
.jpg)
Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".

.jpg)



(P.S.: por certo foi unha delicia ver a María Lado ler o seu microrelato cos seus acentos fisterrás, de geada e seseo, nas interiores terras aurienses, tan pouco habituadas a eles. Os meus parabéns ás tres mozas gañadoras e un saúdo tamén para Fátima González Comesaña, de Nigrán, que acudiu a recoller o seu galardón e estaba máis que encantada porque era ata agora autora inédita e escritora case a escondidas. A outra premiada María Lorenzo Miguéns, que non puido acudir, polo que eu sei xa ten participado noutras citas semellantes e foi premiada nalgún Concurso de Contos da Casa da Xuventude).










Bob DylanEra o cantante preferido do meu irmán maior nos primeiros 70. El trouxo a casa os seus discos. El levoume, case escondido (eu non tiña aínda a idade), a ver "Pat Garret e Billy o neno". Eu sempre asociarei a Bob Dylan co meu irmán na súa fase "hippie" cando quería estudar Belas Artes en Madrid.
Recomendado. "Dylan, o premio premiado" (Manuel Ángel Candelas Colodrón, hoxe en Faro de Vigo).
Pan por Pan 17 xuño
“Cantos camiños ten que andar un home/ antes de que lle chamedes home? (...). “Si, e cantos anos pode existir unha montaña/ antes de ser bañada polo mar? / Si, e cantos anos se permiten vivir a algúns/ antes de que se lles conceda ser libres?/ Si, e canto tempo pode un home volver a cabeza/ e finxir exactamente o que non ve?/ A resposta, meu amigo, está a soprar no vento,/ a resposta está a soprar no vento./ Si, e canto tempo ten un home que mirar cara enriba/ antes de que poida ver o ceo?/ Si, e cantos ouvidos ten que ter un home/ para que poida oír á xente berrar?/ Si, e cantas mortes se aceptarán, ata que se saiba/ que morreu demasiada xente?/ A resposta, meu amigo, está a soprar no vento,/ a resposta está a soprar no vento”. Premio Príncipe de Asturias das Artes, Bob Dylan. Discútese no meu blog se tiña ou non boa voz: a estas alturas da película iso non sei se iso importa.






e se recibiu indivisa. A nación, como o individuo, é a consecuencia dun longo pasado de esforzos, de sacrificios e de arelas. O culto aos antepasados é o máis lexítimo de todos; os antepasados fixéronos o que somos. Un pasado heroico, grandes homes, a gloria (refírome á verdadeira); velaí o capital social no que se asenta unha idea nacional. Ter glorias comúns no pasado, unha vontade común no presente; ter feito grandes cousas xuntos, querer facelas aínda, velaí as condicións esenciais para ser un pobo. Ámase en proporción aos sacrificios soportados, aos males sufridos. (...) Si, o sufrimento en común une máis que a ledicia. En punto aos recordos nacionais, os dós valen máis que os triunfos, pois impoñen deberes, ordenan o esforzo en común.
En Poleiro Alleo.jpg)
Episodio de caza- Historia e memoria en Ferrín
Terceira e última nota sobre Ferrín e outras historias. Santiago Lamas fai unha magnífica viaxe metaliteraria polo ronsel dos escritores suicidas: de Pavese a Maiakovsky, de Hemingway a Virxinia Wolf. “Matarse é confesar que un non comprende a vida ou que fomos sobrepasados por ela”, escribiu Camus en O Mito de Sísifo, un escritor máis á procura do misterio da conduta suicida. Tamén fala Lamas de historia e memoria. Volvamos a Méndez Ferrín: hai pouca historia nos relatos e novelas do escritor e moita memoria. Enténdase historia como análise e esculca miúda e contextualizada da obxectividade. E memoria como memoria subxectiva, sentimental e persoal. Que pode ser memoria dende unha nidia toma de posición: en nome dunha clase ou dunha nación.
A vantaxe dos grandes escritores é que eles poden construír a súa propia memoria, mesmo por riba da Historia con maiúsculas. Así o fixo Otero cos seus fidalgos galeguistas, comprometidos coa patria. E faino Ferrín acotío. Velaí o relato Episodio de caza: a FUE, o galeguismo, a resistencia guerrilleira. Ó cabo, un intelectual na biblioteca do Sarmiento: épica da Galicia soñada que puido ser.l