16 may 2008
Celso Emilio Ferreiro, por Ramón Nicolás
No blog do Liceo poden xa escoitar a lección maxistral que onte impartiu Ramón Nicolás sobre a obra do poeta Celso Emilio Ferreiro (foto Trebolle).
(E non lles conto o que me pasou onte, que me dá vergoña).

Fío musical (13). Para Apicultor, de Arume (foto IPP)
O Chelsea Hotel está situado na rúa 23 entre a séptima e a octava avenida de New York. Construido a finais do século XIX, en ladrillo bermello, no estilo victoriano que se estilaba en Londres e no medio do distrito teatral e vodevilesco, axiña foi considerado un lugar de culto entre os visitantes á cidade dos rañaceos. Por pouco tempo foi o edificio de apartamentos máis alto de Manhattan, pero a comezos de século XX se convertiu nun Hotel. Os escritores elixiron a súa fasquía un tanto siniestra e estraña como lugar de residencia máis ou menos prolongada e de refuxio por veces delirante. Os nomes de Twain, Miller ou de Dylan Thomas, que morreu nunha das súas habitacións, contribuiron a crear a súa lenda, imparable ata o de agora.
Co desprazamento da vida bohemia (dos beatniks dos 50 ata os hippies dos primeiros 70) ao Village cobrou un vigor extraordinario neses anos de efervescencia contracultural. Desa época datan os episodios máis célebres: Joplin, Hendrix, Dylan, Cohen constitúen o abecedario dos seus cuartos, cos correspondientes relatos, xa míticos, de destrucción ou amor. A última (coñecida) historia de perdición e abismo foi executada por Sid Vicious e a súa fiancée Nancy na suite 100 dese lóbrego albergue.
Agora eleva a súa fachada escurecida de balcóns de ferro no medio dunha rúa ruidosa, de poucos comercios e xa ningún teatro, apenas visitada, agás por aqueles que se adentran por ese decadente barrio con afán de comprobar que o edificio segue en pe e que as ánimas suicidas que algunha vez amaron non teñen peto onde ficar ancoradas. Mirei o hotel desde a outra beirarrúa un día de cinza e imaxinei a terra leve con aqueles nomes de amantes, cheos de balbordo e furia.
Leonard Cohen cantou as súas batallas de pluma e lume con Janis, enfundado nunha gabardina coas solapas levantadas, cos arpexios fráxiles e coa voz dun ensalmo tristísimo. Pero o Chelsea Hotel ha ocupar a historia sentimental, porque foi alí onde Bob Dylan escribiu para Sara Sad eyed Lady of the Lowlands, esa melancólica despedida que soa mentres escribo esta lembranza.

Unha dedicatoria
Tiña eu só 16 anos: novembro do 74. Un mociño da pequena burguesía ourensá que empezaba a descubrir o mundo. E nese novo mundo estaba a Auriense, daquela aínda nos locais da rúa Curros Enríquez, e nese local poetas e escritores que nos traían a súa Palabra, nova, virxinal, emocionada. Entre eles Manuel María, sempre afable, sempre cortés, bo amigo do meu pai... Un día o rapaz debeulle pedir que lle asinase o seu "Barriga Verde": velaí, na primeira páxina dunha vella edición de O Moucho, a obra heroica de Xosé María Álvarez Blázquez, a quen hoxe honraremos, coa RAG, en Vigo. Graciñas ós dous.

Non gañamos para disgustos nestas letras... Primeiro Bouzada, agora o amigo e gran poeta ourensán...
Falece, durante un acto polo Día das Letras Galegas en A Garda, o poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro
15 may 2008

A Nosa Terra, a través de Xoán Carballa,
cedeume xenerosamente esta foto tan fermosa de Manuel María e a súa compañeira Saleta Goi (de paso, xa saben de qué escribo mañá). Graciñas a ANT.
Manuel María (3). Pan por Pan venres 16 maio.
Máis de seiscentas veces aparece a palabra Amor na “Poesía Galega completa” de Manuel María: deu ese dato esoutro día o seu editor, Fernán Vello. Velaí algúns exemplos. O amor como mar da felicidade: “O meu desexo máis fondo é naufragar,/ ouh miña boa e sinxela compañeira!/ no teu mar de tenrura. Só no teu mar”. En “Poemas da labarada estrelecida” o amor é testemuño da vida común, das primaveras e outonos melancólicos, amor construído como “ferida fonda, nidia, transparente,/ costume irrenunciábel,/ coñecimento total, sabiduría/ absoluta de nós mesmos/ deica chegar á imposibilidade/ de poder distinguir onde/ comezas ti e eu remato”. Amor mencer, amor solpor, amor lume, amor árbore: as imaxes son case infinitas. E ese amor tiña, dende os primeiros versos, nome propio, unha gran personalidade: Saleta Goi, compañeira na loita e na tenrura.
Literauria- Lar das Letras
Temos a honra de convidalo/a á inauguración de Literauria-Lar das Letras,
o venres 16 de maio, a partir das 12,30 h., na carpa do Paseo (ó carón do INSS).
No acto intervirán o escritor Marcos Valcárcel e a concelleira de cultura Isabel Pérez.
En Literauria-Lar das Letras participan as librarías Torga, Tanco e Eixo; as editoriais Difusora de Letras, Artes e Ideas, Linteo e Duendebux; e os escritores ourensáns Camilo Franco, Xosé C. Caneiro, Xerardo Méndez, Francisco Fernández Naval (Chisco), Ramón Caride Ogando e José María Pérez (Chesi).

FÍO MUSICAL (12). Cando a “música moderna” entra pola porta xamais sae pola xanela, por APICULTOR.
(Imaxes: Jimmy Hendrix e Budy Miles. Stevie Wonder)
Corría a segunda metade dos anos sesenta cando unha riada de “música moderna” entrou na miña casa en forma de álbumes que gardaban no seu interior en fundas de plástico centos de singles a 45 r.p.m e de Epés a 33⅓ r.p.m., acompañados do correspondente pick-up desmontable e de sonido mono. Alí estaba todo. Un amigo de meu irmán maior, sucesivamente yeyé-hippie-pijo, de familia de comerciantes ricos para maior identificación, tivera a xenerosidade de prestarlle boa parte da súa colección (mesmo disque viaxaba a Londres á procura de novidades).
Durante moitos meses o neno que eu era escoitou abraiado unha e mil veces todas e cada unha daquelas cancións, até o punto de ter que repoñer dúas veces a agulla do tocata. E alí estaba todo. Desde o pop autóctono (Brincos, Sirex, Mustang) até o soul da Terra das mil danzas de Wilson Pickett ou a calma dun Ottis Reading sentado no peirao da bahía, pasando por San & Dave, o xove Stevie Wonder e as Supremes da Motown; dos Beatles, os Rolling Stones, os Who e Eric Burdon & The Animals, deica Jimi Hendrix, Cream, Blind Faith ou os dezasete minutos do “
In-A-Gadda-Da-Vida” dos Iron Butterfly; de Serrat e Vainica Doble até –ouh, ceos!- Patxi Andión. Mesmo tamén os prefabridados Archies e o seu “Sugar, Sugar”. Así foi como me fixen ecléctico por natureza. Non estaban aínda nin Bob Dylan, nin Leonard Cohen, nin Janis Joplin (á que o anterior amara no Chelsea Hotel, como é ben sabido), pois os seus LPs virían o ano seguinte noutra magnífica e ben surtida quenda.Mais, naturalmente, a música xa entrara moito antes, desde a máis tenra infancia, a través da televisión (Escala en Hi-Fi, Galas del Sábado, Eurovisión, etc.). No meu barrio, e durante bastante tempo, fumos os únicos particulares que dispuxemos de caixa máxico-tonta, grazas á iniciativa modernizadora de meu pai: da emigración trouxera unha General Electric de válvulas en branco e negro, unha pesada máquina de escribir de aceiro macizo e unha máquina de fotos reflex, todas elas de calidade superior.
Así e todo, meu pai, home práctico onde os houbese, nunca accedeu a mercarme un tocadiscos a pesar dos meus requerimentos, pero si todo o demais que fixese falta, incluso unha guitarra española na que aprendín acordes. Logo viñeron os radiocasetes e puiden afacerme un, e as cintas gravadas e copiadas rompían de tanto usarse, como o amor aquel que cantaba Rocío Jurado. Mercabamos “Disco Express” e “Melody Maker”, e estabamos ao día. Algúns amigos dispuñan xa de aparatos e de LPs, e alí escoitaba e escoitaba, e gravaba e gravaba. Finalmente, sería meu irmán quen me agasallaría co meu primeiro tocadiscos. Aínda funciona como o primeiro día.
Galeano en Auria: unha mirada ó mundo dende o burato da ferradura.
(Graciñas a Trebolle, pola foto da dedicatoria, en Torga)
(Graciñas a Trebolle, pola foto da dedicatoria, en Torga)
Unha breve nota, impresionista, da charla de Galeano en Auria. O local, como era de agardar, a rebordar: quizais unhas 300 persoas, entusiasmo por todas partes. A amiga Carme Carballo exultante de ver na súa terra natal tanta xente arredor do escritor: non puido evitar darlle un longo bico a Galeano a rematar e citar ó “anxo” que o acompaña (a súa muller Elena).

A charla era a presentación do libro “Espejos” (s.XXI). Leu algúns textos, sempre breves, no seu estilo habitual, outros recuperounos dende a memoria. Eu coñecía xa varios deles, quizais por lelos en Internet nos últimos anos en multitude de foros. Os temas, os habituais no rexistro de Galeano: o racismo, os muros, a conquista de América, o imperialismo de Estados Unidos, as visións manipuladas da Historia (unha cala na riqueza cultural musulmana da Hispania medieval), etc. Cabe subliñar que todo o primeiro terzo da súa intervención foi dedicado a textos sobre a marxinación e a invisibilidade das mulleres (Concepción Arenal e a Pardo Bazán, Teodora de Rávena, as pinturas de Altamira: “e se foron elas? (as pintoras)", etc.).
O milagre comunicativo de Galeano nace, en boa parte, do estilo e das formas. Esa voz cadenciosa, pausada, cos ritmos tan ben medidos. Esa ausencia de aristas histriónicas ou arrebatos de ira. Ese saber xogar co humor e coa ironía dándolle a volta ás cousas para redescubrir motivos e puntos de vista. Ese alento lírico, de reivindicación da palabra e do compromiso. Sospeito que a maioría dos/das asistentes (maioría feminina), coñecían xa os contidos da charla de Galeano porque seguen os seus libros dende Las venas abiertas… a Memoria del fuego. Pero querían oílo en viva voz. Non era, neste caso, a orixinalidade do discurso o que buscaban (buscabamos) os que fomos ata o local de Caixanova.
Engadir tamén (e isto vai polo debate previo no blog) que a súa intervención non foi nada pretenciosa: expresións como “unha gota máis nun océano…” (sobre o seu labor) ou “eu non teño as solucións…” repetíronse na charla.
Case ó remate, Galeano definiu con precisión o seu estilo e os obxectivos do seu labor: ese “mirar o mundo dende as pequenas historias, como dende o burato dunha ferradura”. Sen dúbida, iso si sabe facelo á perfección.
P.S.: hoxe en Torga (12 h.), unha longa cola para pedirlle asinaturas ó autor uruguaio.

Manuel María (2).
Pan por pan xoves 15 maio
O Frente Cultural da AN-PG publicou en abril de 1977 o libro “Poemas para construír unha patria”, de Manuel María. Eu mesmo, que militaba na FC., axudei a distribuír e difundir o poemario. Fernán Vello falou del na súa charla. É un volume de poesía política, firmemente axeitada á liña estratéxica que marcaban a AN-PG e a UPG. Hai poemas dedicados ó sindicato nacionalista, ós patriotas galegos presos e un simpático canto a Margarita Ledo Andión. Ata hai unha composición lembrándolle ós hippies que eles tamén teñen, aínda que non queiran, patria. O libro foi polémico. Fóra do nacionalismo popular, pareceu panfletario. E dentro non foi demasiado ben entendido porque o chairego apostou por unha renovación formal –tipografías, xogos cos versos, maiúsculas, barras e guións, etc.- pouco acaída cos gustos máis convencionais do nacionalismo popular naquela hora.
14 may 2008

Manuel María.
Pan por Pan martes 13 maio
Segue adiante, cun nivel indiscutible, o ciclo que sobre os grandes poetas da posguerra se desenvolve no Liceo nestas semanas. O luns falou do poeta chairego Manuel María o tamén poeta, editor da súa Poesía Galega Completa e amigo do anterior, Miguel Anxo Fernán-Vello. O máis interesante da súa visión do autor de a “Terra Cha” foi o subliñar a fortísima identidade entre vida e poesía que marcou toda andaina daquel barbas xeneroso, da casa de Hortas.
Era un ser transparente, dixo del un día Carlos Casares, e con iso queda ben clara a extrema coherencia do chairego que nunca refugou dos seus principios nacionalistas e populares. Autor ben prolífico, con 47 libros de poesía editados, a obra de Manuel María será revalorizada no futuro, de seguro, cando queden moi lonxe as circunstancias histórico-políticas nas que naceron os seus versos.
13 may 2008
Poetas da posguerra. VI Ciclo Visións de Galicia.
O ciclo do Liceo sobre Poetas da Posguerra está a ser un éxito non seus contidos, cun nivel indiscutible nas ponencias (cando menos ata o luns próximo, ha, ha...). A asistencia podía ser maior (as tres primeiras charlas, unha media de 35 persoas), pero, qué lle imos facer?
Nesta foto de Trebolle, onte luns Teresa Devesa, compañeira na Sección de Literatura, sempre eficiente, creativa, imaxinativa, presentando a Miguel Anxo Fernán-Vello, que falou de Manuel María (daremos conta detallada desta charla).
(Pola miña banda, onte foi xornada densa. Antes do acto do Liceo, tiven unha charla, das habituais nestas datas todos os anos, sobre Xosé María Álvarez Blázquez, no colexio Santa Teresa-Carmelitas. Creo que non disgustou ás mozas/os asistentes (había máis mozos), iso me contou algunha alumna que ten amigas alí...).

en poleiro alleo
* Eduardo Galeano, a voz ética dos invisibles. O escritor uruguaio reivindicou a óptica dos excluídos polo sistema capitalista neoliberal na resentación en Santiago do seu libro 'Espejos, una historia casi universal' (M. Dopico, GH. 13.5.08. Foto Patricia Santos).

A mirada retida (nova sección)
O domingo pasado, 11 maio, iniciei unha nova sección en La Región co título A MIRADA RETIDA. Deixo aquí a primeira entrega.
OS MIXTOS.
Chamábanlles os mixtos. Aqueles autobuses que levaban na súa parte superior pasaxeiros, sacos de patacas e ás veces ata animais. Xogándose o equilibrio e o tipo, mesmo o home de gravata que vai en primeiro plano. Cando chegaban xunto unha ponte un pouco baixa, había que baixar todos e todas as maletas para poder pasar. E outras veces había que empuxar cando a estrada facía costa. Este autobús tan estartelado, da empresa Los Americanos, para nunha praza de Allariz: a súa vocación vai ben inscrita no seu frontal: “Ferias y Mercados”. Son imaxes que hoxe nos remiten a outros imaxinarios colectivos habituais nos xornais e na TV: aquelas do Terceiro e do Cuarto Mundo, mesmo dos refuxiados que foxen do horror das guerras. Pero son tamén a nosa memoria máis inmediata: hai 50 anos, só un par de xeracións vitais, eran habituais na nosa paisaxe. E hoxe que se nos enche a boca a falar de novas tecnoloxías e I+D e todas esas cousas, quizais sexa oportuno mirar, e tamén pensar, as fotos que gardan os avós no faiado. Ese é precisamente o obxectivo desta nova sección.

Novoneyra.
ANDOLIÑA mércores 14 maio
Sobre a obra de Novoneyra falou no Liceo ourensán Luís González Tosar, no VI Ciclo Visións de Galicia, que revisa este ano a obra dos grandes poetas da posguerra. Ademais de contar algunha anécdota persoal do seu trato co poeta do Courel, deseñou con xeito os elementos que definen a poesía do autor de “Os eidos”: a forza telúrica da súa palabra, a riqueza reflexiva dun xeito de ver e entender o mundo, a súa vontade social e de denuncia en textos como o pranto polo Che, o poema a Amador e Daniel ou a “Letanía de Galicia”.
Case ó remate da súa intervención, o ponente dixo que hoxe non pode haber poetas desa caste. Poetas, engado eu, capaces de resumir todo o seu cosmos vital en dous versos: “Todo o que pasou a meu pobo pasoume a min./ Todo o que pasou o home pasoume a min”. No coloquio alguén reclamou máis precisión ó respecto da contundente afirmación do conferenciante. Este sostivo que as claves da poética de Novoneyra xa non están entre os novos poetas de hoxe. Como lle sucedeu no seu tempo a Pondal, a Galicia que sentiu o do Courel tampouco existe xa. Pero iso nada lle resta á elegancia do seu verso: “Non podo evitar o reproche./ Amo e por eso esixo a beleza”.

P. S. Publicado este artigo hoxe, tiven esta tarde unha chamada telefónica e unha longa conversa coa viúva de Novoneyra, a quen ata agora non tiña a honra de coñecer pero que seica me le a diario no GH. Pareceume unha muller encantadora e chea de paixón pola memoria e o significado de Novoneyra, que comparte co que foi o seu home unha mesma fe pétrea no poder da lingua e na forza evocadora dos versos que nacen da autenticidade. Convencida tamén de que é necesario que un poeta non sexa portavoz dunha soia voz, senón de todas as voces: ata tal punto chega a identificación Pobo-Galicia-Novoneyra que, ben se ve, segue tan viva como sempre.
12 may 2008

A imaxe do grupo que escoita atentamente a Méndez Ferrín mándama Xoán Fonseca: de esquerda á dereita, Xesús Rábade Paredes, Xoán Fonseca, M.V. , Ramón Villares e Andrés Mazaira. As dúas imaxes das estatuas son de Trebolle e das que falou tamén Ferrín: o Curros de mirar revirado (aquí parece que segue cos ollos o voar dunha pomba) e o Celso Emilio de Acisclo Manzano, case na entrada do mosteiro. O resto das fotografías son de Xulio Outumuro (clicar nas fotos para ampliar).

FÍO MUSICAL (10)
O muxicu[1] das miñas músicas, por Arume dos Piñeiros
Nacín nunha casa onde a radio estaba sempre encesa. Os programas de dedicatorias (Machín, Molina, Piquer) compartiron o ar coa voz da miña nai que cantaba asturianaes (“pinchéme con una espina”), boleros (“no marques las horas”), tangos (“con la frente marchita”) ou coplas (“apoyado en el quicio de la mancebía”). Aquela escola ininterrumpida ofrecía a súa apoteose anual na da miña aboa en aninovo con toda a familia. Tras a cea, as cantigas saían en popurrí sen folgos, sempre cun sorriso digno de Gene Kelly en Cantando baixo a chuvia (a miña película predilecta), cheo de ledicia e entusiasmo. O repertorio popular asturiano completo e o inevitable tributo á moda radiofónica (“húmedas paredes”, “en el río aquel tú
y yo y el amor”) non impedían coroar a noite con habaneras (“como azabache negro nací y fue mi suerte tan favorita que esclavo tuyo me convertí” ou “Paloma mensajera, cruzas el mar, dile que no me olvide”), rancheras (“una noche que tronaba y hasta mi suegra temblaba eso sí que tuvo guasa, empezó a soplar el viento, se llevó el ayuntamiento y el tejado de mi casa”) ou sons caribes (“abusadora, abusadora”). A música chamada de cantautor hispanoamericano (Yupanqui, Viglietti, Violeta Parra) alternaba coas cancións dun invencible Víctor Manuel que soaba coa súa discografía ao completo, coa repetición de “por san cosme y san damián nun vayas neña temprano, nun pises el maizal” como mantra místico.
En casa, ás veces, co primeiro tocadiscos (fundador mediante), escoitabamos, sobre todo nas matinées que preparaba o meu pai os domingos, bandas sonoras de películas (Love story, Raindrops keep fallin’ on my head) interpretadas polos inefables Paul Muriat ou Frank Pourcel. Jimmy Fontana era o rei do picú paterno e Il mondo soaba en alto para anunciarnos sempre a súa felicidade. Modugno, Celentano, Carosone e tutti quanti alimentaron desde entón e supoño que para sempre a miña completa educación sentimental.
A música clásica era territorio descoñecido. Aínda hoxe frecuenta pouco a miña casa (detesto os concertos e aínda máis o ambiente alí concentrado). Entre outras cousas, porque a miña afección adolescente ao futbolín debaixo da casa, propiedade dun famoso vocalista ponferradino (sic), puxo nas miñas orellas a Procul Harum, CCR, CSNY ou Chicago, aparte dos archicoñecidos Beatles (“amarillo, el submarino es”) ou os propios Rolling que xurdían daquel jukebox que encendía a mesa de billar a tres bandas. Eses discos que soaban a todas horas e os que tiñan estrados os meus curmáns maiores (Wilson Pickett, Blood, Sweat and Tears, James Brown ou Aretha Franklin) nos seus cuartos desordeados, de insólita tendencia soul agora que o penso, construiron a miña devoción musical, alonxada dos gustos clásicos. Despois aprendín a rabuñar cordas de guitarra máis que nada para acompañar (e o que fixera falta) algunhas cancións de amor e combate. Cantei algunha vez en público (Amancio Prada, Batallán, Simon & Garfunkel) e mesmo obtiven un premio de canción orixinal naqueles concursos composteláns de san francisco con Antón Lopo (sí, o mesmo) de voz arrebatadora.
Pero a miña maior contribución á historia da música foi acompañar o acordeón dun meu amigo no seu intento (victorioso) de conquistar a unha pelirroxa perigosa. Nese momento sentín o que eu sempre quixen ser: un cantante de mariachis, apostado no balcón dunha dama, co peito repleto de enerxía e o corazón disposto a estoupar con verbas de paixón e delirio.
Escribo esto para as uvas na solaina, a 11 de maio. Soan Entre dos aguas, Old friends e Mansard Roof dos Vampire weekend.
[1] O carozo da mazán en asturiano.
Nacín nunha casa onde a radio estaba sempre encesa. Os programas de dedicatorias (Machín, Molina, Piquer) compartiron o ar coa voz da miña nai que cantaba asturianaes (“pinchéme con una espina”), boleros (“no marques las horas”), tangos (“con la frente marchita”) ou coplas (“apoyado en el quicio de la mancebía”). Aquela escola ininterrumpida ofrecía a súa apoteose anual na da miña aboa en aninovo con toda a familia. Tras a cea, as cantigas saían en popurrí sen folgos, sempre cun sorriso digno de Gene Kelly en Cantando baixo a chuvia (a miña película predilecta), cheo de ledicia e entusiasmo. O repertorio popular asturiano completo e o inevitable tributo á moda radiofónica (“húmedas paredes”, “en el río aquel tú
y yo y el amor”) non impedían coroar a noite con habaneras (“como azabache negro nací y fue mi suerte tan favorita que esclavo tuyo me convertí” ou “Paloma mensajera, cruzas el mar, dile que no me olvide”), rancheras (“una noche que tronaba y hasta mi suegra temblaba eso sí que tuvo guasa, empezó a soplar el viento, se llevó el ayuntamiento y el tejado de mi casa”) ou sons caribes (“abusadora, abusadora”). A música chamada de cantautor hispanoamericano (Yupanqui, Viglietti, Violeta Parra) alternaba coas cancións dun invencible Víctor Manuel que soaba coa súa discografía ao completo, coa repetición de “por san cosme y san damián nun vayas neña temprano, nun pises el maizal” como mantra místico.En casa, ás veces, co primeiro tocadiscos (fundador mediante), escoitabamos, sobre todo nas matinées que preparaba o meu pai os domingos, bandas sonoras de películas (Love story, Raindrops keep fallin’ on my head) interpretadas polos inefables Paul Muriat ou Frank Pourcel. Jimmy Fontana era o rei do picú paterno e Il mondo soaba en alto para anunciarnos sempre a súa felicidade. Modugno, Celentano, Carosone e tutti quanti alimentaron desde entón e supoño que para sempre a miña completa educación sentimental.
A música clásica era territorio descoñecido. Aínda hoxe frecuenta pouco a miña casa (detesto os concertos e aínda máis o ambiente alí concentrado). Entre outras cousas, porque a miña afección adolescente ao futbolín debaixo da casa, propiedade dun famoso vocalista ponferradino (sic), puxo nas miñas orellas a Procul Harum, CCR, CSNY ou Chicago, aparte dos archicoñecidos Beatles (“amarillo, el submarino es”) ou os propios Rolling que xurdían daquel jukebox que encendía a mesa de billar a tres bandas. Eses discos que soaban a todas horas e os que tiñan estrados os meus curmáns maiores (Wilson Pickett, Blood, Sweat and Tears, James Brown ou Aretha Franklin) nos seus cuartos desordeados, de insólita tendencia soul agora que o penso, construiron a miña devoción musical, alonxada dos gustos clásicos. Despois aprendín a rabuñar cordas de guitarra máis que nada para acompañar (e o que fixera falta) algunhas cancións de amor e combate. Cantei algunha vez en público (Amancio Prada, Batallán, Simon & Garfunkel) e mesmo obtiven un premio de canción orixinal naqueles concursos composteláns de san francisco con Antón Lopo (sí, o mesmo) de voz arrebatadora.
Pero a miña maior contribución á historia da música foi acompañar o acordeón dun meu amigo no seu intento (victorioso) de conquistar a unha pelirroxa perigosa. Nese momento sentín o que eu sempre quixen ser: un cantante de mariachis, apostado no balcón dunha dama, co peito repleto de enerxía e o corazón disposto a estoupar con verbas de paixón e delirio.
Escribo esto para as uvas na solaina, a 11 de maio. Soan Entre dos aguas, Old friends e Mansard Roof dos Vampire weekend.
[1] O carozo da mazán en asturiano.

Fama, de Bieito Iglesias (ECG. sábado 10.5.08)
Esoutro día fun botar a quiniela a un dispensario da sorte da Porta Faxeira e tiven que agardar na bicha a que acabase de selar non sei cantos boletos unha muller tan morocha como faladoriña. Vista por tras, en vaqueiros e camisola, parecía paticorta (leve arco de abeacas nas extremidades inferiores) e atlética. Cando virou, ensinoume un cadro de Romero de Torres: un rostro moldurado por manela escura e unha boca apertada que denotaba certa amarga e mundana experiencia. Viña sendo Lolita Flores e non puden menos que agradecerlle a Gayoso e ao seu Luar a beizón de traer a esta negra provincia tales luminarias da cultura e arte españolas.
Na miña infancia en Ourense -antes da chuvia de estrelas propiciada polo Festival do Miño- semellaba impensable que nos visitasen as marabillosas criaturas expostas no fanal do televisor. Que Raphael se deixase caír pola cidade das Burgas era un bo milagre equivalente a tropezar na rúa do Paseo co Virxiniano. Nin sequera Julio Iglesias, cun pai nado no Souto de Vilarrubín, asomaba por alí despois de triunfar en Benidorm (antes de ser coñecido acudía ás festas do San Xinés). Había que contentarse con astros de segunda grandeza, da categoría do Paquito Jerez, que cantaban ás veces baixo un toldo circense no Couto ou nos Remedios. Tampouco sufrimos tanto coa ausencia de cantores famosos, gobernabámonos perfectamente coas versións de Los Sírex que facían os roqueiros locais (os fillos dun panadeiro da Ponte), cos pallasos asturianos (irmáns Tonetti) e cos ciganos húngaros que traían títeres á esplanada que había onda o bar Rapela.
Cando Encarnita Polo, antano faro do flamengo-pop, acabou actuando en furanchos dos arredores de Compostela, soubemos que o star-system sufría un big crush, unha implosión como a que algún día comprimirá o Universo pulsante. Un duro golpe para os deuses olímpicos que criamos a salvo da condición mortal, moradores dun ceo decorado como set de programas que se titulaban Galas del Sábado ou Pasaporte a Dublín.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)