21 ene 2008
Ou cadro branco e cadro mouro como dicían nos inicios de A Nosa Terra história. O cadro branco para a colección das 26 películas de grandes directores que comezou onte con Cidadán Kane. E o cadro mouro para a colección que o mesmo xornal anuncia, dende o domingo próximo, de Cuarto Milenio, do inefable Iker Jiménez. Eu non vexo nada ben que un xornal que se autodefine serio e progresista promocione estas chafalladas paranormais.

Camilo Nogueira: “O nacionalismo galego non está no mellor momento, fica aínda moito por facer”
“Sería conveniente outra corrente nacionalista que non fose da esquerda” ·· “Un novo estatuto galego podería resolver problemas, mais non todos os causados pola ausencia de Estado”. POR MANUEL VIDAL VILLAVERDE

Por certo o mesmo xornal anunciaba onte a incorporación de dous novos columnistas:
Antón Baamonde pregúntase hoxe en El País qué quedou do galeguismo do PP.G e define o modelo actual de Núñez Feijóo, máis dereitista e lerrouxista que nunca:
¿Hasta qué punto los antiguos barones representaban una suerte de galleguismo? Si uno se atiene a los hechos, ha de notar que si el PPdeG lució galleguismo fue porque en su momento Fernández Albor y después Fraga consideraron que eso era necesario. Se trataba de construir un partido conservador de amplio espectro y, además, la lógica del ejercicio del poder en Galicia así lo exigía. Más allá de los gestos, la autonomía del PPdeG se fundó en que durante mucho tiempo el PP tenía el poder en Galicia, pero no en Madrid y en la autonomía personal de Manuel Fraga. Génova 13 estaba atada.
De hecho, lo fascinante de los susodichos barones no es su galleguismo, sino que hayan podido convencer a alguien de que lo tenían. No necesito dudar de su sentimiento de galleguidad, determinada tal vez por sus orígenes populares, simplemente constato la inexistencia de un proyecto político distinto de su osada voluntad de poder. Lo sorprendente son las lágrimas de cocodrilo vertidas en la prensa por un galleguismo conservador que no sólo no existió, sino que además ni en hipótesis podría ser construido por gentes de tan escasas convicciones.
Lo que no ha sido destacado con la suficiente fuerza en medio del barullo es la facilidad con que la nueva dirección del PP de Galicia, sin aparente oposición, está modificando el perfil del partido. Es pronto para saber si estamos ante un cambio de calado en la sociología de los conservadores, pero hay motivos para pensar que Núñez Feijóo quiere hacer de las ciudades su fortaleza electoral descuidando al electorado de los pequeños pueblos.
Consecuencias? Polo demais, é difícil calibrar a incidencia da decisión de Rajoy: non lle fará gañar votos, pero os dos simpatizantes do seu partido tenos seguros, cunha alta mobilización política. De feito, o PP aspira a gañar máis por cansazo do adversario que por méritos propios: non agarda tanto subir en votos como que o PSOE perda apoios por culpa da abstención. Os votos fieis están moi contados. Quedan os outros: o electorado centrista, que abanea entre as dúas grandes opcións, e a esquerda que só se mobiliza en circunstancias puntuais. Será por iso que xa xurdiu na rede a campaña “Oitenta por cento” animando ó voto de todos e todas, sabedores de que iso favorecerá á esquerda: quérese superar o 77 por cento de votantes que se rexistrou nas eleccións de 1982 (primeira vitoria do PSOE). Ademais Rajoy molestou a certos sectores da der
eita (“ABC”, “La Razón”), escureceu o lanzamento de Pizarro (que non terá demasiados votos en Cataluña) e provocou de novo a Fraga (“Isto pode facernos perder moitos votos”). Non ten razóns para estar moi contento Rajoy.A Igrexa. Nos últimos meses a xerarquía eclesiástica, coaligada con certos poderes mediáticos, está a xogar moi forte na loita política, máis que nunca. Os discursos apocalípticos nas manifestacións dos bispos quedarán na antoloxía dos disparates clericais, aplaudidos pola base social do PP que nutría esas concentracións. Pero a realidade é que o PP de Rajoy non vai derrogar a lei do divorcio, nin a do aborto, nin sequera a do matrimonio homosexual. E os que voten pensando tal posibilidade, vanse ver frustrados. Sendo así, por que a xerarquía eclesiástica non funda os seus propios partidos? Xa o fixeron en tempos: a poderosa CEDA republicana ou a Democracia Cristiá que gobernou Italia varias décadas. O fracaso do 1977, cando se derrubou a DC española, deixou á xerarquía vacinada contra estas aventuras. Hoxe, os únicos que queren derrogar algo son os da UPD de Rosa Díez: precisamente queren derrogar a Lei de Normalización Lingüística de 1983 que nin sequera se aplicou como estaba previsto. Por ese camiño, a UPD vaille quitar votos ó PP: outro problema máis para Rajoy.
20 ene 2008

En otro lienzo el cosmos aparece al abrir las ventanas. La intimidad de las escenas hunde sus raíces en el determinismo del artista: "Es el ser humano en soledad cumpliendo su destino de una forma irrevocable. Hay alegría y color en mis cuadros, pero las personas están solas".

1991: de Cunqueiro a Arraianos
O ano 1991 foi de apoxeo na narrativa e no ensaio. Álvaro Cunqueiro foi o protagonista do ano, no seu Día das Letras Galegas: saíron novos tomos das súas Obras Completas, a Fotobiografía de Xerais e diversos estudos. De Otero Pedrayo reeditouse A romaría de Xelmírez e Aurora Marco recuperou o seu Teatro Ignorado; ademais, apareceron escolmas como a Antoloxía da novela curta editada por C. Casares; a Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega, de Antón Risco, ou Literatura galega. textos escollidos, de M. Mato Fondo. De Méndez Ferrín saían varias reedicións e, sobre todo, Arraianos, unha das súas obras mestras no relato breve, plena madureza literaria. De Antón Risco, a súa novela Tres situacións elementais. Xosé Fernández Ferreiro gañaba o premio Xerais coa súa novela da guerra, Agosto do 36, e aparecía o polémico Premio Nadal (polémico polo debate galego
/castelán) Los otros días, de Alfredo Conde. Un dos libros máis vendidos do ano foi o de Manuel Rivas, Os comedores de patacas, que pouco despois saía en castelán ó carón de Land Rover, de Suso de Toro (deste autor aparecía ademais F.M., colección de artigos de prensa).Bieito Iglesias debutaba na narrativa cun libro de relatos de temática erótica, Aventura en Nassau, e no mesmo rexistro móvese Anel de mel, de Xulio Valcárcel. Na novela sentimental estabase Sabor a ti, de Miguel Suárez Abel, e na épica de aventuras americana, Latitude austral, de Xavier Alcalá. Un noviño Fran Alonso, 28 anos, gañaba o premio Blanco Amor coa súa primeira novela, Trailer. Na novela histórica Rábade Paredes achegábase á Galicia dos tempos barrocos con Branca de Loboso; Anxo Rey Ballesteros publicaba Dos anxos e dos mortos e Xurxo Borrazás xogaba coa novela metaliteraria en Cabeza de chorlito. Do mesmo ano son entregas narrativas como Os outros disparos de Billy, de Carlos Reigosa; Historia dun paraugas azul, de Xosé Miranda; As reliquias, de Antón R. López; Paixóns privadas, de Xosé R. Pena; Informe bestiario, de Xoán Ignacio Taibo; Días contados, Premio Cidade de Lugo, de Cid Cabido, e Barato, barato, novela negra de Manuel Forcadela. O Clube Cultural Adiante, vinculado ó sindicalismo nacionalista, editaba a escolma de relatos titulada Sede Central. (...)
No terreo do ensaio, a crónica e a investigación, múltiples obras de interese. Entre outras, a biografía que fixo Casares sobre Ramón Piñeiro (Unha vida por Galicia); a biografía de Díaz Baliño por J.A. D
urán; as memorias de Fernández del Riego (O río do tempo); Adral VI, de Filgueira Valverde; Análise existencial do home galego enfermo, de D. García Sabell; o estudo de F. Pillado Mayor sobre o teatro de Lugrís Freire; Encontros e vieiros, once charlas de Rafael Dieste (de Arturo Casas); Arte Literaria, de C.Rodríguez Fer, e Literatura Galega da muller, de Carme Blanco. Da mesma época son Conflicto lingüístico, de Francisco Rodríguez; Informe(s) sobre a lingua galega, de Alonso Montero; Reticencias, de Carballo Calero; Viagens na literatura, de Elvira Souto; Para comprendermos Galicia, de Chao Rego; Lingua e sociedade na Galiza, de Manuel Portas; Guerrilleiros, de Neira Vilas; Voces Ceibes, de V.Araguas; e A emigración galega a Cataluña, de O. Sotelo Blanco.Na temática histórica e antropolóxica, saían títulos como Ourense no século XV, de A. López Carreira; Santos e barcos de pedra, de F. Alonso Romero; Mulleres de mortos e Romeiros do alén, de Marcial Gondar; e Os torques prehistóricos, de Ladislao Castro. Outros libros do ano foron Pondal, do dandismo á loucura, de M. Ferreiro; Aprender palabras e significados, de M. Espiño; a tradución de O existencialismo é un humanismo, de J.P. Sartre (colección pensamento A Trabe de Ouro); e O outro desenvolvemento, de R.L. Suevos. No ensaio e crónica política, Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista, de A. Baamonde, Bieito Iglesias, Xaquín F. Leiceaga e R. Martínez Castro; Disparos, de Xavier Navaza, e Prosas de combate e maldicer, de Xosé M. Beiras.

Tocoulle ó escritor canario Juan Cruz inaugurar os XVIII Encontros Literarios do Liceo. Cunha conferencia fermosa e interesante: “La busqueda de un libro en la biblioteca”. Ese buscar un libro simboliza cómo naceu o escritor: en Puerto de la Cruz, un neno de orixe moi humilde, cunha nai faladora e contadora de historias, onde non había ningún libro. A radio primeiro e unha biblioteca despois abríronlle un mundo novo: entre aquelas lecturas aurorais estaban títulos que lle apaixonaron como “Pequeñeces”, do Padre Coloma; “Viaxe ó centro da Terra”, de Xulio Verne, e “Oliver Twist”, de Dickens. A súa nai contáballe a cotío a historia de Genoveva de Brabante, abandonada cun seu fillo no monte e alimentada, dicía o autor canario, por unha cabra. Na cea posterior, alguén corrixiu un pequeno detalle desta lenda: seica a cabra era en realidade unha cerva.
19 ene 2008
ENTRE HORTAS E PORTAS, n.28, de Xosé M. GonzálezE para comer, Lugo.
O Xaime non dá Pena ningunha canto ao dente.
Teña aquí dedicatoria e recoñecemento.
No 1941 houbo dous feitos ben relevantes. Primeiro, casaron José Ramón González Saavedra -de Couso, Santa María do Castro, Cervantes- e Alicia Pérez García, de Guitián, San Pedro de Froián, Sarria; sen tal evento, seguro que eu non escribía nada. O segundo, máis complexo, resumámolo dicindo que vinte e trinta anos despois aínda a xente lle chamaba a aquel o da Fame; ben sabido é o que teñen eses nos que Ano acaba sendo nome propio e, por ende, toman apelido.
Dúas décadas transcorridas, larica grave non pasaría o máis da xente. Pero certo hábito precautorio, e a non moi gran sobranza, traían ao guisado menos carne ca patacas; “grazas que as hai, e que non falten”, suspirarían interiormente os nosos maiores, cun alivio ás veces expreso en voz alta. Era boa educación servir para si -da prata ao prato- ración magra do elemento máis proteínico, principalmente habendo convidados, e ir deixando para un repetir do que a miúdo todos se privaban, contendo a gana.
Considero indiscutible que a grande maioría comiamos bastante caldo, moita pataca e frecuente verdura; ovos e froita había tamén. De carne, ante todo porco e curado; abonda matanza era feita nas lindes da capital, sen demasiado condicionante por hixiénico motivo, e chourizo embutido en casas coma a miña de San Roque. Coello ou polo en ocasión infrecuente. Cabrito ou año, por día singular. Sitúen as castañas, pantrigo de días, centeo, empanada e callos onde mester sexa, eis unha dieta con forte aparencia autóctona -case étnica, diga ao mellor algún cáustico- e forte poder calorífico: o tal, de haber abondo, para as nevaradas que invariablemente nos caían en tempo de rigor.
Completemos perspectiva sumaria do condumio: se todo o anterior igual era doméstico, ou viña por veces de familia aldeá, a tenda subministraba algunha chacina -roxón prensado, salchichón- e produción extraterránea: tal o aceite, pasta, arroz. Senllas imaxes envía a tenda do señor Gabino (outrora fronte á capela) con acougo de arrecendo xa impreciso: eu que levo para o aceite unha botella de litro baleira, el manexando émbolo con panca, baixa o cilindro transparente, enche o meu recipiente líquido verde e oleico; outra mercadoría indefinida, a granel, con papel envolta e á bolsa de rede . A pasta ten dúas variedades, fideo e macarróns; “espagueti”, en película italiana ou entre gángsters.
Pois ben: cando no sesenta e pico foi establecido un lema turístico e publicitario (“...Y para comer, Lugo”, de Alfredo Sánchez Carro), non radicaría tanto na dieta maioritaria coma en pitanza ou esmorga ocasional que algún rumboso, xerarca ou creso encarga para regalo propio e de agregados que van encher a andorga. O lugués medio, que era socialmente baixo, en carne de xato máis barbadela e semellantes ca solombo e costeleta; sardiñas, conserva e o incipiente conxelado ca troita e anguía, como non fose pescar el ou un amigo; perdiz, quen a pillara. Moita fachenda me daba, porén, un lema de tan relativo fundamento no comunitario e o xeográfico.
Existía moita casa popular de comida; Recatelo, Rúa Nova e do Progreso abondarían para mención á que renuncio. Como establecemento máis dispendioso citemos A Coruñesa, cuxo evocar non será de agravio pois pechou hai anos deixando só a extensión de xunta o Parque; tiña bar aquel restaurante, e os aromas que do fondo procedían de voda eran. Pois tal tipo de convite volvíase ocasión -única ou rara- do cobizado xantar fóra en Lugo.
A miña Primeira Comuñón (ano de 1961) aínda viu arrombar un cuarto do piso -o meirande- para nel banquetearmos; debeu haber entremeses, a moi excepcional ensaladilla rusa e outros pratos de excepción. O meu irmán comungante (1965, ou 66) xa celebrou portas para fóra, nun baixo que o Paramés utilizaba na Mosqueira; onde avaliamos, en primicia e sobremesa, un doce que chamaban torta xeada. Cando casou a miña prima Olga (1968?), camareiros de etiqueta serviran un menú que iniciaba cóctel de gambas; ten escrito o Hugh Johnson que a salsa cóctel mata calquera viño, sospeitando que -co tempo- mata así mesmo os seres humanos: que máis lle daba ao Xosé Manuel, absorto na novidade. Canto mudaba.
No modesto fogar de barrio, luxo non haberá, si comida suficiente; polbo no San Froilán, bacallau pola vixilia, filloas, freixós e orellas no Entroido. Será en moitos ao xeito, con algo máis ou algo menos. Pero máis alá do muro -pedra e tutela- que protexe os seus cativos, murmurio dos adultos, alusión compasiva ou exemplar, inevitable ollada testemuñan a estreitura que non cesa. Caldos habería con pouco máis ca unto, minguado compango e probablemente frío na casa ou casoupiña. Mundo non é paraíso. Nin sequera Lugo é. Nin tan sequera a morriñenta infancia.

Síndromes. Ou... estamos todos toliños?
Un tema do que xa falamos aquí. (Imaxe de Courbet: Ophelia. Pan por pan sábado 19 xaneiro)
Falou no Foro La Región o psiquiatra Jesús de la Gándara do aumento, no noso tempo, das depresións e dos trastornos psicosomáticos. Debeu ser interesante, pero non puiden asistir. Vexo no xornal que o psiquiatra falou dos novos xeitos de expresión do sufrimento humano: o estres, as patoloxías da présa, o acoso laboral, angustias e ansiedade, fobias, acoso laboral, etc. E tamén falou do síndrome da avoa escrava, do síndrome de Dióxenes e do da coidadora. E aínda hai máis: o síndrome de Ulises, nos inmigrantes. Problemas reais e graves na maioría dos casos. Outra cousa diferente é a tendencia actual a buscar un tratamento psicolóxico ou psiquiátrico para todo: velaí nenos diagnosticados e tratados con pastillas porque van mal no colexio e cousas así. Vivimos unha sociedade que o quere todo xa, ás presas, que se nega a admitir o fracaso: iso si que é un bo trastorno.
18 ene 2008

Seguro que todos vostedes lembran a Francis Fukuyama. Politólogo, nacido en Chicago (1953). O autor de “O fin da historia” que fixera derramar ríos de tinta. Estivo hai días en Barcelona e foi entrevistado por “La Vanguardia”. Algunhas pistas desa entrevista quedan aquí:
Sobre o fin da historia: “Non se entendeu ben. Quixen dicir que a idea de que estación de destino da historia era o socialismo naufragaba coa caída do Muro. E, xa que logo, a verdadeira terminal, era o liberalismo democrático”.
China e Rusia: os gobernantes chineses saben que están sobre un volcán social, e acabarán por das voto á súa poboación. E se os gobernantes rusos se corrompen, a seguinte xeración impulsará a rexeneración democrática.
Que diría Marx do noso mundo de hoxe: Sorprenderíao, o noso mundo! Vería musulmáns en Europa! E vería que o conflito xa non é tanto de clases sociais como de identidades, nacionalismos e relixións, sobre todo no Primeiro Mundo. O espiritual por diante do material? O sentimento de pertenza a un colectivo, diría eu.
Polo demais, Fukuyama recomenda maior flexibilidade laboral (loubando a Thatcher e criticando o modelo europeo, moi estratificado, “que aínda conserva certa rixidez social”). Lembra que apoiou a guerra de Iraq, para derrocar a Sadam, pero critica o realizado por Bush: “non soubo preparar un futuro mellor para os iraquís. Vino de contado e denunciei tanta incompetencia”.
Ademais, fala ben de Obama (“non é un resentido, é un tipo razonable, centrado, que non polariza posicións, e por iso me gusta”), critica a Hillary Clinton por estar asociada ás loitas de poder clásicas (“e fallou naquel prepotente intento de reforma do sistema sanitario”). E sostén que os Estados Unidos demostraron a súa incompetencia para xestionar os dereitos humanos e a democracia e frear o terrorismo.
Pódese impór a democracia pola forza? Pregúntanlle. E responde: “Ou unha sociedade abrázaa de xeito voluntario ou non hai xeito. Pero a forza axudou a levala ós alemáns e ós xaponeses”.
O artigo completo
(e, dende aquí, vaia o meu saúdo cordial para os que moven os pulos da asociación Xarmenta no Bierzo, que me consta que tamén se achegan por esta solaina. Co meu aplauso para o seu labor).
As linguas non restan, Mariano. As linguas suman. As linguas non pesan. Non son un lastre para quen as leva. Pola contra, son elas as que levan o peso da historia enriba da cabeza. Móvense por unha sorte de enerxía interior, alternativa. O xeito en que traballan as verbas, a maneira de elas viviren, é moi semellante á relación que ten a avelaíña coa lámpada na noite. Porén, malia non ter peso, as linguas pertencen á natureza. Mesmo son o enxerto máis logrado e actúan coma o pole para a semente. Verbo desa fecundación, quixera lembrar que na lingua galega os seres máis nomeados son dous cativos coleópteros. O vagalume (de nome científico, lampyris nocticula) é chamado de máis de cen maneiras diferentes e algo semellante ocorre coa xoaniña (coccinella septempunctata). O vagalume emite luz. A xoaniña, coa súa forma esférica e sete puntiños mouros sobre o vermello dos élitros, trae a boa sorte se se pousa na man. O vagalume e a xoaniña escasean agora por mor dos herbicidas.
Unha lingua é comparábel a un senlleiro ecosistema. Se sentimos noxenta a queima dun bosque amazónico ou a seca dun río, ou a perda dunha obra artística e monumental, cómo ser insensíbel ante a vida das linguas!
Non hai fotografías das linguas feridas, das verbas fanadas, mais cada unha desas perdas deixa un cráter na boca da humanidade, unha chaga na gorxa da historia. Se tiveramos esas imaxes, serían estarrecedoras. Porque as linguas non son abstraccións nin simples artificios gramáticos. Teñen corpo e alma, que non van esgazados o un da outra.
A vida das linguas é unha metáfora das nosas vidas.
Entrevista co poeta, de Oscar Iglesias, en LUZES (El País)
O que lle falta á literatura galega e castelá é unha sistematización desde outras perspectivas historiográficas... Hoxe xa non ten moito sentido falar, propiamente, de grupos ou xeracións literarias segundo criterios deterministas. Eu, pola miña parte, teño defendido unha poética da revelación, que é a que tenta afondar e iluminar os signos da existencia. O poeta ten que ter algo de profeta, de esculcador deses signos máis escuros que amosa a existencia, de maneira que, de cara ó lector, a poesía acerte a cumprir unha verdadeira función edificativa, que é a que axuda a construír o noso proxecto existencial. Unha das claves da miña poesía son os signos de ultimidade.
(...) É unha poética dunha enorme amplitude que pode arrancar desde os místicos españois... Pero tamén o é unha parte da poesía de Machado, o último Juan Ramón, nos poetas dos 50 está Claudio Rodríguez ou, doutro signo distinto, a de Valente...
Entre o vello e o novo (Daniel Salgado, tamén en LUZES): crítica literaria e modelos xeracionais.

17 ene 2008
"El guionista descalzo", de Gonzalo Suárez (El País 17 xaneiro)
El guión es la partitura, lo demás es música. Una cadencia que concatena 24 imágenes por segundo proporcionándonos la engañosa sensación de haber capturado una sucesión de instantes, confiriéndoles un orden narrativo y un sentido literario. Mientras exista una temática y un argumento sustentado por situaciones dramáticas y actores parlantes, el cine no se habrá emancipado de la novela ni del teatro. La vida tampoco. Vivimos para interpretar o contar lo vivido, o nos lo contamos a nosotros mismos mientras lo vivimos. Somos los guionistas de nuestra propia vida. Con una fatal diferencia con respecto al cine. La vida no se adecua a guión previo, y la película sí. Es más, sin guión no se podrían convocar los actores ni reunir los elementos que el rodaje requiere. Para bien o para mal, todas las películas tienen el sentido que el guión les da. Ese sentido que, a posteriori y prosopopéyicamente, llamamos en la vida Destino. Es curioso comprobar que la palabra destino y la palabra sentido constan de las mismas letras. Como en causalidad y casualidad, basta una simple traslación para alterar el significado. Aunque sospecho que, en este caso, ambas palabras quieren decir lo mismo y la casualidad es sólo una circunstancia cuya causalidad desconocemos. Puede que incluso tras todo acontecer casual se esconda la mano de un guionista oculto.
Entrevista a Gonzalo Suárez: "Só avanzamos en tecnoloxía, no demais seguimos sendo uns animais" ( EP 1 decembro 2007).

Fusco, de Bieito Iglesias (ECG 17 xaneiro)
(Na imaxe, Saul Bellow)
Os obituarios glosan os versos máis celebrados do poeta Ángel González, entre eles un que di "Cánto sufrimento cumpriu para que eu sexa Ángel González", ou algo parecido. Un proveitoso tema de meditación neste domingo tirante a negro en que escribo (daquí ao xoves, cando vostedes me lean, tal vez mellore o tempo e o ánimo), porque a miña nai ingresou nun centro hospitaleiro por causa dunha insuficiencia respiratoria.
Desde logo para que eu sexa Bieito Iglesias -né Binitiño- a miña señora nai tivo que alumarme na casa de Quintián, como era norma nunha época dura coas mulleres, expostas á dor e os perigos do parto. Naquel día de xaneiro de 1957, meu pai andaba á caza dunha polada de perdices nas ribeiras dunha lagorza de augas ferras; pero a mamá non tiña o consolo da perdiz (que rima con feliz), somente contaba co arrimo da parteira e cunha coraxe xa case descoñecida pola humanidade presentista.
Anos despois, para que eu fose eu (un homo erectus), poupeoume no colo por un Madrid abrasado na raxeira do verán, transportándome a unha famosa ortopedia da rúa Fuencarral. E, unha década máis tarde, traballou na lencería do Hotel Belvedere, nos Alpes do cantón dos Grisóns, antes de pasar a Zurique como ama de cría dos fillos do galerista Khöler, establecido nas proximidades da Bellevue Plazt, perto do lago. Todo para que me axudase a estudar na universidade o franco suízo, infinitamente máis benéfico que o Franco ferrolán.
Chegados a este punto confesareilles que nunca lin a Ángel González. As notas necrolóxicas informan de que o poeta leu xusto antes de morrer Herzog, a novela de Saul Bellow. Querse dicir que estivo a piques de finar sen coñecer a obra máis importante do (quizais) mellor escritor contemporáneo do mundo mundial. Ben se me pode perdoar a min que elixa o meu propio cánone de lecturas.

16 ene 2008


Venres, 18 de xaneiro. 20.15 horas. Salón Nobre.

Conferencia-coloquio de JUAN CRUZ ,
co título: " La búsqueda de un libro en la biblioteca"
Luns, 21 de xaneiro. 20.15 horas, Salón Nobre.
Conferencia-coloquio de LUIS MATEO DÍEZ
co título: " La novela y la vida"
Martes, 29 xaneiro. 20,15 horas. Salón Nobre.
Conferencia-coloquio de MANUEL RIVAS
Co título: “A corpo aberto”


