16 may 2008
Magnífica idea en Gondomar: A galiña azul
Amigos e amigas do Instituto de Estudos Miñoranos.
DIA DAS LETRAS GALEGAS 2008 GONDOMAR.
Actos do sábado 17 Maio. Na Praza do Concello
* 19:00 > Lectura pública de textos de Xosé María Álvarez Blázquez
* 19:30 > Concerto da Banda de Música de Vincios
* 20:00 > Inauguración da escultura A Galiña azul e o Paseo Carlos Casares. A escultura da Galiña Azul é obra do noso compañeiro Alfonso SoliñoTroncoso e será inaugurada ese día coa presenza da familia de Carlos Casares e da Fundación.

FÍO MUSICAL (14), DE XOHÁN DA COBA (foto H. Ritts)
Desta vez o asunto das canciós vai ser máis "pelegrín".
Búsquenme canciós pra anuncios publicitarios de:
-Penso pra cas.
-Fomento do cumprimento de obrigas fiscais.
-Fomento da urbanidade ao volante.
-Promoción do galego (non importa que o título ou a letra estea noutra língua, tradúcese).
Admítense suxerencias serias e "de risas".

Celso Emilio Ferreiro, por Ramón Nicolás
No blog do Liceo poden xa escoitar a lección maxistral que onte impartiu Ramón Nicolás sobre a obra do poeta Celso Emilio Ferreiro (foto Trebolle).
(E non lles conto o que me pasou onte, que me dá vergoña).

Fío musical (13). Para Apicultor, de Arume (foto IPP)
O Chelsea Hotel está situado na rúa 23 entre a séptima e a octava avenida de New York. Construido a finais do século XIX, en ladrillo bermello, no estilo victoriano que se estilaba en Londres e no medio do distrito teatral e vodevilesco, axiña foi considerado un lugar de culto entre os visitantes á cidade dos rañaceos. Por pouco tempo foi o edificio de apartamentos máis alto de Manhattan, pero a comezos de século XX se convertiu nun Hotel. Os escritores elixiron a súa fasquía un tanto siniestra e estraña como lugar de residencia máis ou menos prolongada e de refuxio por veces delirante. Os nomes de Twain, Miller ou de Dylan Thomas, que morreu nunha das súas habitacións, contribuiron a crear a súa lenda, imparable ata o de agora.
Co desprazamento da vida bohemia (dos beatniks dos 50 ata os hippies dos primeiros 70) ao Village cobrou un vigor extraordinario neses anos de efervescencia contracultural. Desa época datan os episodios máis célebres: Joplin, Hendrix, Dylan, Cohen constitúen o abecedario dos seus cuartos, cos correspondientes relatos, xa míticos, de destrucción ou amor. A última (coñecida) historia de perdición e abismo foi executada por Sid Vicious e a súa fiancée Nancy na suite 100 dese lóbrego albergue.
Agora eleva a súa fachada escurecida de balcóns de ferro no medio dunha rúa ruidosa, de poucos comercios e xa ningún teatro, apenas visitada, agás por aqueles que se adentran por ese decadente barrio con afán de comprobar que o edificio segue en pe e que as ánimas suicidas que algunha vez amaron non teñen peto onde ficar ancoradas. Mirei o hotel desde a outra beirarrúa un día de cinza e imaxinei a terra leve con aqueles nomes de amantes, cheos de balbordo e furia.
Leonard Cohen cantou as súas batallas de pluma e lume con Janis, enfundado nunha gabardina coas solapas levantadas, cos arpexios fráxiles e coa voz dun ensalmo tristísimo. Pero o Chelsea Hotel ha ocupar a historia sentimental, porque foi alí onde Bob Dylan escribiu para Sara Sad eyed Lady of the Lowlands, esa melancólica despedida que soa mentres escribo esta lembranza.

Unha dedicatoria
Tiña eu só 16 anos: novembro do 74. Un mociño da pequena burguesía ourensá que empezaba a descubrir o mundo. E nese novo mundo estaba a Auriense, daquela aínda nos locais da rúa Curros Enríquez, e nese local poetas e escritores que nos traían a súa Palabra, nova, virxinal, emocionada. Entre eles Manuel María, sempre afable, sempre cortés, bo amigo do meu pai... Un día o rapaz debeulle pedir que lle asinase o seu "Barriga Verde": velaí, na primeira páxina dunha vella edición de O Moucho, a obra heroica de Xosé María Álvarez Blázquez, a quen hoxe honraremos, coa RAG, en Vigo. Graciñas ós dous.

Non gañamos para disgustos nestas letras... Primeiro Bouzada, agora o amigo e gran poeta ourensán...
Falece, durante un acto polo Día das Letras Galegas en A Garda, o poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro
15 may 2008

A Nosa Terra, a través de Xoán Carballa,
cedeume xenerosamente esta foto tan fermosa de Manuel María e a súa compañeira Saleta Goi (de paso, xa saben de qué escribo mañá). Graciñas a ANT.
Manuel María (3). Pan por Pan venres 16 maio.
Máis de seiscentas veces aparece a palabra Amor na “Poesía Galega completa” de Manuel María: deu ese dato esoutro día o seu editor, Fernán Vello. Velaí algúns exemplos. O amor como mar da felicidade: “O meu desexo máis fondo é naufragar,/ ouh miña boa e sinxela compañeira!/ no teu mar de tenrura. Só no teu mar”. En “Poemas da labarada estrelecida” o amor é testemuño da vida común, das primaveras e outonos melancólicos, amor construído como “ferida fonda, nidia, transparente,/ costume irrenunciábel,/ coñecimento total, sabiduría/ absoluta de nós mesmos/ deica chegar á imposibilidade/ de poder distinguir onde/ comezas ti e eu remato”. Amor mencer, amor solpor, amor lume, amor árbore: as imaxes son case infinitas. E ese amor tiña, dende os primeiros versos, nome propio, unha gran personalidade: Saleta Goi, compañeira na loita e na tenrura.
Literauria- Lar das Letras
Temos a honra de convidalo/a á inauguración de Literauria-Lar das Letras,
o venres 16 de maio, a partir das 12,30 h., na carpa do Paseo (ó carón do INSS).
No acto intervirán o escritor Marcos Valcárcel e a concelleira de cultura Isabel Pérez.
En Literauria-Lar das Letras participan as librarías Torga, Tanco e Eixo; as editoriais Difusora de Letras, Artes e Ideas, Linteo e Duendebux; e os escritores ourensáns Camilo Franco, Xosé C. Caneiro, Xerardo Méndez, Francisco Fernández Naval (Chisco), Ramón Caride Ogando e José María Pérez (Chesi).

FÍO MUSICAL (12). Cando a “música moderna” entra pola porta xamais sae pola xanela, por APICULTOR.
(Imaxes: Jimmy Hendrix e Budy Miles. Stevie Wonder)
Corría a segunda metade dos anos sesenta cando unha riada de “música moderna” entrou na miña casa en forma de álbumes que gardaban no seu interior en fundas de plástico centos de singles a 45 r.p.m e de Epés a 33⅓ r.p.m., acompañados do correspondente pick-up desmontable e de sonido mono. Alí estaba todo. Un amigo de meu irmán maior, sucesivamente yeyé-hippie-pijo, de familia de comerciantes ricos para maior identificación, tivera a xenerosidade de prestarlle boa parte da súa colección (mesmo disque viaxaba a Londres á procura de novidades).
Durante moitos meses o neno que eu era escoitou abraiado unha e mil veces todas e cada unha daquelas cancións, até o punto de ter que repoñer dúas veces a agulla do tocata. E alí estaba todo. Desde o pop autóctono (Brincos, Sirex, Mustang) até o soul da Terra das mil danzas de Wilson Pickett ou a calma dun Ottis Reading sentado no peirao da bahía, pasando por San & Dave, o xove Stevie Wonder e as Supremes da Motown; dos Beatles, os Rolling Stones, os Who e Eric Burdon & The Animals, deica Jimi Hendrix, Cream, Blind Faith ou os dezasete minutos do “
In-A-Gadda-Da-Vida” dos Iron Butterfly; de Serrat e Vainica Doble até –ouh, ceos!- Patxi Andión. Mesmo tamén os prefabridados Archies e o seu “Sugar, Sugar”. Así foi como me fixen ecléctico por natureza. Non estaban aínda nin Bob Dylan, nin Leonard Cohen, nin Janis Joplin (á que o anterior amara no Chelsea Hotel, como é ben sabido), pois os seus LPs virían o ano seguinte noutra magnífica e ben surtida quenda.Mais, naturalmente, a música xa entrara moito antes, desde a máis tenra infancia, a través da televisión (Escala en Hi-Fi, Galas del Sábado, Eurovisión, etc.). No meu barrio, e durante bastante tempo, fumos os únicos particulares que dispuxemos de caixa máxico-tonta, grazas á iniciativa modernizadora de meu pai: da emigración trouxera unha General Electric de válvulas en branco e negro, unha pesada máquina de escribir de aceiro macizo e unha máquina de fotos reflex, todas elas de calidade superior.
Así e todo, meu pai, home práctico onde os houbese, nunca accedeu a mercarme un tocadiscos a pesar dos meus requerimentos, pero si todo o demais que fixese falta, incluso unha guitarra española na que aprendín acordes. Logo viñeron os radiocasetes e puiden afacerme un, e as cintas gravadas e copiadas rompían de tanto usarse, como o amor aquel que cantaba Rocío Jurado. Mercabamos “Disco Express” e “Melody Maker”, e estabamos ao día. Algúns amigos dispuñan xa de aparatos e de LPs, e alí escoitaba e escoitaba, e gravaba e gravaba. Finalmente, sería meu irmán quen me agasallaría co meu primeiro tocadiscos. Aínda funciona como o primeiro día.
Galeano en Auria: unha mirada ó mundo dende o burato da ferradura.
(Graciñas a Trebolle, pola foto da dedicatoria, en Torga)
(Graciñas a Trebolle, pola foto da dedicatoria, en Torga)
Unha breve nota, impresionista, da charla de Galeano en Auria. O local, como era de agardar, a rebordar: quizais unhas 300 persoas, entusiasmo por todas partes. A amiga Carme Carballo exultante de ver na súa terra natal tanta xente arredor do escritor: non puido evitar darlle un longo bico a Galeano a rematar e citar ó “anxo” que o acompaña (a súa muller Elena).

A charla era a presentación do libro “Espejos” (s.XXI). Leu algúns textos, sempre breves, no seu estilo habitual, outros recuperounos dende a memoria. Eu coñecía xa varios deles, quizais por lelos en Internet nos últimos anos en multitude de foros. Os temas, os habituais no rexistro de Galeano: o racismo, os muros, a conquista de América, o imperialismo de Estados Unidos, as visións manipuladas da Historia (unha cala na riqueza cultural musulmana da Hispania medieval), etc. Cabe subliñar que todo o primeiro terzo da súa intervención foi dedicado a textos sobre a marxinación e a invisibilidade das mulleres (Concepción Arenal e a Pardo Bazán, Teodora de Rávena, as pinturas de Altamira: “e se foron elas? (as pintoras)", etc.).
O milagre comunicativo de Galeano nace, en boa parte, do estilo e das formas. Esa voz cadenciosa, pausada, cos ritmos tan ben medidos. Esa ausencia de aristas histriónicas ou arrebatos de ira. Ese saber xogar co humor e coa ironía dándolle a volta ás cousas para redescubrir motivos e puntos de vista. Ese alento lírico, de reivindicación da palabra e do compromiso. Sospeito que a maioría dos/das asistentes (maioría feminina), coñecían xa os contidos da charla de Galeano porque seguen os seus libros dende Las venas abiertas… a Memoria del fuego. Pero querían oílo en viva voz. Non era, neste caso, a orixinalidade do discurso o que buscaban (buscabamos) os que fomos ata o local de Caixanova.
Engadir tamén (e isto vai polo debate previo no blog) que a súa intervención non foi nada pretenciosa: expresións como “unha gota máis nun océano…” (sobre o seu labor) ou “eu non teño as solucións…” repetíronse na charla.
Case ó remate, Galeano definiu con precisión o seu estilo e os obxectivos do seu labor: ese “mirar o mundo dende as pequenas historias, como dende o burato dunha ferradura”. Sen dúbida, iso si sabe facelo á perfección.
P.S.: hoxe en Torga (12 h.), unha longa cola para pedirlle asinaturas ó autor uruguaio.

Manuel María (2).
Pan por pan xoves 15 maio
O Frente Cultural da AN-PG publicou en abril de 1977 o libro “Poemas para construír unha patria”, de Manuel María. Eu mesmo, que militaba na FC., axudei a distribuír e difundir o poemario. Fernán Vello falou del na súa charla. É un volume de poesía política, firmemente axeitada á liña estratéxica que marcaban a AN-PG e a UPG. Hai poemas dedicados ó sindicato nacionalista, ós patriotas galegos presos e un simpático canto a Margarita Ledo Andión. Ata hai unha composición lembrándolle ós hippies que eles tamén teñen, aínda que non queiran, patria. O libro foi polémico. Fóra do nacionalismo popular, pareceu panfletario. E dentro non foi demasiado ben entendido porque o chairego apostou por unha renovación formal –tipografías, xogos cos versos, maiúsculas, barras e guións, etc.- pouco acaída cos gustos máis convencionais do nacionalismo popular naquela hora.
14 may 2008

Manuel María.
Pan por Pan martes 13 maio
Segue adiante, cun nivel indiscutible, o ciclo que sobre os grandes poetas da posguerra se desenvolve no Liceo nestas semanas. O luns falou do poeta chairego Manuel María o tamén poeta, editor da súa Poesía Galega Completa e amigo do anterior, Miguel Anxo Fernán-Vello. O máis interesante da súa visión do autor de a “Terra Cha” foi o subliñar a fortísima identidade entre vida e poesía que marcou toda andaina daquel barbas xeneroso, da casa de Hortas.
Era un ser transparente, dixo del un día Carlos Casares, e con iso queda ben clara a extrema coherencia do chairego que nunca refugou dos seus principios nacionalistas e populares. Autor ben prolífico, con 47 libros de poesía editados, a obra de Manuel María será revalorizada no futuro, de seguro, cando queden moi lonxe as circunstancias histórico-políticas nas que naceron os seus versos.
13 may 2008
Poetas da posguerra. VI Ciclo Visións de Galicia.
O ciclo do Liceo sobre Poetas da Posguerra está a ser un éxito non seus contidos, cun nivel indiscutible nas ponencias (cando menos ata o luns próximo, ha, ha...). A asistencia podía ser maior (as tres primeiras charlas, unha media de 35 persoas), pero, qué lle imos facer?
Nesta foto de Trebolle, onte luns Teresa Devesa, compañeira na Sección de Literatura, sempre eficiente, creativa, imaxinativa, presentando a Miguel Anxo Fernán-Vello, que falou de Manuel María (daremos conta detallada desta charla).
(Pola miña banda, onte foi xornada densa. Antes do acto do Liceo, tiven unha charla, das habituais nestas datas todos os anos, sobre Xosé María Álvarez Blázquez, no colexio Santa Teresa-Carmelitas. Creo que non disgustou ás mozas/os asistentes (había máis mozos), iso me contou algunha alumna que ten amigas alí...).

en poleiro alleo
* Eduardo Galeano, a voz ética dos invisibles. O escritor uruguaio reivindicou a óptica dos excluídos polo sistema capitalista neoliberal na resentación en Santiago do seu libro 'Espejos, una historia casi universal' (M. Dopico, GH. 13.5.08. Foto Patricia Santos).

A mirada retida (nova sección)
O domingo pasado, 11 maio, iniciei unha nova sección en La Región co título A MIRADA RETIDA. Deixo aquí a primeira entrega.
OS MIXTOS.
Chamábanlles os mixtos. Aqueles autobuses que levaban na súa parte superior pasaxeiros, sacos de patacas e ás veces ata animais. Xogándose o equilibrio e o tipo, mesmo o home de gravata que vai en primeiro plano. Cando chegaban xunto unha ponte un pouco baixa, había que baixar todos e todas as maletas para poder pasar. E outras veces había que empuxar cando a estrada facía costa. Este autobús tan estartelado, da empresa Los Americanos, para nunha praza de Allariz: a súa vocación vai ben inscrita no seu frontal: “Ferias y Mercados”. Son imaxes que hoxe nos remiten a outros imaxinarios colectivos habituais nos xornais e na TV: aquelas do Terceiro e do Cuarto Mundo, mesmo dos refuxiados que foxen do horror das guerras. Pero son tamén a nosa memoria máis inmediata: hai 50 anos, só un par de xeracións vitais, eran habituais na nosa paisaxe. E hoxe que se nos enche a boca a falar de novas tecnoloxías e I+D e todas esas cousas, quizais sexa oportuno mirar, e tamén pensar, as fotos que gardan os avós no faiado. Ese é precisamente o obxectivo desta nova sección.

Novoneyra.
ANDOLIÑA mércores 14 maio
Sobre a obra de Novoneyra falou no Liceo ourensán Luís González Tosar, no VI Ciclo Visións de Galicia, que revisa este ano a obra dos grandes poetas da posguerra. Ademais de contar algunha anécdota persoal do seu trato co poeta do Courel, deseñou con xeito os elementos que definen a poesía do autor de “Os eidos”: a forza telúrica da súa palabra, a riqueza reflexiva dun xeito de ver e entender o mundo, a súa vontade social e de denuncia en textos como o pranto polo Che, o poema a Amador e Daniel ou a “Letanía de Galicia”.
Case ó remate da súa intervención, o ponente dixo que hoxe non pode haber poetas desa caste. Poetas, engado eu, capaces de resumir todo o seu cosmos vital en dous versos: “Todo o que pasou a meu pobo pasoume a min./ Todo o que pasou o home pasoume a min”. No coloquio alguén reclamou máis precisión ó respecto da contundente afirmación do conferenciante. Este sostivo que as claves da poética de Novoneyra xa non están entre os novos poetas de hoxe. Como lle sucedeu no seu tempo a Pondal, a Galicia que sentiu o do Courel tampouco existe xa. Pero iso nada lle resta á elegancia do seu verso: “Non podo evitar o reproche./ Amo e por eso esixo a beleza”.

P. S. Publicado este artigo hoxe, tiven esta tarde unha chamada telefónica e unha longa conversa coa viúva de Novoneyra, a quen ata agora non tiña a honra de coñecer pero que seica me le a diario no GH. Pareceume unha muller encantadora e chea de paixón pola memoria e o significado de Novoneyra, que comparte co que foi o seu home unha mesma fe pétrea no poder da lingua e na forza evocadora dos versos que nacen da autenticidade. Convencida tamén de que é necesario que un poeta non sexa portavoz dunha soia voz, senón de todas as voces: ata tal punto chega a identificación Pobo-Galicia-Novoneyra que, ben se ve, segue tan viva como sempre.
12 may 2008

A imaxe do grupo que escoita atentamente a Méndez Ferrín mándama Xoán Fonseca: de esquerda á dereita, Xesús Rábade Paredes, Xoán Fonseca, M.V. , Ramón Villares e Andrés Mazaira. As dúas imaxes das estatuas son de Trebolle e das que falou tamén Ferrín: o Curros de mirar revirado (aquí parece que segue cos ollos o voar dunha pomba) e o Celso Emilio de Acisclo Manzano, case na entrada do mosteiro. O resto das fotografías son de Xulio Outumuro (clicar nas fotos para ampliar).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)