23 dic 2008
de Xosé M. Sarille, ECG. 23.12-08
Os máis novos non lembran como naceu o primeiro sindicato español. Foi o resultado dunha táctica ideada polo Partido Comunista de España, que consistía en facerse coa representación obreira dentro do sindicato vertical franquista e utilizalo a favor da clase traballadora.
Desde aquel éxito ocorreron moitas cousas, pero a que máis marcou a CCOO foi a grupusculización do PCE, a incapacidade dese partido para seguir dirixindo o sindicato. Segundo moitos CCOO conquistou a liberdade, porque rompía a correa de transmisión e actuaba por fin sen ataduras.
Mais para que as organizacións sindicais manteñan o norte, para que non muten en ovnis, en tinglados impredicíbeis, é necesario posuír un modelo social de referencia e ter principios ideolóxicos con máis horizonte que o do laboralismo e o propio embigo. Un proxecto de futuro cara ao que camiñar, sexa de raíz socialista, católica, nacionalista, comunista ou de calquera outra familia política.
Co paso dos anos esa falta de ancoraxe acabou notándose en CCOO. O secretario xeral saínte, José María Fidalgo, é un estraño colaborador de FAES, a fundación de José María Aznar; simpatizou coa teoría da conspiración do 11 M e fixo declaracións tremendas, con posicións abertamente dereitistas e patrioteiras sobre a xeoestratexia de España no escenario internacional.
Fidalgo estivo moi preto de Aznar. Era un elo activo desa cadea transversal do nacionalismo español intolerante, fabricada polo expresidente, que seguía por Rosa Díez, o Defensor del pueblo, Bono, Ibarra e remataba nel mesmo.
O escándalo de María Jesús Paredes apareceu nos xornais haberá un ano. Acusaban á principal dirixente da federación de banca de enriquecerse grazas aos favores dos banqueiros. Varios dirixentes da dereita comentaron despois de participar ela nunha conferencia económica do PP, que sería unha excelente candidata dese partido. Paredes é unha das principais colaboradoras de José María Fidalgo,
Fernández Toxo, o novo secretario xeral, quere virar á esquerda, centrarse na defensa dos traballadores e respectar o pluralismo identitario. Que lle dure o vento na popa.
A do domingo pasado en Baiona. Convidáronos os amigos Pepe Trebolle e a súa dona Mary Loly. E tamén veu, no seu coche, Afonso Monxardín. Estivemos no piso de Pepe e dona, con excelentes vistas ó mar, e fomos xantar a un restaurante no montiño que rodea Baiona: só as vistas, excepcionais e coas Cíes en primeiro plano, xa alimentaban. Pero ademais comemos moi ben, todo estaba estupendo, pero a robaliza ó sal foi antolóxica (só en Fisterra comémola doutra vez tan rica, da man do amigo Modesto). Excelente tamén a ensalada de bacallau que nos recomendou Mary Loly, e as navallas, ameixas, etc.
Pola tarde houbo tempo para un café no Parador e subir ó cume do monte para contemplar, a ollos case de paxaro, toda a liña costeira e as rías ata Ribeira e o monte da Curota, grazas a un día de sol que se agradece ben nestas datas.
Unha xornada moi agradable, sen dúbida. As fotos son de Trebolle e da súa dona.

Marcos Valcárcel, A NOSA TERRA decembro 2008
O escritor catalán Joan Perucho era como da familia. ¿De que familia? Refírome a unha gran familia literaria, a dos autores de literatura fantástica ou marabillosa nas diferentes linguas peninsulares. Isto é, sen dúbida, a familia de Álvaro Cunqueiro, co “Merlín e familia” á cabeza, pero tamén de Pere Calders, de quen Xerais traduciu, en 1985 e da man de Xavier Rodríguez Baixeras, as súas deliciosas “Crónicas da verdade oculta”. Unha longa familia que nas literaturas europeas enseñora Italo Calvino e na que poderían formar autores galegos como o Carlos Casares de “Os escuros soños de Clío” ou o Xosé Miranda de “As mans do medo”. Tamén, a longa descendencia literaria de Borges e Cortázar e de todos os que cren, con Hölderlin, que o home é un deus cando soña e un mendigo cando pensa. A mesma familia de Marcovaldo e do Barón Rampante, do cabaleiro Kosmas e da dama Exeria, do xudeo Xacobe, do alquimista Caaveiro e das sereas do señor literario de Mondoñedo. Perucho foi tamén amigo de Casares, creo que estiveron xuntos de viaxe en Rusia e o catalán dedicoulle un fermoso artigo elexíaco cando a morte do escritor ourensán.
Os especialistas consideran que a literatura fantástica en España ten un momento fascinante en 1957, ano auroral en que saen “Las crónicas de Sochantre” de Cunqueiro e o “Libro de caballerías” de Perucho. Ambos autores entenderon a literatura como gozo e paixón pola vida, por unha vida capaz de superar as marxes estreitas e anodinas da realidade. E ámbolos dous tamén chantaron as súas raíces no amor apaixonado ós libros: de Perucho, que xa non podía ler nos seus últimos tempos, contan os seus amigos que seguía a mercar libros só para poder acaricialos e ulilos.
Creadores de vidas apócrifas, de mitos e mundos surreais (“o fermoso das cousas é que sexan inexplicables”, dicía Perucho) é un gracioso paradoxo que o escritor catalán, falecido en outubro do 2003, fose xuíz na súa vida oficial: nin sequera un emprego tan a ras de chan lle impediu voar ata os horizontes infinitos da mellor literatura.
Afonso Monxardín, GALICIA HOXE 23-12-08
Xa sei que ha parecer pouco científico pero é o que hai. O día que me decatei que a persoa que levaba o mantemento da calefacción da casa se apelidaba tizón e que o banqueiro máis rico e con menos escrúpulos de España era botín dei en cismar no tema.
Partimos do terreo común aceptado nos estudos de antroponimia que indica que os apelidos na maioría dos casos son declaracións de filiación ou descendencia (os Fernández, fillos de Fernando, por exemplo), de terra de orixe (galego, franco, outeiriño), de oficio, profesión ou similar (conde, besteiro), ou fosilización de alcumes que poden responder a caracteristicas físicas (crespo, grande, rubio, delgado) ou apostas a determinados animais ou plantas (raposo, coello, carballo, toxo). Máis ou menos.
Claro que por iso dos tradicionais, pracenteiros e produtivos apareamentos home muller e dos misterios do xene dominante pode haber xente que entre en contradición directa co seu apelido, ou sexa delgados gordos, rubios morenos, raposos inxenuos ou toxos suaves.
En Ourense aínda botamos unhas risas cando hai case dous anos nomearon delegado de Medio Ambiente ao señor Fumega Piñeiro e pensamos moitos se estariamos predestinados polos apelidos ou se estes eran unha consecuencia da historia.
En calquera caso, é simpático pensar que algo pode haber. Vexamos o sindicalismo, por exemplo. O secretario xeral da CIG chámase Seixo e sería a dureza, o combate. E no último congreso de CCOO, eu espectador externo e diletante, vía tamén un combate antroponímico oculto. Unha cuestión de onomástica persoal. O señor Fidalgo nos últimos anos creo que se portou co que representaba no encontro: fidalguía, amabilidade, seriedade, bonhomía e varias outras cualidades que é positivo adornen un sindicalista en época de crise e de non crise. Pola súa banda, o señor Toxo representaría unha reacción sindical máis defensiva, dura e tradicional en época de problemas: a intención de "picar" e "facerlles a vida incómoda" aos que se acheguen con intencións diversas ás defendidas por el e mais polo sindicato.
Confiamos na sabedoría do ferrolán Toxo para combinar os seus espiños simbólicos coas non menos simbólicas flores que nós nomeamos chorimas, coa flexibilidade e estabilidade da planta e coa fidalguía de quen o precedeu. Mágoa que o abrazo fose imposible. Non porque puidese picar ao fidalgo senón porque lle había meter o nariz no embigo.

Entre os dez ou quince grandes xenios que nos deixou a Galicia do século XX, sen dúbida hai un lugar merecido para o pintor Laxeiro, do que este ano se celebra o centenario do seu nacemento. E con ese motivo o escritor Carlos G. Reigosa recupera unha entrevista co artista, realizada en 1983 e publicada co título Laxeiro por si mesmo (Xerais). Nas palabras que recolleu Reigosa está o mellor Laxeiro conversador, home de fantasía e imaxinación, creador dun vitalismo insuperable que se reivindica, ós seus 75 anos, como un máis dos pintores novos. Sempre aprendendo, como no debuxo de Goya.
A entrevista quedou inconclusa e o certo é que sabe a pouco: gustaríanos seguir a escoitar a palabra do xenio. O volume compensa esa eiva rescatando cartas e lembranzas de Laxeiro, a través dalgúns amigos. Tamén con textos críticos de Xosé Antón Castro, Antón Patiño e Leopoldo Nóvoa e fotos e obras: o primeiro dos traballos citados é unha boa síntese da evolución das liñas estéticas do artista.
Porque houbo moitos Laxeiros e todos moi grandes. Logrou conquistar unha voz propia. E por iso merece estar, como di Reigosa, nas grandes pinacotecas do mundo da arte contemporánea.
22 dic 2008

OS NENOS DE BLANCO AMOR
Marcos Valcárcel
A Eduardo Blanco Amor bastáballe con “A Esmorga” para pasar á historia da literatura galega, pero a súa extraordinaria sensibilidade e formación cultural amosouse como xenial en moitas outras facetas. Como novelista, como poeta, como xornalista, como dramaturgo, como polemista e loitador cultural, etc. Tamén foi un excepcional fotógrafo, como demostran os negativos que se conservan na Biblioteca da Deputación, moitos deles publicados xa en t
res libros polo Clube Alexandre Bóveda ou por Galaxia. Nese tesouro hai moitas fotos de nenos, unha das pedras de forza da súa literatura: velaí “Os biosbardos”, “La catedral y el niño” ou “Xente ao lonxe”, entre outras. Fotografou ós nenos de Muros xogando cun carro, ós de Louro coas súas gorras debaixo dun cabaceiro, ó raparigo que tocaba o violín en Compostela co seu pai e tío, etc. Fotos todas inmortais como esta meniña galega retratada nos anos 30, que podería figurar en calquera escolma do retrato fotográfico, ou as monxas cos nenos das palmas (Madrid, finais dos 60) que tan ben define o nacionalcatolicismo da época, vivido con angustia no seu conto “Primeira Comuñón”. 
Da wewlog de Galaxia, 22 decembro
Hai escasos momentos vén de darse a coñecer o fallo do Premio de Ensaio Ramón Piñeiro 2008.
A obra UN LONGO E TORTUOSO CAMIÑO: ADAPTACIÓN, CRISE E CAMBIO NO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (1982-2008), da que é autor Xosé Ramón Quintana Garrido, resultou a gañadora deste premio que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades, e Editorial Galaxia coa colaboración de Unión Fenosa. A xuntanza do xurado realizouse hoxe, día 22 de decembro, ás 11 horas, no Centro Ramón Piñeiro, en Santiago de Compostela.
O ensaio premiado nesta oitava edición do Premio Ramón Piñeiro, que está dotado con 6.000 euros e ha ser publicado por Editorial Galaxia o próximo ano, aborda o tema da evolución, entre o radicalismo e a adaptación, do BNG, desde 1982 á actualidade. O xurado recoñece así os méritos dunha obra na que destaca a capacidade do autor para interpretar e reconstruír, con rigor intelectual e eficacia expositiva, o proceso recente do BNG. Análise feita á luz da ciencia política e dos abondosos fondos documentais empregados polo autor.O xurado, que concedeu o premio por maioría, estivo formado porLuís Alonso Girgado, María López Sández, Rosa Marta Gómez Pato, Ramón Villares e Carlos Lema, salientou a calidade dos nove orixinais presentados, así como a variedade de temas abordados neles.
Xosé Ramón Quintana Garrido (Ourense, 1957) é profesor asociado de historia contemporánea da Universidade de Vigo, e profesor de secundaria. É especialista en historia política e historia social. Ten publicado o libro “Ramón Otero Pedrayo. Vida obra e pensamento” (1988), en coautoría con Marcos Valcárcel, ademais de diversos artigos en revistas especializadas e publicacións colectivas.
20 dic 2008
A falla de apoio orgánico deixará a Ánxela Bugallo fóra das candidaturas,
El País 19-12-08
Bieito Iglesias, ECG. 18-12-08
Aínda que pareza mentira, houbo un tempo non moi recuado (antes de 1965 ou por aí) en que aquí ao pé moraba unha humanidade autárquica que procuraba os frutos que consumía e mercaba un pouco aceite e un chisco de sal ou azúcar como maior concesión á globalización mercantil. Desde unhas décadas antes tamén adquiría roupa de comercio en lugar de tecela no tear ou fiala na roca, pero, ignorante do concepto de "fondo de armario", non repuña as prendas ata que xa non admitían remendos de tan pasadas. Esa xente tivo noticia nos primeiros sesenta de que o Réxime quería modernizar a agricultura mediante a concentración parcelaria. Os enxeñeiros agruparon estaxes e arrincaron marcos, trazaron pistas e adxudicaron lotes ás familias. Ora ben, as máquinas que pretendían converter camiños de carro en pistas folgadas tropezaron con viciños deitados nas corredoiras como se fosen checos diante dos tanques soviéticos, e a garda civil encontrouse con labregos que facían zunir cantazos no aire como se fosen estudantes de Nanterre ás ordes de Dani o Vermello.
Aqueles camponeses accederan á propiedade das leiras cultivadas polos seus ancestros durante séculos tras rabudas loitas agraristas. Unha vez liberados da férula da igrexa e da fidalguía rendista, chamáronse donos dos eidos, pero non só da tona terrestre, senón do subsolo endeica o carozo do planeta e das capas da atmosfera situadas por cima das herdades ata a galaxia de Andrómeda. Nunca e en ningures foi tan privada a propiedade privada. De aí que visen aos peritos (eles chamábanlle "péritos") e ao Estado coa hostilidade que gastan os milicianos de Michigan se lles mentan a burocracia de Washington. Agora estase paliando o minifundio co Banco de Terras, cando aquela civilización autosuficiente xa non existe e a súa experiencia milenaria se escoa polos sumidoiros da Historia. Os campos están a ermo en boa parte e, se o verán vén enxoito, envólvense nun sudario.

Afonso Vázquez-Monxardín, La Región 20-12-08
nmensas e cunha presenza de paisanos tal que facían que, daquela, naquela urbe do hemisferio sur vivirán máis galegos que en todas as cidades de Galicia xuntas. E alí, desde o Centro Unión Provincial Orensana, retoma o contacto con Blanco Amor -con quen coñece, por exemplo, a García Lorca en 1933- e comeza a actuar como animador e dinamizador das veladas das asociacións recreativas dos galegos porteños. Monólogos... diálogos... contos... poemas recitados.... ensaiados tantas veces co colaboración da esposa. E Tacholas salta ao mundo das ondas e dos coros como Lembranzas de Ultreya, ás audicións radiais... e sempre servindo de referente, de entretemento e ilustración. E pasa ao teatro e ao cine, enfrontado ao sainete arxentino, nos que se imitaba groseramente o acento galego e se lle apuñan aos nosos coterráneos comportamentos pri mitivos, brutos, e indignos.Castelao fíxouse nel, chamouno e estreou ‘Os vellos non deben de namorarse’ en 1941. O rianxeiro gábao: ‘É moito actor para tan pouco papel’ e fanse amigos de por vida. E certo Fernando Iglesias ten unha traxectoria no teatro e cine arxentino que non é posible sintetizar aquí. Si é posible sobrancear a súa amizade con Eduardo Blanco Amor, co que ergue o Teatro Popular Galego, auténtica escola na que se forman na arte da palabra moitos mozos da colectividade e que se converte no lugar onde un grupo de mozos e mozas, en
tre elas, Cloty, fundan hai 55 anos as Mocidades Galeguistas de Bos Aires. En fin, Cloty é unha ourensá de luxo, non polo puro accidente biolóxico do nacemento, e si polo maxisterio do pai, e a opción persoal de sentirse desta vella auria. E trae a Gretta e o neto. ‘Xa é tempo de que coñeza Ourense’. Gretta hai uns anos, chorou en Torga na presentación dun libro sobre seu avó. E case todos con ela. Deixarémolas presumir de cidade a cambio de que nos deixen a nós presumir delas. Felicidades.


Una fría tarde para "A Esmorga".
Cada año el Roteiro de A Esmorga que organiza la sección de Literatura del Liceo de la capital presenta una novedad. Si en anteriores ocasiones este homenaje a Eduardo Blanco Amor se realizada a principios de diciembre en esta ocasión llegando la Navidad llegó una cita teñida de luces de colores y de calles llenas de viandantes, que soportaban el frío que ya aterriza en la capital. La avenida de Zamora fue el punto de partida de un recorrido que lleva por distintos rincones de la ciudad. Espacios que aparecen en la novela y que han sido perfectamente identificados y colocados por los miembros del desaparecido Clube Alexandre Bóveda. Pero el acto de ayer guardaba otra sorpresa. Un incondicional de la cita, el historiador Marcos Valcárce l-que no realizó el roteiro por motivos de salud- se convirtió también en protagonista de la mano de un grupo de sus alumnos de A Carballeira que fueron los encargados de dar voz a los textos de Blanco Amor. Paqui Losada inició la lectura que fue seguida en cada uno de los enclaves por los jóvenes Rebeca Padrón , J osé Manuel Salgado , Pablo Vaz Rolán , Adrián Laso Pérez , Luis Jesús Iglesias y Fátima Álvarez Fernández . De la avenida de Zamora hacia As Burgas, la plaza de San Cosme y San Damián, el casco vello, la calle Libertad o Fonte do Rei los escolares estuvieron acompañados por José Luis Troitiña , Teresa Devesa y Segismundo Bobillo , entre otros socios de la entidad cultural y profesores de A Carballeira, hasta su llegada a la Alameda en donde les esperaba Marcos Valcárcel para realizar una ofrenda ante la estatua de Blanco Amor y dirigir unas palabras a los presentes. Seguidamente llegaron al Liceo, en donde terminó la fiesta de la literatura.
Cándida Andaluz.
Fotos: Miguel Villar.
La Voz de Galicia.

Unha metáfora ecolóxica.
Andoliña.Galicia Hoxe.Venres 19-12-2008
Marcos Valcárcel
Aprendo moito cos documentais da Dúas de TVE, que sigo con certa regularidade. Nun deles fálase dos ríos da península e a reportaxe incide na introdución neles de especies foráneas que ameazan a biodiversidade da natureza: lucios, percas, cangrexos americanos, etc. Depredadores que se ocultan na placidez dos cursos fluviais. Froito das políticas do Iona dende os anos 50 en favor da pesca deportiva, pero un auténtico disparate dende unha perspectiva ecolóxica.
No programa Informe semanal emitiron unha interesante reportaxe sobre o futuro do Polo Ártico, terra de ninguén que se disputan diversos países próximos polas súas grandes potencialidades enerxéticas (petróleo e gas). Por desgraza, as grandes industrias non se rexen pola súa sensibilidade ambiental e non van chorar polos efectos do cambio climático e o desxeo dos polos. Iso significa, entre moitas outras cousas, a desaparición de especies e da biodiversidade.
Unha estudante de doutorado usa unha imaxe moi acaída como metáfora do presente: imos todos no mesmo avión e, pouco a pouco, vanlle caendo as parafusas que unen as súas pezas. Cada especie que se perde, aló vai outra parafusa. Canto durará o avión en marcha?
19 dic 2008
Perspectivas.
MARCOS VALCÁRCEL
ANDOLIÑA,19 diciembre 2008.En cumprimento da Lei de memoria histórica, retírase a estatua de Franco a cabalo en Santander. Por certo, unha cidade moi fermosa, pero tamén chea de símbolos franquistas por todas as partes. Fernando Ónega di que, ademais de praza do Generalísimo, a nivel popular a praza da estatua "era a dos seis ovos: os do cabalo, os do ditador e os do alcalde que mantivo alí o monumento". Porque ese é o tema: suprímese a última estatua do xeneral empoleirado e ben está, pero pasaron xa 33 anos da súa morte física. Hora era, dende logo.
Porque todo é cuestión de perspectiva, claro. Ou "asegún" que dicía don Vicente. Os nostálxicos falanxistas protestan, pero a maioría dos cidadáns ve ben esta limpeza, pura "hixiene democrática".
Escoito tamén o presidente do goberno eloxiar o labor das forzas de seguridade contra o terrorismo etarra. Labor encomiable, sen dúbida. Zapatero dá a cifra de 365 detidos en dous anos, un etarra cada dous días. O dato ten unha lectura positiva. Pero tamén aquí hai outras perspectivas: despois de baleirar os cárceres de presos políticos coa amnistía en 1977, é tremendo tamén pensar que cada dous días hai un novo mozo ou moza vasco disposto a penetrar no camiño da barbarie.
18 dic 2008

17 dic 2008


Afonso Monxardín, GALICIA HOXE 16-12-08
E non me refiro só ás dos ríos que van medrados coas augas abondosas deste mes de decembro que desafían, como é normal, as previsións apocalípticas dos agoirentos desertizadores compulsivos; non. Refírome aos xantares do traballo, ás ceas de amigos e, por fin, ás paparotadas familiares que nos cercan na cerna deste inverno caroal. A sociedade laica avanza imparable pero fai un alto no camiño para nun piedoso -e interesado- exercicio de flexibilidade santificar as festas como está mandado... na mesa. O paroxismo da maratón a piques de comezar é ese entrañable disparate noso que fixo que despois da megacea do vinte e catro veña o hiperxantar do vinte e cinco.
Polbo e bacallau pola vella, lagostinos e pavo, pola nova. Pero é que nós, non somos inocentes de todo. Somos un país que fai -ou facía-do bo e do moito comer, un auténtico sinal de identidade. ¿Ata que punto de educación se debe levar a insistencia/resistencia de "cómalle un pouco máis"? ¿É lícito servírenche máis no prato sen preguntar? ¿Cal é o protocolo do desexo e a fartura na mesa na nova Galicia emerxente?
Na de antes, da sociedade tradicional esmorecida, a fartura contábase máis polo que quedaba nas fontes e pratos que polo que se daba comido. Así, cóntase na casa que unha vez cando a miña bisavoa de Gustei tiña nove anos, cousa que debeu ser a finais do XIX, ocorréuselle acabar coa posta de vitela que quedaba na fonte da carne e escurrichar a fonte dos grelos e patacas para que nada voltase á cociña. Cousa que acontecía na casa de comidas do Cuanda, onde logo estaría a Rexedora, e foi tal por ser día de feira en Ourense e viren eles festeiros ao trato do vacún desde a aldea da bocarribeira. O meu tataravó, ese do que andan as iniciais aínda ensarilladas entre debuxos xeométricos nas bastas colchas de tear, vermellas, azuis e brancas, ou sexa don José Vázquez, por mal nome o Rangán, tanguido polo peso da tradición, tivo que pedir outra fonte só para que quedase. Nin seica probala puideron. Tal é o que comeran xa.
Despois, no camiño de volta, caeulle unha boa rifa á nena Remedios. Houbera que pedir máis porque non ían os do Cuanda pensar que había fame na casa nosa... Aínda máis cós tempos -que cambian de todo-, cambian as mentalidades. E bendito cambio. Léveno con calma.
Rosa Aneiros, GALICIA HOXE 17-12-08
O recente informe do Consello de Europa sobre a situación lingüística en España supón un tirón de orellas para Galicia ou, desculpen a violencia politicamente incorrecta, unha boa reprimenda. Non para a Consellaría de Educación, nin para a Secretaría Xeral de Política Lingüística, nin tan sequera para Galicia Bilingüe.
O informe é, ou debería ser, unha boa chamada de atención a toda a cidadanía. Entre outras cousas, considera insuficiente o galego na educación e alenta para unha necesaria mellora en ámbitos como a xustiza ou os medios de comunicación. A pregunta é obrigada: ¿por que este temor á lingua?
Os galegos poderiamos erixirnos como a porta de Europa para América xa que co galego, o castelán e o inglés -linguas de aprendizaxe no ensino- podemos comunicarnos co continente americano e outra boa parte do mundo.
O galego abre camiños a moitos mozos e mozas que, ao presentarse a probas internacionais, teñen a vantaxe dunha lingua máis no seu currículo e, con todas elas, a capacitación lingüística para se relacionar con cidadáns do Brasil, de Angola, dos Estados Unidos ou de Arxentina.
Pero nós, no canto de aproveitar as sinerxías que nos entrega a Historia, turramos en negalo. Como se tivésemos vergoña.
16 dic 2008
Falece Balbino Álvarez, edil de Cultura na etapa de Veiga Pombo (La Región 16-12-08)
Foi o concelleiro de cultura máis currante dos últimos 30 anos: creo que niso haberá bastante consenso. Revitalizou festas como o Antroido ou o Corpus.
No que eu o tratei, sempre foi correcto nas formas e aberto a apoiar novos proxectos culturais na cidade.
O meu pésame a todos os seus familiares e amigos/as.
Afonso Vázquez-Monxardín, La Región 16-12-08

XOSÉ MANUEL SARILLE PROFESOR E ESCRITOR, EL CORREO G. 16-12-08
A comezos do século XX dúas mestras coruñesas namoradas, deciden vivir xuntas e casar. Unha delas suplanta audazmente a propia identidade, falsifica documentos e faise pasar por Mario, un personaxe inventado. A temeridade descóbrese axiña e supón un desafío ás persoas que non comprenden esa conduta, sobre todo ás que detentan o poder, os cregos, os burócratas e os políticos.
Elisa exerce de home segundo os roles da época, amarra unha pistola ao cinto, pega o xaruto nos beizos, cospe esquinado, retorce o bigote cando se pon nerviosa e acáelle o traxe masculino como unha luva. Marcela no entanto é unha alma cóncava, de corpo redondeado e dozura amante.
Este é o comezo dunha historia insospeitábel que continúa no Porto e ecoa en media Europa despois dunha fuxida novelesca. Cando o Estado Español solicita a extradición da parella, xorde en Portugal un amplo movemento solidario, ou piadoso, principalmente feminino. As multitudes reúnense ás portas da cadea, os xornais simpatizan con elas e venden máis exemplares que nunca. Despois unha casa cun vello por comenencia das dúas, a outra ten un fillo e os lectores vémolas perderse xuntas no ventre de Bos Aires.
Narciso de Gabriel perseguiunas polos arquivos durante quince anos. Elisa e Marcela. Alén dos Homes, recentemente publicada, é unha alfaia. Reúnense nela o dominio científico e a beleza literaria, as dúas cualidades necesarias para que a obra histórica acade a excelencia. Ademais é un guión de cinema. As fotos dos lugares polos que pasan as mulleres harmonizan co texto e dá gusto lelo así. Os responsábeis culturais galegos deberían presentárllelo aos mellores directores do mundo, porque Galicia ten aquí a historia máis fascinante. Poñendo interese pode converterse nunha icona universal da loita polos dereitos das persoas, das mulleres en particular. De Gabriel elaborou un estudo que debe sobardar as fronteiras españolas, porque trata un tema moi vivo en Occidente. Dúas mestras galegas que reforzan a muller como protagonista da Historia, e tamén nos amosan as persoas infames, que di Foucault; as que só son visíbeis cando as focaliza o poder.
15 dic 2008

Pasado un tempo atopo a resposta aquela pregunta. Para evitar futuros desenganos. Mais penso que a boa musica sempre será ben acollida na casa que esta na rúa de Ourense onde nunca sae o sol.
Sempre que penso nas ilusións incumpridas venme a memoria a faciana do anxo que caeu no inferno: velaí.
Nunha cantina do Norte de Mexico.Mentras os homes emborrachanse e piden música
Los Chirrines conxunto de música farafara (grupos que tocan de taberna en taberna)
Fan unha versión de Pink Floyd, facendo gala da sua diversidade musical.
Que disfrutedes e bo comenzo de semana.

Marcos Valcárcel, La Región, 15-12-08
Os xuíces. Son protagonistas todos os días e non sempre para ben. Vexo na TV unha nai angustiada: a súa filla morreu atropelada por un automóbil que ía facendo trombos, dentro del dous mozos sen ningunha cabeza. Chegado o xuízo, o máis novo queda en liberdade porque era menor de idade: faltábanlle só seis horas para cumprir a idade que o levaría ó cárcere. A nai, profesora de instituto, fala do concepto de responsabilidade e dos erros da Lei do Menor. Conclúe contundente: estamos mandando á sociedade a mensaxe de que matar unha moza, neste caso a súa filla, é gratis. Outra historia: outra nai, de escasos recursos culturais e xordomuda, irá ó cárcere por pegarlle unha labazada a un fillo. Os seus veciños protestan manifestándose, non entenden. Basta escoitar ós pais para entender o que pasou. É absurdo que esta nai vaia ó cárcere e quede en nada a historia da moza atropelada. Xa sei que os xuíces só aplican as leis, pero tamén as interpretan. E deberían facelo de xeito que esa aplicación sexa un feito comprensible pola sociedade. Se non é así, a sociedade mal pode confiar nunha Xustiza tan arbitraria e desconcertante.
A romana. É demasiado doado facer leña sobre a última babecada de Fraga. Son os dirixentes do PP os que terían que mover os fíos para procurar que don Manuel non teñas tantas ocasións de meter a pata. Con 86 anos enriba, a verborrea de Fraga obriga logo ós altos dirixentes populares a esculcar nas máis surrealistas explicacións para cada un dos seus disparates, como lle tocou a dona Soraya coa peregrina historia da “romana”. Quizais Fraga quixo dicir “pendurar”, en galego, e non ponderar: mal parados quedaban, en calquera caso, os nacionalistas, os periféricos enténdase. Non fala Fraga do nacionalismo español, que é o seu, ese ten tanta forza que xa nin se recoñece. En fin, unha máis de don Manuel, que dixo non hai moitos anos que el tamén era da mesma “tribo” de Beiras. Precisamos políticos que non falen de tribos nin de colgar a ninguén, con romana ou sen ela: iso tamén é certo.
Unha imaxe. No programa “Informe semanal” emiten unha interesante reportaxe sobre o futuro do Polo Ártico, terra de ninguén que se disputan diversos países próximos polas súas grandes potencialidades enerxéticas (petróleo e gas). Por desgraza, as grandes industrias non se rexen pola súa sensibilidade medioambiental e non van chorar polos efectos do cambio climático e o desxeo dos polos. Iso significa, entre moitas outras cousas, desaparición de especies e da biodiversidade. Unha estudante de doutorado usa unha imaxe moi acaída como metáfora do presente: imos todos no mesmo avión e, pouco a pouco, vanlle caendo as parafusas que unen as súas pezas. Cada especie que se perde, aló vai outra parafusa. Canto durará o avión en marcha?
(Imaxe: un dos moitos xuíces que retratou H. Daumier)
14 dic 2008
Afonso Vázquez-Monxardín, La Región 14-12-08
Compráceme que retirasen o escudo da Subdelegación do Goberno por razóns estéticas -o da ‘carracha’ nunca me gustou- e económicas, pois en tempos de crise son boas medidas para dinamizar, se quer modestamente e a custa do peto público, o choio da construción que seica anda mal. Hai que darlle emprego e traballo a canteiros, gruístas, operarios... Pero fóra disto, paréceme bastante discutible.
Primeiro, porque nin tiña conciencia de que alí houbese escudo ningún e, cando saiu a noticia, xa estaban os andamios e non me deu tempo de botarlle un ollo ao vello antes da súa defunción.
Segundo, porque non estou tan convencido da utilidade das dannatio memoriae (iso da dannatio memoriae saben os cultos lectores que era unha condena que ditaba o Senado romano pola que se procedía a eliminar todo canto recordase ao condenado: imaxes, monumentos, inscricións e mesmo se chegaba á prohibición de usar o seu nome). ¿Emperadores que a sufriran? Pois Nerón, Calígula, Maximiano, Valerio... e así, ata trinta. Ao ‘padrao dos povos’, ese fermoso miliario votivo que está sobre a ponte do río Támega no centro urbano de Chaves, fáltanlle renglóns por seren borrados para suprimir a memoria dalgún destes emperadores. Menos mal que non todo o mundo foi tan escrupuloso e aínda conservamos noticias e estatuas deles. Eu creo que todo, en demasía, incluso a prudencia, é negativo. Vexan a hixiene. Ser é boa pero o exceso produce alerxias e seica baixa as defensas.
E terceiro, porque non estou seguro -alucinen- da existencia dun ‘escudo franquista’.O que oficializou o tipiño de Ferrol, en 1938, era o dos Reis Católicos co lóxico cambio do cuartel das Dúas Sicilias -onde elas ían- polo do Reino de Navarra, engadíndolle as columnas de Hércules do Plus Ultra que viña xa desde os Austrias e póndolle, iso si, unhabufanda facha no paxarraco co lema de ‘Una, grande y libre’ en vez do tradicional ‘Tanto monta’. Deixoulle, claro, o xugo e as frechas que alí campaban desde o século XV. En 1945, tal que o 11 de outubro, aprobaron unha reforma dermo-estética dos ombreiros do paxarraco -como con dúas siliconas- e fixéronlle lifting ás columnas. E por fin, señores, o 21 de xaneiro de 1977, xa Franco ben comesto, o paxariño sacou de bufanda e acolleu nas alas abertas as columnas famosas, ata que o 5 de outubro de 1981 aprobouse o actual. Ou sexa, o feo escudo dos Reis Católicos, coñeceu varias versións, un par delas, efectivamente, retocadas por Franco e outra xa en plena transición que foi, lémbreno, o primeiro escudo da democracia (1977-1981) e sobre o que se xurou a Constitución. E eu pregúntome, ¿se sacan ese por antihistórico deberían deixar logo o de Facenda, Banco de España ou Praza de Abastos todos eles preconstitucionais e aínda máis vellos? Creo que si. Deben quedar. Hixiene, dicía, si -nomes de rúas, escudos agresivos como o do Pazo de Xustiza- pero o resto, deixar todo en paz.
Para poder vivir a historia nas pedras de Ourense e beber nas fontes fachas das aldeas case despoboadas. Ese si é un problema.
Luís González Tosar, ECG. 14-12-08
Atopo unha folla de xornal. Dúas paxinas compostas, liña liña, en linotipia, fundidas con plomo, en negativo e impresas en branco e negro nunha Ronien Hauser, rotativa eléctrica alemá de catorce toneladas. Moito máis fráxil este papel de diario amarelecido polo tempo, con rachaduras nos cantos do tabloide, oito columnas con letra corpos seis e catro, cheiro a humidade revellecida.
Cuarta, par. Con foto e a tres, chegada de escritores asistentes Congreso mundial do P.E.N. Clube. Saliéntase presencia do filósofo Jacques Maritain, do futurista Marinetti, do crítico Benjamin Cremieux, do poeta ruso-xudeu Saúl Tchernijovsky, do húngaro Antoine Radó, do flamengo Ernest Claes, do español Melchor de Almagro San Martín, dos italianos Ungaretti e Puccine, do exipcio Mohamed Abbad e do novelista polaco Jan Parandowsky. Pecha columna a Audición en memoria del poeta Belisario Roldán, inclúe texto ad hoc de Alfonsina Storni: "Pico de oro, poeta,/ Belisario Roldán,/ hoy te cantan los niños,/ de tu ciudad./... Angulo inferior esquerdo para publicidade do Charleston Club, Florida 936, local de música exótica; Marimba Salvadoreña, Dixy Pal's e ocrooner Goyito e orquestra de tango Ciríaco Ortiz. Outra crónica: Frente Único Democrático de Sociedades Gallegas -a tres, anuncio, no centro, de Polvo Le Sancy, todo tipo de piel: natural, rachel, ocre, chair, morocha y rosada-, corenta Sociedades Galegas forman Fronte Única en defensa da República, da autonomía e da democracia do seu pobo. Galicia martirizada polo fascismo; impunes execucións e "paseos" de milleiros de galegos simbolizados en Alexandre Bóveda e Xaime Quintanilla. Veleiquí o resume dunha destragada folla do xornal Noticias Gráficas -Voz argentina clara y valiente-, publicado en Bos Aires o mércores vinte e seis de xullo de 1936.

UN BANQUETE GALEGUISTA
E un detalle do retrato que me fixo Antón Pulido (está en http://www.antonpulido.com/). Reitero o meu agradecemento a todos os artistas que mandaron os seus agasallos: A. Pulido, Siro López, Xosé Lois o Carrabouxo e Buciños.
(Zane Grey pídenos , que digamos, que dende Lugo dixeron, que a segunda foto -dos Solaneiros- se titule “síndrome Apicultor”).

PRESENTACIÓN DE HISTORIA DE OURENSE
Afonso Vázquez-Monxardín Fdz.
29/XI/2008. Liceo de Ourense
É unha honra para min que Xerais e o autor me escollesen para esta presentación. Graciñas ao Liceo por acollernos e a todos vostedes por viren.
Estou feliz entre a miña xente. Entre os tres profesores da mesa.Feliz entre tres profesores.
Manuel Bragado, profesor en Bande, antes de editor, foi o responsable de que o centro de ensino de alí se chamara Xoaquín Lorenzo Fernández, e iso só é moito.Xocas.
Francisco Rodriguez, 1984, primeiro director meu no Carballiño, non deu chegado pola neve, pero está connosco, Ana Garrido,. concelleira de educación e amiga con quen tantas viaxes fixen a Compostela cando estudabamos “Historia de Galicia”, que debeu ser en 1989.
E Marcos Valcárcel, 1984, amigo, compañeiro de oposicion e logo no primeiro destino, no que il aínda segue, no IES A Carballeira de Ourense..
Feliz porque nunha ocasión como esta, estea connosco , aínda que por representación, a máxima autoridade política da cidade á que se lle dedica un libro e que nos honra, deste xeito, coa súa presenza activa neste nun acto que sen dúbida é a primeira parte da homenaxe cívica que hoxe lle rendemos, os amigos, atreveriame a dicir, a a cidade e Galicia enteira, a Marcos Valcarcel. (E tamén a provincia, pois vexo ao Presidente da Deputación e ao subdelegado do goberno na primeira fila, graciñas a eles tamén).
E quero lembrar a última vez que coincidimos con Paco –permítame o Sr. alcalde esta familiaridade excesiva. Foi pouco días antes das eleccións, nun momento no que foramos falar Marcos e mais eu en nome dunha comisión cidadá, nacida nesta casa, neste Liceo, en favor do uso cultural do edificio do Banco de España como acontece en compostelá ou noutros lugares. O tema estaba daquela no aire, no aire segue, pero parécenos, agardamos, que pouco e pouco vaia baixando ao ser e sabor da terra. Sen dúbida que o Sr. alcalde turrara do sedeño para amarralo ben ao nosos intereses, quero dicir aos da cidade, claro.
Ben. Como estamos na presentación dun libro, permítanme empezar facendo un índice de tres items ao redor dos que xirará a miña pequena intervención. No primeiro farei unha gabanza dos libros en xeral non deste en concreto, senón de todos. (Elaboreino orixinalmente Certo que a fixen para outra ocasión, pero por ecoloxista, irei vou adiante coas tres erres de, reducirzo, reutilizaro e reciclaro. Segundo, falarei do libro que nos ocupa e Terceiro falarei do autor, pouco, porque hoxe halle chegar ben quen fale dil.
Item I. O libro e a liberdade.Digo do Libro.
E por unha marabillosa evolución histórica, nas linguas latinas a palabra libro e liberdade son irmás. O liber, (liber-libris) a codia interna da árbore, da primeira materia escriptoria sobre a que se enfiaban letras e palabras, ou sexa ideas e sentimentos, acabou dándolle nome –vía librum- ao conxunto das follas escritas e á súa culta familia de libreiros, librarías e libretas.
Pero “liber” (liber-libera-liberum) en latín tamén significaba tamén “libre”. Se cadra porque o feito de extraer o “liber” da árbore fose a orixe remota da primeira “liberación” (liberatio-liberationis). E desta libérrima póla naceron os libertos, as liberdades, os libertos e os liberais e os libertarios..
O caso é que desde os primeiros tempos da escritura latina, as grandes ramas familiares dos libros e das liberdades se confunden (fúndense unha con outra), se entrefreban (tecen entre elas os seus fíos, as súas febras) e frutifican (dan xuntas o seu froito). Os lLibros e as liberdades. Por iso os amantes dos libros tamén o son das liberdades e os amantes das liberdades sempre o son dos libros.
E o líbro fíxonos libres porque nos puxo deabriu o corpo corpo aberto ao coñecemento das ideas e reflexións dos outros. O líbro fíxonos libres de esquecer os seus pensamentos e da condena do eterno volver a empezar, dese paso adiante e paso atrás da historia.
Así, as memorias prestadas, escritas efixadas, investigadas, remoídas, forman parte desa esencia de nós que nos outorgadá dimensión propia e e universal e futura.
Nós tamén somos, Calpurnia Abana Aeboso, aquela primeira ourensá coñecida, de nome romano e apelidos célticos, que puxo o seu nome oferente sobre unha ara ás nifas na Burga.
Somos o bispo Lourenzo que reconstrúe a ponte romana e ergue a catedral. Somos, somos aos cidadánss que viñan ao rianxo á cidade e vendían os seus produtos na vella Praza da Magdalena ou na Barreira..
Somos, nas memorias prestadas e investigadas, por exemplo, por Marcos Valcarcel, o crego liberador e incendiario Basilio Alvarez, o xornalista Blanco Torres, o noso alcalde martir, Manuel Suárez, ou o patriarca que tantas veces falou nesta casa, Ramón Otero Pedrayo. Por iso os libros da historia, como este Historia de Ourense, axudan a formar identidade a que nos coñezamos mellorforman identidade.
Pero o libro liberounos tamén da nosa condición humana. Os escritores de libros, deuses creadores, puxeron ao alcance de todos, mundos novos, países imaxinarios, situacións imposibles, adáns e evas nacidos só delescreados de novo, sentimentos e sensacións se cadra nunca vividas antes.
O libro fainos libres porque nos permite, só con ler, vivir esoutras vidas, saborearsentir esoutros sentimentos e descubrir, se cadran dúbida, aqueloutros nosos máis agochadosfondos.
E é que o libro, así, nos liberalibéranos dunha realidade que nos axuda a entender.
Podemos ser piratas en Indonesia, estivadores ou boxeadores na Coruña, canda a guerra. Podemos ser Felipe de Amancia e Cunqueiro e ver o mundo de cor azul ou estirar un camiño de quita e pon... Podemos angustiarnos con Adrián Solovio dando voltas arredor de si, e da súa identidade, ou rirmonos dos banquetes ridículos coas inxenuidades daquel baldreu, alcalde de Ourense, un auténtico porco de pé, grazas áda pluma man irónica de Risco... Podemos ser, en fin, nenos de novo, con Andersen, ou demos de calquera caste, ou detectives privados compañeiros do Inspector Maigret.
Somos capaces, grazas aos libros, de facer, ser, vivir, sentir o que queiramos e cando queiramos. Todo de todos os tempos e todos os espazos habidos e por haber. Históricos, posibles ou imaxinarios.
Podemos en calquera caso, sentir na cara ese vento de seda, o tempo que pasa, que dicía Cunqueiro e nos lembraba Bieito Iglesias hai anos, porque os libros, como as doas dun grande rosario da vida .están enlazadas.
E aínda que os libros ardan mal, e aínda que sempre haberá quen os queira queimar, hai sempre pero tamén quen os ama, mima, e adora... aínda que non lle caiban na casa.quera rescatar e mimar.
A liberdade e os libros, pois, coa súa grande e plural familia de librarías, libertarios, libertinos, libreiros, liberais, librarías, libreiros, libretas, liberacións, libertadores... sempre nos congregarán ao seu redor, sempre gañarán a partida ao lume do paso do tempo.
Item II. Histoira de OurenseE agora tócalle ao libro este en cuestión, ed. Xerais de Galicia, 2008.
Como ven, é un libro de capa ben fermosa, que nos fala dun Ourense idializadoidealizado, coa forza do branco e negro, se cadra dos inicios dos anos sesenta. A ponte é, seguramente sen querelo, un metáfora da persoa de Marcos, comunicando permanente camiños e beiras, e pairando sobre un río que representa o eixo e corazón dinámico de Ourense. A portada resulta, pois sumamente atractivaE que por iso nos resulta, de partida sumamente atractivo. Collémos o libro, un libro de historia, na manlo na man... e alivio!. Pesa pouco. Dámolo lido. Pasámoslle as follas rapidadmente, e vemos moita foto de caras e lugaressitos coñecidos. É de nós, de Ourense, de quen fala.
Folleámolo cun pouco de vagar e topamos setenta páxinas e 54 ilustracións. Podémoslle chamar “libriño” afectivamente. Pero non é un libro pequeno, -engánase o autor na entrevista de hoxe da Rexión- nin moito menos, é só . É tan delgado. Pero fondo e como fondo e útil. Lemos na contracapa: bla bla bla, “Este é un convite para descubrir xuntos, os lectores e tamén os estudantes dos instituso, as raíces da cidade que acobillou figuras tan relevantes da nosa historia como Curros Enriquez, Lamas Carbajal, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas, EBA, Antón Tovar, Carlos Casares e X.L. Méndez Ferrín”.
Falta Marcos na lista. Pero claro, el escribiu o libro e non estaba ben que se incluíse. Pero como nós sabemos que debe estar aí e podemos, despois de compralo, engadirllo a man.
E efectivamente, este libro, esta “achega breve pero rigorosa á historia de Ourense traza a crónica do percorrido vital dunha cidade de longa historia e moi poderoso legado cultural”.
Se lles digo que debería ser de lectura obrigatoria nos institutosInstitutos, pensarán que me paga aquí o editor, e non... pero polo creo, que deso non hai nadamenos ata onde eu sei. Aínda así, Pero creo que debería ser de lectura xeral, porque o que aquí sintetiza Marcos de forma como só un fondo coñecedor da historia da cidade e das súas xentes pode facer, é o que cando menos, deberíamos saber todos. Como naceu a cidade de Ourense, como se desenvolveu nos tempos medievais, e que pasou nos tempos de hoxe. De feito, nótase que o que máis lle interesa ao autor, e creo que en xeral a inmensa maioría da xente, é o mundo de hoxe, o contemporáneo. Así, os capitulos dedicados á cidade contemporánea –incluíndo a segunda república e a posguerra- ocupan a metade do libro... Pero empecemos polo principio.
O primeiro capítulo, “Marcada pola xeografía”, resume o acontecer do mundo prehístórico e romano, ou sexa o nacemento da cidade ao calor da burga, no fondo dun val moi fértil, e nunha encrucillada de camiñose para iso achega lecturas das últimas novidades das escavacións arqueolóxicas na Burga. No segundo, “Sede Auriense”, sintetiza en nove páxinas, o acontecido en trece séculos e polas páxinas desfilanpor alí desfilan os portos e portas da cidade, os artesáns, os xudeus, o viño, o propio Afonso X dicindo aquilo do “Así como eu bebería bo viño de Ourens...” na única referencia que hai á cidade na poesía medieval. Incluso hai unha simpática errata na páxina 27 –non imputable, obviamente, ao autor do libro senón ao excesivo cariño dos editores que porían os pés das fotos. S con el, pois sinala unha delas traidor pé de foto, unha “Vista da Catedral de Ourense dende a actual Praza de San Marcos”. E Marcos Valcarcel, en quen estaría pensando o que redactou o pé, é, claro, boa xente pero de momento nin santo, nin creo moito menos, podae substituír ao San Martiño. Non ten capa nin cabalo.
E nosNos tres últimos capítulos, os que tratan do mundo contemporáneo, o autor amósase máis falangueiro. No primeiro deles, repasa a evolución da fisionomía urbanada cidade, coa apertura da Rúa do Progreso, o pPaseo, a chegada da auga corrente ás casas, os iniciosa apertura da Ponte Nova en 1918... No capítulo da II República –unha das especialidades da casado autor- vemos pasar os nomes de axentes culturais e políticos que son aínda memoria viva: Basilio Alvarez, Luís Fábrega, un xoven Celso Emilio Ferreiro, os irmáns Cándo e Armando Ferández Mazas, Maneul Gomez del Valle, Otero Pedrayo, Peña Rey, Albino Núñez, Manuel Suárez o noso alcalde mártir... e unha lista de moitos dosos que sufriron a invención ourensá do verbo o verbo claudiar –maldita achega ourensá ao vocabulario galego- , en primeira persoa.
O penultimo capítulo, antes da bibliogafía agrupada en “PAra Para saber moito máis”, creo leva un nome excesivo. Titúlase “Ourense na posguerra” e en grandes pinceladas, trata da vida urbana desde 1939 aos tempos actuais e desfilan en procesión, a revista Misión, o Ateneo, a Auriense, Xocas, Ferro, O barrio do Couto.... e vai finalizar a actualidade, ánas placas de Manolo Figueiras no roteiro da Esmorgaen memoria de Blanco Amor. O capítulo remata cun comentario a propóstito destaa ruta da Esmorga que sen dúbida tamén se pode aplicar coa máxima corrección ao presente libro:
“É sen dúbida este camiño, a identificacióin co noso patrimonio e a nosa identidade, o que pode garantir un futuro mellor para esta cidade e unha maior autoestima e coñecmento de noso para todos os ourensáns”.
Así pois,do libro chega.
No último título, para sabe moito máis, cinta 46 entradas entre libros e artigos.
En definitiva. é un Libro útil para iniciarse na achegarse á historia local desde unha obra de difusión que conta cunha narración amena e áxil sen por iso perder un ápice de científismo. Xerais debería facer isto mesmo para todas as cidades.
Item III e final, ¿Que quen escribiu o libro?
Pois Marcos Valcárcel. ¿E quen ven sendo? Sábeno todos vostedes tan ben coma min, por iso están hoxe aquí. Marcos é o cronista -non oficial- desta cidade, que estuda e ama. Un motor vocacional da vida cultural da vella Auria que ten aquí, no Liceo, xunto coa Casa da Xuventude, un dos seus cuarteis, hoxe podiamos ben dicir, de inverno. Marcos é un ex-militante político de longa traxectoria no nacionalismo, discreto, benintencionado, xeneroso, con criterio independente, e ignorado, sorpresivamente no recambio do poder de hai uns anos.
Pero Marcos Valcarcel é ante todo, boa xente. Bo esposo, bo pai, bo fillo, e creo que tamén bastante Espírito Santo. Polo menos bo amigo dos amigos e nunha terra de nugallaus, traballador, nun país de argallantes, organizador, e nunha terra de furafollas, dinamizador. Ou sexa, en vez de conformarse simplemente coa mantra estéril das perífrases modais de obrigación, en terceira persoa ou impersoais, (Hai que, había que, tiñan que...) é dos que escolle, para construír cidade, historia e nación, a primeira persoa do plural e as perífrases temporais de futuridade: (Vou, imos, teño que, temos que, podiamos...) e así, con facilidade fai, e engaiola a amigos e coñecidos para faceren, pois as cousas cun pouco de seriedade e traballo non son tan difíciles e ben se pode mobilizar axentes durmidos que doutra forma se deixarían ir polo tranquilo dolce far niente nunha cidade de amable vivir como esta, ou polo esteticista e estéril baduar de cafetería. Hai que tecer o país cos xuncos que hai. E Marcos é un mestre cesteiro, pois tece e ensina.
Un mestre cesteiro do que non vou facer biobiografía porque teñen un resume na lapela do libro e porque hoxe teñen nos xornais varias entrevistas con el, que sen dúbida leran.
Marcos Valcárcel López, de cincuenta aproveitados anos, é persoa moi apreciada por estas características de bonhomía e xenerosidade que tanta ocupación e preocupación lle levan dado.
Seica leva escrito máis de 3000 artigos en prensa, leva pronunciado centos de conferencias, participado na montaxe de máis dunha ducia de exposicións, a última Galicia e Europa, para festexar o cincuenta aniversario da formación da europa politica. Leva organizado encontros de escritores, congresos, xornadas, presentacións de libros.... Creo quen en todas as editoriais está o teléfono de Marcos ben memorizado e sería fácil escoitar en calquera delas “Hai que presentar este libro en Ourense, chama ao Marcos”. Porque Marcos, por varrer para casa, ou sexa para o Ourense-cultura, sempre está disposto a botar unha man. Como dicía Xoaquín Lorenzo e creo que a Marcos lle pasa o mesmo, “non sei dicir que non”. Así, non me estraña que hoxe este local estea cheo de persoas agradecidas á súa xenerosidade.
En telegrama diríavos que naceu en 1958. Que estudou nos Maristas e no Masculino, ou sexa no Blanco Amor, Que fixo Historia en Santiago. Que traballou nas agrupacións culturais como o Galo e a Auriense. Que presentou unha tese –sobresaliente, claro- dirixida por Ramón Villares. Que é catedrático de Lingua e Literatura Galega no IES A Carballeira, onde leva media vida, ou sexa vinte e cinco anos. Que é membro correspondente da RAG, das fundacions Carlos Casares e Curros Enriquez. Que publicou máis dunha ducia de libros, o primeiro hai vinte e un ano, en 1987, (A prensa en Ourense e a súa provincia) e de momento o último, –sei que ten polo menos outros dous ou tres na recámara- é esta Historia de Ourense que hoxe nos serve de disculpa para congregarno ao seu redor. Que Marcos é o web master das Uvas na Solaina, esa fervenza en forma de blog.
Hai vinte anos, o 18 de maio de 1988, o común amigo Luís Rivas Villanueva, comentando a presentación do libro Ramón Otero Pedrayo, vida, obra e pensamento, da autoría de Xosé Ramón Quintana e Marcos Valcárcel, sinalaba en La Región: “ Antes de dicir unhas vaguedades sobre o libro, quería dicir que o primeiro dos autores en falar, Marcos Valcárcel, deixou a todo o auditorio impresionado. Demostrou unha madurez pouco habitual non home tan novo coma el. Ten unhas cualidades como orador excelentes. Sabe cinguirse moi ben ao tempo ocupado. Demostraba, como é natural, que o dominaba ben, soubo facer unha síntese da obra dun xeito contundente, albiscador e incentivadora para ler o libro. O Carrabouxo, que estaba diante miña, estaba tan ledo e atento que era todo un exemplo do pracer que sentía a sala coa voce do Marcos...
Que máis vou dicir. Que é unha sorte para Ourense e para Galicia ter homes coma el, que é unha inmensa sorte para nós, telo por amigo. Marcos, felicidades. E a polo seguinte.


