xaime Quesada) que ten como centro Santa Eufemia destacaba sobre 1943 ou sexa nos días de Stalingrado un neno con tirabuzóns loiros, fillo de Teresita Porto que era viuva nova e parecía unha artista de cine. Non tardaron en desaparecer tirabuzóns, e aquel neno da Rúa Nova ou do Instituto ou de Lamas Carbajal convertiuse en suxeito activo e de palabra veloz, con dotes de lider. Tiñamos como punto de reunión a parte alta dos Jardinillos, nun banco ao que lle faltaba o asento e no que nos exercitabamos en números de trapecio vistos no Circo Feijóo. Revelounos alí Xaime Quesada ser o sobriño ou primo do Veiras (non Beiras): un artista respectado e popular que deseñaba incribeis iluminacións nas festas e de cuxo estudio acabada de saír o trazado dos novísimos xardíns da Burga cuxos mirtos e empedradiño á portuguesa aínda permanecen. O día no que apareceu pola nosa xuntanza aquel rapaz maior cunhas antefixas de Catedral talladas en tizas escolares. Xaime aproveitou para nos revelar que el tamén era artista. En canto ao rapaz das tizas, este perdeuse en silencio pola zona do Orfeón e del saberiamos, anos despois, que era un escultor que se chamaba Arturo Baltar. O noso amigo Arturo Baltar.Certo, entre a incitación do Veiras, a suxestión do taller de Prego de Oliver e o apoio dos seus irmaos maiores artistas, Xaime Quesada converteuse en debuxante precoz. A "Profe", Mercedes de Gracia, tiña unha escoliña na Rúa da Paz na que liamos Corazón, na que nunca se rezaba e na que se atuaba as profesoras, incluso a Directora, a cal debía de pesar uns cen quilos. A esta escola privada e vagamente institucionista asistín con Xaime. Durante as aborrecidas horas invernais de estudio, el concentrábase para debuxar clandestinamente de memoria as paisaxes urbanas de Ourense, digo Ourantes. Alí estaba Heriberto e non sei se Antonio, amigos.Así que participei con Xaime dunha extraña infancia artística e liberal aínda que marcada por constantes procisións intercaladas de representacións e veladas no Principal e seguidas de incursións á Barbaña ou ao Monte Alegre en procura de calquera aventura en convivencia coas bandas dos suburbios en cuxas fazañas gostabamos de participar, sempre lonxe do Parque de San Lázaro. Logo, sobre os dez anos de idade, a vida separounos a Xaime e a min aínda que, moito tempo despois, eu voltaría visitar aquela súa casa de Lamas Carbajal en cuxos interiores estaban as monecas antigas, o piano de Teresita, raros instrumentos médicos, a libraría acristalada, e por cuxas fiestras entraba a luz escasa, pro única e peneirada, da que dora xudaría da nosa cidade.Xaime completou en Madrid estudos superiores e medrou, ano tras ano, en sabedoría e determinación plástica, e logo tamén literaria. Coido que nunca deixou de ser o meniño argallante e locuaz co que xoguei no Ourense, ou no Ourantes, dos distantes anos cuarenta.Aquel mesmo fogo, mesma imaxinación, mesma inquedanza, eran características dun artista maduro que só a morte sería capaz de deter no proceso infinito de xeración de formas e de representación. Foi antifeixista, gloriosamente.Eu agora choro e me doo porque a morte cruel nos deixou sen Xaime Quesada Porto para sempre.

Poetas en Lugo
Andoliña venres 4 xaneiro (Dedicada ós amigos/as de Lugo que veñen por aquí a cotío, uns cantos)

Darío Xohán Cabana publicou en datas recentes dous fermosos e valiosos libros sobre a cultura en Lugo, editados polo Concello desa cidade. O gran poeta e narrador lugués fíxomos chegar e agradézollo vivamente, porque de seguro vanme ser de utilidade. O primeiro deles é Cunqueiro e Don Hamlet en Lugo (San Froilán, 1959) e constitúe unha crónica detallada da estrea da popular obra teatral de Cunqueiro na cidade de Lugo, o 11 de outubro de 1959, Domingo das Mozas do San Froilán. Cabana recupera textos da prensa e fotografías daquel suceso cultural, no que quizais foi a primeira posta en escena do teatro galego na posguerra e na Galicia interior.
O outro volume, nunha moi coidada edición, titúlase Poetas en Lugo e rexistra as voces líricas que cantaron esa cidade dende a Idade Media (Afonso X, Fernando Esquío, Xohán Romeu) ata poetas de hoxe como Miro Villar, Olga Novo ou o propio Darío. Polo camiño encontraremos poemas moi auténticos de Manuel María, Novoneyra, Rábade Paredes, Claudio Rodríguez Fer, Carme Blanco, Marica Campo, Xosé Miranda, Fiz Vergara Vilariño, Xulio Valcárcel e unha longa xeira de ata 54 autores. Lugo en versos: agarimoso agasallo.
3 ene 2008
Agasallos, de Bieito Iglesias (ECG, 4.1.08)
Son estes días de agasallos e a min fixéronme dous presentes que moito agradecín. A miña amiga Lola Arxóns tróuxome desas partes da costa unhas vieiras e unhas ameixas dignas de figurar nun banquete do deus Neptuno. Como estarían de bos estes frutos do mar que meu pai repetiu a dose unha e outra vez como se fose afervoado lector de poesía francesa: La mer, la mer, toujours recommencée.
Outro obsequio veu do Sarille, compañeiro neste duetto columnista, e consistiu nun libro (A impostura e a desorientación na normalización lingüística) que censura as pésimas políticas de lingua practicadas por administracións galegas, academias, institutos e partidos políticos, alpendres todos fracasados no empeño de normalizar o idioma galego. Poderánse debater as súas teses pero non a súa vehemencia crítica, porque (aínda que nos velorios nunca falta un chistoso) non quere darlle polo pau aos xoviais sepultureiros da nosa lingua. Dacordo co reparto de papeis que suxire o título desta columna, el decidiu facer de coitelo. Escribe co coitelo entre os dentes contra a vesania colectiva que propicia a substitución do vernáculo polo castellano.
Na Galiza de antonte, os posuídos polo meigallo -querse dicir os loucos ou alienados- daban en baduar linguas estrañas, case sempre un español de sotaque andaluz ou porteño. Hoxe, como explica Quico Cadaval nos seus divertidísimos shows, parece que toleou o país enteiro.
Por moito que incen os enmeigados, mentres vivamos Sarille e máis eu (e os nosos descendentes galaico-parlantes) o idioma de Rosalía vivirá, se cadra non per saecula saeculorum, pero si polos fillos dos fillos. Como creo máis nas biografías que nas políticas, son moderadamente optimista. Haberá galego na lúa e replicantes con seseo das Rías Baixas alén de Orión.
(P.S. de M.V.: tamén a min me chegou o libro do amigo Sarille, moitas grazas polo envío. Comentareino en canto poida nalgunha das miñas solainas)

Estratexias electorais do 2008
Andoliña xoves 3 xaneiro. Imaxe do pintor Jorge Cabezas.
Pola súa banda, Jesús Caldera, coordinador do programa electoral socialista, insistía nestes días, nunha entrevista, en que o PSOE non quería xirar cara ó centro, senón avanzar. Engadía de forma moi explícita: “Nós non temos que movernos, porque estamos moi preto da maioría dos españois. É o PP o que está moi á dereita”.
A enquisa que onte publicaba La Vanguardia facía ver que ambas as posicións non son antitéticas. É no espazo moderado e centrista onde se xoga o resultado, pois representa o 57% dos votantes: centro esquerda (34%) e centro dereita (23%). Centro orientado á esquerda. Os votantes do PP, situados nese espazo de centro-dereita, ven en cambio ese partido instalado hoxe nun espazo de dereita moderada que só representa o 8% dos votantes. Si, é o PP o que ten que moverse.l
2 ene 2008

en poleiro alleo
(na imaxe, pescadores de baixura nos comezos s.XX) Non hai quen poida coa xente mariñeira.
"Xaime Quessada, adeus ao amigo e ao artista" (Albino Mallo en GH 2-1-08)
"Cuiña", por Xosé Manuel Pereiro (xornal.com)

Xaime Quessada Porto
Andoliña mércores 2 xaneiro 2008 (Imaxe: "Muller sentada", de X.Q., 1960)

Rematou o 2007 de xeito luctuoso, cos xornalistas cubrindo a información nos cemiterios: o político Xosé Cuiña, o pintor Xaime Quessada, tamén a profesora e amiga Helena Arnáiz, militante de vello da Esquerda Unida auriense. A morte de Xaime Quessada dalgún xeito pecha unha etapa da historia cultural ourensá e galega: aquela que chanta as súas raíces no de-saparecido "Volter" (para vergoña dos ourensáns), arredor de Vicente Risco, agarimados os poetas e artistiñas cos murais logo destruídos de Xosé Luís de Dios e do propio Xaime.
Quessada foi un artista dun novo Renacemento: capaz por igual de dialogar co seu tempo (Picasso, Bacon) e cos clásicos doutrora (de Velázquez a Goya). Foi un artista ben valorado e a súa obra está en múltiples museos e centros oficiais de toda Europa: el queixábase acotío, sobre todo dende os anos 80, dunha certa postergación por parte da crítica, pero o certo é que sempre tivo valedores. Seguirá a telos.
Deixa unha obra abundante, poderosa, multiforme, que se expresa nun cento de linguaxes artísticas. Deixa tamén a lembranza do seu compromiso democrático contra esa ditadura que Fraga non cesa de reivindicar. Quedará tamén, para todos, a presenza da súa peculiar iconografía nos carteis e nos grandes murais. E non será esquecido.

31 dic 2007
A SALA RESERVADA DO PRADOLa Región 31 decembro 2007

A visita do Rei. “La habitación prohibida correspondía a una torre, la del norte-este. Estaba a oscuras. Tanteando, halló una ventana y la abrió. La habitación carecía de muebles, pero de las paredes colgaban cuadros. Cuando sus ojos se habituaron a la luz escasa, pudo ver que en todos ellos había mujeres desnudas, solas o en compañía. Se hallaba ante las mitologías que su abuelo había coleccionado, y que solo podían contemplarse con un permiso especial de la curia toledana, firmado de puño y letra del primado: privilegio de éste que el Gran Inquisidor le discutía, y que, como pleito de los que jamás se resuelven, se hallaba en Roma hacía lustros. Por fortuna, el otro rey, su padre, jamás había penetrado en aquel lugar pues de lo contrario el pleito lo habría zanjado el fuego.
- Los teólogos más sutiles, Majestad, tienen dudas de que su abuelo, el Gran Rey, se haya salvado, sólo por haber gastado en estas porquerías el dinero del pueblo”.
Así se conta, na novela de Torrente Ballester “Crónica del rey pasmado”, a visita do Rei de España á sala reservada onde se gardaban as pinturas eróticas e mitolóxicas ocultas por motivos morais. Torrente imaxina en tal situación a Felipe IV que un día pide tamén ver a súa muller espida co tremendo escándalo que iso desata na Corte. Pero o certo é que Felipe II e os seus sucesores tiveron esa cámara reservada, unha habitación privada, onde eles podían contemplar, en total soidade, tales marabillas. Tiziano escríbelle a Felipe II unha carta en 1554 informándolle de que lle envía á súa “Venus e Adonis” para ese camerino. De Felipe IV consta que se retiraba a ese lugar “despois de comer”. E alí estaban aquelas xoias de Tiziano, Durero, Tintoretto, Veronés ou Annibale Carracci, que se conservan hoxe no Prado: tamén “As tres gracias” e “O xuízo de París”, de Rubens ou “Hipomenes e Atalanta” de Guido Reni. Entre elas, obras cargadas de gran erotismo simbólico baixo pretextos relixiosos: “Susana e os Vellos” de Tintoretto ou “Lot e as súas fillas”, de Francisco Furini.

Carlos III. Que pasaría pola cabeza do Rei, contemplando tanta sens
ualidade, tal desbordamento de paixóns, tal esplendor dos sentidos? É difícil sabelo pero imaxinamos que aumentaría ese pracer a idea da total soidade, da transgresión da norma nunha sociedade puritana e ultracatólica, na cal o Rei se erguía como paradigma moralizante. Pero os Austrias, por fortuna, preferiron gardar aquelas pinturas. E tamén os Borbóns aínda que en 1762 Carlos III mandou queimar algúns dos cadros de espidos: por sorte o pintor Mengs e o marqués de Esquilache evitaron a queima, ocultando de novo as obras. Na galería da sala reservada chegarían tamén, no seu momento as dúas “Majas” de Goya, vestida e espida, pintadas arredor de 1800. Trinta e oito anos despois a Sala Reservada desaparecía e as pinturas eróticas que a integraban pasaban ás salas das escolas nacionais dos seus autores. Ninguén puido nunca contemplalas coa suprema liberdade e privacidade daqueles monarcas dun Reino tan católico e exemplar.(Nas imaxes, a “Dánae” de Tiziano, 1553; "Dama que ensina o peito", de Tintoretto, e "Susana e os vellos", do mesmo artista).

Unha fascinante historia das nenas, por Apicultor
Un dos xéneros ensaísticos máis en voga nos últimos anos son os libros nos que se explica aspectos do pasado e do presente, das ciencias e da cultura, a nenos e nenas cunha linguaxe clara e sinxela. Son dúcias de libros os que posúen esta condición. Hainos mellores e peores, dependendo da capacidade narrativa e expositiva do autor. Hainos, tamén, extraordinarios.
Hoxe quero recomendárlles un excelente libro deste xénero. Agasallouno hai poucos días a historiadora (alemana de berce e galega de adopción) Henrike Fesefeldt a miña filla pequena, que o está devorando sen pausa. Henrike, toda amabilidade e simpatía, é a muller do historiador, e catedrático da universidade compostelá, Xosé Manuel Núñez Seixas, e, sobre todo, nai de dúas preciosas nenas. E fíxolle este regalo porque a autora do libro é a súa tía Wiebke von Thadden.
Nacida en 1931 en Tubingia, Wiebke von Thadden traballa como escritora free-lance e estudou historia e filoloxía latina en Göttingen. É tamén autora de varias novelas históricas. A obra en cuestión titúlase Una hija no es un hijo. La historia de las niñas desde la Antigüedad hasta nuestros días (Barcelona, Muchnick editores, 2001). En pouco máis de douscentas páxinas, a escritora establece un fluído diálogo coa súa neta Rebeca, no que lle vai relatando a condición da infancia ao longo da historia, e dentro dela o papel das nenas e das adolescentes nas distintas sociedades.
Un libro cheo de sensibilidade feminista (e feminina) e de coñecementos exactos, instrutivo e ameno, humanista e universal. Se teñen unha rapaza de máis de once ou doce anos a quen llo agasallar, sería unha boa idea. De paso, tamén o poden ler todos vostedes con total proveito e aprendendo moitas cousas, como vou facendo eu cando o libro queda libre.

30 dic 2007
Imos ter q
ue crer no fado...
ue crer no fado...Un aviso dun amigo e logo a confirmación na web de La Región confirman a desgrazada nova da morte do pintor Xaime Quessada,
só un ano despois ou pouco máis da morte do seu fillo, tamén pintor.
O
noso pésame a toda a súa familia, con especial agarimo para os seus irmáns Antonio e Carlos Quesada, tamén dous artistas excepcionais, cada un no seu campo, ademais de amigos.
noso pésame a toda a súa familia, con especial agarimo para os seus irmáns Antonio e Carlos Quesada, tamén dous artistas excepcionais, cada un no seu campo, ademais de amigos. En homenaxe ó artista vai tamén o cartel que fixo para a Asociación de Amigos da República no 2001, que me pasa XLC.

Pan por Pan domingo 30 decembro
Nin sequera está claro quen a matou: puido ser Al Qaeda, ou os grupos próximos a Musharraf ou calquera célula integrista islámica. O único claro é que era unha muller fermosa e valente: en atentados morreron antes o seu pai e tres irmáns seus e aí estaba ela, sabendo o risco que corría. Din os que saben que nin sequera foi boa gobernante cando lle tocou e que con ela floreceu a corrupción. Pero agora xa é un mito da loita democrática.
Tamén está claro que todo vai cada vez a peor nesa área xeopolítica: Paquistán, Afganistán, Iraq. A democracia non se pode impoñer pola forza: ata Bush acabará por entendelo. Pero a descomposición provocada polo fanatismo, a ignorancia dos máis elementais Dereitos Humanos, tamén nos apuntan co dedo. Que facer? Eu dende logo non o sei. Algún día alguén fará unha película sobre Benezir Bhutto e alí parecerá todo moito máis sinxelo.
29 dic 2007
FÍRGOAS (1): COLEXIO PILAR.
Gustaríame encontrar a tecla que abre o disco duro e dende aí ir sacando, de vagariño, as lembranzas esquecidas da miña infancia. Pero non é tan doado. Para empezar, imos con algunhas anécdotas escolares da infancia que mesmo lles teño contado a algúns alumnos/as. Eles, dende o que coñecen hoxe e o que viviron, raramente poden crer que pasaban estas cousas. E non hai tantos anos. Ou si.
Da miña etapa infantil, un dos colexios que tivo maior pouso na miña vida, para ben ou para mal, foi o Colexio Pilar, que estaba no Parque de San Lázaro, ó carón do edificio sindical. Saiamos a xogar ó recreo ó propio Parque. A dona era unha muller que levaba ese nome e o seu marido chamábase Rubén, profesor de francés: polo que lembro este me quería ben.
Isto foi antes do ingreso, un ou dous anos antes. O colexio seguía as pautas represivas da época: era habitual castigarnos, cando nos portabamos mal (como sería iso, daquela?) deixándonos pechados, ás escuras, de pé e cun fato de libros en cada man, cos brazos en cruz. A profesora marchaba e volvía ó cabo dun rato, todos caladiños, ás escuras.
Unha profesora que vivía perto da miña casa (creo que esquecín o nome: mellor así) pediume unha vez o caderno de caligrafía ou do que fose. Non lle gustou o que viu e rachoume o caderno en varios anacos, diante miña e de todos. Quedei máis amolado que se me deran un par de labazadas.
Contáronme anos despois os meus pais que a tal directora nunha ocasión falara co meu pai e lle dixera que eu non servía para estudar, que nunca sería capaz, que mellor que me puxese a traballar no taller e aprendese un oficio (o meu pai tiña un taller de xoiería). En casa non fixeron caso, por fortuna, pero daquela anécdota quedou en min un certo respecto, case temor, pola responsabilidade que os profesores poden (podemos) ter para decidir o futuro dunha vida. Dende logo este tipo de contundencia, tan intransixente e ignorante, pode ser case letal.
Non sei cantos anos botei alí, non moitos dende logo. Naquela época a caligrafía era fundamental. Sentabámonos nuns pupitres pequeniños de madeira, que tiñan de fronte un rebaixe alongado, para colocar a pluma, e na esquina dereita, un buratiño para colocar o tinteiro. Se caía unha mancha de tinta había que empezar de novo. Ou borrar co secante e seguir logo.
Nunha ocasión, o neniño que eu fun debeu quedar sen tinta ou algo semellante. O caso é que mirou para o pupitre que estaba detrás, pedindo algo, e nestas sentiu un lóstrego de dor e crueldade incomprensible. A profesora (ou profesor?) aproveitou a ocasión para pegarme na cabeza con toda a súa forza e deixarme a boca esnafrada contra a madeira do pupitre traseiro. Non lembro moito máis: só o sabor a sangue na boca, algún dente roto e ir correndo para a casa, chorando, a uns quince minutos de alí. O meu pai indignouse con toda xustiza, porque era totalmente contrario ós castigos corporais e de feito nunca nos puxo un dedo enriba a ningún fillo.
Ó día seguinte xa non volvín a aquel lugar e cambiáronme de colexio, para outro máis achegado aínda: os Maristas, que estaban case en fronte de onde eu vivía nesa época, na Avenida da Habana (n.111 daquela). Por certo, enfronte, aínda que daquela case non nos tratamos, vivía un tal Afonso Vázquez-Monxardín: curiosidades da nosa pequena historia. Quero engadir ademais que os castigos físicos estaban totalmente estendidos e tamén en Maristas pegaban algúns "Hermanos" (e algún laico): a min case nunca me tocou. Só nunha ocasión caeume unha labazada por detrás dun crego, pero non se me ocorreu dicir nada en casa. Tiña alí xa todos os amigos e non quería mudar de novo de centro e sabía que se en casa se decataban (mesmo tiven ese medo unha tempada) o meu pai volvería a cambiarme de colexio.

Fototeca: Arturo Baltar, Risco, López Cid...
Para o convite da exposición de Arturo Baltar no Centro Cultural da Deputación usaron esta simpática e histórica foto, datada o domingo de entroido, 22 de febreiro de 1960. A foto é de Arturo Cudeiro e na calesa (non se sabe o nome do conductor), están, de esquerda a dereita: Adolfo Estévez, Arturo Baltar, José Luís López Cid e Vicente Risco.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)