A erguer unha videira...
andoliña martes 14-10-08
Que cousa é a vida? Vaia pregunta para un martes pola mañá, nesta contraportada onde sería imposible calquera proxecto de resposta. Cada artista, cada poeta, cada filósofo, ten a súa resposta e todas son quizais válidas. Aínda máis: de certo, cada individuo e en cada hora, en cada etapa da súa vida, tería algo que dicir ó respecto.
Eu gusto sobre todo do que din os poetas. Collo un libro, sempre próximo, O espírito da Terra, de Miguel Torga. E leo a súa Bucólica, escrita en San Martinho de Anta, 1937: "A vida é feita de nadas/ De grandes serras paradas / À espera de movimento; / De searas onduladas pelo vento; / De casas de moradia / Caídas e com sinais/ De ninhos que outrora havia / Nos beirais; / De poeira; / De sombra de uma figueira; / De ver esta maravilha: / Meu pai a erguer uma videira / Como uma mãe que faz a trança à filha". Non é mala resposta, non: a marabilla do pai coa súa videira, da nai facéndolle as trenzas á súa filla.
Vaia en homenaxe, se mo permiten, de Ramiro Fonte, poeta e novelista, autor desa excepcional triloxía que comeza en Os meus ollos. E con el, en lembranza tamén do sociólogo Xoán Bouzada e do pedagogo Suso Jares: tempos mouros estes meses para a nosa cultura.