CHEGOU VÍA aRUMES, pero o autor desta xoia é o Medela...
(Non deixen de clicar e ampliar os da primeira fila)
Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".






macro-historia do galeguismo



Lectores/as?
"Un dos serios problemas que padece a literatura galega no seu conxunto -coas consabidas e parciais excepcións, todo hai que dicilo- é que non ten unha recepción social normal. E, a pesar diso, a nosa creación literaria está, cuantitativa e cualitativamente, moi por riba da sociedade -e sobretodo no plano estético- á que inicialmente vai dirixida. E mesmo moi por riba de sectores sociais cultos e galeguistas, e nacionalistas, que simplemente non len. "
Hoxe, en Galicia Hoxe, no artigo de Fernán Vello, "Literatura e sociedade".




euníronse os delegados do Bloque en Asamblea Nacional. Seica marchou todo como a seda, o feito de que boa parte dos participantes desempeñen cargos na Xunta ou nos concellos axudou sen dúbida ao relax, porque non hai mellor estuporante que unha nómina crecida. Sosego non significa atonía, e paga a pena apuntar certos contributos ideolóxicos de primeiro nivel achegados polo congreso. Anxo Quintana defendeu un nacionalismo de proximidade (este lema non é moi feliz, pois lembra a policía de proximidade) oposto ao nacionalismo elitista de salón. Non fala por falar, no BNG pasaron á acción substituíndo profesores melómanos e enxeñeiros europeístas por celadores de hospital e descargadores de peixe. Así se agudizan as contradicións de clase e o demais son contos da gauche divine. Con tales providencias, os bloquistas sitúanse na avangarda da revolución planetaria en c





O HOME LOBO 

LOBOS, CANS, RAPOSOS ...