

Cartel do primeiro festival de poesía no Condado, no que participaron importantes escritores galegos. Debuxo de Picasso para Celso Emilio Ferreiro.
Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".














A SALA RESERVADA DO PRADO
ualidade, tal desbordamento de paixóns, tal esplendor dos sentidos? É difícil sabelo pero imaxinamos que aumentaría ese pracer a idea da total soidade, da transgresión da norma nunha sociedade puritana e ultracatólica, na cal o Rei se erguía como paradigma moralizante. Pero os Austrias, por fortuna, preferiron gardar aquelas pinturas. E tamén os Borbóns aínda que en 1762 Carlos III mandou queimar algúns dos cadros de espidos: por sorte o pintor Mengs e o marqués de Esquilache evitaron a queima, ocultando de novo as obras. Na galería da sala reservada chegarían tamén, no seu momento as dúas “Majas” de Goya, vestida e espida, pintadas arredor de 1800. Trinta e oito anos despois a Sala Reservada desaparecía e as pinturas eróticas que a integraban pasaban ás salas das escolas nacionais dos seus autores. Ninguén puido nunca contemplalas coa suprema liberdade e privacidade daqueles monarcas dun Reino tan católico e exemplar.
ue crer no fado...
noso pésame a toda a súa familia, con especial agarimo para os seus irmáns Antonio e Carlos Quesada, tamén dous artistas excepcionais, cada un no seu campo, ademais de amigos. 
Para o convite da exposición de Arturo Baltar no Centro Cultural da Deputación usaron esta simpática e histórica foto, datada o domingo de entroido, 22 de febreiro de 1960. A foto é de Arturo Cudeiro e na calesa (non se sabe o nome do conductor), están, de esquerda a dereita: Adolfo Estévez, Arturo Baltar, José Luís López Cid e Vicente Risco.
Fototeca: Casares e CondeOutra foto de hai uns cantos anos, arredor de 1982 (enviada por Monxardín). En Trasalba, na festa dos Premios, pero aínda sen carpas. Carlos Casares, a súa dona Cristina e Alfredo Conde en primeiro plano. En fronte debe estar Sixto Seco. O que toca as maracas podería ser, ten un aire, o Segade, profesor da Facultade de Dereito, pero quizais só sexa un paisano que se lle parece.
Actualización (30 dec.): como confirma nunha mensaxe X.L. Carrión, o paisano das maracas non é Segade, senón o señor Juan, que formaba parte da charanga do Cuco de Velle. Engadimos unha carátula deste grupo festivo musical: o señor Juan está no centro do grupo, por baixo do Cuco de Velle, alma mater do grupo.

Xosé Cuiña deixa orfa a dereita galeguista



a no seu estudo e chamoulle Man Ray en honor ó gran fotógrafo do surrealismo. Logo veu o resto da familia: Fay Ray, Crooky, Chundo e a agarimosa e sexy Batty. 
Emocións animais: diso tratou un dos documentais da Dúas de onte. Hai anos os científicos só admitían o concepto de instintos e negaban a existencia das emocións no mundo animal, isto é, accións nacidas no cerebro, ás veces imprescindibles para a supervivencia. Por exemplo, o medo. Sen o medo a propia especie humana non estaría aquí. Estas emocións animais poden cambiar co paso do tempo: unha proba con corvos amosa que de novos se deixan levar pola emoción da curiosidade e proban todo tipo de cousas novas; xa adultos, tornan en neofóbicos, por prudencia teñen medo a comer cousas novas.
E falábase tamén no documental de cobiza ou de altruísmo como motores de comportamento animal. Ou de como o compartir emocións positivas e negativas (entre elas, a ira, a cólera, a dor) é o que permite convivir a moitos individuos nun grupo social. Ou da práctica habitual nos chimpancés de compartir o alimento para devolver favores anteriores. E como asocian o pracer da comida co da sexualidade.
En fin, cousas todas de grande interese, cando menos para min: a esa hora da tarde, ben relaxado diante do televisor, apréndese tanto sobre o ser humano vendo o que fan todos estes bichiños!
(Imaxe de William Wegman, o fotógrafo dos cans weimaraners e do seu querido Man Ray. "Cuando el hombre era perro", de Ángela Molina, en El País 2003, unha interesante achega ó labor deste singular fotógrafo).


ai todo o posible por achegarselle. E conta con Julianne Moore, garantía de estar pegados á pantalla, creo que é unha magnífica actriz, mesmo nestes papeis aparantemente "con pouca substan cia".
Un novo caso de censura artística. De novo con temática relixiosa polo medio.
As fotos foron antes exhibidas, sen problemas, en Barcelona, Valencia e Berlín.
A decisión tomouna o concello de Lleida, gobernado por PSC e ERC, ó considerar que as imaxes "poderían ferir a sensibilidade dos cidadáns". O autor, que non participou na inauguración da mostra en protesta pola retirada obrigada de 5 fotos, alerta do arriscado que é "permitir que as autoridades decidan sobre qué debe e non debe ver a xente".