

encias das novas, a quen poida interesar: Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".


encias das novas, a quen poida interesar: 
Sextinario. 












A colección O Moucho, de Xosé María Álvarez Blázquez
Foi unha das grandes iniciativas de difusión da cultura galega a un nivel popular, a mítica colección O Moucho que lanzou Xosé Mª Álvarez Blázquez e que perviviu entre 1967 e 1983. Eu teño uns cantos en casa, moitos mercados en librarías de vello, pero non a colección completa, quen me dera!
Agora El País tivo a feliz idea (dende o domingo) de recuperar 21 títulos desta colección máis outro dedicado a XMAB. Entre eles, títulos moi populares e destinados ó gran público (Cantigas do viño, Contos do pobo) e pezas grandes das nosas letras como o Catecismo do Labrego ou O Maroutallo, de Otero Pedrayo.
Supoño que por problemas de dereitos non están outros como os dous escaneados enriba, de Ferrín e Pintos. Pero a idea é atractiva e seremos moitos os que merquemos os libriños de O Moucho (cando menos os que non teño xa, no meu caso).






lección de relatos Animalia (Galaxia), coa que gañara o premio Café Dublín un ano antes.






O home das pombas




