
Marías (Bieito Iglesias en ECG 29 nov.)
(A imaxe real das dúas Marías procede do blog La Dama del Bosque)Coa invernía quedan soas as Marías baixo a chuvia, sen turistas que lles pasen o brazo polo lombo para retratarse con contento infantil, como se estivesen en Disneylandia agarrados a Mickey Mouse. Témonos preguntado o doutor Fernández Pintos e mais eu (cando a tertulia dos xoves nos leva polo rego das cousas compostelás) de onde lles viría a nomeada.
Das Marías de Israel, que saían nas procesións de Semana Santa? Do conto tradicional As tres Marimondas, que trata de
tres mulleres mal aviadas asustadoras dos nenos? Sexa mostra da cidade levítica na que moraron -coa simboloxía relixiosa omnipresente- ou comparanza con antroidos folclóricos, o caso é que as tres Marías (en verdade lémbranse dúas, a terceira faltou xa nos anos corenta) sobreviviron a alcumes e malicias humorísticas. Brillan na memoria citadina como notas de cor (a cor dos seus vestidos ou panos da cabeza e o po de arroz das súas caras) en medio dun Santiago escurecido pola posguerra, sen o café-cantante do primeiro terzo do século e co cinema como única escapatoria da pacatez. Cando as autoridades exiliaban os bailes da mocidade fóra do casco urbano, cando a soa diversión dos rapazolos era meterse cos villeus, elas paseaban maxestosamente polo Toural ou pola Alameda, encarnando un ideal feminino prohibido na época, pois non se conformaban coa división entre esposas decentes afectas ás novenas e perdidas moi perfumadas (as queridas dos señores) ou recluídas nas reservas do Pombal e d´A Rapa da Folla.
Teimaban na exhibición dun romantismo algo demodé, que no entanto supuña unha declaración de fe inquebrantable na beleza da vida coloreada e coqueta. Son a versión local de Gradisca, inesquecible personaxe de Fellini que paseará sempre por Rímini e polos fotogramas de Amarcord.
Fermosamente apúñanse ao tenebroso nacionalcatolicismo, ataviadas como sacerdotisas de Madonna Frivolidade, "raíña do flirt e nai da galantería", en palabras de Vicente Risco.
Das Marías de Israel, que saían nas procesións de Semana Santa? Do conto tradicional As tres Marimondas, que trata de
tres mulleres mal aviadas asustadoras dos nenos? Sexa mostra da cidade levítica na que moraron -coa simboloxía relixiosa omnipresente- ou comparanza con antroidos folclóricos, o caso é que as tres Marías (en verdade lémbranse dúas, a terceira faltou xa nos anos corenta) sobreviviron a alcumes e malicias humorísticas. Brillan na memoria citadina como notas de cor (a cor dos seus vestidos ou panos da cabeza e o po de arroz das súas caras) en medio dun Santiago escurecido pola posguerra, sen o café-cantante do primeiro terzo do século e co cinema como única escapatoria da pacatez. Cando as autoridades exiliaban os bailes da mocidade fóra do casco urbano, cando a soa diversión dos rapazolos era meterse cos villeus, elas paseaban maxestosamente polo Toural ou pola Alameda, encarnando un ideal feminino prohibido na época, pois non se conformaban coa división entre esposas decentes afectas ás novenas e perdidas moi perfumadas (as queridas dos señores) ou recluídas nas reservas do Pombal e d´A Rapa da Folla.Teimaban na exhibición dun romantismo algo demodé, que no entanto supuña unha declaración de fe inquebrantable na beleza da vida coloreada e coqueta. Son a versión local de Gradisca, inesquecible personaxe de Fellini que paseará sempre por Rímini e polos fotogramas de Amarcord.
Fermosamente apúñanse ao tenebroso nacionalcatolicismo, ataviadas como sacerdotisas de Madonna Frivolidade, "raíña do flirt e nai da galantería", en palabras de Vicente Risco. 









CEN ANOS DE HISTORIA CULTURAL
En Sotelo Blanco aparecía a Literatura Galega Medieval, de Xosé R. Pena, e en Ediciós do Castro obras como Testimonio de la guerra civil, de Isabel Ríos, ou La Institución Libre de Enseñanza en Galicia, de Serafín Porto Ucha. 






