

Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".








Un discurso de talla. Por outra parte, as declaracións de Hillary Clinton ante o Comité de Relacións Exteriores do Senado, auguran un cambio de rumbo, cando menos nas formas, asegurando que a forza militar será usada unicamente como "derradeiro recurso". A reivindicación dunha diplomacia intelixente resulta dos fracasos da ausencia de diplomacia e de intelixencia, da marxinación de principios mínimos e do exceso de soberbia fronte a propios e estraños. A dirección que tomará a política exterior de Obama, pese a todo, segue a ser unha incógnita, aínda que estas declaracións, o perfil dos nomes que se barallan para acompañar á titular da Secretaría de Estado e as reiteradas alusións e coqueteos con certo centrismo deixan atrás a orixinalidade prometida durante a campaña electoral. Chegou a hora do realismo.
Tras case un mes de votacións e con case o dobre de participantes que na edición do pasado ano, xa están dispoñibles os resultados de O mellor do 2008. Queremos dar as grazas a todos e a todas os que participaron nesta enquisa e os nosos parabéns aos gañadores.
O mellor do 2008 segundo os lectores:
Mellor libro de narrativa adultos do ano: Festina lente (Xerais) de Marcos S. Calveiro.
Mellor libro de poesía adultos do ano: construcións (Positivas) de Eduardo Estévez.
Mellor libro de ensaio adultos do ano: Os Grouchos (Xerais) de Manuel O'Rivas.
Mellor libro para adultos traducido ao galego do ano: Lolita (Faktoría K) de Vladimir Nabokov.
Mellor libro xuvenil do ano: O libro das viaxes imaxinarias (Xerais) de Xabier P. Docampo.
Mellor libro infantil do ano: Das novas cousas de Ramón Lamote (Galaxia) de Paco Martín.
Mellor libro infantil e xuvenil traducido ao galego do ano: Un casoiro ben mal amañado (Sotelo Blanco) de Bali Rai.
Autor/a do ano: Marcos S. Calveiro.
Mellor ilustrador/a do ano: Xosé Cobas.
Mellor portada adultos do ano: Pan e coitelo (Galaxia).
Mellor portada infantil/xuvenil do ano: O libro das viaxes imaxinarias (Xerais).
Mellor editorial do ano: Xerais.
Mellor crítico/a literario do ano: Ramón Nicolás.
Mellor iniciativa literaria do ano: Cultur.gal
O mellor acontecido no 2008: Premios Nacionais/Recoñecemento a Xusto Beramendi e a Agustín Fernández Paz.
O peor acontecido no 2008: Consellería de Cultura e Deporte.
Mellor libraría: Libraría Arenas (A Coruña).
Mellor medio de comunicación: Diario Cultural de CRTVG.
Mellor blog: As uvas na solaina.

Pan por pan.




VIEIROS (publicado tamén en gznazón.com)
RECOÑECEMENTO. Marcos Valcárcel, premio do PEN clube
O acto de entrega será en Compostela coincidindo coa presentación do libro de homenaxe que varios amigos do escritor están a elaborar.
Redacción - 16:30 13/01/2009
O escritor e historiador Marcos Valcárcel foi galardoado co Premio P.E.N. Galiza 2009, segundo fixo público a sección galega deste clube internacional de escritores. O premio destaca a unha personalidade da literatura galega que teña despuntado na defensa dos dereitos de expresión e de opinión recollidos na Carta Fundacional do International P.E.N. O galardón, que non ten dotación económica, consiste nunha peza artística “única e irrepetíbel” dun artista galego. Está previsto que o acto de entrega se celebre en Compostela coincidindo, de ser posíbel, coa presentación do libro de homenaxe que varios amigos de Marcos Valcárcel están a elaborar.
O xurado do PEN Galicia 2009 reuniuse onte e decidiu, por unanimidade, entregarlle o premio ao dito escritor e escultor. O xurado estaba integrado por Luís González Tosar, Gonzalo Navaza Blanco, Mª do Camiño Noia Campos, Marilar Aleixandre, Bieito Iglesias, Xesús Fraga e Xabier Castro Martínez. Segundo apuntaron, Valcárcel foi seleccionado pola súa defensa da liberdade de expresión e de opinión a través do blog As uvas na solaina.Neste sentido, o xurado tivo tamén en conta o traballo desenvolvido polo galardoado na cidade de Ourense e en todo o país a prol dunha maior promoción e difusión da literatura galega. Os membros do xurado tamén quixeron salientar que a figura do profesor Marcos Valcárcel, xa que "constitúe un exemplo de compromiso coas letras galegas e moi especialmente na proxección e difusión exterior dos autores ourensáns", afirmaron.
Reseñas prensa 14-01-2009 :
La Región.
Galicia Hoxe.
La Voz de Galicia.

A MIRADA RETIDA








