26 ene 2008

ENTRE HORTAS E PORTAS, de Xosé Manuel González
29. Memoria son.
María Xosé, Saleta, Rosalía e Xosé Alfonso
non poden estar aquí. Son o presente..



Praza do Campo Castelo.
A torre coa campá é a do concello; a outra, da igrexa de Santiago, A Nova.
A casa máis á dereita, branca, debeu ser a de Ánxel Fole cando neno.
(Tomado de http://personal1.iddeo.es/palvez/lugo/lugo2.htm)

Non sempre a evocación é exercicio de saudade. Lembrar pode ter movemento espontáneo, comparanza desapaixonada ou intención conquistadora. Para uns acaba en noción de derrota, outros conciben motivo de esperanza. Peso de vida, grácil rebrinco lizgairo.

Cinco décadas ascenden San Pedro morosamente; de socato, alí volven estar a delegación de Lotarías e un encerado exterior cuberto a xiz, numeracións, premios en peseta, trinta millóns no alto. Un neno que ía con présa de neno demora ollada en infantil dispersión, aquel escaparate amosa libros: un autor, nome de látego, Knut Hamsun; título conciso, “Gog”, que é case onomatopea do estentóreo, insinúa estraños mundos e envía atención ao Giovanni Papini inscrito na cabeceira. Corenta anos despois, non foron lidos.

O neno trae, seguramente de Aquilino, unha pedra de mecheiro. Case transpondo a porta de San Pedro, lembra que tamén se lle encargara carne; onda o Campo do Castelo, fronte a tabernas, un chanzo méteo onde despacha un home de beizo groso, pouco pelo, voz algo sibilante. Manexa coitela, amablemente serve o quilo de bistés por bastante pouco carto. O neno sabe que é vianda un tanto dura, enerxía -porén- certa; atrás quedan rótulo e figura equina. As décadas agachan que certo home de cincuenta criará filla moi amante de cabalos, amazona.

Pasou a vacación de Nadal, retorna a escola; “colexio” para o neno, denotando pagamento moderado. Nunha esquina de Ramón Montenegro hai letreiro cuberto de vidro, fondo negro, co xugo, as frechas, unha lenda: “Hogar del Productor”; xantan alí moitos obreiros, condición nominalmente reconvertida na orde franquista. O primeiro andar da casa alberga academia que certo mestre segoviano, depurado, abrira na cidade. Cativos e cativas, xuntamente, practican debuxo e caligrafía copiando cartonciños (o máis cobizado, “En la fiesta de San Borombón...!”, parranda e animais); aprenden historia e xeografía en competición por parellas; contas, Historia Sagrada; os sábados, lectura: Marco Polo e Pigafetta serán memoria, marabilla, gozo presentido en viaxe, en exotismo. Se ben o titular xa pouco para, ese colexio de don Gregorio ten sona merecida, e os pais do neno esfórzanse en pagalo. Morrendo o século, un corentón encontrará o vello didacta en determinado conto; verá unha imaxe del, algo retorta, en gran pantalla.

Gozosa sexa escola que transmite e nutre vida. A vida que anda fóra, rolando con monotonía desfeita por xornadas de mercar no centro, coa mamá, e escaparate que por unha vez non é espectáculo devecido; ou esa celebración onde o rigor económico dá lugar, sen inconsciencias, a principio xubiloso: “un día é un día e un peso gastouse”. Pouco gasto se fai fóra nun entroido case non enmascarado: percorre o neno San Roque, travestido en feminino polas primas, e como único sinálao o circundante indumentado de diario; as primas, maiores, irán ao baile do Círculo das Artes, que un cronista proclama “Los Carnavales de nuestro pueblo”. Quince anos despois (1979?) retornan disfrace e rueirada que a lembranza nunca perdera.

Non sempre tempo pasado foi peor. O neno vivía rodeado de animais; ratos había polas casas, sapos, rans e vacalouras en poza ou trozo verde; cans e gatos transitaban, testemuño de vida azarosa e procura de sustento. O home de cincuenta viu desratizar; lembranza é a vacaloura, ilustración o sapo no libro dos seus fillos; un can doméstico arrastra o abandono, boquexa un michiño moribundo en tanto marcha o condutor inadvertido.

Non sempre o tempo pasado foi mellor. Chega Paco Cerillas arrastrando perna e brazo paralizados, inician cativos a mofa, prepara el un esgarro como argumento disuasorio; o rapaz maior que se pensa coche xorde alasando, hai solaz para algúns (“ata che mete as marchas”), olla e lamenta -compasivo- o pai do neno: “e non o recollerán?”. As décadas verán recollida, atención, educación para tal desvalemento.

Banda sonora para o sentimento. Canta Edith Piaf, un himno de melancolía esperanzada.

Poemas breves (e 3).
Pan por Pan sábado 26 xaneiro

Na súa visión da paisaxe moitos poetas achegáronse á poesía popular, tamén de formas breves, para manifestar os seus sentimentos. Así o fixeron os autores imaxinistas da nosa vangarda republicana e nesa liña podería inscribirse este fermoso poema de Aquilino Iglesia Alvariño, de 1931, titulado “Definición”:
A noite é o pranto do día,
lágrima inmensa de sombra
que escorre sobre a campía.
O ventiño da mañán
limpa-lle os ollos á aurora
roxa de tanto chorar”.
Tamén na poesía civil e rebelde encontramos poemas moi breves. E na sátira: lembren os “Epitafios” de Celso Emilio. Outro autor que se achegou a cotío ó poema breve é Afonso Pexegueiro, en “Seraogna” e en “Circos de auga”. Esta que segue é unha das súas achegas que máis me gustan:
Para que queredes un poeta vivo
se non sabedes qué facer con el;
matádeo e celebraille as pompas.

25 ene 2008

REPORTAXE en LUCES (EP 25 xaneiro, D. Salgado)
As expectativas incumpridas do cambio
Personaxes da cultura falan de mudanza nas formas pero non no fondo


A reportaxe completa
Para o historiador ourensán Marcos Valcárcel, porén, existiu unha "sobredimensión das expectativas" en relación ao novo goberno. "Os creadores agardaban máis iniciativas novidosas, máis imaxinación nas instancias culturais", considera, aínda que recoñece "inercias herdadas en certos campos". Valcárcel repasa o programa cultural histórico do nacionalismo: "O nacionalismo, que agora leva a política cultural na Xunta, sempre baseou a crítica na falta de democracia, mais a xestión non se diferencia demasiado do anterior, con grandes espectáculos e falta de participación das asociacións de base".
(Fun un dos entrevistados nesta xeira cultural: as miñas argumentacións, como é lóxico, foron moito máis completas e quizais máis matizadas (falei mesmo por sectores culturais): cando poida procurarei traelas aquí de forma mellor estruturada. Xuguen vostedes mesmos as opinións dos diferentes entrevistados).

Poemas breves (2).
Pan por Pan venres 25 xaneiro. A imaxe é de Ghirlandaio.

De Rosalía a María Mariño, de Novoneyra a Celso Emilio, foron moitos os poetas de noso que empregaron algunha vez o rexistro do poema breve ou moi breve: catro, cinco, seis, sete versos, etc. Xa o fixo Rosalía de Castro para evocar o amor (“Cando era tempo de inverno”) e a dor dos emigrantes, a traxedia da angustia (“Qué pasa ó redor de min?”) ou a forza humana do desexo en “Pelouro que roda”: “Dou encomenzo pensando;/ despois, gustoulle pensar;/ e deste gusto ó deseio/ a toda presa se vai./ E decote descendendo, /descendendo sin parar,/ desde o deseio ó pecado/ a toda presa se vai”.

Manuel María inmortalizou no libro “Terra Cha” a forza expresiva das paisaxes natais con natural intensidade: “A Terra Cha somentes é;/ un povo aquí, outro acolá,/ mil arbres, monte raso,/ un ceo chumbo e tráxico/ no que andan as aves a voar./ O resto é soedá.”

24 ene 2008


GALERNO (Bieito Iglesias, ECG 24 xaneiro)
a imaxe é de Capitáns intrépidos (1937), de Víctor Fleming, película que fixo chorar, máis dunha vez, ó neno que eu fun...

No século XVIII, o bibliófilo Bernardo Gomes de Brito xuntou en dous volumes as relacións de naufraxios de médio século (de 1552 a 1602). Naceu así a História trágico-marítima, monumental peza da literatura portuguesa que Saramago presenta coas seguintes palabras: "A antiepopea da xesta marítima dos portugueses! O que n´Os Lusíadas é gloria que guinda os heroes ás alturas do Olimpo, é aquí drama que os afunda nos abismos do sufrimento e da miseria humana". O lamento dos mariñeiros lusitanos que bateron todos os récords da desventura a bordo das naus que facían a carreira da India, ten a súa correspondencia na Galiza cos ventos galernos e serras de auga que mergullan os nosos pesqueiros.
Eses días viviuse e morreuse (un morto e dous desaparecidos) o naufraxio do Cordero, un episodio máis da loita desigual que libran os pescos cos mares grosos. Por algo en galego o mar leva xénero masculino, como lle acae a un cruel deus das tempestades, soando entre nós "la mar" a imperdoable prosmada. Se alguén se decidise a novelar ou filmar a traxedia dos mareantes engulidos polo mar adoecido, negro por baixo e albo por riba, a obra resultante deberá titularse Todos foron valentes.
Ultimamente xa hai escasos íncolas que desafien as ondas e os tripulantes chegan case dos antípodas, do Mar da China e do Mar da Sunda, isto é, de remotas xeografías que coñecemos polas aventuras do Tigre de Malasia, campión literario da nosa adolescencia. Seica os científicos intentan deseñar barcos de maior seguranza, corrixindo o "momento escorante" ou abalo producido polos golpes da ondada. Ese "momento" fáiseme tan abstruso como o "momento angular" do que falan os astrofísicos (propiedade dun corpo celeste de movemento circular), pero desexo vivamente que inventen naves inmortais. Grazas aos mariñeiros sobreviventes e finados sentímonos orgullosos de sermos galegos. Pouco máis temos de que orgullarnos.
(A engadir: xa saben que Manuel (Spencer Tracy), o protagonista da película de Fleming, é, en teoría, un mariñeiro portugués. Lembro un vello artigo de Ferrín, que por algures terei gardado, que dicía que nunha escena o tal Manuel cantaba unha copliña en galego dedicada ó neno encontrado no mar. Outra curiosidade: vexo na Wikipedia que en portugués a película titulouse Marujo intrépido).






Brevidade.
Pan por Pan xoves 24 xaneiro
(Fotos de www.acampamentocaurel.com/fotos.asp, que conta cunha boa reportaxe fotógrafica do Caurel)

Estiven onte pola tarde lendo poemas breves. Moi breves, case como haikus orientais, que tanto estimo. E nas letras galegas temos grandes exemplos: velaí algúns. Novoneyra, mestre no xénero, por exemplo: “Terra moura das montañas!/ Boa terra que dás auga/ e teis auga nas entrañas!”. E imaxinamos a potencia das terras do Courel, ese Courel inmenso que nos devolve á nosa insignificancia: “Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!/ Eiquí síntese ben o pouco que é un home”. A vida, finalmente, tamén é breve, intensamente breve. Como un haiku perdido na historia do universo. Ou como escribiu Vicente Aleixandre: “Entre dos oscuridades, un relámpago”. O tempo é limitado e nunca entenderemos por completo o seu misterio. Dicíao moi ben, apliquemos un chisquiño de humor, Charles Chaplin: “Todos somos afeccionados. A vida é tan curta que non dá para máis”.

23 ene 2008


en poleiro alleo
(Imaxe da rodaxe de Vértigo, que non vén a conto, pero se xustifica por si mesma)

"Juego sucísimo", de Pedro de Silva (Faro de Vigo 23 xan.). Sobre gafes e cenizos na política.
"Arturo Baltar: barro de sentimentos", de Delfín Caseiro (La Región 23 xan.)

"Permiso de paternidade na Universidade", de Santiago Lago (La Región 23 xan.)

"El "vueling" del congrio", de Xosé M. Ponte (La Nueva España 23 xan). Sobre a lingua das tertulias radiofónicas.
post de aviso

(1) no post da presentación do libro de Ceferino Díaz deixei unha breve nota, primeira impresión, dese acto
(2) creo que xa caeu da páxina á vista o post de O GAITEIRO DE TEXAS (15 xaneiro, artigo de Monxardín), con 156 comentarios neste momento, todo un record que pon en evidencia as paixóns melómanas dos contertulios desta casa: atenderémolas en futuros textos, aínda que vostedes son moi libres de seguir, alí ou noutro lugar, os seus debates e relembranzas musicais.

22 ene 2008


PROBLEMAS DE EUROPA (Sami Nair, Faro de Vigo, 21.1.08)
(Post n.1505, un número bonito. A imaxe corresponde á Magdalena, de Jules Lefebvre, que case semella unha Europa que non acaba de espertar)
Podría evocar muchos temas para demostrar la decepción, la increíble decepción de los que soñaban en una Europa fuerte y que, en lugar de esa Europa, se encuentran hoy en día ante un enano político que obedece a un mercado liberal despiadado. La cuestión central es la de la legitimidad de todo el proceso. Pues está claro que el proceso de construcción, desde el Acta Única de 1986, o sea, a partir del mercado único, hasta el programa de Lisboa y la adopción de la Constitución y su rechazo, todo, digo, demuestra que existe, en cuanto a los pueblos europeos, un problema de legitimidad del modelo de construcción de Europa. ¿La prueba? Las elites políticas, tanto en Francia como en Alemania, no quieren organizar un nuevo referendo para saber si los pueblos aceptan o no ese Tratado institucional. Se esconden prudentemente detrás de sus Parlamentos. Temen al juicio de los pueblos. Violan la soberanía popular.¿Pero por qué los pueblos son inquietos y las elites dirigentes tan vergonzosas a la hora de decidir sobre el porvenir de Europa? Porque de hecho esta construcción tiene una sola dirección: la de la privatización generalizada del vínculo social en un mercado liberal desencadenado. Dicho de otro modo: los pueblos se dan cuenta de que el viejo sistema de servicios públicos, de solidaridad, en todos los campos (salud, alojamiento, jubilaciones, educación, seguro social), está desapareciendo bajo el avance ineluctable de la privatización llevada a cabo por la Comisión europea en nombre de las leyes de competencia. La dinámica de esta estrategia es imponer a la sociedad europea un modelo social comparable al modelo norteamericano, individualista, sin cobertura social ni lógica de solidaridad. Y todo eso para poder "competir con armas iguales" en la "competición mundial".

LUIS MATEO DÍEZ NO LICEO: REFERENCIAS GALEGAS.

Como xa se fixo coa de Juan Cruz, o Liceo colgará na súa web a gravación íntegra da conferencia que onte pronunciou Luis Mateo Díez no Liceo ourensán, nos XVIII Encontros Literarios, despois de ser presentado con xeito por Teresa Devesa. Xa que logo non a vou resumir aquí e limitareime a contarlles, ós non asistentes, que se centrou sobre todo no poder da Palabra, a Memoria e a Imaxinación na construcción da literatura. Polo camiño falou de qué é a novela, da relación entre a relembranza e o relato e do poder fecundador da memoria: “A imaxinación non é outra cousa que memoria fermentada”, en fermosa definición de Lobo Antunes.
Pero si sorprendeu a algúns (non a outros, que xa o tiñamos escoitado outras veces), o fondo coñecemento que o leonés Mateo Díez ten das letras galegas. Iniciou a súa charla reivindicando o centro do mundo nas súas terras natais de Laciana, que se multiplican no noroeste peninsular, dende o que os autores galegos e leoneses loitan en tensión co desexo de universalidade (e citou a mestres como Kafka, Roth e Faulkner). Esta loita e esta tensión é común, dixo, a autores galegos que foron moi relevantes na súa formación e citou, entre outros, a narradores como Rafael Dieste, Ánxel Fole e Méndez Ferrín. Tivo palabras de fascinación para “Os biosbardos” e para “Xente ao lonxe”, confesando o poder de Blanco Amor no espertar do escritor. E, por suposto, para o amigo Carlos Casares. Pero tamén falou de Curros (viña de visitar Celanova, con Teresa) e de Celso Emilio Ferreiro, a quen coñeceu nunha Feira do Libro de Madrid (“un dos meus poetas favoritos”). Aínda, noutros momentos da charla, saíron a conto autores como Manuel Rivas. E logo, na cea, alguén lle preguntou por Álvaro Cunqueiro, a quen, nun lapsus deses parvos, esquecera citar, sendo un dos escritores fundamentais do seu universo literario, que coñece moi ben, como logo nos demostrou, e a quen sempre admirou moi fondamente ("uno de los más grandes").
SALVAR AS PALABRAS (Palabras con memoria)
A AELG iniciou un proxecto de salvación de palabras en desuso e, xa que logo, en perigo de extinción. Tras pedirlle permiso á propia asociación e ó promotor do proxecto, traio aquí a carta que se está a enviar ós socios e máis un primeiro documento de Palabras recuperadas, con indicación das persoas que fornecen os datos respectivos (en COMENTARIOS). Da AELG infórmanme que solicitan a colaboración de todo o mundo que poida achegar máis suxerencias ó respecto.
Esta é a carta enviada:
Prezado Socio/a:Días atrás presentámosvos a iniciativa de recuperación de "Palabras conmemoria", que pretende xuntar un banco de palabras en desuso (e polo tantoen perigo de extinción) co afán de recuperalas e poñelas de novo envixencia e nos dicionarios.Pois ben, hoxe enviámosvos un primeiro documento (anexo) coas achegas recadadas até o momento.Ao enviar a palabra, cómpre facer constancia do seu significado ousignificados, así como a zona (ou zonas) onde aínda pode ser escoitada,amén doutras características que se consideren oportunas para a súarehabilitación.Animámosvos a seguir facendo os vosos envíos ao seguinte enderezoelectrónico a cargo do noso Vogal por Lugo, Isidro Novo: palabra.con.memoria@aelg.org.
Recibe un cordial saúdo,O Consello Directivo da Aelg.

Entre as palabras desta primeira remesa figuran formas tan orixinais como
acomerar, babuxo, broas, cencellar, conaipas, escampaviar, escornapitos, facer xixa, gabuxas, quilar, á rebendía, sifate e xarbote.
en poleiro alleo
Un pouco de lingua (Monxardín), evocación de Díaz Pardo (Sarille), chineses e máquinas tragaperras (Gzez. Tosar)...

Contra as lapas, de Afonso Monxardín (GH 22 xaneiro)

Isaac (X.M. Sarille, ECG 22 xaneiro)

Chineses (L. González Tosar, ECG 22 xaneiro)

Ángel González
Pan por Pan martes 22 xaneiro (A foto do poeta é de Marina Taibo)
O segredo dos grandes poetas é descubrirnos a realidade por vez primeira. Como se antes nunca existise. Como se acollese unha nova luz. A chuvia molla, pensamos, e non é certo: Ángel González descubriu toda a forza do amor en versos como estes: “La lluvia que ha mojado tus cabellos/ no ha mojado tu cuerpo ni tu cara”. Revelounos que no xardín onde xerminan os cadáveres a pompa da rosa nunca é fúnebre. E que toda patria, para os que a amamos, ten algo de presidio, aínda que sexa patria de amor cando “la nostalgia me muerde las entrañas”. Nun artigo di Juan Cruz que a poesía de Ángel González é terapéutica: somos só un elo máis dunha longa cadea, pensamos ó ler “Para que yo me llame Ángel González”, un dos seus textos máis coñecidos. Somos o que queda apodrecido entre os restos, di o poeta, “el éxito de todos los fracasos”: a felicidade de ser reconcílianos coa vida.

21 ene 2008

MOI BEN/ MOI MAL: PROMOCIÓNS DE eL País

Ou cadro branco e cadro mouro como dicían nos inicios de A Nosa Terra história. O cadro branco para a colección das 26 películas de grandes directores que comezou onte con Cidadán Kane. E o cadro mouro para a colección que o mesmo xornal anuncia, dende o domingo próximo, de Cuarto Milenio, do inefable Iker Jiménez. Eu non vexo nada ben que un xornal que se autodefine serio e progresista promocione estas chafalladas paranormais.



Membro do Consello Nacional do BNG
Camilo Nogueira: “O nacionalismo galego non está no mellor momento, fica aínda moito por facer”
“Sería conveniente outra corrente nacionalista que non fose da esquerda” ·· “Un novo estatuto galego podería resolver problemas, mais non todos os causados pola ausencia de Estado”. POR MANUEL VIDAL VILLAVERDE

Por petición dun contertulio (Apicultor), colgo aquí a entrevista que hoxe ofrece GALICIA HOXE con Camilo Nogueira. Inicia unha nova serie de "Conversas" de M. Vidal Villaverde.
Por certo o mesmo xornal anunciaba onte a incorporación de dous novos columnistas:
Ceferino Díaz, que fará unha crónica do Parlamento de Madrid, e Antón Losada, cunha breve columna en portada (Disque Disque) que xa se iniciou hoxe.
Non o está facendo nada mal GALICIA HOXE: está a conseguer un abano de colaboradores máis respectables que medios de moita máis dimensión.
Noraboa, Caetano.
Modernización reaccionaria, de Antón Baamonde

Antón Baamonde pregúntase hoxe en El País qué quedou do galeguismo do PP.G e define o modelo actual de Núñez Feijóo, máis dereitista e lerrouxista que nunca:

¿Hasta qué punto los antiguos barones representaban una suerte de galleguismo? Si uno se atiene a los hechos, ha de notar que si el PPdeG lució galleguismo fue porque en su momento Fernández Albor y después Fraga consideraron que eso era necesario. Se trataba de construir un partido conservador de amplio espectro y, además, la lógica del ejercicio del poder en Galicia así lo exigía. Más allá de los gestos, la autonomía del PPdeG se fundó en que durante mucho tiempo el PP tenía el poder en Galicia, pero no en Madrid y en la autonomía personal de Manuel Fraga. Génova 13 estaba atada.
De hecho, lo fascinante de los susodichos barones no es su galleguismo, sino que hayan podido convencer a alguien de que lo tenían. No necesito dudar de su sentimiento de galleguidad, determinada tal vez por sus orígenes populares, simplemente constato la inexistencia de un proyecto político distinto de su osada voluntad de poder. Lo sorprendente son las lágrimas de cocodrilo vertidas en la prensa por un galleguismo conservador que no sólo no existió, sino que además ni en hipótesis podría ser construido por gentes de tan escasas convicciones.
Lo que no ha sido destacado con la suficiente fuerza en medio del barullo es la facilidad con que la nueva dirección del PP de Galicia, sin aparente oposición, está modificando el perfil del partido. Es pronto para saber si estamos ante un cambio de calado en la sociología de los conservadores, pero hay motivos para pensar que Núñez Feijóo quiere hacer de las ciudades su fortaleza electoral descuidando al electorado de los pequeños pueblos.

O PODER. OS LÍDERES. OS VOTOS.
La Región 21 xaneiro. A caricatura de ARG é de Loredano (El País)
Liderato. O caso Gallardón versus Aguirre, con Rajoy polo medio, serviu (e servirá) para alimentar as crónicas políticas destes días e o lapis dos debuxantes de humor. A maioría dos cidadáns só acertan a ver neste suceso unha loita polo poder de personaxes movidos pola ambición pero nada shakesperianos. Juan Cruz dicíanos o outro día: “Cuidado, que Gallardón es tan de derechas como Aguirre o más”. E ninguén dubida iso, pero vivimos nunha sociedade mediática e a imaxe de Gallardón ofrecía outro talante que non viña nada mal en épocas electorais. Segundo as enquisas, os españois pensan que Rajoy se equivocou e, peor aínda, que iso deu unha nidia imaxe de falta de unidade, tal pensan o 61 por cento dos preguntados (enquisa publicada en “El País”): e non hai nada que castigue máis o electorado que a división cando se acode a solicitarlle o voto.
Consecuencias? Polo demais, é difícil calibrar a incidencia da decisión de Rajoy: non lle fará gañar votos, pero os dos simpatizantes do seu partido tenos seguros, cunha alta mobilización política. De feito, o PP aspira a gañar máis por cansazo do adversario que por méritos propios: non agarda tanto subir en votos como que o PSOE perda apoios por culpa da abstención. Os votos fieis están moi contados. Quedan os outros: o electorado centrista, que abanea entre as dúas grandes opcións, e a esquerda que só se mobiliza en circunstancias puntuais. Será por iso que xa xurdiu na rede a campaña “Oitenta por cento” animando ó voto de todos e todas, sabedores de que iso favorecerá á esquerda: quérese superar o 77 por cento de votantes que se rexistrou nas eleccións de 1982 (primeira vitoria do PSOE). Ademais Rajoy molestou a certos sectores da dereita (“ABC”, “La Razón”), escureceu o lanzamento de Pizarro (que non terá demasiados votos en Cataluña) e provocou de novo a Fraga (“Isto pode facernos perder moitos votos”). Non ten razóns para estar moi contento Rajoy.
A Igrexa. Nos últimos meses a xerarquía eclesiástica, coaligada con certos poderes mediáticos, está a xogar moi forte na loita política, máis que nunca. Os discursos apocalípticos nas manifestacións dos bispos quedarán na antoloxía dos disparates clericais, aplaudidos pola base social do PP que nutría esas concentracións. Pero a realidade é que o PP de Rajoy non vai derrogar a lei do divorcio, nin a do aborto, nin sequera a do matrimonio homosexual. E os que voten pensando tal posibilidade, vanse ver frustrados. Sendo así, por que a xerarquía eclesiástica non funda os seus propios partidos? Xa o fixeron en tempos: a poderosa CEDA republicana ou a Democracia Cristiá que gobernou Italia varias décadas. O fracaso do 1977, cando se derrubou a DC española, deixou á xerarquía vacinada contra estas aventuras. Hoxe, os únicos que queren derrogar algo son os da UPD de Rosa Díez: precisamente queren derrogar a Lei de Normalización Lingüística de 1983 que nin sequera se aplicou como estaba previsto. Por ese camiño, a UPD vaille quitar votos ó PP: outro problema máis para Rajoy.

20 ene 2008


Antón Pulido, artista de Amoeiro
(Imaxe: cartel de A. Pulido para a VI Xuntanza da Casa de Piloño)

El universo pictórico del artista suele representar figuras humanas en soledad, frecuentemente retratadas en medio del camino. Como el hombre en el filo del lienzo Abismo, una frontera al rojo vivo. El mismo color en el que arde su Gaiteiro envuelto en llamas, que reencarna la vocación más pasional. "Por encima de todo, lo que me interesa es devolverle la emoción al arte", confiesa. Es quizá por eso que su paleta se decanta por los tonos vivos, alegres. Intensidad medida que no deviene en estridencia, sino que busca la armonía total, la interacción entre los colores y con el paisaje.
En otro lienzo el cosmos aparece al abrir las ventanas. La intimidad de las escenas hunde sus raíces en el determinismo del artista: "Es el ser humano en soledad cumpliendo su destino de una forma irrevocable. Hay alegría y color en mis cuadros, pero las personas están solas".

Cen anos de historia cultural
1991: de Cunqueiro a Arraianos

O ano 1991 foi de apoxeo na narrativa e no ensaio. Álvaro Cunqueiro foi o protagonista do ano, no seu Día das Letras Galegas: saíron novos tomos das súas Obras Completas, a Fotobiografía de Xerais e diversos estudos. De Otero Pedrayo reeditouse A romaría de Xelmírez e Aurora Marco recuperou o seu Teatro Ignorado; ademais, apareceron escolmas como a Antoloxía da novela curta editada por C. Casares; a Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega, de Antón Risco, ou Literatura galega. textos escollidos, de M. Mato Fondo. De Méndez Ferrín saían varias reedicións e, sobre todo, Arraianos, unha das súas obras mestras no relato breve, plena madureza literaria. De Antón Risco, a súa novela Tres situacións elementais. Xosé Fernández Ferreiro gañaba o premio Xerais coa súa novela da guerra, Agosto do 36, e aparecía o polémico Premio Nadal (polémico polo debate galego/castelán) Los otros días, de Alfredo Conde. Un dos libros máis vendidos do ano foi o de Manuel Rivas, Os comedores de patacas, que pouco despois saía en castelán ó carón de Land Rover, de Suso de Toro (deste autor aparecía ademais F.M., colección de artigos de prensa).
Bieito Iglesias debutaba na narrativa cun libro de relatos de temática erótica, Aventura en Nassau, e no mesmo rexistro móvese Anel de mel, de Xulio Valcárcel. Na novela sentimental estabase Sabor a ti, de Miguel Suárez Abel, e na épica de aventuras americana, Latitude austral, de Xavier Alcalá. Un noviño Fran Alonso, 28 anos, gañaba o premio Blanco Amor coa súa primeira novela, Trailer. Na novela histórica Rábade Paredes achegábase á Galicia dos tempos barrocos con Branca de Loboso; Anxo Rey Ballesteros publicaba Dos anxos e dos mortos e Xurxo Borrazás xogaba coa novela metaliteraria en Cabeza de chorlito. Do mesmo ano son entregas narrativas como Os outros disparos de Billy, de Carlos Reigosa; Historia dun paraugas azul, de Xosé Miranda; As reliquias, de Antón R. López; Paixóns privadas, de Xosé R. Pena; Informe bestiario, de Xoán Ignacio Taibo; Días contados, Premio Cidade de Lugo, de Cid Cabido, e Barato, barato, novela negra de Manuel Forcadela. O Clube Cultural Adiante, vinculado ó sindicalismo nacionalista, editaba a escolma de relatos titulada Sede Central. (...)
(...) Nacía na Coruña a editorial Espiral Maior, que dirixe hoxe M. A. Fernán-Vello, cunha ampla colección poética. César Antolino Molina e F. López Barxas daban a coñecer a antoloxía da poesía galega Fin de milenio, publicada en Libertarias (Madrid).
No terreo do ensaio, a crónica e a investigación, múltiples obras de interese. Entre outras, a biografía que fixo Casares sobre Ramón Piñeiro (Unha vida por Galicia); a biografía de Díaz Baliño por J.A. Durán; as memorias de Fernández del Riego (O río do tempo); Adral VI, de Filgueira Valverde; Análise existencial do home galego enfermo, de D. García Sabell; o estudo de F. Pillado Mayor sobre o teatro de Lugrís Freire; Encontros e vieiros, once charlas de Rafael Dieste (de Arturo Casas); Arte Literaria, de C.Rodríguez Fer, e Literatura Galega da muller, de Carme Blanco. Da mesma época son Conflicto lingüístico, de Francisco Rodríguez; Informe(s) sobre a lingua galega, de Alonso Montero; Reticencias, de Carballo Calero; Viagens na literatura, de Elvira Souto; Para comprendermos Galicia, de Chao Rego; Lingua e sociedade na Galiza, de Manuel Portas; Guerrilleiros, de Neira Vilas; Voces Ceibes, de V.Araguas; e A emigración galega a Cataluña, de O. Sotelo Blanco.
Na temática histórica e antropolóxica, saían títulos como Ourense no século XV, de A. López Carreira; Santos e barcos de pedra, de F. Alonso Romero; Mulleres de mortos e Romeiros do alén, de Marcial Gondar; e Os torques prehistóricos, de Ladislao Castro. Outros libros do ano foron Pondal, do dandismo á loucura, de M. Ferreiro; Aprender palabras e significados, de M. Espiño; a tradución de O existencialismo é un humanismo, de J.P. Sartre (colección pensamento A Trabe de Ouro); e O outro desenvolvemento, de R.L. Suevos. No ensaio e crónica política, Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista, de A. Baamonde, Bieito Iglesias, Xaquín F. Leiceaga e R. Martínez Castro; Disparos, de Xavier Navaza, e Prosas de combate e maldicer, de Xosé M. Beiras.

Axenda: presentación do libro de Ceferino Díaz (martes 22 xan.) (Clicar na imaxe para ampliar a tarxeta do convite)
Actualización (23.xan.)
Estiven nesta presentación no Liceo. Bastante xente, na súa maioría militancia socialista, como é lóxico. Tanto V. Freixanes como o autor do libro estiveron ben, correctos: o editor aludiu á xeración do Burgo que foi a primeira promoción de Económicas, na que estaban Ceferino, "Cefe", Pérez Touriño, Meixide, etc. Ceferino explicou o sentido do libro: o de reivindicar o papel do PSdG na historia do Estatuto de 1980, pouco coñecida, dixo, mesmo polos militantes dese partido. Interveu tamén o alcalde da cidade, nun parlamento breve, pero aínda así pouco útil e con algún erro grave: como cando dixo que fora o PSOE o motor e axente principal do Estatuto de 1936 contra o "nacionalismo identitario" que se opuña ó mesmo (???).
JUAN CRUZ. Pan por Pan domingo 20 xaneiro
Tocoulle ó escritor canario Juan Cruz inaugurar os XVIII Encontros Literarios do Liceo. Cunha conferencia fermosa e interesante: “La busqueda de un libro en la biblioteca”. Ese buscar un libro simboliza cómo naceu o escritor: en Puerto de la Cruz, un neno de orixe moi humilde, cunha nai faladora e contadora de historias, onde non había ningún libro. A radio primeiro e unha biblioteca despois abríronlle un mundo novo: entre aquelas lecturas aurorais estaban títulos que lle apaixonaron como “Pequeñeces”, do Padre Coloma; “Viaxe ó centro da Terra”, de Xulio Verne, e “Oliver Twist”, de Dickens. A súa nai contáballe a cotío a historia de Genoveva de Brabante, abandonada cun seu fillo no monte e alimentada, dicía o autor canario, por unha cabra. Na cea posterior, alguén corrixiu un pequeno detalle desta lenda: seica a cabra era en realidade unha cerva.

19 ene 2008




Pura Vázquez
En xuño do 2005, se a memoria non me falla (era concelleiro de cultura Pepe Araújo, nas fotos), a AELG celebrou unha homenaxe á poeta Pura Vázquez na nosa cidade. Os actos tiveron lugar no Parque do Barbaña (onde se colocou unha peza con versos de Pura e Dora) e na Casa do Concello, onde eu mesmo fixen a laudatio da autora.
A xornalista Isabel Bugallo, presente naqueles actos, garda unha colección de fotos daquel día, que me acaba de reenviar. Selecciono tres para esta Fototeca. Polo que vexo nas outras imaxes, andaban por Auria naquela ocasión escritores como Salvador García Bodaño, Marica Campo, Bernardino Graña, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xerardo Méndez, Luz Pozo Garza, Pilar García Negro, Iolanda Castaño, Carme Kruckemberg, Román Raña, María Xosé Queizán e Ánxeles Penas, ademais do escultor Iñaqui Basallo (autor da peza escultórica da letra homenaxe) .


Juan Cruz no Liceo (fotos Trebolle)
Moi interesante e fermosa a charla de Juan Cruz de onte no Liceo: "La busqueda de un libro en la biblioteca". Tanto na súa ampla introducción improvisada (dedicada ó seu amigo Carlos Casares) como no centro da intervención, lida pero con moito xeito, sobre as súas orixes como escritor dende a súa infancia, moi humilde, en Canarias.
Destes temas tamén trata no seu último libro, Ojalá octubre (Alfaguara), que comecei a ler onte e que me está a gustar moito. A cea posterior, que non foi moi longa (tiña que coller o avión en Vigo ás seis da mañá e aló o levou J.Luís Troitiña), foi ben saborosa en anécdotas, sobre todo a cargo de Xabier Casares: Juan Cruz suxeriulle que tiña que recoller por escrito ese rico anecdotario que tan ben conta (como o seu irmán) e eu insistínlle tamén na mesma idea. Sería un luxo poder lelo despois. Falamos moito de literatura, de Casares, algo (moito menos) de política, das Canarias, do periodismo (Cruz encaixou ben a miña crítica do tratamento despectivo de "galego" aplicado en El País a M. Rajoy cando se fala da súa "astucia e indefinición galega"), dos cregos, dos nomes de pía e dalgunhas cousas máis.
Na foto que me pasa Trebolle, á vista: M.V., Teresa Devesa, Gálvez (Universidade), José C. Martínez Pedrayo, Cristina Berg, Xabier Casares e, aínda que non se ven, nesas filas estaban tamén Xoán Fonseca, S. Bobillo e Stella Estrada. O Salón Nobre do Liceo estivo cheo e os comentarios escoitados foron todos moi favorables.
ENTRE HORTAS E PORTAS, n.28, de Xosé M. González
E para comer, Lugo.
O Xaime non dá Pena ningunha canto ao dente.
Teña aquí dedicatoria e recoñecemento.

No 1941 houbo dous feitos ben relevantes. Primeiro, casaron José Ramón González Saavedra -de Couso, Santa María do Castro, Cervantes- e Alicia Pérez García, de Guitián, San Pedro de Froián, Sarria; sen tal evento, seguro que eu non escribía nada. O segundo, máis complexo, resumámolo dicindo que vinte e trinta anos despois aínda a xente lle chamaba a aquel o da Fame; ben sabido é o que teñen eses nos que Ano acaba sendo nome propio e, por ende, toman apelido.

Dúas décadas transcorridas, larica grave non pasaría o máis da xente. Pero certo hábito precautorio, e a non moi gran sobranza, traían ao guisado menos carne ca patacas; “grazas que as hai, e que non falten”, suspirarían interiormente os nosos maiores, cun alivio ás veces expreso en voz alta. Era boa educación servir para si -da prata ao prato- ración magra do elemento máis proteínico, principalmente habendo convidados, e ir deixando para un repetir do que a miúdo todos se privaban, contendo a gana.

Considero indiscutible que a grande maioría comiamos bastante caldo, moita pataca e frecuente verdura; ovos e froita había tamén. De carne, ante todo porco e curado; abonda matanza era feita nas lindes da capital, sen demasiado condicionante por hixiénico motivo, e chourizo embutido en casas coma a miña de San Roque. Coello ou polo en ocasión infrecuente. Cabrito ou año, por día singular. Sitúen as castañas, pantrigo de días, centeo, empanada e callos onde mester sexa, eis unha dieta con forte aparencia autóctona -case étnica, diga ao mellor algún cáustico- e forte poder calorífico: o tal, de haber abondo, para as nevaradas que invariablemente nos caían en tempo de rigor.

Completemos perspectiva sumaria do condumio: se todo o anterior igual era doméstico, ou viña por veces de familia aldeá, a tenda subministraba algunha chacina -roxón prensado, salchichón- e produción extraterránea: tal o aceite, pasta, arroz. Senllas imaxes envía a tenda do señor Gabino (outrora fronte á capela) con acougo de arrecendo xa impreciso: eu que levo para o aceite unha botella de litro baleira, el manexando émbolo con panca, baixa o cilindro transparente, enche o meu recipiente líquido verde e oleico; outra mercadoría indefinida, a granel, con papel envolta e á bolsa de rede . A pasta ten dúas variedades, fideo e macarróns; “espagueti”, en película italiana ou entre gángsters.

Pois ben: cando no sesenta e pico foi establecido un lema turístico e publicitario (“...Y para comer, Lugo”, de Alfredo Sánchez Carro), non radicaría tanto na dieta maioritaria coma en pitanza ou esmorga ocasional que algún rumboso, xerarca ou creso encarga para regalo propio e de agregados que van encher a andorga. O lugués medio, que era socialmente baixo, en carne de xato máis barbadela e semellantes ca solombo e costeleta; sardiñas, conserva e o incipiente conxelado ca troita e anguía, como non fose pescar el ou un amigo; perdiz, quen a pillara. Moita fachenda me daba, porén, un lema de tan relativo fundamento no comunitario e o xeográfico.

Existía moita casa popular de comida; Recatelo, Rúa Nova e do Progreso abondarían para mención á que renuncio. Como establecemento máis dispendioso citemos A Coruñesa, cuxo evocar non será de agravio pois pechou hai anos deixando só a extensión de xunta o Parque; tiña bar aquel restaurante, e os aromas que do fondo procedían de voda eran. Pois tal tipo de convite volvíase ocasión -única ou rara- do cobizado xantar fóra en Lugo.

A miña Primeira Comuñón (ano de 1961) aínda viu arrombar un cuarto do piso -o meirande- para nel banquetearmos; debeu haber entremeses, a moi excepcional ensaladilla rusa e outros pratos de excepción. O meu irmán comungante (1965, ou 66) xa celebrou portas para fóra, nun baixo que o Paramés utilizaba na Mosqueira; onde avaliamos, en primicia e sobremesa, un doce que chamaban torta xeada. Cando casou a miña prima Olga (1968?), camareiros de etiqueta serviran un menú que iniciaba cóctel de gambas; ten escrito o Hugh Johnson que a salsa cóctel mata calquera viño, sospeitando que -co tempo- mata así mesmo os seres humanos: que máis lle daba ao Xosé Manuel, absorto na novidade. Canto mudaba.

No modesto fogar de barrio, luxo non haberá, si comida suficiente; polbo no San Froilán, bacallau pola vixilia, filloas, freixós e orellas no Entroido. Será en moitos ao xeito, con algo máis ou algo menos. Pero máis alá do muro -pedra e tutela- que protexe os seus cativos, murmurio dos adultos, alusión compasiva ou exemplar, inevitable ollada testemuñan a estreitura que non cesa. Caldos habería con pouco máis ca unto, minguado compango e probablemente frío na casa ou casoupiña. Mundo non é paraíso. Nin sequera Lugo é. Nin tan sequera a morriñenta infancia.


Síndromes. Ou... estamos todos toliños?

Un tema do que xa falamos aquí. (Imaxe de Courbet: Ophelia. Pan por pan sábado 19 xaneiro)

Falou no Foro La Región o psiquiatra Jesús de la Gándara do aumento, no noso tempo, das depresións e dos trastornos psicosomáticos. Debeu ser interesante, pero non puiden asistir. Vexo no xornal que o psiquiatra falou dos novos xeitos de expresión do sufrimento humano: o estres, as patoloxías da présa, o acoso laboral, angustias e ansiedade, fobias, acoso laboral, etc. E tamén falou do síndrome da avoa escrava, do síndrome de Dióxenes e do da coidadora. E aínda hai máis: o síndrome de Ulises, nos inmigrantes. Problemas reais e graves na maioría dos casos. Outra cousa diferente é a tendencia actual a buscar un tratamento psicolóxico ou psiquiátrico para todo: velaí nenos diagnosticados e tratados con pastillas porque van mal no colexio e cousas así. Vivimos unha sociedade que o quere todo xa, ás presas, que se nega a admitir o fracaso: iso si que é un bo trastorno.

18 ene 2008


Fukuyama

Seguro que todos vostedes lembran a Francis Fukuyama. Politólogo, nacido en Chicago (1953). O autor de “O fin da historia” que fixera derramar ríos de tinta. Estivo hai días en Barcelona e foi entrevistado por “La Vanguardia”. Algunhas pistas desa entrevista quedan aquí:
Sobre o fin da historia: “Non se entendeu ben. Quixen dicir que a idea de que estación de destino da historia era o socialismo naufragaba coa caída do Muro. E, xa que logo, a verdadeira terminal, era o liberalismo democrático”.

China e Rusia: os gobernantes chineses saben que están sobre un volcán social, e acabarán por das voto á súa poboación. E se os gobernantes rusos se corrompen, a seguinte xeración impulsará a rexeneración democrática.

Que diría Marx do noso mundo de hoxe: Sorprenderíao, o noso mundo! Vería musulmáns en Europa! E vería que o conflito xa non é tanto de clases sociais como de identidades, nacionalismos e relixións, sobre todo no Primeiro Mundo. O espiritual por diante do material? O sentimento de pertenza a un colectivo, diría eu.

Polo demais, Fukuyama recomenda maior flexibilidade laboral (loubando a Thatcher e criticando o modelo europeo, moi estratificado, “que aínda conserva certa rixidez social”). Lembra que apoiou a guerra de Iraq, para derrocar a Sadam, pero critica o realizado por Bush: “non soubo preparar un futuro mellor para os iraquís. Vino de contado e denunciei tanta incompetencia”.
Ademais, fala ben de Obama (“non é un resentido, é un tipo razonable, centrado, que non polariza posicións, e por iso me gusta”), critica a Hillary Clinton por estar asociada ás loitas de poder clásicas (“e fallou naquel prepotente intento de reforma do sistema sanitario”). E sostén que os Estados Unidos demostraron a súa incompetencia para xestionar os dereitos humanos e a democracia e frear o terrorismo.
Pódese impór a democracia pola forza?
Pregúntanlle. E responde: “Ou unha sociedade abrázaa de xeito voluntario ou non hai xeito. Pero a forza axudou a levala ós alemáns e ós xaponeses”.
Unha mensaxe para Mariano (M. Rivas, EP 18 xaneiro)
O artigo completo
(e, dende aquí, vaia o meu saúdo cordial para os que moven os pulos da asociación Xarmenta no Bierzo, que me consta que tamén se achegan por esta solaina. Co meu aplauso para o seu labor).

As linguas non restan, Mariano. As linguas suman. As linguas non pesan. Non son un lastre para quen as leva. Pola contra, son elas as que levan o peso da historia enriba da cabeza. Móvense por unha sorte de enerxía interior, alternativa. O xeito en que traballan as verbas, a maneira de elas viviren, é moi semellante á relación que ten a avelaíña coa lámpada na noite. Porén, malia non ter peso, as linguas pertencen á natureza. Mesmo son o enxerto máis logrado e actúan coma o pole para a semente. Verbo desa fecundación, quixera lembrar que na lingua galega os seres máis nomeados son dous cativos coleópteros. O vagalume (de nome científico, lampyris nocticula) é chamado de máis de cen maneiras diferentes e algo semellante ocorre coa xoaniña (coccinella septempunctata). O vagalume emite luz. A xoaniña, coa súa forma esférica e sete puntiños mouros sobre o vermello dos élitros, trae a boa sorte se se pousa na man. O vagalume e a xoaniña escasean agora por mor dos herbicidas.
Unha lingua é comparábel a un senlleiro ecosistema. Se sentimos noxenta a queima dun bosque amazónico ou a seca dun río, ou a perda dunha obra artística e monumental, cómo ser insensíbel ante a vida das linguas!
Non hai fotografías das linguas feridas, das verbas fanadas, mais cada unha desas perdas deixa un cráter na boca da humanidade, unha chaga na gorxa da historia. Se tiveramos esas imaxes, serían estarrecedoras. Porque as linguas non son abstraccións nin simples artificios gramáticos. Teñen corpo e alma, que non van esgazados o un da outra.
A vida das linguas é unha metáfora das nosas vidas.
Arcadio López Casanova
Entrevista co poeta, de Oscar Iglesias, en LUZES (El País)
O que lle falta á literatura galega e castelá é unha sistematización desde outras perspectivas historiográficas... Hoxe xa non ten moito sentido falar, propiamente, de grupos ou xeracións literarias segundo criterios deterministas. Eu, pola miña parte, teño defendido unha poética da revelación, que é a que tenta afondar e iluminar os signos da existencia. O poeta ten que ter algo de profeta, de esculcador deses signos máis escuros que amosa a existencia, de maneira que, de cara ó lector, a poesía acerte a cumprir unha verdadeira función edificativa, que é a que axuda a construír o noso proxecto existencial. Unha das claves da miña poesía son os signos de ultimidade.
(...) É unha poética dunha enorme amplitude que pode arrancar desde os místicos españois... Pero tamén o é unha parte da poesía de Machado, o último Juan Ramón, nos poetas dos 50 está Claudio Rodríguez ou, doutro signo distinto, a de Valente...

Entre o vello e o novo (Daniel Salgado, tamén en LUZES): crítica literaria e modelos xeracionais.

O que non fixeches.
Pan por Pan venres 18 xaneiro. Imaxe: Courbet, retratado por si mesmo.
Neste mundo acelerado e fragmentario no que vivimos, só quedan son as mensaxes breves, emotivas, precisas. Así funcionan as campañas electorais e a publicidade comercial. Un anuncio de TV presenta un individuo que ten unha avaría no coche e é recollido por un camión con guindastre e logo aparece nun novo lugar. Pregunta onde está e dinlle: “É o lugar das cousas que nunca fixeches”. Logo vanlle presentando: a noiva que non tiveches, a viaxe que non realizaches, a profesión que non tiveches, etc. Ó remate anuncian un automóbil, pero prescindamos diso. O anuncio fai pensar. Podería seguir así: os libros que non liches, a música que non escoitaches, as paisaxes que non coñeciches nin soubeches apreciar, as películas que non viches, os cadros que non pintaches e así ata o infinito. Non, non será por un automóbil que eu sinta nostalxia dos tempos non vividos.

17 ene 2008

en poleiro alleo
"El guionista descalzo", de Gonzalo Suárez (El País 17 xaneiro)
El guión es la partitura, lo demás es música. Una cadencia que concatena 24 imágenes por segundo proporcionándonos la engañosa sensación de haber capturado una sucesión de instantes, confiriéndoles un orden narrativo y un sentido literario. Mientras exista una temática y un argumento sustentado por situaciones dramáticas y actores parlantes, el cine no se habrá emancipado de la novela ni del teatro. La vida tampoco. Vivimos para interpretar o contar lo vivido, o nos lo contamos a nosotros mismos mientras lo vivimos. Somos los guionistas de nuestra propia vida. Con una fatal diferencia con respecto al cine. La vida no se adecua a guión previo, y la película sí. Es más, sin guión no se podrían convocar los actores ni reunir los elementos que el rodaje requiere. Para bien o para mal, todas las películas tienen el sentido que el guión les da. Ese sentido que, a posteriori y prosopopéyicamente, llamamos en la vida Destino. Es curioso comprobar que la palabra destino y la palabra sentido constan de las mismas letras. Como en causalidad y casualidad, basta una simple traslación para alterar el significado. Aunque sospecho que, en este caso, ambas palabras quieren decir lo mismo y la casualidad es sólo una circunstancia cuya causalidad desconocemos. Puede que incluso tras todo acontecer casual se esconda la mano de un guionista oculto.

Entrevista a Gonzalo Suárez: "Só avanzamos en tecnoloxía, no demais seguimos sendo uns animais" ( EP 1 decembro 2007).


Fusco, de Bieito Iglesias (ECG 17 xaneiro)
(Na imaxe, Saul Bellow)

Os obituarios glosan os versos máis celebrados do poeta Ángel González, entre eles un que di "Cánto sufrimento cumpriu para que eu sexa Ángel González", ou algo parecido. Un proveitoso tema de meditación neste domingo tirante a negro en que escribo (daquí ao xoves, cando vostedes me lean, tal vez mellore o tempo e o ánimo), porque a miña nai ingresou nun centro hospitaleiro por causa dunha insuficiencia respiratoria.
Desde logo para que eu sexa Bieito Iglesias -né Binitiño- a miña señora nai tivo que alumarme na casa de Quintián, como era norma nunha época dura coas mulleres, expostas á dor e os perigos do parto. Naquel día de xaneiro de 1957, meu pai andaba á caza dunha polada de perdices nas ribeiras dunha lagorza de augas ferras; pero a mamá non tiña o consolo da perdiz (que rima con feliz), somente contaba co arrimo da parteira e cunha coraxe xa case descoñecida pola humanidade presentista.
Anos despois, para que eu fose eu (un homo erectus), poupeoume no colo por un Madrid abrasado na raxeira do verán, transportándome a unha famosa ortopedia da rúa Fuencarral. E, unha década máis tarde, traballou na lencería do Hotel Belvedere, nos Alpes do cantón dos Grisóns, antes de pasar a Zurique como ama de cría dos fillos do galerista Khöler, establecido nas proximidades da Bellevue Plazt, perto do lago. Todo para que me axudase a estudar na universidade o franco suízo, infinitamente máis benéfico que o Franco ferrolán.
Chegados a este punto confesareilles que nunca lin a Ángel González. As notas necrolóxicas informan de que o poeta leu xusto antes de morrer Herzog, a novela de Saul Bellow. Querse dicir que estivo a piques de finar sen coñecer a obra máis importante do (quizais) mellor escritor contemporáneo do mundo mundial. Ben se me pode perdoar a min que elixa o meu propio cánone de lecturas.

MULLERES E TRABALLO
Pan p0r Pan xoves 17 xaneiro (Imaxe de Degas)
Ademais de nas conserveiras, as mulleres galegas traballaron nos máis diversos oficios: os autores de “O mundo do traballo en Galicia” dan conta da súa presenza na construción. Foron mulleres as encargadas do desescombro do solar onde se ergueu a praza de touros de Santiago en 1916. Dan ademais datos valiosos sobre a prostitución, regulada dende finais do XIX. En 1915, Vigo contaba con 435 prostitutas, distribuídas en 52 “casas toleradas”; había ata catro categorías diferentes: casas públicas de pupilas, casas privadas (no propio domicilio), casas de amas de recibir e casas de citas. Segundo Blanco Amor, os prezos debían ser tamén diversos, pois fala o escritor de “churrianas” de “a peso” e de “a peseta”. As de Vigo tiñan entre 23 e 28 anos pero houbo multas en Santiago por admitir a pupilas de 13 e 14 anos e algunha encargada foi ó cárcere por corrupción de menores.

16 ene 2008







XVIII ENCONTROS LITERARIOS DO LICEO

Venres, 18 de xaneiro. 20.15 horas. Salón Nobre.
Conferencia-coloquio de JUAN CRUZ ,
co título: " La búsqueda de un libro en la biblioteca"

Luns, 21 de xaneiro. 20.15 horas, Salón Nobre.
Conferencia-coloquio de LUIS MATEO DÍEZ
co título: " La novela y la vida"

Martes, 29 xaneiro. 20,15 horas. Salón Nobre.
Conferencia-coloquio de MANUEL RIVAS
Co título: “A corpo aberto”

Como nos últimos anos, organizados coa colaboración da Universidade de Vigo (Cátedra Carlos Casares) e a Deputación ourensá, onde hoxe os presentamos. Non foi nada doado axuntar estes tres primeiros espadas das letras españolas e galegas (tomen nota nas súas axendas, se lles parece pertinente). A miña noraboa a José Luís Troitiña, que foi quen se encargou da pesada tarefa da xestión concreta dos convites.

O mundo do traballo en Galicia
Pan por Pan mércores 16 xaneiro

Entre as temáticas menos abordadas pola historiografía galega está a evolución do mundo artesanal e obreiro na nosa historia contemporánea. Por iso é ben oportuno o libro “O mundo do traballo en Galicia”, editado por Ramón Villares e realizado por Margarita Barral e Antonio Míguez e promovido pola Consellería de Traballo. Cunha edición moi coidada e abundante documentación gráfica, ofrece unha síntese da historia do traballo dende o século XIX (a primeira folga xeral galega data de 1872 nos arsenais ferroláns) ata os nosos días. Subliñan os autores algún fenómeno específico no mundo obreiro galego como a forte presenza da muller en sectores como a conserva ou a Fábrica de Tabacos coruñesa. Pero a estrutura das directivas obreiras, nesas sociedades, seguía unha xerarquización machista e prestaba escasa atención ós temas laborais que só afectaban ás mulleres.

O gaiteiro de Texas, Afonso Monxardín (GH 15 xaneiro)
(na imaxe, Gaiteiro, de A. Bloemaert, pintor barroco do século XVI-XVII
Cando o 14 de xullo de 1981 gardamos un minuto de silencio nas escavacións de Castromao para facerlle unha tan insignificante como inmerecida homenaxe a Billy o Neno no centenario da súa morte, eramos case adolescentes e mesturabamos o traballo no castro coa diversión. O que non nos podiamos imaxinar era que andando o tempo habiamos de atopar, noutro tipo de arqueoloxía, un resto que vinculaba o far west coa tradición galega.
Pois cadrou que un día, ás voltas coa "arqueoloxía do son", nos saudosos tempos en que impulsabamos no Consello da Cultura o Arquivo Sonoro, fun á casa de Segundo Pampillón en Bos Aires, en Belgrano, xusto ao pé de onde vivira Castelao. Don Segundo fora alcalde de Mos por Izquierda Republicana -e daquela, no primeiro exilio, esquerdista, amigo de Luís Seoane e afastado do Consello de Galicia, ata que o paso do tempo e a nova realidade, borraron marcos e foron todos un. E entre as cintas de carrete aberto que recollemos, o seu fillo Henrique e eu, de actos e discursos, había unha ben curiosa; a copia dun disco no que soaba a canción dos vaqueiros Oh Susana e outra tamén de onda oeste, tocada cos instrumentos tradicionais destas películas -banxo, piano, violín, coro...- e sorpresivamente unha recoñecible e ben tocada, gaita galega. En canto llo contei e lla fixen oír a Antón Santamarina lembrou a cantiga que recollera nas súas terras luguesas que dicía: "Vino de Texas un famoso gaiteiro/ era Domingo, Domingo Ferreiro./ Toca la gaita Domingo Ferreiro/, Toca la gaita, "non quero, non quero"/ y si la gaita no quieres tocar/ entonces la gente no podrá bailar". Tiñamos pois unha gaita en contexto vaqueiro e unha cantiga que apuña a Texas, un gaiteiro. Iamos ben. Pois pouco tempo despois, Norberto Pablo de Cirio, un mozo musicólogo de orixe italiana achegado á nosa colectividade en Arxentina, topou o disco orixinal que puña "El gaiteiro de Texas/ The texas piper e incluía as dúas cantigas: Two facer heart de Canton Nagy e Oh Susana de Foster. Era o orixinal físico. Na Arxentina, contaba Norberto, fora moi famosa unha rumba coa cantiga que chegou a Lugo e o escritor arxentino Raul González Tuñón dedicoulle un poema a Domingo Ferreiro parafrasendo a copla e apoñéndolle ao músico unha morte tráxica na guerra civil; Luar na Lubre, musicou o poema. Desde logo o Gaiteiro de Texas é un fío polo que turrar: a orixe da "música celta". Nin máis nin menos.

15 ene 2008

E ti de qué parte do barrio es, do Norte ou do Sur? (enviado por Tacho)
historia da transición
Na Historia de Galicia que está editando La Voz de Galicia sae hoxe (e segue o próximo xoves) o tomo (2 tomos, co do xoves) dedicados á historia de Galicia na autonomía ou á transición democrática no noso país. Este primeiro tomo, que non mirei aínda de vagar, afonda na historia do nacionalismo nese período. O feito de ir asinado por Xusto Beramendi é, sen dúbida, unha garantía de rigor.
precampaña (1)

Abro un fío independente para concentrar mensaxes sobre a precampaña electoral, se lles parece pertinente e para non mesturar debates.
Segundo as previsións que fai hoxe El Correo Gallego, pouco se vai mover en Galicia e os tres partidos sacarán resultados semellantes ós que xa teñen. As zonas de maior competencia son as provincias de A Coruña e Ourense.

arredor de don Vicente Risco


ESTRAÑOS, RAROS E ESQUECIDOS (Libros)
A historia de Oriente, berce da civilización, por Xavier Castro Rodríguez (Galicia Hoxe, 12 xan.)
IN MEMORIAM.
(Envío de Tacho)



Os sentementos non morren nunca (Alfredo Conde en ECG 15 xan.)

Evoca A. Conde días da mocidade da man deste blog e dunha ligazón de A Boheme, que deixou aquí Xoán da Coba:

(...) Entón, nunha mañá así, os Reis trouxéronme unha canción. Abrira eu o ordenador por ver cómo seguían As uvas na solaina, se a ese sol ou se a outro, máis ourensán e antigo; outro sol por mín aínda máis amado; un outro sol más límpido e diáfano, en ocasións; máis mesto o neboeiro que tiña que esfiañar, en tantas outras; e chegóume a canción e me petou alí onde máis petan certas cousas.Veu da man de Xohan da Coba. Ofrecéuma, a mín coma a tantos outros, no blog do Marcos Valcárcel e por conta do pasamento do Xaime Quessada. Ó fondo as lembranzas dun escritor que tamén foi alumno de sor Sabina, alá enriba na rúa de Santo Domingo, xusto embaixo do campo das Mercedes. Cantaba a canción Charles Aznavour (na imaxe). O seu título era A Bohemia. Calcei os auriculares e escoiteina. Véuseme enriba un mundo que xa non contaba pra mín, ou tal eu cría. Por conta dela, recordei un tempo que crín deshabitado. A mañá, entón, enchéuseme da mesma, e vella, e amada luz que iluminara a nosa mocidade, non sei se tamén a de Xohan da Coba, pero si a do Xaime, si a miña, si a de tantos, cando escoitabamos a Juliette Greco (na imaxe), a Barbara, ó propio Charles ou mesmo á Edith Piaf e Francia era a patria da liberdade, París a capital do mundo. Escoitei A Boheme, non unha nin dúas veces, e unha emoción irrelatable invadéume o ánimo. A memoria do Xaime viña envolveita na canción. Facíao a lufadas recorrentes coma as do sol, ía e viña, permitindo que toda señardade se instalase no meu corazón alagado de melancolía. Ouh, aquel tempo no que soñamos tanto! ¿Rematou xa como remata a canción que me trouxeron os Reis na mañá saudosa do seu día?. “A Bohemia era unha flor e á fin morreu” conclúea Charles Aznavour. Aínda o fai. A súa voz ecoa sen máis que prender o ordenador e querer escoitala. Se así o fas, descobres que os sentementos durmen, si, pero non morren. Sucédelles ás flores do espírito, sementadas que foron no seu tempo xusto, florecidas da man dunha canción, verdadeira e certa, que resume un tempo que foi noso. Morremos nós.