
rente. (...) O artigo completoNa vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".

rente. (...) O artigo completo
precampaña electoral (3)Abro coa viñeta de López, hoxe mesmo en Galicia Hoxe, dedicada á Igrexa.
Unha nota sobre o mitin de Zapatero en Ourense. Conste que é só a miña opinión persoal, outros darían outras referencias. O Pavillón a rebosar, iso é indiscutible: difícil mesmo entrar por calquera burato. Problemas cun grupo de veciños de Trives que estiveron todo o mitin berrando e intentando rebentalo: moi difícil o labor dos servizos de orde para non chegar ás mans. Cartelería á vista só en castelán, enviada de Madrid. Falan en galego, que conste, o alcalde Francisco Rodríguez, a candidata e ministra Elena Espinosa e o pte. da Xunta, Pérez Touriño (galego moi deficiente, como xa saben vostedes: pronomes mal colocados, etc. Pero iso pasa en todas as casas).
Dos contidos e do estilo do mitin, floxiños (repito: a miña opinión persoal) os tres primeiros. Quizais máis autenticidade en Elena Espinosa, reivindicando as súas orixes moi humildes. A identificación nuns valores sociais foi constante: o xeito de marcar as lindes e espertar o entusiasmo da militancia, evidente. Francisco Rguez. quedouse no saúdo do alcalde que recibe e pouco máis. Pérez Touriño, algunhas cifras económicas e a ladaíña de que Ourense progresa, Ourense sube (sobe) como fío conductor.
Por contraste, Zapatero demostrou outras táboas. Paos para Acebes, Zaplana, Rajoy, Pizarro, E. Aguirre... Crítica dura pero educada ós bispos: poden opinar, pero pasáronse, nunca deberon utilizar o terrorismo en campaña. Compromiso de ocuparse do AVE galego na lexislatura como tema prioritario e venda da suba de inversións do Estado en Galicia (8%) dende que gobernan os socialistas. Nin a máis mínima referencia, nin positiva nin negativa, ó BNG.
O que máis me gustou: unha cita en positivo de Zapatero ó dereito de todos os pobos de España a defender a súa lingua e a súa cultura, a empregar o galego como lingua de seu (comparado co que anda a dicir por aí Rajoy...).
Botei en falla tamén unha referencia ó labor do deputado ata hoxe, Alberto Fidalgo, nin sequera citado en toda a noite, malia ir agora de segundo na lista e deixarlle a cabeceira á ministra (unha falla de cortesía, cando menos, non??).
Por se a alguén lle interesase (tono irónico), nunca antes asistira a un mitin socialista.




ENTRE HORTAS E PORTAS, de Xosé Manuel GonzálezFerocidades, de Anxo Tarrío Varela (GH 31 xaneiro)
Vasili Grossman adoita narrar cunha minuciosidade que por veces resulta exasperante se o lector non asume o ritmo lento que lle impón a escritura. É unha extensa e delongada novela que produce perplexidade pero que nos esmigalla pacientemente a vida civil e militar en torno aos acontecementos próximos ao asedio e defensa do sitio de Stalingrado, decisivo, como ben se sabe, xunto ao desembarco de Normandía por parte das tropas aliadas, para a derrota de Hitler na segunda guerra mundial. A miserábel vida nos campos de concentración, a persecución e exterminio de millóns de xudeos, que se viron acosados dobremente, por alemáns e rusos, as tremendas noticias dos millóns de mortos víctimas de Stalin durante os programas de colectivización, entre kulaks e todo aquel que, polo si ou polo non, caía na acusación de "burgués", a desacougante vida diaria de quen dependía da delación do veciño ou do amigo máis íntimo, o condicionamento do pensamento filosófico e científico aos dogmas do partido comunista, todo iso e moito máis se nos vai dando nunha prosa lenturosa, chea de digresións e de parsimonia, mesmo nas descricións físicas dos personaxes, ás que xa había moito tempo que renunciara a novela do século XX, todo exposto sen o máis mínimo xesto de revancha, malia ter sido o autor e a súa familia víctimas das barbaries que se narran.
(...) E tirando deste fío torguiano chego ao meu amigo João Pedro Mésseder, quen abre o seu libro Abrasivas (Deriva Editores, 2005), inesgotábel de sabedoría, con esta reflexión aforística: Apesar de pouco dotados, certos homens guardam um grão de lucidez, a que basta para intuírem a inteligência de outros. Sentem-na porém como um insulto à própia cegueira. Dedícam-se então a cultivar um ódio surdo. Por vezes tornam-se ferozes.








engadidos...
Renovación popular á galega: Feijóo rescata dous homes da ala máis dereitista do PP (EL País 29.01)
Fidelidade IGUAL A Mediocridade, di Miguel A. Aguilar en PREMIO Á SUMISIÓN (EP 29 xn.)



año estreábase na narrativa cos relatos de Os misterios de Monsieur D’allier e Xosé C. Caneiro gañaba o premio Xerais con O infortunio da soidade. De Luísa Villalta é a novela de acenos musicais Siléncio, ensaiamos e de Ramón Caride, Soños eléctricos, premio Blanco Amor 92, en clave dunha sociedade robotizada de ciencia-ficción. No xénero do relato aínda hai que engadir títulos como Tres historias para ler a noite, no rexistro da narrativa de medo, de Paco Martín; Contos das Américas e Contos do Impaís, de Xavier Alcalá; Contos de xustiza (varios autores); os Contos do Castromil (varios); Algúns outros, de Manuel Lourenzo González, premio Torrente Ballester; A memoria perdida, de Lino Braxe; Caladamente, de Riveiro Loureiro; O soño dirixido, de Vítor Vaqueiro; O Eco de Ramallón, relatos humorísticos de Afonso Álvarez Cáccamo; e Amálgama de desquiciados, de Xosé Luís Martínez Pereiro. O ano narrativo completábase con Loaira, novela compostelá de Rey Ballesteros; a novela Margarida D’Ouridac, de Antón Risco; O cazador, de Xerardo Méndez; Amor de tango, de María Xosé Queizán; O cego de Pumaredón, novela de Fernández del Riego; Cándido Branco e Cabaleiro Negro, de Darío Xoán Cabana; Xerusalén, Xerusalén!, de X. Bernárdez Vilar; O cazador, de Xerardo Méndez; O segredo do novicio, de Andrés García Vilariño; A vida pechada, de Lois Xosé Pereira; os contos A groria é un afiador, de Sindo Seixido, e Nidia, obra recuperada de A. Alonso Ríos. 
se admiran mutuamente (en Youtube: García Márquez bailando, ou intentándoo...)
O idioma. 

O amigo Fernán Vello fixo durante esa semana unha xeira de artigos sobre a realidade da literatura galega hoxe, na poesía e noutros xéneros. Axunto agora os seus cinco artigos (en COMENTARIOS) para dar a oportunidade de lelos completos e con máis coherencia. Non abondan demasiado estes achegamentos de conxunto, por iso pensei que pagaba a pena traelo aquí.
Letras galegas do noso tempo (I).Coincido eu plenamente con Avelino Abuín de Tembra: "Nunca se produciu en Galicia tanta e tan magnífica literatura desde a Guerra Civil. Unha promesa de lingua forte, digna e decorosa. ¡Aval e garantía de supervivencia!". A literatura galega que se produce hoxe, no seu conxunto, é unha aposta polo noso futuro como país –nación con cultura propia e idioma propio– e constitúe unha realidade de gran transcendencia artística e estética. E todo isto é demostrábel. Existe, por exemplo, unha pléiade de poetas novos –e as mulleres aí son máis visíbeis, aínda que hai nomes masculinos de indubidábel calidade– que non ten parangón, na súa diversidade e valores poéticos per se, non só na Península Ibérica senón no conxunto das poéticas europeas. E esa xeración nova –poetas que andan agora arredor dos 30 anos–, unida á xeración anterior –a chamada Xeración dos 80–, son talvez o momento da poesía galega máis importante –xunto co período medieval e o rexurdimento do XIX– de toda a nosa historia. A poesía galega actual, señores destrutores do país, é unha realidade luminosa que percorre Europa.
(O artigo completo en comentarios)






