Qué alegría, vivir23 feb 2008
Qué alegría, vivir.jpg)
22 feb 2008
"Non hai variñas máxicas, daremos un salto cualitativo en dez anos"
"Non é concebíbel o futuro de Galiza sen un medio rural ben dimensionado", explica para Vieiros o conselleiro. (Ramón Vilar / Roberto Noguerol / Vídeo: Lucía Iglesias - VIEIROS. 21/02/2008
Falamos aquí varias veces do labor do conselleiro Suárez Canal e da Consellería de Medio Rural. Houbo intervencións diversas e moitas delas en positivo ó respecto dos seus plans. Collo prestada esta entrevista de VIEIROS por se alguén quere comentala con máis detalle.
Podemos ser optimistas? Eu creo que si. Pero sendo conscientes da realidade das cousas. Falamos de máis de dous millóns de hectáreas xestionadas deficitariamente até o de agora. Cando por exemplo alguén protesta porque a autoestrada non se limpou toda, pois pode ter razón, pero é que levaba trinta anos sen limparse. Diante do traballo por realizar non hai que ser inxenuos e pensar que hai variñas máxicas coas que cambiar as cousas da noite para a mañán.O que hai é que iniciar unha tendencia que nos poña na senda adecuada para conseguir un panorama paisaxístico e de ordenación do monte moi diferente nun prazo de dez ou doce anos.
(...) Hai un programa de goberno que se está a cumprir. No ámbito das políticas transversais creo que se deron saltos importantísimos en todo o que é os servizos complementarios. En canto ás tecnoloxías da comunicación está a haber un esforzo importantísimo da Consellaría de Industria e iso terá que ir notándose pouco a pouco. Un aspecto moi relevante no medio rural é dotar ese ámbito de servizos que poidan facilitar a vida, tanto dos pequenos como da terceira idade porque efectivamente é unha das dificultades á hora de xestionar unha pirámide de poboación complicada. Eu creo que aí se están a dar pasos moi importantes na atención, cun concepto novo na atención á terceira idade. Creo que tamén se deron pasos no ámbito do transporte, non só do transporte adaptado para os maiores, senón tamén incluso para que o mocidade poida ter determinadas coberturas de servizo durante as fins de semana. Penso que hai unha actuación transversal do Goberno que vai cubrindo necesidades que existen no medio rural. Probablemente, como en todas as cousas, os ritmos e os tempos teñen distintas percepcións por parte da xente. Pero é moi importante que se saiba cal é a situación de partida, en pirámides de poboación, en estado de xestión de territorio, en canto aos servizos existían no medio rural. Que ao final da lexislatura se compare de onde partiamos e a onde chegamos. Os recursos son moi limitados pero vai ser un cambio que modifica unha inercia e unha rutina que creo que é o máis importante.

21 feb 2008

Houbo manifestación populosa en Santiago convocada pola plataforma "Galiza non se vende". Os convocados protestaban contra Reganosa, Ence, o plano eólico, o plano acuícola, o plano mineiro, algunha autovía e tantiñas afrontas que non me caben na pancarta. Esta denuncia deseña un panorama de xeral destrución paisaxística, proxecta a imaxe dun país vendido por leiros ás multinacionais. Quen o vende? Pois Núñez Feijoo e os traidores do tándem Touriño-Quintana. Contra tal ofensa érguense as boas xentes que cren que outra Galiza é posible, unha coligación de verdes, independentistas da póla lusista e da isolacionista, damnificados por algunhas obras ou cheiros infectos, afiliados sindicais e encomodados do Bloque. Pepé, Psoé, Benegué, a mesma merda é! Se estiver nos zapatos de Paco Rodríguez ou do vicepresidente da Xunta, andaría preocupado porque a parroquia parece decepcionada ou inclusivamente traicionada. Espero que das reas protestantes xurda un partido cun programa claro, ecoloxista, socialista, independentista e altermundialista, capaz de conquistar, se non o poder, si o corazón da sociedade civil. Así contribuirían desde este corruncho do orbe a engrosar a Multitude que -segundo Toni Negri- desafía o Imperio.
Para min o bipartito peca de incompetente, non de dereitista. Non levei -polo lado ideolóxico- ningún desengano, porque supuña que as dúas formacións socialdemócratas do goberno autónomo non ían facer maiores lobadas que os laboristas británicos, os demócratas italianos ou os socialistas portugueses. Imaxinaba que asumirían, como así foi, a economía de mercado, o capitalismo máis ou menos reformado, a liberdade de costumes e un galeguismo temesiño, o único posible cando a parte nacionalista do gabinete representa en termos de apoio popular menos do vinte por cento. E tan bo día. Esperaba, si, que houbese mellores xestores, máis ideas e máis arxil. Son bo de conformar, pero Deus nos dea outras mellorías.

Pan por Pan xoves 21 febreiro (Imaxe: Gil Robles)
Cando se constituíu a CEDA de Gil Robles en Ourense na Segunda República, os congregados resumiron o seu programa no lema “Dios, Justicia, Familia, Trabajo y Propiedad”. Nesas cinco palabras están as claves de todos os partidos da órbita conservadora europea e os expertos en teoría política engaden outras como Xerarquía, a confianza na Tradición e unha concepción pesimista sobre a natureza do home e as consecuencias do Progreso. Supoño que na cerna do seu persoal sistema ideolóxico as persoas que se consideren de dereitas non estarán moi arredadas dun esquema coma este: de feito o Partido Popular leva meses mobilizando a poboación invocando os intereses da Igrexa católica (da súa xerarquía) ou bocexando un discurso catastrofista da política actual que reflicte esa escasa confianza no que representa o avance das ideas e das sensibilidades sociais.
20 feb 2008

Outra opinión sobre Kósovo
Ramón Luís Acuña, Kosovo, alumbrado con forceps (La Región 20 febreiro)
(Imaxe: Espido baixo unha parra, de Anglada-Camarasa, 1909, Museo de Belas Artes de Bilbao.)
O artigo completo
A pesar de los muchos matices que permite el caleidoscópico ideológico, las fronteras están claras cuando se trata de defender la libertad, y en estos casos extremos, no hay caminos sinuosos, ni calculadas ambigüedades. Por supuesto, hablo de lo ocurrido en la Universitat Pompeu Fabra con la candidata del PP Dolors Nadal. Hablo de militantes independentistas que gritaban "fuera los fascistas", mientras actuaban como jóvenes bárbaros del fascismo patrio. Hablo de ese "templo de la inteligencia", donde la inteligencia cae derrotada, frecuentemente, en manos de la exclusión. Hablo de violencia radical o, quizás, del germen de un fascismo catalán genuino. Ayer Josep Cuní osó nombrar lo innombrable: "Se puede ser catalanista y fascista", dijo en TV3, y Antoni Puigverd puso sobre la mesa a los hermanos Dencàs y a sus famosos desfiles militares de las juventudes de ERC. Ciertamente, la secular historia del catalanismo político no es ajena a las tentaciones fascistas, y aunque estas han sido muy minoritarias, han coexistido, en tiempo y lucha, con el catalanismo democrático. Hablemos, pues, sin caretas, ni miedos atávicos, de un germen que también ha florecido en la "Catalunya triomfant", y cuya deriva actual nos conduce, sin atajos, a las esteladas que ondean mientras se impide violentamente la palabra libre de una candidata. ¿Entenderán, alguna vez, estos jóvenes bárbaros que la libertad significa, precisamente, que puedan hablar los que no nos gustan? Que por eso luchamos, cuando luchamos por la libertad.
Andoliña 20 febreiro
Todos coñecemos a mítica revista Pulgarcito, que acolleu personaxes como Tribulete, Dona Urraca, Zipi e Zape ou Mortadelo e Filemón: forma xa parte da nosa memoria emotiva e das nosas máis fondas paisaxes da infancia. Pero este Pulgarcito que coñecemos naceu en 1947. Antes, nunha etapa anterior e concretamente dende o ano 1921, existiu unha revista infantil ilustrada do mesmo nome, fundada e dirixida por Juan Bruguera en Barcelona. Custaba 5 céntimos e publicaba contos e lendas, textos folletinescos, biografías de grandes homes e historias gráficas de aventuras cheas de piratas, bandoleiros, cortadores de cabezas ou heroes como Gastón de Lis.
O primeiro ‘Pulgarcito’ contaba, naqueles tempos tan bélicos de Marrocos e o apoxeo do colonialismo hispano, cunha sección patriótica e coas notas de guerra Los héroes del Riff, así como con textos católicos piadosos e caritativos como Hermanita de los pobres. Ediciones B publicou no 2000 un tomo cos 40 primeiros números deste Pulgarcito orixinal, que alguén con intelixencia e gusto me agasallou.
Milagres da imprenta: ten a súa graza ler, dende tanta distancia, as historias infantís que alimentaron o tempo dos meus avós.
.jpg)
19 feb 2008

TITULO ORIXINAL. Conspiracy. 96 minutos.
REPARTO: Stanley Tucci, Kenneth Branagh, Colin Firth, Barnaby Kay, Ben Daniels, David Threlfall, Jonathan Coy, Brendan Coyle, Ian McNeice
Coproducción USA-GB; HBO Films

A Mariano Rajoy adornáranno outras virtudes, pero currante, o que se di currante, nin os seus simpatizantes máis fieis estarían dispostos a dicir tal cousa. E que non se pense que me meto eu con Rajoy (hoxe). Non, todo o contrario. A min de Rajoy precisamente o que me gusta é esa indolencia. Gústame iso e? ben, agora non se me ocorre ningunha outra cousa.
Deixémolo en que me gusta o da indolencia, porque recoñezo que a min tamén me pasa como a el: gústame durmir e, aínda que non fumo, tamén me prestan as sobremesas seguidas de sonecas, cando é posible. Claro que eu non pretendo gobernar España, coma don Mariano? Pero, que sei eu. Tony Blair é o enviado especial das Nacións Unidas para Oriente Medio e aínda ten tempo para sentar no consello de administración dun banco privado (o que hai que facer para chegar a fin de mes). Se Blair pode resolver unha cousa tan difícil como o conflito de Oriente Medio no seu tempo libre, dirixir España, que é principio debe ser máis doado, se cadra pódese facer sen renunciar á siesta.
Non, eu non lle pido a Rajoy que se volva un currante. Sería como cambiar de chaqueta, como traizoar aos seus principios (e non me refiro aos seus principios na política como candidato da falanxista Unión Nacional Española). En política a coherencia é fundamental, e Rajoy, que tivo que loitar tanto contra esa imaxe pouco favorable que ten o nome Mariano no subconsciente colectivo tras décadas de chistes de Forges, non pode desperdiciar ese capital de molicie. Claro que hai quen pensa que o que quixo dicir con iso de que o seu programa era o dos currantes era que ía defender os intereses dos traballadores. Pero iso será unha broma, supoño.
Certamente teño dúbidas. Non sei se é bo falar destes temas ou non. Saben que máis me gusta falar de cousas cotiás, lixeiras e divertidas que poñerme serio e trascendente. Pero tamén ás veces é bo verbalizar cousas aínda que sexan triste e feas polo menos para botalas fóra. Imos logo a elo. A primeira sensación ao ver a aquela ducia de capitidisminuídos berrándolle a unha persoa como María San Gil nese templo do saber e da universalidade que debe ser a Universidade, foi, unha mestura de asco, rabia, vergoña e incredulidade. E por todo iso decidira non falar do asunto. Apagón informativo. Ningunha presenza mediática merecen eses fatiño de gamberros, como ningunha presenza merece o Solitario ou o violador de turno. A roupa sucia ben está no seu cubo á espera da lavadora, e non no salón por riba da camilla. Pero como o tema saltou, poderoso, e como o esoutro día vin eses rapazolos orgullosos, sorrindo no seu minuto de fama e ameazando de novo á María San Gil e ás autoridades da universidade xusto ao quedaren en liberdade, pensei que si, que me apetecía e cumpría falar do tema. E para que non haxa dúbidas sinalarei que admiro a María San Gil. E non direi que máis alá das súas ideas, porque se tal así fose, sería algo nimio, marxinal e sen importancia na cuestión esencial que aquí tratamos. Porque non falamos de ideas, falamos de valentía, coherencia e, sobre todo, da liberdade e da defensa colectiva da liberdade. Fagamos un pouco de historia. O día 23 de xaneiro de 1995, un tal “Txapote” rebentoulle a cabeza dun tiro ao comensal que acompañaba a María San Gil nun restaurante da zona vella de San Sebastián. Zarraspicada, literalmente, co sangue do seu xefe –era secretaria de Gregorio Ordóñez- decidiu seguir o seu traballo e entrou en política. Tampouco a tratou ben a vida noutras cousas; o ano pasado enfrontouse a un cancro de mama que seica logrou vencer. E esta política de raza, esforzo e traballo, vén falar á Universidade de Santiago e un fato de matriculados –non quero chamarlles estudantes- tratan de impedirlle a palabra. Argüen agora o famoso dereito á discrepancia, tratando de confundir o que é cousa de civilización, coloquio e argumentación con pitos e abouxos totalitarios, ou sexa, fascistas. ¿Que o PP se aproveita do caso? ¡Claro! ¿E que? ¿Quen lles deu as bazas? O máis parecido a un tonto de dereitas é un tonto de esquerdas, dicía Alonso del Real. Os tontos, tontos son. Os boicoteadores do acto non cobraron do PP –por suposto vai contra a lóxica- pero ben o poderían ter feito a razón dos beneficios reportados. O mundo móvese así. Mellor é o silencio informativo ao redor destes infames, pero se non pode ser, pois todos xuntos, -“cal falanxe de ferro ben tecida” dicía provocadoramente Eduardo Blanco Amor- ao redor do partido común da palabra e da democracia. Eses gamberros non se poden asimilar a ningunha sigla razoable pero prexudican a todas... e tamén a todos os cidadáns desta Terra que non temos máis siglas cás iniciais dos nosos nomes e apelidos, e que non por iso somos mellores ou peores cós outros. Eses tipiños, quede claro, non representan nada, nin a ninguén. Que non ergan a súa voz no nome de nigunha patria, matria, nin farrapo de gaita, búlgara ou galega. Teñen en común con vostede e comigo que naceron no noroeste ibérico e que son vertebrados. Pero non sapiens sapiens. Posiblemente ungulados.
18 feb 2008
Para Arume, que lembrou este suceso hai unhas semanas no blog
No seu artigo de onte, García-Bodaño lembraba a vergonza que pasou cando o Honoris Causa a Cunqueiro, Camilo José Cela e J.M. Piel.
(...) Ocorrera, concretamente, no paraninfo da universidade compostelá, a media mañá do día 20 de xaneiro de 1980. Celebrábanse os nomeamentos pola USC, a proposta da Facultade Filoloxía, de tres Doutores Honoris Causa concedidos aos escritores señores Álvaro Cunqueiro Mora e Camilo José Cela Trulock, xunto co filólogo Joseph M. Piel. O protocolo e a gala estaban coidados ao máximo. O gran salón estaba a rebordar de xente. Había un pouco que xa agardabamos á comitiva cos doutorandos e os padriños. De súpeto, fóra, nos corredores de acceso, sentíronse grandes voces e berros, un grande barullo provocado por un grupo. Non se sabía de que ía a cousa. Ao cabo entraron, a xente apertouse contra a porta. Os berros seguían de cando en cando. Dentro, os asistentes mantíñanse entre desacougados e tensos polo escándalo. Joseph Piel estaba sorprendido. Cela, amosábase impasíbel. Cunqueiro, moi triste, xa non se atopaba nada ben da enfermidade, faltáballe un ano para que a morte o levara para o estraño país imposíbel de nunca máis volver, onde sen dúbida o recibirían con xeneroso entusiasmo os personaxes do seu mundo literario e todos os seus que o precederan. Eu tiven que facer un enorme esforzo para non me deixar conmover. No medio do acto, cando era a quenda de Cela, alguén abriu a porta lateral traseira do salón e tiraron contra o teito dúas galiñas vivas que tardaron en retirar. Despois, xa cando lle tocaba ao filólogo Joseph Piel, fixérase a calma. Moitos dos que loitaramos pola liberdade, por esta terra e a súa cultura, alí presentes, sentimos vergoña, unha fonda vergoña. Non había ser a única vez.

La Región 18 febreiro. Imaxe: As Tres Gracias, 1530, de Lucas Cranach O Vello.
Tallas. Como vostedes xa saben, hai uns días o ministerio de Sanidade presentou o primeiro estudo antropométrico da poboación feminina feito en Europa. Disque as tallas habituais da roupa das mulleres non se corresponden en moitos casos coas súas formas naturais e afírmase que o 41 por cento das españolas tiñan problemas ata agora coas tallas da roupa. Os consumidores aplauden a medida e o estudo será enviado agora á industria téxtil para que adapte os deseños á realidade. Oxalá sexa efectivo: iso favorecería a todos, fabricantes e consumidores. O estudo tamén esculcou na relación das mulleres co seu corpo e concluíu que a maioría están bastante satisfeitas, agás un tramo da adolescencia (16 a 19 anos). Preocupante pode ser constatar, á vista doutros problemas ben coñecidos, que o 70 por cento das mozas cunha delgadeza severa están en cambio moi satisfeitas co seu corpo.
Morfotipos. O citado estudo, realizado con datos de máis de dez mil mulleres de todo o Estado e presentado polo ministro Bernat Soria, tamén establece tres morfotipos dominantes na poboación feminina do noso país: os chamados cilindro (medidas de peito, cinturas e cadeira similares); diábolo (perímetro de peito e cadeiras simétrico e cintura máis estreita) e campá (dimensións de peito e cintura semellantes e as cadeiras máis anchas). Os nomes dos tres modelos molestaron nalgúns sectores: eu, ignorante destas cousas, non sei de onde os sacaron, pero supoño que será unha terminoloxía habitual ó respecto. Tamén dixeron que o modelo cilindro abrangue ó 36 por cento das esculcadas, sendo dominante nas mulleres máis novas; un 39 por cento veríanse retratadas no modelo diábolo, con máis presenza entre os 30 e os 60 anos, e un 25 por cento, no modelo campá, que é o maioritario entre as mulleres de máis de 60 anos.
A beleza na Historia. Eu non sei nada disto, repito, pero creo que ninguén debera sentirse molesto coa nova taxonomía. Porque nada hai máis variable na historia que o propio concepto de beleza e diso falamos hai unhas semanas neste recuncho. As mulleres de Rubens seguro que caían no morfotipo cilindro, incluída a encantadora Helena Fourment, a súa segunda esposa, que tiña 16 anos cando casou co gran pintor barroco e que tantas veces lle serviu como modelo nos seus cadros. O mesmo pasaría con moitas mulleres retratadas por Durero ou por Tiziano. En cambio, serían consideradas anoréxicos algúns corpos esqueléticos que representaban o ideal da beleza para Jan Van Eyck no século XVI. Cando retratan mulleres que representan grandes virtudes (Eva, a prudencia, a xustiza, etc.) autores como Lucas Cranach ou Hans Baldung Grien escollían corpos máis ben redondos, con barriguiñas prominentes e amplas cadeiras, na liña do morfotipo campá. Estes artistas europeos, en cambio, pintaban a Morte (no topos das Tres Idades, por exemplo) cun corpo esplendoroso digno dunha modelo de hoxe na Pasarela Cibeles. En fin, que non se contenta o que non quere.
17 feb 2008

Il n'y a pas d'amour heureux, Louis Aragon (1897-1982). Imaxe: Aragon, por Matisse.
Un dos poemas máis coñecidos de Louis Aragon. Cantouno Georges Brassens (1965) e Michèle Arnaud e Françoise Hardy. Velaí unha versión de Elodie Frégé. Tamén o canta Danielle Darrieux na película 8 femmes, de François Ozon.
Rien n'est jamais acquis à l'homme. Ni sa force
Ni sa faiblesse ni son cœur. Et quand il croit
Ouvrir ses bras son ombre est celle d'une croix
Et quand il croit serrer son bonheur il le broie
Sa vie est un étrange et douloureux divorce
Il n'y a pas d'amour heureux
Sa vie elle ressemble à ces soldats sans armes
Qu'on avait habillés pour un autre destin
A quoi peut leur servir de ce lever matin
Eux qu'on retrouve au soir désarmés incertains
Dites ces mots ma vie et retenez vos larmes
Il n'y a pas d'amour heureux
Mon bel amour mon cher amour ma déchirure
Je te porte dans moi comme un oiseau blessé
Et ceux-là sans savoir nous regardent passer
Répétant après moi les mots que j'ai tressés
Et qui pour tes grands yeux tout aussitôt moururent
Il n'y a pas d'amour heureux
Le temps d'apprendre à vivre il est déjà trop tard
Que pleurent dans la nuit nos cœurs à l'unisson
Ce qu'il faut de malheur pour la moindre chanson
Ce qu'il faut de regrets pour payer un frisson
Ce qu'il faut de sanglots pour un air de guitare
Il n'y a pas d'amour heureux
Il n'y a pas d'amour qui ne soit à douleur
Il n'y a pas d'amour dont on ne soit meurtri
Il n'y a pas d'amour dont on ne soit flétri
Et pas plus que de toi l'amour de la patrie
Il n'y a pas d'amour qui ne vive de pleurs
Il n'y a pas d'amour heureux
Mais c'est notre amour à tous deux


Os 109 deputados presentes no Parlamento aproban a declaración entre aplausos e berros de xúbilo. Serbia reitera que nunca recoñecerá o recién proclamado país e Rusia xa pediu unha reunión urxente do Consello de Seguridade da ONU.

O domingo nacía un novo estado europeo: Kósovo, a antiga provincia serbia, que declarou a súa independencia de forma unilateral. Un estado de case dous millóns de persoas e escaso territorio (como Asturias), din que inviable no plano económico porque dependerá durante moito tempo das axudas europeas e norteamericanas. Kósovo nace contra a vontade de Serbia e Rusia (a Rusia que masacra o pobo checheno) e co apoio dos EEUU e da Unión Europea, agás España, por motivos obvios. En certa esquerda europea debeu ser chocante a imaxe dos nacionalistas kosovares con bandeiras albanesas e norteamericanas.
O nacemento do novo estado kosovar é fillo da historia e da reacción á política panserbia de Slobodan Milosevjc. O seu futuro é unha incógnita e dependerá da relación de forzas da diplomacia mundial. E boa parte desta diplomacia concluíu que a convivencia pacífica de serbios e kosovares non era posible co status anterior.
A comezos dos 80 organizamos en Ourense un seminario nacionalista no que un profesor da Universidade de Compostela puña como exemplo máis perfecto de convivencia entre nacións e culturas a Iugoslavia de Tito: non se pode dicir que acertase precisamente.

1995: Rafael Dieste. A Domus
17.02.2008. MARCOS VALCÁRCEL. Imaxes: Rafael Dieste. Nun busto do escultor Ferreiro Badía; Chus Pato; novela de X. Miranda.
terarios e lingüísticos, velaí os traballos sobre crítica literaria de Ramiro Fonte (As bandeiras do corsario); o estudo de Claudio Rodríguez Fer sobre A literatura galega durante a Guerra Civil; o volume Literatura e sociedade en Galicia, 1975-1990, de Xosé González Millán; Galicia desde Londres, sobre as crónicas na BBC dos galeguistas, de A. Raúl del Toro Santos; a esculca no teatro de preguerra en Ferrol (Laura Tato); a edición dos Manifestos das vangardas europeas, por Xesús González Gómez, ou o estudo sobre A poesía lírico galego-castelá (1350-1450), de R. Gómez Polín.Da mesma andaina son os Estudos de sociolingüística galega de Henrique Monteagudo; A lingua galega en Cuba, de X. Neira Vilas, e a publicación dos dous primeiros volumes de Usos Lingüísticos. Mapa Sociolingüístico de Galicia pola RAG: con tal motivo a revista Luzes facía un debate sobre o noso idioma con Xesús Ferro e A. Santamarina. A RAG tamén publicaba, en edición de Xosé Luís Pensado, o volume Traducción de algunas voces, frases y locuciones gallegas, especialmente de la agricultura, al castellano.
tudo sobre o arquitecto Manuel Gómez Román, da autoría de Xaime Garrido e Ramón Iglesias.En clave feminista aparecían volumes como O contradiscurso das mulleres, de Carme Blanco, e Escrita da certeza. Por un feminismo optimista, de María Xosé Queizán. Títulos dese ano son tamén Lendas galegas de tradición oral, de X. M. González Reboredo; Eduardo Blanco Amor dende Buenos Aires, o epistolario do ourensán recollido por Neira Vilas; Documentalismo fotográfico contemporáneo, de Margarita Ledo; Crónica de cine. O Carballiño 1990-1994, de Miguel Anxo Fernández; a tradución ó galego de Arredor da cuestión nacional, de Alain Badiou; e o volume coordenado por Ana María Platas Literatura, cine, sociedade.Pero, sobre todo, 1995 foi o ano de Rafael Dieste no seu Día das Letras Galegas. Velaí obras como a biografía feita por Luís Rei Núñez, A travesía dun século (Do Castro); RD. Vida e obra en lingua galega, de Salvador García-Bodaño (RAG); o volume colectivo Rafael Dieste. Un creador total (Galaxia); Tentativas sobre RD (Sotelo B.); RD. Heterodoxia e paixón creadora (Xerais), etc.
16 feb 2008
Un canadiense obeso mórbido se ha vuelto memorioso vívido. Estaba a tratamiento con electrodos para reducirle el apetito y en algún chisporroteo por el hipotálamo empezaron a "agolpársele los recuerdos". Acaban de engordarle la memoria, que tiene una dieta de entradas y salidas, recuerdos y olvidos, útil para vivir. Los científicos están ilusionados con el descubrimiento (hasta ahora no tenían especialmente relacionada la memoria con el hipotálamo) y por otro efecto secundario del bombardeo destinado a minar el apetito del paciente obeso: el canadiense aumentó su capacidad de aprendizaje. De demostrarse en más casos repitiendo las condiciones, el descubrimiento puede tener aplicaciones generales pero el relato periodístico ha despreciado al paciente. ¿Está contento con sus recuerdos minuciosos recuperados? ¿Quiere utilizar sus nuevas capacidades de aprendizaje conseguidas por un sistema que recuerda al de los superhéroes? Solemos considerar que es mejor tener buena memoria y capacidad de aprender que ser gordo pero acaso ahora este hombre se acuerde más de la comida y comprenda mejor por qué no debe proseguir su ingesta excesiva, lo que agudizaría su dilema.Solemos quejarnos de la mala memoria o de su arbitrariedad, que hace recordar tonterías y no fijar conocimientos útiles. No podemos saber cuánto lamentaríamos ser un memorioso incapaz de limpiar las vivencias inútiles. Ese "agolparse los recuerdos", ese alud de pasado, parece más angustioso que ventajoso. Ni vivencias ni recuerdos se pueden escoger pero acaso tengamos que estar más agradecidos a los olvidos involuntarios que a la memoria exhaustiva.
De novo sobre o Cola-Cao: "O oculto sindicato dos complicavidas", de Afonso Vázquez-Monxardín (La Región 16 febr.)

15 feb 2008


14 feb 2008
Mundo tolo. Cranach.

A política, o Lazarillo, Madame Bovary: "Comicios e buleiros", de Anxo Tarrío (GH 14 febr.).
Os futuros nenos centenarios: "Daquí á eternidade", de Bieito Iglesias (ECG 14 febr.).
Hai días en que entran no blog arredor dun cento de comentarios (os lectores son máis aínda). Por suposto, non podo responder a todas as mensaxes e mesmo esquezo ás veces referirme a asuntos nos que eu son interpelado directamente. O meu tempo é limitado e hai outros compromisos. Quero que ninguén se moleste, pois, se nalgún momento esquezo responder a algunha cuestión.
Por outra parte, espero que o perfil do blog se manteña como ata agora, cunhas normas de respecto, cortesía e elegancia intelectual. Nas últimas xornadas sentín a sensación de ver arribar un cachón de intervencións aínda non habituadas a este estilo, quizais aburridas doutras solainas onde as normas de conduta son diferentes. Agardo que os recén chegados se incorporen mantendo ese mesmo estilo e perfil que aquí nos caracteriza: o blog non quere ser outra cousa que o que xa é, unha tertulia de amigos/as, de posicións ideolóxicas diferentes, pero todos copartícipes dun mesmo espírito de tolerancia e valores democráticos.

13 feb 2008

12 feb 2008
Méndez Romeu pide deixar a lingua fóra do debate electoral.
Núñez Feijóo defende a Galicia bilingüe.
PP e PSOE de Lugo votan contra as galescolas.
A edil do PP Alicia Pena estimou que o proxecto de galescolas é "excluente" e non ten en conta o bilingüismo.

(Imaxe: A Vienesa, de Manet)
"A nación e a morte", de Xosé M. Sarille (ECG 12 febreiro). Segue vivo o debate sobre Israel. Como nesta casa se falou bastante do tema, deixo esta visión, diferente doutras xa expostas, para o debate.
José María Pérez Álvarez gana el Premio Bruguera (Cristina Huete informa en EP)
"El Estado de las Autonomías es el estado del regateo permanente" (entrevista con Ceferino Díaz en EP)
11 feb 2008
Nun artigo publicado onte en El País ("PSOE: fuerza y debilidad"), Suso de Toro recriminaba ó PsdG-PSOE elaborar unhas listas electorais con demasiado peso do aparato estatal. E demandaba maior capacidade de decisión ó respecto do PSdG.
Pola súa banda, hoxe Anxo Quintana e o BNG reclaman solucionar o problema da limpeza do voto emigrante para facilitar unha posible investidura de Zapatero.

Moi atinada a intervención da conselleira, enfiando co espírito reformista dos mestres da República (con cita do don Gregorio, de Manuel Rivas) e o papel central do profesorado en toda reforma educativa. Que merece un meirande recoñecemento social, engadiu Laura Sánchez Piñón. Tamén estiveron presentes no capítulo dos símbolos a Xeración Nós e Otero Pedrayo, e Vicente Risco e José Ángel Valente e o socialista Julián Besteiro e Carlos Casares. E outros: tan vizosa é a historia dese centro e do seu fermoso Paraninfo.
Hai tamén páxinas negras e tamén foron evocadas: o incendio de 1927 e os xuízos sumarísimos e condenas a morte do 36, ditadas alí mesmo, coas mulleres dos mandos militares como público.

Segundo conta LVG, hoxe ás 18,30 h. no Edificio Politécnico do campus de Ourense vaise ler a primeira tese de Físicas en galego (non sei se é a primeira da U.de Vigo ou de todas as facultades de Físicas galegas).
Titúlase Análise climática do modelo conceptual de desenvolvemento en aire frío e o seu autor é o militante nacionalista MARCOS TESOURO MONTECELO.
10 feb 2008

Tense dito nalgures que non hai no mundo ningún prostíbulo que xunte a tantas "mulleres da vida" coma unha boa biblioteca. Europeas, orientais, americanas do sur e do norte, africanas, todas elas grandes señoras, vilmente explotadas, que inspiraron, ao longo da historia da humanidade, novas palabras; abonda coa súa propia designación: putas, chicas fáciles, visitadoras, geishas, meretrices, mulleres da rúa, cortesanas, jineteras, rameiras, furcias, pelandruscas, fulanas, busconas... Así até encher páxinas; libros enteiros.
¿Queda alguén ahí?, de Afonso Vázquez-Monxardín (La Región 9.2.08)
artigo completo
Aínda así, o filme xogaba con humor acedo sobre a realidade dunha aldeíña de Ourense na que os poucos e vellos veciños que quedaban -oito ou nove- fixeran unha corta de piñeiros nun comunal e, en vez de repartiren os cartos que lles deran, acordaran gastalos todos en facer unha obra para servizo común. ¿Que qué fixeron? Pois, lóxicamente, algo pensando no futuro de todos: un tanatorio. Enterraran nel, nunca mellor dito, dezanove millóns de pesetas. As dúas nenas -moi guapiñas, por certo- que quedaban de momento na aldea protestaban ante os vellos pola decisión e pedían que lles arransaxen a vella escola unitaria para teren un punto de encontro. Nin caso, por suposto: a desafección do lugar está asegurada. En canto teñen posibilidade liscan, pois séntense estrañas nese ecosistema de vellos en que se convertiu a súa aldea. O local dos maiores, o teleclube, fantástico: un gran crucifixo rodeado de moitos posters de mozas en coiros, bufandas do Barça, Madrid e Deportivo, un televisor, un feixe de películas porno, un retrato asinado de Fraga... en fin, un poema vangardista.

1994: ‘O Correo Galego’
primeiros días contou con colaboradores como Rábade Paredes, M. Anxo Seixas, C. Pajares, X. Ferro Ruibal, Antón Fraguas, M. Dourado ou Iago Seara entre moitos outros (tamén deste cronista, honra da que me gusta presumir). A Mesa de Normalización Lingüística pediu máis subvencións para a prensa en galego e editou 8.000 postais con bicos ó galego e ó novo xornal, coa lenda "Múa!" e con deseño de Suso Otero.Foi tamén bo ano para as letras. Na narrativa Darío Xohán Cabana gañaba o premio Xerais, ditaminado no Ferrol, cunha das súas mellares novelas: O cervo na torre.Outras entregas do ano foron En salvaxe compaña, de Manuel Rivas; A cidade das chuvias, de Xosé Fernández Ferreiro, dende a voz reflexiva dun vello docente compostelán; o relato de terror A neve e a cadeira e A biblioteca da iguana, ámbolos dous de Xosé Miranda, recolleita de relatos que abanean entre a verosimilitude e o fantástico; Diário de inverno, novela lírica e sorprendente dende a voz narrativa dos escritos do diario dun demente. A novela negra seguía nunha etapa de esplendor, con títulos como Criminal, de Xurxo Borrazás, ou A man dereita, de Aníbal Malvar, e Xesús Rábade Paredes volvía ó mundo do barroco (despois de Branca de Loboso) coa novela As sombras do barroco. Da mesma andaina son Contos de indianos, de Olegario Sotelo Blanco; Polas rúas de Padrón, colección de relatos de Úrsula Heinze; e Trabalhos e paixôes de Benito Prada, novela tamén policíaca do escritor e xornalista portugués Fernando de Assis Pacheco, ambientada en terras ourensás. Manuel Riveiro Loureiro gañaba o premio Modesto R. Figueiredo e Carlos Casares publicaba O galo de Antioquía, logo reeditado varios veces, a primeira na serie dos Contos do Castromil. Xosé Cid Cabido gañaba o premio Blanco Amor con Panificadora, novela de denuncia do capitalismo dende unha aparencia irónica e despreocupada (DLG). No rexistro temático da ciencia-ficción movíanse tanto A sombra cazadora, de Suso de Toro, como Hipogrifo, de Antón Risco. (Segunda imaxe: debuxo de Gonzalo Araúxo, para Estirpe, de Méndez Ferrín)

9 feb 2008
A Galicia borrosa volve no artigo "Identidade borrosa", de Miguel Suárez Abel (ECG 8 febr.)
artigo completo
A conciencia pode ser étnica ou nacional , a última de carácter político, a exclusiva da idade moderna. Pero en Galicia en vez dun convencemento nacionalista o que se nos dá ben é potenciar o nacionalismo dos outros. Axudamos en serio na construcción do nacionalismo arxentino, no mítico, racial e idolátrico vasco e no laico catalán, pero para o noso servímonos máis dos que veñen de fóra ca dos que viven aquí. A perda, a distancia, o saír fóra introdúcenos nos sentimentos de identidade. Ausentes fisicamente, amarrámonos psicoloxicamente á terra. ¿É o noso un nacionalismo máis borroso ca acolledor ? ¿É o quebracabezas da identidade unha paixón inútil ou en nós só unha amalgama borrosa? Sexa inútil ou non, dentro da borrosa identidade que nos envolve, parece que o máis preto da nosa auténtica maneira de ser como somos é a emigración. Este parece ser, s
E Mabel Rivera reflexiona dende as imaxes sobre a destrucción do noso patrimonio (Unha lousa no Caurel)
Algunha vez téñome laiado, para min mesmo, de non gardar demasiada memoria da miña infancia. Foi unha infancia sinxela, quizais aburrida, tranquila dende logo. Pero non é certo: só que tire un pouquiño do fío da memoria, o disco duro empeza a activarse e as lembranzas e anécdotas van aboiando, ensarilladas unhas noutras. E a iso imos agora.
A Granxa
Nacín na chamada estrada da Granxa, un tres de marzo de 1958. Moi perto do cimiterio de San Francisco. Dende o balcón da miña casa víanse as cruces e as tumbas e os nenos xogabamos por alí perto. Aínda está en pé a miña casa natal, facendo curva, xusto onde remata a rúa que pasa por diante do cimiterio e fai a curva para subir cara Barrocás, a casa da esquina, metida un pouco para atrás. Lembro ben as cores azuis e verdes, suaves, das habitacións. E o piso de madeira, con algún buratiño: por alí se me escoaban os monequiños de plástico que viñan nos deterxentes de Omo, elefantes, leóns, tigres, xirafas (velaí o meu Rosebud).
Din que fun un neno tranquiliño, que non molestaba a ninguén. Podía pasar horas xogando con eses animaliños ou ensimismado no meu mundo. Tamén era falador, iso si, cando me deixaban. Daquel barrio lembro pouco, pouco tempo debín estar alí. A primeira escola estaba moi perto da casa e nada lembro dela, agás xogar no patio a coller lombrices e metelas en latiñas de metal. Tamén lembro que me daba por rachar e comer os papeis das marxes dos primeiros libros e enciclopedias, encantábame mastigalos e alguén me chamaba O Ratiño ou algo así. Eu ía á escola co meu irmán maior, Félix, que me leva ano e medio, e un día seica nos deu de esguello unha furgoneta cando cruzabamos a rúa: a min non me pasou nada, el un pouco magulladiño, creo.
O meu pai chamábase Félix Valcárcel Martínez e tiña un pequeno obradoiro de xoiería, xa o tería daquela, na rúa de Santo Domingo (despois foi tenda de xoieiría atendida polos meus tíos Olga e Exmelin); o seu pai, José Antonio, e el mesmo, viñan de Armariz, das terras de Nogueira de Ramuín, e a avoa paterna, Rosalía, dun pobo moi perto, Verdefondo. O José Antonio andou nos anos mozos, teño entendido, de ambulante polas feiras con artigos de xoiería e outros produtos. A miña nai, Carme López Vázquez, viña de Ervedelo, pobiño próximo ó Seminario, nos arredores de Ourense: os meus avós maternos, Benxamín e Carme, pasaran a experiencia da emigración, en Cuba e na Arxentina. O Benxamín era das terras de Barra de Miño (un seu irmán chamábanlle “O Lobo” e contábase que matara un cabalo dunha puñada na cabeza). A miña nai ten dúas irmás, as miñas tías Dorita e Pura, esta vive hai moitísimos anos en Francia (ven nos veráns), aló foi traballar o seu home, Manolo, ós asteleiros de Marsella, levan xa anos xubilados.
Os meus pais casaron moi novos e din que, cando a data da voda, a miña nai andaba enferma. Pero o meu pai insistiu diante do Benxamín en respectar a data: se facía falta, casaban con ela na cama. Moi cedo tiveron o primeiro fillo, o meu irmán Félix; ano e medio despois cheguei eu. Tamén me contaron que a miña nai lera daquela a popular novela “Corazón “ de D’ Amicis e gustáballe este nome para o seu fillo: por sorte, alguén, quizais o meu pai, sacoullo da cabeza e escolleu o “Marcos”, que daquela non era un nome moi habitual.
Pouco despois de nacer eu deberon empezar a facer a casa da Avenida da Habana, n.111 no seu día. Lembro, aínda na casa da Granxa, un día de choros e tristuras e loito: se non estou errado, morrera un obreiro, un albanel, nas obras da casa nova. Os nenos fomos apartados, para non enterarnos de nada, pero vimos o ambiente luctuoso, claro. Na casa da Habana viviríamos no terceiro piso (o resto da familia, avós paternos, tíos paternos, tíos maternos, etc., nos outros). O meu pai rexentou durante moitos anos un xigantesco obradoiro (dicíamos “taller”) de xoiería, de fabricación (medallas, pulseiras, etc.) e de arranxos para a tenda de Santo Domingo. A miña infancia está chea de imaxes de medallas, Virxes dos Remedios ou dos Milagres, máquinas monumentais e espazos escuros nos sotos do taller. Xa lles contarei. Por certo, unha curiosidade: na casa de enfronte, aínda que non nos tratamos moito daquela, vivía un tal Afonso Monxardín, cos seus pais e irmáns.
As primeiras fotos
Na casa da miña nai hai algunhas caixas con fotos. En tempos estaban gardadas naquelas caixas metálicas tan bonitas do Cola-Cao, lembran? Estou vendo agora, dende o fío da memoria, algunhas desas fotos. Nunha delas estamos tres irmáns: Félix, eu mesmo e no medio Fátima. Ela aínda é un bebé e collémola cos nosos braciños. Podería ser unha foto do Screchk. Os dous estamos perfectamente peiteados, cos nosos flequillos milimétricos (ó estilo Mireille Mathieu) e unhas camisetas de liñas grosas. Noutra estamos espidos, ensinando o pito, Félix e eu, no fouciño dun impresionante Delahaye (como se escriba) que tiña o meu pai daquela, quizais nunha viaxe, quizais en Extremadura. Outras son de Ervedelo, da casa dos avós maternos, e temos tamén a típica foto montados nun burriño, en medio das vides que nos agarimaban nas vendimas.
Xa lles contei, en entrega anterior, do Colexio do Pilar. Quero engadir agora que os nenos daquela vivíamos nun ambiente de bastante liberdade. Pasamos moito tempo no Parque de San Lázaro, xogando as canicas, con longos ríos de area movida, e outras cousas. Había un postiño de baratixas e trapalladas na parte superior (perto de onde hoxe está a estatua do Carrabouxo) e por alí andabamos os nenos a rebulir sempre. Os meus pais estaban moi preocupados, con razón, polas amizades que tiñamos. Do resto, gozabamos de bastante liberdade. Por exemplo, lembro nunha ocasión coller as bicicletas e ir durante horas pola estrada de Alongos e entrar en varias leiras a subir as cerdeiras e o gran banquete de cereixas da nosa infancia. Na casa non sabían nada, por suposto. Doutra, con qué compañías andaría eu?, deille os meus pais un bo desgusto: andabamos a coller cobres e metais de fincas e casas abandonadas e logo as vendíamos nalgún almacén de xoiería da cidade. Non sei se sería a primeira vez que eu fun pero o dono do almacén recoñeceume e chamou de inmediato ó meu pai: entre as ferrallas que levabamos ían algunhas virutas de prata e ouro que eu collera no taller do meu pai, de seguro pensando que non tiñan maior valor. A bronca debeu ser monumental, pero o disco duro da memoria xa a borrou hai moitos anos.





