CEN ANOS DE HISTORIA CULTURALtvg (1985), Gramática Galega (1986)
(Imaxes: o poemario de Luís González Tosar; un cartel do Antroido en Compostela e unha portada de Luzes de Galiza, con foto de Xosé Abad)
No campo do ensaio e a investigación, 1986 foi un ano excepcional. Galaxia publicaba a primeira Gramática Galega, escrita con rigor científico e elaborada por lingüistas do ILG, e Ir Indo publicaba en tres tomos o seu Diccionario, con 90.000 entradas. Aparecían libros como Capitalismo e desemprego en Galicia, de Xavier Vence; Gallaescia escandinavica, de Vicente Almazán; O final da historia, de X.C. Bermejo Barrera; Historias de Compostela, de Filgueira Valverde; Autobiografía dun labrego. Estudio novelado de antropoloxía, de Xosé R. Mariño Ferro, e Conversas en Compostela con Carballo Calero, de Miguel A. Fernán-Vello e Francisco Pillado Mayor. Da mesma andaina son o álbum Dibuxos de humor, de Xaquín Marín e Siro López; Os petos de ánimas en Ourense, de Begoña Bas; A intervención de Gondomar nos problemas internacionais de pesca, de Lois Tobío; e o terceiro número de festa da palabra silenciada, dedicado todo el a Francisca Herrera Garrido.
En Sotelo Blanco aparecía a Literatura Galega Medieval, de Xosé R. Pena, e en Ediciós do Castro obras como Testimonio de la guerra civil, de Isabel Ríos, ou La Institución Libre de Enseñanza en Galicia, de Serafín Porto Ucha.
En Sotelo Blanco aparecía a Literatura Galega Medieval, de Xosé R. Pena, e en Ediciós do Castro obras como Testimonio de la guerra civil, de Isabel Ríos, ou La Institución Libre de Enseñanza en Galicia, de Serafín Porto Ucha. Celebrábase o aniversario do nacemento de Castelao, de Cuevillas e de Salvador de Madariaga e houbo homenaxes para todos. Pero na bibliografía gañaba Castelao. Velaí: Vida e paixón de Castelao, de Xosé Núñez Búa; Castelao: caricatura e autocaricatura, de Clodio González; o ensaio de Daniel Cortezón, Castelao ou a paixón de Galicia, e o estudo La persecución de Castelao durante el franquismo, de Carlos Fernández, ademais dun número monográfico da revista científica de Barcelona Anthropos (n.65) sobre o rianxeiro. Pola súa banda, a revista de Oviedo Los Cuadernos del Norte ocupábase con detalle de Álvaro Cunqueiro e Cela cumpría 70 anos. A editorial española Tusquets recuperaba parte do xornalismo de Cunqueiro en tomos como Viajes imaginarios y reales, unha delicia das prosas do mindoniense, preparada por César Antonio Molina.
O Centro Dramático Galego, dirixido entón por Ernesto Chao, andaba coas montaxes O enfermo imaxinario, de Moliére, dirixida por Eduardo Alonso e traducida por Manuel Guede; e A noite vai como un río, de Cunqueiro, dirixida por Xulio Lago. Celebrábase unha mostra teatral en Cariño e a II Mostra Internacional do Teatro Galego en Ribadavia, con compañías foráneas e as galegas Artello, Luís Seoane e Moucho Clerc.
No capítulo poético, son desas datas libros como Códice Calixtino, un dos poemarios centrais de Luz Pozo Garza; ou A caneiro cheo, primeiro volume dos versos de Luís González Tosar, que merecera o V premio Esquío e o Losada Diéguez. Desa andaina son ademais Sede e luz, de Miguel González Garcés; Pensar na tempestade, de Ramiro Fonte; Antigo futuro, de Xoán Manuel Casado; e Denuncia do equilibrio, de Xela Arias, finalista do Losada Diéguez. No ano dedicado a Aquilino Iglesia Alvariño, Xerais sacaba a súa Poesía Completa, preparada por Xesús Alonso Montero. O Esquío dese ano era para Xosé María Álvarez Cáccamo e Pilar Pallarés, cos libros Luminoso lugar de abatimento e Caravanserai. Aparecía unha nova antoloxía de poesía galega, Desde a palabra, doce voces. Nova poesía galega (Sotelo Blanco), preparada por Luciano Rodríguez, e falecía o poeta de Dodro, Eusebio Lorenzo Baleirón, ós 24 anos, con dous volumes publicados.

No terreo musical hai que subliñar Galicia no País das Marabillas, de Milladoiro, gravado en Irlanda; o primeiro disco de A Quenlla, Os tempos non, inda non son chegados; Folla de marzo, disco de Uxía Senlle; Perfiles, de Doa; e o nacemento de Luar na Lubre, con Bieito Romero e Rosa Cedrón. Milladoiro gañaba un Goya coa banda sonora de La mitad del cielo, de Gutiérrez Aragón.O Premio Trasalba era para Valentín Paz Andrade e nos Premios da Crítica os homenaxeados eran o poeta Manuel Vilanova (A lenda das árbores de prata); o teólogo Andrés Torres Queiruga; o catedrático Ramón Lorenzo no apartado de investigación; o Grupo Universitario de Cámara; a iniciativa cultural Cantareliña e a Compañía de Teatro Luís Seoane, que representaba entón A larva furiosa e Fuerzas Eléctricas. No parador de Gondomar celebrábase o III Galeusca cando Avilés de Taramancos presidía a AELG. Presentaban relatorios, entre outros, Xavier Seoane, Xavier Alcalá, Xosé María Dobarro e Carlos Paulo Martínez Pereiro.

.jpg)

.jpg)